É un proceso que ten como obxectivo principal avanzar cara á sostibilidade e a calidade ambiental
Carballeira da Lama das Quendas Aperta ao xigante A Axenda 21 ten a súa orixe na Conferencia das Nacións Unidas para o Medio Ambiente e o Desenvolvemento que se celebrou en Río de Janeiro o ano 1992, chamada tamén Cumio de Río ou Cumio da Terra, esta conferencia foi a resposta para deter e inverter a degradación do medio ambiente e promover un desenvolvemento sostible e ambientalmente racional en todos os países. Un dos acordos alcanzados foi a subscrición, por parte de 172 gobernos, do documento do Programa 21 ou Axenda 21 . Trátase dun documento extenso, estruturado en 40 capítulos redactados en forma de plan de acción para seren aplicados por gobernos, organismos de desenvolvemento, as Nacións Unidas e grupos de todas as áreas nas que a actividade económica humana ten efectos sobre o ambiente.
Que é a sostibilidade?
É unha forma de vivir, de actuar, de nos relacionar co noso entorno de forma xusta e respectuosa, integrando os aspectos económicos, ambientais e sociais de forma harmónica
Que significa “educar para a sostibilidade”?
Intentar que a nosa práctica educativa sexa o máis coherente posible con estes principios implicando á meirande parte da comunidade escolar
Alumnado conmemorando os días da Terra e do Libro A Educación para a Sostibilidade é unha corrente internacional de pensamento e acción que pretende difundir información ambiental, sensibilizar ante a súa problemática, provocar un cambio de valores e actitudes individuais e colectivas, e inducir á acción promovendo procesos de participación cidadán para avanzar cara un novo modelo de vida baseado na filosofía da sostibilidade.
Que non é a A21EG?
Non é só o departamento de Ciencias Naturais
Non é só medio natural
Non é só unha actividade extraescolar nin complementaria
Non é só unha suma de actividades
Non é desbaldir recursos e materiais
Uso innecesario de enerxía Malgasto de papel
Que é a A21EG?
É un proxecto de centro, de toda a comunidade escolar entendida no sentido máis amplo posible
Integra temas culturais, sociais, etc.
Integrado no día a día, é transversal a todos os departamentos
Debe formar parte PEC e relacionarse cos outros planes e proxectos do centro
Metodoloxías de traballo máis activas e dinámicas Organización do traballo Reutilización do papel Recollida selectiva A Axenda 21 Escolar é un programa pensado para facilitar a implicación dos centros educativos na educación para a sostibilidade, coa finalidade de imaxinar e de construír un mundo mellor e máis sostible, comezando pola intervención no noso contorno máis inmediato. A Axenda 21 Escolar é o compromiso da comunidade educativa para traballar pola calidade ambiental e a sostibilidade do centro educativo e o seu contorno, aceptando a súa parte de responsabilidade en mellorar o presente e o futuro de todos e contribuíndo, desde o seu nivel local, á sostibilidade global.
Por que necesita o noso centro incorporarse ou continuar no proxecto da A21EG?
Para obter recursos
Para favorecer a comunicación e intercambio de experiencias con outros centros
Para que o alumnado forme parte dunha comunidade máis ampla e se interrelacione
Mirando cara ao futuro... A participación é a clave
0 comments
Post a comment