Tema 15 Os fenómenos migratorios

1,177 views

Published on

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
1,177
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
753
Actions
Shares
0
Downloads
4
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Tema 15 Os fenómenos migratorios

  1. 1. TEMA 15 OS FENÓMENOS MIGRATORIOS 3º ESO
  2. 2. INTRODUCIÓN ● A característica máis salientable da poboación é o seu dinamismo, debido a: – – ● ● Mortalidade. – ● Natalidade. Migracións. A razón dos movementos migratorios é a desigualdade entre os países do mundo ou as que hai dentro dun mesmo país. Os emigrantes deixan o seu lugar de orixe para buscaren outros novos que ofrezan mellores condicións de vida. En España residen 5,5 millóns de inmigrantes estranxeiros, o 11,77% do total da poboación. En Galicia representan o 3,98% da poboación.
  3. 3. 1 FACTORES PARA O ESTUDO DA POBOACIÓN
  4. 4. ● A poboación dun lugar varía ao longo do tempo pola combinación de dous tipos de movementos: – O movemento natural da poboación: – NATALIDADE O movemento migratorio: EMIGRACIÓN MORTALIDADE INMIGRACIÓN
  5. 5. ● ● O movemento natural da poboación é a variación do número de habitantes debido á natalidade e á mortalidade. A Natalidade expresa o número total de nacementos nun lugar concreto durante un ano. Analízase por medio da: – Taxa de natalidade: Relaciona o número da nacementos coa poboación dun territorio. Exprésase en tantos por mil. A taxa de natalidade considérase alta se supera o 35 por mil, moderada se vai do 15 ao 35 por mil e baixa se está por debaixo do 15 por mil. – Taxa de fecundidade: Relaciona o número de nacementos coa poboación feminina en idade fértil (15-49 anos). – Para que a poboación medre, é necesario que o número medio de fillos por muller sexa do 2,1 como mínimo, para que se produza a substitución xeracional, é dicir, que unha xeración sexa substituída por outra.
  6. 6. ● A mortalidade indica o número de persoas que morre nun lugar concreto durante un ano. Coñécese por medio da: – – ● ● Taxa de mortalidade: Relaciona o número de falecidos/as con respecto á poboación total dun lugar. Exprésase en tantos por mil. A taxa de mortalidade considérase alta se supera o 35 por mil, moderada se vai do 15 ao 35 por mil e baixa se está por debaixo do 15%. Taxa de mortalidade infantil: Relaciona o número de nenos/as falecidos antes de cumprir un ano co total de nacidos nun lugar concreto durante un ano. Exprésase en tantos por mil. A esperanza de vida é o número medio de anos de vida que poida esperar vivir unha persoa no momento do seu nacemento. O crecemento vexetativo ou natural da poboación é a diferenza entre o número de nacementos e o número de falecementos nunha poboación determinada, dividida pola poboación no ano considerado e expresado en %. Crecemento natural ou vexetativo: taxa de natalidade – taxa de mortalidade. O resultado pode ser positivo, negativo ou cero Taxa de crecemento vexetativo = (Nacementos- Defuncións) /Poboación x 100
  7. 7. ● As migracións (movementos migratorios) son o conxunto de desprazamentos que realizan as persoas dun lugar a outro e que implican un cambio de residencia. – – ● Migracións interiores: teñen lugar dentro do mesmo país. Migracións exteriores: entre diferentes países. O saldo migratorio calcúlase como a diferenza entre o total de inmigrantes (persoas que chegan) e o total de emigrantes (persoas que marchan). Se é positivo indica que as entradas de poboación superan ás saídas, e o contrario se é negativo. Saldo migratorio: número de inmigrantes (I) – número de emigrantes (E)
  8. 8. PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ● ● ● ● A pirámide de poboación é a representación gráfica da poboación dun lugar nun momento determinado, en función do sexo e da idade. Está composta pola combinación de dous gráficos, un que recolle información sobre a poboación por grupos de idade para os homes e outro para as mulleres. A variable idade, represéntase no eixe vertical e a cantidade ou proporción de persoas dentro de cada grupo de idade, no eixe horizontal. Cómpre por outra parte ter en conta certas regras básicas e universais á hora de representar pirámides de poboación e que se resumen a continuación: – No eixe Y obsérvanse as idades da poboación, agrupadas normalmente en grupos quinquenais de idade. – No eixe X obsérvase a poboación, normalmente en tantos por cento, aínda que pode aparecer en cifras absolutas. – Na parte dereita do eixe X represéntase a poboación feminina e na parte esquerda a masculina.
  9. 9. PIRÁMIDE DE POBOACIÓN. COMO SE ELABORA ● ● ● Para elaborar unha pirámide o primeiro paso será calcular a porcentaxe de cada sexo e grupo de idade sobre o total da poboación dun lugar. A continuación, no eixo vertical situariamos unha escala numérica que representa os grupos de idade e nos eixes horizontais as escalas numéricas que representan os efectivos de poboación en porcentaxe (o espazo da esquerda para os datos dos homes e o da dereita para os datos de mulleres). Trasladamos os datos porcentuais a cada un dos eixes e debuxamos unha barra en cada grupo de idade para cada un dos sexos.
  10. 10. INTERPRETAR UNHA PIRÁMIDE. PERFIL Expansiva, progresiva ou de crecemento rápido (forma de pagode, triangular ou de parasol) As pirámides deste tipo presentan base ampla, o que representa a unha poboación nova con altas taxas de natalidade, o que parece indicar tamén un rápido crecemento da poboación. Por outra banda, a poboación diminúe rapidamente cara ao cume debido a taxas de mortalidade elevadas e á baixa esperanza de vida. É o modelo típico dos países subdesenvolvidos.
  11. 11. INTERPRETAR UNHA PIRÁMIDE. PERFIL Estacionaria ou de crecemento lento (forma de campá ou oxiva) Este tipo de pirámides teñen a base e a zona central practicamente do mesmo tamaño, o que indica que hai un número de persoas aproximadamente igual nos grupos de idade nova e adulta. Adoita presentar unha taxa de crecemento lenta ou case nula. Corresponde aos países en vías de desenvolvemento.
  12. 12. INTERPRETAR UNHA PIRÁMIDE. PERFIL Regresiva ou de crecemento nulo (forma de tonel ou urna) Estas pirámides presentan unha base máis estreita que os chanzos centrais. Representan un rápido descenso na fecundidade e baixa natalidade co correspondente decrecemento da poboación. O cume é ancho pola elevada esperanza de vida. É o modelo característico dos países desenvolvidos.
  13. 13. 2 AS MIGRACIÓNS NA ACTUALIDADE
  14. 14. ● ● No mundo globalizado actual, as correntes migratorias afectan á maior parte dos países do planeta, xa sexa como emisores ou como receptores de poboación. Os emigrantes pódense clasificar segundo: – – A súa situación laboral ou política: poden ser legalizados: con residencia autorizada; refuxiados: que foxen das guerras ou da intolerancia nos seus países de orixe e indocumentados ou sen papeis: que non teñen permisos legais para emigrar (emigrantes do norte de África que tratan de chegar a Europa). – ● A súa formación: poden ser cualificados (con estudos) ou sen formación, que cando cheguan ao país de destino só se poden ocupar en traballos pouco cualificados e mal pagados . O ámbito de desprazamento: nacionais: cambio de residencia dentro do mesmo país, ou internacionais: os emigrantes cruzan as fronteiras e desprázanse entre estados. As causas das migracións son: – – ● Factores de expulsión: motivos económicos: busca de traballo e salarios máis elevados; políticos: guerra ou persecucións; catástrofes medioambientais: terremotos, secas; socioculturais: atracción pola cidade, desexo de liberdade. Factores de atracción: países ou rexións con traballo abundante, alto nivel de vida e facilidade no idioma. 232 millóns de persoas viven fóra dos seus países de orixe, o 3,2% da poboación mundial.
  15. 15. 6,5 6,5 7,3 7,4 7,8 7,8 9,1 9,8 11 45,8 PAÍSES CON MÁIS INMIGRANTES (2013)
  16. 16. 3 AS RUTAS DAS MIGRACIÓNS
  17. 17. ● ● ● ● ● A globalización económica aumenta as diferenzas entre o Sur (países pobres) e o Norte (países do benestar), e iso favorece os fluxos de migración moi numerosos desde as áreas de pobreza cara ás de benestar económico. Actualmente, os países receptores establecen cotas de entrada, restricións e controis de inmigración para evitar a entrada de ilegais (sen papeis). A crise en Europa Oriental provocou unha forte emigración desde estes países cara o centro e oeste de Europa (migracións Leste-Oeste). Tras a entrada de moitos deles na UE, os fluxos de emigrantes desa zona regularizáronse. As migracións entre países desenvolvidos adoitan ser de persoas cun elevado nivel económico e profesional e prodúcense por un cambio de actividade laboral ou por traslado da empresa na que traballan. As pricipais rutas migratorias son: – Os principais emisores de emigrantes son China, India, Pakistan, Filipinas e o Sueste asiático, México e países de América Central e do Sur, do Magreb e da África subsahariana. – Os principais receptores de inmigrantes son Europa Occidental, América do Norte, Xapón, Australia e os países ricos do Golfo Pérsico.
  18. 18. MOVEMENTOS MIGRATORIOS ACTUAIS
  19. 19. 4 OS EFECTOS DAS MIGRACIÓNS
  20. 20. ● Consecuencias económicas das migracións: – – ● Os aforros que os inmigrantes envían son unha importante fonte de ingresos para os seus países de orixe. A migración beneficia ás economías receptoras: revitaliza o mercado laboral e, coa recadación de impostos e co aumento do consumo, reactivan a economía do país que os acolle . Consecuencias sociais das migracións: – – ● Os emigrantes que posúen unha alta cualificación profesional benefician ao país receptor, e empobrecen ao seu país de orixe. Os emigrantes modifican as pautas demográficas: provocan un aumento da taxa de natalidade porque os inmigrantes mozos adoitan ter máis fillos. Consecuencias culturais: – ● ● A sociedade receptora benefíciase dunha maior diversidade cultural xa que os inmigrantes pertencen a distintas culturas (relixión, costumes, formas de vestir, hábitos alimentarios) Xunto aos fluxos oficiais e regulados de inmigrantes, produciuse un aumento dos fluxos de emigrantes ilegais, que xeran un gran negocio para as redes de traficantes de persoas. As migracións irregulares poden poñer en perigo a vida dos migrantes. Moitos morren na seu intento por cruzaren as fronteiras marítimas e terrestres.
  21. 21. INMIGRACIÓN ILEGAL
  22. 22. 5 AS MIGRACIÓNS EN ESPAÑA E EN GALICIA
  23. 23. ● ● A partir da segunda metade do século XIX España foi un país emisor de emigrantes que buscaban traballo e mellorar as condicións de vida. Distínguense as migracións exteriores e as interiores: As migracións exteriores: – A emigración a América Latina foi masiva ata as primeiras décadas do século XX, con destino a Arxentina, Cuba, México, Venezuela. Os lugares de orixe dos emigrantes eran principalmente Galicia, Asturias e Canarias. – A emigración cara aos países industrializados de Europa tivo lugar nas décadas de 1960 e 1970. Os países receptores foron principalmente Alemaña, Suíza, Francia. Os emigrantes procedían de todas as rexións, especialmente de Andalucía e Galicia, pero tamén destacaron Castela e León, Valencia e Estremadura. – Na actualidade, debido a grave crise económica, Espana volve a ser un país de emigrantes. Emigración a América
  24. 24. ● As migracións interiores, do campo á cidade: – – Desde mediados do século XX e ata 1973, deuse unha grande emigración cara ás cidades industriais. – A súa orixe eran as zonas rurais de Andalucía, Estremadura, Galicia e parte de Castela. – ● Iniciáronse en España no século XIX coa emigración cara a Cataluña e o País Vasco. Os destinos eran Barcelona, Madrid, País Vasco e Valencia. A chegada masiva de inmigrantes ocasionou o crecemento incontrolado de moitas cidades e a aparición de barrios marxinais. Emigrantes andaluces a Cataluña
  25. 25. ● ● ● ● Galicia sempre foi terra de emigrantes. A maior intensidade da emigración tivo lugar a partir da segunda metade do século XIX, e tivo como destino América: Arxentina, Cuba, México, Brasil, Venezuela. Desde a década de 1960, os emigrantes cambiaron os destinos americanos por Europa occidental: Alemaña, Francia, Suiza e Bélxica, e as áreas máis desenvoltas de España: Bilbao, Madrid e Barcelona. A crise económica de 1973 freou esta emigración e moitos volveron. A emigración desde as zonas rurais cara ás zonas urbanas da Comunidade, cara a outras Comunidades Autónomas e cara o estranxeiro segue a se producir na actualidade. Emigración galega a América
  26. 26. 6 A INMIGRACIÓN ESTRANXEIRA EN ESPAÑA E EN GALICIA
  27. 27. ● España converteuse durante as últimas décadas nun país receptor de emigrantes . ● Esta inmigración pódese clasificar en: – – ● ● Inmigración de tipo residencial. Xubilados da Europa do Norte, en busca dun bo clima, gastronomía e ocio. – ● Inmigración económico e laboral. Búscase un traballo e unha calidade de vida mellores. Proceden de África, Asia, América Latina e Europa do Leste. Inmigración de alto nivel profesional e estudantes. Traballadores de alto nivel salarial ou profesional do resto da UE que viven de forma temporal en España. O saldo migratorio actual en España é negativo, debido á crise da economía española. Marchan tanto estranxeiros como españois. A inmigración en Galicia é pouco importante. As persoas proceden de Portugal, Romanía e de países cun baixo nivel de desenvolvemento: Marrocos, Brasil e Colombia, e adoitan vivir nas zonas urbanas. A chegada da poboación inmigrante a España ten diversas consecuencias para o país: – Contribúe ao crecemento da poboación. – Ocúpase de traballos pouco remunerados (nos servizos, na agricultura e na construción). – Contribúe a pagar as pensións dos traballadores xubilados. – A súa chegada pode ocasionar dificultades de integración porque son persoas cunha cultura diferente, poucos recursos e formación escasa.
  28. 28. PAÍSES DE PROCEDENCIA DOS INMIGRANTES EN ESPAÑA
  29. 29. FIN

×