Memoria 2013 san paio

352 views
238 views

Published on

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
352
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
39
Actions
Shares
0
Downloads
1
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Memoria 2013 san paio

  1. 1. MEMORIA 2013 MUSEO-FORTALEZA SAN PAIO DE NARLA |
  2. 2. Museo Fortaleza San Paio de Narla INDICE 1. LIMIAR ................................................................................................................ 2 2. ESTADISTICA ANUAL DE VISITANTES ........................................................... 5 3. PROGRAMA ARQUITECTÓNICO ................................................................... 12 4. PROGRAMA DIDÁCTICO ................................................................................ 12 4.1. ACTIVIDADES ESCOLARES ........................................................... 12 4.2. OBRADOIROS DE VERÁN .............................................................. 30 4.3. OBRADOIROS DE NADAL............................................................... 53 4.4. OBRADOIROS CLUB PEQUEAMIGOS ........................................... 69 5. PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURAL ............................................................ 84 5.2. PROGRAMA INTERXERACIONAL .................................................. 84 5.3. PROGRAMA DA TERCEIRA IDADE ................................................ 90 5.4. PROGRAMA DE OCIO-TURÍSMO.................................................... 93 5.5. SEMANA DOS MUSEOS ................................................................ 100 5.6. PROGRAMA MUSEOLOXÍA SOCIAL ............................................ 162 5.7. PROGRAMA DE EXPOSICIÓNS .................................................... 180 5.8. PROGRAMA DE CINE .................................................................... 189 5.9. REVISTA ORAL .............................................................................. 192 5.10. PROGRAMA DE RECURSOS EDUCATIVOS .............................. 197 5.11. PROGRAMA DISCAPACIDADE ................................................... 208 6. PROGRAMA DE COLECCIÓNS .................................................................... 209 7. PROGRAMA DE PERSOAL ........................................................................... 209 9. PROGRAMA ECONÓMICO ............................................................................ 209 1
  3. 3. Museo Fortaleza San Paio de Narla 1. LIMIAR O panorama actual para a museoloxía nacional é desolador, a crise acucia sen distinción a todos os museos, sufrindo especialmente os pequenos museos que se ven abrumados pola carestía de medios e escaseo de recursos para facer fronte ao avance imparable dunha sociedade que devora todo o seu alcance, nin sequera a cultura se ve a salvo. Nesta situación, costa ser creativo cando os medios que se necesitan non están ao alcance, sen embargo hai algo que a crise non pode cercenar e é a ilusión, a necesidade fai agudizar o inxenio e explota a creatividade ata límites insospeitados. De traballar con ledicia e motivación sabemos moito en San Paio, pese a contar cun presuposto minguado, non paramos de xerar cultura fieis a nosa máxima de “museos para todos e entre todos”, e sobre todo, facer a cultura accesible. A cultura non é un privilexio, é un dereito e, por tanto, todo o mundo debe ter acceso a ela. Baixo este lema, traballamos para difundir e espallar a dinaminazación cultural dunha zona como a de Friol que se está avellentando a 2
  4. 4. Museo Fortaleza San Paio de Narla pasos axigantados, e por iso que colaboramos con asociacións como Carballo Vivo e Xesta Verde, nun intento de activar zonas deprimidas ao tempo que se rescata patrimonio referente á etnografía, etnoloxía e folclore de noso cultura galego, moi digna e salientable de perpetuar e dar continuidade. Non se fai discriminación de ningún tipo de idade, sexo, raza ou relixión, pois estamos abertos a todo tipo de público. Non nos quedamos nos meros formalismos académicos de atender soamente a visitas escolares xa que estamos abertos a todas as peticións, de feito as nosas actividades didácticas son tan recoñecidas que traballamos as fins de semana coas APAS dos colexios, nun intento de agradar e de amosar de que potencial estamos feitos e como imaxinamos visitas teatralizadas, todas elas feitas co noso imaxinario colectivo e cos nosos propios recursos, en ocasións, insuficientes para o tamaño das empresas que nos traemos entre mans. Gústanos especialmente que San Paio sexa un museo vivo e activo, por iso damos acollida a toda iniciativa cultural que difunda conciencia patrimonial e valores culturais, soamente coa intención de que concertos e obras de teatro complicadas de ver para xente de Friol e arredores, sexan visionados gratuitamente co magnífico escenario de San Paio de fondo. Sentímonos especialmente orgullosos de facer da didáctica o noso buque insignia, somos pioneiros e un auténtico referente nas visitas de colexios que en, moitas ocasións, repiten connosco e marabillámonos cos sorrisos e atención permanente e continuada de meniños e meniñas moi pequenos. Resulta moi difícil condensar en tan breve introdución todo o traballo que facemos en San Paio ao longo do ano, porque ademais do devandito anteriormente, velamos concienzudamente polo coidado das instalacións e revisamos que as pezas están en condicións de humidade óptimas para o seu estado de conservación e para a posta en escena cara ao público. Procuramos que as pezas non sufran traslados innecesarios e sempre que se moven fano coa súa correspondente folla de traslado, deixando unha imaxe supletoria no lugar da vitrina para que a xente se faga unha idea da peza que se levou para exposición itinerante. 3
  5. 5. Museo Fortaleza San Paio de Narla Conscientes de que as palabras as leva o vento, e que o mellor para sentar cátedra son os feitos, consideramos que o máis conveniente e oportuno é amosar con gráficas, diagramas e estatísticas en que consiste o noso traballo. Imos dando por concluída esta introdución, non sen antes recalcar que nos cremos no que facemos, e por iso respaldamos cada una das nosas actuacións coa satisfacción de que demos todo o que tiñamos, e que nos esforzamos para que a xente leve unha lembranza agradable de San Paio, como un museo nun espectacular continente cun abraiante contido que seduce a todos e a todas que se acercan incrédulos ata el pensando que vai ser un museo decimonónico e, descobren, atónitos, como se poden facer museoloxía dende a emotividade e o sentimento con grande profesionalidade, e como tamén hai cabida para a museoloxía social. Todos e cada un de nos, temos dereito a cultura e cando dicimos todos é TODOS, toda aquela persoa con discapacidade física, psíquica ou sensorial, é un visitante máis. É o noso visitante. San Paio están aquí grazas a todos vos, as vosas visitas fan que perdure, nos temos o privilexio de coidalo e velar pola súa protección. Grazas por contar con nós, tan só pedimos non espertar deste soño endexamais, poder seguir creando museoloxía para todos os públicos e contar coa vosa aprobación. 4
  6. 6. Museo Fortaleza San Paio de Narla 2. ESTADÍSTICA ANUAL DE VISITANTES. Xaneiro Nº total de visitantes 376 3 grupos escolares 1 grupos adultos 256 Nº total de visitantes 706 6 grupos escolares 240 6 grupos adultos 190 Visitas individuais Marzo 30 Visitas individuais Febreiro 90 395 Nº total de visitantes 1470 8 grupos escolares 6 grupos adultos 200 Visitas individuais Abril 240 1030 Nº total de visitantes 1348 7 grupos escolares 13 grupos adultos 488 Visitas individuais Maio 325 535 2245 19 grupos escolares 784 15 grupo adultos 616 Visitas individuais Xuño Nº total de visitantes 845 Nº total de visitantes 1418 5
  7. 7. Museo Fortaleza San Paio de Narla 18 grupos escolares 11 grupos adultos 285 Visitas individuais Xullo 495 638 Nº total de visitantes 1855 4 Obradoiros 6 grupos adultos 140 Visitas individuais Agosto 120 1595 Nº total de visitantes 2341 4 Obradoiros 5 grupos adultos 140 Visitas individuais Setembro 120 2081 Nº total de visitantes 1105 11 grupos adultos Visitas individuais 762 Nº total de visitantes 898 8 grupos adultos 350 Visitas individuais Outubro 343 548 Novembro Nº total de visitantes 994 6 grupos escolares 7 grupos adultos 180 Visitas individuais Decembro 210 604 Nº total de visitantes 1414 6
  8. 8. Museo Fortaleza San Paio de Narla 16 grupos escolares 462 7 grupos adultos 220 Visitas individuais 534 Total visitantes anuais 16170 Gráfica comparativa dos anos 2012-2013 MUSEO FORTALEZA SAN PAIO DE NARLA 2500 2341 2208 2245 2000 1855 1703 1500 1470 1000 1089 706 500 1348 376 360 1489 1418 1420 1414 1212 1182 1105 1077 898 994 818 854 665 Ano 2012 Ano 2013 0 7
  9. 9. Museo Fortaleza San Paio de Narla Por número de visitantes 2500 2341 2245 1855 2000 1470 1500 1348 1418 1414 1105 898 1000 500 994 706 376 0 Por idades 15% 30% 8% 4% 4% 25% 14% 0-10 11-14 15-18 19-25 26-40 41-65 66 8
  10. 10. Museo Fortaleza San Paio de Narla Por Procedencias 6819 7000 6000 5000 3708 4000 3000 2483 2000 1000 0 510 526 96 31 83 41 415 183104220 510 38 45 21 2 166 154 LUGO CIDADE LUGO PROVINCIA GALICIA ANDALUCIA ARAGON ASTURIAS BALEARES CANARIAS CANTABRIA CATALUÑA CASTILLA-LEON CASTILLA-LA MANCHA EUSKADI EXTREMADURA MADRID MURCIA NAVARRA LA RIOJA VALENCIA ESTRANXEIROS 9
  11. 11. Museo Fortaleza San Paio de Narla Por días da semana 3989 3079 DOMINGO SABADO 2528 VENRES 2439 XOVES MERCORES 1885 MARTES 2214 LUNS 35 0 500 1000 1500 2000 2500 3000 3500 4000 4500 10
  12. 12. Museo Fortaleza San Paio de Narla 11
  13. 13. Museo Fortaleza San Paio de Narla 3. PROGRAMA ARQUITECTÓNICO Amaño do panel de entrada a fortaleza, que caera co vento. Arranxo no motor do pozo Limpeza dos tellados Limpeza dos accesos e plataforma do castro da fortaleza varias veces ao ano Arranxo da porta de cristal da entrada. Reposición de sistema de iluminación, por parte do servizo de mantemento da Deputación, cando son de fácil reposición e urxencia son reparadas polo persoal da fortaleza. (DURANTE TODO ANO SEGUNDO HAI AS INCIDENCIAS) Desratización varias veces ao ano, cada tres meses. Recollida de auga, control lexionella e potabilidade. Router novo, para poñer Intranet Arranxo da cisterna Cambiaron a billa no wc das mulleres. Arranxo de deshumificadores 4. PROGRAMA DIDÁCTICO 4.1. Actividades escolares Ao longo do curso ofrécese a posibilidade de solicitar dous tipos de visitas: guiada e con actividade. Para realizar estas visitas é necesario a concertación previa das mesmas, concertando con departamento de didáctica. Visita de iniciación: 12
  14. 14. Museo Fortaleza San Paio de Narla Comprende un recorrido por todo o castelo, recomendase para os grupos que visitan o centro por primeira vez, independentemente do seu nivel educativo. Duración aproximada de 60 minutos. Para un mellor aproveitamento do Museo Fortaleza San Paio de Narla, xa que existe unha variedade e riqueza de contidos, e na procura dun novo concepto de visita máis participativa, como alternativa as tradicionais visitas guiadas e que implique a colaboración directa de profesores e alumnos, ofrecemos no 2011 un programa de itinerarios os distintos niveis de ensino: O Castelo encantado O Porvir do pasado O Labirinto do Castelo Un Museo de Lendas O xogo de verbas Na lareira A bela durminte 13
  15. 15. Museo Fortaleza San Paio de Narla Visita de iniciación Nivel: Todos os ciclos Data: Curso escolar Obxectivo: Comprender que a as sociedades actuais están condicionadas polo seu pasado histórico. Recoñecer as ferramentas e analizar a súa evolución e continuidade, así como a necesidade de conservalas para outras xeracións. O Castelo encantado Nivel: 1º e 2º ciclo de Primaria Data: Curso escolar Obxectivo: Identificar as distintas clases sociais; servos, señorío e cabaleiros meirande os recursos que nos ofrecen as diferentes salas do museo. 14
  16. 16. Museo Fortaleza San Paio de Narla O Porvir do pasado San Paio de Narla é un museo axente para o coñecemento da vida pasado dos nosos devanceiros, museos que deben de ser, e son, activos na educación dos nosas xeracións. Nivel: ESO e BAC Data: Curso escolar Obxectivo: Estudar o paso do tempo, no que se desenvolve o señorío de San Paio de Narla, así como as distintas salas, a través da Lenda da Cova da Serpe. O Labirinto do Castelo Nivel: ESO e BAC Data: Curso escolar Obxectivo: Coñecer a etnografía e desenvolver a creatividade do alumnado sendo conscientes da importancia do pasado para comprender e presente. 15
  17. 17. Museo Fortaleza San Paio de Narla Un Museo en Lendas Nivel: 3º Ciclo de Primaria, ESO e BAC Data: Curso escolar Obxectivo: Coñecer a literatura e a mitoloxía popular do Concello de Friol a través da comunicación cos nosos maiores. 16
  18. 18. Museo Fortaleza San Paio de Narla O xogo de verbas Nivel: 4º,5º e 6º Primaria Data: Curso escolar Obxectivo: Aproveitar a riqueza e a variedade do patrimonio cultural, tomando conciencia da importancia do pasado para comprender o presente; para espertar o interese polas visitas aos museo motivamos con xogos. A) Nesta fotografía sinala o nome desta peza B) ¿Sabes o nome de peza que vai do guindastre ó caldeiro? C) O guindastre recibe tamén o nome de _____________ 17
  19. 19. Museo Fortaleza San Paio de Narla Localiza nesta sopa de letras as respostas dos apartados C das probas anteriores e comprobarás que coas letras restantes contadas de 3 en 3 atoparás o nome deste museo. Na Lareira Nivel: Ed. Infantil, 1º e 2º de Primaria Data: Curso escolar Obxectivo: Visitar a cociña para que o alumnado descubra a transformación que esta dependencia sufriu ao longo do tempo. Compararemos as vellas cociñas e as comidas que nelas se facían coas actuais 18
  20. 20. Museo Fortaleza San Paio de Narla A bela durminte Nivel: Ed. Infantil e 1º e 2º de Primaria Data: Curso escolar Obxectivo: Empregar como fío condutor o conto da Bela Durminte e aproveitar como recurso os obxectos expostos, nun ambiente, en principio nada atraínte para o neno, o castelo vaise convertendo nun escenario onde a imaxinación cobra vida ata materializarse como real. Peiteados y aderezos Nivel: 3º e 4º ESO Data: Curso escolar 19
  21. 21. Museo Fortaleza San Paio de Narla Obxectivo: Concienciar aso rapaces e rapazas de cómo unha actividade que pode parecer tan rutinaria como a de peitearse pode ser algo estético e artístico. Ademais de agochar os entresixos de épocas históricas ao través das cales, sometidas a un exhaustivo estudo, verase coma o peiteado era signo social de distinción e ostentación. Facendo historia (Heráldica) Nivel: 1º e 2º da ESO Data: Curso escolar Obxectivo: Fusión heráldica e historia, condensándoos nun único concepto para amosar que tras un escudo agóchase moita crónica histórica. Un escudo non é unha peza inerte, ao contrario é unha peza parlante, e iso é o que se tentará facer visible incidindo en que é unha fiestra para visionar como era a vida dos nosos home e mulleres con rango nobiliario do Medievo. 20
  22. 22. Museo Fortaleza San Paio de Narla Pescudas de detectives en San Paio Nivel: 5º e 6º de Primaria e 1º da ESO Data: Curso escolar Obxectivo: Trátase de que os nenos e nenas se metan, por uns intres, na pel dun detective. Pero dun detective peculiar, porque o seu campo de acción será o Museo de San Paio, e terán que ir superando unha serie de pistas para acadar a meta final. Unha desas pistas consistirá en localizar cunha lupa cal é a peza máis antiga da lareira, etc. Finalmente, chegarán ao último piso da torre e se fixeron ben as súas tarefas, adiviñaran cal é o truco para abrir un cofre con sorpresas. 21
  23. 23. Museo Fortaleza San Paio de Narla Unha firma medieval: un signo lapidario Nivel: 6ª de primaria, 1º ESO e 2º ESO Data: Curso Escolar Obxectivo: Con esta unidade didáctica búscase afondar noutra realidade de San Paio de Narla, pouco coñecida e, por tanto, pouco difundida. Trátase de traballar coa temática dos signos lapidarios que se atopan diseminados por toda a fortaleza medieval e con reminiscencias renacentistas. Pretendese que os nenos e nenas comprendan a transcendencia destes signos que non eran meros garabatos na parede, senón que tiñan unha explicación e razón de ser. Deste xeito, a unidade didáctica contempla ser realizada en dúas fases: unha teórica e outra práctica. 22
  24. 24. Museo Fortaleza San Paio de Narla Talleres escolares Tras moitos anos de experiencias compartidas nos que o Museo Provincial de Lugo e o resto dos museos que se foron integrando na Rede Museística da Deputación de Lugo foron pioneiros na elaboración de programas didácticos para o mundo escolar, toca agora revisar metodoloxías, actualizar conceptos e poñer en práctica novas ideas arredor do sempre suxestivo tema da educación desde os museos. Nestes últimos quince anos, con máis ou menos acertos, e tamén con moitos erros, desde os departamentos de didáctica intentamos achegarnos á escola desde os museos, propuxemos actividades que tiveron enorme éxito entre os docentes e o seu alumnado, e outras, hai que recoñecelo, que non gozaron desa estima. Así e todo entre todos fomos abrindo un camiño que agora xa é, afortunadamente, moi frecuentado por outras institucións museísticas pero … Pero sempre debemos estar alerta para renovar motivacións e estímulos, para repensar e establecer novos obxectivos que conduzan á meta desexada: a intercomunicación entre o mundo da escola e o mundo dos museos. Os museos máis ca obxectos, atesouramos experiencias, historias, creatividade, modelos …, campos nos que, precisamente, os mozos e mozas das escolas poden precisar un implemento na súa formación. O lema escollido para esta nova etapa “A ver se te ves! Míranos!” reclama esa atención bidireccional entre os dous mundos. Os museos precisamos que nos vexan, que nos miren, que a sociedade faga uso libre do que posuímos, e a escola, que ten a fundamental misión de formar individuos para o futuro, debe entender que toda a bagaxe cultural que herdamos é un tesouro relativamente 23
  25. 25. Museo Fortaleza San Paio de Narla doado de atopar e de conseguir: abonda entrar nos museos e dispoñer pedagoxicamente. Desde os museos da Rede Museística, xestionada pola Área de Cultura e Turismo, vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo, pretendemos ofrecer ao profesorado e ao seu alumnado unha atención personalizada e achegar os recursos básicos imprescindibles para que este intercambio resulte engaiolante para o alumnado. Con esta fórmula pretendemos, sobre todo, abrir as nosas portas de par en par a toda a sociedade pero, especialmente, aos que teñen a enorme misión de seguila construíndo desde os alicerces da infancia. Os obxectivos que pretendemos, en resume, son: -Axudar a comprender dunha forma práctica o significado das obras expostas nos museos -Estimular as facultades perceptivas e imaxinativas do alumnado -Que cada actividade resulte unha experiencia proveitosa. -Fomentar a aprendizaxe integral. Os departamentos de didáctica de cada un dos catro museos integrados na Rede Museística elaboraron un programa organizado en tres percorridos-guía ou bloques temáticos. O programa está suxeito, necesariamente a un calendario, o do curso escolar 2012-2013, pero flexible e adaptable ás necesidades concretas que o día a día do docente nos demande. BLOQUE TEMÁTICO 1.-CREA O TEU MUSEO Metodoloxía e desenvolvemento Parte teórica: Que é un museo? Para que nos sirve un museo? Podemos crear o noso propio museo? O Museo Fortaleza de San Paio de Narla, as súas coleccións e funcionamento Parte práctica: Podemos crear o noso propio museo? Queres propoñernos un modelo diferente de museo do futuro? Ciclos: E. Infantil, E. Primaria e 1º ciclo de ESO. 24
  26. 26. Museo Fortaleza San Paio de Narla Periodización: Curso escolar 2012-2013. Duración da actividade: Aproximadamente, 60 minutos. Recursos didácticos: -Caixa decorada simulando o edificio do museo, fichas adaptadas, fotografías … etc. Nota: É conveniente que cada alumno/a traia a fotocopia dunha fotografía súa, tamaño carné. A actividade na Rede O departamento de didáctica do Museo Fortaleza de San Paio de Narla poñerá a disposición do profesorado e alumnado que participe nestas actividades un blog no que se irán intercambiando documentación, imaxes e experiencias arredor desta actividade. Concurso: Un museo para o futuro Co obxectivo de motivar o aproveitamento posterior na aula desta actividade podedes remitir ao blog as vosas propostas, elaboradas individualmente ou en grupo, para crear un hipotético museo para o futuro. Entre todas as propostas recibidas premiaremos aquelas que resulten máis imaxinativas e orixinais. BLOQUE TEMÁTICO 2.-ESCOITA: OS MUSEOS TAMÉN CONTAN HISTORIAS Cada peza ten a súa historia Parte teórica: Que historia conta esta peza? É real ou é de ficción? Podemos inventarlle outra historia? Parte práctica: Canda os obxectos expostos nos museos viaxa as súas historias, ás veces íntimas e descoñecidas. Desvelaremos algúns dos seus segredos Ciclos: E. Infantil e Ed. Primario. 25
  27. 27. Museo Fortaleza San Paio de Narla Periodización: Curso escolar 2012-2013. Duración da actividade:De 45 a 60 minutos. Recursos didácticos: -Material para a elaboración dun cómic. A actividade na Rede O departamento de didáctica do Museo Fortaleza de San Paio de Narla poñerá a disposición do profesorado e alumnado que participe nestas actividades un blog específico no que se irán intercambiando documentación, imaxes e experiencias desta actividade. Concurso: E ti, podes contarnos unha historia dun museo? Co obxectivo de motivar o aproveitamento posterior desta actividade na aula podedes remitir ao blog de didáctica da Rede Museística as vosas propostas individuais ou colectivas para elaborar un libro virtual de historias de museos. Premiaremos as máis imaxinativas e mellor elaborados. BLOQUE TEMÁTICO 3.-NO RETROVISOR: O SÉCULO XV TEN HISTORIA O pasado escríbese no presente grazas, entre outros recursos, aos materiais e documentos custodiados nos museos da Rede Museística. En cada un destes catro museos fixaremos a atención nun referente histórico do século XV por proximidade xeográfica ou por seren os propios edificios parte desa historia. Aínda que cada un dos museos vai centrar a actividade nun dos seguintes epígrafes e temas, lembramos que promoveremos o coñecemento de todas as experiencias, así que, sempre que sexa posible, animaremos a profesorado e alumnado a visitar os catro museos e así coñecer esa parte da historia da que é protagonista. Un tema en cada museo: Os franciscanos e as ordes mendicantes (Museo Provincial de Lugo) Os irmandiños (Museo Etnográfico San Paio de Narla, Friol) 26
  28. 28. Museo Fortaleza San Paio de Narla Pardo de Cela e o seu tempo (Museo Provincial do Mar, San Cibrao, Cervo) Os Lemos (Pazo de Tor,) Os irmandiños (Museo Etnográfico San Paio de Narla, Friol) Metodoloxía e desenvolvemento Parte teórica: Que pasou no edificio do Museo Fortaleza de San Paio de Narla desde a ano 1401 ao 1500? Quen eran os Irmandiños? Contra quen pelexaban os irmandiños e por que? Parte práctica: Dramatización do papel das distintas clases sociais neste momento histórico. Experimentaremos tarefas que se realizaban no claustro do edificio naquela época como, entre elas plantar, cultivar e coñecer os usos medicinais ou alimenticios dalgunhas plantas e herbas. Ciclos: E. Primario e E. Secundario. Periodización: Curso escolar 2012-2013. Duración da actividade: De 45 a 60 minutos Recursos didácticos: -Fichas didácticas -Vestiario de época para todos os integrantes do grupo. A actividade na Rede O departamento de didáctica do Museo Fortaleza de San Paio de Narla poñerá a disposición do profesorado e alumnado que participe nestas actividades un blog específico no que se irán intercambiando documentación, imaxes e experiencias desta actividade. Concurso Co obxectivo de motivar o aproveitamento posterior na aula desta actividade podedes remitir ao blog as vosas opinións, imaxes e experiencias sobre esta 27
  29. 29. Museo Fortaleza San Paio de Narla actividade. Entre todas as propostas recibidas premiaremos aquelas que resulten máis imaxinativas e orixinais. 28
  30. 30. Museo Fortaleza San Paio de Narla Dende a Rede Museística, en sintonía coas novas formulacións da Museoloxía social, seguimos apostando por un modelo didáctico que pon en valor a aprendizaxe activa, participativa e emocional; creando en cada visita unha experiencia vivencial, agradable e memorable. A proposta educativa persegue formar o alumnado en estratexias de aprendizaxe autónomas, capaces de construír o seu propio pensamento crítico, non só sensible á arte senón cara ao noso pasado para poder intervir no presente e soñar un futuro. A oferta de actividades dirixida aos centros educativos presenta 3 grandes bloques temáticos que van ser o eixe estrutural da nosa intervención didáctica. Os bloques son complementarios uns cos outros e perseguen construír un corpus estrutural: Bloque 1. O Museo como contedor achéganos á idea de que é un museo. O museo non só como contedor de obras de arte, senón máis alá: o museo como un espazo de traballo onde ademais de conservar e expoñer o noso patrimonio, tamén se estuda, se investiga e se divulga o caudal artístico e cultural, patrimonio de todos. Construída esta idea, que se erixe como os cimentos dunha casa, o seguinte Bloque 2: O Museo como relator de historias pretende ofrecer un catálogo aberto de visitas no que a estrutura veña marcada polo concepto de Museo como relator de historias. As obras de arte, ademais da información técnica, nárrannos e suxírennos historias infinitas segundo a persoa coa que interactúen. As pezas falan por si mesmas e todas en conxunto constitúen unha colección. Unha proposta na que o diálogo coas obras de arte e cos espazos naturais volven ser os protagonistas. Bloque 3: O Museo como retrovisor pon a énfase no espello retrovisor como metáfora. Viaxamos polo presente avanzando cara ao futuro pero no que centramos a mirada no retrovisor que nos mostra o noso pasado cunha perspectiva arqueolóxica. 29
  31. 31. Museo Fortaleza San Paio de Narla Para completar os tres bloques teóricos, na programación escolar fíxanse unha serie de obradoiros que pretenden afondar en determinados contidos, unha maneira práctica de afianzar os coñecementos. Crear experiencias motivadoras para os escolares constitúese coma a mellor maneira de desenvolver a capacidade de expresión e a creatividade no alumnado, sen esquecer o compoñente lúdico que favorece que a aprendizaxe se realice dunha maneira espontánea. CONCURSO-REDE Finalmente, e como unha das grandes novidades para este novo curso escolar 2013/2014, queremos presentar unha nova experiencia, o CONCURSO-REDE, que nace cun dobre obxectivo: por unha banda achegar o novo público escolar á Rede Museística e fidelizalo, así como fidelizar o xa existente. Vai dirixido a escolares de 6.º de Primaria, pertencentes a centros educativos de toda a provincia de Lugo. Para participar é necesaria a inscrición previa que se formalizará cunha visita a algún dos 4 museos da Rede. 4.2. Obradoiros de verán 30
  32. 32. Museo Fortaleza San Paio de Narla 31
  33. 33. Museo Fortaleza San Paio de Narla Este verán ven ExpresARTE na Rede Museística Chegou o verán, o veranum tempus dos antigos romanos, meses que adoitan traer calor e, sobre todo, uns días de merecido descanso. Como cada verán, os museos da Rede Museística da Deputación de Lugo elaboramos para todos e todas, desde os máis cativos ata os máis medrados, un programa amplo de actividades que, coma sempre, combinan o lúdico co aproveitamento cultural e educativo. Desde a área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo a través da Rede Museística e os museos que a integran, tentamos con este programa atender a crecente demanda social de actividades de tipo cultural. Entendemos a xestión dos museos públicos como un servizo permanente á sociedade que os sostén, como espazos de comunicación e coñecemento, de intercambio de saberes e experiencias, como un elo que enlaza a memoria do pasado co futuro. Neste senso, o programa que ofrecemos para este verán 2013 reivindica e estimula a capacidade que todas e todos temos para expresar sentimentos, sensacións, pensamentos, para crear e construír, cos matices propios de cada individuo, coa súa capacidade e cos seus coñecementos, unha realidade diferente. Cada día do verán hai algo que ver ou que facer neste e en todos os museos da Rede. Propoñemos arredor de 30 obradoiros para grandes e pequenos que teñen nas coleccións expostas e nas historias que cada peza ou obxecto nos transmiten o eixo vertebrador; concertos, exposicións, visitas guiadas ou programas como EnREDARTE que nacen para dar cabida a novos proxectos creativos. Coñecer, conservar, concienciar, experimentar, expresar, crear … son realidades prácticas do noso abecedario de traballo. Confiamos en seguir contando coa sempre agarimosa resposta dos amigos e amigas dos museos integrados na Rede Museística, coa aprobación e participación dos que facedes uso regular das nosas instalacións e participades activamente nas nosas iniciativas. Pensando en vós e nos nosos visitantes, que son cada vez máis afortunadamente, tratamos de confeccionar un programa que pretende, non te enganamos, EnREDARTE. 32
  34. 34. Museo Fortaleza San Paio de Narla Un ano máis, desde a xerencia da Rede Museística Provincial e os departamentos de didáctica deseñamos e programamos para o verán un obradoiro para os máis pequenos arredor do patrimonio cultural. Os museos, verdadeiros espazos de comunicación, son os lugares axeitados para coñecer a nosa herdanza cultural, para estimular o agromar das nosas capacidades expresivas, e para, en definitiva, construírmos un futuro desde o berce do saber. Temos moito que aprender para ter moito que contar. Responsable: Encarna Lago, xerente da Rede, e persoal do departamento de Didáctica. Idades: de 4 a 12 anos. Horario: 11:00 a1 13:30 h. Prazas: 20 asistentes, por orde inscrición. Datas: meses de xullo e agosto, de martes a sábado. Cronograma de contidos semanais: Martes Xestual Mércores Plástica A través do corpo e das súas posibilidades comunicativas A través das diversas manifestacións artísticas presentes na Rede Museística Provincial Xoves Lingüística A través do poder da palabra e das linguas Venres Natural A través dos elementos da Natureza (sons, olores, formas, fauna e flora …) A través do concepto de infancia, entendido como a Sábado Infantil expresión máis libre, auténtica e espontánea, afastada de prexuízos e estereotipos sociais. Un momento no que nos expresamos a través do xogo e as relacións entre iguais 33
  35. 35. Museo Fortaleza San Paio de Narla Campamento de Arqueoloxía A historia constitúe un percorrido polo tempo. Cada etapa e cada fenómeno nace do anterior e sirve de paso a outra nova etapa que, ademais, amosa obxectos, construcións, formas culturais e materias propias do momento. Esta bagaxe cultural pode ser gardada en “caixóns” que se amorean uns enriba dos anteriores para conformar a historia. No Museo Etnográfico San Paio de Narla destaparemos o “caixón” da Idade Media. Responsable: Enrique Alcorta Irastorza, departamento de Arqueoloxía e Historia do MPLugo. Idades: de 8 a 12 anos. Horario: 11:00 a1 13:30 h. Data: do 20 ao 22 de agosto. 34
  36. 36. Museo Fortaleza San Paio de Narla 35
  37. 37. Museo Fortaleza San Paio de Narla 36
  38. 38. Museo Fortaleza San Paio de Narla 37
  39. 39. Museo Fortaleza San Paio de Narla 38
  40. 40. Museo Fortaleza San Paio de Narla 39
  41. 41. Museo Fortaleza San Paio de Narla Pola ruta da seda dacabalo dunha ovella Rapando unha ovella, alimentando vermes de seda con follas de moreira ou cardando lá coñeceremos como se elaboraban os tecidos usados polo home a través da historia. O obxectivo consiste en explicar aos nenos como se conseguían as materias primas necesarias para elaborar tecidos con seda, lá ou liño. Responsable: Mª del Rosario Fernández González Idades: de 6 a 8 anos. Horario: 11:00 a1 13:30 h. Datas: 29 e 30 de agosto de 2013. 40
  42. 42. Museo Fortaleza San Paio de Narla 41
  43. 43. Museo Fortaleza San Paio de Narla 42
  44. 44. Museo Fortaleza San Paio de Narla O twister da historia en San Paio de Narla Datas: 2 e 3 de xullo Pasamos dous días increíbles co noso obradoiro o twister da historia en San Paio de Narla, onde xogamos ao xogo do twister cos circuliños con pezas do museo e personaxes da lenda da cova da serpe. Os nenos tiveron que buscar pola torre os quebracabezas de cada peza que ía saindo e facelo, gañaron os primeiros que remataron. Logo escribiron cada grupo unha historia escollendo unha peza do museo, fixemos a maqueta do noso museo e celebramos o aniversario de dous nenos do Clube Pequeamigos 43
  45. 45. Museo Fortaleza San Paio de Narla Tastarabás: construiremos un xoguete tradicional Datas: 9 e 10 de xullo Nun espazo como é o museo fortaleza San Paio de Narla, hoxe os nenos recreáronse facendo un obradoiro do xoguete tradicional, o xoguete provoca nos 44
  46. 46. Museo Fortaleza San Paio de Narla nenos unha estimulación afectiva que lles alimenta o desexo de xogar. Os nenos buscaron o material ao redor da fortaleza e do río Narla, isto é aproveitando os recursos da natureza do contorno como son as canas de bambú. E logo fixeron realidade o seu sono construir un instrumento musical da época dos seus avós e da Idade Media. "Albuche" tamén chamado risca ou riscado. A parte final do obradoiro consistiu nunha festa onde os nenos fixeron o papel de trobadores, bufóns,... coma na Idade Media cantando romances. Un día de lecer e aprendizaxe no Museo Fortaleza San Paio de Narla. No 2º día continuamos co obradoiro do xoguete tradicional elaborando unha serpe con corchos, boliñas de madeira e un sedal. Para rematar o obradoiro os nenos disfrazaronse e fixeron unha representación teatral sobre a lenda da serpe. 45
  47. 47. Museo Fortaleza San Paio de Narla 46
  48. 48. Museo Fortaleza San Paio de Narla 47
  49. 49. Museo Fortaleza San Paio de Narla Creatividade oral Datas: 27 e 28 de agosto Coa posta en práctica do obradoiro de Creatividade oral, tentouse amosar aos nenos e nenas as posibilidades que oferta a linguaxe nas súas múltiples vertentes, facendo unha posta en valor da súa versatilidade e do seu ilimitado alcance nas tres linguas escollidas: galego, castelán e inglés. Dividindo a actividade en dúas fases, unha primeira cun powerpoint na que a súa amiga Dona Lingua Tunga lles ía facendo de anfitriona (un debuxo animado) ata presentarlles a Ms. Chatty, o seu alter ego inglés. A continuación, experimentaron cos sabores que a nosa lingua está acostumada a tragar e aprenderon que cada lugar do mundo ten a súa lingua, polo cal escolleron unha bandeira e pintaronna no seu debuxo de lingua. Soñaron con otros países e con outras realidades, dando solta a súa creatividade que quedou plasmada na combinación das súas destrezas manuais e intelectuais. Non soamente aprenderon conceptos senón que traballaron poñendo en consonancia o teórico co práctico xogando ao taboleiro das linguas, “fish your tongue” e encesta dándolle á lingua. Unha amena xornada na que se puxo de manifesto que resaltando cousas tan cotiás como falar, podemos disfrutar e deleitarnos. En San Paio cumplimos a nosa máxima: ensinar divertindo, e atopamos a nosa satisfacción no sorriso dos nenos e nenas que quedan extasiados. Impartido por Cristina Barreiro Abuín. 48
  50. 50. Museo Fortaleza San Paio de Narla 49
  51. 51. Museo Fortaleza San Paio de Narla 50
  52. 52. Museo Fortaleza San Paio de Narla 51
  53. 53. Museo Fortaleza San Paio de Narla 52
  54. 54. Museo Fortaleza San Paio de Narla 4.3. Obradoiros de Nadal 53
  55. 55. Museo Fortaleza San Paio de Narla 54
  56. 56. Museo Fortaleza San Paio de Narla 55
  57. 57. Museo Fortaleza San Paio de Narla 56
  58. 58. Museo Fortaleza San Paio de Narla 57
  59. 59. Museo Fortaleza San Paio de Narla O deputado delegado da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, xunto coa xerencia da Rede Museística, presentan para este Nadal 2013 un amplo e variado programa de actividades para os 4 museos integrados. Para que ademais da visita do Apalpador, que baixa nestas datas desde as montañas do oriente lucense, do Courel ou dos Ancares, coa súa fartura de castañas quentiñas e con un sorriso agarimoso, poidades participar en obradoiros para todas as idades e temas (xoias, contos e lendas, debuxos, xogos, fías, tapices, pergameos, reciclaxe …), exposicións, cine, concertos e o nº 35 da revista oral “O pazo das musas”. Aproxímase o solsticio de inverno e canda el o Natalicio que o mundo cristián conmemora nestes días. As nosas actividades cotiás deixan paso a un tempo diferente no que medra como herba ventureira a ilusión. Reencóntranse as familias, ofrecemos bos desexos, intercambiamos agasallos, participamos da festa para despedir un ano e iniciar outro, a ser posible, mellor.Pero como, seguramente, terás tempo sobro para atender máis quefaceres, os museos xestionados pola área de Cultura e Turismo e integrados na Rede Museística da Deputación de Lugo, ao tempo que che desexamos as mellores festas e un moi feliz ano 2014, queremos propoñerche para estas datas un abano moi completo de actividades. Un programa guiado pola fantasía pois temos a sorte de contar co Apalpador como embaixador da alegría. Pero ademais da visita do Apalpador, que baixa nestas datas desde as montañas do oriente lucense, do Courel ou dos Ancares, coa súa fartura de castañas quentiñas e con un sorriso agarimoso, temos moitas máis propostas que ofrecerche. Desde obradoiros para todas as idades e temas (xoias, contos e lendas, debuxos, xogos, fías, tapices, pergameos, reciclaxe …), ata exposicións, cine, concertos e o nº 35 da revista oral “O pazo das musas”. Son actividades para case todos os días deste Nadal, en todos os museos da Rede, para que te achegues aos nosos centros como lugares de encontro, pero tamén de lecer e aprendizaxe. Non esquezas solicitar toda a información que precises no museo da Rede da Deputación de Lugo máis próximo á túa residencia. 58
  60. 60. Museo Fortaleza San Paio de Narla Obradoiro: o renacer da cultura: tecendo en san paio O renacer da cultura, é dicir o Renacemento italiano, chega a través dos tapices de San Paio de Narla. Temos o obxectivo de concienciar aos neno/as no tecido dun tapiz, onde se combina a actitude artística coa artesanía para producir ou facer tesouros que hoxe en día se conservan e coleccións privadas e museos, como é o caso dos tapices en San Paio de Narla, expostos nas diferentes salas. O obradoiro constará cunha parte teórica e unha parte práctica. Na parte teórica estudaremos a historia do tapiz, orixes, épocas, confección ... e na parte práctica a confección dun tapiz. 59
  61. 61. Museo Fortaleza San Paio de Narla 60
  62. 62. Museo Fortaleza San Paio de Narla 61
  63. 63. Museo Fortaleza San Paio de Narla 62
  64. 64. Museo Fortaleza San Paio de Narla Obradoiro: Unha viaxe á Idade Media: os castelos Obxectivo: Comprender que as sociedades actuais están condicionadas polo seu pasado histórico. Recoñecer os edificios que nos legaron e concienciar aos nenos/as da necesidade de conservalo para as vindeiras xeracións. Consta dunha parte práctica e dunha parte teórica. Na parte teórica estudaremos a arquitectura dos castelos e na parte práctica construiremos o noso castelo. 63
  65. 65. Museo Fortaleza San Paio de Narla 64
  66. 66. Museo Fortaleza San Paio de Narla 65
  67. 67. Museo Fortaleza San Paio de Narla 66
  68. 68. Museo Fortaleza San Paio de Narla 67
  69. 69. Museo Fortaleza San Paio de Narla 68
  70. 70. Museo Fortaleza San Paio de Narla 4.4. Obradoiros del Club Pequeamigos Obradoiro Escoita! Os muesos tamén contan historias Como complemento da exposición “Marionetas e contos do mundo. Colección de Pedro Lavado” o único requisito para participar neste obradoiro foi traer un calcetín. Obradoiro Antefaces para o Entroido nos museos da Rede Museística Ambientamos aos nenos no tema do Entroido dunha forma lúdica e amena, e ao mesmo tempo didáctica cunha película de debuxos animados "Teo se disfraza, es carnaval", cunha duración de 7 min e o domingo poremos "Lola y Virginia, es carnaval" cunha duración de 12 min. A continuación un powerpoint explicándolles un pouco como é o Entroido en Chantada, o Entroido galego; como eran os antifaces e como eran os disfraces. Para desenvolver o powerpoint escollimos bibliografía de José Manuel Blanco Prado, Carmen Pernas Bermúdez, e Fidalgo Santamariña tratamos o Entroido de Chantada e da Terra Chá. Na parte práctica, mediante plantillas que lles damos aos nenos elaboramos os antifaces. 69
  71. 71. Museo Fortaleza San Paio de Narla 70
  72. 72. Museo Fortaleza San Paio de Narla 71
  73. 73. Museo Fortaleza San Paio de Narla 72
  74. 74. Museo Fortaleza San Paio de Narla Obradoiro Peque-fotógrafos Impartido por Paula Cabaleiro, con materiais reciclados e témperas recreamos unha cámara fotográfica e debuxamos un "negativo" no que cada un contará unha historia imaxinada co que vexamos nas salas do museo. 73
  75. 75. Museo Fortaleza San Paio de Narla 74
  76. 76. Museo Fortaleza San Paio de Narla Obradoiro Trocamos cultura, cambiamos o traxe Impartido por Elsa García Ospina, actividade multicultural de integración, intercambio e divulgación entra a cultura galega e o resto de culturas que conviven connosco, aprendendo da súas tradicións a través dos seus traxes. 75
  77. 77. Museo Fortaleza San Paio de Narla 76
  78. 78. Museo Fortaleza San Paio de Narla 77
  79. 79. Museo Fortaleza San Paio de Narla Obradoiro “Na Procura do Acibeche” Neste obradoiro os nenos aprenderon o que era o acibeche, que se facía con el,... e fixeron un colar con macarrons imitando aos colares da abadesa que eran de acibeche. Co cal obsequiaron as súas nais. Daba gusto ver a cara de ledicia coa que se lle obsequiou. 78
  80. 80. Museo Fortaleza San Paio de Narla Obradoiro de Hortipintura Os nenos desfrutaron dun obradoiro no que deixaron voar a súa imaxinación para inventar e plasmar no papel novas frutas e hortalizas. Este obradoiro e unha actividade complementaria á Exposición de Hortipintura de Modesto Fernández. Dinamizador: Modesto Fernández (Profesor de E. Plástica e Visual do CPI Dr. López Suárez) OBXECTIVOS: Con este obradoiro pretendemos incentivar a creatividade artística e a liberdade inventiva aplicando procedementos pictóricos na creación dunha nova hortaliza ou froita, á que ademais se lle deberá dar un nome. Cuns mínimos coñecementos de bioloxía e da arte da pintura idearán novos seres seguindo as pautas do crecemento da natureza vexetal. Neste proceso traballaranse as nocións da imitación e a imaxinación, e así ser capaz de diferencialas, pero tamén apreciar as posibilidades que ofrecen para completarse no desenvolvemento da creación artística. Perséguese buscar unha relación positiva entre mímese e invención como camiños que se complementan para abrir múltiples posibilidades de creación, dándolle relevancia ao proceso aberto e valor á sorpresa. METODOLOXÍA: 79
  81. 81. Museo Fortaleza San Paio de Narla Pódese destacar catro fases: -Visita da exposición e breve explicación por parte do autor sobre a obra: xénero, procedemento, técnica, intencións, etc. - Proxección de estruturas xeométricas que rexen formas orgánicas da natureza. - O alumn@ elixirá un papel cunha mancha, que por algunha razón esperte o seu interese, para a continuación intervila con técnica seca ou húmida e crear un novo vexetal a partir desta. - Darlle un nome á obra feita, mediante os diversos recursos que nos ofrece a lingua: asociacións, nomes compostos, metáforas, xogos de palabras, etc. 80
  82. 82. Museo Fortaleza San Paio de Narla Obradoiro do Samaín O museo de San Paio de Narla adquiriu un novo perfil que converte o museo nun referente cultural na sociedad actual. O noso obxectivo estase a conseguir coa posta en valor de cada un dos museos dentro da propia comunidade onde está asentado, este é o caso de San Paio de Narla en Friol. 81
  83. 83. Museo Fortaleza San Paio de Narla Polo que levamos a cabo o obradoiro onde traballamos o Samaín, festa que celebraban os nosos ancestros nesta época do ano,os veciños das aldeas próximas (Carballeira, Castronela, Outeiro, Edreira) reuníanse no campo da Fortaleza facendo o magosto acompañado dun bo viño. 82
  84. 84. Museo Fortaleza San Paio de Narla 83
  85. 85. Museo Fortaleza San Paio de Narla 5. PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURAL 5.1. Programa interxeneracional A través deste programa o que pretendemos é o coñecemento duns medios artesáns que forman parte da nosa cultura e que tende a desaparecer ante os novos procesos industrial e tecnolóxicos. 84
  86. 86. Museo Fortaleza San Paio de Narla I Xornadas de interpretación e dinamización no medio rural Estas xornadas que están organizadas pola Asociación Carballo Vivo, o concello de Xermade e a Universidade de Santiago de Compostela e contou neste caso coa colaboración da Rede Museística da Deputación de Lugo . Coa presencia de Francisca Abuín Villar, responsable do departamento de didáctica do Museo Fortaleza San Paio de Narla e as instalacións do Museo Fortaleza San Paio de Narla, para visitalo e ver unha obra de teatro a cargo do grupo “Algo mais que pan e queixo” gurpo de teatro do CPI Dr. López Suárez de Friol. 85
  87. 87. Museo Fortaleza San Paio de Narla 86
  88. 88. Museo Fortaleza San Paio de Narla 87
  89. 89. Museo Fortaleza San Paio de Narla IX Xornadas Interxeracionais rurais “Aprendendo cos nosos maiores” O Museo Fortaleza San Paio de Narla, presente nas IX Xornadas Interxeracionais Rurais, Aprendendo cos nosos Maiores. 88
  90. 90. Museo Fortaleza San Paio de Narla 89
  91. 91. Museo Fortaleza San Paio de Narla 5.2. Programa da terceira idade En termos xerais podemos dicir que a historia de Friol é a dos acontecementos que lles ocorren aos antigos señores, hai que descubrila a base dos vellos nobres que poboaron a comarca e das épocas en que dominaron o territorio. Por iso nós creamos o programa da terceira idade. Ninguén como as persoas maiores, isto é a terceira idade, pode valorar o patrimonio inmaterial que tiña a transmisión oral da súa época, xa que era o seu medio de comunicación, e nós os traballadores de museo somos os encomendados de traspasar o noso legado a outros concellos, iso é o que imos a facer cos nosos visitantes da terceira idade. Neste caso estamos a traballar cuns grupos dos distintos concellos da xeografía galega a través da “Casa do Queixo” e distintas axencias de viaxes e asociacións. 90
  92. 92. Museo Fortaleza San Paio de Narla Visita da Asociación de mulleres da Insua de Vilalba A Asociación de mulleres rurais da Insua nun día de lecer e cultura visitou o Museo Fortaleza San Paio de Narla onde aproveitaron para deleitarse no porvir do pasado, por ser o tema do liño o seu traballo e aproveitando os recursos cos que conta o museo (como é a sala do adicada ao liño) onde elas desfrutaron cos seus traxes de liño cultivado e feitos por elas mesmas. Por algo adican o día 3 de agosto de 2013 a festa da Tasca, onde se poderá ver todo o proceso do liño; tal e como se mostra no video do Liño da Asociación de veciños de Cabreiros. 91
  93. 93. Museo Fortaleza San Paio de Narla Heizt grupo de alemáns Programou unha viaxe cultural para desfrutar da vida da Idade Media na Fortaleza de San Paio de Narla, onde coñeceron a vida dos nosos antepasados e ao mesmo tempo desfrutaron da exposición museolóxica. 92
  94. 94. Museo Fortaleza San Paio de Narla 5.3. Programa de ocio-turístico X Rally Cidade de Lugo, tivo como escenario marco o Museo Fortaleza San Paio de Narla 93
  95. 95. Museo Fortaleza San Paio de Narla 94
  96. 96. Museo Fortaleza San Paio de Narla Visita dos asistentes e ponentes ás VII Xornadas Xurídicas do Concello de Sarria 95
  97. 97. Museo Fortaleza San Paio de Narla Visita do Club Atlético de Madrid femenino. O Concello de Friol e a súa xente tiveron o honor de desfrutar onte dun espectacular partido de fútbol feminino (Trofeo Concello de Friol) disputado polo equipo de dito Concello tendo como rival ás rapazas do Atlético de Madrid. Ao lago do partido reinó sempre a cordialidade e o respecto, non iso deixandolles de plantar cara dende o primer momento; pero a gran calidade técnica e superioridade do Atlético de Madrid acabou impoñéndose. Pola mañá as chicas do Atlético de Madrid documentaronse de cultura tomando como referente o Museo Fortaleza de San Paio de Narla, coñecendo o que era a vida da Idade Media naquela época, a través do edificio, das coleccións que aquí expoñemos e 96
  98. 98. Museo Fortaleza San Paio de Narla do entorno paisaxístico en definitiva un rentorno á vida do pasado, onde chegaron a vivilo a través da visita e das explicacións da visita guíada. Unha visita cultural e amena, onde cargaron pilas para loitar nunha terra de lobos como é o orixe toponómico do Concello de Friol. 97
  99. 99. Museo Fortaleza San Paio de Narla Visita ao museo de San Paio de Narla amenizada por Avelino González Un trip promocional por Galicia de cinco días organizado por Tesouros de Galicia, entidade sen ánimo de lucro que persegue a valorización do patrimonio, e a dinamización daeconomía a través do turismo cultural. É membro dunha rede internacional de entidades (INTO)http://www.nationaltrust.org.uk/what-we- do/what-we-protect/,http://internationaltrusts.org/members/ , que ten 60 membros en todo o mundo VISITOU A REDE MUSEÍSTICA no MUSEO FORTALEZA DE SAN PAIO DE NARLA. A presentación de Tesouros de Galicia fixose oficialmente o xoves 18 de abril no Balneario de Mondariz. Con motivo desta presentación convidouse a unha serie de dirixentes do INTO, co fin de amosarlles Galicia como destino turístico cultural. Esta viaxe é unha oportunidade para dar a coñecer a riqueza patrimonial de Galicia a esta asociación onde só a súa matriz, o National Trust de Reino Unido ten máis de catro millóns de socios interesados na Cultura e o Patrimonio. 98
  100. 100. Museo Fortaleza San Paio de Narla 99
  101. 101. Museo Fortaleza San Paio de Narla 5.4. Semana dos museos ç Os museos integrados na Rede Museística Provincial, xestionados desde a área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, conmemoramos un ano máis o Día Internacional dos Museos. Desde 1977, o ICOM propón a celebración desta data o 18 de maio, unha xornada para difundir o importante papel dos museos no desenvolvemento social. 100
  102. 102. Museo Fortaleza San Paio de Narla Como cada ano, o ICOM escolle un lema para chamar a atención sobre as relacións entre os museos e a sociedade, e para este ano 2013 o reclamo escollido é MUSEOS (memoria + creatividade) = PROGRESO SOCIAL, unha oportuna e necesaria reivindicación, por mor da crise que nos anestesia, da relevancia que a memoria debe ter no desenvolvemento intelixente das culturas do mundo. O calendario decidiu que este ano coincida esta celebración coa novena edición de A Noite dos Museos, unha proposta do Ministerio de Cultura e Comunicación de Francia que desde o 2005 vai gañando adeptos e presenza mediática. Á tardiña, cando chegan as horas nocturnas, os museos abren as súas portas ofrecendo unha percepción diferente dos seus espazos visitables. Ademais, nesta semana que se prolonga desde o 13 ata o 19 de maio, temos o Día das Letras Galegas, o 17 de maio, este ano para homenaxear ao dramaturgo e actor compostelán Roberto Vidal Bolaño (1950-1987). Concertos e representacións teatrais, amais de actividades creativas son as propostas que ofrecemos nos catro museos integrados na Rede. E aínda teremos un recuncho, aproveitando que o día 15 de maio é o Día Internacional das Familias, para convocar e reunir a todos os que se animen; aos que acumulan, por idade, máis memoria e, e aos que, tamén por idade, aínda teñen o saco baleiro de experiencias. En definitiva, unha semana, desde o 13 ao 19 de maio, con múltiples propostas para todos os públicos, desde os obradoiros para os máis pequenos, para os adolescentes (lipdup, photocall) ou para os maiores, concertos, encontros e representacións teatrais, exposicións e experimentos que teñen os nosos museos como escenario. Pero, e, sobre todo, son días, como nos encomenda o lema do ICOM, para a memoria e creatividade, pasado e futuro prendidos (por ti, por todos e todas) polo elo que os pode unir; os museos da Rede Museística Provincial. 101
  103. 103. Museo Fortaleza San Paio de Narla Entre maiores: obradoiro de comunicación, con videoconferencia entre os 4 museos da Rede Museística Provincial. 102
  104. 104. Museo Fortaleza San Paio de Narla Photocall Durante toda a semana que foi do 14 ao 19 de maio, tendo como fondo un modesto escenario, quen o desexesaba podía caracterizarse co chapeu e o nariz de pallaso (que identifica a R. Vidal Bolaño) e fotografarse cun cartelón coa palabra en galego que máis lle gustaba. 103
  105. 105. Museo Fortaleza San Paio de Narla 104
  106. 106. Museo Fortaleza San Paio de Narla 105
  107. 107. Museo Fortaleza San Paio de Narla 106
  108. 108. Museo Fortaleza San Paio de Narla Expresión e artes da palabra na música popular galega Obradoiro de expresividade oral, dramática e musical que desde diversas manifestacións da música popular galega nos permite explorar a dimensión creativa e comunicativa da palabra. Coordina: Pepa Yáñez Anllo Enlace video: http://www.youtube.com/watch?v=VqJgaEI6wJI 107
  109. 109. Museo Fortaleza San Paio de Narla Lipdup da Rede Museística A continuación gravaremos un lipdub, ou dobraxe de labios, un vídeo musical nun só plano-secuencia no que van participar moitas persoas dobrando en play-back o tema Logo chega o día do grupo Lamatumbá. O produto final será difundido a través das redes sociais. Colaboran na gravación os equipos técnicos de campUSCulturae da USC. Coordina:Begoña Rodríguez Cacharrón. 108
  110. 110. Museo Fortaleza San Paio de Narla Enlace video: http://www.youtube.com/watch?v=1BpKHXXpXt4 Representación da obra A Serpe da Cova a cargo do grupo de teatro escolar Algo máis que pan e queixo, doC.P.I. Dr. López Suárez PRESENTACIÓN Dadas as circunstancias actuais, a falta de subvencións e apoios institucionais, as e os que nos dedicamos ao mundo da farándula non temos un peso … e como ben comprenderedes temos unha chea de gastos aos que facer fronte -- que se vestiario, -- que se aluguer de locais, --que se merendas de mortadela para todos. cando nos quedamos ensaiar fóra do horario -- que se uns bombóns e unhas regalicias --que se algunha mariscada que se pega, cando non o vemos, o coordinador, -- ben comprendedes que todos son gastos Como nós estamos fóra dese circuíto de sobres dos que ultimamente se fala tanto … 109
  111. 111. Museo Fortaleza San Paio de Narla O certo é que nós non temos un can. (escóitase ladrar a un can). Deses si temos e tamén comen … Seguro que xa empezades a pensar que ides ter que afrouxar a mosca (como se dicía antigamente)… e xa vexo que máis de un empeza a pensar en como escapar da bandexa petitoria: Quedoume a carteira na casa Vaia veño sen cambio Só trouxen a tarxeta,… Non vos apuredes De momento non cobramos entrada … como somos xente intelixente e botada para diante decidimos aproveitar a actividade comercial das vilas onde representamos esta obriña Por unha módica cantidade facémoslle publicidade aos diferentes establecementos comerciais. Que non vos chame a atención, polo tanto, se no medio da representación paramos de súpeto e inserimos uns segundiños de publicidade. Se o fan na tele nós tamén poderemos facelo ou? Sabemos que entenderedes a situación. Empezamos ESCENA I ( No fondo ) Serpe: Mira que hai leria comigo !: Que se botei destas terras a non sei quen. Que… se me dás un pequeno corte ( facendo un corte no brazo) ras, vólvome doncela. Que se pozas, que se lagoas … Que se me bicas (mirando como que buscas entre o público) convértome nunha princesa … (aparte para si) 110
  112. 112. Museo Fortaleza San Paio de Narla O de converterme en princesa érache un bo choio ! Madía leva ! Deixar esta fría cova e pasar as amplas estancias dun palacio, ao quente, con moito servizo … Non era mal choio non !. Terei que anotar na miña axenda o de poñerme a buscar alguén interesante … Case que me poño agora á tarefa –haiche xente ben xeitosa por aquí sentada--… Vexamos …(mira entre o público e escolle a un) Ti non es o meu tipo !, (mira para outro) para ti non miro, (mira para outro) este … non sei, non sei … Non, Non vexo ninguén a xeito, mágoa …. Aínda que pensándoo friamente e vendo algunha princesa que anda por aí, case que prefiro de momento quedar tal como estou ... (cambia de rexistro) E continúo co guión que xa non sei por onde ía … ( pensando para retomar o fío) Nós pobres réptiles, que andamos arrastradas temos unha boa cruz enriba nosa. Non mentes á bicha ! escoito ás veces sen entender moi ben por que … (móvese entre o publico indo para a súa cova, sen entrar.) (aparece a narradora) Narradora: Convén aclarar, que a mala fama da bicha aquí presente, seguro ten algo que ver coa historia que se conta de Adán e Eva no Paraíso. Dende aquela, e xa choveu algo, a serpe quedou totalmente desprestixiada. Desprestixio que segue a sufrir na actualidade. Canta xentiña non ten entre os seus medos máis persoais a este animaliño eh? Serpe: En fin … non sei. Non está ben que eu o diga, pero tipo ( marcando coas mans a súa figura)… non me negaredes que non dou as medidas !. E falando de medidas. Algo debería facer eu cos lampantíns que me viñeron poñer, ao pé da miña casa, uns viraventos que ben podían xogar de pívots na NBA. 111
  113. 113. Museo Fortaleza San Paio de Narla Non llelos poderían chantar en ―salva sexa a parte‖ aos mangallóns que tiveron tal ocorrencia? Agora que hei comer? Se estes trebellos hanme espantar todo canto bicho puidera pasar por aquí. Porque mira que zoan estes condenados. Aquí paro eu e dúas máis coma min que non teñen onde caerse mortas. Narradora: Terá que facer como a maioría: Baixar á vila a mercar no García ou no Día... e tomarlle un café no Cuartel Vello … Serpe: Vou mirar de cambiar a decoración da cova, resulta fría de máis para estes tempos que corren. E tería que ir pensando en mudar a camisa, pois esta xa ten un ano e vai vella de máis. E, bicha si, pero cocha de ningunha maneira. Ademais, xa está ben avanzada a primavera, e se hei de lucir palmito … (Desaparece) RÁFAGA 1 Momentos de publicidade Cun esmerado servizo Café bar O Cuartel Vello Tapas divinas Cafés, chismes e tapeo Avenida de Lugo Para faceres a compra Sen ter que saír da vila Supermercados García 112
  114. 114. Museo Fortaleza San Paio de Narla Hoxe Froiz Confeccións Angelines mesmo no centro da vila Traxes a medida Xunto aos taxis ESCENA II (No castelo na sala principal o Señor das Seixas e a súa filla) Berta: Señor: vou dar unha volta irei pola fraga adiante, e de atopar amorodos, heinos traer Deus mediante Señor: ( falando para si) : Mira que saírme poetisa esta miña filla. Coa besta de pai que ten... É cuspidiña á nai ! . (dirixíndose á filla): Vai miña pombiña, vai e ten coidado, que co pouco traballado que está o campo … Non vaias tropezar nun ramallo e saír nos Heraldos, na sección de sucesos e acaecidos de mala memoria. (falando para si)… e por riba que me caia o marrón de ser considerado mal pai e ter unha condena de mil pares de torreóns. Non o quero nin pensar. ( dirixíndose á filla). Volve cedo que temos que temos que botar un parchís e lembra que es unha dama e que como tal debes comportarte. Berta: Ben llo sei (saen os dous de escena entrando o mordomo cun plumeiro) 113
  115. 115. Museo Fortaleza San Paio de Narla Mordomo: ( remarcando a entoación e acompañando con grandes acenos e moi afectado ) Marcha a rapaza ao galope, toda a xente cando a ve queda abraiada mirando; pois non, non o poden crer: Mira a damiña da Torre sempre correndo. Abofé o corcel trae rebentado , Non sei se isto ( pronuncia sisto: por esixencias do guión) irá moi ben Sisto: Chamaba ? Mordomo: Non interrompas. Non chamaba . De-cla-ma-ba . É que non distingues? Sisto: Pois para tanta de-cla-ma-ción… moito aquel non lle pon, porque ben lle escoitei eu o meu nome. Mordomo: Se… isto, dixen. Se -- isto: un condicional e un demostrativo, pero falar contigo é perder o tempo. Vaite anda. Sisto: Pois logo non insisto e marcho. Mordomo:Sigo ( quere continuar pero esquece o que estaba falando. Chama ao criado) Siiiiistoooo Sisto: Que? chama ou non? Mordomo : E que non oes ben? Sisto: Xa oín antes. A ver se nos aclaramos que teño máis que facer que andar de arriba para abaixo 114
  116. 116. Museo Fortaleza San Paio de Narla Mordomo : Xa que tan bo oído tes … que era o que estaba dicindo? Sisto: (arremedando ao mordomo de xeito esaxerado) Mira a damiña da torre… sempre correndo… Mordomo : Ja! graciñas,xa collín o fío Sisto : Pois logo siga ensarillando que eu lisco Mordomo: Non sei por que pero pegoume a fame. Sisto trae algo para merendar ! Sisto: Que pesadelo!. Me cagho no mordomo da m. Mordomo: Sisto que te oio Sisto: (para si) Se tivese ollo non estaría aquí servindo. Escena III Narradora: Entrementres no castelo o señor das Seixas recibe a un emisario de D. Godofredo dos Mirapeixe que polo que se ve non só mira ás troitas do Ladra senón que pousou os seus ollos nos encantos da filla do Señor das Seixas Señor : Así que dis que vés en nome de D. Godofredo? Emisario: Veño si señor ! Señor: E dis que te enviou para transmitirme unha información? Emisario: Envioume si señor! Señor: E dis que mandou canda ti unha ducia de faisáns, catorce olas de viño, os lacóns e os xamóns de catro cochos mantidos en confianza, catro capóns de Vilalba e dúas cestas cheas de troitas do Ladra ? Emisario: Mandou si señor Señor: E dis que tes que levar razón, do asunto que me informa nesta carta ? 115
  117. 117. Museo Fortaleza San Paio de Narla Emisario: Teño que levar si señor Señor: Terei que ler a carta logo? Emisario: Terá si señor Señor: Pois déixame só, para lela con tranquilidade Emisario: Deixo si señor ( retírase) Señor: Sisto ! Vén acó! Sisto: Xa vou. .. ( entra en escena) Xa cheguei Señor: Le isto que non entendo esta letra tan miúda Mordomo (asomando a cabeza): Señor serao pero ler … Sisto: (Le) Excelentísimo, Ilustrísimo, reverendísimo, veneradísimo , sapientísimo e señorísimo Señor das Seixas: Mordomo: Carainas co lamecús de Don Ghodofredo. Vaia linguaxe máis refinada. Este si que ten futuro. Ben sabedes que na corte eses triunfan Sisto (segue coa lectura): Como con seguridade coñece Su ilustrísima, exerzo o señorío das terras de Camoiras, Gaioso e Alemparte. Ben regadas e ben traballadas, anualmente prodúcenme unhas rendas de máis marabedís dos que podería contar nunha noite de invernía Mordomo: Ese descalzo non anda Sisto: Desde o día que vin os ollos da súa filla Dona Berta, quedei trastornado, namorado Mordomo: tirulato e mentecato ! Sisto: E cando digo trastornado e namorado non quero dicir outra cousa. 116
  118. 118. Museo Fortaleza San Paio de Narla Soño de noite (que é o normal) e de día que xa non o é tanto, coa fermosura dos cabelos da dama da que estou falando que como ben sabe é a súa filla Mordomo: Mira para este Ghodofredo que lanzado ! Sisto: En por iso envíolle un pequeno galano como proba do afecto que lle profeso a vostede e que lle profesarei se vostede non ten obxección, á súa filla Mordomo: Carainas co Ghodofredo si que vai directo si… Sisto: Sabe que somos medio parentes por parte dos nosos respectivos avós, e que sempre o estimei case que coma un pai, aínda que agora as miñas intencións pasen a situalo como pai si, pero político. En resultas de todo, gustaríame saber se teño algunha posibilidade de achegarme ao seu castelo para renderlle persoalmente obediencia, Mordomo: E botarlle un ollo á dona Berta ! Sisto: diante da súa encantadora e arrebatadora filla . O que fago saber na miña casa de Gaioso eu, que isto escribo D Godofredo dos Mirapeixe Señor das Seixas: Grazas Sisto pódeste retirar. Chama polo emisario de D. Godofredo Emisario: Aos seus pés meu señor Mordomo : Ben deita que os lavou onte… Señor: Despois de lida e interpretada como corresponde a misiva do teu señor, dille de palabra – para qué gastar tinta e papel — Mordomo: Non sabe facer nin un ―o‖ cun canudo !! Señor: que estudarei a súa petición consonte ao establecido e dálle as máis encarecidas grazas polos presentes que me achegou. Emisario: Vou presto a presentarme diante dos Mirapeixe que quererán coñecer tan gratas novas. Mi Señor, Su excelencia, ilustrísima, veneradísimo … retírome… Señor : Interesante este casorio. Ben coñezo ao relambido do Godofredo e sobre todo a súa facenda… non sería mal negocio o casamento non… 117
  119. 119. Museo Fortaleza San Paio de Narla RÁFAGA 2 Publicidade Se vostede ten a noiva Luís Iglesias ten os mobles! Avenida de Lugo Para aprender ben as letras Sen che tirar das coletas Pili: unha gharantía ESCENA IV Narradora: Berta –descoñecedora dos proxectos do seu pai e do interese de D Godofredo dos Mirapeixe na súa persoa-- ao lombo dun corcel brioso percorre as terras e aproveita a cabalgada para ir compoñendo algún verso: Berta: Campás alegres do Narla que gusto oírvos tocar se chove soades quedas se vai sol qué recital !. Agora na primavera que moi avanzada está dá gusto andar polo monte. Quen puidera namorar. ( pensando, un pequeno descanso e segue) 118
  120. 120. Museo Fortaleza San Paio de Narla Vexo Lea, vexo Narla, vexo tamén A Devesa, vexo a casa de meus padres e ao mordomo dentro dela… Calquera día destes hei triunfar no mundo das letras ou da canción moderna. Xa me vexo en… Corre o río cheo de auga miro o campo moi florido vexo os prados verdescentes cando atoparei marido ? Porque os paxaros xa teñen parella para aniñar e o meu corazón soíño. Canto terei que esperar? Narradora : Berta segue tan compoñedora Berta: Estralotes, mexacáns Macela romeu e árnicas carpazas e caléndulas papoulas e Mordomo:¿¿margáridas???, Ben me gustaría a min 119
  121. 121. Museo Fortaleza San Paio de Narla Pasear acompañada Por estes meus campos verdes Nesta fermosa xornada Narradora: Se foses máis atenta e menos ‗tonta‘ daríaste de conta decontado que a besta te meteu na barranqueira e vas pasar un trago do … ( aquí está borrado) Berta: Ai que pasa aquí ! onde fun meterme ! . Xa di meu pai que penso demasiado, que o pensar non é nada bo …(mirando para o publico ) A que levo razón ?... ( mira aos espectadores como contando).Parece que hai división de opinións. ( dirixíndose á besta) : Para, so ! . Onde queres ir? . Quieta besta. Non pararás? Narradora: Pero a besta , é evidente, non paraba. Vira algo, entre a follaxe, sospeitoso Que ía ser? senón a bicha mal mentada. (Aparece a serpe coa cesta da compra e o cabalo brinca todo asustado) Berta: Quietiño, ouh quietiño !. Narradora: Co susto que levou a pobre besta Dá brincos e rebrincos e coucea Se estades ben atentos xa veredes 120
  122. 122. Museo Fortaleza San Paio de Narla o trompazo que dona Berta se pega Berta: Ai que caio ! Mordomo: Profeta! Narradora: De repente entre os ramallos, sen saber moi ben como, xorde unha figura disposta a axudar á doncela a saír daquela situación dificultosa. Un rapaz lanzal, ben peiteado, arriscado entremétese na lea Agarra polo ramal á besta . Tira para si con moito brío . A besta resístese. A rapaza cae, perde o sentido. O labrego non sabe a que atender. Terma da besta e aguanta á dama. Perdón, quixen dicir aguanta a besta e terma da dama. Átaa polo cabeceiro ( pon cara de non estar moi seguro do que di e engade) … á besta, e acaríñaa . A rapaza volve en si Berta: Ai que non sei que pasou ! Ai que non sei que teño ! Ai que non sei onde estou … Ai mamaíña! (refrega os ollos) (mirando para o labrego) Ai que mozo tan garrido ! Ai que porte, que galano! Ai ! (suspirando) Ai que non fago máis que dicir ai ! (Pousa a man no chan para axudarse a levantar e espíñase) Ai ai ai ! 121
  123. 123. Museo Fortaleza San Paio de Narla Martiño: ( falando co público) Hai … que tomar unha determinación. (pensando en voz alta) Sendo a filla do Señor das Seixas o mellor é que a leve axiña ao seu castelo. A rapaza semella desorientada e non quero que nada lle pase Narradora: Colle discretamente a man da dama e coa outra agarra ao corcel xa máis calmado e toman camiño rumbo ao castelo. Aproveitando o paseo, a dama mira de esguello ao campesiño --que está de moi bo ver como xa dixen e vós podedes comprobar. Pensade , estimado e non tan estimado público, que estamos na primavera e os corazóns latexan con moita forza. Ben me entendedes. Cando chegan á porta do castelo, ela convídao a pasar para lle mostrar o seu agradecemento, pero el declina a invitación, coñecedor das malas pulgas do pai e das moitas plumas do mordomo. Mordomo: Aquí o guión debe estar trabucado: plumas o que se di plumas … A min a caza non me vai, e escribir non é o meu forte. Debe ser un erro do guionista RÁFAGA 3 Momento de publicidade O bálsamo o bálsamo O bálsamo de Fierabrás… Farmacia Sagarra Prado Para a gripe, a catarreira, A reuma e tamén pras pernas Pomadas aspirinas e xaropes E collede sen reparo Os ungüentos axeitados 122
  124. 124. Museo Fortaleza San Paio de Narla Non esquezas aboalos Pois xa sabes que hai copago O bálsamo o bálsamo Dirección Xeral de Tráfico Sempre pendente da túa condución Atoparasnos nos cambios de rasante Ollo se vas ao volante Facemos servizos de transporte personalizado ESCENA V ( Sala principal do castelo) Narradora: A Dama, tras dunha ventá, queda axexando a marcha do campesiño e este, con disimulo, mira para ver de atopar a cara da doncela. ( aparece a nai ) Nai: Véxote moi alterada Bertiña da miña alma. Pasouche algo? Mordomo: ( mostra o nariz como ulindo) As nais sempre uliscando Berta: Un pouco máis e rompo a crisma . Cando estaba chegando á Bertamil, o cabalo púxose nervioso e non o dei dominado. Ben deitei dun labrego que se botou a el e logrou calmalo. Eu mesmo cheguei a perder o sentido. Nai: ( con ironía) Xa vexo , xa. Berta: pero volveume axiña. Nai: Claro muller ! Berta: E logo o pai , ulo? 123
  125. 125. Museo Fortaleza San Paio de Narla Nai : Marchou cuns criados, vai en Lamas. Sei que un veciño de alí, deu cun tesouro e non quere que se saiba. Pero xa sabes que o teu pai ten ollos e orellas por todo o Señorío. Decidiu achegarse e ver que ocorre… E, claro, coñecendo, como coñezo, ao teu pai pode pasar calquera cousa. Berta: Por que dis iso mamá? Nai: Pois, porque o teu pai … Así , entre nós, … non vin nunca animal da maneira. Berta. Pois eu quéroo ben e el quéreme moito Nai: Claro nena. É o teu pai, pero iso non quita que sexa unha besta.Xa sabes que nin ler sabe. Xa non digamos escribir… e o peor da cuestión é que cre que iso da cultura é algo para os petimetres das cortes. Que un home é un home non unha leituga. Xa che digo, Berta, un animaliño . Berta: Pois.. Nai: Ti cala a boca e vai para o teu cuarto que terás abondo en que cismar. Non cres? (chiscándolle un ollo) Deixa ao teu pai cos seus negocios. Berta: Voume logo. Narradora: Pero non foi para o seu cuarto como lle indicara a nai. Que va !. Foi ás cortes para estar co cabalo que estivera a piques de lle dar un desgusto… e non para rifarlle… non ESCENA VI ( Berta na corte, acariñando ao cabalo) Berta: Ola miña xoia. Estás xa recuperado do susto? . Vaia apuro que levamos Narradora: Aquí como é evidente só vai falar a rapaza, 124
  126. 126. Museo Fortaleza San Paio de Narla pois, a pesar dos avances, as bestas seguen caladas, escoitando. E por moito que lles fales lles preguntes , interrogues lles inquiras e lles rogues, as bestas seguen caladas. O cabalo nada di. Son os ollos da doniña os que falan de por si. E eu que son entendida, nas cousas do corazón, direi, aquí polo baixo, que as verbas ulen a amor Berta: Nada dis. Aínda non te recuperaches .? Mañá pola mañanciña levareite a pasear, e se teño algo de sorte volverei ver ao galán. 125
  127. 127. Museo Fortaleza San Paio de Narla Pareceume ben feitiño, Valente, claro que o é !. e mirábame dun xeito… O meu corpo se estremece Eu non sei que teño aquí (sinala o corazón) as pernas non me sosteñen. Non me acorda o merendar. Ti que cres meu cabaliño que é o que me está a pasar? Narradora: Terei que repetir, para que os aquí presentes non perdan o fío da obra, que o cabalo segue sen dicir nin mu. Cousa que por outra parte sería digna de saír nos Heraldos na sección de noticias científicas . ( Vaise a rapaza ) RÁFAGA 4 Momento publicitario Agro botica A tenda dedicada ao mundo animal Atendemos todo tipo de animais Acuda a nós con calquera problema! A vaca é rubia? Morena? É pinta? das de carne? unha xovenca? Dá igual chámenos 126
  128. 128. Museo Fortaleza San Paio de Narla Que iremos Descubre Friol Do queixo non che me queixo; que o queixo ben che me sabe. Quéixome de quen o vende que non mo deixa de balde Para bo queixo: Friol Para Friol pan de Ousá Para Ousá rapazas novas Para rapazas Xiá ESCENA VII (Sala principal. Xa é noite e escóitase un forte balbordo nas portas da torre. Entra o Señor e os criados . Dous deles traen un saco ben grande onde cabería un home) Criado 1: Que facemos co saco? Señor: Tirádeo de momento ao calabozo. Xa verei que se fai con el. Podédesvos retirar. Criado 2 : Boas noites, Señor (Aparece a nai indo para o seu cuarto) Nai: Boas noites meu señor. Desexades algo de min ou podo retirarme tamén aos meus apousentos?. Señor: Vai indo que logo vou. Por certo, por onde anda a miña pombiña? Nai: Vai no seu cuarto. Hoxe sufriu un pequeno accidente en Bertamil e está algo aqueloutrada. Mandeina descansar. 127
  129. 129. Museo Fortaleza San Paio de Narla Señor: Sabia medida . A verdade é que teño unhas pombiñas ben xeitosas. Nai: Xa podías parar de tanta pombiña. Semellas algo relambido de máis Señor: Non me empeces outra vez coas túas lerias. Xa sabes que para min non hai maior satisfacción que lembrar as miñas nobres orixes . Que queres que lle faga? sempre teño no maxín as pombas da miña estirpe !. Nai: Xa sei, xa. Pero a miña liñaxe ten tanto avoengo como a túa . Ben sabes que eu son dos Ron e dos Sarmiento e non por iso ando bébeda todo o día nin me ando polas ramas… Mordomo: Meando polas ramas? Iso si que non. Évos ben certo! Señor: (para si) Mulleres… Sempre dando que facer. Sempre protestando por calquera nimiedade. É boa verdade que non hai quen as entenda Mordomo: E este co pouco entendemento que ten … Señor: Hai que ter boa paciencia!. (diríxese ao criado). Sisto trae o meu escudo que lle quero sacar brillo. (dirixíndose á muller) . Si que es dos Ron, si…, sempre ‗ronroneando Sisto: (para si cantando) Ai Ai Ai ai que traballos me manda o señor levantarme e volverme agachar todo o día escoitando … (para o canto) Quere o escudo? Señor: Ao mellor prefires unhas cachoadas… (sinalándolle o escudo) Sisto:. Ala colle a escaleira, sobe con xeito. Colle o escudo e… (colle o escudo) 128
  130. 130. Museo Fortaleza San Paio de Narla Se me deixasen dirixir o cotarro a min. Este ía sacarlle lustre ao seu pelexo, onde botou ao de Lamas. (entrégalle o escudo ao Señor que lle empeza a botar cuspe e refregalo coa manga ) Narradora: Xa escoitastes. Parece que o tal Gabriel, home cabal, onde os haxa, deu en remexer na mámoa dos Castelos, para mirar de atopar tesouros varios; e o Señor e os seus lacaios de noite foron buscalo para saber se o que atopou paga a pena. Fixéronlle coma ao gato: deitárono panza arriba e metérono nun saco rematando a melodía. Medio morto, ou morto enteiro debeu chegar a San Paio, pois de Lamas ao castelo Hai un treito do c. ( hai unha longa camiñada ) 129
  131. 131. Museo Fortaleza San Paio de Narla RÁFAGA 5 Momento publicitario O Cabanés Rápido e esmerado servizo Esperámoste ! A nosa clientela sempre queda satisfeita Nunca unha queixa tivemos Nova Caixa Banco Os vosos aforros para nós son preferentes Praza Alcalde Andón ESCENA VIII Narradora: A rapaza, namorada soñando está o día enteiro ao Martiño da súa alma lévao nos seus pensamentos. Malpocadiña, non sabe dos negocios casadeiros que entre mans trae o seu padre Berta: (voz en off. En soños) Ven aquí meu amorciño, non escapes dos meus brazos . Encheríate de abrazos 130
  132. 132. Museo Fortaleza San Paio de Narla sen que o soubese o meu pai. O Señor é moi mirado non vai permitir que o noso teña un final decoroso pois como di a miña nai algo besta e perigoso meu papaíño si o é (esperta sobresaltada) Ai! se o Señor soubese dos meus soños! Narradora: O que non sabe a rapaza, (repito) É a que lle teñen armada. O pai pensa en Godofredo aínda que non dixo nada. É verdade que eran tempos en que o Señor decidía o que no seu Señorío se facía cada día pero Berta do que lle van propoñer Nin pensa nin sabe nada ESCENA IX 131
  133. 133. Museo Fortaleza San Paio de Narla Berta: Vou dar unha cabalgada. Señor: Debías levar escolta miña pombiña. Así irías máis tranquila e no caso de teres problemas, eles solucionaríancho. ( dirixíndose aos criados) : Veña rápido acompañade a dona Berta. Criado 1: Si señor, levamos o móbil para comunicarnos con vostede ou seguimos empregando as pombas mensaxeiras tan do seu gusto? (Entra a nai na estancia) Nai: E estes dous mortos de fame que fan aquí? Señor: Son os escoltas da túa filla. Para que vaia protexida Nai: ( Chiscándolle un ollo á filla e falando co Señor) : Protexida… protexida . Estes non se protexen nin a si mesmos. Non lles ves a cara de leite fervido que teñen. Miñas xoias, non sei se sería ao revés no caso de teres un contratempo.( falando coa filla) Quero dicir que lles terías que botar ti unha man para que non se desmaiasen. Señor: ( falando para si) A verdade é que os necesitaba para un asunto algo enleado. Case vai levar razón a miña dona.( dirixíndose aos criados) Vinde canda min. (falando coa filla) Miña pombiña ten coidado co que fas. Vai polas vías principais, non collas as secundarias que están cheas de fochancas. Narradora Marcha a damiña ao galope pensando …en quen vai pensar? RÁFAGA 6 Momentos publicitarios Móbiles , internet? Todo en Movistar 132
  134. 134. Museo Fortaleza San Paio de Narla antiga telefónica Co teu contrato ou coa túa tarxeta beneficio para rato TERRÓN TERRÓN TERRÓN Vostede ten un problema? Nós temos a solución ESCENA X Mordomo: Señor acaba de chegar D Godofredo dos Mirapeixe Señor: Que pase D Godofredo: Estimado Señor veño mostrar a miña admiración a un ser tan nobre coma intelixente Mordomo: Este vén confundido… D Godofredo: e poderoso onde os haxa. Traio canda min a uns criados que veñen cunha recua cargada de agasallos para vostede Señor: Pase Godofredo pase. Estou encantado coa súa presenza nesta miña fortaleza (para si) e máis encantado aínda con todo o cargamento que di traer D Godofredo: Recibín con alborozo a comunicación que me enviou por medio do meu emisario e creo que debiamos mirar algúns puntos en relación co dote da súa filla Mordomo: Este vén con présa! Señor: Gustaríame ofrecerlle a miña hospitalidade, e tomar como se di agora un pequeno albaroque e unha limoada para refrescar o gañote D Godofredo: Se vostede mo permite traio tamén canda min un pequeno agasallo musical 133
  135. 135. Museo Fortaleza San Paio de Narla Señor: Refírese a este? (sinalando ao criado) Criado: Non meu señor! o meu nome non é agasallo, Chámome Preteritus Mordomo: Señor Señor ! Vaia co Pretéritus este. Havos ser o pretérito imperfecto! D Godofredo: A música señor, adoza o espírito e alegra os corazóns. Traio canda min unha miña dama ao meu servizo. Chegou hai un tempo ás nosas terras, proveniente deses lugares que lles din Andalusís e ten unha voz cativadora e elegante. É unha verdadeira ledicia para os oídos e eu desexo regalarlle a súa filla, se vostede mo permite, unhas composicións que seguro farán vibrar o seu corazón Señor: (para si ) O meu non desde logo !. Teño corazón de ferro que non treme diante de trebelladas nin modernidades. Teño sorte que a miña filla dáse a circunstancia que non está. Godofredo: (ao criado): Fai pasar a Aldara Criado: (O criado entra a Aldara): Ala veña. Sempre me tocan as audicións musicais . Canto mellor estaba nas cortes cos cabalos! Mordomo: Canta razón levas! E podíante acompañar algúns que eu ben sei ! Aldara: Señor estou encantada de visitar esta a súa e confortable fortaleza. Godofredo: Primeiro se mo permite gustaríame que fixese chamar a D Berta. Señor: Pois non temos a sorte de contar con ela. Foi dar unha cabalgada e nunca ten hora de chegada. Case que o deixamos para outro día… ( aparte) Xa me doe a cabeza so de pensar como soará o couso ese que trae na man esa andalusí. (entra a nai) Oe mira: Temos aquí a D Godofredo que ben coñeces das festas de Santa María. Nai: Boas tardes señor! 134
  136. 136. Museo Fortaleza San Paio de Narla D Godofredo (afectado): Boas miña señora… Nai: E vostede por aquí? Señor: Vén facer presente o seu interese en maridar coa nosa filla. Nai: Como dis? Señor: Xa falaremos ,non te apures… Nai: Como non me hei de apurar… Señor: ( en baixo cara á muller)Cala xa e atende como corresponde a un convidado Nai: ( en baixo cara ao Señor) Si señor. Pero isto haberá que falalo... (cambiando de rexistro) E vén vostede acompañado… Godofredo: Con Aldara que ten unha voz harmoniosa coa que nos deleita en terras de Gaioso as longas noites do inverno Nai: Pois gustaríame escoitala Señor: (para si) Xa está esta coas súas melindradas.. Vamos que desta cursilada non libro. Pois de ser que sexa xa…( a Aldara) E duran moito? Aldara: Son dúas composicións moi breves Señor Criado : Menos mal ! Aldara: Canto logo? Godofredo: Cando a túa voz estea preparada Aldara: ( preparando a voz) Ohohohohooh Señor: Que ben canta! . (aplaudindo) que marabilla! Mordomo: Señor! que aínda non empezou Señor: Iso dise antes … 135
  137. 137. Museo Fortaleza San Paio de Narla Nai: (meneando a cabeza)Estou desexando escoitar a túa voz Aldara: Pois aí vou Señor: Pois vai dunha vez D Aldara : Que por mayo era, por mayo, cuando hace la calor, cuando los trigos encañan y están los campos en flor, cuando canta la calandria y responde el ruiseñor, cuando los enamorados van a servir al amor; sino yo, triste, cuitado, que vivo en esta prisión; que ni sé cuándo es de día ni cuándo las noches son, sino por una avecilla que me cantaba el albor. Matómela un ballestero; déle Dios mal galardón. Nai: ( dando dous aplausos) Que fermosura de voz! 136
  138. 138. Museo Fortaleza San Paio de Narla Aldara: Grazas señora Godofredo: Xa lles dicía que era un encanto Señor: Encanto si ! ( falando para si) en canto poida marcho… Godofredo: Agora interprétalles esoutra que che gusta tanto Señor: Non é necesario. Noutro momento… Criado: D Godofredo: leva razón o Señor. Para que cansar a Aldara! Aldara: Eu cansa non o estou. Aquí non é que traballe moito… Nai: Pois xa de estar na nosa casa e non ter obxeccións, que cante Criado: ( para si) Pero que necesidade hai ? Señor: Pois se ha cantar de novo Pasemos á cociña que a min estas estridencias péganme a fame… e ti Aldara vai empezando (diríxese ao público) que canto antes empece antes remata Aldara: Empezo Señor ( ponse a cantar) Meus señores a viaxe que me achegou a estas terras tiven que facer andando cansadiñas traía as pernas A egua que me portaba Era un animal moi manso Pero ao pouco de saírmos Fóisenos por un barranco Como non había xeito 137
  139. 139. Museo Fortaleza San Paio de Narla De amañar outra montura Tivemos que vir andando desde a seca Estremadura Ao chegarmos ao Cebreiro Terras verdes e moi frías Deixáronnos unha besta que me trouxo ata Fonfría Xa non hai máis que contar Pois ben o sabedes todos Cos Mirapeixes estou Nas súas terras en Gaioso ESCENA XI Narradora: Lembremos que hai un tempo saíra dona Berta na procura de Martiño. Como vedes os intereses son dispares. Mordomo: Como vas disparar se non hai caza á vista? Narradora: Retomo o relato Marcha a damiña ao galope pensando …en quen vai pensar? Atopa ao mozo garrido sen a Bertamil chegar. Sentan os dous nun penedo e comézanse a mirar 138
  140. 140. Museo Fortaleza San Paio de Narla cunhas miradas tan tenras… das que aquí non vou falar. Aloumíñanse e se bican Meu señor ! que pasará? Se o sabe o dono da torre a do demo vaise armar. Eu por se acaso me esfumo e ben calada estarei. Non quero estar no fregado e deba pagar por el. Voume, calo, non vin nada. Martiño : O que estamos facendo non está ben. Se o teu pai o soubese íamos ter problemas ti e mais eu… Quero dicir que eu tería máis problemas ca ti. Berta: O meu valente Martiño, salváchesme a vida. Como non vou estar prendida de ti? Arriscaches a túa por salvar a miña. Non pasa un momento en que non te teña nos meus pensamentos Martiño: Miña ruliña .Como non te vou amar coas cousas que me dis?. Es a flor máis bela de todo o Señorío. Se non fose porque é unha planta velenosa chamaríate a miña beladona. (Nisto escoitase un ruído entre os ramallos. Aparece Sisto) Sisto: ( refregando os ollos e falando para si) Eu nada vin, nada sentín,nada quero saber. Por aquí non pasei , non sei quen sodes nin que queredes (ao público) -- iso creo que si--. Eu viña por uns amorodos. Ía á viña para ver as cepas. Non viña… que ía. Xa non sei o que digo !. Voume antes de que estes … 139
  141. 141. Museo Fortaleza San Paio de Narla Berta: Sisto ! Sisto: Cagueina. Berta. Que dis? Que fas aquí? Andas asexando? Sisto: Viña á viña e aos amorodos por esta orde Berta: Espero que nada lle digas ao meu pai do que tes visto. Sisto: Non, miña pombiña , ( perdón) Dona Berta. Nada vin e nada vou dicir Berta . Iso espero Sisto: Eu o que espero é que o patrón—perdón o Señor—non aplique comigo as mañas que usa cos seus inimigos. Porque senón canto. Que eu non sei gardar un segredo en ocasións tan comprometidas. Voume por onde vin. ( vaise aqueloutrado ) Martiño: (falando para si) Comprometida si que é a miña situación. (con Berta)Estou tan namorado que perdín o apetito, só penso en ti a todas horas e agora este vainos delatar e xa verás… Berta. Non te apures meu ruliño que imos saír do embrollo. Ti me queres? Martiño: Con loucura Berta: De verdade ? Martiño: Con paixón Berta : Todo ten unha saída. De momento, vai para casa que eu marcharei cara á torre. Non pares polo camiño e non fales con ninguén. 140
  142. 142. Museo Fortaleza San Paio de Narla A ver se o Sisto é cumprido e a súa palabra é de lei Martiño: Miña Berta dos meus ollos eu non sei que vai pasar pero cos nervios que teño dáme tamén por rimar Berta. Iso é amor, meu Martiño. Narradora: Aquí faremos un alto. Deberemos explicar que estes encontros, digamos que amorosos, amén de furtivos , son –foron-- máis frecuentes do que puidese parecer e aquí representamos. Xa sabedes que as cousas do amor cando suceden van todas a fume de carozo. E neste caso non ía ser menos. ESCENA XII Narradora: Berta volve ao castelo e ve que o pai ten cara de poucos amigos. Máis ben de ningún. Berta: Que lle pasa ao meu Señor é que non durmiu a sesta? Ten cara de poucas festas. O teño visto mellor. Mordomo: ( falando para si) Esta rapaza está tola , mete o bico na trapela 141
  143. 143. Museo Fortaleza San Paio de Narla se non aparece a nai ha levar unha malleira. Señor :Pero ti pomba do diaño. Que andas a facer polos campos do Señor? . Teño decidido que cases co primo da sobriña do meu curmán D. Godofredo dos Mirapeixe. Hoxe veu facerche unha visita de cortesía e ti correndo polas fragas coma tola. Pódese crer ? Berta: Eu primo non o quero por moi bo peixe que sexa. Quero un home que sexa esperto, intelixente, fermoso, arriscado, valente, forte, bo amante,… Mordomo: ( falando para si) A iso chámaselle ter a boca pequena. Has ter que ir ao Corte Inglés buscalo Señor: Ei, ei , para o carro miña pomba !. Aquí o que fala son eu. Que saberás ti !. Sisto achégate ata aquí. (Entra a nai e o Sisto todo cheo de vendaxes. Á Berta cámbialle a cara) Sisto: Xa me acheguei bastante hai un cacho, Señor, e mire como me deixou. Nai: Pero que lle fixeches a este home? Señor: Nada muller, estiven estirando un pouco as articulacións.( entrelaza as mans estirando os dedos) E aproveitando, o Sisto aquí presente, de non saber nada --quen llo ía crer?-- cantou .E non me gustaron moito as súas melodías. (dirixíndose á filla) Miña pombiña: ti non sabes que todo porco ten o seu san Martiño?. (pensando) Ou é o revés? Mordomo: Non se sei se o colledes? Berta: (a piques de perder o sentido) Voume para o meu cuarto que estou moi cansa. Señor: Ti non vas a ningures... soa. ( chamando): Criados!. Acompañade ao cuarto a dona Berta. Criados: ( con cara de alegría):Si Señor ! 142
  144. 144. Museo Fortaleza San Paio de Narla Señor: Ata á porta. Criados: ( mudando de cara ) Si señor. Imos aló. Berta: Ídevos que eu quedo. Nai: Deixade, que xa vou eu canda ela . Que estes vaian facer o parvo a outra parte. (Marchan a nai e a filla) Señor : E vós non quededes aí como pailarocos. Ide ao calabozo. Criado 2: Ao calabozo Señor? E que fixemos agora? Señor: Ti non es máis parvo porque non adestras… Tede coidado ao baixar, non vaiades romper un óso e teña que vos indemnizar por falta de seguridade no traballo. Subide o saco que deixamos onte á noite alí e levádeo ao quinto inferno, facede un bo furado na terra e tirádeo…. Criado 2. Cheo ou baleiro? Criado 1: (falando en baixo co seu colega) . Ti estás tolo ? ( dirixíndose ao Señor) Señor xa imos polo saco e avisarei ao cura, porque o do saco xa cheira, para min que chegou morto pola noite. Despois da malleira que lle propinou non creo chegase vivo.. Señor: Aquí nin cura nin bispo nin sequera un mal ministro . Aquí nada pasou . Nada tedes visto . Se acaso o home escapou e xa se sabe… home que escapa da xustiza algo esconde. Facede o que vos digo: non vistes nada. Mañá pola mañá haberá que ir rexistrar a casa da muller … Criado 2: Quererá dicir da viúva Señor: Queres quedar no calabozo contando ratos? e mesmo da nai. Ala ide indo e non vos manquedes. Criado 1: Imos logo Criado 2: Imos 143
  145. 145. Museo Fortaleza San Paio de Narla Criado 1. Veña Criado 2: Vai Mordomo: Pero liscades ou teño que… Criado1: Veña .Mira que es lento! Criado 2: Xa vou , non empurres, pero non quería chegar de primeiro porque abaixo vai cheirar a friame e o doutor díxome que a carne nin cheirala porque xa sabes que teño colesterol. Mordomo: Colesterol vóuvolo dar eu como non lisquedes. Sisto! (Os criados atóanse ao saír) Sisto: Si señor. Mordomo: Prepara o cabalo do señor e o meu que imos de inspección. Sisto. (polo baixo) Mal choio catro bestas xuntas Mordomo: Que dicías? Sisto: Nada, nada. Sumaba. Narradora: Sae o Señor co mordomo, vai visitar aos de Lamas quere saber do tesouro que de seguro agochaba. A dona deste Gabriel que pasou a mellor vida évos de armas tomar, 144
  146. 146. Museo Fortaleza San Paio de Narla unha muller destemida. Escena XIII Narradora: Chegan á casa. Sae á porta a viúva do defunto Viúva de Lamas: Señor que facedes visitando esta casa mergullada na dor? Señor: Vimos na procura do que o teu home atopou. Narradora: A viúva entrégalles unhas cagallas de ovella Viúva de Lamas: Estas son as alfaias que atopou o pobre do meu home na mámoa dos Castelos. Estas e a morte inmerecida provocada por unha besta parda Señor: Nós nada sabemos. Fixémoslle unhas preguntas e cando o quixemos levar ao castelo, para aclarar uns datos escuros, fuxiu e non volvemos saber nada máis del. Seguro que sufriu un accidente. Mordomo: Chamastes ao 112? Viúva: Accidente sódelo vós e todos os da vosa ralea. Nós viviamos tranquilos. Ao meu home, que era un romántico, gustáballe remexer nas cousas do pasado. Non lle facía mal a ninguén. Marchade de aquí que nós temos de abondo. Miserable comecartos. Só pensas nas riquezas , nos tesouros, nas propiedades . Nos tempos futuros serías un bo especulador Mordomo: (estirando á man) Meu señor: parece que chove . Vai ser mellor retirarse que esta muller non ten siso e di cousas sen sentido ningún. Aquí non imos atopar nada. Señor: Veña en marcha!. Boas noites.----Tes sorte que teño outras cousas na cabeza de máis importancia, que de non ser así íanche saír caras esas palabras descorteses co teu Señor. O Señor ten que vixiar a todos os seus súbditos para que non perdan o tempo en parvadas semellantes e se dediquen a traballar as terras e coidar do gando para así 145
  147. 147. Museo Fortaleza San Paio de Narla satisfacer as necesidades pecuniarias do Señorío. Non están os tempos para deixar voar a imaxinación, hai que producir , xerar riqueza, axustar gastos. Mordomo: ( polo baixo) Este meu señor cando colle carreira semella un político deses de sobre e patacón.( Ao señor): Señor deberiamos marchar. ESCENA XIV Narradora: Entrementres, no castelo, nai e filla preparan un encontro co campesiño, para poder liscar canto antes e poder gozar do amor que o Señor non aproba. Nai: Miña Bertiña. Escapa. Vai na procura do teu Martiño e lisca de aquí. O teu pai nunca vai permitir que cases con un que non sexa da nobreza. Xa sabes que ten axustado o teu casorio co primo do sobriño do seu curmán. Toma estas moedas , colle catro cousas e vaite. Aproveita a noite. (Berta e a nai, mentres falan, van preparando un fardelo con roupa da filla) Berta: Grazas mamaíña , cando te hei volver ver? Nai: Agora iso non importa . O importante es ti. Ao teu pai espero se lle pase o enfado nun tempo prudente e que entre en razón. Vaite. Xa mandei recado para que Martiño estea esperando en Bertamil. (abrázanse chorando) Berta: Voume. Espéroo atopar axiña. Adeus. Nai: Adeus e sorte. Escena XV Narradora: Chegan ao castelo o mordomo mais o señor e este non vén precisamente contento. Señor: Vaime avisar a miña filla que debo falar con ela seriamente porque isto está collendo mal camiño. 146
  148. 148. Museo Fortaleza San Paio de Narla Mordomo: Sisto ! Sisto: Si señor. Mordomo: Vai avisar a dona Berta que quere falar o seu pai con ela. Sisto: Pois vai ser … como llo digo? Xa vou ( Vai ata a porta do cuarto, peta , espera e volve ) Parece como que non estivese. Mordomo: A que te refires? Sisto: Pois verá, luz hai. Pero petei na porta e parece que non hai… Mordomo : luz? Sisto: Non. Ninguén. Mordomo:E miraches ben?. É imposible. Sisto: Imposible serallo, non llo discuto, pero alí non hai ninguén. Mordomo: Irei eu que non me fío. Sisto: Vaia vaia. E vaia enfiando. (Volve o mordomo: ) Mordomo: Pois a ver como llo digo ao señor sen que se altere moito. Sisto prepáralle unha tisana ao Señor. Sisto: E que lle boto? Mordomo: Tila e valeriana Sisto: Habería que lle dar un caldeiro cheo de tila e medio ferrado de valeriana e aínda así… Mordomo: Faime a min outra que a vou necesitar Sisto: E se encho a maseira e se bañan nela ? 147
  149. 149. Museo Fortaleza San Paio de Narla Mordomo.: Veña… (queren saír pero topan co Señor) Señor: Que facedes? Non vos mandei avisar a dona Berta ( cae o mordomo ao chan esvaecido ) Sisto: ( falando para si) Aquela porta está aberta (quere marchar a toda présa pero córtalle o paso o Señor) Señor: Aquí hai gato encerrado Sisto: Máis ben non o hai . Dona Berta… Señor: Dona Berta… que ? Sisto: ( cun fío de voz) . Non está Señor: Berta ! ( petando na porta ) Criados ! Criado 1 : Si señor Señor : Tirade coa porta Criado 2: Tiramos ( empurran a porta, está sen tranca e coa forza caen dentro ) Señor: O cuarto está baleiro Sisto: Quere unha valeriana ou unha tila? Señor: Esperta ao mordomo que hai que ir na súa procura. Sisto: Esperte que o Señor está doente. Narradora: Por máis que o intenta, o mordomo non volve en si, engrúñase máis e segue a durmir. Sisto remata botándolle un caldeiro de auga . O mordomo érguese todo mollado. Mordomo: Que pasa ? Señor: Que imos buscar a miña pombiña… Mordomo: De caza? 148
  150. 150. Museo Fortaleza San Paio de Narla Sisto: Non provoques que imos tras de dona Berta Mordomo: Pois vamos ESCENA XVI Narradora: O Señor mailos criados o mordomo mailo Sisto saen todos moi apurados en busca dos fuxitivos. O Señor non vai contento, o mordomo vai caghado o Sisto está aqueloutrado e os criados… inconscientes van cantando un rapeado Criados: ( ritmo de rap) Vexo A Rocha , vexo Narla Tamén vexo A Castronela Vexo a Torre de San Paio e ao mordomo dentro dela RÁFAGA 7 Momento de publicidade Diario El Progreso 149

×