Memoria rede museistica 2012 (1)

665 views
573 views

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
665
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
99
Actions
Shares
0
Downloads
1
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Memoria rede museistica 2012 (1)

  1. 1. ÍNDICELIMIAR1. MODELO DE XESTIÓN2. PROGRAMAS 2.1. PROGRAMA ARQUITECTÓNICO 2.2. PROGRAMA COLECCIÓNS 2.3. ACCIÓN CULTURAL 2.3.1. Concertos: 2.3.2. Revistas Orais: 2.3.3. Cine 2.3.4. Artes Escénicas 2.3.5. Exposicións 2.3.6. Xornadas e Conferencias 2.3.7. Museoloxía Social 2.3.8. Efemérides 2.4. DIDÁCTICA 2.4.1. Actividades escolares 2.4.2. Actividades e obradoiros extraescolares 2.4.3. Actividades e obradoiros de verán 2.4.4. Actividades e obradoiros de nadal 2.4.5. Obradoiros complementarios das exposicións
  2. 2. 2.4.6. Programa exclusivo do Museo de Etnográfico de San Paio 2.4.7. Programa exclusivo do Museo Provincial do Mar 2.4.8. Programa exclusivo do Museo Pazo de Tor 2.5. PROGRAMA ECONÓMICO 2.6. PLAN ESTRATÉXICO DA REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL 2.7. PERSOAL 2.8. CONSERVACIÓN 2.9. DOCUMENTACIÓN E INVESTIGACIÓN3. ESTADÍSTICAS ANUAIS 2012
  3. 3. LIMIAR O 2012 é o ano de revisión, de rexeneración e de novas expectativas. Constitúe unpunto de inflexión con respecto á organización e xestión dos principais activos que conformana Rede Museística Provincial. A gravidade do novo escenario económico fixo que nosdetivéramos a pensar se realmente camiñábamos todos na dirección correcta e, o máisimportante, se camiñábamos todos xuntos nesa mesma dirección. Despois de facer exame de conciencia, chegamos á conclusión de que necesitábamosdar un novo golpe de temón na nosa traxectoria e reunificar esforzos para recuperar o nosopapel como principal activo dinamizador socio-cultural da provincia. O 2012 é o momento de dar un paso ó frente e asumir a responsabilidade que noscorresponde como dinamizadores culturales da provincia, logo de tres anos afastada da tomade decisións do MPL. Desde este ano comezará a funcionar unha nova infraestructurafuncional cun novo organigrama de persoal, aprobado polo Pleno da Deputación provincial, noque se reforza o papel da Xerencia asumirá a responsabilidade da Rede Museística Provincial,co obxectivo de conquerir unha optimización dos recursos dispoñibles, tanto materiais eeconómicos como humanos. Establecemos unha refedifinición de tódolos departamentos,aplicando criterios de racionalidade e operatividade. Buscamos un novo achegamento á sociedade, facéndoos partícipes dunhaprogramación estable e sostible, revalorizando o papel esencial do departamento de didácticae do seu persoal, clave de bóveda desta nova infraestrutura. Queremos recuperar no Museo Provincial a filosofía da museoloxía social que fixo dosoutros tres museos da provincia un referente a nivel nacional. Para iso hai que manter uncontacto permanente coa sociedade para poder percibir as súas necesidades, algo totalmenteimprescindible nun tempo de cambios constantes, condicionado por unha total perda deconfianza da cidadanía no sistema. A Rede Museística debe converterse nun núcleo de sinerxias culturais, nun punto deencontro activo para a participación cidadá. Temos que abrir as portas, ir creando lazos deconfianza coa xente se queremos xerar ese sentimento de pertenza necesario para construírunha identidade cultural común, sempre traballando desde o local ó global (concepto deglocalidade). Neste novo ciclo van xogar un papel decisivo as TIC’s, como ferramenta para traspasaros muros dos propios museos e superar as limitacións impostas polos paradigmasmuseolóxicos tradicionais. Vamos profundizar aínda máis no uso das novas tecnoloxías e dasredes sociais como medio esencial para achegar o museo a novos usuarios, facilitar a súaimplicación activa e lograr a súa participación directa nos proxectos da Rede Museística,establecendo un diálogo permanente con eles.
  4. 4. Asimesmo, a publicación de contidos en internet constitúe unha manifestación docódigo de transparencia que se aplicará a tódolos actos administrativos de xestión destainstitución. O plan estratéxico deseñado para o periodo 2011-2014 define as súas liñas deactuación na recuperación daquelas estratexias do pasado, que se abandonaron nalgúnmomento, pero que marcaron o camiño correcto cara ós obxectivos que ahora queremosacadar. Esta Xerencia retoma as rendas desta vía cunha nova mirada, co obxectivo final deofrecer ós nosos usuarios un servizo de máxima calidade.
  5. 5. 1. MODELO DE XESTIÓN A Rede Museística Provincial, foi constituída oficialmente no mes de xuño do ano2006, aglutina os catro Museos actualmente dependentes da Deputación Provincial de Lugo:MPL, Narla, Tor e Mar. Mediante o achegamento ao público, diálogo coas distintas realidades, facendo que ainstitución que xestionamos se reinvente continuamente. Defendemos unha estrutura dexestión autónoma, profesional e participativa, que permita un desenvolvemento máis sólidoda Rede Museística, facendo dos nosos museos lugares máis próximos a todos os cidadáns,xerando, deste xeito, novas condicións para a distribución da cultura e accesibilidade ao nosopatrimonio.Traballamos con diñeiro público e non podemos restrinxir o acceso á cultura, así a todo,debemos amplialo, acrecentando a capacidade da Rede de museos como espazo educativo ede investigación. Debemos abrirnos a novos públicos, crear redes de traballo con outrasinstitucións e axentes culturais, artísticos e sociais do noso ámbito, nun entorno que debe sertotalmente descentralizado. O reto é lograr estender os efectos da nosa acción cultural aomaior número de públicos, sen por iso rebaixar o rigor e a calidade que deben marcar ascaracterísticas das actividades. Non existe un gran público maioritario, senón moitos públicosminoritarios, diferenciados, con intereses, gustos e formacións diferentes; a todos elesqueremos achegarlles os nosos museos. "Capacidades diferentes e accesibilidade" son os parámetros nos que centramos anosa actividade nos últimos dez anos. Esperemos que sigan servindo no futuro.
  6. 6. 2. PROGRAMAS 2.1. PROGRAMA ARQUITECTÓNICO Pazo de Tor- Cambio das cristaleiras na biblioteca por cristais anti-raios UVA e acristalamento da partesuperior dunha parede.- Mobiliario para a biblioteca (tres mesas para consulta e unha de ordenador).- Restauración do antigo fol da fragua.- Adecuación da aula de didáctica: Arranxo iluminación. Colocación de tarima no chan. Instalación dun equipo de son (micrófono). Colocación de cristais sobre os antigos comedeiros. Mobiliario para a aula: corenta e catro cadeiras novas e unha pantalla de proxección.- Montaxe de novos espazos expositivos: forxa, poleiro, guarnicionería e cabalerías.- Colocación de tarima no chan e novos puntos de luz na sala de cabalerías.- Conexión Wifi na aula de didáctica e biblioteca.- Reparación táboas do corredor por parte do carpinteiro da deputación.- Limpeza pezas de guarnicionería.- Desratización da biblioteca, sala caldeiras, almacéns, sotos e áreas exteriores cada tres meses- Arranxo e posta a punto do ascensor.- Reparación dunha canle do tellado con tea asfáltica.- Recollida de auga para control de legionella e potabilidade.- Instalación dunha conexión internet 3G Museo Provincial do Mar- Reposición de sistema de iluminación, por parte do persoal do Museo durante todo ano2012.- Reposición de tubo protector de cable eléctrico da farola ubicaca na parte posterior doedificio 2012.- Pintado e fixación de pezas expostas no xardin traseiro “Antenas de Goneos”.
  7. 7. - Fixación da mangeira de rego na fachada posterior do edificio.- Fixación da escada na fachada posterior do edificio.- Mantenemento de toda a zona axardinada do recinto “corte de céspede e poda deárbores”. Museo Etnográfico De San Paio de Narla- Cambio da billa no lavabo do baño de homes.- Colocación de armarios novos para gardar pezas no almacén.- Limpeza dos accesos e da plataforma do castro da fortaleza varias veces ao ano.- Reposición do sistema de iluminación, por parte do servizo de mantemento daDeputación. As reposicións urxentes e fáciles son feitas polo propio persoal da fortaleza.- Arranxo dos deshumificadores.- Arranxo da cisterna.- Reparación da porta de de cristal da entrada (novembro).- Desratización das instalacións cada tres meses.- Recollida de auga, control lexionella e potabilidade.- Instalación dun router novo. Museo Provincial de Lugo- Mellora do sistema eléctrico e de alumeado exterior.- Acondicionamento da cuberta.- Consolidación do paramento do claustro.- Adecuación das taquillas do departamento de vixiancia e limpeza.- Construción dun novo espazo con taquillas e monotorización de cámaras para a seguridadeprivada.- Novo servizo de WIFI con cobertura en todo o edificio e xardín.
  8. 8. - Novo D.A.F.O. con informes da necesidade de medidas correctoras en relación as obraslevadas a cabo nos últimos 5 anos na Rede Museística.- Informes sucesivos a deputación sobre accións, e medidas correctoras en: Climatización,pingueiras, ascensor, desaugue, iluminación e xardín.- Nova megafonía.
  9. 9. 2.2. PROGRAMA COLECCIÓNS Museo Etnográfico de San Paio de Narla Traballos de catalogación para a redacción do Catálogo de San Paio de Narla por partedo Departamento de Etnografía Museo Pazo de Tor Traballos de inventario topográfico das diferentes coleccións do pazo Museo Provincial de Lugo- Control e seguimento do sistema de xestión documental mediante o transvasamento dedatos ao sistema informático. Continuación dos traballos por departamentos.- Continuación da dixitalización das fichas técnicas dos fondos das distintas coleccións do MPL.- Incremento de coleccións con novos fondos para o Departamento de Belas Artesprincipalmente. Ex: doazóns de Blas Lourés, Vázquez Cereijo.- Posta en valor dos fondos de reserva a través da súa investigación e/ou exposición así comopola publicación dos catálogos dalgunha colección coma o de Castro Freire.- Alternancia de fondos na exposición mediante rotación de fondos en almacén, aportaciónsexternas ou préstamos concretos.- Inicio traballos de reordenación das coleccións de arqueoloxía nos almacéns e optimizacióndos seus espazos de reserva.- Revisión das coleccións con novas lecturas: 3ª edición do proxecto Diálogos co colectivo LIBAcunha intervención de diálogo coa sección de Arte Galega a través dos reversos da obra dearte e mediante recursos audiovisuais.- Xestións completas e control dos préstamos condicionados de obras para exposiciónstemporais externas.- Posta en valor dos fondos de reserva a través de exposicións temporais, préstamos externos,investigación e/ou publicación.- Diversos estudos e propostas de acondicionamento espacial tendo en conta a necesidade deespazos e as limitacións do edificio (ex: baixocubertas).- Informes sobre deficiencias estruturais do museo, en especial no que atinxe a filtracións ehumidades varias recurrentes, pola súa repercusión directa nos fondos expostos.
  10. 10. - Fomento da investigación das coleccións a través de bolsas como a de ceramoloxía dosmateriais castrexos do MPL para investigadores externos.- Fomento da accesibilidade ás coleccións: Acceso público ás coleccións e atenciónpersonalizada a investigadores e outros usuarios.- Dirección e coordinación dos distintos departamentos científicos para a realización epriorización das propostas e plans de traballo relativo ás coleccións.- Externalización de fondos en depósito. Ex: renovación do convenio do Mapa Fontán co IES“Lucus Augusti” de Lugo.- Fomento do incremento de coleccións a través de xestións varias para novos ingresos através depósitos ou doazóns principalmente. Propostas de incremento de colección en base ainformes técnicos.- Revisión, actualización e normalización administrativa dos acordos de depósito con museosestatais.- Difusión dos traballos de investigación e documentación das coleccións para o seucoñecemento e divulgación.- Supervisión e coordinación da habilitación dun novo espazo de almacenaxe externo para otraslado dos fondos depositados no actual edificio da TIC ao pavillón nº 2 de Sta. María (ambosos dous locais da Deputación de Lugo).- Solicitude de topografía e comprobación de fondos do inventario a todos osdepartamentos científicos para a elaboración dun plan de seguridade, e a redacción dun plande conservación preventiva dende a xerencia.
  11. 11. 2.3. ACCIÓN CULTURAL 2.3.1. Concertos:Concertos Florais (Xardíns do Museo Provincial deLugo):Tinno Vaz (27/07/2012)Najla Shami (03/08/2012)Telmo Fernández (10/08/2012)Ricochet (17/08/2012)Concerto Letras Galegas(17/05/2012):Conjunto Vocal Lugh. Director: Fernando G.JácomeA historia do jazz nun concerto, por Marosa Jazz Project (09/05/2012):A agrupación musical mariñá Marosa Jazz Project ofrécenos catro concertos didácticos paratodos os públicos os días 16, 17, 18 e 19 de maio nos catro museos da Rede Museística daDeputación de Lugo. Esteespectáculo, co que se pretendeachegar este movemento musical atodo tipo de públicos, contacunhaGuía Didáctica da autoríade Israel Arranz que nos ilustrasobre a cronoloxía, intérpretes esubxéneros deste movementomusical . A entrada é libre egratuíta.
  12. 12. CALENDARIO DE CONCERTOS NOS MUSEOS DA REDE DA DEPUTACIÓN:Museo Etnográfico San Paio de Narla, FriolMércores, 16 de maio, ás 18.00 horas.Pazo de Tor, Monforte de LemosXoves, 17 de maio, ás 18.00 horas.Museo Provincial do Mar, San Cibrao, CervoVenres, 18 de maio, ás 20.30 horas.Museo Provincial de lugoSábado, 19 de maio, ás 21 horas.
  13. 13. 2.3.2. Revistas Orais:O pazo das musas, nº 29 (28 de marzo de 2012)Mércores, 28 de marzo de 2011. Revista oral de periodicidade trimestral, editada polo MuseoProvincial de Lugo (Rede Museística da Deputación de Lugo). Hora: 20 horas. Lugar: Refectoriodo Museo Provincial de Lugo. Duración aprox.: 1:30 h. Deseño gráfico e animación dixital:tatata. Coordina: Antonio Reigosa. No bicentenario da Constitución de 1812 (A Pepa),promulgada o 19 de marzo de 1912 en Cádiz.SUMARIO:Portada musical: Canon (Pachelbel), por Carla Mondelo Coria e Hugo Rodríguez Rey (Ensemblede Corda) (3’)O nacemento dun museo: No 80º aniversario do acordo de creación do MPLugo, por FernandoArribas (10’)Música: Oboe de Gabriel (Ennio Morricone “La Misión), por Carla Mondelo Coria e HugoRodríguez Rey (Ensemble de Corda) (3’)Bicentenario da Constitución de 1812 (I): Todos os partos son complicados..., mais en todosalumea unha nova vida. 200 anos da Constitución liberal de 1812, por Xosé Ramón VeigaAlonso (10’)Música: Tú, gitana (Luar na Lubre), por Carla Mondelo Coria e Hugo Rodríguez Rey (Ensemblede Corda) (3’)Poesía: Poesía Sentimentalista, 1, por Manuel Celso Matalobos (5’)Música: Minuetto (Boccherini), por Carla Mondelo Coria e Hugo Rodríguez Rey (Ensemble deCorda) (3’)Bicentenario da Constitución de 1812 (e II): ... e nese parto tamén houbo lugueses. Osdeputados nas dúas lexislaturas de 1810-1814, por Xosé Ramón Veiga Alonso (10’)Música: O son do ar (Luar na Lubre), por Carla Mondelo Coria e Hugo Rodríguez Rey (Ensemblede Corda) (3’)Poesía: Poesía Sentimentalista, 2, por Manuel Celso Matalobos (5’)Exposición virtual: Quen lle dá a volta á tortilla?, por Paula Cabaleiro (10’)
  14. 14. Música: O xove príncipe e a xove princesa (Rimski-Kórsakov), por Carla Mondelo Coria e HugoRodríguez Rey (Ensemble de Corda) (3’)Poesía: Poesía Sentimentalista, 3, por Manuel Celso Matalobos (5’)Opinión: Intervención do público (5’)Epílogo: por Encarna Lago, xerente da Rede Museística (3’)Contraportada musical: Love Me Tender (Elvis Presley), por Carla Mondelo Coria e HugoRodríguez Rey (Ensemble de Corda) (3’)O pazo das musas, nº 30 (27.09.2012)Xoves, 27 de setembro de 2012. Revista oral de periodicidade trimestral, editada polo MuseoProvincial de Lugo (Rede Museística da Deputación de Lugo). Hora: 20 horas. Lugar: Refectoriodo Museo Provincial de Lugo. Duración aprox.: 1:30 h. Deseño gráfico e animación dixital:tatata. Coordina: Antonio Reigosa.Este número está dedicado ao Barroco, termo (do francés baroque) que dá nome aomovemento cultural e estilo artístico que se desenvolveu desde o século XVII ata mediados doXVIII na arquitectura, pintura, música, literatura … e outras moitas disciplinas.Entre outros contidos, terá lugar a presentación da orquestra "Il combattimento (Músicas einstrumentos do barroco)"SUMARIO, nº 30Portada musicalSonata nona per due soprani e fagotto (D.Castello), por Il Combattimento (Músicas einstrumentos do barroco) (5’)A pegada do barroco na cidade de LugoLugo barroco, por Fernando Arribas (10’)MúsicaLa Bataglia (F.Biber), por Il Combattimento (Músicas e instrumentos do barroco) (5’)Letras do barroco (I)Fermoso Tejo meu e Vilancete (textos de Francisco Rodrigues Lobo), por Isidro Novo (5’)MúsicaLas voix humaines (M.Marais), por Il Combattimento (Músicas e instrumentos do barroco) (5’)A memoria do barroco no MPLugoObra do barroco no MPLugo, por María Quiroga (10’)
  15. 15. MúsicaConcerto in La minore per fagotto (A.Vivaldi), por Il Combattimento (Músicas e instrumentosdo barroco) (5’)Letras do barroco (II)En dia de cinza, sobre as palabras -quia pulvis es e Antes da confissậo (textos de Francisco M.de Melo), por Isidro Novo (5’)MúsicaSuitte en Mi menor (J.Hotteterre) (Le Romain), por Il Combattimento (Músicas e instrumentosdo barroco) (5’)Letras do barroco ( e III)Coloquio en 1201 coplas galegas (selección) (texto Fr. Martin Sarmiento), por Isidro Novo (5’)MúsicaMúsica acuática (G.F Haendel), por Il Combattimento (Músicas e instrumentos do barroco)(15’)OpiniónIntervención do público (5’)Epílogopor Encarna Lago, xerente da Rede Museística (3’)Contraportada musicalTaffelmusik (G.P Telemann), por Il Combattimento (Músicas e instrumentos do barroco) (5’)REVISTA: O pazo das musas, nº 31 (27.12.2012)Centenarios: (Mondoñedo, 1854-1912) e (Celanova, 1912- Vigo, 1979).Xoves, 27 de decembro de 2012. Revista oral de periodicidade trimestral, editada polo MuseoProvincial de Lugo (Rede Museística da Deputación de Lugo). Hora: 20 horas. Lugar: Refectoriodo Museo Provincial de Lugo. Duración aprox.: 1:30 h. Deseño gráfico e animación dixital:tatata. Coordina: Antonio Reigosa.SUMARIOPortada musicalpor (3’)
  16. 16. ProxecciónDeitado frente ao mar (Celso Emilio Ferreiro). Video creado polo alumnado de 3º ciclo de E.Primario do CEIP da Barqueira, Cerdido (A Coruña) (2’)Celso EmilioA Di-versíada de Celso Emilio Ferreiro, por (10’)Músicapor Pilocha (3’)O son da nosa fala (Radio Lugo)por e , de LugoParticipan alumnos/as e profesores/as deste centro, coordinados polo Departamento deLingua e Literatura Galega (12’)Músicapor Pilocha (3’)Lecturas da obra de Leiras Pulpeiro (Banco de Voces de Radio Lugo)Convidaremos aos asistentes a ler un poema de M. Leiras Pulpeiro, converténdose así nosprimeiros colaboradores dun ambicioso proxecto da emisora Radio Lugo para que a poesíateña presenza continuada na súa programación e, ademais, ir facendo realidade un arquivooral que se vai denominar "" (10’)OpiniónIntervención do público (5’)Epílogopor , xerente da Rede Museística (3’)Contraportada musicalpor Pilocha (3’)
  17. 17. REVISTA ORAL Castronela, nº 1 (31 de marzo de 2012)Sábado, 31 de marzo de 2012. Revista oral de periodicidade anual, editada polo MuseoFortaleza San Paio de Narla (Rede Museística da Deputación de Lugo). Hora: 19 horas. Lugar:Museo Fortaleza San Paio de Narla, Friol (Lugo). Duración aprox.: 1:30 h. Deseño gráfico eanimación dixital: tatata. Coordina: Antonio Reigosa....SUMARIO DE CONTIDOS”SUMARIOPortada musical: Alén do teu recordo (letra: Marica Campo e Mero Iglesias), por Mini e Mero(3’)Coleccións do Museo Fortaleza San Paio de Narla: Ao trope e ao paso (útiles de montar), porMª Rosario Fernández González (10’)Música: A Rosiña do Estanqueiro (Parrafeo tradicional), por Mini e Mero (3’)Algo de literatura (I): “Tres edificios”(fragmento), do libro Finísimo pó nas ás, por XerardoQuintiá (5’)Música: Penélope (Letra: Xosé Mª Díaz Castro. Música: Mero Iglesias), por Mini e Mero (3’)Algo de historia: O farmacéutico Julio Castro Ves en Friol, por Higinio Martínez Fernández de laVega (10’)Música: Aradiño (letra: Manuel María / Música: Antón Campelo), por Mini e Mero (3’)Algo de literatura (II): “Tres edificios”(fragmento), do libro Finísimo pó nas ás, por XerardoQuintiá (5’)Algo de tradición musical: Xota de Caroi, Muiñeira de Calvos e Mazurca de Lampai, polasPandereiteiras do CPI Dr. López Suárez de Friol (10’)Friol na internet: O blog “Friol. Algo máis que pan e queixo”, por José Mª Carricoba Armesto eBlanca Castro Gerpe (10’)Música: Aquí (letra e música: X. L. Rivas Cruz), por Mini e Mero (3’)Algo de literatura (e III): "Son de nácara", "Volver sobre as cousas", "Ir polo camiño e sentir" e"Mazinguer Z coroado de chorimas", poemas do libro Fornelos & Fornelos. PrimeiraFundación, por Xerardo Quintiá (5’)Algo de memoria: “Tiempo de ilusión. Tiempo de recuerdo”, programa da serie “Vivir cada día”
  18. 18. de TVE dirixida por J. Luis Rodríguez Puértolas, emitido o 28 de marzo de 1979. Protagonizadopor varios nenos e nenas, a mestra e outras persoas de Friol (12’)Música: Canto de berce (tradicional), por Mini e Mero (3’)Opinión: Intervención do público (5’)Epílogo: por Encarna Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo (3’)Contraportada musical: Crime da Xestosa (tradicional, letra de Prado Lameiro), por Mini eMero (3’)REVISTA ORAL A voz dos Carraos, Museo do Mar de San Cibrao
  19. 19. Revista oral: A voz dos lemavos, nº 1 (26 de maio de 2012)Primeiro número da revista oral "A VOZ DOS LEMAVOS". Sábado, 26 de maio de 2012, ás 19:00horas. Revista oral de periodicidade anual, editada polo Museo Pazo de Tor (Rede Museísticada Deputación de Lugo). Lugar: Pazo de Tor, Monforte de Lemos (Lugo). Duración aprox.: 1:30h. Deseño gráfico e animación dixital: tatata. Coordina: Antonio Reigosa. Interveñen, entreoutros, Antón Valcarce (música), Iván Álvarez (arqueoloxía), Olga Novo (poesía), Mª delRosario Fernández(novas salas do Museo P azo de Tor) e o grupo do Obradoiro de Teatro doCEIP A Gándara, dirixido por Eva F. Ferreira.SUMARIO e COLABORADORESNº 1Sábado, 26 de maio de 2012. Revista oral de periodicidade anual, editada polo Museo Pazo deTor (Rede Museística da Deputación de Lugo). Hora: 19 horas. Lugar: Pazo de Tor, Monforte deLemos (Lugo). Duración aprox.: 1:30 h. Deseño gráfico e animación dixital: tatata. Coordina:Antonio Reigosa.SUMARIOPortada musicalA ti. Letra, música e intérprete: Antón Valcarce (3’50’’)ArqueoloxíaO Castro de Monforte de Lemos, por Iván Álvarez Merayo (10’)MúsicaAínda que comamos centeo. Letra, música e intérprete: Antón Valcarce (3’45’’)
  20. 20. Poesía (I)Premontaña, por Olga Novo (5’)MúsicaSacra Ribeira. Letra, música e intérprete: Antón Valcarce (3’50’’)Novas coleccións e Espazos expositivos no Museo Pazo de Torpor Mª Rosario Fernández González (10’)MúsicaAntón Lobezno. Letra, música e intérprete: Antón Valcarce (3’25’’)Poesía (II)Intuición, por Olga Novo (5’)MúsicaMel Courel. Letra, música e intérprete: Antón Valcarce (4’10’’)Segredos do Pazo de TorA filla que aleita ao pai. Un cadro con historia, por Antonio Reigosa (10’)MúsicaBalada do fillo do crego. Letra, música e intérprete: Antón Valcarce (4’10’’)Poesía (e III)Poesía en Posición Fetal, por Olga Novo (5’)TeatroRepresentación da obra “Os wachi-wachi buscan fogar”, polo Obradoiro de Teatro do CEIP AGándara. Dirixe Eva F. Ferreira (15’)MúsicaSuwing. Letra, música e intérprete: Antón Valcarce (3’22’’)OpiniónIntervención do público (5’)Epílogopor Encarna Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo (3’)Contraportada musicalGaliza Son. Letra, música e intérprete: Antón Valcarce (3’10’’)
  21. 21. 2.3.3. CineCiclo de Cine Euroárabe AmalCiclo de Cine Itinerante Amal Musical: Chekpoint Rock no MPLugoA Rede Museística da Deputación de Lugo colaborou co Festival Amal ofrecendo nos catromuseos algunhas das películas que concorren. Neste caso, no Museo Provincial de Lugo, oxoves, 25 de outubro, ás 20 horas, proxectouse CHEKPOINT ROCK.CHEKPOINT ROCK. Cancións desde PalestinaFermín Muguruza, Javier Corcuera / España/ 2008/2009 / 70 minCal é a música que pon voz e melodía a Palestina? Quén son os seus músicos máisrepresentativos e cómo viven? Qué pensan do destino que lles tocou vivir e cómo se enfrontana través das súas letras e melodías?A música é unha forma de expresión que ten unha orixe ancestral nas culturas árabes, omesmo que en Galicia. É unha linguaxe sensible e universal que ao igual que o cine pode uniros pobos de todo o mundo e levarnos a establecer novas vías de comunicación e diálogo. Poriso, este ano contará cun programa que vai reunir cine e música, así como artistas árabes egalegos.
  22. 22. O Ciclo Itinerante de Cine Amal Musical está organizado polo Festival Amal en colaboración coMACUF (A Coruña), o MARCO (Vigo), a Rede Museística de Lugo e o Centro CulturalDeputación de Ourense-Marcos Valcárcel, así como salas de música en vivo en toda Galicia(Xancara Jazz, o Contrabaixo, o Garufa, El Jazz Filloa, o Bâbâ Bar).Todo o mes de Outubro de 2012, o público puido asistir a proxeccións gratuítas de cinedocumental musical nos museos e a concertos nas salas colaboradoras. Para gozar do cine e damúsica feita en Galicia e no mundo durante catro semanas seguidas.Proxeccións nos museos da Rede Museística:-CHEKPOINT ROCK, Museo Provincial de Lugo, xoves, 25 de outubro, ás 20 horas.-BRIDGING THE GAP, Museo Provincial do Mar, San Cibrao-Cervo, venres, 26 de outubro, ás 20horas.-NEXT MUSIC STATION: MARRUECOS, Museo Pazo de Tor, Monforte de Lemos, sábado, 27 deoutubro, ás 20 horas.-FESTIVAL IN THE DESERT, Museo Fortaleza San Paio de Narla, Friol, domingo, 28 de outubro,ás 20 horas.A 34 Semana Internacional de Cine de Autor no MPLugoO Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá ven organizando en Lugo desde 1979 a SemanaInternacional de Cine de Autor, e desde entón, cada setembro, propón aos cinéfilos unprograma intenso de proxeccións, exposicións e outros actos nos que o cine e os que o fanposible son protagonistas.A Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, xunto con outras institucións,patrocinaron e acolleron algúns dos actos como, neste caso, no Museo Provincial de Lugo,
  23. 23. onde estivo ubicada a exposición dedicada ao director e produtor de cine Ricardo Núñez, eonde se proxectaron 5 películas do ciclo “Cine e radio”.PROGRAMACIÓN DA SEMANA DA 34 SEMANA INTERNACIONAL DE CIINE DE AUTOR NOMPLUGO:Luns, 17 de setembroExposición dedicada ao director e produtor Ricardo NúñezInauguración: ás 13:00 horas.Refectorio do MPLugo (do 17 ao 25 de setembro)Neste acto tamén se presenatrá o libro "Ricardo Núñez. O emperador da simpatía"Luns, 17 de setembroCiclo: Cine e RadioProxección: Días de RadioSala Multiusos do MPLugo, 20:00 horas.Martes, 18 de setembroCiclo: Cine e RadioProxección: Good morning VietnamSala Multiusos do MPLugo, 20:00 horas.Mércores, 19 de setembroCiclo: Cine e RadioProxección: Sintonía de amorSala Multiusos do MPLugo, 20:00 horas.Xoves, 20 de setembroCiclo: Cine e RadioProxección: O último showSala Multiusos do MPLugo, 20:30 horas.Venreses, 21 de setembroCiclo: Cine e RadioProxección: Radio encubertaSala Multiusos do MPLugo, 20:30 horas.
  24. 24. CINE: LT22 Radio La ColifataEntre as actividades programadas arredor da exposición “Entre Marbella e Torremolinos*imaxes de manicomio+”, de Xosé Reigosa (Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos), coacolaboración do Clube Cultural Valle-Inclán, este xoves, 26 de xaneiro, ás 20:00 h. proxectousea película "LT22 Radio La Colifata" un documental que amosa un proxecto pioneiro do HospitalPsquiátrico Borda (Bos Aires) ao crear unha emisora para que os enfermos mentais puidesenexpresarse libremente e mantivesen o contacto coa sociedade, unha especia de terapia social.A proxección tivo lugar no Salón de Actos da Deputación con entrada é libre e gratuíta.
  25. 25. 2.3.4. Artes Escénicas - I Festival Butoh de LugoNo Museo Provincial de Lugo, do 17 ao 22 de decembro de 2012.O butoh é unha danza que nace no Xapón da posguerra e do horror nuclear, e busca nesteclima de derrota un novo sentido do corpo e da vida fronte as imposicións estéticas, políticas esociais.Entre a tradición e a vangarda, os seus fundadores, Kazuo Ohno e Tatsumi Hijikata,investigaron un movemento que conectaba o ancestral da cultura xaponesa con vangardaseuropeas como o teatro da crueldade ou o expresionismo alemán.As reminiscencias do butoh poden levarnos tanto ao teatro Noh como aos corpos deformes deFrancis Bacon. O Xapón sintoísta convive coa desolación atómica. O butoh conecta espazos etempos diferentes mentres se pregunta acerca da existencia humana e do cosmos.Na cidade de Lugo hai un interese crecente por esta danza. Os cursos impartidos por MatildeJavier Ciria propiciaron a creación do grupo de butoh Herdanza, que participou no proxecto decreación artística multidisciplinar Entolearte e na Noite dos Museos, ámbolos dous eventospromovidos pola Rede Museística da Deputación de Lugo.O obxectivo é seguir alimentando esta semente, deixarnos levar pola viaxe das súas raíces,tender unha ponte cara esta danza que á súa vez conecta diferentes culturas, sensibilidades emaneiras de entender o mundo que habitamos.Para isto propuxemos un novo achegamento ao butoh, un festival que terá lugar no MuseoProvincial de Lugo do 17 ao 21 de decembro, e que mediante un mosaico de actividadesexplorará as súas distintas dimensións. A nosa intención é que esta sexa a primeira edición dunevento que medre na cidade cunha periodicidade bianual e tamén aberto a outras tendenciasescénicas.O equipo organizador do festival está composto por un grupo de persoas que proveñen do
  26. 26. ámeto da danza, do teatro, a fotografía, o deseño e a literatura, e coordinado por MatildeJavier Ciria. Os integrantes deste equipo pertencen á Asociación Cultural 3 Monos para apromoción das artes escénicas, e forman parte de distintos grupos de danza e performanceque nos últimos anos realizaron diversas propostas artísticas dentro e fóra de Lugo.ACTIVIDADES:Luns, 17 de decembro20:00 horas.- Inauguración da exposición Butoh Fu e inauguración do Festival ButohMércores, 19 de decembro20:00 horas: Recital-Performance de haikuVenres, 21 de decembro21:00 horas: Peza colectiva Grupo Herdanza /Solo de Matilde Javier Ciria. No claustro doMPLugoEXPOSICIÓN: BUTOH FUNesta exposición combináronse fotografías, vídeo e texto para ofrecer un panorama do butoh.Por unha banda, presentarase a historia do butoh a través dos seus principais referentes,dende as orixes con Kazuo Ohno e Tatsumi Hijikata ata a actualidade, con un apartado especialpara o panorama do butoh en España. Por outra banda, a través de paneis textuaispresentáronse textos dos artistas, así como unha abordaxe desta linguaxe escénica dendedistintas perspectivas críticas que permiten a súa reflexión. Por último, houbo posibilidades denavegar por distintos vídeos para profundizar no proceso creativo do propio bailarín butoh. - Dramaturxias de Baúl, no MPLugoO venres, 14 de decembro, ás 20:30 horas, tivo lugar, no Museo Provincial de Lugo, a segundaedición das Dramaturxias de baúl, unha REPRESENTACIÓN TEATRAL que ademais sirveu comoacto de clausura das accións formativas do ano 2012 do Proxecto teatral Buxiganga quepromove a área de Cultura da Deputación de Lugo.Os participantes no obradoiro de dramaturxia, impartido polo dramaturgo Rubén Ruibal(Premio Nacional de Literatura), foron elaborando entre os meses de xuño e decembrodiferentes pezas teatrais que nese día foron representadas ou lidas por diferentes espazos esalas do MPLugo.A representación estivo coordinada por Rubén Ruibal e conta coa participación de BrianRodríguez, Anxo Manoel Lamelo, Pablo Iglesias, Germán Frasio, Elvira Velasco, Iria Acevedo,Conchi Madrina, Rubén Pérez, María Grandío e simón Piñón.
  27. 27. - Algo máis que pan e queixoOs días 23, 24 e 25 de maio representouse no Museo Etnográfico de San paio de Narla a obra“Non o creo”, a cargo do grupo de teatro escolar “Algo máis que pan e queixo” do CPI “DoutorLópez Suárez” de Friol.Calendario de representacións:Mércores, 23 de maio, ás 12:15 h., para o alumnado do EP de Friol.Xoves, 24 de maio, ás 12 h., para o alumnado de Eso e CPI de Guntín.Venres, 25 de maio, ás 12 h., para o alumnado de 1º e 2º de ESO de Friol.Venres, 25 de maio, ás 13 h., para o alumnado de 3º e 4º de ESO de Friol. - TEATRO: O médico a paos, por PinchacarneiroO xoves 19 de xaneiro de 2012, ás 18:00 h., na Sala Multiusos do MPLugo, o grupo de teatroPinchacarneiro representou “O médico a paos”, versión de José Colmenero sobre a coñecidaobra de Molière. Pinchacarneiro pertence á Fundación Anade, dedicada á inserciónsociolaboral de persoas con algunha discapacidade mental a través das artes escénicas. Estaactividade forma parte dos actos que os museos da Rede Museística e as áreas de Cultura eBenestar Social, adscritas á vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo, programaron conmotivo do Día Internacional da Persoas con Discapacidade 2011. A entrada é libre e gratuíta.
  28. 28. - A Fortaleza en movementoNoite Europea dos Museos en FriolO sábado, 19 de maio de 2012 (Noite Europea dos Museos), ás 21:00 horas, a Asosciación 3 Monos presenta un espectáculo de danza e teatro “A Fortaleza en movemento” noMuseo Etnográfico de San Paio de Narla, en Friol.Espectáculo que consisteu nun percorrido polas diferentes salas da Fortaleza de San Paio deNarla, coa intención de guiar ó público polos distintos momentos históricos claves desteedificio.Recreáronse as actividades propias de cada estancia (cociña, sala de armas, ameado,ferramentas…) a través do teatro-danza.Nun tempo aproximado de 30/40 minutos e cun vestiario sinxelo e neutro, trataron, a travésda interpretación e o movemento, dar forma ós ambientes e sucesos suxeridos polo propioespazo.
  29. 29. - A barbería do PallaregoTEATRO: A barbería do Pallarego, polo grupo de teatro infantil Érase unha vez…O sábado, 14 de xaneiro e 2012, ás 18.00 h., no Museo Provincial do Mar, en San Cibrao-Cervo,fíxose a representación da obra A barbería do Pallarego polo grupo de teatro infantil deMondoñedo “Érase unha vez…” composto por máis dunha ducia de mozas e mozos entre os 8e os 14 anos. A entrada é libre e gratuíta. - Espazos que danzan
  30. 30. Espazos que danzan: 10º Encontro Universitario de Danza Contemporánea da USCEncontro de danza co que pretendemos achegar a danza universitaria á nosa cidade cunhaprogramación que se desenvolveu durante os días 16 e 17 de abril. Neste Encontro de Danzacontemporánea xogouse coa idea da reinterpretación artística do espazo urbano a través daadaptabilidade das pezas de danza ós distintos lugares. As actuacións tiveron unha duraciónaproximada de 20 minutos e correron a cargo de compañías internacionais e galegas, coaespecial participación das compañías da Universidade de Santiago de Compostela.Ás 18 horas do martes, 17 de abril, na Praza da Soidade, a Cía. MU-danza.USC desenvolveu oespectáculo Vinte caixas.
  31. 31. 2.3.5. Exposicións - Exposición “VII Premio Internacional de Fotografía sobre Discapacidade da Fundación Anade” (do 14 ao 30 de decembro de 2012)Exposición dos traballos premiados no VII Premio Internacional de Fotografía sobreDiscapacidade da Fundación Anade e no I Premio de Artes Plásticas realizadas polas personascon discapacidade, convocado pola mesma fundación.Esta mostra, organizada pola Fundación ANADE en colaboración co MPLugo e a áreas deCultura e Turismo da Deputación de Lugo, amosou as obras premiadas nestes certames queteñen o obxectivo de facer visible a realidade dun colectivo de persoas con diferentesdiscapacidades. - Exposición “Nunca máis. A rebelión dun pobo” (do 10 de decembro de 2012 ao 15 de xaneiro de 2013)
  32. 32. Con motivo do décimo aniversario da catástrofe do ‘Prestige’, contamos coa exposición itinerante, ‘Nunca Máis, a rebelión dun pobo’, cuxo comisario é Uxio Breogán e que se puido ver no Museo Provincial dende hoxe até o 15 de xaneiro. Esta mostra preténdese chamar a atención sobre todo o que supuxo, dende o eido social e cultural e incluso económico, o Movemento Nunca Máis. - Exposición “Marionetas e contos do mundo. Colección de Pedro Lavado Paradinas” (do 3 de decembro ao 31 de xaneiro de 2013)O 3 de decembro de 2012 (Día Internacional da Discapacidade), inaugurouse a exposición“Marionetas e contos do mundo. Colección de Pedro Lavado Paradinas”, que permaneceu norefectorio do MPLugo ata finais de xaneiro de 2013. O acto inaugural asistiu o propietario dacolección e xefe do Servizo de Museos do Ministerio de Cultura, Pedro Lavado Paradinas.Unha parte desta exposición amosouse nos museos da Rede Museística dependentes da áreade Cultura e Turismo da Deputación de Lugo.
  33. 33. - EXPOSICIÓN “El hálito del ángel”, de Marta Barros"El hálito del ángel", de Marta Barros, na Sala de Exposicións do Museo Provincial de Lugo.MARTA BARROS (Ferrol, 1967)De pai e avó fotógrafos afeccionados, dende nena estiven sempre rodeada de cámarasfotográficas; mais o meu interese por esta arte comezou na Facultade de BB.AA. daUniversidade Complutense de Madrid, cando fun parar á clase de Cristina García Rodero. Noentanto, especialiceime en deseño. E así, durante dezasete anos dediqueime ao deseñográfico, traballei para distintas axencias publicitarias e estudios de deseño, e realicei moitascampañas institucionais da Xunta de Galicia; aínda que sempre procurei estar en contacto coafotografía. Actualmente estudo cuarto curso de comunicación audiovisual na Universidade deA Coruña. Pero foi con Rocío Brage nos obradoiros da UDC cando retomei a miña busca nafotografía.EL HÁLITO DEL ÁNGEL é, en palabras de Marta Barros, unha exposición dedicada “á miña irmáSofía e á loita que día a día mantén coa dor, tanto física como emocional. O hálito do anxo éunha viaxe a traveso da enfermidade, a frustración, os lazos xenéticos, a certeza absoluta doque é correcto, a fe e mais a perda da mesma. E como toda viaxe tivo unha ruta: vintefotografías en cor acompañadas por un texto esmiuzado en vinte frases, como títulos, pero quexuntos forman un todo. Esta viaxe comeza o día que visitei Sofía nun hospital, estabaincrustada nun sofá de skai vermello na sala común. Xa non quedaba nela ningún resto da divaque acostumaba atormentarnos. Os seus ollos azuis cubríranse cun frío gris e traspasaban otelevisor cara un mundo que só ela coñecía. A boca como unha ferida aberta atravesaba esterostro de boneca que sempre tivera. Era a cara máis triste que xamais contemplara, algodoíache por dentro só con mirala: parecía un anxiño ao que se lle romperan as ás. Cando mesituei diante dela centrou a mirada en min con cansazo de ter percorrido moita distancia edíxome: irmanciña. Coa súa voz retrocedía varias décadas e un invisible lazo atounos
  34. 34. fortemente e comezou a tirar da corda para recuperala cada vez que se perdía. O resto dotempo que non pasaba con ela estaba cos seus fillos que empecei a vivilos dende entón até ode agora coma meus e sacaba fotos, moitas fotos, a modo de terapia. Ese Madrid que nonadmite tratos estaba tan desesperado que se deixaba apuntar pola miña cámara sen sedefender nin maquillar. Xamais entendín que as luces non iluminan as sombras.Acompañounos todo o camiño o anxo da garda, que nos deu o valor que ás veces non tiñamose reconfortounos cando o necesitábamos; e, como non, deu o título á exposición. Atopámoloperdido no caixón da nosa infancia, e outros xurdiron ao paso, algúns con ás negras. Dá igualos quilómetros que percorras xa que, ás veces, as viaxes só nos conducen ao punto de partida,aínda que coa sensación de ter sido castigados sen motivo. Durante toda esta viaxe non soltei acámara que sempre tiven preto por se a desesperación chegara. Percorrín os ceos de Ferrol,Villarrube, Seselle, Madrid e Navalmoral de la Sierra”. - “Diálogos no Museo Provincial de Lugo [3]: REVERSOS, intervención de L.I.B.A. COLECTIVO” (do 26 de outubro ao 9 de decembro de 2012)https://docs.google.com/file/d/0B-QLAJKxc4YedS11RFFsWGg0alE/edit?pli=1Lugar do Museo: Sección Arte galega. Coleccións de Pintura, planta 1.ªIntervencións:1. Descrición en vídeo (Sala 12)Xunto a 5 cadros volteados sitúanse 4 pantallas de 10” nas que se reproducen vídeos, cada unde 1-2 minutos, nos que persoas anónimas describen o contido icónico do cadro volteado. Oespectador perde o referente orixinal que é substituído por unha narración descritiva.
  35. 35. 2. Proxección in tempore (Sala 14)Xunto ao cadro xirado proxéctase un vídeo en tempo real dun lugar actual contido ou referidono cadro. Esta peza vincula o Museo ao lugar real exterior.3. Son in tempore (Sala 15)Xunto a un cadro volteado o visitante atopa uns auriculares a través dos que se reproduce unson relativo á escena representada.4. Versións fragmentarias (Sala 13)Xunto ao cadro xirado, en 6 pantallas de 2”, reprodúcense mediante un loop de fotos, que sonpartes dun todo, imposibles de recoñecer polo espectador.Nunca me miras alí onde te vexo. (...) O que miro nunca é o que quero verJean Jacques LacanInvestigar os procesos da mirada derivando o óptico cara ao háptico, cara a todas aquelassensacións non visuais que experimenta un individuo é o principal obxectivo do proxectoReversos. Quizais esteamos demasiados acostumados a percorrer as salas dos museosbuscando estímulos visuais en clave formalista: beleza, cor, composición, trazo…, por estemotivo L.I.B.A propón un desprazamento contextual das obras incidindo na recepción dasimaxes e en todas aquelas experiencias que constrúen as pezas máis alá do marco e a peaña;expandindo cada pintura, e incluso o museo mesmo, como entes vivos inspiradores edesexantes, narradores silenciosos de intrahistorias construídas baseándose nas experienciasvitais dos que miran.Nesta exposición explorouse o reversal dun modo poliédrico. Por un lado, o concepto dereversibilidade, no seu sentido máis explícito da non-visión do anverso, mera ocultación. Poroutro o reverso como símbolo de todas as situacións que se relacionan co acto creador e quese perden na exhibición clásica: o que o espectador mira nunca é o que quere ver. Introdúceseo Principio do Museo como lugar da antivisión, como lugar de experiencias subxectivas queconstrúen un “museo imaxinario”, remitíndonos a Malraux, un metamuseo latente dentro doespazo físico e obxectivo do museo mesmo; pero ademais propoñemos este concepto comoestratexia reactiva ante o zeitgeist cultural en que vivimos, que necesita, irremediablemente,outras formas de experimentar e transmitir as obras de arte.Neste contexto, o Laboratorio de Investigación en Belas Artes (L.I.B.A) presentou catroestratexias de narración en diferentes salas do museo: por un lado a descrición da obra de artedelimitando outro camiño cara ao Real, unha nova invitación á reinterpretación e imaxinacióndo subconsciente do ideario colectivo. Unha substitución dunha obra pola súa visióncontemporánea in tempore como aquilo que “fai tanxible a permanencia”, que codifica aevolución como historia. A recolocación e translación metafórica a través da instalación sonoraou a descrición fragmentada dunha situación narrada. En calquera caso, o feito de simular ousubstituír un procedemento, imaxe ou concepto implica que certa forma aurática se recupera,non como orixinalidade senón como unha especie de metalinguaxe poética.
  36. 36. Reversos supón outro modo de ver e entender as obras de arte, unha invitación á imaxinacióna través da frustración da preminencia visual; extensións dun significado que non xorde exnihilo, senón que se engade, como se adhiren as diferentes capas de realidade, á nosasignificación do mundo.O Laboratorio de Investigación en Belas Artes (L.I.B.A) xorde no año 2008, a raíz do bienio dedoutorado da Universidade de Vigo “Modos de coñecemento na práctica artísticacontemporánea”. Desde entón consolidou unha traxectoria multidisciplinar tanto no ámbitoexpositivo como na edición ou a produción de eventos, traballando entre outras, coaFundación Serralves (Porto, Portugal), Laboral (Xixón), Alterarte (Ourense) ou Sala X(Pontevedra). - EXPOSICIÓN “Ela en plural” (do 3 de outubro ao 3 de novembro de 2012)Promove: Colectivo Argazo:Hai un mundo de auga. Auga polo aire cando voan as pingas, auga polo chan cando bebe aterra e auga na auga como un xerme hermafrodita.Neste mundo de auga habita “ela” que son moitas e ningunha concreta, todas coa redondez,co infinita presenza da cálida perfección.Entrade e a luz da nosa humilde casa acolleravos cos brazos abertos da primavera,transportándovos ás distintas vertentes da continuada expresión que dá significado á nosavida. Quedades convidados, pois, a un anaco da nosa mirada.[Colectivo Argazo]
  37. 37. ARTISTAS QUE PARTICIPAN NA MOSTRA:Pintura: Man, Arza Pardo Barbeito e Marta Paz.Fotografía: Carolina Miraz e Ernesto Gómez.Poesía: Concha Blanco Montecelos, Lino García Salgado, Verónica Martínez Delgado, AlberteMomán e Gabriela Rodríguez.Música: Richard Dowling e Carlos Santos.Ela en plural, por Lino GarcíaHoubo un tempo no que Penélope debuxaba sombras no chan mentres o seu tapizdesaparecía na maxia da noite perseguindo a inquietante figura de Ulises, quizás a súaausencia gardada nun pequeno frasco de nostalxia.Hoxe esas sombras sérvennos para brindar unha particular homenaxe a ese rostro indefinidoque tantos soños tatuou na espreita dun novo amencer. Son as nosas mans as que esculpencoa definición da inexactitude momentos de cálido fervor, as que maquillan o abstracto dospasos, as que capturan ese invisible mundo a través do sereno ciclope da imaxinación, as querubrican no fondo do noso ser as mareas mais profundas e sentidas, as que ispen decontemporaneidade o tempo que nos mata.Somos nós, na ecuánime calma da nosa permanente metáfora, os proscritos da cincenta alma,os portadores da máis letal das armas: A nosa verdade.Máis que nunca esta xanela de disparidade ábrese ao vento como area ao mar e publica, senrubor algún, o noso tímido clamor diante das mudas tentacións que camiñan nun círculoaberto ás voces da imaxinación.A nosa mirada, pois, envolta en transparente seda non pretende falar por ninguén, agás pornós mesmos, máis aspira fecundar nas durmidas conciencias un anaco de libertaria cor paraesnaquizar no rostro da razón a dor que non se desprende.Esta carta de presentación é a nosa translúcida intención enmarcada na intermitente luz queansiamos compartir segundo tras segundo, como os nosos pasos e a sombra da leve voz, paravivir un pouco máis libres.Ela, en definitiva, somos elas e nunca nos poderán substituír.Ela son elas e permanecen presas no escuro tapiz da nosa ignorancia.Liberémonos pois. É de xustiza.
  38. 38. - Exposición “Arte para gozar” (Sensualidade e erotismo nos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo) (Do 12 de xullo ao 30 de setembro (prorrogado ata finais de outubro) de 2012) Esta mostra é representativa de diferentes sensibilidades en distintas épocas, desde o mundo clásico ata a actualidade. O amor e o erotismo mitolóxico, relixioso, heterosexual ou homosexual, galante ou coqueto, os espidos, os equívocos, os tópicos e os prexuízos, o sensualismo irreverente, o reprimido e o provocado … todo un mosaico de suxestións para os sentidos. A través destas obras e pezas seleccionadas de entre os fondos dos catro museos que conforman a Rede Museística da Deputación de Lugo, tentamos chamar a atención do visitante sobre a sensualidade e o erotismo nas obras de arte. Trátase dunha mostra monográfica aínda que plural, diacrónica e polifacética, desde propostas técnicas e postulados sociais, ideolóxicos e relixiosos, en moitos casos, incompatibles. Unha parte das obras e obxectos que se amosan forman parte da exposición permanente dos catros museos pero outras proveñen dos almacéns, polo que, ademais, esta é unha oportunidade única para coñecer estes fondos. A arte procurou case sempre o goce do espectador, estimular os seus sentidos, pero non, necesariamente, consegue provocar o mesmo efecto en cada un deles. A nosa bagaxe cultural e as nosas experiencias activan fantasías que acaban conformando imaxinarios diferentes. Vemos e sentimos diferente porque distinta é a nosa resposta ás incitacións; onde algúns podemos transformar certos estímulos en pracenteiros, outros poden reaccionar con rexeitamento ou indiferenza. Esta mostra é representativa de diferentes sensibilidades en distintas épocas, desde o mundo clásico ata a actualidade. O amor e o erotismo mitolóxico, relixioso, heterosexual ou homosexual, galante ou coqueto, os espidos, os equívocos, os tópicos e os prexuízos, o sensualismo irreverente, o reprimido e o provocado … todo un mosaico de suxestións para os sentidos. Como punto final desta exposición, desenvolvéronse unhas xornadas sobre o erotismo en diferentes disciplinas (cine, literatura, arquitectura, música, fotografía, gastronomía …) abertas ao público en xeral e nas que interviñeron coñecidos especialistas. http://www.museolugo.org/archivos/docs/1781_Folleto%20exposici%C3%B3n_ARTE% 20PARA%20GOZAR.pdf
  39. 39. - “CORENTA ANOS RODANDO” (Auxilia-Lugo) (do 17 de xuño ao 15 de xullo 2012)Con esta exposición invitámosvos a viaxar nun "túnel do tempo". Auxilia nace oficialmente enLugo o 1 de maio de 1972. Na década dos 70 empeza por dar "visibilidade" a un colectivomarxinado, o das persoas con discapacidade, agrupándose, saíndo á rúa, indo de colonias...Nos 80 centrámonos na supresión de todo tipo de barreiras, físicas e mentais (campañas dementalización e sensibilización social). Nos 90, apostamos pola normalización (integraciónescolar e laboral, actividade deportiva, participación en festas populares...). E a partir doséculo XXI, incorporamos as TIC (Novas Tecnoloxías) á nosa acción social, sobre todo enmateria de accesibilidade (www.lugoaccesible.net).E sempre dende o VOLUNTARIADO SOCIAL. [Auxilia-Lugo]Durante a inauguración da mostra, o xoves, 14 de xuño, no refectorio do Museo Provincial deLugo, realizouse unha performance nos xardíns do Museo (Praza Fillos de Antón de Marcos)por parte de Hipócrita Teatro, inspirada na historia de Auxilia na que participaron variosmembros da mesma, con música ao vivo interpretada por Yury Sidar.
  40. 40. - “Fotografía a cegas” (do 7 ao 10 de xuño)A exposición Fotografía a cegas que se desenvolveu nos catro museos da Rede Museística atao 10 de xuño. Trátase dos traballos resultantes dunha experiencia pioneira na que particiaron7 invidentes, a terapeuta, Mercedes Cabada, os fotógrafos, Iago Eireos, Germán Limeres, XoséReigosa e Antonio López, e Henrique Lamas, autor dunha gravación que documenta aexperiencia.“O obradoiro “Fotografía cegas” resultou un enredo fascinante no que artistas, persoal dosmuseos e invidentes tivemos a oportunidade de aprender que a fotografía é unha forma, outramáis, de expresarmos emocións, sensacións, opinión e sentimentos mediante unha imaxe quese crea, non nos nosos ollos, senón na nosa cabeza.A imaxe nace da idea, a idea da experiencia, e a nosa experiencia di que todos os días facemoscentos de cousas sen “velas”, só ideando, idealizando, construíndo imaxes coa memoria (osoito cegos fomos antes videntes), coas descricións que os que vedes nos transmitides e cosrecursos técnicos que os artistas fotógrafos nos ensinastes.Tedes que saber que a maioría de nós temos pensado mercar unha cámara para fotografar asnosas viaxes, as reunións familiares e sociais, e outros eventos que “veremos” coa axudadoutros ollos.Se queredes “ver” as nosas fotos, o documental e como foi o curso, o 7 de xuño inaugúrase aexposición coa nosa obra nos catro museos da Rede Museística da Deputación de Lugo”.Trinidad Canosa, Eladio Fernández, Antonio Fernández, Antonio López, Ángeles Miguélez,Manuel Paz Sánchez e Pilar Yáñez
  41. 41. - “Converxencias 2012” (Escola de Arte e Deseño Ramón Falcón) (do 26 de abril ao 31 de maio de 2012).A Escola de Arte “Ramón Falcón de Lugo” presentou no Museo Provincial de Lugo a exposiciónConverxencias 2012. A mostra estivo composta por unha selección de obras e proxectosrealizados nos últimos anos polos alumnos dos diferentes ciclos e estudos impartidos nocentro. O deseño gráfico e de interiores, a cerámica, a fotografía, os medios audiovisuais ogravado e a serigrafía artística cohabitaron e interactuaron reciprocamente nun espazocomún, escenario de intersección das distintas especialidades da escola. Noutro senso aexposición tamén foi nexo de converxencia da escola e a cidade. Os proxectos dos alumnos deEstudos Superiores de Deseño Gráfico, conciben e expresan o labor do deseñador gráficocomo a dun creador cuxa actividade ten por obxecto a utilización da linguaxe gráfica para xerarmensaxes e transmitir contidos de natureza diversa en todos aqueles eidos da comunicaciónque a sociedade precise. É claro, o obxectivo da Escola de Arte e Superior de Deseño é formardeseñadores que ademais de optimizar os procesos de comunicación sexan capaces deanalizar, innovar, investigar, transmitir valores, difundir cultura e adquirir unharesponsabilidade social e ambiental. Por outro lado, os proxectos dos alumnos de EstudosSuperiores de Deseño de Interiores, demostran unha notable capacidade para analizar,investigar e proxectar, así como expresan a vocación de dirixir equipos de proxectos e deexecución de obras de deseño de interiores, ao mesmo tempo que manifestan a versatilidadedestes futuros profesionais para actuar como interlocutores directos ante as administraciónspúblicas no ámbito da súa profesión. Os ámbitos principais onde desenvolven as súasactividades son: vivenda e deseño dos espazos interiores para o hábitat; deseño de espazoscomerciais e de ocio; deseño de espazos administrativos; deseño de espazos culturais,educativos e lúdicos; deseño de espazos efémeros; rehabilitación de vivendas; paisaxismo e
  42. 42. deseño de espazos públicos; xestión empresarial de actividades creativas; deseño dos espazosinteriores dos distintos sistemas de transporte; xestión de obras, medicións, orzamentos eprevención de riscos no ámbito do deseño de interiores; dirección de obras no ámbito dodeseño de interiores; investigacións e docencia. A fotografía e os medios audiovisuais taménestán presentes na mostra coas obras dos alumnos do Ciclo Formativo de Grao Superior enFotografía Artística. Estes estudos teñen como obxectivo dar unha formación integral nocampo da fotografía, desenvolvendo a creatividade e o coñecemento desta disciplina artística.O noso plan de estudos consta de dous cursos académicos ademais dun proxecto fin decarreira e unhas prácticas en empresa, que se levarían a cabo tamén no segundo ano. Combinaa práctica fotográfica diaria, encamiñada á realización de traballos profesionais e proxectosfotográficos persoais, coa impartición de coñecementos técnicos e unha importante área dereflexión sobre a teoría, a historia da fotografía e da imaxe audiovisual. Os traballos dosalumnos do Ciclo Superior de Cerámica Artística, serven de paradigma para entender asensinanzas impartidas nesta disciplina, orientada a formar profesionais cun amplocoñecemento técnico, artístico e cultural, que os capacita para exercer a súa actividade, benen empresas cerámicas, ben realizando un labor artístico no seu propio taller, xa sexa no eidoartístico, artesanal ou industrial. A duración do ciclo é de dous cursos académicos, conproxecto final e prácticas en empresa, titulándose como Técnico Superior de Artes Plásticas eDeseño en Cerámica Artística. Estes estudos, permiten o acceso a outros estudos como:Arquitectura Técnica, Enxeñería, Deseño industrial, Maxisterio, (Educación Especial, Infantil ePrimaria), Belas Artes, Xeoloxía, Historia da Arte, aos Graos de Artes Plásticas e Deseño e aosGraos de Conservación e Restauración de Bens Culturais. A serigrafía tamén ten presenza naexposición. Podemos aproximarnos ao traballo desenvolvido polos alumnos do Ciclo Medio deSerigrafía Artística, que ao finalizar seu período formativo reciben a titulación de Técnicos enSerigrafía Artística de Artes Plásticas e Deseño. As súas obras demostran un control dosprocesos básicos de realización da serigrafía artística, coas técnicas tradicionais e actuaispropias desta especialidade, analizando as especificacións técnicas dos materiais utilizados eorganizando os medios de produción e as medidas para seu mantemento periódicopreventivo. Estas serigrafías seleccionadas ademais evidencian unha notable capacidade paraaplicar con rigor a reprodución fotomecánica, a supervisión e a realización da impresión.Finalmente, tamén están presentes con identidade propia as obras dos alumnos do CicloFormativo de Grao Superior en Gravado e Técnicas de estampación. As matrices, talladas,impresas, os gravados, acompáñannos coa súa maxia expresiva, ledicia e sensibilidade nestaexposición, materializada por futuros profesionais que mantendo viva a tradición atópanse navangarda, deixándonos a súa pegada , a súa impronta, a súa persoal fabulación de soños erealidades.
  43. 43. - Exposición “Blas Lourés” (do 22 de marzo ao 17 de xuño de 2012)BLAS LOURÉSPresentamos unha mostra antolóxica e retrospectiva dun artista lucense que merece orecoñecemento a un traballo constante, en ocasións pioneiro, que elixiu ficar na súa cidade,desenvolvendo a súa vocación en Lugo sen renunciar a breves estadías externas ou ás etapasde primeira aprendizaxe en Madrid cunha bolsa da Deputación Provincial de Lugo. A grancapacidade creativa de Blas Lourés fai necesaria a revalorización da súa obra non só como unfeito cultural individual, senón como parte da historia da arte lucense e galega. Esta merecidaexposición monográfica é representativa de toda unha vida dedicada á arte. En consecuencia,é a mostra máis extensa e completa que se lle dedicou e pecha un ciclo de numerosas econtinuas exposicións que comeza coa primeira colectiva na que participou en 1954 tras volverde Madrid, ou pola primeira individual que fixo en Lugo en 1960. Continúa nas décadas dossesenta e setenta, especialmente prolíficas quizais pola intensa actividade artística coaagrupación “Os Urogallos” donde se integraba xunto cun grupo de amigos artistas, e sigue coresto da súa produción posterior ata hoxe.Blas Lourés naceu en 1926 e con dezasete anos comezou coa pintura. Esta gran secuenciatemporal fai que a tarefa de realizarmos unha escolma da obra completa sexa un traballocomplicado e difícil e un exercicio de memoria histórica. Aínda así, como obxectivo principalintentouse seleccionar dentro da súa inxente produción artística, todos os momentos do seudecurso vital para apreciar a súa evolución, madurez e consolidación. Por este motivo aparecerepresentada dende a súa primeira obra pictórica até a última, -de momento-, realizada noano 2011, xunto cunha mostra da obra gráfica, os debuxos e os esmaltes.A preponderancia da figuración é unha constante en toda a súa obra, nesa liña da correnteneofigurativista do século pasado. Son os novos realismos que se mesturan coas influenciasdoutras vangardas da primeira metade do século XX, dando resultados moi interesantes e ungran eclecticismo formal. Porén, a linguaxe expresiva e o universo creativo de cada autor éúnico e persoal e transmítese a través de diferentes formatos e materias.
  44. 44. Coherencia, é unha palabra que define a produción pictórica de Blas. Os comezos realistas nonimpiden que experimente co cubismo, expresionismo e outras tendencias, porque cunha longae fecunda traxectoria é inevitábel pasar por diferentes etapas estilísticas: a época vermella e aépoca azul, por exemplo. A pesar das formas xeometrizadas, símbolo de modernidade evangarda, e os coqueteos coa abstracción, na súa obra prevalece sempre a figuración. Como elmesmo di: “a miña pintura, aínda que sempre é a mesma, tivo distintos camiños” e é “oretrato da miña vida”.A cor é un dos fundamentos da súa arte, e con este recurso consegue as perspectivas, a forza ea rotundidade das representacións, incluso a preponderancia do seu uso determina etapas oumomentos creativos. Outra característica salientábel é a importancia que lle dá ao debuxo,que evoluciona cara á sinxeleza, cara ás liñas esenciais.A iconografía é variada, pero ten unha constante sempre: a muller como icona e inspiración aolongo do tempo, entendida dese xeito, ao igual que Colmeiro, como unha representación xeraldo eterno feminino. Predominan as escenas con temas populares na liña de Cezanne, Millet ouvan Gogh. En xeral, todos os xéneros (retrato, paisaxe…) se tratan cunha profundasubxectividade explorando diversos enfoques.Mención á parte merecen os gravados tan característicos deste artista que até hai poucoestampaba el mesmo directamente. A técnica preferida é o linoleogravado , aínda que taménten punta seca, augatintas, algunha xilografía, etc. O uso da cor, en base sobre todo a azuis evermellos, é tamén significativo na obra gráfica xunto co dominio da liña, ambos os dousrecursos son moi representativos da linguaxe expresiva de Blas Lourés.Aurelia Balseiro [Comisaria e directora do MPLugo]ACTIVIDADES COMPLEMENTARIASTáboa redondaBlas Lourés na arte galega contemporáneaMartes, 15 de maio de 2012, ás 20:00 horasInterviron: Juan Puchades Quilis, Miguel Anxo Macía, Jesús López e Jorge Espiral. Moderou:Aurelia Balseiro, comisaria da exposición.Lugar: Sala de Exposicións do MPLugoConcerto de Ensemble de cordaMércores, 23 de maio de 2012, ás 20:00 horasLugar: Sala de Exposicións do MPLugoVisitas técnicas a cargo da comisaria da exposición, Aurelia Balseiro.-Xoves, 19 de abril de 2012, ás 19:30 horas.-Xoves, 31 de maio de 2012, ás 19:30 horas.ColoquioA arte das influencias. A literatura na pintura e viceversa
  45. 45. Martes, 5 de xuño de 2012, ás 20:00 horasInterviron: Blas Lourés, Paco Martín, Camilo Gómez Torres e Antonio Reigosa. Moderou:Aurelia Balseiro, comisaria da exposición.Lugar: Sala de Exposicións do MPLugo - Exposición “Quen lle dá avolta á tortilla?” (do 16 de marzo ao 15 de abril de 2012)Quen lle dá a volta á tortilla? Homes, mulleres, xénero e roles nas coleccións de 3 museosprovinciais, é un proxecto expositivo en rede desenvolto polo colectivo Medusa Mediación eos museos MUBAN de Murcia, Museo de León e os museos integrados na Rede Museística daDeputación de Lugo, e no que participaron os/as creadores/as Amancio Gómez, Nadir, EstherSantás, Chelete Monereo, Sergio Sotomayor, Ana Martínez, Paula Cabaleiro, Iago Eireos e NoaPersán. Tras o acto de inauguración,Yolanda Herranz executaron a performance “Estamos (I)somos (+D) ”.Amancio González reinterpretou o mosaico romano de Hilas e as Ninfas. Presenta á mullercomo un ser manipulador cuxa arma de poder é a sedución que alenta as paixóns afastando aohome da razón. Esta visión contémplase na teoría da represión de Freud onde todos os traumasproveñen dos desexos reprimidos e as relacións que se establecen entre homes e mulleres éunha loita de poder.A obra de Chelete Monereo teceu un mapa sobre os protagonistas da obra que nos mostra acomplexidade das relacións e todos os elementos, que compón, afectan, interferen nesta. Istoexpón unha cuestión: Canto hai de natural e canto de construído nas emocións? Comopodemos traballar a xestión das mesmas?
  46. 46. Esther Santás evidenciou nunha linguaxe contemporánea unha parte da historia que nonaparece na táboa orixinal, aquela en que Santa Catalina convence aos 50 sabios do seu dogma,custándolle múltiples torturas e morrer decapitada. Desde cando se percibe a intelixenciafeminina como unha ameaza. Un relato deixando entrever a visión patriarcal da intelixenciafeminina como unha ameaza a erradicar á mínima mostra.A obra de Nadir falounos sobre o camiño cara á igualdade de dereitos e a emancipación damuller evidenciando os lastres que carrexamos debido á tradición xudeo-cristiá. No seu lenzoatopamos a representación dunha maternidade forzosa e un pensamento patriarcal erepresivo. Entre outros numerosos símbolos e alusións, presenta un mundo veloz nos seusavances pero lento aínda na súa transformación do ensamento.Paula Cabaleiro traballou co “envoltorio”: o espazo, as vestiduras como capa última onde semanifesta a identidade fronte ao outro. Unha transformación superficial que afectaprofundamente ao individuo. Á súa vez traslada emocións de soidade, esgotamento efrustración dunha muller de clase obreira a unha muller de clase alta e con iso suxírenos que asesixencias sociais poden ser cárceres que van máis aló da posición social. É nos feminismos daprimeira onda onde se establece esta identificación entre mulleres de distinta clase e únensepara loitar pola igualdade dos seus dereitos.Estas ideas de condicionamento de xénero e clase social determinadas, atópase tamén na obrade Noa Persán. Na súa reinterpretación do retrato de dona Mª de Paz e Taboada, de EnriqueNavarro, a muller decide liberarse de todo aquilo que coarta a súa liberdade: os prexuízos, afalsa moral, os cánons de beleza herdados de xeración en xeración e cuxas lóxicas se continúanrepetindo na actualidade.Ana Martínez partiu das cargas que levan as mulleres do cadro “Un día máis de InocencioMedina Beira” e revisa os discursos sobre o xénero desde unha perspectiva autobiográfica.Unha muller portadora dunha arquitectura construída ao longo da Historia, as dicotomíasbranco-negro, home - muller, corpo - mente, rosa-azul, o dogma científico: “capacidadereprodutiva”, “patoloxías sexuais”, “condicionamento xenético”. Cargas mutadas e mutables,espazos para a identidade, construídos ou gañados á historia. Tras conseguir a igualdade dedereitos entre homes e mulleres contémplanse outras necesidades e aos poucos a arquitecturaacolle o imprevisible, o diverso. Esta muller á súa vez camiña pola vida apoiándose no que lleensinaron as mulleres do pasado, tratar de comprender é o que permite avanzar.Iago Eireos trasladou ao momento actual a obra “A Escola de Doloriñas” de Julia Mingillón. Naprimeira móstrase unha aprendizaxe compartida entre nenos e nenas de distintas idades. Naobra de Iago cuéstionanse as controversias sobre o xénero asignado. Ofrece un lugar aoambiguo fronte aos determinismos, crea un espazo que modela as actitudes, mostra asdificultades que entraña superar os xuízos, o illamento, e unha construción da identidade quedesemboca no desenvolvemento persoal. Unha visión transxénero e un posicionamento crítico
  47. 47. sobre a responsabilidade do sistema educativo na construción das sociedades.Na reinterpretación da “Odalisca de Gaya” por Sergio Sotomayor desfíxose da pel dasexualidade. Expuxo estas divisións como unha especialización da evolución das especies encontinuo cambio, e que máis aló de homes ou mulleres somos unidades compostas por outrascentos de miles conformando novos conxuntos que se amplifican ata o infinito. Unhacosmovisión que sostén unha idea da vida como un agregado continuo. - “Vázquez Cereijo 1970-2000” (do 10 de novembro de 2011 ao 29 de febreiro de 2012)Sala de Exposicións do Museo Provincial de LugoVÁZQUEZ CEREIJO: PINTURA E FUROR CREADORNo firmamento da pintura galega do noso tempo, a obra de José Vázquez Cereijo loce cunresplandor especial de estrela á parte e solitaria. Artista dunha poderosa personalidade depintor, gravador e poeta, é posuidor dun mundo propio e exclusivo, no cal á ininterrompidasucesión dos traballos e os días hai que engadirlle a súa constante e irrefreable paixón polaexistencia. A súa brillante traxectoria é a do eterno buscador dunha beleza terrible e moderna,inalcanzable e fatídica. Vázquez Cereijo, que na súa adolescencia en Lugo estivo tentado poloballet e as artes escénicas e máis tarde, en Madrid, polo estudo da Arquitectura, acabourealizando unha obra pictórica na que os soños nocturnos e as volicións diúrnas mesturadas seplasman en composicións que expresan a forza corporal e mental dun home que, para vencer asúa angustia existencial, quere dominar plasticamente o eterno xiro do catavento da fantasía
  48. 48. humana.O punto de partida da pintura de Vázquez Cereijo, na década dos anos setenta da pasadacenturia, baséase na vehemencia e desmesura das imaxes. Ao igual que o “Orlando furioso” deAriosto, o seu estro é arrebatado e violento, de barroca intensidade. Desexoso de chegar aofondo da vida e da arte que encerra unha composición pictórica, na súa obsesiva preocupaciónpola sexualidade e a animalidade dos seres viventes, realiza unha serie de grandes cadros queo tudense, José de Castro Arines, emparentaba cos enormes lenzos surrealistas de Wifredo Lame de Roberto Matta. As imaxes de bestas feroces e de vexetais espiñosos, de formas afiadass eferintes pintadas por Vázquez Cereijo, constitúen a marfallada dunha fauna e floramonstruosas. Á distorsión e descomposición das formas engádeselles o cromatismo etonalidades escuras e violentas da totalidade. A intensidade expresiva e emocional da súa obraprimeira é a mostra máis evidente dun tumultuoso temperamento cuxa visión do mundo nonpode ser máis catastrófica. Sen dúbida ningunha traduce as inquietudes soterradas da maioríade todos aqueles que daquela soportaban a lousa que esmagaba a alma de moitos españois.Co paso do tempo, que todo o amortece e tempera, a pintura de Vázquez Cereijo discorre porcanles máis tranquilas e serenas. Aos brutais seres bicudos e agresivos sucedéronos as paisaxese cadros de obxectos máis quietos e inofensivos. O artista, sen abandonar a visión apesaradada realidade, busca, non obstante, unha expresión máis temperada e esperanzadora da vida.Nos seus cadros, entre figurativos e abstractos, con reminiscencias neocubistas, futuristas eneometafísicas, utiliza unha maior delicadeza pictórica de frías gamas grises, verdes e azuis, dematizadas e densas pinceladas. Con motivos descritivos que recordan os soños nocturnos ou osrecordos dos lugares que deixaron unha pegada na súa memoria, o pintor parece compracersena plasmación emotiva e selectiva do suxeito abordado no soporte pictórico. Moi importante ésinalar como Vázquez Cereijo, na escuridade dos seus cadros, busca a claridade, acentuando opálido fulgor que despende a luz nas tebras. Unha vez máis o artista moderno séntese herdeirodo barroco e do romanticismo, que recibe como o legado dunha herdanza da que apenas éconsciente ou máis ben transmisor.De grande importancia na produción de Vázquez Cereijo é a obra gráfica. Os seus gravados aoburil, as súas xilografías e linóleos, realizados con técnicas que enlazan coas das vangardashistóricas da primeira metade do século XX, ocuparon gran parte da súa actividade a finais doséculo. O pintor ilustrou poemas de Juan Manuel Bonet -inventor dun poeta checo descoñecido,Pavel Hrádok- e recolleu en carpetas os linogravados da paisaxe urbana das cidades que máisama. O caso de Praga é para el paradigmático da cidade centroeuropea na cal se encontra oseu “paraíso perdido” e recobrado, a mística “Xerusalén” celeste dos seus soños. O caóticoamoreamento de vellas e pequenas casas, as agudas torres góticas e os aliñamentos tortuososdas quellas da urbe centroeuropea son a transcrición dunha poética visión dun urbanismo queo pintor soñou de neno. Os seus gravados, pese ao dinamismo e a axitación das súas formas,paralelas ás súas últimas pinturas son un remanso de paz, que na súa infancia, viviu dentro dorecinto amurallado e cheo de recunchos do seu Lugo natal.[Antonio Bonet Correa]José Vázquez CereijoNace na capital de Lugo (Galicia), no ano 1940, na casa familiar da praza Maior, onde tamén
  49. 49. viviu o seu tío Luís V. Pimentel ata o seu falecemento.Á idade de dez anos comeza os estudos de pintura no Círculo das Artes da man de D. RicardoCamino. Na adolescencia faino con D. Anxel Xohan, compartindo estes estudos cos de baileclásico con D.ª Pilar Tabernero, que aglutina un importante grupo cultural entre outros:Manuel María, Uxío Novoneyra (cando baixaba do Courel), Celestino Fernández de la Vega,etc. frecuentando as tertulias do hotel Méndez Núñez con Luís Pimentel e visitantes foráneos.En 1958 trasládase a Santiago a estudar primeiro curso de Medicina.En 1959 trasládase a Madrid a estudar Arquitectura.Nos primeiros anos de Madrid, ademais dos estudos, realiza o servizo militar como voluntariono Ministerio do Aire.A amizade con Tino Grandio inflúe no seu desexo de pintar, que tamén lle facilita a familiaKreisler. Ata ese momento só facía ilustracións e obra menor sobre papel.A asistencia diaria á tertulia de D. Celso Emilio Ferreiro achégao ao mundo cultural presentemoi enriquecido.A partir dos últimos anos 60 e toda a década dos 70 mergúllase na cultura do “27” polas visitasque fai ao estudio do pintor D. Gregorio Prieto e as que dúas veces por semana lle fai a el noseu estudio a pintora Maruja Mallo, que á súa vez implica a visita de gran número de persoasdo mundo dela.Froito desta frecuente relación é a realización da case totalidade da obra gráfica da pintora,sendo a máis notable Homenaxe a Revista de Occidente, co apoio de D.ª Soledad OrtegaEspotorno que tamén a prologaría.Destes tempos é a primeira exposición “grande “do pintor no Centro Cultural da Vila deMadrid (praza de Colón).Crea a galería de arte Minima, na praza das Salesas, onde expón a Picasso e a Miró e tamén osseus amigos Gregorio Prieto e Manolo Viola. Pasado un ano venderá a galería por serlleimposible tanta dedicación.No ano 1978 formará grupo con José Luís de Dios, Luís Eduardo Aute e tres máis, expoñendoen Arco varias veces e con varias galerías. Conclúe a unión cunha serie de viaxes por centro enorte de Europa.Desde os anos 70 mantén unha amizade case familiar con Juan Manuel Bonet e AndrésTrapiello, que deu o seu froito en varias publicacións.O seu carácter viaxeiro faille percorrer Rusia comunista e países do Este que conclúe cunhaexposición no Centro Cultural de Colón (Madrid) con óleos e gravados sobre Praga quepresentou persoalmente D. Eugenio Granell, glosando tamén o libro Praga de Juan ManuelBonet e Vázquez Cereijo editado por Andrés Trapiello.Os libros de poemas, gráficos, etc. realízaos sempre coa colaboración da súa muller AnneNikitik.Xa no novo século XXI, seguindo os consellos do poeta e folclorista D. Hasmish Henderson,comeza a pintar de cabalete nas illas Hébridas, berce dos avós da súa muller, pintura quecompaxina coa do estudio.
  50. 50. - Exposición “Reflexarte” (do o 25 de outubro de 2012 ata o 6 de xaneiro de 2013)REFLEXARTESala de Exposicións do Pazo de San Marcos (sede da Deputación de Lugo)A arte contemporánea axuda cunha actitude innovadora a trazar parte dese itinerario vital,abordando un día a día creativo a través de linguaxes universais, que dalgún xeito evidencian apluralidade conceptual e formal na que se moven os que integran a colectiva Reflexarte, osartistas Julia Ares, María Xosé Díaz, Tono Galán, Tiago Madeira, Acisclo Manzano, ManuelPatinha, Soledad Penalta, Paco Pestana, Montse Rego, Carmen Senande e Álvaro de la Vega.Son creadores que desenvolven o seu traballo dende hai anos dentro do ámbito da escultura, eo único argumento que os uniu para a ocasión é o emprego do vidro como medio deactuación. Salvo excepcións como a de Julia Ares, en xeral é a primeira vez que vinculan a súatraxectoria á deste material, revalorizado en recentes citas internacionais como a Bienal deVenecia de 2011.O proxecto nace na Coruña, con motivo do 75 aniversario de Cristalería El Reflejo, fundada en1935 por Jesús Ares González. Grazas á xenerosidade desta empresa, os artistas puideronconstruír os seus propios soños deixando que a imaxinación fluíse a través da beleza eluminosidade transparente do cristal. José Luis Rey e María Jesús Ares achegaron a súacreatividade á montaxe e Josefina Cerviño fixo o propio cun rigoroso texto historiográfico nocatálogo da mostra.A Rede Museística da Deputación de Lugo séntese gratificada en colaborar nun proxecto quecataliza a mirada plástica destes once artistas, xa que dende esta institución compartimos oánimo de impulsar a cultura deste país, estimulada, coma neste caso, por unha inquietudeexplorativa que traduce a ilusionante natureza creativa na que producen os nosos artistas.
  51. 51. - TEATROS FABULONÍRICOS (do 10 de xullo ao 16 de setembro de 2012)SALA DE EXPOSICIÓNS PAZO DE SAN MARCOS (sede da Deputación de Lugo).Estes “Teatros fabuloníricos” de Noa Persán reuniron unha ducia de composicións (á maneirade retablos ou de entremeses ilustrados) cos que criticou, revisou, actualizou e reinterpretou aideoloxía de varios temas do fabulario clásico.Nada é inocente e as moralexas disfrazadas de boas intencións das fábulas, tampouco. Máisben, pola contra, todas as mensaxes que se nos viñeron transmitindo deste temas a través detextos e imaxes reflicten doutrina, e tamén prexuízos, de orde moral e sexista que a artistarevisa desde a súa persoal visión do mundo e das relacións entre persoas. Unha aposta desíntese en clave feminina que ilustra desde o onirismo pictórico o pensamento de Noa Persánsobre estes asuntos.Unha exposición escrita en imaxes por Noa Persán e ilustrada con textos de Antonio Reigosa.OBRADOIRODo 16 ao 20 de xullo NOA PERSÁN impartiu un obradoiro sobre pintura no que se traballará narelalización dun “Libro de artista”.
  52. 52. - A arte de ser muller nun mundo por compartir 4.0 (do 8 ao 30 de marzo de 2012)Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos (sede da Deputación de LugoDurante o mes de marzo e con motivo do Día Internacional da Muller, as áreas de Cultura eTurismo e Benestar e Deporte, respectivamente, dependentes da Vicepresidencia Primeira daDeputación de Lugo, desenvolveron un amplo programa de actividades artísticasmultidisciplinares nos catro museos que conforman a Rede Museística, baixo o título “A artede ser muller nun mundo por compartir 4.0”. Trinta e unha mulleres e un home, artistas,compartindo un obxectivo a prol da igualdade de xéneros: facer máis visíbel a muller dentro domundo da arte.As artistas participantes foron:Ana Costas, Blanca Besteiro, Carmen Llonín, Carmen Senande, Cristina Fernández, DoloresGuerrero, Elena Pendás, Emilia Salgueiro, Estefanía Novo, Gema López, Julia Ares, LauraPernás, Laura Piñeiro, Mª Jesús Pérez Carballo, Mª José Santiso, Magdalena Seijas, MaríaChenut, Marta Prieto, Mercedes Cabada, Montse Cea, Montse Rego, Noa Persán, PaulaCabaleiro, Paula Salinas, Rebeca López, Renata Otero, Ruth Núñez, Sabela Arias, SoledadPeralta, Xedes Peón, Yolanda Dorda e Álvaro de la VegaEntre todos e todas, e con todos e todas, quixemos conmemorar o día 8 marzo e darllesvisibilidade e apoio mediante a canle da arte e da cultura, ás demandas que significaronavances na vida de millóns de mulleres. Toda a programación compartiu un desexo común:superar a violencia e a pobreza para construír o mundo que procure a paz, a xustiza, aliberdade, a igualdade e a solidariedade.Dende a programación estratéxica da Rede Museística e baixo o lema "Museo para todos etodas, entre todas e todos" , en cumprimento do sinalado na Lei Orgánica 3/2007 do 22 demarzo para a igualdade efectiva de mulleres e homes. No artigo 26.2 establécese que os
  53. 53. distintos organismos, entes e demais estruturas das administracións públicas que de xeitodirecto ou indirecto configuren a rede pública de xestión cultural, debemos desenvolveriniciativas destinadas a favorecer a promoción específica das mulleres na cultura e combater asúa discriminación estrutural, e ao mesmo tempo, xerar políticas activas de axuda á creación eprodución artística de autoría feminina.Encarna Lago, Comisaria da exposición e xerente da Rede MuseísticaACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS:Xoves, 8 de marzo de 2012: Día da Muller18:30.- Recepción polo vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Antonio Veiga e polodeputado delegado de Cultura e Turismo, Mario Outeiro19:00.- Conferencia: Muller e literatura, a cargo de Teresa Moure.Lugar: Refectorio do MPLugo.20:00.- Inauguración da exposición: A arte de ser muller nun mundo por compartir 4.0.Lugar: Sala de Exposicións Pazo de San Marcos (sede da Deputación de Lugo)Xoves, 15 de marzo de 201218:00.- Táboa redonda: Xestión cultural e xénero19:30.- Recital poético a cargo de Susana Sánchez ArínsLugar: Sala de Exposicións Pazo de San Marcos (sede da Deputación de Lugo)Venres, 16 de marzo de 201220:00.- Inauguración da exposición: Quen lle dá a volta á tortilla?20:30.- Performance “Estamos (I) somos (+D) ”, por Yolanda HerranzLugar: Refectorio do Museo Provincial de LugoLuns, 19 de marzo de 201218:00.- Conferencia: Imaxe da muller na arte, a cargo de Gema López.19:30.- Conferencia: A obra de muller como categoría artística, a cargo de Monse Cea.Lugar: Sala de Exposicións Pazo de San Marcos (sede da Deputación de Lugo)Mércores, 21 de marzo de 201218:00.- Táboa redonda: O empoderamento de mulleres con discapacidade a través doemprego. Coa participación de Mónica Álvarez en representación de ACADAR (Asociación deMulleres con Discapacidade de Galicia) e Alexia Prieto Iglesias, Ángeles Miguélez e JeshicaGonzález Díaz, persoas vencelladas ao departamento de Accesibilidade e CapacidadesDiferentes da Rede Museística da Deputación de Lugo. Moderadora: Encarna Lago, xerente daRede Museística.Lugar: Sala de Exposicións Pazo de San Marcos (sede da Deputación de Lugo)
  54. 54. Venres, 23 de marzo de 201219:00.- Conferencia: Rosalía de Castro: a creación da identidade, a cargo de FranciscoRodríguez.Lugar: Sala de Exposicións Pazo de San Marcos (sede da Deputación de Lugo)Sábado, 31 de marzo de 201212:00.- Táboa redonda: A muller e o desenvolvemento ruralLugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla, Xiá (Friol-Lugo)Martes, 3 de abril de 201220:00.- Performance: Intervalos variables 5”, a cargo de Ana Gesto.Lugar: Sala de Exposicións Pazo de San Marcos (sede da Deputación de Lugo)OBRADOIROS1.-Nos zapatos da muller Orquestra. Accións, reflexións e rol da muller nos camiños da historia,a cargo de Adriana Pazos Ottón.Lugar, data e hora:Museo Provincial de Lugo. Arte e mulleres, a presenza da muller (22 de marzo, de 18:00 a20:00 h.)Museo Pazo de Tor, Tor (Monforte de Lemos-Lugo). Muller, acción social e diversidadefuncional (23 de marzo, de 18:00 a 20:00 h.)Museo Fortaleza San Paio de Narla, Xiá (Friol-Lugo). Muller no rural es os oficios tradicionais ,amasando o eido (31 de marzo, de 12 a 13.30 h.).Museo Provincial do Mar, San Cibrao (Cervo-Lugo). As mulleres do mar: as outras redes (30 demarzo, de 18:00 a 20:00 h.).2.-Autorretrato a través do espelloHorario: De 11.30 h. a 13:30Data: sábado, 24 de marzoLugar: Sala de Exposicións Pazo de San Marcos (sede da Deputación de Lugo)Inscricións: a partir de 4 anos, no departamento de didáctica do MPLugo.ITINERARIOS EN FEMININOVisitas guiadas, desde o 8 de marzo e até o 8 de abril nos catro museos da Rede Museística.FESTIVAL INTERNACIONAL EUROÁRABE AMALFundación Araguaney-Puente de CulturasActo de inauguración: luns, 19 de marzo, ás 19.00 h. no MPLugo.Lugares de proxección, temática e títulos:Museo Provincial de Lugo: MagrebLuns, 19 de marzo, 19:00 h.: Unha vida curta (15‘) Khalid (15‘) Un día en Smara (24‘).Martes, 20 de marzo, 19:00 h.: Os condenados do mar (71‘) .Mércores, 21 de marzo, 19:00 h.: Garagouz (21‘) Bumerán (26 ‘) Al Madina (14 ‘).
  55. 55. Xoves, 22 de marzo, 19:00 h.: Roupa sucia (20’) Goulili (15’) Salah Azzaz (22’).Venres, 23 de marzo, 19:00 h.: Territorio perdido (75’).Museo Fortaleza San Paio de Narla (Friol): InmigraciónMartes, 20 de marzo, 19:00 h.: Os esquecidos de Cassis (71‘).Mércores, 21 de marzo, 19:00 h.: Al Madina (14 ‘) A autoridade (10‘) Deus, o mar e a noite(25‘).Xoves, 22 de marzo, 19:00 h.: Salah Azzaz (22’) Beirut (17 ‘) Bumerán (26 ‘).Venres, 23 de marzo, 19:00 h.: Queimando o Estreito (50’).Museo Provincial do Mar (San Cibrao, Cervo): Mozos e mozasMartes, 20 de marzo, 19:00 h.: Warda (4‘) Hudud (8‘) A miña humilde historia (32‘) .Mércores, 21 de marzo, 19:00 h.: Mudo (20‘) Garagouz (21‘) Hiyab (8‘).Xoves, 22 de marzo, 19:00 h.: Skalid (15’) O vendedor de panos (32‘) Prohibido o paso (8‘).Venres, 23 de marzo, 19:00 h.: Shooting Muhamemed (50’).Museo Pazo de Tor (Tor, Monforte de Lemos): Mulleres traballadorasMartes, 20 de marzo, 19:00 h.: Monecas, unha muller de Damasco (53‘).Mércores, 21 de marzo, 19:00 h.: Un día en Smara (24 ‘) Prohibido o paso (8 ‘) Beirut (17 ‘).Xoves, 22 de marzo, 19:00 h.: A muller policía (14 ‘) A miña moneca de trapo (26 ‘) A criada (19‘).Venres, 23 de marzo, 19:00 h.: Sensibilidade en feminino (15’) O do da cigoña (14’) Fiasco (19’).VÍDEO-PROXECCIÓNOficios e mulleres de aquí e de acoláHorario: ás 12 h. dos sábados : 10, 17, 24 e 31 de marzo, e 7 de abril.Lugar: Sala Multiusos do MPLugo.
  56. 56. - Documentos con memoria (itinerante)A exposición, coordinada pola responsable da biblioteca, Mercedes Salvador, forma parte daprogramación conmemorativa do 80º aniversario da Declaración como B.I.C. deste edificio.Amosa planos dos arquitectos Miguel Durán-Loriga, Manuel Gómez Román e Araceli NovoCeleiro, debuxos, documentos, fotos e un vídeo-montaxe cunha selección bibliográfica eimaxes de grande interese.Esta mostra foi un dos actos programados polo Museo Provincial para conmemorar o 80aniversario deste nomeamento coa que pretendía, dunha, dar unha visión da evolución dasdependencias do convento dende que fora Casa de Beneficencia ata a actualidade a través dosplanos que arquitectos tan relevantes como Miguel Durán-Loriga e Manuel Gómez Románrealizaron para transformalo no actual museo, e doutra, e a través dunha pequena selecciónbibliográfica, amosar a repercusión que tivo o convento dende comezos do século pasado atahoxe non só nos libros de historia e de arte, senón tamén noutro tipo de publicacións.UN POUCO DE HISTORIAO 3 de xuño de 1931 o convento de San Francisco de Lugo foi declarado Tesouro ArtísticoNacional, segundo a denominación da época que na actualidade recibe o nome de Ben deInterese Cultural (BIC).O convento de San Francisco, nos seus cinco séculos de historia, pasou por moitos cambios deutilidade que fixeron variar considerablemente as súas dependencias: foi convento,aloxamento de tropas, establecemento de beneficencia e na actualidade museo. Incluso, en1638, sufriu un incendio que o devastou case por completo, quedando en pé soamente aigrexa do século XIV e o claustro rematado no século XV, por ser estes elementos as obras máissólidas. No século XVIII reconstruirase de novo quedando como testemuño desta época orefectorio e a cociña.Coa desamortización de Mendizábal os frades foron expulsados do seu interior e de acordocoa Real Orde de Facenda de 1842 foi entregado en usufruto ao concello de Lugo. Utilizouse
  57. 57. como acuartelamento de tropas e logo como Casa de Beneficencia e, en 1895, por unha Lei dePresidencia do Consello de Ministros, concédese ao concello de Lugo o pleno dominio doconvento. Continúa nel a Beneficencia ata que o 11 de xullo de 1949 o concello e a deputaciónasinan un concerto para a transmisión por 99 anos do edificio que logo se destinaría a museo.A EXPOSICIÓN: PLANOS E OUTROS DOCUMENTOSEn xaneiro de 1950 Miguel Durán Loriga, levanta un plano da planta baixa no que reflicte oaspecto que tiña o cenobio antes da obra.Tanto no plano como nas fotografías, obsérvase un segundo claustro ou patio cuberto, hoxedesaparecido, que estaría situado na zona na que está exposto o mosaico de Armañá. Segundopodemos observar nas fotografías, estaba cuberto por arcadas de medio punto feitas decachotería que segundo a arquitecta Araceli Novo Celeiro, poderían ser de finais do século XVIIou de principios do XVIII.O 16 de setembro de 1949 o Boletín Oficial da Provincia de Lugo publica:«Bases para un concurso público, entre arquitectos, para formalización del proyecto dereforma de la llamada Casa municipal de Beneficencia o antiguo Convento de San Francisco,para adaptarlo a su nuevo destino de Museo provincial de Bellas Artes».Nos días posteriores á súa publicación, D. Manuel Vázquez Seijas remite dito boletín e unhacarta na que invita a participar no concurso, aos colexios de profesionais e a varios arquitectosde recoñecido prestixio como Miguel Durán-Loriga, Manuel Gómez Román e Francisco PonsSorolla, entre outros.Tempo máis tarde, a Deputación deixa sen efecto dito concurso quedando en liberdade para aelección de arquitecto. Tras a morte de Miguel Durán-Loriga, o 25 de maio de 1950, aCorporación Provincial na sesión ordinaria do 17 de xullo de 1950 acorda aprobar o proxectoque presentara este arquitecto, declarar de urxencia as obras e facultar ó Sr. Presidente para aexecución das mesmas por administración directa. Con posterioridade encargarán a ManuelGómez Román ultimar o proxecto redactado por Durán-Loriga.O 18 de xaneiro de 1951 sae publicada no BOP a aprobación do proxecto rectificado eorzamento das obras de construción do Museo Provincial presentado por Manuel GómezRomán, que fora asinado na Deputación Provincial o día 15 de xaneiro polo seu presidente,Antonio Rosón Pérez e polo secretario, Enrique Costas Sánchez.Gómez Román respectou o traballo de seu colega modificando minimamente o proxectointerno, sen embargo cambiou radicalmente a concepción das dúas fachadas.O MÁIS RECENTERecreación hipotética realizada pola arquitecta Araceli Novo Celeiro na que, nunextraordinario traballo de investigación en Arquitectura Histórica, podemos observar comosería a evolución dos planos do convento e do claustro de San Francisco, dende a Idade Mediaao século XVIII.VÍDEO-MONTAXEEste vídeo reflicte un percorrido cronolóxico para amosar unha pequena selección bibliográfica
  58. 58. das publicacións onde se ofrecen datos e, sobre todo, imaxes, do convento de San Francisco deLugo.Comeza co facsímile da España Sagrada de Manuel Risco (1798) publicado pola editorialAlvarellos, e logo vai avanzando década a década, ata rematar co último libro publicado poloMuseo Provincial en 2011, O claustro franciscano do Museo Provincial de Lugo.ITINERANCIA-Museo Pazo de Tor ( Do 7 ao 31 de xullo de 2011).-Museo Etnográfico San Paio de Narla, Friol (agosto de 2011)-Museo Provincial do Mar , San Cibrao, Cervo (Setembro de 2011)-Casa de Cultura, Monforte de Lemos (do 12 ao 31 de xaneiro de 2012)-Centro Socio-Cultural de Bóveda (do 1 ao 29 de febreiro de 2012)-Centro Socio-Cultural de Pol (do 1 ao 31 de marzo de 2012)-Casa de Cultura de Chantada(do 1 ao 31 de maio de 2012) - Entre Marbella e Torremolinos [imaxes de manicomio] (Do 28 de decembro de 2011 ao 29 de febreiro de 2012)A mostra coincide co peche definitivo do Hospital Psiquiátrico San Rafael de Castro Riberias deLea, en Castro de Rei (Lugo) inaugurado en 1953 e construído seguindo o modelo do labirintopanóptico (a cadea perfecta), sendo o único edificio deseñado e construído en Galicia coa
  59. 59. finalidade de atender a doentes con enfermidades psiquiátricas. “Marbella” fai alusión aopavillón-solaina das mulleres e “Torremolinos” ao pavillón-solaina dos homes.Xunto coa mostra fotográfica proxectouse un documental de 30 minutos de duración, vídeoque se puido visualizar tamén en todos os museos dependentes da área de Cultura e Turismoda Deputación de Lugo, sempre ás 17:00 horas e ata a clausura da exposición.Así mesmo, no tempo de apertura ao público desta exposición dessenvolvéronse un amploprograma de actividades complementarias con conferencias, mesas redondas, obradoiros evisitas guiadas cos que se pretende concienciar ás persoas interesadas sobre a historia e o“estigma” destes enfermos, tantas veces illados e de costas á sociedade.O xoves, 29 de decembro, na mesma Sala de Exposicións do Pazo de San Marcosdesenvolveuse o nº 28 da revista oral O pazo das musas, número na que vai intervir tamén ofotógrafo Xosé Reigosa para amosarnos fotografías do manicomio de Castro non incluídasnesta exposición.ENTRE MARBELLA E TORREMOLINOS [IMAXES DE MANICOMIO]O enfermo mental estivo choído, en moitas situación en condicións infrahumanas. Nosprimeiros tempos os tratamentos eran moi limitados. Usábanse medicamentos para tratar aenfermidade, prestábanse coidados básicos de enfermería e hixiene, ao tempo que se recorrea técnicas como laborterapia e se poñen os medios para ocupar o tempo de estancia nainstitución con salas de xogo, lecturas…Non todo o resolven os tratamentos medicamentosos. Hai outros problemas importantes queatender, entre eles o da comunicación da institución e dos enfermos co mundo exterior, coafamilia e coa sociedade… unha das grandes preocupacións do primeiro director de San Rafael,o doutor Ángel Usero Tiscar.O principal problema (o estigma) do enfermo mental é o aillamento, a incomprensión e orexeitamento social. Avanzamos máis en medicación que en aceptación social pero hai quepensar que ao final do camiño, que tras as portas e ventás do manicomio está a sociedade,estamos todos nós, e a todos nós compete borrar ese estigma.Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos (sede da Deputación de Lugo)Comisariado: Encarna LagoACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS:Mércores 28 de decembro, ás 19:00 h.: Inauguración exposiciónXoves 29 de decembro, ás 20:00 h.: Intervención de Xosé Reigosa na revista oral "O pazo dasmusas"Xoves 12 de xaneiro, ás 20:00 h.: Dr. Gonzalo Paz Doel. Charla: “Arte e psiquiatría”Presenta Encarna LagoMércores 18 de xaneiro, ás 19:00 h.: Visita guiada

×