U2 T1 Ferramentas Blogues

Loading...

Flash Player 9 (or above) is needed to view presentations.
We have detected that you do not have it on your computer. To install it, go here.

0 comments

Post a comment

    Post a comment
    Embed Video
    Edit your comment Cancel

    2 Favorites

    U2 T1 Ferramentas Blogues - Presentation Transcript

    1. U2.Manexo de ferramentas web básicas e publicación de materiais. Blogues Páxina 1 Blogues. Creación, administración e edición 1. Aproximación a esta ferramenta. Un blogue (tamén chamado weblog ou caderno de bitácora) é un sitio dinámico na rede no que se recollen artigos ou anotacións persoais de maneira cronolóxica, aparecendo en primeiro lugar os máis recentes. Tamén ofrece opcións de interactividade para o visitante, fundamentalmente a través dos comentarios. Os blogues soen crearse en plataformas que facilitan ter control sobre esa participación dos visitantes e mais sobre a visibilidade dos contidos e que nos permiten editar de xeito doado, sen coñecementos informáticos específicos, polo que a súa actualización adoita ser frecuente. Debido a esta facilidade de uso para canalizar a creación e a reflexión tanto persoal como social, desenvolvéronse en todos os ámbitos da rede -desde a política ao ensino- e representan e integran os parámetros da web social de hoxe en día. Os principais termos que cómpre coñecer ao manexar blogues son: a) Blogroll ou lista de blogues: é o menú que se mostra nun lateral da portada e no que aparece a listaxe de ligazóns recomendadas, normalmente en relación coa temática do blogue. b) Comentarios: son o motor da interactividade entre o autor e o lector e o que axuda a crear coñecemento e feed-back. Hai diferentes graos de permisos para comentar. Curso “Elaboración de contidos educativos on-line” FORGA_CIG Luciano Fernández e María Loureiro
    2. U2.Manexo de ferramentas web básicas e publicación de materiais. Blogues Páxina 2 c) Ligazón permanente ou permalink: cada anotación ten unha páxina propia cun enderezo específico de xeito que se pode ligar e recuperar de xeito independente. d) Etiquetas (tags) e categorías: son os elementos que facilitan a organización e identificación dos contidos. e) Plugin e widget: son complementos que permiten ampliar as posibilidades do caderno: calendario, barra de vídeos, etc. Curso “Elaboración de contidos educativos on-line” FORGA_CIG Luciano Fernández e María Loureiro
    3. U2.Manexo de ferramentas web básicas e publicación de materiais. Blogues Páxina 3 f) Post, artigo ou anotación: o corpo do contido que forma o blogue. g) Retroligazóns ou trackbacks e pings: a relación automática que se crea entre a referencia que facemos a un blogue citado nunha anotación e este. Deste xeito, podemos detectar que blogues ligan directamente a un artigo. h) RSS, feed ou sindicación: a través destes elementos recollemos avisos e contidos cando un sitio de novas ou blogue que nos interesa actualiza a súa información. Curso “Elaboración de contidos educativos on-line” FORGA_CIG Luciano Fernández e María Loureiro
    4. U2.Manexo de ferramentas web básicas e publicación de materiais. Blogues Páxina 4 Cada bitácora posúe o seu enderezo (URL) propio, mais tamén cada anotación ou post (ligazón permanente), así como cada unha das páxinas, se é que dispón deses espazos complementarios. De por parte, ofrece a sindicación ou subscrición ao que se publica, tanto post como comentarios, mediante RSS, de xeito que podemos recibir as súas novidades. En síntese, estas son as características que definen un blogue: 1.Edición doada de contidos con elementos multimedia (textos, imaxes...) 2.Publicación cronolóxica inversa 3.Posibilidade de interacción cos lectores 4.Posibilidade de compartir a edición (autoría colectiva) 5.Organización clara dos contidos en categorías 6.Ligazóns permanentes aos distintos artigos, recollidos nun arquivo 7.Disposición de espazos específicos para ligazóns (blogroll) 8.Sindicación aos contidos por medio de RSS 9.Integración de ferramentas na web (diapositivas, vídeos...) Curso “Elaboración de contidos educativos on-line” FORGA_CIG Luciano Fernández e María Loureiro
    5. U2.Manexo de ferramentas web básicas e publicación de materiais. Blogues Páxina 5 Hai moitas plataformas que permiten publicar un blogue de balde. Coa administración total ou parcialmente en galego (cuestión de importancia sobre todo se é o alumnado quen vai editar), temos a Blogoteca, Nireblog, Wordpress e Blogaliza, seguindo unha orde progresiva no que se refire ás funcionalidades que poñen á nosa disposición e tamén á complexidade no seu manexo. Para a práctica neste curso, escollemos Blogaliza, que actualmente funciona cun sistema de Wordpress e é o único sitio que facilita a publicación directa, con reprodutor incluído, de arquivos de audio. 2. Creación dun blogue en Blogaliza e administración básica. Seguimos todo o proceso con esta presentación (amplíase en Full Screen) E podemos revisar estas cuestións por medio destes dous videotitoriais: Un blogue en Blogaliza I e Un blogue en Blogaliza II. 3. Orientacións metodolóxicas. Exemplos prácticos de aplicación na aula. Os blogues constitúen unha ferramenta moi útil, con múltiples aplicacións no ensino e cun enorme potencial no desenvolvemento de competencias activas. O profesorado emprégao para a reflexión e investigación pedagóxica, para a comunicación de ideas e proxectos ou para desenvolver tarefas didácticas. O alumnado pode utilizalo como espazo de traballo e publicación, como diario persoal ou portfolio, etc. O emprego de blogues supón, ademais, entrar en contacto cun amplo abano de recursos e aplicacións para a creación e partilla de contidos (algúns xa vistos, como os marcadores sociais) e é moi importante asumir esa nova cultura baseada en colaborar e compartir, na que cómpre tamén formar ao alumnado. Estas bitácoras en contexto educativo coñécense como edublogues. Así, atopamos: - Blogues do profesorado ou da materia. Se están dirixidos a outros/as colegas, céntranse en cuestións de actualidade referidas á disciplina, na didáctica coas TIC e en experiencias na aula; nalgúns casos, constitúen un vieiro para a publicación de materiais de elaboración propia e para a clasificación de recursos. Se se dirixen ao alumnado, o/a profe transmite instruccións sobre tarefas e guía o uso de recursos. Curso “Elaboración de contidos educativos on-line” FORGA_CIG Luciano Fernández e María Loureiro
    6. U2.Manexo de ferramentas web básicas e publicación de materiais. Blogues Páxina 6 Consulta estes exemplos: O blog de sociais Caderno de lingua Dives Gallaecia Escola de caracois Revolta da freixa Tecnoloxía Blog de Música Poden ser colectivos, con varias persoas editando: Bitácora cooperativa. - Blogues da aula, nos que poden participar conxuntamente o/a profesor/a e o alumnado. Permiten o acceso organizado a temas de interese para o desenvolvemento do currículo, o seguimento, orientación e publicación de actividades da aula, etc. Mateproblemáticas nun Centro de Secundaria Regueizeiros Dis ti! - Blogues propios do alumnado, nos que se experimenta con esta ferramenta e se desenvolven distintas tarefas. Responden ao modelo máis innovador, con potencialidades para a motivación e implicación do alumnado na construción de coñecemento, a interacción e o traballo colaborativo. Abren a aula ao mundo, estimulan a creación multimedia e facilitan o uso de internet para o desenvolvemento da competencia dixital e no tratamento da información. Pódense recoller a través do widget de ligazóns (blogroll) ou mediante lectura RSS no blogue da aula. O progreso A fermosa Galicia Despexando incógnitas castafiore - Blogues do centro, que inclúen: blogues da biblioteca, dun equipo ou dun grupo de traballo, espazo compartido polos distintos departamentos, canle de publicación dunha revista, etc.). As TIC no IES García Barbón Biblioteca IES Alexandre Bóveda Na lingua de todos A Tabarra Dixital Curso “Elaboración de contidos educativos on-line” FORGA_CIG Luciano Fernández e María Loureiro
    7. U2.Manexo de ferramentas web básicas e publicación de materiais. Blogues Páxina 7 Na imaxe recóllese unha clasificación adaptada de Juan José de Haro. Mais esas non son as únicas opcións. Un blogue pode ser un bo soporte de secuencias didácticas (Os retos do século XXI), un almacén de recursos para a aula (ticblog), un espazo para desenvolver proxectos educativos (Climántica), unha ferramenta na formación do profesorado (Blogue de proba), un monográfico (Son de poetas), etc. Ademais, no ensino tamén se traballa cunha variante, os fotologs, sobre todo en materias como Historia da arte ou Plástica. Poden ser creados tamén en Blogaliza, ademais de estar dalgún xeito integrados nas redes Ning. O seguimento da ampla comunidade educativa na rede ou do conxunto de cadernos dixitais do alumnado levaranos á creación dun Planeta de blogues: un sitio no que aparecen as últimas anotacións dun conxunto de bitácoras, por exemplo as dun curso ou as de profesores/as con intereses comúns, como é o caso de Redetic. Por último, hai que considerar que á hora de crear un edublogue debemos: - revisar experiencias doutros blogues e valorar estratexias de uso - definir os obxectivos: ofrecer tarefas e recursos ao alumnado, abrir un espazo de intercambio... - decidir que tipo é o axeitado aos nosos obxectivos educativos (de aula, do alumnado, etc.) - establecer o protocolo de publicación, se edita o alumnado: permisos de usuarios, criterios para editar... - revisar e avaliar a experiencia en marcha e compartila con outros docentes Curso “Elaboración de contidos educativos on-line” FORGA_CIG Luciano Fernández e María Loureiro
    8. U2.Manexo de ferramentas web básicas e publicación de materiais. Blogues Páxina 8 Material complementario para quen quixer ampliar: Edu20: Blogs Lourdes Domenech: Blogs, para que os quiero? edublogki: Por que un blog Curso “Elaboración de contidos educativos on-line” FORGA_CIG Luciano Fernández e María Loureiro
    SlideShare Zeitgeist 2009

    + rocioreirorocioreiro Nominate

    custom

    191 views, 2 favs, 0 embeds more stats

    More info about this document

    © All Rights Reserved

    Go to text version

    • Total Views 191
      • 191 on SlideShare
      • 0 from embeds
    • Comments 0
    • Favorites 2
    • Downloads 1
    Most viewed embeds

    more

    All embeds

    less

    Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
    Flag as inappropriate

    Select your reason for flagging this presentation as inappropriate. If needed, use the feedback form to let us know more details.

    Cancel
    File a copyright complaint
    Having problems? Go to our helpdesk?

    Categories