Your SlideShare is downloading. ×
0
fervenzas —15—

TRABALLO SOCIAL
Revista Galega de

Subvencionada por:

Revista Galega de

TRABALLO SOCIAL
fervenzas —15—
Revista Galega de

TRABALLO SOCIAL

fervenzas —15—
Xunta de Goberno

Responsable da edición
Mesa de redacción

Juana Mª Tubío Ordóñez, Presidenta
Diana Parada Alvedro, Vicep...
S

U

M
A
R
I

O

LIMIAR

1.- O Traballo Social Forense.
Pilar Ruíz Rodríguez

2.- Na busca dunha inclusión social compart...
COMENTARIO DE PUBLICACIÓNS
Recensión do libro: O ilímite de pensarte
libre.
Sabela Fernández

Prevención de drogodependenc...
Limiar
Estimados compañeiros/as,

Con este novo exemplar da revista Fervenzas pretendemos dar a
coñecer a laboura desenvol...
ticas na área de benestar social en distintas localidades da xeografía galega e dende diferentes formacións políticas.

Na...
O traballo forense

O TRABALLO SOCIAL FORENSE

Pilar Ruiz Rodríguez
Traballadora social forense nos xulgados de La Rioja

...
Revista Galega de TRABALLO SOCIAL - Fervenzas nº 15

ABSTRACT:

The history and evolution of Forensic Social Work in Spain...
O traballo forense

os casos os tribunais sobre as medidas que debían tomar. Interviñan
xunto cos delegados técnicos de li...
Revista Galega de TRABALLO SOCIAL - Fervenzas nº 15

Violencia Doméstica e de Xénero dependente do Consello Xeral do Poder...
O traballo forense

As traballadoras e os traballadores sociais poden intervir: nos xulgados de menores, nos xulgados de p...
Revista Galega de TRABALLO SOCIAL - Fervenzas nº 15

ra cousa que lle recorde a violencia que sufriu e o atoparse nun esta...
O traballo forense

sos, gústalles incitar para que ela os abandone. Os pitbull pola súa parte
son máis inseguros e teñen ...
Revista Galega de TRABALLO SOCIAL - Fervenzas nº 15

- El DA (Danger Assessment Tool) é un instrumento deseñado para
valor...
O traballo forense

- Dos menores con cada pai/nai.

- Visitas a domicilio e observación do menor coa familia extensa.

Al...
Revista Galega de TRABALLO SOCIAL - Fervenzas nº 15

mentos de incapacidade e internamento ás fiscalías e de internamento
...
O traballo forense

— Punible: a pena como característica do delito.
Responsabilidade criminal:

Todos os carácteres do de...
Revista Galega de TRABALLO SOCIAL - Fervenzas nº 15

Matesanz e Ruiz (2011) realizaron un estudo sobre Traballo Social e
i...
O traballo forense

• Estudo dos compoñentes do grupo familiar (a súa historia e a súa
situación antes do falecemento).

•...
Revista Galega de TRABALLO SOCIAL - Fervenzas nº 15

BIBLIOGRAFÍA
I

I

I

I

I

I

I

I

I

I

I

I

I

I

I

Aguilar, I....
O traballo forense

Congreso de Psicología Jurídica y Forense. Universidad de Oviedo.
Recuperado o 14 de agosto de 2012, d...
Na busca dunha inclusion social compartida

NA BUSCA DUNHA INCLUSIÓN
SOCIAL COMPARTIDA. Perspectivas
do Traballo Social en...
Revista Galega de TRABALLO SOCIAL - Fervenzas nº 15

KEy wORDS

Groups, empowerment, experiences, community, active inclus...
Na busca dunha inclusion social compartida

as características peculiares de cada exclusión dentro do contexto no que
se s...
Revista Galega de TRABALLO SOCIAL - Fervenzas nº 15

des vitais que definen unha cidadanía social plena, na sociedade dos ...
Na busca dunha inclusion social compartida

Nesta modalidade de intervención os/as usuarios/as son suxeitos de
acción que ...
Revista Galega de TRABALLO SOCIAL - Fervenzas nº 15

Dúas experiencias de traballo con grupos

O contexto no que se desenv...
Na busca dunha inclusion social compartida

riormente en procesos de busca, polo cal se fai preciso un seguimento das
apre...
Revista Galega de TRABALLO SOCIAL - Fervenzas nº 15

A técnica máis utilizada foi a escoita activa engadindo unha moderaci...
Na busca dunha inclusion social compartida

Como resultados cualitativos, ademais dos transversais de asistencia,
imaxe pe...
Revista Galega de TRABALLO SOCIAL - Fervenzas nº 15

— “Foi estupendo, fixen un grande esforzo”.

— “Axudoume a poñer en c...
Na busca dunha inclusion social compartida

O deseño das sesións fíxose conxuntamente coas persoas participantes dando com...
Revista Galega de TRABALLO SOCIAL - Fervenzas nº 15

a Pobreza) e a Fundación Emaus (moitas das persoas participantes nest...
Na busca dunha inclusion social compartida

zarán automaticamente, buscaron eles mesmos a información, preguntaron
con res...
Revista Galega de TRABALLO SOCIAL - Fervenzas nº 15

eran suxeitos activos do grupo e que no nome se vira o que pretendían...
Na busca dunha inclusion social compartida

Cada grupo, cada profesional, cada institución é cada momento histórico é únic...
Revista Galega de TRABALLO SOCIAL - Fervenzas nº 15
I

I

I

I

I

I

Red Vega, N. (1993). Aproximaciones al trabajo socia...
Aproximación ao traballo social e ao dano cerebral adquirido

UNHA APROXIMACIÓN AO
TRABALLO SOCIAL E AO DANO
CEREBRAL ADqU...
Revista Galega de TRABALLO SOCIAL - Fervenzas nº 15

cerebral adquirido desde que ocurre la lesión hasta la fase de estabi...
Aproximación ao traballo social e ao dano cerebral adquirido

DANO CEREBRAL ADqUIRIDO

Cando falamos de dano cerebral adqu...
Revista Galega de TRABALLO SOCIAL - Fervenzas nº 15

mente. O grao de alerta pode variar dende unha simple tendencia ao so...
Aproximación ao traballo social e ao dano cerebral adquirido

Entre os trastornos no nivel motor máis frecuentes atopamos ...
Revista Galega de TRABALLO SOCIAL - Fervenzas nº 15

social, xa que gran parte dos obxectivos dos equipos de intervención ...
Aproximación ao traballo social e ao dano cerebral adquirido

A estimación de persoas con dano cerebral en Galicia sitúase...
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15

470

Published on

Revista de trabajo social del Colegio Oficial de Trabajo Social de Galicia.

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
470
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0
Actions
Shares
0
Downloads
3
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Transcript of "Revista Galega de Traballo Social Fervenzas nº 15"

  1. 1. fervenzas —15— TRABALLO SOCIAL Revista Galega de Subvencionada por: Revista Galega de TRABALLO SOCIAL fervenzas —15—
  2. 2. Revista Galega de TRABALLO SOCIAL fervenzas —15—
  3. 3. Xunta de Goberno Responsable da edición Mesa de redacción Juana Mª Tubío Ordóñez, Presidenta Diana Parada Alvedro, Vicepresidenta Elena Antelo García, Secretaria Mª José Redondas Vallejo, Tesoureira María Teresa Díaz Docampo, Vogalía Alba Rial Moure, Vogalía Isabel Redondo Zambrano, Vogalía Diana Parada Alvedro Mª Elena Puñal Romarís, Mª Xosé Vázquez Vázquez, Sabela Fernández Lema, Sonia Pérez Iglesias, Pepa Vázquez Martínez, Francisco Xabier Aguiar Fernández Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia Edita Rúa Dublín, 6, baixo, porta 3 15707 Santiago de Compostela Teléfono: 981 56 81 00 | Fax: 981 94 18 98 E-mail: fervenzas@traballosocial.org Data da Publicación: Imprime ISSN ISSN electrónico Dep. Legal Xaneiro 2013 Grafinova, S.A. 1698-5087 2254-7657 C-1.884/97 Fervenzas non se responsabiliza das opinións expresadas polos autores, nin se identifica necesariamente cos contidos dos textos publicados
  4. 4. S U M A R I O LIMIAR 1.- O Traballo Social Forense. Pilar Ruíz Rodríguez 2.- Na busca dunha inclusión social compartida. Perspectivas do Traballo Social en grupo. Pepa Vázquez 3.- Unha aproximación ao Traballo Social e ao Dano Cerebral Adquirido. Mª Eugenia Veloso Osuna 4.- Muller en exclusión social severa: estudo sobre percepción, valoración e propostas de mellora. Lucía Rodríguez Constenla Elena Gil Rodríguez María Jesús Lence Gestoso Patricia Torrado Silva 5.- Programa integral de seguemento terapéutico en pacientes con risco de exclusión social: experiencia piloto nun centro de atención primaria. Alcira Baleato Negreira Carmen Durán Parrondo 6.- Barreiras e dificultades no acceso á asistencia sanitaria da poboación inmigrante, antes e despois do RD-Ley 16/2012. O caso do Complexo Hospitalario de Ourense (CHUO). Pablo Jiménez Arandia EN REDE ALCER Coruña. Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril Andrea Pardo Mesías Cruz Vermella e o Programa de Familias Acolledoras Mónica Devesa Fernández Carmen Fernández Folgueira Carmen Rey Naveira Laura Zamorano García JavierFerreiro Valenzuela Marta Pintos Magdalena ENTREVISTA Traballo Social e concellerías de Servizos Sociais. Pepa Vázquez Páx. 5 Páx. 7 Páx. 23 Páx. 39 Páx. 55 Páx. 77 Páx. 89 Páx. 107 Páx. 115 Páx. 121
  5. 5. COMENTARIO DE PUBLICACIÓNS Recensión do libro: O ilímite de pensarte libre. Sabela Fernández Prevención de drogodependencias e outras condutas adictivas. Manuel Isorna David Saavedra Piñeiro RECENSIÓNS DE INVESTIGACIÓN SOCIAL Características dos usuarios de servizos sociais para maiores e proposta dun modelo de asignación a recursos. Patricia María Iglesias Souto ESPAZO ABERTO Marea Laranxa. José Antonio Ramírez Amor NORMAS DE PUBLICACIÓN DA REVISTA GALEGA DE TRABALLO SOCIAL FERVENZAS Páx. 127 Páx. 131 Páx. 133 Páx. 137 Páx. 139 S U M A R I O
  6. 6. Limiar Estimados compañeiros/as, Con este novo exemplar da revista Fervenzas pretendemos dar a coñecer a laboura desenvolvida por diferentes profesionais dos ámbitos xudicial, sanitario e dos servizos sociais. Pilar Ruíz, no artigo “O traballo social forense” fai un percorrido histórico sobre a evolución da disciplina no noso país e preséntanos, entre outros contidos, as diferentes técnicas e instrumentos a empregar no traballo social forense. Pepa Vázquez, no artigo “Na busca dunha inclusión social compartida. Perspectivas do traballo social en grupo”, introdúcenos ao traballo social en grupo a través dun pequeño marco teórico e dúas experiencias prácticas no campo da inclusión social activa. Mª Eugenia Veloso, no artigo “Unha aproximación ao traballo social e o dano cerebral adquirido” fai un percorrido do itinerario polo que pasan as familias e as persoas con dano cerebral adquirido dende que ocorre a lesión ata a fase de estabilización e a posterior integración social. Lucía Rodríguez e compañeiras, no artigo “Muller en exclusión social severa: estudo sobre percepción, valoración e proposta de mellora” da a coñecer a realidade da muller en situación de exclusión social e analiza as variables diferenciais respecto dos homes que poden influir neste proceso. Alcira Baleato e Carmen Duran presentan o “Programa integral de seguimento terapéutico en pacientes con risco de exclusión social”. Pablo Jiménez no artigo “Barreiras e dificultades no acceso á asistencia sanitaria da poboación inmigrante, antes e despois do RD-Lei 16/2012. O caso do Complexo Hospitalario Universitário de Ourense (CHUO)” analiza as dificultades coas que se atopa a poboación inmigrante á hora de acceder ao sistema público de saúde. Partindo dun repaso normativo profundiza na cuestión a partir das entrevistas realizadas aos profesionais do Servizo de Traballo Social do CHUO. Na sección En Rede, coñeceremos o traballo desenvolvido pola Asociación para a Loita contra as Enfermidades de Ril, Alcer Coruña, así como, o Programa de familias acolledoras de Cruz Vermella. Neste número Pepa Vázquez entrevista a Paz Pérez, Margarita Castejón e Ignacio Iglesias traballadores sociais con responsabilidades polí5 f e r v e n z a s
  7. 7. ticas na área de benestar social en distintas localidades da xeografía galega e dende diferentes formacións políticas. Na sección Comentario de publicacións, Sabela Fernández preséntanos unha recensión sobre o libro O ilimite de pensarte libre e Manuel Isorna e David Saavedra sobre o libro Prevención de drogodependencias e outras condutas adictivas. No apartado Recensión de Investigación Social, contamos coa ficha da tesis de doutoramento de Patricia Maria Iglesias, “Características dos usuarios de servizos sociais para maiores e proposta dun modelo de asignación a recursos”. José Antonio Ramírez, en Espazo Aberto, presenta o movemento Marea Laranxa e incide na necesidade da mobilización social, tanto por parte de profesionais como da cidadania en xeral, para frenar os recortes de dereitos sociais por parte dos gobernos. Finalmente, agradecemos a colaboración de todas aquelas persoas que participaron na elaboración deste número. 6
  8. 8. O traballo forense O TRABALLO SOCIAL FORENSE Pilar Ruiz Rodríguez Traballadora social forense nos xulgados de La Rioja RESUMO: Historia e evolución do Traballo Social Forense en España. Funcións que foi desenvolvendo o/a traballador/a social nos tribunais españois. Xulgados nos que intervén. As peticións de informes sociais dos tribunais aos traballadores e traballadoras sociais doutras institucións, límites da intervención do/da traballador/a social. Técnicas e instrumentos no Traballo Social Forense en: violencia de xénero, protección de menores, menores que sufriron abusos sexuais, separacións de parella, valoración da garda e custodia compartida, incapacidade, internamento e malos tratos aos maiores. A intervención do/da traballador/a social en asuntos penais e a valoración social da imputabilidade. Para que lle pode servir un informe social a un tribunal de instrución. A autopsia social: escenario do delito de violencia familiar. PALABRAS CLAVE: Traballo social. Forense. Perito. Tribunais. RESUMEN: Historia y evolución del Trabajo Social Forense en España. Funciones que ha ido desarrollando el Trabajador Social en los Tribunales Españoles. Juzgados en los que interviene. Las peticiones de Informes Sociales de los Tribunales a los Trabajadores Sociales de otras instituciones, límites de la intervención del Trabajador Social. Técnicas e instrumentos en el Trabajo Social Forense en: Violencia de género, protección de menores, menores que han sufrido abusos sexuales, separaciones de pareja, valoración de la guarda y custodia compartida, incapacidad, internamiento y malos tratos a los ancianos. La intervención del Trabajador Social en asuntos penales y la valoración social de la imputabilidad. Para que puede servir un Informe Social a un Tribunal de Instrucción. La autopsia Social: Escenario del delito de violencia familiar. PALABRAS CLAVE: Trabajo Social. Forense. Perito. Tribunales. 7 f e r v e n z a s
  9. 9. Revista Galega de TRABALLO SOCIAL - Fervenzas nº 15 ABSTRACT: The history and evolution of Forensic Social Work in Spain. Functions of by the Social Worker before the Spanish Courts. Courts in which Social Workers intervene. Court’s request of Social Reports to Social Workers belonging to other institutions; limits of the intervention of Social Workers. Techniques and instruments in Forensic Social Work in the areas of: genderbased violence, protection of minors, child sexual abuse, judicial separation, assessment of shared parental responsibility, legal incapacity, elder abuse and confinement. The intervention of Social Workers in criminal matters and the social assessment of imputation. Use of a Social Report in a First-instance Criminal Court. Social autopsy: the crime scene of domestic violence. KEy wORDS: Social Work. Forensic. Expert. Courts. CONTEXTUALIZACIÓN: As traballadoras e os traballadores sociais eran xa asesores nos tribunais de menores en España en 1931, Palacios (1988). Ese ano constituíuse o Consello Superior de Protección de Menores, creando catro seccións, unha delas a de Asistencia Social, que se mantivo despois da Guerra Civil española (1936-1939). A denominación profesional era nun principio de “visitadoras sociais”. En 1971, na memoria do Ministerio de Xustiza confeccionouse o Programa de necesidades de la obra de protección de menores e entre outros puntos acórdase a creación do Corpo de Xuíces de Menores, ou de ampliación de cadro de persoal de visitadoras sociais ao servizo das Xuntas de Protección de Menores e o de creación de prazas de delegados técnicos de liberdade vixiada ao servizo dos tribunais tutelares de menores 1971 (1972, cit. en Palacios, 1988) As/os asistentes sociais interviñan en: • Protección de menores sendo os técnicos que asesoraban ás xuntas provinciais de protección de menores. Desenvolvían funcións de estudo, tratamento e apoio das familias e dos menores en situación de risco. • Nos tribunais tutelares de menores realizaban funcións de protección e de reforma. Na función protectora realizaban o estudo, o tratamento, o apoio e o control das familias nas que os menores sufrían maltrato ou neglixencia. Na función de reforma realizaban o estudo, o diagnóstico e a intervención educativa cos menores que cometían feitos delituosos e as súas familias e asesoraban en ambos 8
  10. 10. O traballo forense os casos os tribunais sobre as medidas que debían tomar. Interviñan xunto cos delegados técnicos de liberdade vixiada de menores infractores. A partir da democracia as traballadoras e os traballadores sociais empezaron tamén a intervir noutro tipo de asuntos. O 7 de xullo de 1981 aprobouse a lei de divorcio en España xa que estivera suspendido durante a ditadura franquista. Creáronse entón os primeiros equipos técnicos para asesorar os xulgados de primeira instancia con competencia en procedementos de familia. Os equipos estaban compostos por un psicólogo e un asistente social. Pola Lei 21/87 acordouse o traspaso das competencias en protección de menores ás comunidades autónomas. As/os asistentes sociais que traballaban nos tribunais tutelares de menores pasaron entón a formar parte dos gobernos autónomos e continuaron valorando: As situacións de maltrato e neglixencia. Os procedementos administrativos de acollemento e adopción. Mantivéronse dependendo do Ministerio de xustiza os xulgados de menores uniprovinciais. Estes xulgados entenden a partir dese momento só de feitos tipificados pola lei como delitos ou faltas cometidos por menores de idade. Os xulgados de menores deben ter desde entón como mínimo para asesorar o tribunal un equipo técnico composto por un/unha educador/a, un/unha psicólogo/a e un/unha traballador/a social. No mesmo ano das transferencias de protección de menores ás comunidades autónomas, en 1987, convocáronse no estado español as primeiras oposicións libres para cubrir 25 prazas de asistentes socias con destino a: Xulgados de primeira instancia (familia), algunhas clínicas médicoforenses e xulgados decanos e aos xulgados de menores. As traballadoras e traballadores sociais transferíronse ás diferentes comunidades autónomas e actualmente só seguen pertencendo ao Ministerio de Xustiza nas seguintes comunidades autónomas: Extremadura, Baleares, Castilla-León, Murcia, Baleares, Ceuta e Melilla. Non obstante, volveuse a requirirlles ás traballadoras e aos traballadores sociais nos tribunais grazas á Lei orgánica 1/2004 de medidas de protección contra a violencia de xénero que esixiu a creación de unidades de valoración forense integral para asesorar nos casos de violencia de xénero. Estas unidades deben de ter médico forense, psicólogo/a e traballador/a social. Non obstante, non todos os xulgados españois teñen adscrito un traballador ou traballadora social forense na súa xurisdición. No estudo titulado Evaluación de la situación de los juzgados de violencia sobre la mujer a los tres años de su creación realizado en 2009 polo Observatorio Contra a 9 f e r v e n z a s
  11. 11. Revista Galega de TRABALLO SOCIAL - Fervenzas nº 15 Violencia Doméstica e de Xénero dependente do Consello Xeral do Poder Xudicial e publicado na rede dicíase que o 63% dos xulgados tiñan un equipo psicosocial na provincia e só o 21% deles o tiña no partido xudicial. O 11% dos xulgados tiña Unidade de Valoración Integral (UVI) dentro do seu partido xudicial. O 47% non dispuña de Unidade de Valoración Integral na provincia. O que quere dicir que o 89% dos xulgados con competencias en Violencia de Xénero carecía dunha Unidade de Valoración Integral. SOLICITUDE DE INFORMES SOCIAIS DESDE OS TRIBUNAIS A TRABALLADORAS/ES SOCIAIS DOUTRAS INSTITUCIÓNS As traballadoras e os traballadores sociais que desempeñen as súas funcións en concellos, protección de menores, terceira idade… teñen a obriga de auxiliar a xustiza ao igual que o resto dos cidadáns cando llo solicite o tribunal e facilitar aqueles datos dos que dispoña previamente, pero non teñen obriga cando o demande un avogado de parte. Os tribunais poden solicitar un informe social pericial a traballadores/as sociais doutras institucións debido á falta de profesionais adscritos aos xulgados. Pero a traballadora ou o traballador social non ten a obriga de elaborar un informe dun asunto que descoñeza. O tribunal podería contratar para iso un perito xudicial solicitándollo ao Colexio Profesional de Traballadores Sociais. A traballadora ou traballador social seleccionado debería pedir unha provisión de fondos a conta da liquidación final (art. 342 da Lei de axuizamento civil), que debería ser aboado pola parte demandante, por ambas as dúas se así o decide o tribunal, ou pola administración, se as partes foran beneficiarios de xustiza gratuíta. Non obstante, as traballadoras e traballadores sociais podemos estar interesados en entregarlle un informe social a un cliente para a súa defensa no tribunal: por exemplo nun caso de violencia de xénero ou, de violencia familiar, de imputabilidade… e poderíamos facilitarllo ao noso cliente ou ao seu representante legal. También os avogados poden contratar un/unha traballador/a social para que elabore unha pericial de parte e así defender os intereses do seu representado, por exemplo: nos casos de contencioso pola garda dun menor nun procedemento de familia, nas oposicións en materia de protección de menores ou para atenuar a condena dunha persoa imputada… O tribunal pode solicitarlles aos servizos sociais ou a un punto de encontro familiar a intervención para facilitar que se cumpran unhas medidas de visitas dun menor cos seus proxenitores ou familiares. Esta intervención incluso ven recollida no novo Código da Familia Catalán, no artigo 25/10. 10
  12. 12. O traballo forense As traballadoras e os traballadores sociais poden intervir: nos xulgados de menores, nos xulgados de primeira instancia (civís) e nos xulgados de instrución (penais): como peritos, pero tamén como mediadores. Nos xulgados de primeira instancia interveñen nos procedementos de recursos contra a administración en asuntos de protección de menores: risco, desamparo e idoneidade para a adopción, en incapacidades, tutelas, en divorcios e separacións de parellas de feito contenciosas… Nos xulgados do contencioso administrativo nos recursos de valoración do grao de dependencia. En materia penal poden intervir nos xulgados de instrución en asuntos sobre violencia familiar: malos tratos e abusos sexuais a menores, malos tratos a persoas maiores ou de fillos a pais, estudando tanto á vítima como ao agresor, no estudo da imputabilidade (agresor). Nos xulgados de violencia sobre a muller en materia civil e penal (avaliando á vítima, ao agresor e aos menores) e asesorando sobre as medidas que se deben tomar cos menores nas separacións que houbese denuncia de violencia de xénero. ALGÚNS INSTRUMENTOS E TÉCNICAS PARA REALIZAR O TRABALLO SOCIAL FORENSE. A traballadora ou o traballador social necesita coñecer as diferentes teorías científicas relacionadas cos conflitos familiares, os síntomas que poden amosar os membros do grupo familiar en situacións de violencia, os protocolos que foron elaborándose para realizar entrevistas a fillos e proxenitores en procedementos de familia contenciosos, a mulleres, menores ou persoas maiores vítimas, aos presuntos maltratadores. Ademais de investigar e ir elaborando protocolos e cuestionarios para estudar estes conflitos nos tribunais e axudar a rebaixar as tensións nas que os individuos se ven inmersos: Violencia de xénero Para o estudo das mulleres vítimas de violencia de xénero, Walker (1979) desenvolveu a teoría do Ciclo da violencia. Para poder recoller a información da muller pódenos axudar o protocolo de entrevistas para mulleres vítimas elaborado por Echeburúa (1994) e cuestionarios traducidos por Villavicencio de Walker (1999). Haberá que ir recollendo nas entrevistas os síntomas que manifesten as mulleres que poidan ser compatibles con ter sido vítima de violencia de xénero: vergoña, medo e ansiedade. Y os síntomas do estrés postraumático (DSM IV R, 2003): A reexperimentación do maltrato, a evitación de calque11 f e r v e n z a s
  13. 13. Revista Galega de TRABALLO SOCIAL - Fervenzas nº 15 ra cousa que lle recorde a violencia que sufriu e o atoparse nun estado de hiperalerta. Este trastorno que segundo Leonore Walter é máis complexo e ela chamoulle, Síndrome da muller maltratada porque inclúe ademais: rabia, depresión, culpa, baixa autoestima, rancor, queixas somáticas, disfuncións sexuais, condutas aditivas e dificultades para establecer relacións, Bosch e Ferrer (2002). Como posibles secuelas físicas poderémonos atopar as derivadas do maltrato: cicatrices, accidentes, queimaduras de cigarro, rotura de ósos, dentes, discapacidades e agrávanse os problemas que tiña anteriormente: diabetes, hipertensión… (Villavicencio, 1999). No caso de que nolo indique deberemos profundar nos detalles de como sucederon os acontecementos que provocaron os traumatismos. Desenvolvéronse incluso criterios para avaliar a credibilidade do testemuño da vítima xa que nos atopamos nun contexto xudicial no que en moitas ocasións non hai testemuñas e a declaración da vítima é a única proba (Juárez, 2007), e é contraditoria coa do agresor. A muller pode amosar síntomas de problemas sanitarios, segundo se recolle no traballo titulado: La atención sociosanitaria ante la violencia contra las mujeres, publicado polo Instituto da Muller (2001, cit. en Aretio, 2004) derivados da tensión continuada na que viviu: baixo sistema inmunitario, dificultades respiratorias e cardíacas, dores de cabeza e lombo, insomnio, pesadelos, problemas relacionados coa alimentación (anemia, anorexia, bulimia, diarreas) e como consecuencia unha maior inxestión de psicofármacos, analxésicos, consumo de tabaco, alcohol e outras drogas. En canto á súa saúde sexual, a consecuencia das relacións sexuais impostas prodúcese unha perda do desexo sexual, problemas xinecolóxicos como trastornos menstruais, infeccións recorrentes, ETS, problemas urinarios. De saúde reprodutiva como embarazos non desexados e abortos. Durante o embarazo: hemorraxias vaxinais, infeccións e anemia, parto prematuro, baixo peso da criatura ao nacer. Polo que para realizar o estudo é necesario recoller este tipo de información ou incluso solicitar o historial médico da vítima. En ocasións, atopámonos con mulleres en procedementos de familia (divorcio ou custodia de menores) que relatan unha relación de acoso e maltrato psicolóxico da que elas non son conscientes. Podendo persistir ese tipo de relación despois do divorcio a través dos fillos. É interesante, estudar El acoso moral: el maltrato psicológico en la vida cotidiana de Hirigoyen, (1999) para entender ese tipo de relación e a situación na que se atopa a muller e o home no momento da separación. Para o estudo dos presuntos maltratadores pode ser de interese coñecer as dúas tipoloxías que descubriron Jacobson e Gottman (2001) aos que denominaron “cobra” e “pitbull”. Os cobra teñen unha tendencia antisocial e potencialmente delituosa. Son máis violentos coas persoas do seu contorno (amigos, parentes, compañeiros de traballo…). Teñen menos dependencia emocional das súas vítimas que os pitbull, non son especialmente celo12
  14. 14. O traballo forense sos, gústalles incitar para que ela os abandone. Os pitbull pola súa parte son máis inseguros e teñen medo de ser abandonados. Tamén é necesario entender a distorsión cognitiva que teñen os agresores en canto a percibir á muller como un ser inferior e a xustificación da violencia na relación de parella, para isto Echeburúa e Fernández (Echeburúa e Corral, 1998), desenvolveron dous cuestionarios, un sobre a distorsión do pensamento sobre a muller e outro sobre a violencia, que poden ser de utilidade en algún caso, pero que por ser moi explícitas as preguntas dos ditos cuestionarios na maioría das ocasións, nos tribunais os presuntos agresores non responden ao que pensan e manipúlanas. Estes cuestionarios foron desenvoltos para aplicarse nun contexto terapéutico. Poden eliminarse as preguntas máis evidentes antes de pasalo. Tamén pode ser útil o elaborado por Ramírez (2000). Creencias aprendidas sobre la superioridad del hombre para traballar con homes agresores en parella. Para o estudo da violencia de xénero, o Ministerio de Xustiza español desenvolveu tamén unha Guía y Valoración Integral Forense de la Violencia de Género coordinada polo Médico Forense Sr. Cobo, (2006). Tamén necesitaremos coñecer os factores que fan que se desencadee a violencia de xénero. A valoración do risco é moi útil nos tribunais, xa que tras a detención dunha persoa que cometeu un feito delituoso de violencia de xénero, o estudo do risco pode indicar que o máis axeitado para este suxeito sexa unha medida de afastamento da vítima ou incluso a prisión preventiva. Serve tamén para asesorar a xuíz sobre o tipo de condena máis adecuada para o suxeito e cando xa está cumprindo condena no sistema penal, para establecer os permisos. Os factores de risco de violencia intrafamiliar segundo Hotaling e Sugarman (1986, cit. en Andrés Pueyo, 2009) entre outros son: — Ser vítima de violencia na infancia ou adolescencia. — Consumo de alcohol. — Ser testemuña de violencia cara aos outros membros da familia de neno. — Desemprego. — Baixo nivel de ingresos. — Baixo nivel educativo. — Falta de asertividade En canto a instrumentos desenvolvidos para realizar a valoración de risco están: 13 f e r v e n z a s
  15. 15. Revista Galega de TRABALLO SOCIAL - Fervenzas nº 15 - El DA (Danger Assessment Tool) é un instrumento deseñado para valorar o risco de asasinato da muller nas relacións de parella. Creouno Campbell (2004, cit. en Andrés Pueyo, 2009) e consta dun listado composto por 20 factores de risco que se analiza despois de entrevistar a vítima. - Valoración do risco de violencia coa axuda do protocolo S.A.R.A de Kropp, Hart, Wesbter e Eabes adaptado por Andrés e López (2005). Menores En canto aos malos tratos e á neglixencia nos menores pode servirnos de guía as indicacións sobre as necesidades infantís que Barudy e Dantagnan (2005) estudaron que deben ter cubertas os menores, ou os estudos desenvolvidos sobre os factores de maltrato infantil que aconsellarían a declaración de desamparo dun menor ou os criterios para decidir a separación definitiva dun menor da súa familia de Paul e Arrubarrena (2001). E para o estudo da declaración do menor vítima de abuso sexual Steller e Koehnken, (1994) desenvolveron o Análisis de la Validez de la Declaración o SVA (Statement Validity Assessment) que comprende: — Unha entrevista ao menor realizada mediante un protocolo por exemplo con: Protocolo del Estado de Michigan, (1998) ou Protocolo de NICHD, (2007). Gravada en audio ou vídeo. — A Análise de Contido Baseado en Criterios (CBCA) que axuda a examinar o contido da declaración do/a neno/a transcrita. — A lista de validez na que se analizan criterios externos á declaración do menor como a motivación do menor e da súa contorna, a compatibilidade con outras declaracións… trataríase da avaliación global. Sería aconsellable que a dita valoración se realizara de maneira interdisciplinar por un psicólogo e un traballador social. Contando durante o proceso e na valoración final co asesoramento dun médico forense como se propón no protocolo de intervención de Trabajo Social y Psicología en la Administración de Justicia Costarricense elaborado por Aguilar e outros (2006). Familia Para o estudo dos asuntos do xulgado de familia pode sernos útil: — Ter formación sistémica para interpretar o conflito familiar. — Psicoloxía evolutiva e do menor. — Entrevistas protocolizadas para pais/nais e menores. — Entrevistas familiares con técnicas sistémicas: 14
  16. 16. O traballo forense - Dos menores con cada pai/nai. - Visitas a domicilio e observación do menor coa familia extensa. Algúns cuestionarios para menores: — Escala de crenzas infantís sobre o divorcio parental. — Relacións parento-filiares valoradas polos/as fillos/as. — Lista de preferencias infantís. Versións traducidas e modificadas por Marta Ramírez da Escola de Kurdek e Berg (1987, op. cit. en Ramírez, 2003). Garda e custodia compartida Actualmente unha das demandas máis habituais aos equipos psicosociais nos tribunais de familia é a conveniencia de establecer a garda e custodia compartida en asuntos contenciosos, nos que os pais/nais non chegan a acordos sobre o tipo de custodia. É necesario, polo tanto, investigar criterios científicos que deben darse nas familias para poder establecer a garda e custodia compartida sen que iso supoña poñer en risco o menor. En comunidades autónomas como Aragón, Cataluña e Valencia lexislouse respecto a esta materia e a garda e custodia compartida será a preferente para que a ditasen os tribunais nos casos de divorcio e separación de parellas de feito. O traballador social Alcázar (2011) está investigando actualmente os criterios que terían que darse nunha familia e habería que estudar na pericial para aconsellar ao tribunal a garda compartida. Os que propón, que foron recollidos de diferentes estudos sobre a materia son os seguintes: — Corresponsabilidade dos pais. — Baixo nivel do conflito. — Implicación de ambos os dous na crianza. — Proximidade dos domicilios. — Vontade dos menores (ter presente a posibilidade de manipulación). — Proposta dun plan realista por parte de quen fai a demanda da garda compartida. Incapacidade, internamento e malos tratos aos anciáns As traballadoras e os traballadores sociais dos diferentes servizos sociais asesoran en moitas ocasións aos tribunais nos procedementos de incapacidade e internamento. Son profesionais que demandan procede15 f e r v e n z a s
  17. 17. Revista Galega de TRABALLO SOCIAL - Fervenzas nº 15 mentos de incapacidade e internamento ás fiscalías e de internamento urxente aos tribunais en situacións de risco vital para as persoas. Tamén lle solicitan en ocasións ao Tribunal a remoción dun titor cando quen posúe a tutela non exerce a súa función de maneira adecuada. Existen diferentes protocolos para solicitar a incapacidade a través das fiscalías. Ante os tribunais pódese solicitar o internamento xudicial ou medidas sobre o patrimonio dun presunto incapaz como Medida cautelar (artigo 762 CC). Para determinar a incapacidade o tribunal apoiase no artigo 200 do CC: “Son causas de incapacitación las enfermidades ou deficiencias persistentes de carácter físico ou psíquico, que lle impiden á persoa gobernarse por si mesmas”. Polo que os informes periciais irán encamiñados a demostrar esas causas. Hai cuestionarios e escalas que poderemos utilizar para reforzar o noso estudo: — Actividades básicas para a vida cotiá: Test Bartel e Test Lawton Bordy. — Escala sobre a carga do coidador. Escala Zarit. — Deterioro cognitivo: Minimental test ou test de Pfeiffer. — Alimentación. Mini Nutricional Assessment. — Protocolo de entrevista para a sondaxe de maltrato a unha persoa maior Canadian Task Force e American Medical Asociatión. Recollido no protocolo do Servicio Riojano de Salud (Aretio, 2004). A INTERVENCIÓN DO TRABALLO SOCIAL EN ASUNTOS PENAIS. A VALORACIÓN SOCIAL DA IMPUTABILIDADE. A imputabilidade consiste nun determinado grao de normalidade nas facultades psíquicas da persoa, que lle permite coñecer que o seu comportamento é ilegal e actuar de acordo coa dita comprensión (Charco, 2010). Conceptos básicos para entender a imputabilidade. Definición de delito: delito é toda acción, típica, antixurídica, culpable e punible. — Acción: acto humano u omisión. — Típica e antixurídica: tipificada polas leis penais de cada país. Contraria a dereito. — Culpable: ten que referirse a un suxeito imputable. Capaz. — Imputabilidade: é a capacidade que ten o suxeito para poder actuar no campo do dereito penal (un menor o un alleado non teñen capacidade. Non son responsables). 16
  18. 18. O traballo forense — Punible: a pena como característica do delito. Responsabilidade criminal: Todos os carácteres do delito teñen que concorrer para que xurda a responsabilidade penal. Existen unhas causas eximentes da responsabilidade criminal que son as chamadas causas de imputabilidade e outras atenuantes que fan que diminúa a imputabilidade. As causas que eximen da responsabilidade criminal veñen recollidas no art. 20 do Código Penal: 1.- O que ao tempo de cometer a infracción penal, a causa de calquera anomalía ou alteración psíquica, non poida comprender a ilicitude do feito ou actuar conforme a esa comprensión. 2.- O que ao tempo de cometer a infracción penal se atope en estado de intoxicación plena polo consumo de bebidas alcohólicas, drogas tóxicas, estupefacientes, substancias psicotrópicas ou outras que produzan efectos análogos... 3.- O que, por sufrir alteracións na percepción desde o nacemento ou desde a infancia, teña alterada gravemente a conciencia da realidade. 4.- O que obre en defensa da persoa ou dereitos propios ou alleos... 5.- O que, en estado de necesidade, para evitar un mal propio ou alleo lesione un ben xurídico doutra persoa ou infrinxa un deber... 6.- O que obre impulsado por medo insuperable. 7.- O que obre en cumprimento dun deber ou no exercicio lexítimo dun dereito, oficio ou cargo. Nos supostos dos tres primeiros números non se lles condena e se aplica, no seu caso, as medidas de seguridade previstas no Código Penal. As circunstancias que atenúan veñen recollidas no artigo 21 do Código Penal: “Son circunstancias atenuantes as do capitulo anterior (art. 20) cando non concorran todos os requisitos necesarios para eximir a responsabilidade”. O Traballo Social pode intervir durante a instrución do caso como perito. O informe social pode ser necesario: — Para valorar aspectos sociais que poden influír nas imputabilidades. — Para axustar as medidas rehabilitadoras a impoñer na sentencia. 17 f e r v e n z a s
  19. 19. Revista Galega de TRABALLO SOCIAL - Fervenzas nº 15 Matesanz e Ruiz (2011) realizaron un estudo sobre Traballo Social e imputabilidade no que se estudaron 14 sentencias (1 do Tribunal Supremo, 8 de audiencias provinciais e 5 de xulgados do penal) nas que a traballadora ou traballador social interveu na instrución como perito, ben de maneira individual ou en equipo e o seu pericial influíu no tribunal á hora de apreciar algún grao de imputabilidade. E chegaron á conclusión de que o informe social lle pode servir ao tribunal: — Para entender por que se produce o feito delituoso — En que contexto se produce. A proposta de medida rehabilitadora facilita o individualizar a pena, xa que pon á disposición do tribunal os recursos do individuo e da súa comunidade para establecer a medida concreta que se debe aplicar en cada individuo. O traballo interinstitucional entre traballadores/as sociais na fase de instrución facilítalle ao tribunal os datos sobre violencia que se recollesen noutros servizos. Para que isto sexa posible, as traballadoras e os traballadores sociais de atención primaria e especializados deben de recoller no seu expediente a historia de violencia familiar, se a houbese, aínda que a vítima non desexe denunciar. A AUTOPSIA SOCIAL. ESTUDO SOCIAL POSMORTEM. O ESCENARIO DO DELITO DE VIOLENCIA FAMILIAR. O traballador social Garzón (2011) refire que da mesma maneira que na investigación dun delito se estuda o escenario onde se cometeu e recóllense as probas que se utilizarán posteriormente para poder acusar unha persoa, o que se chama escenario posdelito, nas mortes como consecuencia da violencia intrafamiliar existe tamén un escenario de produción do delito que pode ser estudado a través dun proceso de abstracción sociolóxica. A este estudo chámaselle: a autopsia social. Intervín como perito nalgúns casos nos que un membro da familia falecera, onde o seu agresor era outro membro do núcleo familiar, para realizar o que para min era un estudo da imputabilidade pero que segundo Garzón sería una autopsia social e segundo a traballadora social González (2011) de Arxentina sería un estudo posmortem. González está sendo requirida actualmente polos Tribunais de Salta para investigar nos casos que ocorreu un asasinato. Na súa exposición no I Encuentro Trabajo Social Forense de Costa Rica sinalou que desenvolveu técnicas para investigar as relacións da vítima antes da súa morte e que eses datos lle serven en ocasións ao tribunal para coñecer a causa da morte e a atopar o asasino. Con base nestas reflexións e ás intervencións que tiven neste tipo de casos propoño que se recolla: 18
  20. 20. O traballo forense • Estudo dos compoñentes do grupo familiar (a súa historia e a súa situación antes do falecemento). • Estudo da vítima. Como non podemos contar coa versión da vítima, podemos inferila en parte estudando os documentos (fotografías, correos electrónicos, mensaxes telefónicas, documentos oficiais…) e os testemuños de familiares, amigos, compañeiros, veciños…). • Estudo dos factores socio-culturais, laborais e económicos que puideron actuar como estresores. • Estudo das relacións familiares, a súas pautas de interacción, para iso aplicaremos a teoría de sistemas. A familia é un grupo natural que no curso do tempo elaborou pautas de interacción. Estas constitúen a estrutura familiar que rexe o funcionamento dos membros da familia e define a súa gama de condutas. As familias son sistemas multi-individuais, pero son pola súa vez subsistemas de unidades máis vastas: a familia extensa, a comunidade cultural, a sociedade como un todo. A interacción con estas unidades máis vastas xeran boa parte dos problemas nos que se ve inmerso o individuo. As interdependencias afectivas, económicas, de vivenda, permisos de residencia, laborais, de intención de cambio de custodia dos fillos, de roles asignados, empoderamento da vítima de violencia de xénero, entre outros datos poden servir para interpretar a violencia con consecuencia de morte que nun momento determinado un membro pode exercer contra outro e interpretar a responsabilidade do agresor. AS NOVAS TECNOLOXÍAS Como se foi vendo, as traballadoras e os traballadores sociais forenses intervimos sós ou en equipos interdisciplinares, en diferentes tipos de xulgados e en diferentes lugares xeográficos. Sempre botei en falta o traballo social en equipo, porque o consideraba enriquecedor e irreemprazable. As novas tecnoloxías ofrécennos a posibilidade de compartir as nosas experiencias, aclarar dúbidas, debater, investigar, medrar… Por iso impulsei a creación dun foro de debate chamado Trabajo Social Pericial que se atopa aloxado dentro da Red Iris en: http://www.rediris.es/list/info/tspericial.html. Lugar no que ademais se foron colgando diferentes documentos elaborados por traballadores sociais tanto de España como de Sudamérica, e aproveito esta publicación para convidar a todos os colegas que estean interesados en ir descubrindo este campo profesional. pilar.ruiz.rodriguez@gmail.com 19 f e r v e n z a s
  21. 21. Revista Galega de TRABALLO SOCIAL - Fervenzas nº 15 BIBLIOGRAFÍA I I I I I I I I I I I I I I I Aguilar, I.; Chacón, L.; González, R.; Jiménez, S.; Loaiza, M.; Meza, L.; Mora, N.; Murillo, F. e Ortiz, J. (2007). La Intervención de Trabajo Social y Psicología en la Administración de Justicia Costarricense. Poder Judicial. Recuperado o 15 de agosto de 2012 de: http://bscw.rediris.es/pub/bscw.cgi/4269719?client_size=1276x600. Alcazar, R. (2001). Instrumento de Evaluación de Custodia Compartida. (En estudio). Recuperado o 14 de agosto de 2012 de: http://bscw.rediris.es/pub/bscw.cgi/4269719?&&&client_size=1259x600 Aretio, A. (2004). (Coord) Programa integral de detección y abordaje de la violencia doméstica desde el sistema sanitario público. Gobierno de La Rioja. Andrés-Pueyo, A. (2009). La predicción de la violencia contra la pareja. En E. Echeburúa, J. Fernández–Montalvo e P. Corral. Predicción del riesgo de homicidio y de violencia grave en la relación de pareja. Valencia: Reina Sofía. Barudy, J. e Dantagnan M. (2005). Las necesidades infantiles en Los buenos tratos a la infancia. Barcelona: Gedisa. Bosch, E. e Ferrer, V. (2002). La voz de las visibles. Las víctimas de un mal amor que mata. Cátedra. Charco, M.ª L. (2010). Curso sobre violencia de género. Cáceres: Ministerio de Justicia. Cobo, P. Coord. (2006). Guía y Manual de Valoración Integral Forense de la Violencia de Género. Madrid: Ministerio de Justicia. DSM-IV-TR (2003). Manual Diagnóstico y Estadístico de los Trastornos Mentales. (Texto revisado). Barcelona: Edición Española. Masson. Echeburúa, E. e de Corral, P. (1998). Manual de violencia familiar. Madrid. Siglo XXI. Garzón, R. D. (2011). La escalada de la violencia conyugal. Edité par l´auteur. Montreal. Recuperado de www.actiweb.es /rugarzon. González, S. (2011, outubro). I Encuentro de Trabajo Social Forense en Costa Rica. Recuperado o 15 de agosto de 2012, de http://www.poderjudicial.go.cr:81/prensa/boletin.php?b=55# Hirigoyen, M. F. (1999). El acoso moral. El maltrato psicológico en la vida cotidiana. Barcelona: Paidós. Jacobson, N. ye Gottman, J. (2001). Hombres que agreden a sus mujeres. Barcelona: Paidós. Juarez, J. R.; Mateu, A. e Sala, E. (2007). Criterios de evaluación de la credibilidad en las denuncias de Violencia de Género. Presentado en el III 20
  22. 22. O traballo forense Congreso de Psicología Jurídica y Forense. Universidad de Oviedo. Recuperado o 14 de agosto de 2012, de: http://www.recercat.net/bitstream/handle/2072/182690/SC-3-143-07-cas.pdf?sequence=1 I I I I I I I I I I I Kropp, P. R.; Hart, S. D.; Webster, C. D. e Eaves, D. (Adaptación de Andrés, A. e López, S.). (2005). Manual para la valoración del riesgo de violencia contra la pareja. S.A.R.A. Barcelona: Universidad de Barcelona. Matesanz, R. e Ruiz, P. (2011). Trabajador Social e Imputabilidad. Red Iris. Recuperado el 14 de agosto de 2012, de: http://bscw.rediris.es/pub/bscw.cgi/d4271685/Trabajo%20Social%20Fore nse%20e%20Imputabilidad.pdf. Michigan. Grupo de Trabajo del Gobernador para la Justicia del Menor y Agencia para la Independencia de la Familia del Estado de Míchigan. (1998). Protocolo de Entrevista Forense. Tradución de Eugenia Cabañas en lista de Psi-Forense. Mayo 2003. Recuperado o 14 de agosto de 2012, de: http://bscw.rediris.es/pub/bscw.cgi/d368331/Protocolo%20Entrevista%20 Forense.pdf NICHD, Protocolo para las entrevistas en la investigación de víctimas de abusos sexuales (revisión 2007) de Lamb, Orbch, Hershkowitz, Esplín e Horowitz (traducido por C. Omaña e J. L. González) (Unidade Técnica da Policía Xudicial da Garda Civil, marzo de 2008). Recuperado o 14 de agosto de 2012, de: http://bscw.rediris.es/pub/bscw.cgi/d907469/PROTOCOLO%20DEL%20NICHD%20Revision%202007.pdf Paúl de, J. e Arrubarrena, M. I. (2001). Manual de Protección Infantil. Barcelona: Masson. Palacios, J. (1988). La Enseñanza en las Instituciones Españolas para la “Reforma” de Menores (IX). Los intentos de modernización en la obra tutelar. Madrid: Ministerio de Asuntos Sociales. Ramírez, F. A. (2000). Violencia masculina en el hogar. Alternativas y soluciones. México: Pax. Ramírez, M. (2003). Cuando los padres se separan. Madrid: Biblioteca Nueva. Steller, M. e Koehnken, G. (1994). Análisis de las declaraciones basado en criterios. En D. Raskin. Métodos psicológicos en la investigación y pruebas criminales. Bilbao: Desclée de Brouwer. Villavicencio, P. (1999). Curso sobre La intervención de los profesionales de los Servicios Sociales básicos en la detección, tratamiento y derivación de las mujeres que sufren violencia doméstica. Logroño: Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales. Walker, L. (1979). The Battered Women. Nueva Cork. Harper and Row Publishers. (Tradución M. R. Cordero). Recuperado o 14 de agosto de 2012 http://webs.uvigo.es/pmayobre/06/arch/profesorado/feli/agredidas.doc 21 f e r v e n z a s
  23. 23. Na busca dunha inclusion social compartida NA BUSCA DUNHA INCLUSIÓN SOCIAL COMPARTIDA. Perspectivas do Traballo Social en Grupo Pepa Vázquez Traballadora Social RESUMO Este artigo, mostra o marco do traballo social en grupos, cunha pequena perspectiva teórica e dúas experiencias prácticas no campo da inclusión social activa, ao longo de 10 anos de traballo. Ofrécese demais unha reflexión final sobre o encaixe desta perspectiva no traballo social comunitario. PALABRAS CLAVE Grupos, empoderamento, experiencias, comunidade, inclusión activa. RESUMEN Este artículo, muestra el marco del trabajo social en grupos, con una pequeña perspectiva teórica y dos experiencias prácticas en el campo de la inclusión social activa, a lo largo de 10 años de trabajo. Se ofrece demás una reflexión final sobre lo encaje de esta perspectiva en el trabajo social comunitario. PALABRAS CLAVE Grupos, empoderamento, experiencias, comunidad, inclusión activa. ABSTRACT This article provides a general overview of the framework of group social work, as well as a brief theoretical approach and two practical cases in the area of active social inclusion corresponding to 10 years of work. It also offers a final consideration about the way in which this approach fits into community social work. 23 f e r v e n z a s
  24. 24. Revista Galega de TRABALLO SOCIAL - Fervenzas nº 15 KEy wORDS Groups, empowerment, experiences, community, active inclusion. Recoñecementos Este traballo non sería posible sen Silvia Gálvez, Geli Rodiño e Marcos Cardoso, cada un no seu momento contribuíu de forma que se puidera levar a cabo esta práctica e tamén na elaboración do artigo. Igualmente M.ª José Andión, Silvia Rodríguez, Beatriz Leclere, Lisa Dacosta, entre outras compañeiras de profesión que de xeito claro proxectan un “que facer” e un “non facer” neste noso traballo tan complexo e incomprendido. Franciso X. Aguiar, que é o meu editor, débolle horas de supervisión. Evidentemente, ás persoas participantes, algunhas dende o anonimato, outras dende a primeira liña, como Virginia Ojea, Miguel Luque, Teresa Patiño, Rafael Costa, M.ª Dolores Pintos, Ángel Darrosa e Toño Ramírez, que cren en si mesmos a maior parte do seu tempo, que sentiron a forza do grupo e que puxeron o seu esforzo sen obter case nada a cambio. A todos eles, moitas grazas Contacto coa autora: pepa1@cgtrabajosocial.es http://supervisionsocial.blogspot.com O ALCANCE DO TRABALLO EN GRUPO NOS PROCESOS DE INCLUSIÓN Conceptos básicos sobre inclusión social. Hoxe en día está amplamente aceptado que o concepto de pobreza non reflicte claramente a realidade coa que nos atopamos os profesionais dos servizos sociais. O concepto de pobreza estaba fundamentado en criterios de tipo económico, aínda que é certo que progresivamente foron tomando forma as outras dimensións implicadas. A exclusión social é un concepto máis integrador, na medida en que supón a existencia dun conxunto de factores non económicos presentes na nosa sociedade que enmarcan, sen dúbida a natureza complexa do fenómeno. Gil Villa (2002), entende que desde o enfoque da complexidade non existe unha exclusión, senón varias, que non son facilmente identificables e que incluso é unha realidade con aspectos excluíntes e incluíntes. Desbota polo tanto os enfoques baseados na dualización (incluído-excluído, dentro-fóra), considera que son enfoques simples que non toman en consideración a complexidade do contexto e propón un enfoque que considere 24
  25. 25. Na busca dunha inclusion social compartida as características peculiares de cada exclusión dentro do contexto no que se sitúa. Na actualidade, estase xerando nalgunhas persoas que gozaban de boas condicións de vida, unha sensación de incerteza, producida por situacións coxunturais ou estruturais que lles fan “entrar” en situacións de exclusión e de falta de recursos para sobrevivir. Cando falamos de incerteza referímonos á sensación de inseguridade que sofre gran parte da poboación segundo a cal, un feito desequilibrador na súa vida pode levar á exclusión social. Non nos é alleo que cada vez medra máis a sensación de vulnerabilidade froito da precarización nas condicións de traballo, da debilitación dos lazos familiares e/ou comunitarios, das dificultades de acceso á vivenda e deficiencias de habitabilidade en edificios e vivendas, sen esquecer o discurso mediático e político de “crise” entre outras. Na necesidade de recoñecer as dimensións afectadas nos procesos de exclusión resulta interesante a achega de Patrocinio de las Heras (1997), cando partindo dunha definición de pobreza avanza na liña de entender o carácter multidimensional do fenómeno. Desde o seu punto de vista, a pobreza non debe entenderse como unha cuestión económico-monetarista, senón relacionada cos dereitos das persoas. Requírese ter en consideración unha serie de prerrequisitos para o seu estudo: a) partir de que é un fenómeno social e, polo tanto, non é propio dos “suxeitos afectados senón dos mecanismos e estruturas que os producen; b) considerar que é un fenómeno social relativo referido tanto á satisfacción das necesidades básicas como á carencia de determinadas capacidades que poden requirir o uso de certos bens para poder estar capacitado ou participar na interacción social ( refírese á posibilidade de participar, como un dereito, elemento básicos da sociedade de benestar) ; e c) pensar no seu carácter relacional, remítenos á súa natureza multidimensional. “O que está en xogo son os dereitos sociais e a posibilidade-imposibilidade, capacidade-incapacidade dunha serie de persoas para poder exercelos”. Afirma Patrocinio que este fenómeno funde as súas raíces na propia “entraña” da sociedade baseada nun concepto utilitarista da persoa e unha filosofía da desigualdade. A intervención social debe considerar esta multidemensionalidade e dirixir tamén a súa acción a mudar os mecanismos sociais que producen desigualdade e xeran pobreza. Nesta mesma liña o CES (1997) fai referencia ao cambio de noción de pobreza a exclusión social por parte da Unión Europea, sinalando “o carácter multidimensional dos mecanismos polos que as persoas e grupos se ven excluídos da participación nos intercambios, prácticas e dereitos sociais que constitúen a integración social. O concepto de exclusión social engloba causas e efectos da pobreza”. Neste percorrido, non se pode deixar de nomear a Tezanos (1999), polo seu traballo no campo que nos ocupa, cando nos di que os excluídos son todas aquelas persoas que dalgún xeito se atopan fóra das oportunida25 f e r v e n z a s
  26. 26. Revista Galega de TRABALLO SOCIAL - Fervenzas nº 15 des vitais que definen unha cidadanía social plena, na sociedade dos nosos días. Asistimos ao respecto na nosa sociedade a un aumento importante das desigualdades relacionadas co predominio político de enfoques pouco sensibles á solidariedade social que están en consonancia coa lóxica dos novos modelos produtivos emerxentes. Recoñécese como as transformacións sociais, o desenvolvemento tecnolóxico están xerando procesos de exclusión cara a unha sociedade cada vez más polarizada. Tezanos entende que o fenómeno da exclusión é de natureza estrutural e que o seu carácter multidimensional conduce a que certos individuos se atopen en situacións que non lle permiten ser considerados como membros de pleno dereito da sociedade. Recollendo as distintas achegas dos autores nomeados anteriormente, desde a miña perspectiva tanto os enfoques estruturalistas como liberais deixan pouca marxe de manobra ás persoas inmersas nos procesos de “exclusión-inclusión” e incluso aos profesionais da intervención social. Admitindo a complexidade e multidimensionalidade do fenómeno, é preciso situarse ante as persoas non como obxectos de intervención senón suxeitos de acción. Os factores estruturais que condicionan os procesos de inclusión social, preséntanse a miúdo como inabarcables para os suxeitos que sofren exclusión social e para os propios profesionais que traballan con estes suxeitos. Deste xeito, traballador/a social e usuario/a están condenados a manter unha relación de poder asimétrica na que se poñen de manifesto, por parte do/a traballador/a social, as esixencias das institucións precisas para que as persoas consigan a “inclusión social”, e por parte dos usuarios/as, a obriga de ter que seguir as indicacións profesionais sinaladas baixo a ameaza de perder dereitos “graciables” ou ser condenado á “desaparición social”. Deste xeito, tanto o profesional como o usuario están, polo tanto, imbuídos nunha dinámica institucional perversa desde a cal resulta complicado establecer unha verdadeira relación de colaboración e confianza. Con esta perspectiva resulta imprescindible para o Traballo Social deseñar encadres de intervención que faciliten a complementariedade do binomio traballador/a social-usuario/a. Particularmente, son partidaria de abandonar o enfoque clínico e asumir a achega freiriana dunha “acción social dialóxica e transformadora”. Desde este orzamento de partida, a nosa acción na loita contra os procesos de exclusión ten que partir da análise dos factores de exclusión presentes na realidade, pero esta análise é compartida entre profesional e usuarios/as a través do diálogo igualitario que ten por obxecto a transformación persoal e social. 26
  27. 27. Na busca dunha inclusion social compartida Nesta modalidade de intervención os/as usuarios/as son suxeitos de acción que xunto con outros e outras interpretan a realidade social e deseñan accións de cambio. É recomendable traballar dende os niveis de intervención grupal e comunitario xa que se entende que unha acción transformadora ten que ser unha acción participada. Trazos da exclusión social Natividad de la Red (1993) fainos unha achega que está hoxe en día de moita actualidade, na liña de que aínda que hai uns anos algunhas características da pobreza tradicional ligadas as políticas de corte asistencialista parecían atenuarse, mentres se descoidaban os fenómenos estruturais que producen desigualdade. Un dos efectos desta realidade sobre as políticas actuais en momentos de crise é a volta a modelos xustamente asistencialistas, xa que non se actuou sobre as causas nin no fortalecemento do capital humano das persoas en situación de exclusión. Deste xeito, o desemprego segue sendo dos factores máis influíntes nos procesos de exclusión, xa que incide no illamento e na fraxilización das relacións e vinculacións sociais. Recóllese a achega de Castel (1997) cando expón a idea da exclusión como un proceso de “desafiliación” que se mostraría en dous eixos: — O eixo da integración laboral-económica (desemprego, traballo precario...). — O eixo da inserción social-familiar-relacional (familia, amigos...). Así pois, a orixe da exclusión pode estar nun ou outro eixo e afectarse mutuamente chegando a unha situación de exclusión extrema. Como xa é coñecido, neste proceso Castel diferencia tres zonas: a) a zona de integración, caracterizada por que os suxeitos posúen traballo estable, unha inscrición relacional sólida, quedan fóra do ámbito da intervención social e en todo caso poden ter problemas de orde psicolóxica (falaríamos aquí de pobreza integrada); b) a zona de vulnerabilidade, é unha zona de inestabilidade xeral, precariedade laboral e fraxilidade dos soportes familiares e sociais; e, c) a zona de marxinalidade ou exclusión, caracterizada pola falta de traballo, o illamento social e/ou por ser beneficiarios de prestacións sociais. A zona de vulnerabilidade funcionaría como unha especie de acordeón e dependendo das crises estruturais alimentaría á zona de integración ou á de exclusión. Esta análise non é nova, e mantense na actualidade incluso dende posicións que tradicionalmente non foron consideradas vangardistas como pode ser o informe Foessa de Cáritas (2012), na que ademais de recoller todo o exposto manteñen as liñas de traballo en tres eixos, asistencia, promoción e a transformación, nesta última vincúlanse estas experiencias. 27 f e r v e n z a s
  28. 28. Revista Galega de TRABALLO SOCIAL - Fervenzas nº 15 Dúas experiencias de traballo con grupos O contexto no que se desenvolveron foi o Equipo Municipal de Inclusión Social do Concello de Pontevedra (2002-2011), formado por unha educadora social e unha traballadora social durante 5 anos, e posteriormente por unha segunda traballadora social, este aumento de persoal fixo posible que despois de 3 anos de rodaxe en equipo, puideramos plasmar a segunda experiencia, deseñando o Club da Boa Vida que agora é a Asociación Filantrópica, Inclusión Social Activa Boa Vida. Obviamente o equipo levaba adiante un plan de traballo completo na execución do I e II Plan galego de inclusión social. Grupo de Busca Activa de Emprego A primeira experiencia, Grupo de Busca Activa de Emprego (BAE en diante) parte do traballo coordinado que se realizou durante 4 anos (20032006) coa Unidade de Día de Drogodependencias do mesmo concello; a decisión técnica co apoio político correspondente, permitiulle unir os nosos esforzos para poder deseñar accións sociais que posibilitasen a incorporación social daquelas persoas que acudían a ambos os servizos que na súa maioría eran beneficiarias de prestacións sociais económicas. Os grupos previos estiveron centrados na formación destas persoas para a adquisición de habilidades para a busca de emprego. Partíamos entón de considerar que era preciso traballar as competencias sociais das persoas para que elas mesmas procurasen un emprego. A nosa intervención baseouse fundamentalmente na inserción laboral como medio para acadar a inserción social. Durante este tempo tamén se desenvolveu o proxecto GOSEL (grupo de orientación e inserción social e laboral) que tiña como obxectivo fundamental a xeración de alternativas viables de autoemprego no eido da economía social que “rompera” a frustración que a moitas persoas lles provocaban as constantes expulsións do mercado laboral convencional. Nestes anos de intensa actividade deseñamos o grupo de busca activa de emprego (BAE) que é coma o colofón dos grupos previos e que, en poucas palabras, representa un intento de incorporar a “dimensión social” aos procesos de busca de emprego, este intento non deu os froitos que se esperaba, no ámbito da inclusión social, transformouse nun club de emprego que se conseguía o obxectivo de practicar a busca de emprego en grupo e iniciarse no mercado laboral. O BAE xurde, pois, a partir dos clásicos cursos de técnicas de busca de emprego nos que, normalmente, a aprendizaxe se ensina no “ambiente artificial” da aula, detectamos a necesidade de pór en práctica os contidos traballados, xa que as características da poboación en exclusión ou en risco de exclusión, levan a que moitas veces as persoas non se impliquen poste28
  29. 29. Na busca dunha inclusion social compartida riormente en procesos de busca, polo cal se fai preciso un seguimento das aprendizaxes e prácticas realizadas. A metodoloxía definida no proxecto tivo un marcado carácter flexible, no que o deseño das sesións foi aberto permitíndonos ir planificando e avaliando sesión a sesión e adaptándonos aos emerxentes do grupo, partimos deste deseño tipo: 5´ Presentación 15´ Tema central 25´ 15´ 25´ Informacións Descanso 5´ Programación Despedida semanal Realizamos un deseño dos contidos que consideramos debían ser tratados no grupo como temas centrais de traballo, propios da práctica da busca de emprego, a entrevista, o currículo etc. Iniciamos a primeira sesión cunha definición do grupo para darlle sentido e aclaramos os obxectivos e as actividades que se ían perseguir con base na idea de: “todos/as estamos buscando traballo” e “que podemos facer?” Ademais de repasar as técnicas de busca de emprego coa exposición de casos reais, tamén se traballou o autocoñecemento, a autoestima e o estres como eixes fundamentais nunha busca de emprego exitosa. Os obxectivos definidos inicialmente pretendían á creación dun espazo de traballo semanal que facilitase o coñecemento mutuo das persoas participantes, a partir do que se fosen xerando tarefas individuais e de grupo que desen acceso á información laboral útil. As persoas que desexasen participar no grupo debían comprometerse a asistir todas as semanas durante tres meses a unha sesión de hora e media, e a ir realizando as tarefas de busca de emprego que decidiran. Preferentemente accederon a este grupo aqueles que xa tiñan feito cursos de técnicas de busca de emprego e ou un mínimo proceso de orientación laboral. O número de participantes estivo entre 5 e 15. Realizamos as sesión coa presenza de dous traballadores sociais, con roles definidos en cada planificación, ben de guía ou de rexistro. Deseñamos os nosos instrumentos adaptándoos ás nosas necesidades, o diario de campo, follas de rexistro de actividade individualizada, rexistro de asistencia, planificación e avaliación que se cubriron sempre antes e despois de cada sesión, e un cuestionario de avaliación final dos participantes. 29 f e r v e n z a s
  30. 30. Revista Galega de TRABALLO SOCIAL - Fervenzas nº 15 A técnica máis utilizada foi a escoita activa engadindo unha moderación participativa, tamén as de presentación, cohesión de grupo, exposicións, propias de todo traballo en grupo. Realizamos a avaliación das 11 sesións realizadas, dende a perspectiva dos técnicos e dende as persoas participantes. Dende o punto de vista técnico, no ámbito cualitativo, pasaron polo grupo un total de 14 persoas, das que 9 aproveitaron todo o programa. A medida de asistencia a sesións foi de 7 persoas, sendo a sesión na que menos persoas acudiron 5 e na que máis de 11, as razóns da diversa asistencia foron todas diferentes, dende o inicio da actividade laboral, ate o abandono por non considerar de axuda o grupo para a busca de emprego. A valoración profesional que facemos da asistencia non pode ser positiva, gustaríanos mellorar os niveis de asistencia, xa que é un dos hándicaps da poboación participante. Igualmente pensamos que se poderían mellorar estes tres aspectos: • Selección dos participantes. • Percepción da busca de emprego. • Cohesión de grupo. Sen esquecer, obviamente, que a heteroxenidade forma parte das características de calquera grupo humano, tamén aquí se fai patente é constitúe tanto unha dificultade á hora de explicar contidos ou traballar con habilidades, como un reto á hora de compartir a idiosincrasia particular e as cuestións comúns. Un dos instrumentos de avaliación utilizados que nos permitiu coñecer a evolución individual de cada un/unha dos integrantes é as follas de rexistro de actividade individualizada. Este instrumento é un documento onde están rexistradas todas as tarefas que as persoas participantes programaban dunha semana para a outra e o resultado da execución destas. Os froitos do dito traballo individual permite extraer temas centrais que logo foron debatidos no grupo. Evidentemente, non se pretende detallar toda a produción que realizaron os compoñentes do grupo, cuestión que se entregou por escrito, en entrevista individual a cada persoa participante, no que se contabilizaron os logros e se fixeron as recomendacións oportunas. En termos xerais, as persoas asistentes estiveron satisfeitas co resultado da súa participación no grupo, puntuaron por riba da media. As temáticas peor valoradas foron o obxectivo profesional e a chamada telefónica, podería ser no primeiro caso por algunha dificultade na comprensión do termo e no segundo porque efectivamente botan en falta máis práctica. En xeral, as puntuación son moi altas. 30
  31. 31. Na busca dunha inclusion social compartida Como resultados cualitativos, ademais dos transversais de asistencia, imaxe persoal, puntualidade etc. pódense destacar os seguintes relacionados coa busca de emprego: — O 100% dos participantes do grupo realizou programacións de tarefas semanais para a busca de emprego. — O 100% dos participantes no grupo foron quen de axustar a programación a cada realidade persoal. — Todos/as executaron algunha tarefa das programadas para a semana. — As tarefas máis realizadas foron: - Ler o xornal. - Ir ao SEPE periodicamente. - Facer e completar o currículo. - Chamadas telefónicas e entrevistas de traballo. - Elaboración de listados de empresas. Realízase, tamén, unha avaliación que ten por obxecto coñecer que contidos foron mellor asimilados polos compoñentes do grupo. Os resultados foron os seguintes: — Todos/as utilizan unha axenda ou caderno para a busca de emprego. — Teñen claro o seu obxectivo profesional. — Practicamente todos/as saberían realizar unha chamada telefónica. — Todos/as fixeron e repasaron o seu currículo. — A maioría busca emprego e mira o xornal diariamente. Da perspectiva das persoas participantes, obtida polos cuestionarios finais, destacamos aquí, cuestións que nos chamaron a atención para ter en conta nas nosas programacións e que normalmente non se deseñan, como por exemplo a necesidade de que o espazo fose distendido e incluso divertido, “sentimos cando un profesional cre no que fai”, “seguridade no grupo”, “ser tratados como adultos sen ser xulgados” “ser aceptados”... poder ter no grupo un espazo de expresión de sentimentos, pensamentos, acordos e desacordos… necesitamos identidade de grupo que recolla os momentos bos e non tan bos polos que pasan os seus integrantes. Tamén con referencia aos obxectivos programados, recollemos aquí textualmente as impresións das persoas participantes: — “Sinto que non estou soa na busca”. 31 f e r v e n z a s
  32. 32. Revista Galega de TRABALLO SOCIAL - Fervenzas nº 15 — “Foi estupendo, fixen un grande esforzo”. — “Axudoume a poñer en común como se ten que buscar e a comentar entre todos os plans”. — “Deume máis confianza en min mesma”. — Foi un xeito de “acompañarse mutuamente”. Valoraban positivamente o grupo como espazo de encontro e como un mecanismo que pode axudar a autodisciplinarse. A actividade do grupo foi complementada pola xeración dun novo programa experimental: a Aula Aberta de Emprego, este espazo nace pola necesidade expresada de moitas persoas, que non tiñan posibilidade de acceder á información e medios para a busca de emprego, e pola apertura e flexibilidade que os profesionais tiñamos para crear instrumentos e técnicas axeitados ao que vai acontecendo no desenvolvemento da vida do colectivo que atendiamos; mantívose ate o peche do servizo. O Club da Boa Vida A segunda experiencia Club da Boa Vida nace en xaneiro do 2010, froito do traballo previo, e co club de emprego xa consolidado, volvemos a atoparnos cun grupo de persoas que ou ben non buscaban traballo (despois de asumir que non tiñan espazo no mercado laboral e de buscar sen obter resultados) ou a súa empregabilidade era nula, pero o seu nivel de habilidades era medio, polo que outros grupos en funcionamento non cubrían as necesidades de ocupación do tempo libre, mantemento das habilidades adquiridas, e de relacións humanas (autoapoio). A partir desta necesidade deseñei o Club da Boa Vida que, de entrada, provocou o sorriso naqueles que lían o cartel e preguntaban en que consistía a actividade, tratábase diso, de provocar benestar, empezando polo sorriso, e practicando habilidades conxuntamente. Con máis intuición e memoria do estudado, que referentes teóricos definidos iniciamos o camiño cun breve proxecto que lle deu marco á actividade. A miña opción, á hora de planificar a actividade, foi non dar “charlas”, nin facer “dinámicas de grupos”, quería que a xente compartira o seu saber e así multiplicar os coñecementos, e a partir das prácticas individuais crear coñecemento de grupo. Se a flexibilidade foi un dos elementos guía na metodoloxía do BAE, pódese dicir que no Club da Boa Vida foi a guía principal, tiñamos unha soa profesional para levar un grupo aberto no que practicar as habilidades sociais, nunha sesión semanal de hora e media de duración. 32
  33. 33. Na busca dunha inclusion social compartida O deseño das sesións fíxose conxuntamente coas persoas participantes dando como claves a aprendizaxe, e a participación totalmente voluntaria, con incorporación e abandono en función do cumprimento das expectativas persoais, comunicándoo previamente. A estrutura do traballo do grupo quedou definida despois de dúas sesións nas que decidimos deseñar dous tipos de sesións na sesión tipo “planificación” dedicariamos a primeira parte ao traballo “intelectual” de pensar e planificar a seguinte sesión, en función dos temas que o grupo sentise a necesidade de coñecer, para o descanso, contamos con cafeteira e lavadoiro da Unidade de Día de Drogodependencia; as persoas participantes achegaron enxoval e acordaron poñer cada un, cando puidera, 50 céntimos, para a compra do café, infusións, e azucre, este espazo xestionárono eles cun responsable de referencia. A segunda parte da sesión sería de xogos de mesa (xadrez e parchís) e calceta, coa idea de crear un espazo de distensión natural e de aprendizaxe, ademais de crear algo físico dende o grupo, intentaríamos facer un patchwork de cores. A sesión tipo “grupo” tería un tema central de traballo elixido e preparado na sesión anterior cunha persoa que o guiaría que, en principio, sería a traballadora social con un dos participantes, despois do descanso fariamos igualmente xogos de mesa e calceta. Ao igual que no BAE, tanto os instrumentos de rexistro como as técnicas utilizadas foron adaptadas ás temáticas tratadas, levouse a cabo un rexistro das sesións en diario de campo, e as correspondentes follas de planificación e avaliación, ademais de ensinar a realizar actas das sesións a tres participantes, creouse tamén un arquivo do grupo no que as persoas que se ían incorporando podían consultar o traballo feito previamente e valorar se desexaban incorporarse ao grupo. As técnicas de dirección de asembleas participativas e educación popular foron a base sobre a que se sustentou o grupo, sen esquecer o traballo en rede, no que tanto institucións como empresas participaron. A complexidade deste traballo e a falta de referentes fai que avaliación e resultados deste sexa tamén complexa e non encaixable nas clásicas avaliacións como a que reflectimos no BAE, evidentemente usamos tres cuestionarios de avaliación e as persoas participantes mostraron un alto grado de satisfacción coa súa participación no grupo; ante esta complexidade espero que os elementos que recollo como resultados sexan de utilidade ás traballadoras e traballadores sociais que neste momento teñen que reinventar a súa tarefa diaria e se animen a quitarlle o po aos coñecementos do traballo social con grupos. Un dos resultados das 38 sesións do 2011 e das 32 do 2010, foi que 10 das, 37 persoas que pasaron polo grupo recuperaron ou adquiriron unha autoestima que lles permitiu definirse a si mesmos individual e colectivamente; ademais do traballo no grupo a EAPN (Rede Galega de Loita Contra 33 f e r v e n z a s
  34. 34. Revista Galega de TRABALLO SOCIAL - Fervenzas nº 15 a Pobreza) e a Fundación Emaus (moitas das persoas participantes neste grupo formaran parte anteriormente do proxecto TESELA), influíron decisivamente neste proceso, convidáronnos ás I Xornadas de participación de persoas en situación de pobreza e exclusión, e máis tarde ao I Congreso de participación cidadá de persoas en risco de pobreza e exclusión social, un en Santiago e outro en Madrid, á volta de ambos os encontros, os participantes conectaron como enchufe que da luz ao noso traballo no grupo Boa Vida, coa conciencia da propia situación e das posibilidades que isto lle daba en conexión con outros “pobres do mundo”. Con esta toma de conciencia empezan algúns participantes a sentir a necesidade de organizarse fóra da institución municipal. O nome do grupo resultou ser identificativo na súa evolución. As persoas participantes sentíanse a gusto co nome, aínda que por momentos se lles antollara “pouco serio”, pero ao mesmo tempo si que “agarraron” a idea de estamos “mal” pero queremos vivir “ben”, dez meses despois de ter iniciado a andadura traballamos sobre a identidade do grupo quedando definido despois de 4 sesións e case un ano de traballo en equipo: Somos un grupo de persoas, agradables con “problemas de todo tipo”, con “dificultades”, en situación de “vulnerabilidade social”, que nos reunimos para levar a vida mellor (opinar, acompañar, aprender, axudar, reivindicar, “ser referente”) coa idea de darlle participación e esperanza a todo o que queira formar parte do grupo. Nese contexto xorde a idea da imaxe corporativa e un participante fai un faro que entre todos modificamos. Quero destacar dúas cuestións que as persoas participantes sinalaron como importantes nos cuestionarios de avaliación, a actitude e o compromiso profesional e que no noso equipo tamén valoramos como claves do éxito da intervención psicosocial: A actitude da profesional que ten que ver co respecto e a crenza profunda de que as persoas queren mellorar a súa situación; traballar dende esa posición, fixo que se visibilizarán as súas fortalezas e se mobili34
  35. 35. Na busca dunha inclusion social compartida zarán automaticamente, buscaron eles mesmos a información, preguntaron con respecto, aprenderon a facerse cargo da súa propia participación, e do espazo como algo propio. Esta actitude permitiu que montasen o seu blog, o seu facebook, e a gaceta mensual, como ferramentas propias para acadar esa inclusión activa tan desexada, dende os profesionais e tan incomprendida dende as persoas excluídas. Igualmente permitiu que traballasen en cuestións que eu non compartía na súa totalidade, como foron as clases de debuxo ou os contidos dalgunhas gacetas. O compromiso coa intervención social; directamente relacionado coa actitude, pero dende un punto de vista máis profundo, no que unha vez que a semente está posta hai que regala e coidala independentemente da climatoloxía pasaxeira. Conecto isto cos actuais tempos de crise de valores para que podamos seguir vendo o bosque, para que as árbores non nos impidan ver o bosque. As profesionais da intervención social somos bosque, e o asistencialismo só é unha póla dunha das nosas árbores, a participación e o empoderamento son a maioría das árbores do noso bosque esa é a nosa misión, darlles poder e participación ás persoas pobres e excluídas, a min só me queda agradecerlles a todas as que pasaron polo Equipo Municipal de Inclusión Social a oportunidade de aprender con elas. A comunicación de peche do servizo en novembro do 2010, fixo que a actividade do grupo cambiase, xa que a maioría das persoas participantes querían “facer algo”, ao respecto, fortalecidos polo proceso de participación, a impotencia ante o que eles consideraban unha inxustiza, (perder un servizo que lles era moi útil) ese “facer algo”, transformouse nunha campaña pública: Neste marco revisaron o nome, xa que presentarse publicamente como “grupo boa vida”, dáballes pouca formalidade, o nome tiña que indicar algo máis, e as persoas que viaxaron a Madrid propuxeron “inclusión social”, pero aínda quedaba algo pendente, eles querían que se vira que 35 f e r v e n z a s
  36. 36. Revista Galega de TRABALLO SOCIAL - Fervenzas nº 15 eran suxeitos activos do grupo e que no nome se vira o que pretendían, polo tanto incluímos “activa”. Así o novo nome (Boa Vida Inclusión Social Activa) identifica claramente que é un grupo que busca unha vida boa incluídos na sociedade dun xeito activo. O que encaixaba perfectamente cos sinais de identidade traballados os meses anteriores. Sabemos que para que un grupo se consolide precisa ter un obxectivo común, unha loita e un éxito no seu haber, o que foi un “problema” nun primeiro momento converteuse nunha “loita ganada” cando as autoridades políticas municipais e o Defensor do Pobo déronlle a razón. E o servizo continuou 6 meses máis. Así, a partir de pequenas accións, como un sorriso, foi crecendo no grupo a conciencia de que a súa forza está en actuar en colectivo e non individualmente, e de que as formas e os contidos, teñen moita relación, incluso o recoñecemento da situación de exclusión deixou de ser algo “doloroso”, para pasar a ser un sinal de identidade e un estandarte polo que loitar. Cando se remata este artigo o grupo leva 9 meses traballando como asociación ao mesmo tempo que o Equipo Municipal de Inclusión Social clausurado. CONCLUSIÓNS Ao revisar documentos teóricos ao respecto do traballo con grupos, conecto estas experiencias coa pedagoxía de Paulo Freire (1986) cando nos di que na medida en que a persoa se integra nas condicións do seu contexto de vida e reflexiona sobre ela, achega respostas aos desafíos que se lle presentan, crea cultura e integra activamente o seu propio proceso de cambio, e con Patricia Schorne (2005) cando sinala que o traballador social ten como función “concientizar” ensinando aos grupos a organizarse, espertar neles o desexo de elaborar o seu propio camiño para enfrontar os seus problemas e non esperar que a solución chegue do “estado providencia”. Sen a perspectiva de grupo é imposible avanzar cara unha integración “real”. Das tres traxectorias dun proxecto educativo, que sinalan na obra “como animar un grupo”, A. Beauchamp, R. Graveline e C. Quiviger, (1985) (centrados na información e os coñecementos, nas actitudes ou no saber facer) o grupo Boa Vida Inclusión Social Activa partiu das actitudes, do saber vivir ou saber ser, para ir afondando no saber facer. A combinación destas dúas liñas fai que o percorrido deste grupo sexa rico en creatividade e que os froitos futuros sexan sorprendentes sempre coa seguridade de ter traballado sobre as actitudes e o saber vivir. 36
  37. 37. Na busca dunha inclusion social compartida Cada grupo, cada profesional, cada institución é cada momento histórico é único e irrepetible, por iso son das que pensa que non hai experiencias trasladables nin repetibles, o que si temos como profesionais é un saber científico e sabemos que ao considerar a comunidade, como comunidade inclusiva, significa que existe o compromiso da inclusión social e iso profunda sobre a idea de que todos os membros da devandita comunidade expresan diversidade e que esta diversidade produce aprendizaxes recíprocas. Trátase tamén de asumir a diferenza, a posibilidade de que “excluídos e incluídos” participen dun diálogo do que obteñen beneficios mutuos, ou o que é o mesmo, aceptar que as persoas “supostamente excluídas” están en condicións de construír comunidade conxuntamente como o resto dos cidadáns. É, xa que logo, un cambio de concepción que pretende ir máis aló do debate obxecto-suxeito, rompen as barreiras do poder que definen as relacións da intervención profesional para construír un modelo que teña como principio fundamental a condición de cidadanía. A diversidade nunca debe ser un obstáculo para conseguir a igualdade. Dito doutra forma, partimos de considerar os aspectos relevantes dunha realidade social diversa, como expresión da “riqueza social” presente no medio. A exclusión tamén forma parte da paisaxe social na que vivimos, con todo, poucas veces escoitamos a súa voz, senón é a través de intermediarios profesionais. É por iso que propomos un modelo comunitario que facilite espazos e condicións necesarias para que todas as persoas dispoñan das mesmas oportunidades para expresar a súa voz e atopar solucións para os diversos problemas. É neste marco onde entendemos por rede social, aquel conxunto de relacións significativas para unha persoa ou grupo que se dan nun contexto xeográfico concreto no cal poden producirse sentimentos de vinculación que favorecen a aparición de sistemas de apoio social formais e informais. O sentimento de pertenza á comunidade manifestaríase non só na medida en que desenvolve mecanismos de participación e integración, senón tamén na capacidade dos seus membros para xerar no seu seo sentimentos de vinculación que poñan en valor as relacións de veciñanza fundamentadas nos valores da reciprocidade, o intercambio e a axuda mutua. BIBLIOGRAFÍA I I Gil Villa, F. (2002). La exclusión social. Barcelona: Ariel. Tezanos, J. F. (1999). Tendencias en desigualdad y exclusión social. Tercer foro sobre tendencias sociales. Madrid: Sistema. 37 f e r v e n z a s
  38. 38. Revista Galega de TRABALLO SOCIAL - Fervenzas nº 15 I I I I I I Red Vega, N. (1993). Aproximaciones al trabajo social. Madrid: Siglo XXI Castel, R. (1997). La metamorfósis de la cuestión social. Buenos Aires: Paidós. FOESSA. (2012) Exclusión y Desarrollo Social, Análisis y perspectivas. 2012. Madrid: Cáritas Española. Freire, P. (1986). La educación como práctica de la libertad. Madrid: Siglo XXI. Schorne, P.(2005). Dinámica de grupo en Trabajo Social. Salamanca: Amarú. Beauchamp, A, Graveline, R, e Quiviger, C. (1985). Cómo animar un grupo. Barcelona: Sal Terrae. 38
  39. 39. Aproximación ao traballo social e ao dano cerebral adquirido UNHA APROXIMACIÓN AO TRABALLO SOCIAL E AO DANO CEREBRAL ADqUIRIDO M.ª Eugenia Veloso Osuna Traballadora social da Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela traballosocial@sarela.org RESUMO Moitos compañeiros e compañeiras, e a sociedade en xeral, descoñecen que é o dano cerebral adquirido (de agora en diante, DCA); e polo tanto cal é a situación e o día a día destas persoas e as súas familias. A través do programa de información e orientación a familias, farase un percorrido do itinerario polo que pasan as familias e as persoas con dano cerebral adquirido dende que ocorre a lesión até a fase de estabilización e a posterior integración social. Este programa fundamentase na necesidade de información que atravesa todo o proceso de convivencia co dano cerebral adquirido, comezando pola etapa hospitalaria. Esta información constitúe a base para poder promover intervencións, manexar falsas expectativas, crear alternativas ou esquivar erros. Deste programa básico dependerá en gran medida que a persoa poida acadar o maior grao de autonomía posible (segundo as súas capacidades e situación funcional), tendo coñecemento de cal é o recurso máis axeitado e, ao tempo, que a súa familia poida normalizar a situación coa menor dificultade e co maior apoio posible. PALABRAS CLAVE Información, orientación, familias, DCA, autonomía persoal, integración social. RESUMEN Muchos compañeros y compañeras, y la sociedad en general, desconocen que es el daño cerebral adquirido (de ahora en adelante, DCA); y por lo tanto cuál es la situación y el día a día de estas personas y sus familias. A través del programa de información y orientación a familias, se hará un recorrido del itinerario por el que pasan las familias y las personas con daño 39 f e r v e n z a s
  40. 40. Revista Galega de TRABALLO SOCIAL - Fervenzas nº 15 cerebral adquirido desde que ocurre la lesión hasta la fase de estabilización y la posterior integración social. Este programa se fundamenta en la necesidad de información que atraviesa todo el proceso de convivencia con el daño cerebral adquirido, comenzando por la etapa hospitalaria. Esta información constituye la base para poder promover intervenciones, manejar falsas expectativas, plantear alternativas o esquivar errores. De este programa básico dependerá en gran medida que la persona pueda conseguir el mayor grado de autonomía posible (según sus capacidades y situación funcional), teniendo conocimiento de cal es el recurso más idóneo y, al tiempo, que su familia pueda normalizar la situación con la menor dificultad y con el mayor apoyo posible. PALABRAS CLAVE Información, orientación, familias, DCA, autonomía personal, integración social. ABSTRACT Many colleagues, and society in general, is unaware that Acquired Brain Injury (ABI), and what is the situation and the daily lives of these people and their families. With the information and guidance program oriented to families, will become a route of the itinerary that pass the families and people with ABI since the injury happens to the stabilization phase and subsequent social integration. This program will build on the need for information that goes through the process of living with acquired brain injury, beginning with the time spent in hospital. This Information provides the basis for promote interventions, manage unrealistic expectations, alternatives or avoid errors. This basic program depends largely on the person to achieve the highest possible degree of autonomy (second their abilities and functional status), with knowledge of what is the most appropriate remedy, and that his family can normalize the situation with the least difficulty and with maximum support. KEy wORDS Information, guidance, families, ABI, personal autonomy, social integration. 40
  41. 41. Aproximación ao traballo social e ao dano cerebral adquirido DANO CEREBRAL ADqUIRIDO Cando falamos de dano cerebral adquirido referímonos ás persoas que sofren unha lesión, normalmente súbita, nas estruturas cerebrais; o que dá lugar a un menoscabo da súa saúde e a súa calidade de vida. As principais etioloxías do Dano Cerebral Adquirido son os accidentes cerebrovasculares (ACV) e os traumatismos cranioencefálicos (TCE) Os ACV son tamén coñecidos como ictus. Trátase de cadros clínicos xerados pola interrupción, mais ou menos repentina, do fluxo sanguíneo nunha rexión do cerebro. Isto dá lugar a unha isquemia e unha perda da función da que é responsable esa área do cerebro. Os TCE defínese como unha afectación do cerebro causada por unha forza externa que pode producir unha diminución ou alteración do estado de conciencia, que supón unha alteración das habilidades cognitivas ou de funcionamento físico. O traumatismo cranioencefálico pode ser aberto ou pechado. O primeiro ocorre cando un obxecto penetra con forza na cabeza e produce unha fractura no cranio e rotura das meninxes ou membranas cerebrais causando danos en áreas concretas do cerebro. O traumatismo pechado ocorre cando o cerebro é sometido a diversas forzas mecánicas. Non só pode existir unha lesión no lugar do golpe senón que se pode producir unha lesión adicional ou desviarse o cerebro ao lado oposto do golpe (lesión de contragolpe). Os fenómenos de aceleración, deceleración ou rotación do cerebro dentro do cranio, tamén poden afectarlles ás conexións neuronais (dano axonal difuso). Este tipo de traumatismo pode provocar lesións microscópicas por todo o cerebro. Este conxunto de lesións adoita verse acompañado, nas fases iniciais, pola formación dun importante edema cerebral e a consecuente perda de conciencia ou coma. A profundidade da perda de conciencia e a duración desta, son dous dos marcadores principais para estabelecer a severidade do dano cerebral. Outras causas son as anoxias cerebrais, os tumores e as infeccións cerebrais. Segundo o modelo de atención ás persoas con dano cerebral1, cando falamos de problemas derivados do dano cerebral existen sete grupos de problemas relacionados con: o nivel de alerta, o control motor, a recepción de información, a comunicación, a cognición, as emocións, a personalidade e as actividades básicas da vida diaria. É habitual que tras sufrir un TCE ou un ACV severo, se produza unha perda de conciencia ou coma. A severidade do coma mídese en todo o mundo coa Escala de coma de Glasgow. Esta escala valora tres dimensións de actividade, a capacidade que ten o suxeito para manter os ollos abertos espontaneamente ou ante un estímulo, a capacidade de mover un membro á orde ou por estimulación deste, e a capacidade para responder verbal1 Documento publicado polo IMSERSO no ano 2007. Ver bibliografía. 41 f e r v e n z a s
  42. 42. Revista Galega de TRABALLO SOCIAL - Fervenzas nº 15 mente. O grao de alerta pode variar dende unha simple tendencia ao sono até unha ausencia total de reacción a todo tipo de estímulos. Nos casos graves, o coma pode durar días ou semanas. Nunha minoría dos casos, o “espertar” non se produce e a persoa evoluciona a un estado no que se distinguen as fases de sono e vixilia, pero onde non observamos unha capacidade de interacción, nin de conciencia do mundo que a arrodea. Esta situación recibe o nome de estado vexetativo persistente2. O mantemento deste estado durante polo menos seis meses fai que as posibilidades de reversibilidade deste sexan moi escasas: nestes casos fálase dun estado vexetativo persistente. A cognición refírese ás funcións psíquicas que nos permiten analizar o que está ao noso redor. Grazas a ela aprendemos, reflexionamos e tomamos decisións baseadas no razoamento. A cognición é a atención, a concentración, a orientación, a memoria… e ten moitos usos; dende algo tan sinxelo como descifrar unha mensaxe, até cousas máis complexas como organizar unha viaxe con amigos. Algúns problemas cognitivos son transitorios e reversibles, como a amnesia postraumática que segue ao espertar dun coma. Outros poden condicionar a autonomía da persoa de forma permanente, e afectarlle, por exemplo, a orientación espacial. Esta situación pode coexistir coas funcións motoras, sensoriais e de comunicación intactas, o que transmite unha enganosa impresión da autonomía e da saúde da persoa con DCA, que non se corresponde coa realidade. A comunicación a través da linguaxe verbal ou escrita tamén pode verse afectada. Poden xurdir dificultades para comprender a linguaxe verbal (afasia sensitiva); ser incapaz de ler (alexia); ou ser incapaz de emitir unha linguaxe comprensible para quen nos rodea (afasia motora). Son frecuentes os trastornos na articulación da fala, nos que a persoa non é capaz de atopar os puntos de articulación dos diferentes fonemas, polo que a intelixibilidade do discurso pode verse gravemente afectada. É o que se denomina disartria. É importante destacar que, ao igual que poden ter só problemas cognitivos, as persoas con DCA poden ter tamén só problemas de comunicación. Estes son máis evidentes, mais é habitual que nas persoas con afasia, as habilidades cognitivas permanezan intactas. Porén, estas enfróntanse a unha grande incomprensión e illamento social. 2 Termo en revisión. Proposta recente do termo "Síndrome de vixilia sen resposta e de mínima conciencia." pola European Task Force on Disorders of Consciousness co fin de describir as persoas en estado vexetativo. 42
  43. 43. Aproximación ao traballo social e ao dano cerebral adquirido Entre os trastornos no nivel motor máis frecuentes atopamos as hemiplexias (parálise da metade do corpo), e as hemiparexias (perda de forza e destreza na metade do corpo). Outra alteración motora importante é a espasticidade, consecuencia da aparición dun ton muscular anormalmente elevado nalgúns grupos musculares. A falla de mobilidade nos membros condiciona unha perda de habilidades moi importantes, e xera un alto nivel de discapacidade. Nos casos moi severos, pode verse comprometida a capacidade de manter o control sobre os movementos da cabeza, a de manterse sentado sen apoios, a de poñerse de pé sen axuda ou a de deambular. Os profesionais que atendemos a persoas con DCA, observamos que o dano dá lugar a mudanzas na personalidade, á perda de habilidades para relacionarse en sociedade e a desordes emocionais. Despois dun traumatismo ou dun ictus, a persoa afectada adoita presentar inestabilidade das emocións, depresión ou perda de control sobre a expresión do pranto e da risa. Nos casos de ictus, é especialmente frecuente a aparición dunha síndrome depresiva. Dentro dos trastornos da personalidade destacan dous prototipos: o desinhibido e o apático. No primeiro obsérvase unha incapacidade para frear os impulsos: a persoa non é capaz de reservar para si mesma o que pensa, é excesivamente familiar coas persoas que a arrodean, compórtase de xeito invasivo e pode exhibir condutas que son consideradas socialmente desaxeitadas. Nas persoas que presentan apatía, acontece totalmente o contrario: presentan falta de motivación, indiferenza emocional, e unha tendencia á máis absoluta inactividade. A persoa permanece calada e xeralmente queda, mentres non sexa estimulada. É consciente, mais indiferente ao que a arrodea. Habitualmente asociados a estes trastornos da personalidade poden aparecer problemas de conduta, tales como a agresividade, que fan que a integración na contorna sociofamiliar se vexa seriamente afectada. O concepto de actividades da vida diaria non fai referencia ás funcións dependentes dunha parte concreta do cerebro. É o nome co que se agrupan as actividades máis comúns que realizamos as persoas diariamente. Diferéncianse dous niveis de complexidade: as actividades básicas da vida diaria e as actividades instrumentais. Dentro das básicas inclúense o aseo, o vestido, o control de esfínteres e os desprazamentos, por citar as máis importantes. As instrumentais fan referencia ao manexo da persoa na comunidade, como por exemplo o uso do transporte público, a realización de compras e xestións administrativas ou bancarias, ou o desempeño laboral. A autonomía nas actividades da vida diaria conseguímola as persoas mediante o concurso simultáneo de todas as capacidades que se describiron con anterioridade: alerta, percepción, cognición, mobilidade etc. Trátase dun concepto esencial, tanto en rehabilitación como en atención 43 f e r v e n z a s
  44. 44. Revista Galega de TRABALLO SOCIAL - Fervenzas nº 15 social, xa que gran parte dos obxectivos dos equipos de intervención están situados neste ámbito. É máis importante progresar en independencia na realización das actividades da vida diaria, que en conseguir demostrar progresos en procesos moi concretos que poden non verse acompañados de incrementos na autonomía. Por isto, gran parte das medidas de resultado para empregar neste ámbito céntranse en cuestións de funcionalidade, é dicir, de desempeño das actividades da vida diaria. APROXIMACIÓN EPIDEMIOLÓXICA O dano cerebral adquirido é unha das primeiras causas de discapacidade na nosa sociedade. Porén, é unha das máis descoñecidas. A raíz da enquisa realizada no ano 1999, e coa colaboración de FEDACE (Federación Española de Dano Cerebral), a oficina do Defensor do Pobo realizou un estudo publicado no ano 2005, é o único feito até o de agora, que estimaba en 300.000 as persoas con dano cerebral adquirido en España. Segundo datos de referencia de 2002 (Conxunto Mínimo de Datos Básicos á Alta Hospitalaria / Instituto Información Sanitaria / Ministerio de Sanidade e Consumo), en España producíronse polo menos 35.000 ingresos hospitalarios por traumatismos cranioencefálicos (accidentes de tráfico, laborais, deportivos, caídas domésticas, agresións…), que lles provocaron alteracións funcionais múltiples (físicas, sensoriais, cognitivas, condutuais), a unhas 4300 persoas. Máis do 70% dos traumatismos cranioencefálicos teñen a súa orixe nos accidentes de tráfico, cunha incidencia significativa na mocidade. Os accidentes cerebrovasculares son a terceira causa de morte entre a poboación española, e a primeira entre as mulleres. Neste mesmo ano, producíronse 109.692 ingresos hospitalarios por esta causa. O 68% das persoas con DCA presentan secuelas múltiples que as incapacitan para o desenvolvemento dalgunha actividade básica da vida diaria, e un 45% presenta discapacidade en grado severo ou total. As secuelas discapacitantes son moitas e de moi variada índole. A lesión cerebral aumentou nos últimos anos pola súa relación co estilo de vida actual e polo crecemento da esperanza de vida da poboación. No boletín do Observatorio Estatal da Discapacidade do mes de xuño de 2011, a consultora Martha Quezada presentou datos de prevalencia do DCA en España; extraídos da Enquisa de Discapacidade, Autonomía Persoal e Situacións de Dependencia 2008. Estes son os datos máis recentes, tras o Informe do Defensor do Pobo (2005). De acordo coa enquisa, en España residen 420.064 persoas con dano cerebral adquirido. O 78% destes casos son debidos a accidentes cerebro vasculares, mentres se infire que un 22% corresponde ás demais causas. 44
  45. 45. Aproximación ao traballo social e ao dano cerebral adquirido A estimación de persoas con dano cerebral en Galicia sitúase nunha cifra entre 10.920 e 13.720 ao ano. Ademais, entre 5600 e 8400 persoas son afectadas directamente cada ano por traumatismo cranioencefálico. Entre 1120 e 1680 resultan feridas graves. O 5% permanecen estado vexetativo. Finalmente, 5320 persoas son afectadas cada ano por ictus. CONTEXTO ONDE XORDEN AS ASOCIACIÓNS É evidente que o contorno familiar non está preparado para asumir o coidado, tratamento e orientación que precisa a persoa con DCA e, porén, adquiren tal nivel de compromiso que os conduce, inevitablemente, ao illamento e á sobrecarga crónica. A sociedade e as administracións temos unha débeda co DCA, e esta debe abordarse xa, como planeaba o Defensor do Pobo na presentación, ante a Comisión Mixta do Congreso dos Deputados, do Informe Monográfico DANO CEREBRAL SOBREVIDO EN ESPAÑA: UN ACHEGAMENTO EPIDEMIOLÓXICO E SOCIOSANITARIO (2005): “Existe un consenso xeneralizado sobre que o estabelecemento dunha rede específica de recursos sanitarios e sociais para a abordaxe integral do dano cerebral sobrevido é unha verdadeira “materia pendente” en España, e tamén sobre a necesidade de que os pacientes que sofren unha lesión cerebral sexan sometidos a un intenso e exhaustivo proceso de rehabilitación para a recuperación das súas capacidades”. Se existe hoxe este consenso, débese en gran medida ao labor das asociacións e da federación, no seu afán diario por reivindicar ante as administracións públicas os recursos necesarios, defender os dereitos dos asociados e atender necesidades básicas que estas non cobren. Os datos reflicten a necesidade de atención que ten este colectivo, xa que hai unha escaseza de recursos. A carencia de recursos especializados e o descoñecemento dos existentes constitúen o principal problema para que as familias consigan atopar centros axeitados ás necesidades dos seus familiares con DCA. Se a isto lle unimos que cada vez se reduce máis a estancia no hospital, as dificultades que teñen estas persoas para recibir un tratamento acorde ás súas necesidades vense incrementadas notablemente. Hai 17 anos, constituíuse en Barcelona a Federación Española de Dano Cerebral (FEDACE), e pasaron algúns anos máis dende que comezaron a traballar as primeiras asociacións de familiares e persoas con dano cerebral adquirido. O contexto no que xurdiron as primeiras asociacións (descoñecemento do dano cerebral, esquecemento e abandono dos familiares convertidos en coidadores principais…), está aínda vixente. 45 f e r v e n z a s
  1. A particular slide catching your eye?

    Clipping is a handy way to collect important slides you want to go back to later.

×