Tema 5 Tempo e clima

  • 577 views
Uploaded on

 

More in: Education
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Be the first to comment
    Be the first to like this
No Downloads

Views

Total Views
577
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
6

Actions

Shares
Downloads
3
Comments
0
Likes
0

Embeds 0

No embeds

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
    No notes for slide

Transcript

  • 1. TEMA 5 TEMPO E CLIMA 1º ESO
  • 2. INTRODUCIÓN ● ● ● Os fenómenos atmosféricos que inflúen no tempo e no clima son: temperatura, humidade, precipitación, presión atmosférica e vento. Danse na Troposfera. O tempo refírese á situción da atmosfera nun lugar e nun momento determinados. O clima alude ás condicións atmosféricas que se dan nunha rexión nun período longo de tempo (30 ou 40 anos).
  • 3. 1 A ATMOSFERA
  • 4. ● A atmosfera é unha capa gasosa de máis de 1000 km de espesura que envolve a Terra e que serve para: – – ● Evitar que os raios solares cheguen directamente á superficie da Terra. Protexer a Terra da caída de meteoritos. Para cumprir coa súa función de filtro das radiacións solares a atmosfera conta coa capa de ozono: – – Impide que as radiacións ultravioletas, moi perigosas para os seres vivos, cheguen á Terra. – ● Esta capa atópase entre os 30 e os 50 km de altitude. Nalgunhas zonas da atmosfera presenta buracos debido ao contacto do ozono con gases procedentes das industrias ou de aerosois. Por eles penetran os raios ultravioleta. A atmosfera estrutúrase en catro capas: – Troposfera: é a máis próxima á Terra e é onde se dan os fenómenos meteorolóxicos. – Estratosfera: o aire está estratificado e é estable. – Mesosfera: o aire é moi denso. – Termosfera: as temperaturas son moi altas.
  • 5. PARTES DA ATMOSFERA Cantidade de ozono na atmosfera
  • 6. 2 A TEMPERATURA
  • 7. ● ● ● ● A temperatura atmosférica é o grao de quecemento do aire debido á radiación solar. Os raios de luz do Sol transfórmanse en calor ao tocar a superficie terrestre. As temperaturas mídense en graos centígrados cun termómetro, e indícanse nos mapas a través de liñas chamadas isotermas. Poden ser temperaturas medias mensuais ou temperaturas medias anuais. Os factores que fan variar as temperaturas son: – A latitude ou distancia dun punto ao Ecuador: como os raios do Sol caen perpendicularmente no Ecuador, conforme nos afastamos del, a temperatura baixa. – A altitude respecto do nivel do mar: coa altitude, as capas de aire son menos densas e non reteñen tanto a calor, de xeito que esta diminúe segundo nos imos elevando. – Distancia respecto do mar: o mar suaviza as temperaturas das terras situadas preto das súas costas porque tarda en arrefriar e en quentarse.(Brisas mariñas)
  • 8. Brisas
  • 9. Temperatura media anual As temperaturas máis altas rexístranse na zona intertropical e as maís frías nas zonas polares. Entre ámbalas dúas, nos dous hemisferios, atópase a zona temperada.
  • 10. MAPA DE ISOTERMAS
  • 11. TEMPERATURA HUMIDADE E PRECIPITACIÓNS PRESIÓN ATMOSFÉRICA E VENTOS OS ELEMENTOS DO CLIMA MODIFICAN OS FACTORES DO CLIMA LATITUDE ALTITUDE DISTANCIA AO MAR
  • 12. 3 A HUMIDADE DO AIRE E AS PRECIPITACIÓNS
  • 13. ● ● ● A humidade é a cantidade de vapor de auga que hai no aire e que procede das augas da Terra e dalgúns seres vivos. Mídese co higrómetro e exprésase en porcentaxes. A cantidade de vapor de auga que o aire pode absorber depende da súa temperatura (o aire quente admite máis vapor de auga que o frío). O vapor de auga provoca as precipitacións, que se miden co pluviómetro en mm ou L/m2 (un mm de precipitación equivale a 1 litro de auga nunha área de 1 metro cadrado): – Cando o aire se eleva o vapor de auga arrefría e condénsase en pequenas pingas que forman nubes. – Se o aire continúa elevándose, as pingas de auga adhírense entre elas, aumentan de tamaño, e caen en forma de chuvia. – Se a temperatura do aire é moi baixa, as pingas transfórmanse en folerpas de neve. – HIGRÓMETRO A sarabia fórmase cando os cristais de xeo das nubes se elevan, medran e caen. PLUVIÓMETROS
  • 14. Pluviosidade As precipitacións nun mapa represéntanse mediante isoietas, liñas imaxinarias que unen puntos da superficie terrestre coa mesma cantidade de precipitacións. As precipitacións son máis abundantes nas zonas ecuatoriais e tropicais húmidas, e escasas nas terras interiores e nas zonas frías.
  • 15. 4 A PRESIÓN ATMOSFÉRICA E O VENTO
  • 16. ● ● A presión atmosférica é o peso ou forza que exerce o aire sobre a superficie da Terra. Mídese en hectopascais utilizando o barómetro. A presión atmosférica depende destes factores: – A altitude: canto maior altura menor presión. – A temperatura do aire: se o aire é cálido pesa menos e ascende, dando lugar a baixas presións ou borrascas que adoitan ocasionar precipitacións. Se o aire é frío pesa máis e descende, ocasionando altas presións ou anticiclóns que provocan ceos despexados e tempo seco. – As correntes do aire, que circulan arredor da Terra, coñecidas como correntes jet.
  • 17. ANTICICLÓNS E BORRASCAS Os anticiclóns e as borrascas debúxanse nos mapas mediante isobaras, liñas que unen puntos da superficie terrestre coa mesma presión. Os anticiclóns presentan os valores máximos no seu centro e as borrascas os valores mínimos tamén no centro. Canto máis xuntas estean as isobaras máis forte soprará o vento.
  • 18. ● ● O vento é unha masa de aire en movemento que se orixina cando entre dúas zonas se dan presións atmosféricas diferentes. Existen diferentes tipos de ventos, os constantes (alisios) que sempre soplan na mesma dirección, os estacionais (monzóns) que cambian de dirección segundo as estacións e os localis (cierzo, levante…). Catavento Presións e ventos Anemómetro
  • 19. MAPA METEOROLÓXICO
  • 20. MAPA METEOROLÓXICO ANTICICLÓNS E BORRASCAS
  • 21. PÁXINAS WEB DE METEOROLOXÍA
  • 22. FIN