Tema 11 O mundo grego (Grecia antiga)

697 views
528 views

Published on

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
697
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
3
Actions
Shares
0
Downloads
24
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Tema 11 O mundo grego (Grecia antiga)

  1. 1. O MUNDO GREGO (A GRECIA ANTIGA)
  2. 2. INTRODUCIÓN● A civilización grega naceu nas costas da península balcánica e nas illas do Mar Exeo, e espallouse polo litoral mediterráneo.● Os gregos organizáronse en polis, cidades-estado, independentes unhas das outras.● As primeiras polis estaban gobernadas por unha minoría de propietarios de terras, aristócratas, que formaron gobernos oligáquicos (gobernos duns poucos).● No século V a.C, en Atenas iniciouse un novo sistema político: a democracia, goberno dos cidadáns.● No século IV a.C Filipo II, rei de Macedonia, someteu baixo a súa coroa a todas as cidades gregas. O seu fillo Alexandre Magno creou un gran imperio que se espallou cara a Oriente: O imperio helenístico.
  3. 3. O NACEMENTO DO MUNDO GREGO O ESPAZO FÍSICO● A civilización grega orixinouse na Península Balcánica e nas costas e illas do Mar Exeo: relevo montañoso, con difíciles comunicacións.● Nunca existiu un Estado grego como en Exipto ou Mesopotamia, senón cidades-Estado chamadas polis, independentes unhas das outras.● A agricultura de tipo mediterráneo (trigo, oliveiras, viñas) e o pastoreo eran as actividades principais.● Tamén foi importante a pesca e o comercio que desenvolveron os gregos ao longo de todo o Mediterráneo.
  4. 4. O NACEMENTO DO MUNDO GREGO UNHA MESMA CIVILIZACIÓN● Os gregos sentíanse membros dunha mesma comunidade e cultura: Hélade, unidos por unha mesma lingua e unha mesma relixión.● O grego era a lingua e tiñan un alfabeto común: o alfabeto grego.
  5. 5. O NACEMENTO DO MUNDO GREGO UNHA MESMA CIVILIZACIÓN● Os poemas de Homero, A Ilíada e a Odisea, explicaban as orixes dos gregos.
  6. 6. O NACEMENTO DO MUNDO GREGO UNHA MESMA CIVILIZACIÓN● A relixión grega era politeista. Os deuses eran antropomórficos, parecíanse aos seres humanos, habitaban no monte sagrado do Olimpo e Zeus era o pai de todos eles.
  7. 7. O NACEMENTO DO MUNDO GREGO OS PRIMEIROS GREGOS● Os gregos son unha mestura de pobos: – Minoicos (2500-1500 a.C): na illa de Creta. – Aqueos (2000 a.C): coñécense co nome de micénicos. – Dorios (1200 a.C): acabaron instalándose nas costas de Asia Menor. Palacio de Cnosos Porta dos leóns
  8. 8. AS POLIS GREGAS A POLIS: UNHA CIDADE-ESTADO● Os gregos estaban organizados en pequenas cidades-Estado independentes chamadas POLIS.● Cada polis tiña as súas leis, moeda, exército e goberno propios.● A cidade tiña dúas partes diferenciadas: – Ágora: parte baixa onde se atopaban as vivendas, tendas e edificios públicos situados ao redor dunha gran praza. – Acrópole: parte alta onde se atopaban os principais edificios relixiosos e servía de refuxio da poboación en caso de perigo.
  9. 9. AS POLIS GREGAS AS POLIS ARISTOCRÁTICAS● As primeiras polis tiñan un goberno oligárquico, compostos por uns poucos aristócratas, grandes propietarios agrícolas que constituían a élite guerreira. Formaban o Consello de Aristócratas que era onde se tomaban as decisións que lle afectaban ás polis.● O resto dos cidadáns podían reunirse en Asemblea, pero as súas opinións só eran escoitadas. Esparta é un exemplo deste tipo de goberno.● Durante o século V a.C nalgunhas polis producíronse revoltas sociais contra o poder dos aristócratas xa que escravizaban aos cidadáns que non podían pagar as débedas.
  10. 10. AS POLIS GREGAS EVOLUCIÓN CARA A DEMOCRACIA● As demandas de maior participación política deron lugar a reformas sociais e políticas a prol do demos (pobo).● Na polis de Atenas estes cambios deron orixe a unha nova forma de goberno: a DEMOCRACIA (poder exercido polos cidadáns): – Os cidadáns que disponían de diñeiro para mercar o seu propio equipo militar e participar na defensa da cidade, HOPLITAS, esixiron participar no goberno. – No século VI a.C lexisladores como Solón ou Clístenes anularon a escravitude por débedas e introduciron o dereito de todos os cidadáns a participaren no goberno.
  11. 11. AS COLONIZACIÓNS GREGAS CAUSAS DAS COLONIZACIÓNS● Entre os séculos VIII-VI a.C numerosos habitantes das cidades gregas emigraron a diferentes lugares das costas mediterráneas e do Mar Negro e colonizaron novas terras.● Causas: – Escaseza de terras, a maioría eran propiedade dos aristócratas. – Presión demográfica. – Miseria de moitos campesiños. – Escravitude por débedas. – Espíritu comercial e navegante dos gregos.● Os gobernos das polis fomentaron as migracións.
  12. 12. AS COLONIZACIÓNS GREGAS A EXPANSIÓN GREGA● A bordo de lixeiras embarcacións os gregos percorreron as costas buscando lugares para establecerse, comerciar cos indíxenas e extraeren materias primas.
  13. 13. AS COLONIZACIÓNS GREGAS A EXPANSIÓN GREGA● As zonas máis importanes de colonización foron: Magna Grecia (sur de Italia e Sicilia), Massalia (sur de Francia), Iberia (Emporion, Homeroskopeion, Mainaké) e o Mar Negro.
  14. 14. AS COLONIZACIÓNS GREGAS AS NOVAS COLONIAS● As colonias construíanse seguindo o modelo das polis gregas e imitaban as súas institucións políticas.● Eran polis independentes das cidades de orixe (METRÓPOLE) ainda que mantiñan con ella estreitos lazos comerciais e culturais.● Os colonos gregos establecían relacións comerciais cos pobos autóctonos e influían nos seus costumes, cultura, arte (difusión de novos cultivos, introdución do uso da moeda, escritura...)
  15. 15. A ATENAS DE PERICLES● No século V a.C, baixo o goberno de Pericles (foi un estratego), Atenas convertiuse na polis hexemónica de Grecia: – Properidade económica. – Consolidación da democracia. – Florecemento da arte de da cultura. AS INSTITUCIÓNS DEMOCRÁTICAS● A Asemblea: era a reunión de todos os cidadáns de Atenas (Ekklesia), para votar as leis, controlar os orzamentos, decidir as declaracións de guerra e elixir maxistrados.● Os maxistrados: eran cidadáns elixidos pola Asemblea que se ocupaban dos asuntos públicos. Os máis importantes eran: – Estrategos: dirixían a política exterior e o exército. – Arcontes: presidían os tribunais e as cerimonias relixiosas.● Heliaia (Helie): Tribunais populares para impartir xustiza.● Boulé: Asemblea para elaborar as leis e controlar os maxistrados.
  16. 16. A ATENAS DE PERICLES
  17. 17. A ATENAS DE PERICLES UNHA DEMOCRACIA LIMITADA● A democracia ateniense era limitada: só podían participar na vida política e estar protexidos pola lei os cidadáns.● Cidadáns atenieneses: todos os homes libres, maiores de idade, nados de pai cidadán e nai ateniense. Eran unha minoría● Estaban obrigados a formar parte do exército e pagar impostos.● Estaban excluídos dos dereitos políticos: as mulleres, os metecos (estranxeiros) e escravos.
  18. 18. O ESPLENDOR DE ATENAS A VITORIA SOBRE OS PERSAS● No século V a.C., os persas (medos) lánzanse á conquista das polis de Grecia, foron as Guerras Médicas (492-449 a.C) .● Os exércitos atenienses xunto coas polis aliadas inflixíronlles importantes derrotas ( Maratón e Salamina ) aos persas que acabarán retirándose.●
  19. 19. O ESPLENDOR DE ATENAS ATENAS DOMINA GRECIA● A vitoria sobre os persas outorgoulle a Atenas un papel dominante sobre o resto de cidades gregas, as cales formaron a Liga de Delos (447 a.C), alianza dirixida por Atenas, en previsión dun novo ataque dos persas.● Atenas recadaba e administraba os impostos que pagaban as polis e gardábaos na illa de Delos: Tesouro da Liga de Delos.● Cando algunhas polis, cansas do dominio abusivo de Atenas, quixeron abandonar a alianza, esta impedíullelo pola forza.● Ademais, trasladou o tesouro da Liga á cidade de Atenas e empregouno para reconstruír a Acrópole; a Liga convertérase nun Imperio ateniense.
  20. 20. A ACRÓPOLE DE ATENAS
  21. 21. O ESPLENDOR DE ATENAS FIN DA HEXEMONÍA ATENIENSE● Entre o 431 e o 404 a.C teñen lugar as Guerras do Peloponeso.● Esparta encabezou unha coalición de cidades,Liga do Peloponeso, contra a Liga de Delos dirixida por Atenas.● Estas guerra remataron coa derrota de Atenas e coa progresiva decadencia das polis gregas.
  22. 22. A GRECIA HELENÍSTICA O REINO DE MACEDONIA● Macedonia, norte de Grecia, era no século IV un reino illado.● O rei Filipo II aproveitando o declive das cidades gregas, logo das Guerras do Peloponeso, cun potente exército (falanxes) conseguiu o dominio de Grecia cara o 338 a.C.● No 336 a.C o fillo de Filipo II, Alexandre, que recibiu o alcume de Magno sucedeuno no goberno. Filipo II Falanxe macedonia
  23. 23. A GRECIA HELENÍSTICA O IMPERIO DE ALEXANDRE● Alexandre conseguiu unificar as cidades gregas e lanzouse á conquista do Imperio Persa.● Entre os anos 334 e 323 a.C conseguiu derrotar aos persas e chegou ata a India.● O soño de Alexandre era crear un único imperio que abranguese Europa e Asia, cunha base cultural grega, onde cada territorio conservase as súas formas sociais e políticas.
  24. 24. A GRECIA HELENÍSTICA OS REINOS HELENÍSTICOS: ALEXANDRÍA● Tras a morte de Alexandre Magno (323 a.C) os seus xenerais repartíronse entre eles o imperio, xurdindo reinos independentes chamados reinos helenísticos.● Os maís importantes foron Exipto, con centro en Alexandría, e Siria, con capital en Antioquía.● Todos tiñan unha forma de goberno autoritaria con monarcas divinizados, pero a cultura e a lingua continuaron a ser gregas.

×