• Like
  • Save
Memoria 2013 mar
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×
 

Memoria 2013 mar

on

  • 157 views

 

Statistics

Views

Total Views
157
Views on SlideShare
146
Embed Views
11

Actions

Likes
0
Downloads
2
Comments
0

2 Embeds 11

http://redemuseistica.wix.com.usrfiles.com 6
http://htmlcomponentservice.appspot.com 5

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Adobe PDF

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

    Memoria 2013 mar Memoria 2013 mar Document Transcript

    • MEMORIA 2013 MUSEO PROVINCIAL DO MAR |
    • Museo Provincial do Mar INDICE 1. LIMIAR ................................................................................................................ 2 2. ESTADÍSTICA ANUAL DE VISITANTES ........................................................... 4 3. MELLORAS DO EDIFICIO ............................................................................... 10 4. PROGRAMA DIDÁCTICO ................................................................................ 10 4.1. ACTIVIDADES ESCOLARES ............................................................... 10 4.2. OBRADOIROS DE VERÁN ................................................................... 40 4.3. OBRADOIROS DE NADAL ................................................................... 59 4.4. OBRADOIROS DO CLUB PEQUEAMIGOS ......................................... 72 5. PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURAL ............................................................ 94 5.1. PROGRAMA OCIO-TURISTICO ........................................................... 94 5.2. PROGRAMA DA TERCEIRA IDADE .................................................... 94 5.3. SEMANA DOS MUSEOS ...................................................................... 96 5.4. PROGRAMA MUSEOLOXÍA SOCIAL ................................................ 105 5.5. PROGRAMA DE EXPOSICIÓNS ........................................................ 124 5.6. SERVIZO DO MUSEO PARA OUTRAS ACTIVIDADES .................... 133 5.7. PROGRAMA CONFERENCIAS .......................................................... 136 5.8. PROGRAMA DE CINE ........................................................................ 142 5.9. PROGRAMA DE RECURSOS EDUCATIVOS .................................... 145 5.10. PROGRAMA DISCAPACIDADE ....................................................... 145 6. PROGRAMA DE PERSONAL ........................................................................ 145 7. PROGRAMA ECONÓMICO ............................................................................ 146 1
    • Museo Provincial do Mar 1. LIMIAR A Rede Museística ten o privilexio de ter espallados por toda a provincia de Lugo museos que representan diferentes realidades, tendo reflectido o pasado señorial e fidalgo en Monforte de Lemos, o Medievo e a etnografía no museo de San Paio de Narla e recollendo o inxente patrimonio marítimo da provincia de Lugo no Museo do Mar de San Ciprián, auténtico contedor cultural dun mar que sempre trae novas entre o rumor das ondas de do vento. Toca, pois, falar do Museo do mar de San Ciprián que constitúe a peza perfecta para encaixar no formidable quebracabezas da Rede Museística, pero non se trata dunha peza calquera, senón dunha peza excepcional. O edificio que alberga o museo do mar non é un edificio que pase despercibido, xa que é un museo con moita historia e importancia. Nacido como escola unitaria que ía almacenando obxectos relativos ao mundo mariño así como cunchas para formar grandes coleccións malecolóxicas, amosou, xa dende moi cedo, unha clara vocación pola educación e pola difusión cultural. Visitar o museo é facer un recorrido emocional pola vida nas terras de San Cibrao. Este Museo está adicado ás xentes que habitaron e habitan estas terras cun pasado que se foi e un presente que fuxe. Porque contando cunha excelente colección de pezas constrúe, a partir da memoria un retrato dos que San Cibrao foi e segue sendo, unha terra que mira ao mar. Dende este museo loitase día tras día por manter ese legado vivo e esperto, conscientes da importante tarefa que nos traemos entre mans, intentamos inculcar o respecto e o amor pola cultura entre os máis novos. Sabedores como somos de que o noso futuro está nas súas mans, intentamos non romper esa cadea na transmisión de valores, fomentando o interese por aprender e coñecer novas realidades dun mundo que está cambiando a pasos axigantados debido á globalización e o avance imparable das redes sociais. Adaptándonos os tempos de cambios e evolución social que nos toca vivir, facemos de internet unha fiestra cara o mundo que empregamos como 2
    • Museo Provincial do Mar escaparate para amosar as nosas actividades nos obradoiros infantís e outras labores de dinamización cultural. E por iso que contamos con activa participación nas redes sociais como Facebook e contribuímos aportando o noso grao de area a engrosar a programación didáctica e educativa da Rede Museística, pioneira nas súas investigacións e avances no mundo da didáctica e da discapacidade. Non en van este museo foi presentado como dotado de pictogramas para traballar con nenos autistas, actividade que se fixo extensible a todos o museos da rede como San Paio de Narla.Un museo que conta cos medios adaptados á discapacidade, como o sistema Braille para os cegos. Avogamos tamén por amosar uns correctos contidos museolóxicos insertos nunha interesante e atraínte montaxe expositiva e museográfica, coa intención de captar visitantes e de inculcar neles o respecto e veneración que sentimos pola nosa cultura e que de non existir iniciativas como estas, estas manifestacións culturais acabaríanse perdendo languidecendo no máis profundo esquecemento. Por último, a modo de remate final, queremos concluír dicindo que a Museo do mar de San Ciprián participa do proxecto común da Rede Museística de construír “un museo para todos, entre todos”, somos fieis a esa máxima e intentamos cumprila o mellor posible. Somos conscientes de que os museos entraron nunha nova dimensión que é a social, pola cal nos apostamos pois somos conscientes de que os museos decimonónicos forman parte dun vetusto pasado, ao que nós non queremos continuar vencellados. 3
    • Museo Provincial do Mar 2. ESTADÍSTICA ANUAL DE VISITANTES. Xaneiro Nº total de visitantes 779 5 grupos escolares Visitas individuais Febreiro 88 691 Nº total de visitantes 671 3 grupos escolares 3 grupos adultos 40 Visitas individuais Marzo 47 584 Nº total de visitantes 9 grupos escolares 4 grupos adultos 1334 168 77 Visitas individuais Abril 1089 Nº total de visitantes 1045 3 grupos escolares 56 5 grupos adultos Visitas individuais Maio 108 811 Nº total de visitantes 1176 9 grupos escolares 190 13 grupo adultos 308 4
    • Museo Provincial do Mar Visitas individuais Xuño 678 1581 14 grupos escolares 323 22 grupos adultos 662 Visitas individuais Xullo Nº total de visitantes 596 Nº total de visitantes 2382 11 Obradoiros 35 grupos adultos 747 Visitas individuais Agosto 209 1426 Nº total de visitantes 3018 5 Obradoiros 17 grupo adultos 429 Visitas individuais Setembro 144 2445 Nº total de visitantes 1338 14 grupos adultos Visitas individuais Outubro 377 961 Nº total de visitantes 1 grupos escolares 1242 20 17 grupo adultos 404 Visitas individuais 818 Novembro Nº total de visitantes 3 grupos escolares 8 grupos adultos 859 25 206 5
    • Museo Provincial do Mar Visitas individuais Decembro 628 Nº total de visitantes 919 4 grupos escolares 52 17 Grupos adultos 329 Visitas individuais 538 Total visitantes anuais 16344 Gráfica comparativa dos anos 2012-2013 MUSEO PROVINCIAL DO MAR 3500 3018 2868 3000 2500 2382 2334 2000 1581 1500 1334 1000 779 500 969 671 653 572 1045 1038 916 1176 1321 1338 1238 1321 1242 859 850 919 639 Ano 2012 Ano 2013 0 6
    • Museo Provincial do Mar Por número de visitantes 3500 3018 3000 2382 2500 2000 1581 1334 1500 1000 1045 779 1338 1242 1176 859 671 919 500 0 Por idades 18% 12% 3% 2% 4% 16% 0-10 11-14 15-18 19-25 26-40 41-65 66 45% 7
    • Museo Provincial do Mar Por Procedencias 8000 7062 7000 6000 5000 4000 2611 3000 2000 1309 1000 1362 19743 0 LUGO CIDADE ANDALUCIA BALEARES CATALUÑA EUSKADI MURCIA VALENCIA 1070 13 21164 163 1259 228 143 26 LUGO PROVINCIA ARAGON CANARIAS CASTILLA-LEON EXTREMADURA NAVARRA ESTRANXEIROS 495 38 64 23 51 GALICIA ASTURIAS CANTABRIA CASTILLA-LA MANCHA MADRID LA RIOJA Por días da semana 2554 4259 DOMINGO SABADO 2529 VENRES 2510 XOVES MERCORES 2330 MARTES 2077 LUNS 85 0 500 1000 1500 2000 2500 3000 3500 4000 4500 8
    • Museo Provincial do Mar 9
    • Museo Provincial do Mar 3. PROGRAMA ARQUITECTÓNICO Conservación de infraestruturas Reposición de sistema de iluminación, por parte do persoal do Museo durante todo ano 2012 Router novo para poñer intranet, aínda que non o conectaron. Pintado e fixación de pezas expostas no xardín traseiro “Antenas de Goneos” Mantemento de toda a zona axardinada do recinto “corte de céspede e poda de árbores” 4. PROGRAMA DIDÁCTICO 4.1. Actividades escolares Ao longo do curso ofrécese a posibilidade de solicitar dous tipos de visitas: guiada e con actividade. Para realizar estas visitas é necesario a concertación previa das mesmas, concertando con departamento de didáctica. Visita de iniciación: Comprende un recorrido por todo o castelo, recomendase para os grupos que visitan o centro por primeira vez, independentemente do seu nivel educativo. Duración aproximada de 60 minutos. Para un mellor aproveitamento do Museo Provincial do Mar, xa que existe unha variedade e riqueza de contidos, e na procura dun novo concepto de visita máis participativa, como alternativa as tradicionais visitas guiadas e que implique 10
    • Museo Provincial do Mar a colaboración directa de profesores e alumnos, ofrecemos no 2010 un programa de itinerarios os distintos niveis de ensino: Tea mariñeira ¿As baleas comen ou engulan? Arriba a bandeira Descubre a balea Mergúllate Nada coa balea Pinta mariñeiro Sae a navegar Sopa de aleta Vento mareiro Visita de iniciación Nivel: Todos os ciclos Data: Curso escolar Obxectivo: Comprender o oficio do mar e como as sociedades actuais están condicionadas polo seu pasado histórico. Recoñecer as ferramentas mariñeiras e analizar a súa evolución e continuidade, así como a necesidade de conservalas para outras xeracións. 11
    • Museo Provincial do Mar Tea mariñeira Nivel: 3º e 4º da ESO e BAC Data: Curso escolar Obxectivo: Fomentar o interese polas materias vinculadas coa navegación. Asentar conceptos vistos anteriormente na visita guiada. Metodoloxía: Actividade que consiste en unir con frechas. Relacionaranse fotos de obxectos da Sala de Navegación coas definicións que teñen noutra columna. UNE CON FRECHAS E NOMEA CADA OBXECTO 12
    • Museo Provincial do Mar Aparato que permite ó capitán comunicar as ordes ó que está na sala de máquinas. Fiestra redonda que se abre e que está situada en distintas alturas nos costados do buque. Serve para que entre a luz e se ventilen os camarotes da tripulación. Elemento do equipo propulsor dun barco movido mediante unha máquina ou motor e que permite o movemento cara adiante ou atrás do barco. Caixa cilíndrica fixa na cuberta que leva no seu interior o compás ou búsola. Instrumento para coñecer a situación. Consiste en medir a altura do sol ou das estrelas con respecto do horizonte. Mide a latitude. Serve para gobernar o barco, facéndolle cambiar o rumbo. Pode ser de caña ou de roda. Antigamente facíanas os carpinteiros de ribeira antes de construír o barco . Servía para ver as formas que ía ter o barco. 13
    • Museo Provincial do Mar ¿As baleas comen ou engulan? Nivel: 5º e 6º de Primaria Data: Curso escolar Obxectivo: Achegar o alumnado ós museos e á cultura dun modo atractivo. Potenciar o traballo e a participación en equipo. Inculcar a protección conservacionista do medio ambiente mariño. Metodoloxía: Na Sala das Baleas, os nenos en grupos estarán sentados no chan, onde escoitarán unha pequena explicación sobre se as baleas mastigan ou non. De seguido responderán verdadeiro ou falso a unhas frases e terán unha folla de consulta ante as posibles dúbidas. 14
    • Museo Provincial do Mar 15
    • Museo Provincial do Mar 16
    • Museo Provincial do Mar Arriba a bandeira Nivel: 3º e 4º de Primaria Data: Curso escolar Obxectivo: Dar a coñecer como se transmite información codificada entre barcos próximos. Aínda que agora, se utilizan algunhas bandeiras, que as novas tecnoloxías as deixaron en desuso. Metodoloxía: Sentados diante das bandeiras que forman o Código de Sinais escoitarán o significado e utilidade deste. Como un grupo de bandeiras representan o abecedario, cada neno debuxará nunha cartolina branca, tamaño folio, a bandeira que lle corresponda coa súa inicial. Para iso terán un panel informativo de consulta. Despois pegarán un pau a un extremo da mesma. Os nenos agruparanse polas súas iniciais e realizarán un xogo como se fosen barcos comunicándose en alta mar. 17
    • Museo Provincial do Mar 18
    • Museo Provincial do Mar Descubre a balea Nivel: 1º e 2º de Primaria Data: Curso escolar Obxectivo: Achegar o alumnado ós museos e ó mundo do mar dunha maneira amena e atractiva. Fomentar a expresión oral e artística. Potenciar o interese pola cetoloxía. Metodoloxía: Na Sala das Baleas repartiranse follas co debuxo dunha balea animada con números. Os rapaces terán que coloreala segundo as cores que levan asociadas os números. Así cando rematen descubrirán a balea. 19
    • Museo Provincial do Mar 20
    • Museo Provincial do Mar Mergúllate Nivel: 1º e 2º da ESO Data: Curso escolar Obxectivo: Fomentar a capacidade de asimilar novos conceptos mediante un xogo atractivo. Achegar os rapaces á cultura dunha forma práctica e divertida. Metodoloxía: En parellas, cubrirán o pasatempo coas palabras que adiviñen. Sempre axudados polo persoal do museo. MERGÚLLATE HORIZONTAL: 1- Instrumento de medición da latitude no que o seu arco é a sexta parte dun círculo. 2- Principal método para calcular a velocidade no mar. Mide nós ou millas. 3- Instrumento que serve para saber a situación do barco, neste caso, en todo momento. Tamén se pode chamar compás. 4- Sosterse na superficie da auga. 5- Parte principal dun barco, que pode ser de madeira ou doutro material. Calquera embarcación pode flotar e desprazarse grazas a el. 6- Lazo que se fai con cabos. Utilízase nas actividades cotiás dun barco. 21
    • Museo Provincial do Mar VERTICAL: 1- Instrumento que servía para a comunicación dentro do barco. Había dous: un na ponte e outro na sala de máquinas. 2- Serve para gobernar ou orientar o barco, facéndolle cambiar o rumbo ou a dirección. Pode ser de cana ou de roda. 3- Instrumento de ferro forxado con figura dun arpón ou dun anzol que está suxeito a unha cadea e se arrebola ó fondo do mar para fondear o barco. 4- Peza de tea ou doutro material que, unha vez despregada, recibe do vento o impulso necesario para navegar. 5- Parte posterior dun barco. 6- Parte de diante dun barco. 22
    • Museo Provincial do Mar Nada coa balea Nivel: Ed. Infantil Data: Curso escolar Obxectivo: Potenciar o desenvolvemento educativo achegando os rapaces ós museos. Fomentar a participación en grupo. Familiarizarse coa representación plástica. Metodoloxía: Na Sala das Baleas haberá un panel onde está debuxada unha balea. Os nenos formarán grupos collendo cada un seis pezas revoltas do quebracabezas. Terán que colocalas ordenadamente ata completar a imaxe que teñen diante. 23
    • Museo Provincial do Mar 24
    • Museo Provincial do Mar 25
    • Museo Provincial do Mar Pinta mariñeiro Nivel: 1º e 2º de Primaria Data: Curso escolar Obxectivo: Achegar ós rapaces ó mundo da navegación dunha maneira amena e sinxela. Fomentar tanto as aptitudes creativas como a expresión oral. Espertar o interese polo mundo náutico. Metodoloxía: Os nenos, sentados no chan, na Sala de Navegación pintarán un debuxo dun veleiro en alta mar. Colorearán este coas cores que eles queiran, para fomentar o desenvolvemento artístico. Cando rematen, os mariñeiros responderán unhas sinxelas preguntas referidas ao barco: ás súas partes e porque se move no auga. 26
    • Museo Provincial do Mar 27
    • Museo Provincial do Mar Sae a navegar Nivel: Ed. Infantil Data: Curso escolar Obxectivo: Potenciar o interese creativo e construtivo. Coñecemento dos distintos elementos que constitúen un barco: casco, ponte de mando, portillos, áncora, … Familiarizar os nenos coas formas dun barco montando as pezas do quebracabezas. Metodoloxía: Na sala de navegación haberá un panel grande cun debuxo dun barco. Os nenos formarán pequenos grupos. Cada un terá seis pezas revoltas que colocarán ordenadamente ata formar a imaxe que teñen diante. 28
    • Museo Provincial do Mar 29
    • Museo Provincial do Mar Sopa de aleta Nivel: 3º e 4º de Primaria Data: Curso escolar Obxectivo: Achegar o alumnado ós museos e a cultura mariña. Engadir coñecementos elementais da bioloxía mariña. Fomentar o aprendizaxe mediante un xogo didáctico. Metodoloxía: Na Sala das Baleas repartiranse follas coa sopa de letras onde terán que atopar partes da anatomía externa e interna da balea. Na outra sopa de aleta encóntranse agochados os familiares das baleas como son: o arroaz, rorcual, candorca, cachalote, golfiño e balea vasca. 30
    • Museo Provincial do Mar Vento mareiro Nivel: 5º e 6º de Primaria Data: Curso escolar Obxectivo: Recoñecer as partes principias dun barco. Potenciar o interese polo mundo do mar. Coñecer o deseño dunha embarcación tradicional galega. Valorar a historia, cultura e tradicións galegas. Metodoloxía: Entregarase unha folla cun debuxo con números dunha Traiñeira a cada alumno. Debaixo desta haberá unha listaxe con nomes referidos ás partes dunha embarcación. Os rapaces teñen que relacionar os números da imaxe cos nomes. 31
    • Museo Provincial do Mar 32
    • Museo Provincial do Mar Talleres escolares Tras moitos anos de experiencias compartidas nos que o Museo Provincial de Lugo e o resto dos museos que se foron integrando na Rede Museística da Deputación de Lugo foron pioneiros na elaboración de programas didácticos para o mundo escolar, toca agora revisar metodoloxías, actualizar conceptos e poñer en práctica novas ideas arredor do sempre suxestivo tema da educación desde os museos. Nestes últimos quince anos, con máis ou menos acertos, e tamén con moitos erros, desde os departamentos de didáctica intentamos achegarnos á escola desde os museos, propuxemos actividades que tiveron enorme éxito entre os docentes e o seu alumnado, e outras, hai que recoñecelo, que non gozaron desa estima. Así e todo entre todos fomos abrindo un camiño que agora xa é, afortunadamente, moi frecuentado por outras institucións museísticas. Pero sempre debemos estar alerta para renovar motivacións e estímulos, para repensar e establecer novos obxectivos que conduzan á meta desexada: a intercomunicación entre o mundo da escola e o mundo dos museos. Os museos máis ca obxectos, atesouramos experiencias, historias, creatividade, modelos, campos nos que, precisamente, os mozos e mozas das escolas poden precisar un implemento na súa formación. O lema escollido para esta nova etapa “A ver se te ves! Míranos!” reclama esa atención bidireccional entre os dous mundos. Os museos precisamos que nos vexan, que nos miren, que a sociedade faga uso libre do que posuímos, e a escola, que ten a fundamental misión de formar individuos para o futuro, debe entender que toda a bagaxe cultural que herdamos é un tesouro relativamente 33
    • Museo Provincial do Mar doado de atopar e de conseguir: abonda entrar nos museos e dispoñer pedagoxicamente. Desde os museos da Rede Museística, xestionada pola Área de Cultura e Turismo, vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo, pretendemos ofrecer ao profesorado e ao seu alumnado unha atención personalizada e achegar os recursos básicos imprescindibles para que este intercambio resulte engaiolante para o alumnado. Con esta fórmula pretendemos, sobre todo, abrir as nosas portas de par en par a toda a sociedade pero, especialmente, aos que teñen a enorme misión de seguila construíndo desde os alicerces da infancia. Os obxectivos que pretendemos, en resume, son: -Axudar a comprender dunha forma práctica o significado das obras expostas nos museos -Estimular as facultades perceptivas e imaxinativas do alumnado -Que cada actividade resulte unha experiencia proveitosa. -Fomentar a aprendizaxe integral. Os departamentos de didáctica de cada un dos catro museos integrados na Rede Museística elaboraron un programa organizado en tres percorridos-guía ou bloques temáticos. O programa está suxeito, necesariamente a un calendario, o do curso escolar 2012-2013, pero flexible e adaptable ás necesidades concretas que o día a día do docente nos demande. BLOQUE TEMÁTICO 1.-CREA O TEU MUSEO Metodoloxía e desenvolvemento Parte teórica: Que é un museo? Para que nos sirve un museo? Podemos crear o noso propio museo? O MPMar, as súas coleccións e funcionamento Parte práctica: Podemos crear o noso propio museo? Queres propoñernos un modelo diferente de museo do futuro? Ciclos: E. Infantil, E. Primaria e 1º ciclo de ESO. Periodización: Curso escolar 2012-2013. 34
    • Museo Provincial do Mar Duración da actividade: Aproximadamente, 60 minutos. Recursos didácticos: -Caixa decorada simulando o edificio do museo, fichas adaptadas, fotografías … etc. Nota: É conveniente que cada alumno/a traia a fotocopia dunha fotografía súa, tamaño carné. A actividade na Rede O departamento de didáctica do MPMar poñerá a disposición do profesorado e alumnado que participe nestas actividades un blog no que se irán intercambiando documentación, imaxes e experiencias arredor desta actividade. Concurso: Un museo para o futuro Co obxectivo de motivar o aproveitamento posterior na aula desta actividade podedes remitir ao blog as vosas propostas, elaboradas individualmente ou en grupo, para crear un hipotético museo para o futuro. Entre todas as propostas recibidas premiaremos aquelas que resulten máis imaxinativas e orixinais. BLOQUE TEMÁTICO 2.-ESCOITA: OS MUSEOS TAMÉN CONTAN HISTORIAS Cada peza ten a súa historia Parte teórica: Que historia conta esta peza? É real ou é de ficción? Podemos inventarlle outra historia? Parte práctica: Canda os obxectos expostos nos museos viaxa as súas historias, ás veces íntimas e descoñecidas. Desvelaremos algúns dos seus segredos. Ciclos: E. Infantil e E. Primario. Periodización: Curso escolar 2012-2013. Duración da actividade:De 45 a 60 minutos. 35
    • Museo Provincial do Mar Recursos didácticos: -Material para a elaboración dun cómic. A actividade na Rede O departamento de didáctica do MPMar poñerá a disposición do profesorado e alumnado que participe nestas actividades un blog específico no que se irán intercambiando documentación, imaxes e experiencias desta actividade. Concurso: E ti, podes contarnos unha historia dun museo? Co obxectivo de motivar o aproveitamento posterior desta actividade na aula podedes remitir ao blog de didáctica da Rede Museística as vosas propostas individuais ou colectivas para elaborar un libro virtual de historias de museos. Premiaremos as máis imaxinativas e mellor elaborados. BLOQUE TEMÁTICO 3.-NO RETROVISOR: O SÉCULO XV TEN HISTORIA O pasado escríbese no presente grazas, entre outros recursos, aos materiais e documentos custodiados nos museos da Rede Museística. En cada un destes catro museos fixaremos a atención nun referente histórico do século XV por proximidade xeográfica ou por seren os propios edificios parte desa historia. Aínda que cada un dos museos vai centrar a actividade nun dos seguintes epígrafes e temas, lembramos que promoveremos o coñecemento de todas as experiencias, así que, sempre que sexa posible, animaremos a profesorado e alumnado a visitar os catro museos e así coñecer esa parte da historia da que é protagonista. Un tema en cada museo: Os franciscanos e as ordes mendicantes (Museo Provincial de Lugo) Os irmandiños (Museo Etnográfico San Paio de Narla, Friol) Pardo de Cela e o seu tempo (Museo Provincial do Mar, San Cibrao, Cervo) Os Lemos (Pazo de Tor,) 36
    • Museo Provincial do Mar Pardo de Cela e o seu tempo (Museo Provincial do Mar, San Cibrao, Cervo) Metodoloxía e desenvolvemento Parte teórica: Que pasou na Mariña de Lugo desde a ano 1401 ao 1500? A que chamamos feudalismo? Quen era o Mariscal Pedro Pardo de Cela? Parte práctica: Dramatización do papel das distintas clases sociais neste momento histórico. Experimentaremos tarefas que se experimentaron no edificio ou na súa contorna naquela época. Ciclos: E. Primario e E. Secundario. Periodización: Curso escolar 2012-2013. Duración da actividade: De 45 a 60 minutos Recursos didácticos: -Fichas didácticas -Vestiario de época para todos os integrantes do grupo. A actividade na Rede O departamento de didáctica do MPMar poñerá a disposición do profesorado e alumnado que participe nestas actividades un blog específico no que se irán intercambiando documentación, imaxes e experiencias desta actividade. Concurso Co obxectivo de motivar o aproveitamento posterior na aula desta actividade podedes remitir ao blog as vosas opinións, imaxes e experiencias sobre esta actividade. Entre todas as propostas recibidas premiaremos aquelas que resulten máis imaxinativas e orixinais. 37
    • Museo Provincial do Mar Dende a Rede Museística, en sintonía coas novas formulacións da Museoloxía social, seguimos apostando por un modelo didáctico que pon en valor a aprendizaxe activa, participativa e emocional; creando en cada visita unha experiencia vivencial, agradable e memorable. A proposta educativa persegue formar o alumnado en estratexias de aprendizaxe autónomas, capaces de construír o seu propio pensamento crítico, non só sensible á arte senón cara ao noso pasado para poder intervir no presente e soñar un futuro. A oferta de actividades dirixida aos centros educativos presenta 3 grandes bloques temáticos que van ser o eixe estrutural da nosa intervención didáctica. Os bloques son complementarios uns cos outros e perseguen construír un corpus estrutural: Bloque 1. O Museo como contedor achéganos á idea de que é un museo. O museo non só como contedor de obras de arte, senón máis alá: o museo como un espazo de traballo onde ademais de conservar e expoñer o noso patrimonio, tamén se estuda, se investiga e se divulga o caudal artístico e cultural, patrimonio de todos. Construída esta idea, que se erixe como os cimentos dunha casa, o seguinte 38
    • Museo Provincial do Mar Bloque 2: O Museo como relator de historias pretende ofrecer un catálogo aberto de visitas no que a estrutura veña marcada polo concepto de Museo como relator de historias. As obras de arte, ademais da información técnica, nárrannos e suxírennos historias infinitas segundo a persoa coa que interactúen. As pezas falan por si mesmas e todas en conxunto constitúen unha colección. Unha proposta na que o diálogo coas obras de arte e cos espazos naturais volven ser os protagonistas. Bloque 3: O Museo como retrovisor pon a énfase no espello retrovisor como metáfora. Viaxamos polo presente avanzando cara ao futuro pero no que centramos a mirada no retrovisor que nos mostra o noso pasado cunha perspectiva arqueolóxica. Para completar os tres bloques teóricos, na programación escolar fíxanse unha serie de obradoiros que pretenden afondar en determinados contidos, unha maneira práctica de afianzar os coñecementos. Crear experiencias motivadoras para os escolares constitúese coma a mellor maneira de desenvolver a capacidade de expresión e a creatividade no alumnado, sen esquecer o compoñente lúdico que favorece que a aprendizaxe se realice dunha maneira espontánea. CONCURSO-REDE Finalmente, e como unha das grandes novidades para este novo curso escolar 2013/2014, queremos presentar unha nova experiencia, o CONCURSO-REDE, que nace cun dobre obxectivo: por unha banda achegar o novo público escolar á Rede Museística e fidelizalo, así como fidelizar o xa existente. Vai dirixido a escolares de 6.º de Primaria, pertencentes a centros educativos de toda a provincia de Lugo. Para participar é necesaria a inscrición previa que se formalizará cunha visita a algún dos 4 museos da Rede. 39
    • Museo Provincial do Mar 4.5 Obradoiros de verán 40
    • Museo Provincial do Mar Este verán ven ExpresARTE na Rede Museística Chegou o verán, o veranum tempus dos antigos romanos, meses que adoitan traer calor e, sobre todo, uns días de merecido descanso. Como cada verán, os museos da Rede Museística da Deputación de Lugo elaboramos para todos e todas, desde os máis cativos ata os máis medrados, un programa amplo de actividades que, coma sempre, combinan o lúdico co aproveitamento cultural e educativo. Desde a área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo a través da Rede Museística e os museos que a integran, tentamos con este programa atender a crecente demanda social de actividades de tipo cultural. Entendemos a xestión dos museos públicos como un servizo permanente á sociedade que os sostén, como espazos de comunicación e coñecemento, de intercambio de saberes e experiencias, como un elo que enlaza a memoria do pasado co futuro. Neste senso, o programa que ofrecemos para este verán 2013 reivindica e estimula a capacidade que todas e todos temos para expresar sentimentos, sensacións, pensamentos, para crear e construír, cos matices propios de cada individuo, coa súa capacidade e cos seus coñecementos, unha realidade diferente. Cada día do verán hai algo que ver ou que facer neste e en todos os museos da Rede. Propoñemos arredor de 30 obradoiros para grandes e pequenos que teñen nas coleccións expostas e nas historias que cada peza ou obxecto nos transmiten o eixo vertebrador; concertos, exposicións, visitas guiadas ou programas como EnREDarte que nacen para dar cabida a novos proxectos creativos. Coñecer, conservar, concienciar, experimentar, expresar, crear … son realidades prácticas do noso abecedario de traballo. Confiamos en seguir contando coa sempre agarimosa resposta dos amigos e amigas dos museos integrados na Rede Museística, coa aprobación e participación dos que facedes uso regular das nosas instalacións e participades activamente nas nosas iniciativas. Pensando en vós e nos nosos visitantes, que son cada vez máis afortunadamente, tratamos de confeccionar un programa que pretende, non te enganamos, EnREDARTE. 41
    • Museo Provincial do Mar Un ano máis, desde a xerencia da Rede Museística Provincial e os departamentos de didáctica deseñamos e programamos para o verán un obradoiro para os máis pequenos arredor do patrimonio cultural. Os museos, verdadeiros espazos de comunicación, son os lugares axeitados para coñecer a nosa herdanza cultural, para estimular o agromar das nosas capacidades expresivas, e para, en definitiva, construírmos un futuro desde o berce do saber. Temos moito que aprender para ter moito que contar. Responsable: Encarna Lago, xerente da Rede, e persoal do departamento de Didáctica. Idades: de 4 a 12 anos. Horario: 11:00 a1 13:30 h. Prazas: 20 asistentes, por orde inscrición. Datas: meses de xullo e agosto, de martes a sábado. Cronograma de contidos semanais: Martes Xestual Mércores Plástica A través do corpo e das súas posibilidades comunicativas A través das diversas manifestacións artísticas presentes na Rede Museística Provincial Xoves Lingüística A través do poder da palabra e das linguas Venres Natural A través dos elementos da Natureza (sons, olores, formas, fauna e flora …) A través do concepto de infancia, entendido como a Sábado Infantil expresión máis libre, auténtica e espontánea, afastada de prexuízos e estereotipos sociais. Un momento no que nos expresamos a través do xogo e as relacións entre iguais Campamento de Arqueoloxía A historia constitúe un percorrido polo tempo. Cada etapa e cada fenómeno nace do anterior e sirve de paso a outra nova etapa que, ademais, amosa 42
    • Museo Provincial do Mar obxectos, construcións, formas culturais e materias propias do momento. Esta bagaxe cultural pode ser gardada en “caixóns” que se amorean uns enriba dos anteriores para conformar a historia. No Museo Provincial do Mar destaparemos o “caixón” da memoria dos Indianos. Responsable: Enrique Alcorta Irastorza, departamento de Arqueoloxía e Historia do MPLugo. Idades: de 8 a 12 anos. Datas: do 27 ao 29 de agosto. 43
    • Museo Provincial do Mar 44
    • Museo Provincial do Mar 45
    • Museo Provincial do Mar Pintando o mar. Aproximación á paisaxe e ás formas orgánicas do hábitat mariño a través do debuxo e a pintura Neste obradoiro aproximarémonos a unha selección de pezas das coleccións do MP do Mar. Observaremos con atención cada unha delas. Buscaremos formas escondidas, xeometrías e simetrías. Valoraremos tamén o entorno privilexiado do museo e, finalmente, facendo uso de diversos recursos plásticos, crearemos novas paisaxes de mar. Responsable: Lucila Yáñez, departamento de Belas Artes do MPLugo. Idades: de 6 a 12 anos. Datas: do 8 ao 12 de xullo. 46
    • Museo Provincial do Mar 47
    • Museo Provincial do Mar Os obradoiros de Cipriana, a balea concienzada A mascota do Museo Provincial do Mar, a balea Cipriana, convídate a gozar do verán e, de paso, coñecer a morfoloxía, hábitat, costumes, usos, anécdotas e curiosidades dos cetáceos mariños. Faremos manualidades (chaveiros, lámpadas de aceite …), teremos concursos por equipos, contaremos e recrearemos lendas (a da Maruxaina e a da Serpe do Coído) e veremos que podemos facer nós polo Medio Ambiente mariño. Coñecendo a Cipriana e á súa familia 48
    • Museo Provincial do Mar Datas: 3 de xullo. Neste primeiro obradoiro cada participante fixo un bonito chaveiro con forma de cetáceo. 49
    • Museo Provincial do Mar Á caza de Cipriana Datas: 24 de xullo Acudimos á sala das balease, onde os nenos e nenas podrán ver os diferentes tipos de arpóns que nas diversas épocas se foron usando na caza da balea. Construiron un arpón réplica dos que hai no museo, e usando un taboleiro con casillas que representan todos os portos da Mariña, dende Ribadeo ata Vicedo, ademáis de casillas con preguntas sobre cetáceos, a súa caza, os seus usos, os seus costumes,.., 50
    • Museo Provincial do Mar 51
    • Museo Provincial do Mar O aceite de Cipriana Datas: 26 de xullo Os rapaces que participaron nos obradoiros do Museo do Mar descubren como se alumaba o home aprobeitando o aceite, nalgún caso de balea, antes do descubrimiento da electricidade. 52
    • Museo Provincial do Mar Os amigos fantásticos de Cipriana Datas: 31 de xullo San Cibrao terra de mar e de mariñeiros, conta con seres fantásticos que habitaban as súas costas, como a Maruxaina e a Serpe de Coído. Neste obradoiro os nenos e nenas encargáronse de darlle forma a eses seres de lenda e de inventar unha fin a historia da Serpe de Coído, convertíndose así en escritores e ilustradores. 53
    • Museo Provincial do Mar 54
    • Museo Provincial do Mar Os veciños de Cipriana Datas: 21 de Agosto os nenos e nenas participantes coñeceron, coa axuda do mariñeiro Ramón Rivas, algunhas das artes de pesca utilizadas en San Cibrao. 55
    • Museo Provincial do Mar Coidando do mar de Cipriana Datas: 23 de Agosto No derradeiro obradoiro de Cipriana, a balea mascota do Museo do Mar, que se chamou "Coidando do mar de Cipriana", os nenos e nenas participantes concienciáronse da necesidade de coidar e respetar o mar. Personalizaron unhas papeleiras que a partir de agora usaran para votar o lixo cando vaian á praia, e deixáronvos fermosa mensaxes e propositos nos panéis. 56
    • Museo Provincial do Mar 57
    • Museo Provincial do Mar 58
    • Museo Provincial do Mar 4.3 Obradoiros de Nadal 59
    • Museo Provincial do Mar 60
    • Museo Provincial do Mar 61
    • Museo Provincial do Mar 62
    • Museo Provincial do Mar 63
    • Museo Provincial do Mar O deputado delegado da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, xunto coa xerencia da Rede Museística, presentan para este Nadal 2013 un amplo e variado programa de actividades para os 4 museos integrados. Para que ademais da visita do Apalpador, que baixa nestas datas desde as montañas do oriente lucense, do Courel ou dos Ancares, coa súa fartura de castañas quentiñas e con un sorriso agarimoso, poidades participar en obradoiros para todas as idades e temas (xoias, contos e lendas, debuxos, xogos, fías, tapices, pergameos, reciclaxe …), exposicións, cine, concertos e o nº 35 da revista oral “O pazo das musas”. Aproxímase o solsticio de inverno e canda el o Natalicio que o mundo cristián conmemora nestes días. As nosas actividades cotiás deixan paso a un tempo diferente no que medra como herba ventureira a ilusión. Reencóntranse as familias, ofrecemos bos desexos, intercambiamos agasallos, participamos da festa para despedir un ano e iniciar outro, a ser posible, mellor.Pero como, seguramente, terás tempo sobro para atender máis quefaceres, os museos xestionados pola área de Cultura e Turismo e integrados na Rede Museística da Deputación de Lugo, ao tempo que che desexamos as mellores festas e un moi feliz ano 2014, queremos propoñerche para estas datas un abano moi completo de actividades. Un programa guiado pola fantasía pois temos a sorte de contar co Apalpador como embaixador da alegría. Pero ademais da visita do Apalpador, que baixa nestas datas desde as montañas do oriente lucense, do Courel ou dos Ancares, coa súa fartura de castañas quentiñas e con un sorriso agarimoso, temos moitas máis propostas que ofrecerche. Desde obradoiros para todas as idades e temas (xoias, contos e lendas, debuxos, xogos, fías, tapices, pergameos, reciclaxe …), ata exposicións, cine, concertos e o nº 35 da revista oral “O pazo das musas”. Son actividades para case todos os días deste Nadal, en todos os museos da Rede, para que te achegues aos nosos centros como lugares de encontro, pero tamén de lecer e aprendizaxe. Non esquezas solicitar toda a información que precises no museo da Rede da Deputación de Lugo máis próximo á túa residencia. Obradoiro: Desexos para o Nadal 64
    • Museo Provincial do Mar Fixemos árbores de cartón que decoramos con tarxetas nas que os nenos e nenas escribiron os seus desexos de Nadal. Ademais, facilitamos tarxetas para que quen o desexe puidera expresar os seus desexos e deixalos na árbore de Nadal do Museo. 65
    • Museo Provincial do Mar Obradoiro: Propósitos de Aninovo Elaboramos un almanaque para decorar cos bos propósitos para o ano que chega. 66
    • Museo Provincial do Mar 67
    • Museo Provincial do Mar Obradoiro: O saqueto do mariñeiro Confeccionaremos un saco como o que levaban os mariñeiros para recoller os regalos que veñen vindo nestas datas 68
    • Museo Provincial do Mar Obradoiro Reciclando no Nadal Descubriron a técnica do "grabado", aprenderon a importancia de reciclar e lograron uns fermosos resultados cos que poder agasallar ós seus. 69
    • Museo Provincial do Mar Obradoiro O mar nunha burbulla Repasamos as partes dun barco e os diferentes tipos de velas, fixemos barquiños con cascaras de noces e para rematar bonitas burbullas nas que gardamos un pouquiño de mar que teremos preto de nos cando queiramos lembralo. 70
    • Museo Provincial do Mar 71
    • Museo Provincial do Mar 4.4. Obradoiros del Club Pequeamigos Obradoiro Escoita! Os muesos tamén contan historias Como complemento da exposición “Marionetas e contos do mundo. Colección de Pedro Lavado” o único requisito para participar neste obradoiro foi traer un calcetín. Obradoiro Antefaces para o Entroido nos museos da Rede Museística Fixose unha introducción na que se amosará ós rapaces e rapazas participantes no obradoiro, algún dos entroidos máis significativos do mundo, pero con especial incidencia nos galegos. Dando paso á súa propia creatividade os rapaces e rapazas decorarán e fabricarán máscaras e antifaces propios do Entroido. 72
    • Museo Provincial do Mar Obradoiro Sentindo cos cinco sentidos 73
    • Museo Provincial do Mar Obradoiro Mariscando pola Ribeira Os rapaces e rapazas fixeron ourizos e outras especies mariñas, tales como estrelas de mar, anémonas, minchas, etc, que, como o ourizo,habitan nas rochas. 74
    • Museo Provincial do Mar Obradoiro Mensaxe co corazón. Cada neno ou nena fará con cartulina unha tarxeta que dirixirá a quen el ou ela desexe, e na que escribirá ou debuxará a mensaxe que lle pareza oportuna. 75
    • Museo Provincial do Mar Obradoiro Caleidoscopio Cada neno construirá seu propio caleidoscopio partindo de materiáis de refugallo como poden ser os rollos de papel de cociña, ou os prismas feitos de dcartulina prateada brillante. 76
    • Museo Provincial do Mar Obradoiro Decorando Ovos de Pascua Cada neno e nena contou con varios ovos de porespán que debía decorar con diferentes materiáis e sempre dando renda solta á súa creatividade. 77
    • Museo Provincial do Mar 78
    • Museo Provincial do Mar Obradoiro Peque-fotógrafos Con materiais reciclados e témperas recrearemos unha cámara fotográfica e debuxamos un “negativo” no que cada un contou unha historia imaxinada co que vimos nas salas do museo. 79
    • Museo Provincial do Mar 80
    • Museo Provincial do Mar Obradoiro Arriba o Periscopio Como nos verán os peixes e o resto das criaturas mariñas que habitan nas profundidades do mar? A través das lentes do periscópio vamos a coñecer esta perspectiva, como un medio para aprender a valorar os nosos recursos naturais e crear conciencia da importancia que teñen para o noso futuro. Unha experiencia para aprender en familia, xuntos construiremos un periscopio. 81
    • Museo Provincial do Mar Obradoiro Un mar de Mosaicos Unha vez coñecida a teoría da técnica dos mosaicos, fixeron un pequeno mosaico de goma eva con motivos mariñeiros. 82
    • Museo Provincial do Mar Obradoiros flores a mares Utilizando diferentes elementos, cada neno fará unha u máis flores e decorará e escribirá unha tarxeta con dedicatoria para aquela persoa a quen lle decida regalar a súa flor. 83
    • Museo Provincial do Mar Obradoiro Facedores de Maios Despois de falar da tradición dos maios, entregaráselle a cada neno e nena unha estructura piramidal que terán que decorar con figuras de animáis mariños recortados en goma eva, con flores secas e con cunchas. 84
    • Museo Provincial do Mar O mesmo tempo tamén terán que aportar algún animal mariño recortado en goma eva para o maio de maior tamaño que quedará no museo e que será unha obra conxunta de tódolos participantes no obradoiro. 85
    • Museo Provincial do Mar Obradoiro Flores e cunchas. Neste obradoiro recoñeceremos diversos tipos de cunchas de moluscos que nisturadas con flores secas, serviramnos para facer un collage, técnica artística na que se mezclan elementos. 86
    • Museo Provincial do Mar Obradoiro Ave Ciprianvs Con diferentes materiais, como bolsas de basura de cores, goma eva. cartulina, follas de tela,... fixemos traxes de romano e romana. Obradoiro Festa Pirata Como o seu propio nome indica, neste caso o obradoiro é en realidade unha festa, na que o máximo obxetivo éque os nenos e nenas que veñen 87
    • Museo Provincial do Mar participando nos nosos talleres o pasen en grande, poñéndolle así un broche de ouro a este ciclo de obradoiros que remata deste seito tan marino. Os piratas eran unhas das persoaxes que se encargaban de percorrer os mares canda os mariñeiros e os navegantes, aínda que con outras intencións, e nesta festa, pretendemos recrear a súa iconografía, con parches no ollo, bandeiras negras con tivias e calaveiras, panos na cabeza, canóns , e os seus típicos abordaxes, loitas de espadas, búsquedas de tesouros ou o seu castigo de atravesala pasarela de madeira sobre a auga ateigada de tiburóns famentos. 88
    • Museo Provincial do Mar Obradoiro Samaín Construímos a nosa propia cabaza, recortamos bruxas en vasoiras, pantasmas de ollos saltóns, e esqueletes de osos brancos e algodonados. Tamén contamos historias e unha bruxa repartíu cabaziñas con larpeiradas ós pequeamigos. Obradoiro O Magosto no museo Nel, lembramos o primeiro poema de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, onde lle ofrece zonchos á “neniña gaiteira”. 89
    • Museo Provincial do Mar Tamén aprendimos que a flor do castiñeiro é a candea, ou que a castaña seca chámase pilonga. Logo, os nenos e nenas, fixeron colares de zonchos e cucuruchos que encheron de castañas asadas pola nosa castañeira Cipriana. Obradoiro no museo Chegou o outono, e recollimo-las colleitas, e cos froitos da Natureza fixemos os nosos collages mariñeiros. 90
    • Museo Provincial do Mar 91
    • Museo Provincial do Mar Obradoiro Adopta a túa peza Obradoiro Muesos e integración social O Clube Pequeamigos da Rede do Museo do Mar celebrou o Día da Discapacidade realizando estas creativas mans solidarias. Obradoiro O cofre do Tesouro Antigamente a xente gardaba en cofres ou baúles as súas escasas pertenzas, e tamén era en cofres onde o mariñeiro levaban nas súas travesias 92
    • Museo Provincial do Mar unha lixeira equipaxe e unha grande esperanza de traelos cheos de tesouros. Por iso nos elaboramos o noso propio cofre. 93
    • Museo Provincial do Mar 5. PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURAL 5.1. Programa de ocio-turístico Equipo Unión deportivo Las Rozas Boadilla Madrid 5.2. Programa da Terceira Idade Ninguén como as persoas maiores de San Cibrao, isto é a terceira idade, pode valorar o patrimonio inmaterial que tiña a transmisión oral da súa época, xa que era o seu medio de comunicación, e nós os traballadores de museo somos os encomendados de traspasar o noso legado a outros conecllos, iso é o que imos a facer cos nosos visitantes da terceira idade, como o xeriátrico de Viveiro que nos visitou neste ano. 94
    • Museo Provincial do Mar Despedindo o ano cos nosos maiores 95
    • Museo Provincial do Mar 5.3. Semana dos museos Os museos integrados na Rede Museística Provincial, xestionados desde a área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, conmemoramos un ano máis o Día Internacional dos Museos. Desde 1977, o ICOM propón a celebración desta data o 18 de maio, unha xornada para difundir o importante papel dos museos no desenvolvemento social. 96
    • Museo Provincial do Mar Como cada ano, o ICOM escolle un lema para chamar a atención sobre as relacións entre os museos e a sociedade, e para este ano 2013 o reclamo escollido é MUSEOS (memoria + creatividade) = PROGRESO SOCIAL, unha oportuna e necesaria reivindicación, por mor da crise que nos anestesia, da relevancia que a memoria debe ter no desenvolvemento intelixente das culturas do mundo. O calendario decidiu que este ano coincida esta celebración coa novena edición de A Noite dos Museos, unha proposta do Ministerio de Cultura e Comunicación de Francia que desde o 2005 vai gañando adeptos e presenza mediática. Á tardiña, cando chegan as horas nocturnas, os museos abren as súas portas ofrecendo unha percepción diferente dos seus espazos visitables. Ademais, nesta semana que se prolonga desde o 13 ata o 19 de maio, temos o Día das Letras Galegas, o 17 de maio, este ano para homenaxear ao dramaturgo e actor compostelán Roberto Vidal Bolaño (1950-1987). Concertos e representacións teatrais, amais de actividades creativas son as propostas que ofrecemos nos catro museos integrados na Rede. E aínda teremos un recuncho, aproveitando que o día 15 de maio é o Día Internacional das Familias, para convocar e reunir a todos os que se animen; aos que acumulan, por idade, máis memoria e, e aos que, tamén por idade, aínda teñen o saco baleiro de experiencias. En definitiva, unha semana, desde o 13 ao 19 de maio, con múltiples propostas para todos os públicos, desde os obradoiros para os máis pequenos, para os adolescentes (lipdup, photocall) ou para os maiores, concertos, encontros e representacións teatrais, exposicións e experimentos que teñen os nosos museos como escenario. Pero, e, sobre todo, son días, como nos encomenda o lema do ICOM, para a memoria e creatividade, pasado e futuro prendidos (por ti, por todos e todas) polo elo que os pode unir; os museos da Rede Museística Provincial. 97
    • Museo Provincial do Mar Entre maiores: obradoiro de comunicación, con videoconferencia entre os 4 museos da Rede Museística Provincial. 98
    • Museo Provincial do Mar Photocall Durante toda a semana que foi do 14 ao 19 de maio, tendo como fondo un modesto escenario, quen o desexesaba podía caracterizarse co chapeu e o nariz de pallaso (que identifica a R. Vidal Bolaño) e fotografarse cun cartelón coa palabra en galego que máis lle gustaba. 99
    • Museo Provincial do Mar 100
    • Museo Provincial do Mar 101
    • Museo Provincial do Mar Expresión e artes da palabra na música popular galega Obradoiro de expresividade oral, dramática e musical que desde diversas manifestacións da música popular galega nos permite explorar a dimensión creativa e comunicativa da palabra. Coordina: Pepa Yáñez Anllo Enlace video: http://www.youtube.com/watch?v=VqJgaEI6wJI 102
    • Museo Provincial do Mar Lipdup da Rede Museística A continuación gravaremos un lipdub, ou dobraxe de labios, un vídeo musical nun só plano-secuencia no que van participar moitas persoas dobrando en play-back o tema Logo chega o día do grupo Lamatumbá. O produto final será difundido a través das redes sociais. Colaboran na gravación os equipos técnicos de campUSCulturae da USC. Coordina:Begoña Rodríguez Cacharrón. Enlace video: http://www.youtube.com/watch?v=1BpKHXXpXt4 Concerto das Letras -Megara Blues-rock en galego, en formato acústico 103
    • Museo Provincial do Mar 104
    • Museo Provincial do Mar Concerto da Noite dos Museos Alejandro Canoura (Guerrera). Blus-rock. 5.4. Museoloxía social Día Mudial do Alzheimer Dende a Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, a través da Rede Museística e os museos que a integran, levamos anos traballando e 105
    • Museo Provincial do Mar efendendo a idea duns museos abertos a toda a sociedade, converténdose en espazos para a participación e o diálogo a través da arte. O vindeiro 21 de setembro, “Día Internacional do Alzheimer”, queremos sumarnos a esta efeméride presentando unha actividade que dende anos se leva desenvolvendo nos outros tres museos da rede (Pazo de Tor, San Paio de Narla e Museo provincial do Mar) e estender este ano ao Museo de Lugo unha experiencia obradoiro dirixida a persoas diagnosticadas de Alzheimer e a todas aquelas persoas que, por uns ou outros motivos, conviven con esta enfermidade. O Alzheimer afecta a un gran número de persoas e, por extensión, a todas aquelas que as rodean. Actualmente tense sabido que o avance da nfermidade depende moito do contorno no que a persoa con Alzheimer desenvolva a súa vida cotiá. De aí, que un contorno o máis favorable posible xerará unha mellor calidade de vida. Desde a Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, comprometémonos con este traballo xa que consideramos que require do esforzó e implicación de todos os sectores sociais, culturais, educativos e sanitarios da sociedade. Dende a Rede Museística concibimos os museos como espazos de memoria. Unha memoria que, ao igual que os recordos das persoas, debe ser compartida para que se transfira, se contaxie e, en último caso, non fique no esquecemento. Por todo isto, convidamos a todas as persoas vinculadas a esta enfermidade a participar nesta experiencia que leva por título Álbum de memoria compartida e que, con esta primeira visita ao Museo, poidan iniciar un diálogo coas pezas expostas, que evoquen a reminiscencia das súas vidas para poder compartir ese caudal de memoria. [Antonio Veiga, vicepresidente da Deputación de Lugo] [Mario Outeiro Iglesias, deputado delegado da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo] Álbum de memoria compartida é unha experiencia-obradoiro dirixida a persoas enfermas de Alzheimer e aos seus familiares que dende o ano 2007, e de maneira continuada, se leva desenvolvendo en tres dos museos da Rede 106
    • Museo Provincial do Mar Museística (Museo Pazo de Tor, Museo Provinvial do Mar e Museo-Fortaleza San Paio de Narla). Un dos principais retos que nos formulamos, dentro do ámbito da museoloxía social, é traballar o campo das emocións a través do contacto vivencial coas pezas que atesouran os nosos museos. Os museos son espazos de memoria que, a través dos obxectos e dos diálogos que se xeran coas persoas, se van espallando e conservando. Queremos, nesta ocasión, estender a liña de actuación e desenvolver esta actividade no Museo Provincial de Lugo. O Alzheimer é unha enfermidade que afecta ás conexións neuronais e que as persoas van perdendo progresivamente, deixando de ter acceso aos seus recordos. A través da memoria queremos provocar emocións que evoquen lembranzas e se erixan coma pontes entre o pasado e o futuro. Con motivo do “Día Internacional do Alzheimer”, que se celebra o 21 de setembro, regalarase o Álbum de memoria compartida para traballar nun primeiro momento no museo e despois na casa. Na visita ao museo, seralles entregado a todas as persoas diagnosticadas con esta afección converténdose, dende ese momento, nunha ferramenta para a comunicación e narración de historias. A partir dunhas fichas coas que poidan traballar xuntos: enfermo-coidador e enfermo-museo, recolleranse imaxes, obxectos, lugares, palabras –en esencia– recordos que completen as páxinas deste álbum. Pero esta actividade tamén nace como unha oportunidade para que os posuidores deste álbum compartan a reminiscencia da súa historia de vida cos seus familiares, coidadores e seres queridos xa que serán estes quen, en último caso, a través das súas lembranzas axuden a completar esas follas en branco de recordos esquecidos. Entre as mans, sostéñense follas de experiencias e historias que ben poden ser comparadas coas catros estacións: a primavera representa unha época na que, como as árbores, nacemos e nos preparamos para dar os nosos mellores froitos; o verán, época na que a luz ilumina anos de novas experiencias e sensacións; o outono, como as follas das árbores que descenden lentamente, representa unha época máis sosegada na que avanzamos cara a un inverno no 107
    • Museo Provincial do Mar que as nubes e os claros comparten protagonismo nas nosas vidas e nos nosos recordos. En definitiva, Álbum de memoria compartida é un compromiso que dende hai anos a Xerencia da Rede Museística ten adoptado coas persoas maiores na súa aposta por defender “Un museo para todos, entre todos, onde o valor da memoria constitúe un tesouro tan valioso que merece defender e conservar.” [Encarnación Lago González, xerente da Rede Museística] 108
    • Museo Provincial do Mar 109
    • Museo Provincial do Mar 110
    • Museo Provincial do Mar 111
    • Museo Provincial do Mar 112
    • Museo Provincial do Mar 113
    • Museo Provincial do Mar 114
    • Museo Provincial do Mar Día Internacional da Loita contra a violencia de xénero O 25 de novembro é o día internacional da eliminación da violencia contra a muller, e desde a Rede Museística queremos ser partícipes activos desta efeméride, queremos actuar como axentes de cambio na loita contra os malos tratos. Segundo a ONU, ata un 70% das mulleres sofren violencia ao longo da súa vida. Para rematar con esta lacra a prevención é esencial, e para previr, a nosa obriga como axentes sociais é a de educar en valores, educar en igualdade. A data do 25 de novembro foi escollida para honrar a memoria das irmás Mirabal, tres activistas políticas brutalmente asasinadas en 1960 polo dictador dominicano, Rafael Trujillo (1930 – 1961). Así pois, desde o 25 de novembro ata o 1 de decembro, trataremos de abordar o tema da violencia contra as mulleres ó longo da historia, buscando entre as pezas que forman parte das nosas coleccións, a través da iconografía relixiosa, o concepto de pecado, de castigo físico como expiación, etc. Coñecendo o pasado trataremos de entender o presente e comezar a construír un futuro en igualdade. Esta é unha actividade para reflexionar xuntos, plantexada para realizar en familia. Ao remate da visita, farémoslle unha foto a todo aquel que 115
    • Museo Provincial do Mar queira manifestarse publicamente contra o maltrato, e a súa imaxe incluirase simbolicamente no blog “Plántalle cara aos malos tratos”. Desde o Clube Senior, os seus membros levarán a cabo a actividade “Plántalle cara aos malos tratos”, os días 14, 21, 25 e 28 de novembro, en horario de 17:00 a 18:30 horas. A actividade desenvolverase nas salas do MPLugo e terá como referente de estudo e investigación obras que se exhiben nas súas salas nas que se evidencien situacións de maltrato sexista, por exemplo as obras que representan martirios como os de Santa Águeda ou Santa Lucía. A historia e as lendas tamén serán obxecto da nosa análise. Desde os catro museos contaremos unha historia que forma parte da memoria do museo de San Paio de Narla: “Don Vasco das Seixas é un home cruel e desapiadado cos seus vasalos. Contrae matrimonio con dona Catalina Santiso, filla do nobre asturiano don Sancho López de Santiso. Ela representa para os veciños das Torres o exemplo de beleza, virtude, dozura e amabilidade. O cariño que esperta entre a veciñanza faille gañar o alcume de dona das Torres. Consonte vai crecendo o afecto da veciñanza por dona Catalina vai nacendo a xenreira en Vasco das Seixas, quen constata que a súa muller intervén sempre a favor dos labregos. Buscando un xeito de se desfacer dela dá en acusala de adulterio e trata de envelenala. Unha vez que a noticia do intento de asasinato se estende entre os veciños, estes xuran acabar co seu señor se algo lle acontece á dona das Torres. Ao pouco tempo cúmprense os seus peores agoiros e Catalina aparece morta. Vasco das Seixas, sabedor do destino que o agarda, foxe cunha presa de homes que aínda lle son fieis. Os veciños de Narla toman o pazo e envían, por unha banda, a Xan de Rodís a pedir xustiza perante o rei e, por outra, unha comitiva que debe informar a don Sancho do tráxico suceso. A veciñanza é a encargada do enterro de dona Catalina no mosteiro de Sobrado. Vinte días despois deste chega o seu pai, Sancho López de Santiso quen, acompañado por un delegado do rei e polo abade e algúns dos monxes de Sobrado, abre o cadaleito e descobre o corpo incorrupto da dona das Torres, coas mans postas sobre as dúas feridas que lle causara o 116
    • Museo Provincial do Mar seu home. Ao mesmo tempo Vasco das Seixas, refuxiado na casa do duque de Bragança, é asasinado polos homes deste”. Día da muller traballadora A ARTE DE SER MULLER NUN MUNDO POR COMPARTIR Historias de Mulleres e homes na Rede Museística Con motivo do Día Internacional da Muller, comezouse a traballar nesta actividade prevista para visibilizar o Día Internacional dos Museos o 18 de maio cuxo eixo principal era nun inicio salientar a figura feminina a través da creación de historias inspiradas nas obras e obxectos de cada un dos catro Museos da Rede Museística: Museo Provincial de Lugo Museo do Mar en San Cibrao Pazo de Tor en Monforte de Lemos Museo-Fortaleza San Paio de Narla en Friol 117
    • Museo Provincial do Mar 118
    • Museo Provincial do Mar Nunha fase previa de traballo de campo recolleronse multitude de relatos, poemas, cancións, fotografías e vídeos que falan da muller en tódalas facetas posibles: que traballa, que coida, que ri, que crea, que espera,… Un total de 785 historias nos catro museos. Queremos agradecer a participación de colectivos de artistas ,de persoas con capacidades diferentes , asociacións de mulleres do ámbito rural e mariñeiro como ALUME, COGAMI Lugo, ASPNAIS, AFAMON, AUXILIA Monforte, Asoc. de Mulleres de San Cibrao, Mulleres Redeiras "Cabo Burela" e A Mariña COGAMI. Dentro do traballo de campo que se fixo no Museo de San Paio de Narla baixo a coordinación de Francisca Abuín traballamos historias de mulleres no ambito rural. Nesta nova fase traballando o concepto de Museo aberto (un museo para todos, un museo enfocado aos seus públicos, un museo enfocado a diversidade, un museo que vai hacia unha sociedade de saberes multiples, donde traballamos o coñecemento compartido) A través de este proxecto de Contidos Revertidos do Museo buscouse a participación de todo tipo de públicos: Que sintes cando te achegas aos museos da Rede? Que te inspira este obxeto? Que pensas da validez das miradas sobre os obxetos? Sintes que formas parte deste museo? Gustaríache compartir a túa mirada con nos? Nunha fase previa de traballo de campo recolleronse multitude de relatos, poemas, cancións, fotografías e vídeos que falan da muller en tódalas facetas posibles: que traballa, que coida, que ri, que crea, que espera,… Un total de 785 historias nos catro museos. Queremos agradecer a participación de colectivos de artistas ,de persoas con capacidades diferentes , asociacións de mulleres do ámbito rural e mariñeiro 119
    • Museo Provincial do Mar como ALUME, COGAMI Lugo, ASPNAIS, AFAMON, AUXILIA Monforte, Asoc. de Mulleres de San Cibrao, Mulleres Redeiras "Cabo Burela" e A Mariña COGAMI. Dentro do traballo de campo que se fixo no Museo de San Paio de Narla baixo a coordinación de Francisca Abuín traballamos historias de mulleres no ambito rural. Nesta nova fase traballando o concepto de Museo aberto (un museo para todos, un museo enfocado aos seus públicos, un museo enfocado a diversidade, un museo que vai hacia unha sociedade de saberes multiples, donde traballamos o coñecemento compartido) A través de este proxecto de Contidos Revertidos do Museo buscouse a participación de todo tipo de públicos: Que sintes cando te achegas aos museos da Rede? Que te inspira este obxeto? Que pensas da validez das miradas sobre os obxetos? Sintes que formas parte deste museo? Gustaríache compartir a túa mirada con nos? 120
    • Museo Provincial do Mar Día internacional das persoas co discapacidade O vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, Encarna Lago González (xerente da Rede Museísitica) e Ángeles Miguelez (departamento de Didáctica da Rede Museística) presentaron o luns, 2 de decembro, no Museo Provincial do Mar de San Cibrao, Cervo, o proxecto MUSEOS SOCIALMENTE RESPONSABLES, un programa cuxas actividades se desenvolverán nos catro museos da Rede Museística da Deputación de Lugo desde o 3 de decembro (Día Internacional das Persoas con Discapacidade) ata o final da primavera de 2014. No mesmo acto presentouse o catálogo da primeira edición, unha iniciativa realizada por persoas cegas, pioneira en Galicia e no estado español. MUSEOS SOCIALMENTE COMPROMETIDOS REDE MUSEÍSTICA DE LUGO 121
    • Museo Provincial do Mar A través dos catro museos que compoñen a Rede Museística (MuseoFortaleza San Paio de Narla, Museo-Pazo de Tor, Museo Provincial do Mar e Museo Provincial de Lugo) apostamos e defendemos unha Museoloxía Social: museos que manteñen un diálogo permanente co seu entorno, museos comunitarios onde as voces das e dos cidadáns teñen moito que dicir, museos solidarios e accesibles. Dende o departamento de Accesibilidade e Capacidades Diferentes da Rede Museística seguimos traballando en proxectos a prol da igualdade, a intermediación, interxeración e a interculturalidade. Nesta ocasión, un ano máis por estas datas, aproveitamos o mes de decembro para facer fincapé nunha programación de MUSEOS SOCIALMENTE COMPROMETIDOS. Con motivo da celebración o 3 de decembro do Día Internacional das Persoas con Discapacidade deseñamos unha programación aberta cun dobre obxectivo: ofrecer unha accesibilidade integral aos museos que compoñen a Rede Museística, así como a visibilidade de grupos socias que carecen deses espazos na actualidade. O programa desenvolverase ao longo de todo o mes de decembro, ampliándose ata marzo de 2014 con propostas diversas (exposicións, obradoiros, artes escénicas, cine, xornadas de reflexión, etc) que se engloban en 4 áreas de actuación: 1.-Capacidades diferentes 2.-Accesibilidade e integración 3.-Diálogo Intercultural 4.-Xénero e Igualdade Dende a participación, a colaboración e a cooperación poñemos a disposición de todas e todos os catro museos da Rede Museística como espazos de convivencia e diálogo; lugares abertos onde as minorías sociais gocen da importancia e relevancia magna que merecen, onde o diferente se naturalice e converxa co normal. 122
    • Museo Provincial do Mar Plural é a palabra Museos, como plural é a palabra Persoas. Museos para todas e todos, entre todas e todos, por unha sociedade máis xusta, social e igualitaria. PRESENTACIÓN DA 2º EDICIÓN DO CURSO FOTOGRAFÍA A CEGAS E PRESESNTACIÓN DO CATÁLOGO DA 1ª EDICIÓN “CURSO FOTOGRAFÍA A CEGAS. 123
    • Museo Provincial do Mar 5.5. Programa de Exposicións Exposición: O Entroido en imaxes Fotografías de José Manuel Blanco Prado dos Entroidos máis espectaculares da provincia de Lugo. As caras do Entroido. Proxección audiovisual de vídeos e fotografías antigas e actuais dos Entroidos Ribeirao, Salcedao e da Terra Chá. As fotografías pertencen aos arquivos J. M. Blanco Prado, IESCHA, B. Barreiro e área de Cultura e Turismo da Deputación. Os vídeos foron realizados por Carme Pernas e Rosa Brañas, bolseiras de patrimonio inmaterial da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, e pola Asociación Cultural en Defensa do Patrimonio “LugoPatrimonio”. A proxección foi continúa durante os días do período de Entroido. Enlace video-montaxe: http://vimeo.com/59045452 RESUMO Neste artigo faise mención dalgúns rituais que se empregan na festividade do Entroido por algunhas comunidades da provincia de Lugo. O mesmo tempo o traballo vai ilustrado cunha serie de fotografías sobre a devandita festividade que serviron de base para unha exposición fotográfica levada a cabo polo autor. 1.- LIMIAR. Acomezos do mes Abril do 2004, D. José Manuel Blanco Prado l profesor de Filosofía do I.E.S. “Xoan Montes” de Lugo realizou unha exposición etnográfica sobre diferentes trazos con respecto ó Antroido na provincia de Lugo. Esta exposición tivo lugar no 124
    • Museo Provincial do Mar mesón “O Fomo”, sito na C/ Río Ser e propiedade do Sr. Carreira. Afinalidade que pretendía o autor era amosar dun xeito directo por medio da fotografía algunhas peculiaridades do Antroido na devandita provincia. Polo tanto, nesta primeira exposición, o autor tentaba reflectir por medio de vintetrés fotografías diferentes rituais sobre esta festa, que tiñan e seguen tendo lugar en distintas comunidades lucenses: Lugo, a Ribeira de Chantada, a Térra Cha e o Val de Lemos. Ademáis incorporou nun folleto unhas breves considerancións teóricas sobre o desenvolvemento desta festa nas comunidades citadas para que poidesen servir de guía a tódalas persoas ,que visitasen a exposicíón.Tanto a exposición como a guía que acompañou a mesma serviranlle de fundamento para inmediatas investigacións, que ten pensado levar a cabo sobre outros Antroidos nesta provincia. Finalmente o autor pretende exponer neste artigo os contidos do folleto, que realizou para tal evento, así como as fotografías da exposición máis relevantes. 2.- O CICLO DO ANTROIDO. O entroido é unha expresión latina, que sifiifíca no ámbito cristián “ adeus á carne”, xa que se refire os derradeiros días nos que se podía comer carne antes de que chegáse a Coaresma. Así o manifesta a seguinte cantiga: // “ Adiós, martes de Antroido / adiós, meu amiguiño / hasta el Domingo de Pascua / non comerei máis touciño”//. O entroido - segundo Marino Ferro — “es una fiesta de libertad, de licencia, de inversión de valores y de parodia”. Caro Baroja fálanos déla “como una fiesta de paso de año concebida desde una sociedad urbana pero aún lo bastante allegada a la agricultura y al pastoreo como para que subsista en ella un hondo sentido de la vinculación con los ritmos vitales de la planta cultivada y el animal doméstico”. Segundo Vicente Risco o ciclo máis xeralizado do entroido era o seguinte: 1. O “Domingo Fareleiro”. Por ex. “Ribeira de Chantada” (Vilauxe...). 2. O “Xoves de Compadres”. Concellos da Terra de Lemos (Bóveda, Monfórte de Lemos, Pantón, Pobra de Brollón, o Saviñao...). O máis importante Monfórte de Lemos. 3. O “Domingo Corredoiro”. Por ex. “Ribeira de Chantada” (Vilauxe, Nogueira...). 4. O “Xoves de Comadres”. Concellos da Térra de Lemos. O máis importante Monfórte de Lemos. 5. O “Domingo, Lúns e Martes do Entroido”. En moitas parroquias e pobos da provincia de Lugo celébranse bailes e concursos de disfraces. De tódolos xeitos compre distinguirmos: 5.1. Lúns do Entroido. “O oso de Salcedo” (A Pobra de Brollón). 5.2. Martes do Entroido. “ O enterro do Entroido” en Vilauxe (Chantada), no Val do Franco (Castro de Rei), en Tirimol (Lugo) etc. Neste día tamén é importante “O sermón e o xuizo ó Entroido” no Val do Franco. 6. O “Mércores de Cinza. Enterros da sardina na cidade de Lugo e nos pobos de Burela, Monfórte de Lemos, Sarria, Vilalba, Viveiro ... Tamén nalgunhas comunidades da provincia celébrase o Domingo de Piñata: P. ex. “A queima do Entroido” en Ribadeo, que é o que ten maiores proporcións da provincia. 3.- BREVE REFERENCIA OS ENTROIDOS REFLECTIDOS ÑAS FOTOS DA EXPOSICIÓN. 3.1.- O Entroido da Ribeira de Chantada. Antaño, o entroido celebrouse ñas parroquias de Santiago de Arriba, S. Pedro de Líncora, Camporramairo, A Zariña, Nogueira do Miño, Vilauxe etc. Pero nos derradeiros anos, debido á perda de xente nova nestas parroquias, so se segué celebrando algo en Nogueira do Miño e Vilauxe. Esta última parroquia recuperou a tradición do Entroido no ano 1998. Todo isto motivou que no ano 2001 se constituíse a “ Asociación do Entroido Ribeirao de Chantada”, que ten como finalidade salvar unha tradición que estaba a piques de desaparecer. Por tal motivo os seus integrantes tentan proxectar o entroido non so a aquelas parroquias con raígame carnavalesca, senón tamén á propia capitalidade do concello. O entroido nestas térras celébrase durante cinco días: os domingos de Lambedoiro, Corredoiro e Antroido, e o lúns e martes do Entroido. Nestas datas saen unha serie de persoas disfrazadas do seguintes xeito: 125
    • Museo Provincial do Mar 1. Os volantes. Son as figuras máis chamativas. Levan unha camisa branca cunhas vendas cruzadas desde os nocellos ós xeonllos; por riba da camisa levan posto uns grandes panos de muller, cruzados por cada ombro; na cintura portan un cinto, que sostén vintecatro campaiñas, chamadas “machos” ou “femias”, segundo causen un son grave ou agudo; por riba da súa cabeza levan “o pucho”, un armazón de fío de aramio e madeira, provisto de cintas e frores de papel de tódolas cores, que remata nunha boneca de xoguete e dous penachos. Os volantes, sempre do sexo masculino, van saltando, o que da lugar a que as cintas de papel voen polo aire e as campaiñas orixinen un constante e rítmico son. Estes, acompañados dalgúns “peliqueiros”, son os encargados de anunciar o comezo dun oficio no que adoitan intervir un bo número de “mecos”. 2. Os peliqueiros. Van provistos dunha pelica - pel fina de cameiro ou cabrito- que levan por riba da roupa. Ademáis portan un pao o un látego, para ímpediren que algúns observadores dos oficios tenten desfácelos. 3. Os mecos. Son os personaxes máis numerosos. Visten con roupa vella e son os que se encargan de representar os diferentes oficios, que teñen como finalidade dos server de parodia dos distintos traballos e comportamentos sociais. Neste últimos anos fundouse en Chantada a “ Asociación do Antroido Ribeirao”, que debido á progresiva perda do Antroido de Santiago de Arriba, A Sariña, San Pedro de Líncora e outras parroquias da Ribeira, defende o traslado desta manifestación festiva á vila de Chantada como vía para sálvala. Pola contra a comunidade parroquial de Vilaúxe quere seguir organizándoo por si mesmo. A este respecto Juan Carlos González, presidente da Asociación do Entroido Ribeirao, manifesta: “Se os de Vilaúxe poden, perfecto, pero o resto das parroquias non temos medios”. 3.2.- O Oso de Salcedo (A Pobra de Brollón). O lúns do Entroido, na localidade de Salcedo (A Pobra do Brollón), sae polas corredoiras e rúas do pobo o oso, un personaxe vestido con peles de cordeiro e máscara de plantígrado.Éste, axudado por uns criados -normalmente catro- dedícase a “cazar” a tódalas persoas, que atopa no seu camino, para tisnarlles a cara con cinsa recollida dalgunhas cociñas do pobo, e, ás veces, con brea. O profesor francés Yvon Dupouy - investigador das diferentes manifestacións do oso en Europa- indícanos o carácter ambiguo do oso, xa que mentres en Salcedo -coincidente dalgún xeito coa Cataluña francesa- o oso non é perigoso senón que é un animal que serve para anunciar a primavera e ó mesmo tempo é símbolo da fertilidade e ledicia, en Rumania, o oso é unha figura vinculada a algo maléfico. En Salcedo, -segundo Mercedes Vázquez- o oso apareceu sempre vestido con peles na compaña dos criados que o levaban atado cunha corda e, cando o soltaban, tirábase nos charcos, e logo, tirábase á xente tocando o esquilón, as chocas, segundo comenta o Quinto de Salcedo. No Entroido galego, o oso acostumbra a ir so, pola contra en Salcedo, aparece en compaña dos criados que noutrora o axudaban a emporcar á xente, aínda que hoxe confórmase con tiznar e tirar ó chan a máis dun2. 3.3.- O Xoves de compadres e omadres. Tanto os compadres como as comadres son bonecos, realizados con palla, ben comprimidos e vestidos con roupas de homes e mulleres, respectivamente. Hai anos, nalgúns barrios de Monforte de Lemos pendían estes bonecos, o día antes da festa, nun lugar de difícil acceso e logo os vixíaban toda a noite; así, mentres os homes estaban pendentes des comadres, as mulleres estábano das compadres, xa que era doado de recoñecer o sexo da persoa representada por mor das roupas que lle foran postas. A finalidade era recuperar o boneco, o que daba lugar a unha loita simbólica entrámbolos dous sexos. Na actualidade na Térra de Lemos, que abrangue os concellos de Bóveda, Monforte, Pantón, O Sabiñao, A Pobra do Brollón, Sober, tentase facer diversas parodias, tanto o xoves de compadres como o de comadres, usando bonecos dámbolos dous sexos, que representan diferentes comportamentos e tarefas da vida cotiá. Este antroido foi analizado, entre outros, por Hermida Balado, Germán Vázquez e Moure Mariño3. 3.4.- O entroido no “Val de Francos”. 126
    • Museo Provincial do Mar Dende o ano 1992 as parroquias de Ansemar, Balmonte e Gobernó celebran neste fermoso val o entroido como reflicten as seguintes estrofa: “ Xa que tres pobos se uniron, “ Balmonte, Gobernó e Ansemar con unha grande ilusión , xuntas o Antroido van festexar nunha tarde de harmonía , ¡é tan fermosa esta unión fan esta celebración”, que mesmo agranda o corazón” 4. Os actos máis representativos deste entroido son o sermón, o xuizo e a queima do entroido. 1. O Sermón. Trátase dun conxuncto de estrofas, pronunciadas normalmente por un home ,e as veces tamén por unha unha muller, nas que se satirizan preferentemente diferentes eventos que tiveron lugar no concello, e nesas parroquias en particular. Entre algúns sermoeiros de sona irnos distinguir os seguintes: Laxe de Loentia, Elias da Concha de Ansemar, Salvador de Aguiar de Samartiño de Gobernó, Hipólito e Eleuto de Ansemar, Edelmiro de Samartiño de Gobernó e Serafín de Tito de Quíntela5. 2. O Xuizo ó Eentroido. Neste acto interveñen tres persoas, que simbolizan a un xuiz, un fiscal e un avogado defensor, que levan a cabo o seu rol, utilizando, ó igoal que no sermón, unha serie de estrofas ñas que ó remate o fiscal condena ó antroido a ser queimado. Finalmente é importante facer mención do Antroido do ano dous mil, xa que ,por primeira vez nesta comarca, foi planificado por tres mulleres: Ana María Canto Rodríguez, da parroquia de Gobernó; María Luisa Alonso, de Balmonte e Montserrat Flores Fernández, de Ansemar. 3.5.- O enterro da sardina. Na cidade de Lugo e nalgúns pobos da provincia: Burela, Chantada, Monforte, Sarria, Vilalba...celébrase no solpor do mércores de cinza este enterro, no que interveñen confrades, plañideiras e devotos, que levan nos seus ombros o cadaleito da sardina ata a praza maior, onde un representante dos confrades pronuncia un discurso satírico. Na nosa cidade, o acto é organizado pola asociación cultural Pepe Barreiro, persoa que noutrora impulsou en Lugo esta celebración. Na procesión fúnebre participan máis de cen persoas, que saen do Círculo das Artes e percorren varias rúas, cantando as estrofas, escritas no seu día polo fundador da confraría. O percorrido remata na praza maior, onde o carón da Casa Consistorial un representante da comitiva lee uns ferretes - estrofas-, que aluden a diferentes eventos da política estatal, autonómica e municipal 6. No ano dous mil catro a estrofa cantada polos confrades e demais persoas asistentes ó acto foi a seguinte: “ E xa temos unha ponte, fíxerona os romanos e agora que se biquen o alcalde e o señor Cascos” As diferentes estrofas que se cantan neste día, son elaboradas en galego por todas as persoas da confraría que o estimen conveniente. En anos vindeiros tense pensado facer un concurso público de “estrofas satíricas” para seleccionar as máis axeitadas. Exposición Obxectos para Comunicar Exposición de obxectos escollidos entre os fondos deste museo e que tiveron no seu momento histórico unha función asociado á comunicación entre os seres humanos. 127
    • Museo Provincial do Mar Exposición: Galiza nun tempo de seu O presidente da AS-PG, Xoán Costa, e Marcos Maceira, coordina a exposición Galiza nun tempo de seu que consiste nun pequeno percorrido pola Galiza medieval centrándose en tres momentos que mostran cal foi o noso desenvolvemento no periodo baixomedieval. A información que se ofrece a través dos paneis permite ao visitante non especializado obter unha visión xeral e sinxela deste período histórico. Esta exposición, que percorrerá o resto dos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ata o 17 de marzo de 2014, está dividida en 3 partes cronolóxicas. Na primeira abordarase a liñaxe dos Castro, unha familia á fronte do Reino de Galiza, que logo se desprazará ao Pazo de Tor polo seu vencellamento xeográfico coa zona. Noutra parte afondarase nas causas e consecuencias dos movementos irmandiños na Galiza do século XV, sección que logo da súa exposición en Lugo pasará ao Museo-Fortaleza de San paio de Narla, en Friol. E por último, no Museo do Mar de San Cibrao exporase a parte destinada a explicar o período de resistencia á monarquía dos Reis Católicos onde a figura central é o mariscal Pardo de Cela. 128
    • Museo Provincial do Mar Exposición redeiras 129
    • Museo Provincial do Mar 130
    • Museo Provincial do Mar EXPOSICIÓN: Marionetas e contos do mundo. Colección de Pedro Lavado Paradinas. A colección de monicreques e marionetas de Pedro Lavado Paradinas, que configuran o seu singular Museo Utoplía, non é só un conxunto de obxectos procedentes de todo o mundo, senón que lle engade á rareza das pezas e á súa procedencia exótica contos e lendas que forman parte da tradición oral e teatral de moitas culturas. Monicreques e marionetas formaron parte da versión didáctica e amena de historias do Mahabarata e do Ramayana hindú, de ritos e maxia no mundo africano, anécdotas e historietas de pícaros como Nasredin, Yehá, Guignol, Arlequín, Gorgorito, Punch Kasperle, Petrouska ou Wolf, por só citar algúns dos protagonistas máis famosos do elenco teatral e naturalmente de todas as fábulas e contos que oímos de pequenos e que nos chegaron a través das recompilacións de Fedro, Esopo, Iriarte, Samaniego, Fenelón, os irmáns Grimm, Andersen ou Perrault. Por todo isto, esta exposición, presentada hoxe no Museo de Lugo, quere ofrecerlle ao gran público, e non só aos pequenos senón tamén aos máis maiores, unha mostra de como as historias se van adaptando aos novos tempos e creando novas personaxes, entre as que destacan as actuais marionetas de Barrio Sésamo, os Fraggle, Dora, Pocoyó, Trancas e Barrancas e outros mil personaxes habituais xa nos programas de televisión. A exposición Marionetas e Contos do mundo, no Museo de Lugo, ofrece pezas de madeira tallada e policromadas con pan de ouro procedentes de Birmania. Outras de gran formato de Sri Lanka, unha curiosa colección de pezas de madeira, cabaza e vestidos de tela reciclados procedente de Togo, Benin e Mali. Pezas a cabalo entre o rito e a maxia e como nalgún caso usadas para os rituais tras o nacemento, coñecidas como máscaras gueledé. Hai pezas de Uzbekistán, México, checas, inglesas, alemás, francesas e españolas e, como non podía faltar nestas próximas festas, marionetas co tema do Belén e en especial as do Belén animado de Tirisiti en Alcoi, Alacante, un dos exemplos máis curiosos da tradición e patrimonio intanxible na España actual. 131
    • Museo Provincial do Mar A colección de Pedro Lavado, que conta con máis de dúas mil marionetas e monicreques de todo o mundo, e das que aquí se mostran duascentas, busca un lugar onde asentarse definitivamente para que nenos e adultos sigan soñando con esas historias e contos. 132
    • Museo Provincial do Mar 5.6 Servizo do museo para outras actividades Sorteo Reis Acia Sinatura convenio APNED 133
    • Museo Provincial do Mar Reunión de Antonio Veiga co Club piragüismo Sinatura de convenios de teleasistencia do vicepresidente da deputación de Lugo, Antonio Veiga, e o delegado de cultura, Mario Outerio, con Alcaldes da Mariña. 134
    • Museo Provincial do Mar Reunión do Grupo de Acción Costeira, A Mariña-Orgegal (GAC) 135
    • Museo Provincial do Mar 5.7. Programa de conferencias. O ciclo “A Arqueoloxía e o Mar: Navegando na nosa historia”, cunha conferencia a cargo de Pau Sureda Torres, investigador do mundo fenicio no Mediterráneo, e que leva por título “O comercio e a navegación fenicia no Mediterráneo antigo”. Os relatorios deste ciclo, organizado por Marián Cueto (Instituto Internacional de Investigacións Prehistóricas de Cantabria, IIIPC) e Edgard Camarós (Instituto Catalán de Paleoecoloxía Humana e Evolución Social, IPHES), e patrocinado pola Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo e a Rede Museística Provincial, teñen por obxectivo valorar o papel do mar ao longo da nosa historia. A Arqueoloxía Introdución e o Mar: Navegando na nosa historia O obxectivo deste ciclo de conferencias é valorar o papel que o mar tivo ao longo da evolución humana, non só nos momentos máis recentes da historia, senón xa dende a Prehistoria. O mar sempre estivo presente como fonte de recursos, proporcionou alimentos dende a prehistoria, serviu como vía de comunicación dende a antigüidade, e é unha fonte inesgotable de sorpresas na actualidade en tanto que esconde unha parte da nosa historia, pecios afundidos, covas que foron habitadas antes da transgresión mariña, restos de batallas. Por iso, eliximos unha serie de profesionais cuxos estudos abranguen cronoloxías diversas, de maneira que, con este ciclo, poidamos cubrir un período amplo, así como temas variados, dende investigacións sobre os recursos mariños ata prospeccións subacuáticas. Conferenciantes Pau Sureda Torres.- Universitat Pompeu Fabra, Barcelona. Investiga o mundo fenicio no mediterráneo. 136
    • Museo Provincial do Mar Ignacio Crespo Liñeiro.- Empresa Argos (A Coruña). Realiza prospeccións subacuáticas na Mariña e descubriu recentemente varios pecios afundidos nas rías de Ribadeo e Viveiro. 137
    • Museo Provincial do Mar Edgard Camarós.-Institut Català de Paleoecologia Humana i Evolució Social. A súa investigación céntrase no Plistoceno final. 138
    • Museo Provincial do Mar Víctor Bejega García.- Universidade de León. Realizou as escavacións do Faro de San Cibrao e o estudo dos restos mariños encontrados. 139
    • Museo Provincial do Mar Esteban Álvarez Fernández.- Universidade de Salamanca. Especialista en recursos mariños, estuda os restos encontrados en depósitos arqueolóxicos de época prehistórica. 140
    • Museo Provincial do Mar 141
    • Museo Provincial do Mar 5.8. Programa de cine Proxección película “O Apóstolo” O Apóstolo (2012), o primeiro filme de animación europeo stop-motion en 3D, guionizado e dirixido por Fernando Cortizo, producido por Artefacto Producciones, nominado aos Premios Goya, foi protagonista nos catro museos da Rede Museística. Un dos motivos é que desde o 15 de febreiro o Museo Pazo de Tor custodia e amosa aos visitantes parte das maquetas dos decorados desta película; outro motivo é que esta películaestivo nominada nos Premios Goya con opción a Mellor Película de Animación. E a terceira, e máis importante das razóns, consiste en ofrecer aos nosos visitantes a oportunidade de visionar totalmente gratis este excelente filme. Xunto coas proxeccións que se realizarán nos catro museos conforme ao calendario que se achega, tamén haberá ocasión de escoitar e partillar co seu director, Fernando Cortizo, e coa responsable da produtora, Isabel Rey, para coñecer as interioridades dunha rodaxe moi complexa. Sinopse Un preso que acaba de fugarse do cárcere intentará recuperar un botín agochado anos atrás nunha solitaria e apartada aldea do Camiño de Santiago; pero o que alí vai atopar suporalle unha condena aínda maior da que fuxiu. Sinistros anciáns, estrañas desaparicións, espíritos, un peculiar sacerdote e ata o mismísimo arcipreste de Santiago cruzaranse no seu camiño nunha historia de suspense, humor e fantasía. 142
    • Museo Provincial do Mar Director: Fernando Cortizo Productores: Artefacto producciones Guionistas: Fernando Cortizo Actores: Paul Naschy, Jorge Sanz, Carlos Blanco, Xosé Manuel Olveira 'Pico' Duración: 80 min. Festival Internacional Euroárabe Amal A Fundación Araguaney – Puente de Culturas ten como prioridade fundamental promover o intercambio cultural entre España, América Latina e o Mundo Árabe cunha clara vocación universal. Fomentar a comprensión do mundo árabe a través do cine e fomentar o sétimo arte é un compromisos do Festival Amal ao que un ano máis se quere sumar a Rede Museística ofrecendo a maiores e pequenos un ciclo de cine que ofreza unha visión global, cosmopolita e intercultural do mundo. Este ano teremos a oportunidade de ver as mellores películas da última edición de Amal. O ciclo Amal 2013 PROGRAMA 1: LE THÉ OU L´ELECTRICITÉ Premio Amal 2012 á mellor longametraxe documental Dirección: Jérôme le Maire Duración: 93 min. País: Bélxica, Marrocos. 143
    • Museo Provincial do Mar PROGRAMA 2: RABAT Premio Amal 2012 á mellor longametraxe de ficción; mellor direcció e á mellor interpretación masculina. Dirección: Jim Taihuttu e Victor Pontem Duración: 65 min. País Holanda. EID Premio Amal 2012 á mellor curtametraxe documental. Dirección: Saaheb Collective Duración: 9 min. País: Palestina. PROGRAMA 3: BROMAS APARTE Dirección: Vanessa Rousselot. Duración: 54 min. País: Francia, Palestina. ENSEMBLE Premio Amal 2012 á mellor curtametraxe de ficción. Dirección: Mohamed Fekrane Duración: 17 min. País: Francia. 144
    • Museo Provincial do Mar 5.9. Programa de recurso educativos Charla divulgativa: Que celebramos no Entroido? Algúns Entroidos singulares da provincia de Lugo Por Carme Pernas Bermúdez, bolseira de patrimonio inmaterial da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo. 5.10. Programa discapacidade Visita da Asociación Síndrome de Down de Lugo 6. PROGRAMA DE PERSOAL Xerencia: Encarna Lago González Vixianza-guía: Ángeles Miguélez Martínez Vixiancia: Amelia Pernas García Servizo de limpeza: María José López 145
    • Museo Provincial do Mar 7. PROGRAMA ECÓNOMICO 146