TEMA   4ESTADO BURGUÉS E IMPERIALISMO                           4º ESO
1ESTADO BURGUÉS E MOVEMENTOS SOCIAISEntre 1870 1914, a maioría dos países de América e Europa estabangobernados por réxime...
CARACTERÍSTICAS DO ESTADO BURGUÉS●   Predominio de gobernos liberais conservadores –repúblicas en América ou monarquías   ...
A pesar do predominio conservador, fóronse introducindo reformas,normalmente durante os gobernos progresistas, que foron a...
AS POTENCIAS BURGUESAS●   Gran Bretaña:     –   Principal potencia industrial e colonial do         mundo.                ...
AS POTENCIA BURGUESAS●   Alemaña:     –   Unificada baixo o Segundo Imperio en         1871,   mantivo    fórmulas polític...
A CONSOLIDACIÓN DO MOVEMENTO OBREIRO●   A partir da década de 1880 consolídase o movemento obreiro,    que se mantivo divi...
OS DEREITOS POLÍTICOS DAS MULLERES●   A pesares das Constitucións e das declaracións liberais, as mulleres foron    excluí...
2      SEGUNDA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL                   E      TRANSFORMACIÓNS DEMOGRÁFICASA partir das décadas de 1860-70 ...
A SEGUNDA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL●   Estendeuse por Europa, América e tamén Xapón.●   Características:●   Novas fontes de en...
A REVOLUCIÓN DEMOGRÁFICA●   Cambio do réxime demográfico. No século XIX produciuse    un forte descenso da mortalidade, es...
REVOLUCIÓN DEMOGRÁFICA
3    EXPANSIÓN COLONIAL E IMPERIALISMODesde 1830, pero de modo máis intenso a partir de 1870, as principais potenciaseurop...
O REPARTO DO MUNDO●   No século XIX, enormes extensións de territorios de África, Asia e o Pacífico foron    conquistados ...
REPARTO DE ÁFRICA
MAPA: REPARTO DE ÁFRICA, ASIA E O PACÍFICO
CAUSAS DA EXPANSIÓN COLONIAL●   Económicas, relacionadas coa expansión da    revolución industrial e do capitalismo. A    ...
CONSECUENCIAS DA COLONIZACIÓN●   Positivas para os intereses industriais e comerciais das    potencias colonizadoras.●   N...
4       O RÉXIME          DARESTAURACIÓN BORBÓNICA          EN        ESPAÑA
CONCEPTOA Restauración borbónica foi réxime político existente en España entre 1875e 1923 vixente no reinado de: ●   Alfon...
O REINADO DE ALFONSO XII    Tras o pronunciamento do xeneral Martínez Campos que puxo fin    a I República, foi restaurada...
A REXENCIA DE MARIA CRISTINA DE HABSBURGOEn 1885 morreu Afonso XII a causa da tuberculose; a súa viúva estaba embarazada. ...
O REINADO CONSTITUCIONAL DE ALFONSO XIIIDesde a súa maioría de idade en 1902 e ata 1923 reinou Alfonso XIII deacordo cos p...
1.- A crise no sistema da Restauración●   As excesivas intervencións do monarca nos asuntos políticos e    militares e o i...
2.- O aumento da conflitiviade social e política●    O aumento da conflitividade social, provocada pola     crecente indus...
3.- O desastre da guerra de Marrocos●   A partir de 1904, España conseguiu o    recoñecemento internacional para ocupar o ...
5A GALICIA DOS CACIQUES
GALICIA, TERRA DE CACIQUESCausas que favoreceron o poder dos caciques:●   O atraso socioeconómico galego: o predominio do ...
A LENTA TRANSFORMACIÓN ECONÓMICA●   A agricultura seguiu sendo a principal fonte de riqueza e na    que traballaba a maior...
A DEBILIDADE DAS FORZAS OPOSITORAS●   O caciquismo, o atraso económico e a escasa industrialización fixeron que    as forz...
6                REXIONALISMO                      E          NACIONALISMOS PERIFÉRICOS                  EN ESPAÑANa segun...
O CATALANISMO●   É o movemento cultural e político    de defensa dos intereses e    particularidades de Cataluña.    Prese...
O NACIONALISMO VASCOO seu desenvolvemento inicial está vinculado á persoa e obra de Sabino Arana. Ante aperda dos privilex...
O GALEGUISMO●   É o movemento que reivindica a defensa do galego e o recoñecemento    dos intereses de Galicia e do seu au...
7IMPRESIONISMO E POSTIMPRESIONISMO
IMPRESIONISMO●   Xurdiu en París na década de 1860-70.●   A pintura é a arte que mellor o representa.●   O protagonismo do...
MONET    Impresión, sol nacente                                Catedral de RouenPISARRO                             RENOIR...
DEGASClase de Baile     O ensaioSOROLLA  Nenos na praia     Paseo pola praia
POSTIMPRESIONISMOCEZANNE (1839-1906)●   Precursor do cubismo.●   Nos cadros busca representar formas xeométricas da nature...
POSTIMPRESIONISMOGAUGUIN (1848-1903)●   Precursor do surrealismo e do primitivismo.●   Nos seus lenzos plasma a imaxinació...
POSTIMPRESIONISMOVAN GOGH (1853-1890)●   A súa pintura é un reflexo da súa vida/enfermidade.●   Pinceladas moi grosas.●   ...
FIN
Tema 4 Estado burgués e imperialismo
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

Tema 4 Estado burgués e imperialismo

589
-1

Published on

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
589
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
3
Actions
Shares
0
Downloads
3
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Tema 4 Estado burgués e imperialismo

  1. 1. TEMA 4ESTADO BURGUÉS E IMPERIALISMO 4º ESO
  2. 2. 1ESTADO BURGUÉS E MOVEMENTOS SOCIAISEntre 1870 1914, a maioría dos países de América e Europa estabangobernados por réximes liberais conservadores nos que a burguesía exercíao poder en beneficio dos seus intereses
  3. 3. CARACTERÍSTICAS DO ESTADO BURGUÉS● Predominio de gobernos liberais conservadores –repúblicas en América ou monarquías constitucionais en Europa.● Existencia de parlamentos subordinados ao Xefe do Estado e con escasas competencias.● Aplicación restrinxida dos dereitos e liberdades● O dereito de propiedade e de liberdade económica prima sobre todos● A limitación do dereito o voto, reservado aos homes posuidores dun determinado nivel de riqueza (sufraxio censatario).● A corrupción so sistema electoral, mediante o fraude e a manipulación dos resultados pola actuación dos caciques locais (caciquismo).● Agrupación das forzas liberais en torno a dous partidos: conservador ou moderado e o progresista ou radical.● A exaltación patriótica, glorificación do Estado e da nación fronte aos demais (Nacionalismo de Estado).
  4. 4. A pesar do predominio conservador, fóronse introducindo reformas,normalmente durante os gobernos progresistas, que foron abrindo ocamiño cara a democracia: ampliación dos dereitos e liberdadesindividuais, ampliación do dereito ao voto, consolidación doparlamentarismo...
  5. 5. AS POTENCIAS BURGUESAS● Gran Bretaña: – Principal potencia industrial e colonial do mundo. Victoria I 1837-1901 – Foi a primeira en consolidar as fórmulas liberais e parlamentarias. – A coroa foi cedendo funcións ao Parlamento. – Tivo unha gran estabilidade política alternándose no poder o Partido Conservador (tory) e o Liberal (wigh). – Irlanda, sometida a Inglaterra, loitou pola súa independencia durante décadas, alcanzándoa en 1921.● Francia. – O Estado liberal e burgués consolídase a partir de 1871 coa Terceira República, tras o fin do Segundo Imperio. – Numerosas reformas foron ampliando a base do sistema democrático. – Mantivo unha gran inimizade con Alemaña pola perda de Alsacia e Lorena.
  6. 6. AS POTENCIA BURGUESAS● Alemaña: – Unificada baixo o Segundo Imperio en 1871, mantivo fórmulas políticas conservadoras acompañadas dun gran desenvolvemento económico. – O chanceler Bismarck exerceu de árbitro nas relacións internacionais europeas tratando de manter illada a Francia mediante alianzas con outros países● Estados Unidos: – Foi o primeiro Estado republicano e liberal do mundo. – A conquista do Oeste foi acompañada dun forte desenvolvemento industrial. – As Diferenzas sobre os poderes dos estados e a escravitude orixinaron a Guerra de secesión (1861-65) que rematou coa derrota do Sur. – Fortalecido o poder federal, continuaron a súa expansión cara ao Pacífico e o Caribe.
  7. 7. A CONSOLIDACIÓN DO MOVEMENTO OBREIRO● A partir da década de 1880 consolídase o movemento obreiro, que se mantivo dividido nas dúas grandes familias de anarquistas e socialistas.● A creación dos partidos socialistas para conquistar o poder por parte dos traballadores e cambiar a sociedade. O modelo a imitar foi o Partido Socialdemócrata alemán (1875). En España creouse na clandestinidade o Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) en 1879.● A multiplicación de sindicatos. En España, os sindicatos anarquistas agrupáronse nas Federacións locais e na Federación de Traballadores da Rexión Española (1881) e despois na Confederación Pablo Iglesias Nacional do Traballo (CNT) en 1910. Os socialistas agrupáronse na Unión Xeral de Traballadores (UXT) en 1888.● A Segunda Internacional. Creouse en París en 1889 e estivo formada polos partidos e organizacións socialistas. Entre os acordos máis importantes destacan: xornada de 8 horas de traballo, a revolución como medio para transformar a sociedade, establecemento dun día mundial da loita obreira, a defensa da paz e o rexeitamento da explotación colonial.● Celebración dos días internacionais obreiros: Primeiro de Maio e Día da muller traballadora o 8 de marzo.
  8. 8. OS DEREITOS POLÍTICOS DAS MULLERES● A pesares das Constitucións e das declaracións liberais, as mulleres foron excluídas do exercicio dos dereitos políticos.● Ao longo do século XIX, o debate sobre os dereitos da muller foise intensificando.● A partir de 1860, xurdiu en EE UU, Gran Bretaña e Francia o movemento sufraxista, que loitaba por lograr o recoñecemento do sufraxio feminino.● Nova Celandia foi o primeiro país en recoñecelo en 1893. En España foi aprobado en 1931 na Constitución da II República.
  9. 9. 2 SEGUNDA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL E TRANSFORMACIÓNS DEMOGRÁFICASA partir das décadas de 1860-70 producíronse importantes innovacións técnicas,industriais e empresariais que permiten diferenciar unha segunda revolución industrial.Paralelamente, a poboación aumentou e trasladouse a vivir ás cidades ou emigrou aAmérica.
  10. 10. A SEGUNDA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL● Estendeuse por Europa, América e tamén Xapón.● Características:● Novas fontes de enerxía: petróleo e a electricidade.● Novos sectores industriais: – o siderometalúrxico con novos metais e aliaxes como o aluminio e aceiro. – a industria química que produce novos produtos (colorantes, explosivos, plásticos...) – a industria eléctrica que fabricou gran cantidade de motores, turbinas e aparatos electrodomésticos. – os transportes: invención do motor de explosión, orixe do automóbil e do avión e a electricidade (tranvía, metro...).● Nova organización do traballo, buscando producir máis no menor tempo posible. Destaca o taylorismo (coa redución dos movementos inútiles dos obreiros nas fábricas) e o fordismo (fabricación en serie en cadeas de montaxe).● Novas formas de organización empresarial, orixinadas pola necesidade de conseguir grandes recursos financeiros, de dominar os mercados, e o desexo de obter os máximos beneficios. – Sociedades anónimas: cada socio achega capitais mediante a compra de accións da empresa na Bolsa. – Cartel: acordo entre empresas dun mesmo sector polo que se reparten zonas de mercado e fixan os prezos. – Trust: fusión de varias empresas que dan lugar a unha nova gran empresa que busca controlar un sector de produción. – Holding (grupo de empresas controladas por unha sociedade que posúe a maioría das súas accións).
  11. 11. A REVOLUCIÓN DEMOGRÁFICA● Cambio do réxime demográfico. No século XIX produciuse un forte descenso da mortalidade, especialmente da infantil, como consecuencia de: incremento da produción de alimentos, dos progresos na medicina, mellora das condicións hixiénicas. Como seguiu manténdose unha elevada natalidade, o resultado foi un forte crecemento da poboación.● Éxodo rural e crecemento das cidades. O aumento da poboación, a introdución de maquinaria agrícola, que libera man de obra no campo, o aumento do traballo nas fábricas, e Fleming a mellora dos transportes, ocasionaron un transvase masivo de xente dos campos ás cidades (éxodo rural). As cidades experimentan un constante crecemento e unha transformación urbana: ensanches, metro, tranvías,....● Emigración transoceánica. O aumento da poboación tamén propiciou unha forte corrente migratoria desde Europa cara ao exterior. Calcúlase que entre 1812 e 1924 saíron 55 millóns de emigrantes europeos que se dirixiron fundamentalmente a América. Entre as causas destacan: desequilibrio entre Tranvía eléctrico poboación e recursos; abaratamento dos transportes; grandes posibilidades dos novos países americanos.
  12. 12. REVOLUCIÓN DEMOGRÁFICA
  13. 13. 3 EXPANSIÓN COLONIAL E IMPERIALISMODesde 1830, pero de modo máis intenso a partir de 1870, as principais potenciaseuropeas, máis EE UU e Xapón, desenvolveron unha activa política de expansión edominación política, económica e militar fóra das súas fronteiras (imperialismo),conquistando e ocupando moitos territorios en África, Asia e o Pacífico e transformandoeses territorios en colonias de explotación e de poboamento (colonialismo).
  14. 14. O REPARTO DO MUNDO● No século XIX, enormes extensións de territorios de África, Asia e o Pacífico foron conquistados e ocupados por un número reducido de países, destacando o Gran Bretaña e Francia.● O progresivo avance da colonización orixinou un crecente choque de intereses en África. Para evitar os enfrontamentos, en 1885 os países interesados na colonización reuníronse na Conferencia de Berlín, convocada por Bismarck. Nela acordouse: – Unicamente a posesión da costa daba dereito a colonizar o interior. – Só se tiña dereito sobre un territorio se ocupaba de forma efectiva. – A navegación dos ríos Congo e Níxer sería libre. – O territorio do Congo sería posesión persoal do rei Leopoldo II de Bélxica, coa obriga de manter a liberdade de comercio na zona.● Estes criterio determinaron unha desenfreada carreira por ocupar territorios antes que os demais.
  15. 15. REPARTO DE ÁFRICA
  16. 16. MAPA: REPARTO DE ÁFRICA, ASIA E O PACÍFICO
  17. 17. CAUSAS DA EXPANSIÓN COLONIAL● Económicas, relacionadas coa expansión da revolución industrial e do capitalismo. A necesidade de territorios que subministrasen materias primas, alimentos e mercados exclusivos onde vender os produtos elaborados polas súas fábricas; e lugares onde investir os capitais acumulados polos seus bancos.● Políticas, relacionadas co prestixio da nación. Cantas máis colonias tiña, máis poderosos se consideraba un país.● Demográficas e sociais, para que puidesen asentar nas colonias a poboación que vivían con dificultades na metrópole.● Ideolóxicas, relacionadas coa crenza na superioridade da raza branca e no seu deber de “levar a civilización” ao resto dos pobos do mundo.
  18. 18. CONSECUENCIAS DA COLONIZACIÓN● Positivas para os intereses industriais e comerciais das potencias colonizadoras.● Negativas para as sociedades dominadas: – guerras de conquista, masacres. – desprezo cultural e étnico por parte dos países colonizadores – alteración das fronteiras tribais e culturais. – materias primas e man de obra explotada brutalmente. – desenvolvemento económico en beneficio exclusivo da metrópole.● Tamén é certo que os colonizadores levaron os avances técnicos e médicos e as novas correntes ideolóxicas occidentais (liberalismo, socialismo).
  19. 19. 4 O RÉXIME DARESTAURACIÓN BORBÓNICA EN ESPAÑA
  20. 20. CONCEPTOA Restauración borbónica foi réxime político existente en España entre 1875e 1923 vixente no reinado de: ● Alfonso XII (1875-85) ● Rexencia de María Cristina de Habsburgo (1885-1902) ● Período constitucional de Alfonso XIII (1902-23)(reinou ata 1931 con España convertida en Ditadura por Primo de Rivera)
  21. 21. O REINADO DE ALFONSO XII Tras o pronunciamento do xeneral Martínez Campos que puxo fin a I República, foi restaurada a monarquía con Afonso XII de Borbón (fillo de Isabel II). O seu reinado caracterizouse por:● A pacificación do reino, derrotando aos carlistas e aos rebeldes de Cuba.● Abolición dos privilexios forais vascos, en 1876, polo seu apoio ao carlismo, substituídos polas leis comúns e polos concertos económicos na recadación de impostos.● O asentamento das novas bases políticas baixo a dirección de Antonio Cánovas del Castillo como presidente do goberno, e a aprobación da Constitución conservadora de 1876, que establecía unha monarquía constitucional conservadora, con amplos poderes do rei (soberanía compartida, nomeamento dos ministros, xefatura do exército, relixión católica como a oficial do Estado).● O sistema implicaba a necesidade de manipular as eleccións. O rei nomeaba o seu goberno e este convocaba deseguido eleccións a Cánovas del Castillo Cortes, eleccións que debía gañar para ter maioría na Cámara; para facelo recorría ao fraude electoral e ao caciquismo.● A imposición da lei municipal de 1877 que implantaba o centralismo administrativo e a designación dos alcaldes polo goberno.
  22. 22. A REXENCIA DE MARIA CRISTINA DE HABSBURGOEn 1885 morreu Afonso XII a causa da tuberculose; a súa viúva estaba embarazada. Os líderes dospartidos maioritarios – Cánovas e Sagasta- decidiron agardar ao nacemento para proclamar oherdeiro. En 1886 naceu Afonso XIII e ata a súa maioría de idade exerceu a rexencia a súa nai.Deste período destaca: ● A consolidación da alternancia no poder e de mutuo acordo (Pacto do Pardo) entre as forzas monárquicas representadas nos dous grandes partidos: o Partido Conservador liderado por Cánovas del Castillo, e o Partido Liberal, progresista, por Sagasta. ● As reformas liberais de Sagasta, coa ampliación de dereitos e liberdades: lei de asociación (1887) que permite a legalización das organizacións obreiras, lei do xurado (1888), Código Civil (1889), e lei do sufraxio universal masculino para os maiores de 25 anos (1890). ● O incremento da Industrialización, na que destacan Cataluña (téxtil e agroalimentaria); Asturias (siderúrxica); País Vasco (Siderurxia, fabricación de explosivos, maquinaria e construción naval). ● O desenvolvemento das organizacións obreiras tanto das socialistas (PSOE UXT fundada en 1888) como das anarquistas (federacións locais). Tamén se producen moitos atentados anarquistas, entre les o asasinato de Cánovas en 1897. ● O desastre de 1898 coa perda de Cuba, Puerto Rico e Filipinas, consecuencia da derrota na guerra contra EE UU. O resto das posesións españolas no Pacífico – as illas Marianas e Carolinas- serían vendidas a Alemaña en 1899. desaparecía así o imperio colonial español. O desastre orixinou unha forte corrente intelectual de crítica ao sistema e aos males do país (rexeneracionismo), destacando o aragonés Xaquín Costa . ● O inicio dos movementos rexionalistas e nacionalistas periféricos que en Cataluña, País Vasco e Galicia reivindican o recoñecemento das súas peculiaridades lingüísticas e políticas.
  23. 23. O REINADO CONSTITUCIONAL DE ALFONSO XIIIDesde a súa maioría de idade en 1902 e ata 1923 reinou Alfonso XIII deacordo cos principios da Constitución de 1876. No balance do seu reinadoconstitucional apréciase un progresivo deterioro do funcionamento do sistemacanovista. En 1923 un golpe de Estado dirixido polo xeneral Primo de Rivera,consentido polo rei, estableceu a ditadura.Durante o reinado destacaron estes aspectos:● A crise no sistema da Restauración (sistema canovista).● O aumento da conflitividade social e política.● O desastre da guerra de Marrocos.
  24. 24. 1.- A crise no sistema da Restauración● As excesivas intervencións do monarca nos asuntos políticos e militares e o incremento do papel do exército na vida pública.● A progresiva división e disputas internas nos partidos dinásticos que se alternaban no poder. Os novos líderes, entre os que destacaron o conservador Antonio Maura e o liberal Xosé Canalejas, non foron capaces de aglutinar as súas respectivas forzas. A partir de 1917, os gobernos foron moi débiles.● A crecente contestación política ás bases do sistema das Maura forzas opositoras (socialistas, republicanos, comunistas), tolerando a opinión pública cada vez peor o fraude electoral e o caciquismo. En 1909 formouse a Conxunción republicano- socialista, alianza que permitiu que en 1910 saíse elixido o primeiro deputado socialista, Pablo Iglesias, o fundador do PSOE e da UXT.● O incremento das reivindicacións dos nacionalismos periféricos encabezados polo PNV (fundado en 1895) e a Liga Rexionalista de Cataluña (fundada en 1901). Canalejas
  25. 25. 2.- O aumento da conflitiviade social e política● O aumento da conflitividade social, provocada pola crecente industrialización e a pobreza de obreiros e xornaleiros. As organizacións de traballadores, socialistas (UXT) e anarquistas (CNT) incrementaron considerablemente o número de afiliados e protagonizaron numerosas folgas que foron duramente reprimidas. En 1921 engádese a creación do Partido Comunista de España. Ademais, seguíronse producidos graves atentados anarquistas (asasinatos dos xefes de goberno: Canalejas (1912) e Dato (1921).● O desenvolvemento de graves crises políticas e sociais, como a Semana Tráxica de Barcelona en 1909, provocada polo decontento popular que provocou o envío de tropas a Marrocos e a crise xeral de 1917, orixinada pola protesta da oposición política (catalanistas, republicanos e socialistas) que pretendía cambios no sistema e a folga revolucionaria convocada pola UXT e o PSOE co obxectivo de derrocar o réxime vixente que foi duramente esmagada.
  26. 26. 3.- O desastre da guerra de Marrocos● A partir de 1904, España conseguiu o recoñecemento internacional para ocupar o norte de Marrocos.● As dificultades da conquista foron moi elevadas. Empregáronse fortes continxentes militares que sufriron diversas derrotas.● A crise máis grave aconteceu en 1921, cando as cabilas rifeñas ao mando de Abd el-Krim derrotaron as tropas españolas dirixidas polo xeneral Silvestre en Annual (Desastre de Annual). A opinión pública e os grupos da oposición esixiron responsabilidades.● En 1923, ante as crecentes críticas contra a monarquía e o exército, o xeneral Primo de Rivera deu un golpe de Estado que contou co aprobación do rei, poñendo así fin ao réxime da Restauración.
  27. 27. 5A GALICIA DOS CACIQUES
  28. 28. GALICIA, TERRA DE CACIQUESCausas que favoreceron o poder dos caciques:● O atraso socioeconómico galego: o predominio do rural, a dispersión do poboamento, o escaso desenvolvemento económico, a debilidade do Estado en Galicia, favoreceron o caciquismo baseado no intercambio de votos por favores políticos e económicos.● Unhas poucas e poderosas familias (Montero Ríos, Gasset, Bugallal, González Besada) asociadas aos partidos gobernantes (conservadores e liberais) exercían e controlaban o poder político e os cargos. Montero Ríos
  29. 29. A LENTA TRANSFORMACIÓN ECONÓMICA● A agricultura seguiu sendo a principal fonte de riqueza e na que traballaba a maioría da poboación. Pero o campo galego presentaba graves problemas como o sistema foral e o minifundismo que o incapacitaban para lograr un desenvolvemento capitalista e comercial.● Ante a pobreza, moitos campesiños, dende 1860, comezan a emigrar a América dende os portos de Vigo e Coruña. Algúns volverán enriquecidos: os indianos.● A comezos do século XX xurdiu un movemento – o agrarismo -, que reclamaba eliminación dos contratos forais e permitir a conversión dos foreiros en propietarios. A chegada de capitais da emigración permitiu a moitas familias facerse coa propiedade onde traballaban como foreiros e introducir melloras. Basilio Álvarez Líder do agrarismo● A industrialización foi moi lenta e afectou especialmente ás actividades relacionadas coa pesca. Xurdimento das primeiras conserveiras (Curbera, Massó, Alfageme... ). Tamén tivo importancia a construción naval e a produción hidroeléctrica.
  30. 30. A DEBILIDADE DAS FORZAS OPOSITORAS● O caciquismo, o atraso económico e a escasa industrialización fixeron que as forzas opositoras ao sistema da Restauración fosen moi minoritarias: – O movemento obreiro só tivo importancia nas cidades da Coruña (anarquistas) e Vigo e Ferrol (socialistas). – Os republicanos, vinculados coas clases medias urbanas estaban divididos (federais, progresistas...). tiñan importancia nalgúns núcleos como Pontevedra e A Coruña. – A partir de 1880 xurdiu o movemento rexionalista, que reivindicaba a lingua e a especificidade de Galicia, e que foi evolucionando cara ao nacionalismo.
  31. 31. 6 REXIONALISMO E NACIONALISMOS PERIFÉRICOS EN ESPAÑANa segunda metade do século XIX xurdiron en Cataluña, País Vasco eGalicia movementos culturais e políticos que reividicaron para os seusterritorios unha especificidade diferenciada baseada na lingua e nahistoria, ademais da creación dun autogoberno
  32. 32. O CATALANISMO● É o movemento cultural e político de defensa dos intereses e particularidades de Cataluña. Presenta unha ampla variedade ideolóxica e organizativa: – O rexionalismo catalán: reivindicaba a recuperación da lingua (Renaixença) e o autogoberno. No 1892 redactaron un proxecto de Prat de la Riba estatuto de autonomía: Cambó Bases de Manresa – O nacionalismo catalán reivindicaba a Cataluña como nación soberana e diferenciada da Española. Destacaron persoaxes como Prat de la Riva, Cambó ou Francisco Macià Macià
  33. 33. O NACIONALISMO VASCOO seu desenvolvemento inicial está vinculado á persoa e obra de Sabino Arana. Ante aperda dos privilexios forais e a crecente chegada de inmigrantes para traballar naindustria (os maketos), Arana defendeu a independencia de Euskadi e orestablecemento do dereito e costumes vascos. Arana tamén foi o fundador do PartidoNacionalista Vasco (1895)."La fisonomía del bizkaino es inteligente y noble; la del español,inexpresiva y adusta.El bizkaino es de andar apuesto y varonil; el español, o no sabeandar (ejemplo, los quintos) o si es apuesto es tipo femenil (ejemplo,el torero).El bizkaino es nervudo y ágil; el español es flojo y torpe.El bizkaino es inteligente y hábil para toda clase de trabajos; elespañol es corto de inteligencia y carece de maña para los trabajosmás sencillos. Preguntádselo a cualquier contratista de obras ysabréis que un bizcaino hace en igual tiempo tanto como tresmaketos juntos.El bizkaino es laborioso (ved labradas sus montañas hasta lacumbre); el español, perezoso y vago (contemplad sus inmensasllanuras desprovistas en absoluto de vegetación). Sabino Arana(...)Oídle hablar a un bizkaino y escuchareis la más eufónica, moral yculta de las lenguas; oidle a un español y si solo le oís rebuznarpodéis estar satisfechos, pues el asno no profiere voces indecentesni blasfemias.” Sabino Arana, "¿Qué somos?"
  34. 34. O GALEGUISMO● É o movemento que reivindica a defensa do galego e o recoñecemento dos intereses de Galicia e do seu autogoberno.● Os alicerces do galeguismo remóntanse a á década de 1840, cando aparecen as primeiras reivindicacións políticas e culturais como o provincialismo de Antolín Faraldo, o fracaso do pronunciamento de Miguel Solís (1846) e o Rexurdimento, movemento de recuperación da lingua e historias propias onde destacaron intelectuais como Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Curros Enríquez, Manuel Murguía...contribuíron a prestixiar a lingua e vincularon o pasado de Vilar Ponte Galicia co celtismo.● A partir da década de 1880, as teorías de Murguía e Alfredo Brañas sentaron as bases do rexionalismo galego, defendendo a descentralización, a autonomía de Galicia e a defensa do galego. Tamén se fundaron as primeiras organizacións galeguistas: Liga Galega, Real Academia Galega...● A partir de 1916, coa fundación das Irmandades da Fala na Coruña e os escritos de Antón Vilar Ponte e Vicente Risco, desenvolveuse o nacionalismo galego, afirmando que Galicia é unha nación diferenciada pola súa lingua (o galego), a súa xeografía e o seu espírito (a alma galega). Na difusión do ideario destacou a revista Nós (1920), Vicente Risco así como o Seminario de Estudios Galegos (1923); en torno a eles, numerosos intelectuais conformaron a xeración Nós, que traballaron sobre todos os aspectos que configuraban a realidade galega.
  35. 35. 7IMPRESIONISMO E POSTIMPRESIONISMO
  36. 36. IMPRESIONISMO● Xurdiu en París na década de 1860-70.● A pintura é a arte que mellor o representa.● O protagonismo dos cadros impresionistas é a cor, mediante machas e xogos de luces e sombras.● Predominan as cores claras e a pincelada pequena.● Gustaban de pintar ao aire libre.● Os artistas queren captar a impresión que os obxectos provocan na nosa retina cando a luz incide sobre eles.● Destacaron os seguintes pintores: Monet, Pisarro, Renoir e Degas (Francia. En España: Sorolla.
  37. 37. MONET Impresión, sol nacente Catedral de RouenPISARRO RENOIR Tellados vermellos Le moulin de la Galette
  38. 38. DEGASClase de Baile O ensaioSOROLLA Nenos na praia Paseo pola praia
  39. 39. POSTIMPRESIONISMOCEZANNE (1839-1906)● Precursor do cubismo.● Nos cadros busca representar formas xeométricas da natureza.● Pinta perspectivas en primeiro plano. Os xogadores de cartas O golfo de Marsella
  40. 40. POSTIMPRESIONISMOGAUGUIN (1848-1903)● Precursor do surrealismo e do primitivismo.● Nos seus lenzos plasma a imaxinación e as sensacións da mente do artista.● Gusto polos temas exóticos.● Emprego de cores vivas. Mulleres tahitianas Cristo amarelo
  41. 41. POSTIMPRESIONISMOVAN GOGH (1853-1890)● A súa pintura é un reflexo da súa vida/enfermidade.● Pinceladas moi grosas.● Forte movemento.● Cores fortes e planos.● Inicia a estética do expresionismo e do fauvismo Noite estrelada A habitación de Vicent en Arlés Os xirasoles
  42. 42. FIN
  1. A particular slide catching your eye?

    Clipping is a handy way to collect important slides you want to go back to later.

×