Máis información:
e no sitio web: www.museolugo.org
D. Antonio Veiga Outeiro,
vicepresidente da Deputación de Lugo, e no s...
Museoloxía social.
Culturas en diálogo:
Lugo-Arxentina
Museoloxía social, diálogo intercultural: Culturas
en diálogo: Lugo...
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

Diptico lugo arxentina

863 views
776 views

Published on

Proxecto Museoloxía Social Rede Museística sobre Lugo e Arxentina

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
863
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
348
Actions
Shares
0
Downloads
2
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Diptico lugo arxentina

  1. 1. Máis información: e no sitio web: www.museolugo.org D. Antonio Veiga Outeiro, vicepresidente da Deputación de Lugo, e no seu nome D. Mario Outeiro Iglesias, deputado delegado da Área de Cultura e Turismo, teñen o pracer de invitalo/a á inauguración da exposición Museoloxía social. Culturas en diálogo: Lugo-Arxentina que terá lugar o vindeiro xoves, 10 de xullo de 2014, ás 20:00 horas, na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos (Deputación Provincial de Lugo). San Marcos, 8 Tel.: 982 242 112 www.museolugo.org / difusion@museolugo.org Museoloxía social. Culturas en diálogo Lugo - Arxentina
  2. 2. Museoloxía social. Culturas en diálogo: Lugo-Arxentina Museoloxía social, diálogo intercultural: Culturas en diálogo: Lugo – A Arxentina é un proxecto de colaboración entre a Rede Museística da Deputación de Lugo e as asociacións de Inmigrantes e Retornados Rioplatenses en Lugo e Tango Club Galicia, mais un equipo multidisciplinar. Concíbese como programa de museoloxía social que formula un traballo de arqueoloxía emocional entre Lugo e A Arxentina, coa posta en valor e humanización dos seus testemuños, en clave intercultural, entre diferentes xeracións e institucións museísticas, fomentando a creación multidisciplinar e onde se destaca a participación social de todos os colectivos da comunidade. O Museo, como institución permanente con responsabilidade, social utiliza as coleccións que estuda, expón e difunde, como nexo de unión entre os pobos e ofrécese como canle de comunicación e mediador activo no lugar onde se instala. Para responder a estes obxectivos, Culturas en diálogo constrúese a partir das seguintes liñas de actuación: > Investigación, documentación e conservación Didáctica Difusión e Creación Obxectivos Obxectivo xeral Investigar, documentar, conservar, reinterpretar e difundir a cultura de Lugo e A Arxentina a través do diálogo intercultural e inclusivo, fomentando a participación activa de todos os colectivos e resaltando as súas propias manifestacións culturais. Obxectivos específicos Construír, a través do museo, unha plataforma multicultural de diálogo entre os pobos. Darlles visibilidade ás comunidades e colectivos que conviven no noso territorio, outorgándolles a capacidade de producir os seus propios contidos. Utilizar a arte en códigos lingüísticos que tratan temas sociais de forma transversal. Fomentar a participación en cultura e patrimonio cultural, compartindo unha identificación cun pasado común. Poñer en valor as manifestacións culturais de todas as comunidades que conviven na nosa sociedade. Achegar a todas as persoas, independentemente da súa idade, xénero e capacidades a todas as actividades que se leven a cabo. Promover conciencia histórica e sentido de pertenza local e nacional. Homenaxear a muller emigrante, destacando a súa experiencia vital e fomentando a reflexión artística. Erixir a Lugo como área de referencia dentro do circuíto europeo e mundial do Tango.

×