Os itinerarios de inserción socio laboral

153
-1

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
153
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0
Actions
Shares
0
Downloads
2
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Os itinerarios de inserción socio laboral

  1. 1. “Os itinerarios de inserción eintegración socio-laboral comoalternativa nun momento de criseeconómica”Santiago González AviónDirector de EAPN-GaliciaLimiar: Perdemos a búxolaO contexto de crise non modificou en absoluto as intuiciónsfundamentais en que se baseaban as metodoloxías de inserción socio-laboral que viñamos poñendo en práctica desde o Terceiro Secor deAcción Social. Nin tampouco as metodoloxías vinculadas, de formabásica, con esas intuicións.Como queira que todas as que estamos aquí coñecemos ben ambascuestións (as intuicións e as metodoloxías), non centrarei a miñaintervención no obvio -a metodoloxía dos itinerarios-, senón nascuestións que suscita a crise arredor dos nosos proxectos, que enúltimo termo son a consecución dunha sociedade máis xusta e máishumana.Precisamente, a miña primeira reflexión xira arredor da utopía e dassúas mediacións concretas. Cando estabamos en plena expansión doemprego, e xa superamos os 20 millóns de ocupados, quen daquela era omeu colega de Andalucía, Humberto García, na actualidade subdirectorde desenvolvemento organizativo da Fundación Secretariado Gitano,propúxome a cuestión de forma descarnada: “en que sociedade estamosinsertando á xente?, nunha na que o sentido da vida é o consumo? naque o sentido do traballo é gañar diñeiro? unha sociedade que estáa consumir no presente os recursos das xeracións vindeiras?” Estaspreguntas ecoan hoxe con moita máis fondura, toda vez que é evidenteque o benestar da primeira década do século XXI foi construído non sóhipotecando os recursos naturais que lles corresponden ás xeraciónspor vir1, senón que tamén estabamos hipotecando a vivenda, o automóvile outros produtos de consumo que, se ben responden a necesidadesobxectivas, a forma de cubrir esas necesidades, fixeron que o consumoprivado fose o gran mecanismo xerador da débeda privada que ameazacomerse o conxunto do erario público e a que queríamos que fosea “sociedade do benestar”.Convén non perdelo de vista para non seguir culpando ao goberno de1Cuestión que aínda hai que se atreve a negar. Sobre o negacionismo, especialmente no tocante aocambio climático, hai abundante bibliografía. Para un planeamento da cuestión de longo percorrido cf.Los límites del crecimiento, 30 años después, Círculo de lectores, Barcelona 2009. 1
  2. 2. cuestións das que os primeiros responsables foron os bancos e osreguladores financeiros, pero dos que os segundos fomos o conxuntoda cidadanía, que dunha forma maioritaria prefire transferir esaresponsabilidade en exclusiva ao ricos, aos especuladores ou, amaioría sociolóxica, ao goberno de Zapatero.Daquela, a miña resposta ao cuestionamento foi que cada quen ten queser dono do seu proceso, que nas nosas mans está crear oportunidades,pero que o sentido quen o crea é cada quen. Contra o que Humbertoretrucou que tamén as organizacións sociais crean propostas desentido, que as metodoloxías e as formas de actuación tamén soportan etransmiten valores, e que éstes non son puramente crenzas individuais,senón construccións sociais.Coido que para falar de itinerarios, convén reter este debate comomarco e como cuestionamento permanente do que estamos a facer e do quequeremos conseguir.Os colectivos con dificultadesDesde EAPN, o mesmo que desde Cáritas e desde outras instancias,viñamos insistindo na necesidade de aproveitar os tempos debonanza económica para xerar un sistema de protección social moitomenos “familista” do que viña sendo tradicional. Cómpre aclararque “familista” significa baseado na solidariedade “mecánica”das familias (na tradicional diferencia durkheniana entresolidariedade “mecánica” comunitaria e solidariedade “orgánica” -organizada- societaria). Pero a realidade foi outra. Os tempos deexpansión fixeron máis fráxiles ás familias, tanto desde o puntode vista da súa estrutura financeira como desde a estrutura dasrelacións, pero os niveis de protección, nomeadamente das familiase da infancia, lonxe de converxer, situaronse na cola da Europa dos15, e en postos preocupantes da Europa dos 25. A cambio, a expansióneconómica creou unha expansión inaudita do emprego na sociedadeespañola, e con ela, os itinerarios de inserción foron subsidiarios dacapacidade de absorción do propio mercado.En certa forma, lonxe dos procesos de longa duración que aparecían nosnosos manuais, estabamos a vivir en procesos de moi corto percorrido,que eran retroalimentados cos períodos de desemprego. Estes servíanpara coller folgos e proxectar novas experiencias de éxito. Enocasións, estas experiencias eran acompañadas. Pero moita xente ensituación de vulnerabilidade social aprendeu rapidamente os mecanismosdo mercado de traballo expansivo e tiveron un rápido éxito.Agora as cousas cambiaron considerablemente. As cifras son asseguintes: pasamos de ter máis de 21 millóns de ocupados en 2007,antes da creba de Lehman Brothers a ter pouco máis de 18 millóns.Hai, daquela, tres millóns cumpridos de persoas que traballaban enon están a traballar. Debemos ser conscientes de que houbo saídasdo mercado de traballo (xubilacións, retorno de inmigrantes), perotamén incorporacións. E que algunhas destas foron exitosas, polo que adistancia entre os datos de 2007 e os de 2011 é maior que a expresadalinealmente. En calquera caso, tres millóns é un datos firme. Osegundo dato importante é que daquela querían traballar e non podían 2
  3. 3. pouco máis dun millón e medio de persoas (que xa era bastante, peroque constituía a taxa menor da nosa historia laboral moderna); agorason cinco millóns as persoas que queren traballar e non poden. Son omillón e medio que xa estaba en paro, os tres millóns que ficaron sentraballo e outro medio millón que trata de incorporarse para compensara perda de capacidade adquisitiva procedente do desemprego e a faltade protección social.Para completar o panorama temos que mentar que, a pesar dos agudosprocesos de retorno de certos países, especialmente os de economíasemerxentes que están resultando exitosos no medio da crise; a pesar dofreo do efecto reclamo e dos maiores controis nas fronteiras, xuntocoas campañas de disuasión en orixe, hai unha cantidade importantede inmigrantes que viñeron para contribuír á expansión económicanos tempos das vacas gordas e que ficaron atrapados nos tempos dasvacas fracas, que ven como minguan os seus dereitos e os servizosque reciben, e como son culpabilizados da falta de traballo e daprecariedade dos recursos públicos, cando seguen a formar parte doque Marx chamaba “o exército de reserva” do capitalismo, e cando anosa estratexia reprodutiva (no dobre sentido biolóxico e sociolóxico)depende deles.A outra reflexión importante, para atender á cuestión dos itinerariosque propopemos, e das utopías que percisamos, é a cantidade de fogarescon todos os seus membros en situación de desemprego. Xa na anteriorcrise do emprego, a correspondente aos anos 1992-93, o padrón máisresistente ao cambio da tendencia ocupacional foi o número de fogarescon todos os seus membros en desemprego. Tardouse un lustro enestabilizar a cifra claramente por baixo do millón de fogares.Daquela eramos unha sociedade con moitas menos persoas ocupadas:chegamos a baixar dos doce millóns de persoas. Só que a capacidade decrecemento da economía e do emprego estaba no marco de estabilidade daque nos dotaramos, e que se trataba dunha sociedade financeiramentesaneada. Agora, cunha taxa de ocupación maior, non podemos tirar doendebedamento público (e privado) para crear emprego con comodidade,porque, como dixen, temos o futuro hipotecado.Pero imos á cuestión dos fogares en relación coas oportunidades deemprego. Unha sociedade familista sitúa a responsabilidade de atoparemprego, mesmo na Administración Pública ou nas grandes empresas, nomarco das estratexias familiares. Por iso, é no emprego onde máis senota o “efecto Mateo” (Mt 13, 12): a quen ten, daráselle; pero a quennon ten, mesmo o que ten váiselle quitar. O número de familias nestasituación é de 1.425.200 (un 10,28% do total).Desde o meu punto de vista, o reto dos itinerarios de inserción socio-laboral céntranse neste colectivo (que, no mellor dos casos rondaos tres millóns de persoas). E non nos que acumulan maior extensiónda pobreza, que son os maiores e os menores, por ese orde. É máis,a nosa hipótese é que son os menores que residen neses fogares,porcentualmente sobrerrepresentados sobre o conxunto dos menores,os que acumulan maior risco presente e futuro, polo que cómprereflexionar fondamente se queremos quebrar o círculo da reproducióninterxeneracional da pobreza. 3
  4. 4. Inserción socio-laboralAgora estamos en disposición de entender o que significa o procesode inserción socio-laboral desde o punto de vista actual. Coido quetodas comprendemos a diferenza entre a inclusión social e a inserciónlaboral. Mentres que a primeira fala de forma ampla de participaciónna sociedade (saúde, educación, vivenda, emprego, cultura e relaciónssociais, ademais de niveis de renda aceptables e de dereitos decidadanía) a segunda fala de permanencia activa no mercado laboraldurante un período prolongado de tempo (en ningún caso inferior aosseis meses continuados (durante un ano) ou un ano discontinuado nunprazo de dous anos.Falamos de inserción socio-laboral porque as principais dificultades(que non teñen orixe idiosicrático) para lograr a inserción laboralson de índole social. Daquela, unha intervención exclusiva noámbito laboral (orientación, intermediación, seguimento no emprego)non é efectiva cando o déficit é anterior. E non só de carácterformativo, nin no ámbito da experiencia, cuestións ambas que podenser acompasadas coas intervencións clásicas no emprego, senón candofaltan habilidades básicas e habilidades sociais (tantas vecesconfundidas popularmente), relacións sociais e familiares , cando nonhai referencias no contorno, cando os mercados de traballo non sonaccesibles, porque existen barreiras físicas, sociais ou culturais...Neses casos, enfrontamos a necesidade de realizar unha intervenciónsocial que rache todas esas barreiras de forma holística e tamén deforma individualizada.Os itinerariosAgora é cando podemos dicir unha palabra sobre os itinerarios. Ocambio de contexto e as problemáticas sociais que afrontamos debenlevarnos a complementar o que xa viñamos facendo con tres elementosmetodolóxicos que son máis elementos previos do que instrumentosde traballo. Trátase de tomar en conta a necesidade de crear lazossociais, en todos os sentidos; de considerar os factores legaise culturais que actúan sobre as minorías e os seus niveis deexpectativas sobre a sociedade no seu conxunto e sobre o mercadolaboral en particular; e de activar todos aqueles recursos decapacitación que están implícitos ou explícitos, patentes ou latentestanto no currículo como na carreira profesional das persoas que sofrena exclusión do mercado de traballo.As dúas primeiras afirmacións poden agruparse nun convencemento:cómpre relacionar os itinerarios individualizados de inserción coalóxica comunitaria. Ora ben, se con anterioridade fixemos referenciaá necesidade dunha solidariedade orgánica como substitución dasolidariedade mecánica, estamos incorrendo en contradiccións? Entendoque non. As sociedades modernas precisan de lazos comunitarios. Peroeses lazos non deben ser exclusivamente identitarios (e polo tanto,construídos socialmente desde unha solidariedade mecánica).Por iso, a primeira dimensión do desta proposta que enlaza o 4
  5. 5. individual co comunitario consiste en crear lazos o máis amplosposible. Trátase de incrementar o número de relacións sociais actuaise, mediante a onda expansiva das mesmas, as relacións interpersoaisposibles para o futuro. A principal característica que definíaás sociedades postmodernas (nas visións de J.-F. Lyotard e de G.Vattimo) era a posibilidade de acceso universal e democrático áinformación. Esa posibilidade existe na teoría na actualidade. Peroas persoas que sofren exclusión social non poden facer real, actual,ese acceso á información. E non só por mor da fenda dixital, que éunha das formas máis preocupantes de desigualdade nas sociedadespostindustriais. Sobre todo, é unha consecuencia da falta designificado da información. Son os contextos vitais os que dansignificado á información. E eses contextos vitais están condicionadospolos contextos socio-culturais e polas relacións interpersoais.Dito de outra maneira, os significantes que non nacen das relaciónsinmediatas, comunitarias e presenciais, poden chegar a aparecer coapersenza de persoas alleas a ese contexto que vitalmente se fansignificativas. Por tanto, crear enlaces (virtuiais e reais) é unhaversión postmoderna da pretensión do raposo (no libro Le Petit Prince)de crear lazos.A segunda dimensión á que aludía trata de evitar a fenda social creadapola dobre dimensión da pertenza e a exclusión. Esta cuestión tena maior relevancia nas sociedades complexas, ata o punto de que osobservadores máis agudos da realidade mundial entenden que é un retoque está presente a nivel local pero que determina tamén a dialécticada convivencia a nivel mundial. As persoas que carecen de pertenzaalgunha e que fican abandoadas á súa sorte nas sociedades complexas,están máis desasistidas que as pertencentes a contornos comunitariosben definidos. Estes últimos colectivos evitan a anomia. Pero, mentresque as persoas sen un fogar simbólico (e moitas veces sen fogarreal), entran en procesos de degradación e de forte marxinalidadeou acaban acolléndose aos “fogares artificiais” que lles ofrecemos,e onde fan itinerarios completos que son a un tempo formativos esimbólicos, de capacitación laboral e de aprendizaxe da cidadanía, oscolectivos con identidades fortes e con trazos de exclusión socialapostan por discursos maniqueos nos que son eles son os (únicos)esquecidos da historia, de forma inxusta. E a súa promoción socialcoincide coa liberación dos valores e das formas de organizaciónda sociedade occidental. Estes grupos sitúanse no extremo oposto áanomia: rexen dentro deles unhas leis fortes e inexorables, que vandesde o control da actividade propia ao control social de todas aspersoas relacionadas de forma familiar ou comunitaria con ese núcleode organización. Realizar itinerarios pasa por rachar a exclusividadedas relacións intragrupais. Non se trata de rachar a lóxica dasolidariedade paritaria entre as persoas que máis sofren na sociedade.Trátase de evitar discursos e prácticas sociais conducentes á creaciónde ghettos, que funcionan como bombas de reloxería desde o punto devista da inclusión social.Por último, e isto enlaza co corazón da estratexia Europa 2020, haique activar todas as capacidades das persoas arredor de procesos de 5
  6. 6. capacitación. E hai que considerar que cando falamos de capacitaciónestamos a falar de formación ou de educación (máis do segundo quesimplemente do primeiro). Só que o facemos desde o dobre puntode vista do empoderamento (“somos capaces”, “podemos!”) e dodesenvolvemento das capacidades. O elemento que resulta irrenunciablecando falamos de itinerarios de inclusión é a “pedagoxía do oprimido”,como expresión da pedagoxía da liberación de Paulo Freire: nonhai persoas - problema e persoas - solución. Mentres a prática daformación e da capacitación estea presa desa óptica, o que faremosserá reproducir un esquema no que o saber é unha forma de ter ou depoder, que cando se difunde, pérdese. A óptica correcta é que aspersoas teñen en si as capacidades para resolver os seus problemas.Só fai falta que aprendan a ler a súa realidade de forma correcta ea darlle as respostas acordes con esas capacidades. So que, e istocontinúa formando parte da pedagoxía irrenunciable de Freire, “ninguénaprende só; ninguén aprende de outro: aprendemos xuntos”.Non quero determe moito máis neste punto, pero cómpre relacionaresta cuestión de fondo co que as metodoloxías de inserción socio-laboral de matriz norteamericana denominan carreira profesionalou, simplemente, carreira. Este concepto, que dista moito do nosoacadémico, fai referencia ao conxunto de actividades e de capacidadesque desenvolve unha persoa ao longo da súa vida. No momento actualé de vital importancia que as carreiras sexan consideradas en todaa súa amplitude, tanto no que teñan de concentradas arredor depoucas capacidades e competencias profesionais, como no que teñan dedispersas. Se non somos quen de manexar coherentemente este conceptode carreira, as opcións básicas das que falaba no párrafo anteriorcorren o risco de ficar na sombra.Algúns elementos facilitadoresAgora estamos en disposición de atender aos elementos facilitadoresque considero claves neste momento, a diferenza dos caraterísticosdo anterior período expansivo, que son a formación, as prácticas enempresas e as empresas de inserción.- FormaciónA formación, entendida como un momento particular dentro dun procesoeducativo máis amplo que denominei “capacitación”, constitúeun momento moi importante na activación e no recoñecemento dascapacidades. Na súa activación, porque debe despertar capacidadesque estaban latentes pero que aínda non atoparan un canle polo quediscorrer. No seu recoñecemento, porque moitas veces as capacidadesexisten pero non se poden acreditar, polo que, a falta de outrasmodalidades de recoñecemento, pode ser oportuno acudir a modalidadesmáis ou menos formais de ensino e aprendizaxe. Modalidades que, ásveces, tamén serven para sistematizar os saberes e para reforzar asdestrezas.Por suposto, hai actividades que son calificadas como informaisou non-formais que son perfectamente formativas desde o punto de 6
  7. 7. vista que estamos a empregar. Mentres que outras, que teñen plenavalidez e recoñecemento, por veces carecen dos mínimos para despertare sistematizar as capacidades das persoas. Isto non é un alegatoen contra dos actuais sistemas. Pero, en xeral, teñen a pexa dunforte peso de elementos burocrático-administrativos, mentres que acapacidade de adaptación (ás persoas e aos mercados) é claramentemenor.- Prácticas en empresasAs prácticas en empresas é unha modalidade que xa se viña empregandoe que recupera o espírito dos aprendizes doutrora. Aínda que moitasveces non dan como resultado inmediato a contratación (e menos aínda ainserción laboral) teñen a virtude de axudar a crear lazos plurais conpersoas e con organizacións que a persoa, noutro contexto, non semprepodería lograr (e, por veces, non pode nin soñar). Ademais de poñer áspersoas en contacto con outras culturas sociais e profesionais.- Empresas de inserciónPor último están as empresas de inserción. Sendo a temática da xornadaque nos ocupa, e non sendo eu un experto na materia, renuncio aafondar nelas. Só dicir que a situación actual non permite que certossectores sociais poidan sequera soñar cunha inserción laboral de curtopercorrido. E que as cláusulas sociais na contratación pública anteschegan a colectivo doados de definir desde o punto de vista legale da igualdade de oportunidades (vítimas de violencia, persoas condiscapacidade) que non ao conxunto das persoas, familias e colectivossociais máis afastados do emprego. Para rachar o dobre círculo dadescualificación procedente de carreiras profesionais truncadas ou ninsequera iniciadas, e do illamento social, as empresas de inserciónconstitúen unha ferramenta de primeiro orde para lograr a habilitacióne capacitación.Por suposto, non se trata de substituír ás outras ferramentas e aosoutros elementos que integran os itinerarios de inserción laboral. Seasí fose, e non houbese procesos fortes de orientación laboral e deacompañamento de cara ao emprego, estaríamos ante un atallo, non anteun método. Pero cando os problemas arrecian e o mercado normalizado detraballo non só non vai facer de provisor deses ben escaso, senón quemantén á marxe a unha cantidade demasiado importante de persoas, asempresas de inserción son un mecanismo máis para dar permeabilidade aomercado e oportunidades ás persoas.Conclusión: a irrupción da utopíaFalaba da utopía ao comezar. Quero referirme a ela para rematar. Candoo soño do paraíso na terra que representaba o comunismo soviético seesfarelou, comezou a desaparecer a principal utopía laica do séculoXX, coas súas virtudes e os seus defectos.Naquel intre, fronte aos predicadores do fin da historia, quenreivindicaba a vixencia da utopía comezou a falar de que ésta, nascondicións actuais, non podemos contar con que irrompa de forma xeral 7
  8. 8. para todo o mundo (no sentido estricto e non figurado do termo).Daquela, ao que podemos e debemos aspirar e a realizar xestos queindiquen o camiño da igualdade e da xustiza.O traballo en itinerarios de inserción socio-laboral, coas súaslimitacións certamente pesadas, é unha das formas actuais de facerpresente, de forma incipiente, fráxil e sinxela, esa utopía á queaspiramos. 8

×