SlideShare a Scribd company logo
1 of 9
Download to read offline
O Pazo de Tor constitúe en si mesmo unha das máis importantes mostras da
arquitectura pacega galega, e custodia ademais unha riquísima colección de
obxectos artísticos testemuño do modo de vida nobre na Galicia da Idade
Moderna.
Está situado nunha elevación que lle serve de mirador sobre o val de Lemos, na
parroquía de San Xoán de Tor, no concello de Monforte de Lemos.
Un pouco de Historia:
Ós conflictivos séculos XIV e XV, nos que a aristocracia inzou Galicia de castelos
e casas-torre, sucedeu unha idade Moderna caracterizada pola estabilidade, na
que a mesma nobreza pasou a residir en pazos acordes co novo estilo de vida máis
pacífico imposto pola Monarquía . Sendo pois propiedades das mesmas familias, os
pazos xorden nas cercanías dos antigos castelos e torres, sobre os seus alicerces
ou, as veces, en torno súa, por agregación de novas arquitecturas cabe as vellas
torres.
Este parecer ser tamén o caso de Tor. Autores como Vázquez Seijas falan
da existencia dun antigo castelo nos arredores do actual pazo, e está testemuñada
a presenza dunha torre adosada a construcción actual, destruída polas tropas
francesas na Guerra da Independencia; aínda que certos restos desa torre teñan
chegado ata nós, a súa pouca entidades impide coñecer se sé trataba dunha
herdanza dos séculos baixomediavais ou se, coma en tantos outros pazos galegos,
procedía dunha etapa constructiva posterior ( pero en todo caso anterior ó edificio
(pero en todo caso anterior ó edificio actual)na que a súa función non sería xa
defensiva, senón ea dun elemento emblemático que simbolizaría visualmente o o
poder dos donos ante os labregos do contorno, e as súas nobres e antigas orixes
ante os seus iguais fidalgos.
O Pazo de Tor pode ser datado básicamente no último tercio do século XVIII. Esta
cronoloxía coincide coa da meirande parte dos pazos galegos, en especial no seus
mellores exemplo, datados ó longo do século XVIII, sobre todo na súa segunda
metade.
Esta gran actividade constructiva no rural galego, na que é enmarcable o pazo de
Tor, é froito fundamentalmente de dous factores: a situación económica e
demográfica expansiva da Galicia da época, e o enriquecemento e dinamismo social
da clase para a que se contruiron os pazos, a fidalguía rural. Ésta era a principal
receptora dos beneficios dun agoro galego en expansión gracias á práctica do
subforo, que a colocaba como intermediaria entre os donos da terra –alta nobreza
e institución eclesiástica- e os labregos que a cultivaban. Esta situación
privilexiada veráse consolidada en 1763 coa Pragmática de Perpetuación de Foros
de Carlos III, que deu á fidalguía unha seguridade xurídica e económica axiña
reflictida na construcción de suntuosas residencias rurais, os pazos.
De tódolos xeitos, malia inscribirse tipolóxica, cronolóxica e historicamente no
mundo pacego galego de fins da Idade Moderna, o de Tor posúe características
orixinais que o diferencian e o destacan entre outro pazos da súa mesma época e
estilo.
Arquitectonicamenté o seu tamaño e proporción, e a calidade do traballo dos
mestres canteiros que o construiron, singularízano entre os pazos lugueses e aínda
galegos. Aínda que Tor teña, como todos os pazos galegos do seu tempo, moitos
elementos que denotan o seu carácter de centro de explotación agropecuaria, e
que o vencellan ás tipoloxías propias da arquitectura popular do rural galego da
Idade Moderna, a súa fábrica transcende o carácter de “ casa grande” labrega
especialmente rica propio da maioría dos pazos contemporáneos, con elementos que
suxiren un maior coñecemento dos recursos e da linguaxe arquitectónica das
correntes cultas do gran Barroco galego, aínda que fora un coñecemento indirecto
e de segunda man.
Desde o punto de vista histórico, as orixes do pazo de Tor remóntanse a varios
séculos antes do nacemento e consolidación da chamada “fidalguía intermediaria”: a
liñaxe fundadora, e as que ó longo dos séculos se vincularán a ela por matrimonio,
pertencen ó máis granado da nobreza galega non titulada, consolidada nos séculos
XIV e XV. Ademais, os vinculeiros de Tor durante os séculos XVI-XVIII gozan
dunha prestancia social que transcende claramente á da maioría dos membros da
fidalguía rural galega de entón.
Por outra parte, o pazo de Tor posúe unha distinción de carácter político que cabe
retrotraer ós séculos mediavais e que o diferencia claramente de moitas casas
fidalgas da Galicia do Antigo Réxime. Tor era cabeza dun señoría xurisdiccional que
comprendías as parroquias de San Xoán e San Xulián de Tor, nunha Galicia na que o
poder xurisdiccional era case monopolizado pola igrexa e as grandes casas nobres
tituladas, quedando moi lonxe das posibilidades da maioría da fidalguía residente
nos pazos. Malia que a fins da Idade Media o poder xurisdiccional dos señores de
Tor extendíase tamén as parroquias de Abuíme, Castillón e Tuiriz baixo o señorío
doutro membros da familia. Aínda se conservan na fachada do pazo de Tor as
“cadeas de misericordia”, símbolo do exercicio de poder xudicial civil e criminal por
parte dos seus señores.
OS SEÑORES DE TOR:
As orixes do pazo están ligadas á liñaxe dos Garza no século XIV, disfrutando da
súa posesión os seus descendentes directos ata a súa derradeira dona, Dª María de
la Paz Taboada de Andrés, y Zúñiga, que lo doou a Excelentísima Deputación de
Lugo.
Os Garza entrocarón en sucesivos matrimonios con outras casas fidalgas
sobranceiras na Galicia interior, como as dos Taboada, Valcárcel, Somoza,Losada,
Sarmiento, Quiroga, Valladares, Temes…No século XVII, polo matrimonio entre
don Lope Sánchez de Quiroga y Garza e María Álvarez de Castro y Somoza, os
señores de Tor chegarán a entrocar coa máis poderosa liñaxe da nobreza titulada
galega, a dos Condes de Lemos, a cuio círculo de vasalos pertencía durante os
séculos XVII e XVII.
O primeiro persoeiro ben testemuñado desta familia foi, a cabalo entre os século
XIV e XV, Pedro Garza de Castillón “O Vello “, señor dos coutos de San Xoán e San
Xulián de Tor, Castillón Tuiriz e Abuíme en terras de Lemos.
O seu neto Pedro Garza de Castillón ”O Mozo” ou Pedro de Tor, casado
cunha parente de García Rodríguez Valcárcel, adiantado –gobernador- real de
Galicia, verá confiscadas as súas terras e señoríos pola súa participación na II
Guerra Irmandiña(1467-1469); só retornarán á familia gracias á intervención do
seu irmán Gonzalo ante os Reis Católicos, ós que servira na Guerra de Granada.
Durante a Idade Moderna, trala a herdanza da casa de Tor polo primoxénito de
Pedro de Tor, Diego de Quiroga Garza, as enerxías dos señores de Tor encáuzanse
á carreira militar ó servizo da Monarquía, e a obtención de oficios e prebendas
(hábitos das ordes militares, cargos no Santo Oficio e nas administración
municipais, dignidades eclesiásticas para os segundóns da casa…)Especial relevancia
política e social adquiriron os vinculeiros da casa da segunda metade do XVI e a
primeira do VII, Lope Sánchez de Quiroga y Garza e seu fillo Francisco Garza de
Quiroga, gracias ó seu parentesco coa Casa condal de Lemos, nese momento no
cumio do seu esplendor e influencia política.
Sen embargo, durante estes séculos a principal actividade da familia foi o a
administración e o engrandecemento do seu gran patrimonio rústico, a través de
dúas vías recorrentes na nobreza contemporánea: a vinculación de bens inmobles
inalleables, que debían ser herdados por un único titular, o vinculeiro, polo xeral o
primoxénito da casa), e os matrimonios endogámicos destes vinculeiros con
membros da súa mesma clase, preferiblemente vinculeiro á súa vez, para agrandar
o se patrimonio; o éxito dos señores e señoras de Tor neste sentido amósase nas
súas alianzas matrimoniais con algunhas das máis importantes casas fidalgas de
Galicia.
A principal proba da boa administración e engrandecemento dos dominios
territoriais de Tor constitúea sen dúbida a construcción a fins do XVIII dun dos
pazos máis destacables de Galicia, tanto pola súa arquitectura como polas ricas
coleccións de obras de arte que nel se conservan.
A ARQUITECTURA DO PAZO:
Como xa se dixo, o pazo de Tor é un magnífico exemplo da arquitectura
pacega galega, datable no último tercio do século XVIII, con algún vestixio
anterior e algunha reforma posterior( como as reparacións efectuadas tralo seu
incencio polas tropas napoleónicas). É encadrable dentro do estilo Barroco, de
longa pervivencia en Galicia, pero xa tamizado por certo sentimento estético
neoclásico, visible na súa sobriedade, simetría e emprego de ordes clásicas.
Tor presenta unha planta moi recorrente na arquitectura dos pazos galegos,
en especial os de data avanzada: tres corpos dispostos en forma de U, co central
de menor tamaño e os laterais que adiantan sobre o plano, deixando no medio un
patio de honor.
O artellamento interno do edificio ven motivado pola necesidade de
conxugar nel a súa condición de residencia dunha familia e a da cabeza dunha
explotación agropecuaria. Consta pois de dúas plantas: un baixo de servizo que
alberga as dependencias necesarias en toda facenda agropecuaria(cocheiras,
adegas, corte, tulla…) e a vivenda dos criados e caseiros, e un primeiro andar
reservado a residencia dos donos do pazo.
A fachada principal do pazo, precedida dun amplo xardín, é un bo exemplo da
versión máis austera e simétrica do Barroco. No centro da planta baixa ábrese
unha gran porta rematada en arco de medio punto adovelado, flanqueada a cada
lado por tres piares de granito rematados en capiteis dóricos, que sosteñen dous
balcón con varandas de ferro forxado. A apertura de vans no primeiro andar
estructúranse de forma regular, en base a sete fiestras, coa central disposta
xusto enriba da porta, seguida a cada lado de dúas rectangulares de acceso ós
balcóns e outra cadrada;: esta disposición simétrica é rachada en parte pola
presencia dunha única pedra de armas ó lado esquerdo da porta.
A articulación do patio de honor como marco de acollida ó visitante cumpre
unha función estética e escenográfica moi cara ó urbanismo barroco, permitindo
aprecias a grandeza do edificio desde un perspectiva ampla. Presidido por unha
gran escaleira de pedra, que conduce a unha longa solaina con varanda de granito,
composta de peitoril e baloustrada. A solaina cúbrese cunha prolongación do
tellado da casa apoiada en finas columnas de capiteis dóricos que parten do
peitoril. Na planta baixa da cruxía menor ábrense dúas grandes arcadas que dan
acceso a uns soportais onde hoxe se expoñen catro carruaxes.
Os xardíns quizais o máis interesante sexa o que se atopa na súa parte
traseira, encadrable no estilo do xardín francés qaue se impón en toda Europa
desde o S.XVII, e articulado en torno a labirintos feitos con chantos de lousa en
espiral.
O conxunto do pazo e os xardín atópase pechado por un gran valado de
mampostería no que se abre un portalón coroado por ameas que, xa sen ningún
carácter defensivo, xogan un papel decorativo e simbólico: lembrar ó visitante a
antigüidade e nobreza da liñaxe dona do pazo, remontable ata a época feudal.
No portalón campea unha pedra de armas coa mesma función de dar fe da
nobreza dos posuidores de Tor, e a de resumir en símbolos heráldicos as diversas
liñaxes nobres coas que estes entroncaron.
Breve descrición das dependencias interiores da planta nobre do Pazo e dos seus
contidos:
Traspasando o portalón do pazo, atópase o patio inteior. Baixo as arcadas do patio
preséntase unha colección de oito xugos e exhíbense tamén catro carruaxes en
proceso de restauración.
0-CORREDOR
Decorado con litografías, nel sitúase un moble de recibidor, un paragúeiro, con
paraugas antigos, tres deles con empuñadura de prata, e tamén unha curiosa
colección de sombreiros.
1-SALA DE ARMAS
Presidida por unha tea de seda, da que colga un escudo de armas do pazo, ó redor
dela sitúanse dúas armaduras e un conxunto de panoplias con espadas e armas de
fogo.Ocupa a parte central da dependencia unha grande mesa rectangular feita en
madeira de castiñeiro con caixoeiras talladas, sobre ela varias pezas de bronce.
Entre o mobiliario desta sala hai tamén unha liteira para o transporte de persoas
na que según a tradicción foi trasladado o corpo de San Pegerto desde Barcelona
hasta Buciños (Carballedo) e un armario barroco policromado para gardas as pezas
de caza.
Tamén se expoñen nesta sala unha colección de bastóns, algúns deles con
empuñaduras de metal, marfil, madeiras talladas e outro metais nobres.
2.-SALÓN DO NORTE
Nesta estancia cólganse varios retratos ó óleo entre eles o da última propietaria
do pazo, Dna:Mª Paz Taboada, flanqueado polos dos seus pais e Bisavós. Entre
outro retratos familiares figuraun de Don Melitón de Cuenca, de autoría de
Dionisio Fierros,outro un do que foi bispo de Salamanca, Varela de Temes (sec.
XIX) e doutros eclesiásticos como un coengo de Santiago e un bispo de Mondoñedo
José Francisco Losada y Quiroga(S.XVIII).
O fondo do salón unha vitrina de tres corpos, recolle un valioso conxunto de
catorce abanos, alfaias antigas e de distintas mostras de artes decorativas de moi
variadas procedencias. Entre outras poden destacarse: unha cruz de Caravaca en
prata, unha braceira castrexa en bronce (ó parecer procedente do castro de Tor),
un xogo de xadrez de estilizadas figuras en marfil, condecoracións, relicarios,
artigos de fumador, básculas de precisión para moedas….
Na mesa central ocupa un lugar preferente un xarrón de cerámica pintado a man
por Zuluaga.
Noutro recanto da estancia, outra vitrina recolle un misceláneo conxunto de pezas
de desigual valor artístico: abanos, pipas, faldriqueira e diversos recipientes de
vidro e cerámica…etc.
Este salón está comunicado coa capela ou oratorio da casa, o que facía posible
seguir os oficios relixiosos sen deixar a planta nobre.
3.-CAPELA
Retablo con imaxinería. Segundo unha inscrición que se conserva, a policromía
deste retablo ó igual que a pintura decorativa das paredes foi realizada en 1909
polo pintor monfortino José Casanova Cortiñas.
4.-DESPACHO
Con acceso dende o Salón Norte. Destaca entre o mobiliario un bargueño a xogo
cun escritorio e estanterías, e un armario empotrado onde se custodia unha vaixela
completa de Sargadelos que pertenceu ó coengo compostelán don José María
Varela e outras pezas soltas pertencentes a distintas etapas da Real Fábrica de
Sargadelos.
5-CUARTO DO BISPO
Amoblado co seu mobiliario orixinal: cama coa cabeceira torneada e tallada con
motivos barrocos e bargueño do sec XVII en marquetería de carey e bronce, moble
lavabo, etc.
6.-CUARTO DE CONVIDADOS
Dormitorio con unha cama e un lavabo con espello, mobiliario diverso: escritorio,
alfombra tecida a man e vitrina con algunhos exemplares de peinetas.
7.-CUARTO DE BAÑO PRINCIPAL
Tamén dende a Sala de armas accédese o cuarto de baño no que destaca a
impresionante bañeira de mármore feita dunha soa peza.
8.-SALÓN DE BILLAR
Así chamado pola antiga mesa de billar que ocupa a parte central do salón. O
mobiliario complétase cunha serie de tresillos, sofás e diváns e diversas mesas de
xogo distribuídas polo recinto. A esquerda segundo se entra vindo da Sala de
Armas, pode verse un armario de madeira maciza de grandes dimensión destinado a
colchoeira. En esa mesma zoa hai un reloxo de pé, da casa inglesa Dorrel, con caixa
decorada con motivos orientais en dourado.
Dos cadros que se colgan nas paredes deste salón, destacan entre diversos
gravados e unha árbore xenealóxica da familia, tres óleos que representan a “María
Magadalena”, “San Francisco de Asís e os santos franciscanos” e “A Virxe de
Guadalupe”
9.-CUARTO DA SEÑORA
O cuarto que ocupou a úljtima señora da casa, Dona Mª Paz Taboada, conta entre o
seu mobiliario cun moble de tocador con labores de incrustación de madeira e un
buró-librería que contén, entre outras pezas curiosas, uns zapatos femininos de
raso vermello que pertenceron á súa avoa dona Paz de Zúñiga.
Hai tamén nesta habitación varias mostras de pintura, case todas de tema
relixioso, entre elas: dous óleos sobre táboa “A Anunciación” e “O soño de San
Xosé”, asinados por Landeira, pintor do século XVIII, outro óle representa “A
caridade”.Destaca tamén un retrato do fillo do pintor, asinado por Agrassot,
artista emparentado co marido da última dona do Pazo e do que tamén se conservan
outras obras en distinta dependencias do mesmo.
10-CUARTO INFANTIL
Con cama de barco en madeira de caoba e outro mobiliario e pezas decorativas.
11.-SALÓN DO MEDIODÍA
A estancia máis luminosa e cálida do pazo. Das súas paredes colgan tres espellos de
gran tamaño, un deles enfrentado a porta de entrada e flanqueado polas duas
fiestras que se abren o exterior. Outro dos espellos está situado sobre unha
cheminea decorada cun reloxo de sobremesa con figuras en bronce. Este salón
acolle varias interesantes mostras de pintura de distintas épocas: un jóleo sobre
cobre, “Martirio de San Lorenzo”, copia de Tiziano e outros tres óleos asinados por
Agrassot:”Paisaxe”,”Sagrada familia” e “Ecce Homo”.Aínda hai outro óleo anónimo
“A Virxe do Carme”. Baixo este cadro atópase un piano casa londinense
Collar&Collard, do XIX e un clavicordio da casa londinense Longman&Broderip, do
século XVIII.
12.-DORMITORIO PRINCIPAL
Unha estructura de madeira con tres arcadas neogóticas divide nesta estancia a
zoa de dormir e a de estar. Entre o mobiliario deste dormitorio sobresae unha
cama con dosel do século XVII, procedente de Nápoles; feita en madeira de pao
santo e decorada profusamente con incrustacións, placas e calados de bronce. Ó
lado deste cama está o berce de varias xeración da familia con discretos adornos
en marquetería. Do mobiliario da zona de estar cómpre sinalar un sofá ovalado de
catro corpos (confidente), un armario e un escritorio.
13.-CORREDOR
Un espacioso corredor, decorado con varios exemplares de bargueño e outras
singulares mostras de mobiliario vai dando paso, a man dereita, as dependencias
que se describen de seguido.
14.-CUARTO DE ESTAR
Comunicado tamén co salón do mediodía. Ademais do seu mobiliario hai nesta sala
varias litografías que representan ós xenerais carlistal Rafel Tristany e Juan
Castells e outra co retrato do aspirante ó trono, Carlos VII de Borbón. Nseste
cuarto colga tamén un retrato de María de Andrés, nai de dona María Paz Taboada.
15.- COMEDOR DE DIARIO
Co seu mobiliario
16.-COMEDOR PRINCIPAL
O mobiliario do comedor disponse ó redor dunha gran mesa central sobre a que se
presenta a vaixela de Sargadelos que pertenceu ó coengo compostelán don José
María Varela. Sobre un arcón do século XVIII pode verse unha bandexa de prata
de grandes dimensión , co escudo da casa, e vaso de prata con inscrición “TOR”.
Nunha das equinas da estancia hai outra cheminea, de recente construción,
adornada con pezas de bronce (quinqués de aceite, candís de petróleo, braseiros,
…etc). Bargueño e un reloxo de marca Alfredo Delege.
As paredes do comedor loce un tapiz cunha escea de caza e varios óleos. Entre eles
mencionaremos os retrato do cardeal Payá, e un óleo procedente de México que
representa á Virxe das Maravillas.
Tamén hai outros tres óleos de tema bíblico que formaban parte dunha colección
familiar que se dispersou: “Xuízo de Salomón”, “A fuxida a Exipto” e “A entrada a
Xerusalén”. Outro óleo de maior tamaño representa a San Francisco Xavier.
Na entrada do comedor colga un curioso retrato exvoto de Don Francisco José de
Quiroga y Losada, axeonllado diante dunha imaxe da Virxe das Ermitas, e feito en
agradecemento pola curación dunha grave doenza.
17.-BIBLIOTECA
Conservánse nela un total de 2948 volumenes que dan corpo a 2154 títulos. Dese
conxunto 1252 obras foron editadas no século XX, 506 no século XIX, 321 no
XVIII, 57 no XVII e 18 no XVI
Entre algunhas das moitas obras valiosas que se poderían mencionar,
destacaremos: Libro de la Montería, de Argote de Molina(1580), Historia general
de todas las cosas sucedidas en el mundo en estos cincuenta años de nuestro
tiempo… de Pavlo Iovio, bispo de Nochera, (1572), Las decadas, de Tito Livio,
impreso en letra gótica en Zaragoza(1520) e un tratado de albeitería de Pedro
López de Camora, editado en Logroño en 1580.

More Related Content

Viewers also liked

Development of Digipak
Development of DigipakDevelopment of Digipak
Development of Digipakalexhester
 
The Premier Hotel Edwardian Conference Package
The Premier Hotel Edwardian Conference PackageThe Premier Hotel Edwardian Conference Package
The Premier Hotel Edwardian Conference PackagePremier Hotels & Resorts
 
Webtangle : Web design and Development
Webtangle : Web design and DevelopmentWebtangle : Web design and Development
Webtangle : Web design and Developmentwillliamsmia
 
EarthLED EarthPAR™ 38 Lamp
EarthLED EarthPAR™ 38 LampEarthLED EarthPAR™ 38 Lamp
EarthLED EarthPAR™ 38 LampEarthLED
 
Fabula muchacho fortuna
Fabula muchacho fortuna Fabula muchacho fortuna
Fabula muchacho fortuna charo bodega
 
Jugando aprende a leer
Jugando aprende a leerJugando aprende a leer
Jugando aprende a leersecs técnicas
 
CUMPLIENDO LA FUNCIÓN DE CONSERVACIÓN DE MUSEOS-EJEMPLO DE INTERVENCION
CUMPLIENDO LA FUNCIÓN DE CONSERVACIÓN DE MUSEOS-EJEMPLO DE INTERVENCIONCUMPLIENDO LA FUNCIÓN DE CONSERVACIÓN DE MUSEOS-EJEMPLO DE INTERVENCION
CUMPLIENDO LA FUNCIÓN DE CONSERVACIÓN DE MUSEOS-EJEMPLO DE INTERVENCIONEncarna Lago
 
Ecosistema
EcosistemaEcosistema
Ecosistemaeuche
 
Servicio De InstalacióN Remota Ris
Servicio De InstalacióN Remota RisServicio De InstalacióN Remota Ris
Servicio De InstalacióN Remota Risenunpimpam.com
 
Tercera sesion 13112013 final
Tercera sesion 13112013 finalTercera sesion 13112013 final
Tercera sesion 13112013 finalsecs técnicas
 
Capitulo 5 De Chag
Capitulo 5 De ChagCapitulo 5 De Chag
Capitulo 5 De Chaghector
 

Viewers also liked (20)

Development of Digipak
Development of DigipakDevelopment of Digipak
Development of Digipak
 
Spain / Pignoise
Spain / PignoiseSpain / Pignoise
Spain / Pignoise
 
Ser Amigo Es www.giiaa.com
Ser Amigo Es www.giiaa.comSer Amigo Es www.giiaa.com
Ser Amigo Es www.giiaa.com
 
The Premier Hotel Edwardian Conference Package
The Premier Hotel Edwardian Conference PackageThe Premier Hotel Edwardian Conference Package
The Premier Hotel Edwardian Conference Package
 
Webtangle : Web design and Development
Webtangle : Web design and DevelopmentWebtangle : Web design and Development
Webtangle : Web design and Development
 
EarthLED EarthPAR™ 38 Lamp
EarthLED EarthPAR™ 38 LampEarthLED EarthPAR™ 38 Lamp
EarthLED EarthPAR™ 38 Lamp
 
Fabula muchacho fortuna
Fabula muchacho fortuna Fabula muchacho fortuna
Fabula muchacho fortuna
 
Enlace Ciudadano Nro 311 tema: asambleístas los ríos
Enlace Ciudadano Nro 311 tema: asambleístas los ríosEnlace Ciudadano Nro 311 tema: asambleístas los ríos
Enlace Ciudadano Nro 311 tema: asambleístas los ríos
 
Jugando aprende a leer
Jugando aprende a leerJugando aprende a leer
Jugando aprende a leer
 
CUMPLIENDO LA FUNCIÓN DE CONSERVACIÓN DE MUSEOS-EJEMPLO DE INTERVENCION
CUMPLIENDO LA FUNCIÓN DE CONSERVACIÓN DE MUSEOS-EJEMPLO DE INTERVENCIONCUMPLIENDO LA FUNCIÓN DE CONSERVACIÓN DE MUSEOS-EJEMPLO DE INTERVENCION
CUMPLIENDO LA FUNCIÓN DE CONSERVACIÓN DE MUSEOS-EJEMPLO DE INTERVENCION
 
Ecosistema
EcosistemaEcosistema
Ecosistema
 
Servicio De InstalacióN Remota Ris
Servicio De InstalacióN Remota RisServicio De InstalacióN Remota Ris
Servicio De InstalacióN Remota Ris
 
Mantenimiento Preventivo
Mantenimiento PreventivoMantenimiento Preventivo
Mantenimiento Preventivo
 
Tercera sesion 13112013 final
Tercera sesion 13112013 finalTercera sesion 13112013 final
Tercera sesion 13112013 final
 
Milagrost
MilagrostMilagrost
Milagrost
 
El futuro
El futuroEl futuro
El futuro
 
Inversion chilena
Inversion chilenaInversion chilena
Inversion chilena
 
Capitulo 5 De Chag
Capitulo 5 De ChagCapitulo 5 De Chag
Capitulo 5 De Chag
 
Tutorial emerald
Tutorial emeraldTutorial emerald
Tutorial emerald
 
Inhumano
InhumanoInhumano
Inhumano
 

Similar to A historia do pazo (1) (1)

[Presentación] do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
[Presentación] do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros[Presentación] do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
[Presentación] do esplendor medieval á decadencia dos séculos escurosDiego Lallana
 
Vocabulario Historia España ABAU
Vocabulario Historia España ABAUVocabulario Historia España ABAU
Vocabulario Historia España ABAUAgrela Elvixeo
 
Do esplendor medieval á decadencia dos Séculos Escuros. Rianxo na Idade Media
Do esplendor medieval á decadencia dos Séculos Escuros. Rianxo na Idade MediaDo esplendor medieval á decadencia dos Séculos Escuros. Rianxo na Idade Media
Do esplendor medieval á decadencia dos Séculos Escuros. Rianxo na Idade MediaMarlou
 
A Galiza Medieval
A Galiza MedievalA Galiza Medieval
A Galiza Medievalnoagaliza
 
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de GaliciaOs reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galiciarubempaul
 
Historia medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbacHistoria medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbacxenevra
 
Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España
Tema 2. Inicio da Idade Moderna en EspañaTema 2. Inicio da Idade Moderna en España
Tema 2. Inicio da Idade Moderna en EspañaDudas-Historia
 
Contexto HistóRico
Contexto HistóRicoContexto HistóRico
Contexto HistóRicoManulourenzo
 
Trabajo grupo hispania romana final
Trabajo grupo hispania romana finalTrabajo grupo hispania romana final
Trabajo grupo hispania romana finallolifreire
 
Trabajo grupo hispania romana final
Trabajo grupo hispania romana finalTrabajo grupo hispania romana final
Trabajo grupo hispania romana finallolifreire
 
Tema 6. galicia na idade media
Tema 6.  galicia na idade mediaTema 6.  galicia na idade media
Tema 6. galicia na idade mediadanielvereavazquez
 
Folleto pazo de tor galego
Folleto pazo de tor galegoFolleto pazo de tor galego
Folleto pazo de tor galegormplugo
 
A Literatura Galega Nos Ssee (Ana BeléN)
A Literatura Galega Nos Ssee (Ana BeléN)A Literatura Galega Nos Ssee (Ana BeléN)
A Literatura Galega Nos Ssee (Ana BeléN)Ana Moreda
 
Tema 6 Galicia na Idade Media
Tema 6 Galicia na Idade MediaTema 6 Galicia na Idade Media
Tema 6 Galicia na Idade Mediarubempaul
 

Similar to A historia do pazo (1) (1) (20)

O cerre da fronteira medieval entre Galicia e Portugal
O cerre da fronteira medieval entre Galicia e PortugalO cerre da fronteira medieval entre Galicia e Portugal
O cerre da fronteira medieval entre Galicia e Portugal
 
[Presentación] do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
[Presentación] do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros[Presentación] do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
[Presentación] do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
 
Vocabulario Historia España ABAU
Vocabulario Historia España ABAUVocabulario Historia España ABAU
Vocabulario Historia España ABAU
 
Do esplendor medieval á decadencia dos Séculos Escuros. Rianxo na Idade Media
Do esplendor medieval á decadencia dos Séculos Escuros. Rianxo na Idade MediaDo esplendor medieval á decadencia dos Séculos Escuros. Rianxo na Idade Media
Do esplendor medieval á decadencia dos Séculos Escuros. Rianxo na Idade Media
 
A Galiza Medieval
A Galiza MedievalA Galiza Medieval
A Galiza Medieval
 
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de GaliciaOs reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
 
Cultura castrexa
Cultura castrexaCultura castrexa
Cultura castrexa
 
Historia medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbacHistoria medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbac
 
Os pazos
Os pazosOs pazos
Os pazos
 
Ascenso e caída do Mariscal Pardo de Cela (Galicia, século XV)
Ascenso e caída do Mariscal Pardo de Cela (Galicia, século XV)Ascenso e caída do Mariscal Pardo de Cela (Galicia, século XV)
Ascenso e caída do Mariscal Pardo de Cela (Galicia, século XV)
 
Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España
Tema 2. Inicio da Idade Moderna en EspañaTema 2. Inicio da Idade Moderna en España
Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España
 
Maria trujillano idade media galega
Maria trujillano idade media galegaMaria trujillano idade media galega
Maria trujillano idade media galega
 
Contexto HistóRico
Contexto HistóRicoContexto HistóRico
Contexto HistóRico
 
Trabajo grupo hispania romana final
Trabajo grupo hispania romana finalTrabajo grupo hispania romana final
Trabajo grupo hispania romana final
 
Trabajo grupo hispania romana final
Trabajo grupo hispania romana finalTrabajo grupo hispania romana final
Trabajo grupo hispania romana final
 
Tema 6. galicia na idade media
Tema 6.  galicia na idade mediaTema 6.  galicia na idade media
Tema 6. galicia na idade media
 
A narrativa medieval
A narrativa medievalA narrativa medieval
A narrativa medieval
 
Folleto pazo de tor galego
Folleto pazo de tor galegoFolleto pazo de tor galego
Folleto pazo de tor galego
 
A Literatura Galega Nos Ssee (Ana BeléN)
A Literatura Galega Nos Ssee (Ana BeléN)A Literatura Galega Nos Ssee (Ana BeléN)
A Literatura Galega Nos Ssee (Ana BeléN)
 
Tema 6 Galicia na Idade Media
Tema 6 Galicia na Idade MediaTema 6 Galicia na Idade Media
Tema 6 Galicia na Idade Media
 

More from Encarna Lago

V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdfV4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdfEncarna Lago
 
taller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdftaller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdfEncarna Lago
 
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdfExperiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdfEncarna Lago
 
Encontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdfEncontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdfEncarna Lago
 
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdfPROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdfEncarna Lago
 
XII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integraciónXII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integraciónEncarna Lago
 
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdfEncarna Lago
 
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...Encarna Lago
 
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores Encarna Lago
 
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022Encarna Lago
 
Traballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de TorTraballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de TorEncarna Lago
 
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGOESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGOEncarna Lago
 
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...Encarna Lago
 
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfPROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfEncarna Lago
 
77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdf77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdfEncarna Lago
 
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdfEncarna Lago
 
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdfEncarna Lago
 
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdfEncarna Lago
 
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPLDorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPLEncarna Lago
 
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arteXornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arteEncarna Lago
 

More from Encarna Lago (20)

V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdfV4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
 
taller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdftaller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdf
 
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdfExperiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
 
Encontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdfEncontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdf
 
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdfPROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
 
XII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integraciónXII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integración
 
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
 
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
 
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
 
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
 
Traballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de TorTraballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
 
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGOESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
 
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
 
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfPROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
 
77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdf77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdf
 
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
 
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
 
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
 
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPLDorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
 
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arteXornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
 

A historia do pazo (1) (1)

  • 1. O Pazo de Tor constitúe en si mesmo unha das máis importantes mostras da arquitectura pacega galega, e custodia ademais unha riquísima colección de obxectos artísticos testemuño do modo de vida nobre na Galicia da Idade Moderna. Está situado nunha elevación que lle serve de mirador sobre o val de Lemos, na parroquía de San Xoán de Tor, no concello de Monforte de Lemos. Un pouco de Historia: Ós conflictivos séculos XIV e XV, nos que a aristocracia inzou Galicia de castelos e casas-torre, sucedeu unha idade Moderna caracterizada pola estabilidade, na que a mesma nobreza pasou a residir en pazos acordes co novo estilo de vida máis pacífico imposto pola Monarquía . Sendo pois propiedades das mesmas familias, os pazos xorden nas cercanías dos antigos castelos e torres, sobre os seus alicerces ou, as veces, en torno súa, por agregación de novas arquitecturas cabe as vellas torres. Este parecer ser tamén o caso de Tor. Autores como Vázquez Seijas falan da existencia dun antigo castelo nos arredores do actual pazo, e está testemuñada a presenza dunha torre adosada a construcción actual, destruída polas tropas francesas na Guerra da Independencia; aínda que certos restos desa torre teñan chegado ata nós, a súa pouca entidades impide coñecer se sé trataba dunha herdanza dos séculos baixomediavais ou se, coma en tantos outros pazos galegos, procedía dunha etapa constructiva posterior ( pero en todo caso anterior ó edificio (pero en todo caso anterior ó edificio actual)na que a súa función non sería xa defensiva, senón ea dun elemento emblemático que simbolizaría visualmente o o poder dos donos ante os labregos do contorno, e as súas nobres e antigas orixes ante os seus iguais fidalgos. O Pazo de Tor pode ser datado básicamente no último tercio do século XVIII. Esta cronoloxía coincide coa da meirande parte dos pazos galegos, en especial no seus mellores exemplo, datados ó longo do século XVIII, sobre todo na súa segunda metade. Esta gran actividade constructiva no rural galego, na que é enmarcable o pazo de Tor, é froito fundamentalmente de dous factores: a situación económica e demográfica expansiva da Galicia da época, e o enriquecemento e dinamismo social da clase para a que se contruiron os pazos, a fidalguía rural. Ésta era a principal receptora dos beneficios dun agoro galego en expansión gracias á práctica do subforo, que a colocaba como intermediaria entre os donos da terra –alta nobreza e institución eclesiástica- e os labregos que a cultivaban. Esta situación
  • 2. privilexiada veráse consolidada en 1763 coa Pragmática de Perpetuación de Foros de Carlos III, que deu á fidalguía unha seguridade xurídica e económica axiña reflictida na construcción de suntuosas residencias rurais, os pazos. De tódolos xeitos, malia inscribirse tipolóxica, cronolóxica e historicamente no mundo pacego galego de fins da Idade Moderna, o de Tor posúe características orixinais que o diferencian e o destacan entre outro pazos da súa mesma época e estilo. Arquitectonicamenté o seu tamaño e proporción, e a calidade do traballo dos mestres canteiros que o construiron, singularízano entre os pazos lugueses e aínda galegos. Aínda que Tor teña, como todos os pazos galegos do seu tempo, moitos elementos que denotan o seu carácter de centro de explotación agropecuaria, e que o vencellan ás tipoloxías propias da arquitectura popular do rural galego da Idade Moderna, a súa fábrica transcende o carácter de “ casa grande” labrega especialmente rica propio da maioría dos pazos contemporáneos, con elementos que suxiren un maior coñecemento dos recursos e da linguaxe arquitectónica das correntes cultas do gran Barroco galego, aínda que fora un coñecemento indirecto e de segunda man. Desde o punto de vista histórico, as orixes do pazo de Tor remóntanse a varios séculos antes do nacemento e consolidación da chamada “fidalguía intermediaria”: a liñaxe fundadora, e as que ó longo dos séculos se vincularán a ela por matrimonio, pertencen ó máis granado da nobreza galega non titulada, consolidada nos séculos XIV e XV. Ademais, os vinculeiros de Tor durante os séculos XVI-XVIII gozan dunha prestancia social que transcende claramente á da maioría dos membros da fidalguía rural galega de entón. Por outra parte, o pazo de Tor posúe unha distinción de carácter político que cabe retrotraer ós séculos mediavais e que o diferencia claramente de moitas casas fidalgas da Galicia do Antigo Réxime. Tor era cabeza dun señoría xurisdiccional que comprendías as parroquias de San Xoán e San Xulián de Tor, nunha Galicia na que o poder xurisdiccional era case monopolizado pola igrexa e as grandes casas nobres tituladas, quedando moi lonxe das posibilidades da maioría da fidalguía residente nos pazos. Malia que a fins da Idade Media o poder xurisdiccional dos señores de Tor extendíase tamén as parroquias de Abuíme, Castillón e Tuiriz baixo o señorío doutro membros da familia. Aínda se conservan na fachada do pazo de Tor as “cadeas de misericordia”, símbolo do exercicio de poder xudicial civil e criminal por parte dos seus señores.
  • 3. OS SEÑORES DE TOR: As orixes do pazo están ligadas á liñaxe dos Garza no século XIV, disfrutando da súa posesión os seus descendentes directos ata a súa derradeira dona, Dª María de la Paz Taboada de Andrés, y Zúñiga, que lo doou a Excelentísima Deputación de Lugo. Os Garza entrocarón en sucesivos matrimonios con outras casas fidalgas sobranceiras na Galicia interior, como as dos Taboada, Valcárcel, Somoza,Losada, Sarmiento, Quiroga, Valladares, Temes…No século XVII, polo matrimonio entre don Lope Sánchez de Quiroga y Garza e María Álvarez de Castro y Somoza, os señores de Tor chegarán a entrocar coa máis poderosa liñaxe da nobreza titulada galega, a dos Condes de Lemos, a cuio círculo de vasalos pertencía durante os séculos XVII e XVII. O primeiro persoeiro ben testemuñado desta familia foi, a cabalo entre os século XIV e XV, Pedro Garza de Castillón “O Vello “, señor dos coutos de San Xoán e San Xulián de Tor, Castillón Tuiriz e Abuíme en terras de Lemos. O seu neto Pedro Garza de Castillón ”O Mozo” ou Pedro de Tor, casado cunha parente de García Rodríguez Valcárcel, adiantado –gobernador- real de Galicia, verá confiscadas as súas terras e señoríos pola súa participación na II Guerra Irmandiña(1467-1469); só retornarán á familia gracias á intervención do seu irmán Gonzalo ante os Reis Católicos, ós que servira na Guerra de Granada. Durante a Idade Moderna, trala a herdanza da casa de Tor polo primoxénito de Pedro de Tor, Diego de Quiroga Garza, as enerxías dos señores de Tor encáuzanse á carreira militar ó servizo da Monarquía, e a obtención de oficios e prebendas (hábitos das ordes militares, cargos no Santo Oficio e nas administración municipais, dignidades eclesiásticas para os segundóns da casa…)Especial relevancia política e social adquiriron os vinculeiros da casa da segunda metade do XVI e a primeira do VII, Lope Sánchez de Quiroga y Garza e seu fillo Francisco Garza de Quiroga, gracias ó seu parentesco coa Casa condal de Lemos, nese momento no cumio do seu esplendor e influencia política. Sen embargo, durante estes séculos a principal actividade da familia foi o a administración e o engrandecemento do seu gran patrimonio rústico, a través de dúas vías recorrentes na nobreza contemporánea: a vinculación de bens inmobles inalleables, que debían ser herdados por un único titular, o vinculeiro, polo xeral o primoxénito da casa), e os matrimonios endogámicos destes vinculeiros con membros da súa mesma clase, preferiblemente vinculeiro á súa vez, para agrandar o se patrimonio; o éxito dos señores e señoras de Tor neste sentido amósase nas
  • 4. súas alianzas matrimoniais con algunhas das máis importantes casas fidalgas de Galicia. A principal proba da boa administración e engrandecemento dos dominios territoriais de Tor constitúea sen dúbida a construcción a fins do XVIII dun dos pazos máis destacables de Galicia, tanto pola súa arquitectura como polas ricas coleccións de obras de arte que nel se conservan. A ARQUITECTURA DO PAZO: Como xa se dixo, o pazo de Tor é un magnífico exemplo da arquitectura pacega galega, datable no último tercio do século XVIII, con algún vestixio anterior e algunha reforma posterior( como as reparacións efectuadas tralo seu incencio polas tropas napoleónicas). É encadrable dentro do estilo Barroco, de longa pervivencia en Galicia, pero xa tamizado por certo sentimento estético neoclásico, visible na súa sobriedade, simetría e emprego de ordes clásicas. Tor presenta unha planta moi recorrente na arquitectura dos pazos galegos, en especial os de data avanzada: tres corpos dispostos en forma de U, co central de menor tamaño e os laterais que adiantan sobre o plano, deixando no medio un patio de honor. O artellamento interno do edificio ven motivado pola necesidade de conxugar nel a súa condición de residencia dunha familia e a da cabeza dunha explotación agropecuaria. Consta pois de dúas plantas: un baixo de servizo que alberga as dependencias necesarias en toda facenda agropecuaria(cocheiras, adegas, corte, tulla…) e a vivenda dos criados e caseiros, e un primeiro andar reservado a residencia dos donos do pazo. A fachada principal do pazo, precedida dun amplo xardín, é un bo exemplo da versión máis austera e simétrica do Barroco. No centro da planta baixa ábrese unha gran porta rematada en arco de medio punto adovelado, flanqueada a cada lado por tres piares de granito rematados en capiteis dóricos, que sosteñen dous balcón con varandas de ferro forxado. A apertura de vans no primeiro andar estructúranse de forma regular, en base a sete fiestras, coa central disposta xusto enriba da porta, seguida a cada lado de dúas rectangulares de acceso ós balcóns e outra cadrada;: esta disposición simétrica é rachada en parte pola presencia dunha única pedra de armas ó lado esquerdo da porta. A articulación do patio de honor como marco de acollida ó visitante cumpre unha función estética e escenográfica moi cara ó urbanismo barroco, permitindo aprecias a grandeza do edificio desde un perspectiva ampla. Presidido por unha
  • 5. gran escaleira de pedra, que conduce a unha longa solaina con varanda de granito, composta de peitoril e baloustrada. A solaina cúbrese cunha prolongación do tellado da casa apoiada en finas columnas de capiteis dóricos que parten do peitoril. Na planta baixa da cruxía menor ábrense dúas grandes arcadas que dan acceso a uns soportais onde hoxe se expoñen catro carruaxes. Os xardíns quizais o máis interesante sexa o que se atopa na súa parte traseira, encadrable no estilo do xardín francés qaue se impón en toda Europa desde o S.XVII, e articulado en torno a labirintos feitos con chantos de lousa en espiral. O conxunto do pazo e os xardín atópase pechado por un gran valado de mampostería no que se abre un portalón coroado por ameas que, xa sen ningún carácter defensivo, xogan un papel decorativo e simbólico: lembrar ó visitante a antigüidade e nobreza da liñaxe dona do pazo, remontable ata a época feudal. No portalón campea unha pedra de armas coa mesma función de dar fe da nobreza dos posuidores de Tor, e a de resumir en símbolos heráldicos as diversas liñaxes nobres coas que estes entroncaron. Breve descrición das dependencias interiores da planta nobre do Pazo e dos seus contidos: Traspasando o portalón do pazo, atópase o patio inteior. Baixo as arcadas do patio preséntase unha colección de oito xugos e exhíbense tamén catro carruaxes en proceso de restauración. 0-CORREDOR Decorado con litografías, nel sitúase un moble de recibidor, un paragúeiro, con paraugas antigos, tres deles con empuñadura de prata, e tamén unha curiosa colección de sombreiros. 1-SALA DE ARMAS Presidida por unha tea de seda, da que colga un escudo de armas do pazo, ó redor dela sitúanse dúas armaduras e un conxunto de panoplias con espadas e armas de fogo.Ocupa a parte central da dependencia unha grande mesa rectangular feita en madeira de castiñeiro con caixoeiras talladas, sobre ela varias pezas de bronce.
  • 6. Entre o mobiliario desta sala hai tamén unha liteira para o transporte de persoas na que según a tradicción foi trasladado o corpo de San Pegerto desde Barcelona hasta Buciños (Carballedo) e un armario barroco policromado para gardas as pezas de caza. Tamén se expoñen nesta sala unha colección de bastóns, algúns deles con empuñaduras de metal, marfil, madeiras talladas e outro metais nobres. 2.-SALÓN DO NORTE Nesta estancia cólganse varios retratos ó óleo entre eles o da última propietaria do pazo, Dna:Mª Paz Taboada, flanqueado polos dos seus pais e Bisavós. Entre outro retratos familiares figuraun de Don Melitón de Cuenca, de autoría de Dionisio Fierros,outro un do que foi bispo de Salamanca, Varela de Temes (sec. XIX) e doutros eclesiásticos como un coengo de Santiago e un bispo de Mondoñedo José Francisco Losada y Quiroga(S.XVIII). O fondo do salón unha vitrina de tres corpos, recolle un valioso conxunto de catorce abanos, alfaias antigas e de distintas mostras de artes decorativas de moi variadas procedencias. Entre outras poden destacarse: unha cruz de Caravaca en prata, unha braceira castrexa en bronce (ó parecer procedente do castro de Tor), un xogo de xadrez de estilizadas figuras en marfil, condecoracións, relicarios, artigos de fumador, básculas de precisión para moedas…. Na mesa central ocupa un lugar preferente un xarrón de cerámica pintado a man por Zuluaga. Noutro recanto da estancia, outra vitrina recolle un misceláneo conxunto de pezas de desigual valor artístico: abanos, pipas, faldriqueira e diversos recipientes de vidro e cerámica…etc. Este salón está comunicado coa capela ou oratorio da casa, o que facía posible seguir os oficios relixiosos sen deixar a planta nobre. 3.-CAPELA Retablo con imaxinería. Segundo unha inscrición que se conserva, a policromía deste retablo ó igual que a pintura decorativa das paredes foi realizada en 1909 polo pintor monfortino José Casanova Cortiñas. 4.-DESPACHO Con acceso dende o Salón Norte. Destaca entre o mobiliario un bargueño a xogo cun escritorio e estanterías, e un armario empotrado onde se custodia unha vaixela
  • 7. completa de Sargadelos que pertenceu ó coengo compostelán don José María Varela e outras pezas soltas pertencentes a distintas etapas da Real Fábrica de Sargadelos. 5-CUARTO DO BISPO Amoblado co seu mobiliario orixinal: cama coa cabeceira torneada e tallada con motivos barrocos e bargueño do sec XVII en marquetería de carey e bronce, moble lavabo, etc. 6.-CUARTO DE CONVIDADOS Dormitorio con unha cama e un lavabo con espello, mobiliario diverso: escritorio, alfombra tecida a man e vitrina con algunhos exemplares de peinetas. 7.-CUARTO DE BAÑO PRINCIPAL Tamén dende a Sala de armas accédese o cuarto de baño no que destaca a impresionante bañeira de mármore feita dunha soa peza. 8.-SALÓN DE BILLAR Así chamado pola antiga mesa de billar que ocupa a parte central do salón. O mobiliario complétase cunha serie de tresillos, sofás e diváns e diversas mesas de xogo distribuídas polo recinto. A esquerda segundo se entra vindo da Sala de Armas, pode verse un armario de madeira maciza de grandes dimensión destinado a colchoeira. En esa mesma zoa hai un reloxo de pé, da casa inglesa Dorrel, con caixa decorada con motivos orientais en dourado. Dos cadros que se colgan nas paredes deste salón, destacan entre diversos gravados e unha árbore xenealóxica da familia, tres óleos que representan a “María Magadalena”, “San Francisco de Asís e os santos franciscanos” e “A Virxe de Guadalupe” 9.-CUARTO DA SEÑORA O cuarto que ocupou a úljtima señora da casa, Dona Mª Paz Taboada, conta entre o seu mobiliario cun moble de tocador con labores de incrustación de madeira e un buró-librería que contén, entre outras pezas curiosas, uns zapatos femininos de raso vermello que pertenceron á súa avoa dona Paz de Zúñiga. Hai tamén nesta habitación varias mostras de pintura, case todas de tema relixioso, entre elas: dous óleos sobre táboa “A Anunciación” e “O soño de San Xosé”, asinados por Landeira, pintor do século XVIII, outro óle representa “A caridade”.Destaca tamén un retrato do fillo do pintor, asinado por Agrassot,
  • 8. artista emparentado co marido da última dona do Pazo e do que tamén se conservan outras obras en distinta dependencias do mesmo. 10-CUARTO INFANTIL Con cama de barco en madeira de caoba e outro mobiliario e pezas decorativas. 11.-SALÓN DO MEDIODÍA A estancia máis luminosa e cálida do pazo. Das súas paredes colgan tres espellos de gran tamaño, un deles enfrentado a porta de entrada e flanqueado polas duas fiestras que se abren o exterior. Outro dos espellos está situado sobre unha cheminea decorada cun reloxo de sobremesa con figuras en bronce. Este salón acolle varias interesantes mostras de pintura de distintas épocas: un jóleo sobre cobre, “Martirio de San Lorenzo”, copia de Tiziano e outros tres óleos asinados por Agrassot:”Paisaxe”,”Sagrada familia” e “Ecce Homo”.Aínda hai outro óleo anónimo “A Virxe do Carme”. Baixo este cadro atópase un piano casa londinense Collar&Collard, do XIX e un clavicordio da casa londinense Longman&Broderip, do século XVIII. 12.-DORMITORIO PRINCIPAL Unha estructura de madeira con tres arcadas neogóticas divide nesta estancia a zoa de dormir e a de estar. Entre o mobiliario deste dormitorio sobresae unha cama con dosel do século XVII, procedente de Nápoles; feita en madeira de pao santo e decorada profusamente con incrustacións, placas e calados de bronce. Ó lado deste cama está o berce de varias xeración da familia con discretos adornos en marquetería. Do mobiliario da zona de estar cómpre sinalar un sofá ovalado de catro corpos (confidente), un armario e un escritorio. 13.-CORREDOR Un espacioso corredor, decorado con varios exemplares de bargueño e outras singulares mostras de mobiliario vai dando paso, a man dereita, as dependencias que se describen de seguido. 14.-CUARTO DE ESTAR Comunicado tamén co salón do mediodía. Ademais do seu mobiliario hai nesta sala varias litografías que representan ós xenerais carlistal Rafel Tristany e Juan Castells e outra co retrato do aspirante ó trono, Carlos VII de Borbón. Nseste cuarto colga tamén un retrato de María de Andrés, nai de dona María Paz Taboada. 15.- COMEDOR DE DIARIO
  • 9. Co seu mobiliario 16.-COMEDOR PRINCIPAL O mobiliario do comedor disponse ó redor dunha gran mesa central sobre a que se presenta a vaixela de Sargadelos que pertenceu ó coengo compostelán don José María Varela. Sobre un arcón do século XVIII pode verse unha bandexa de prata de grandes dimensión , co escudo da casa, e vaso de prata con inscrición “TOR”. Nunha das equinas da estancia hai outra cheminea, de recente construción, adornada con pezas de bronce (quinqués de aceite, candís de petróleo, braseiros, …etc). Bargueño e un reloxo de marca Alfredo Delege. As paredes do comedor loce un tapiz cunha escea de caza e varios óleos. Entre eles mencionaremos os retrato do cardeal Payá, e un óleo procedente de México que representa á Virxe das Maravillas. Tamén hai outros tres óleos de tema bíblico que formaban parte dunha colección familiar que se dispersou: “Xuízo de Salomón”, “A fuxida a Exipto” e “A entrada a Xerusalén”. Outro óleo de maior tamaño representa a San Francisco Xavier. Na entrada do comedor colga un curioso retrato exvoto de Don Francisco José de Quiroga y Losada, axeonllado diante dunha imaxe da Virxe das Ermitas, e feito en agradecemento pola curación dunha grave doenza. 17.-BIBLIOTECA Conservánse nela un total de 2948 volumenes que dan corpo a 2154 títulos. Dese conxunto 1252 obras foron editadas no século XX, 506 no século XIX, 321 no XVIII, 57 no XVII e 18 no XVI Entre algunhas das moitas obras valiosas que se poderían mencionar, destacaremos: Libro de la Montería, de Argote de Molina(1580), Historia general de todas las cosas sucedidas en el mundo en estos cincuenta años de nuestro tiempo… de Pavlo Iovio, bispo de Nochera, (1572), Las decadas, de Tito Livio, impreso en letra gótica en Zaragoza(1520) e un tratado de albeitería de Pedro López de Camora, editado en Logroño en 1580.