• Share
  • Email
  • Embed
  • Like
  • Save
  • Private Content
O tesouro de Ton, Pincho e Croco
 

O tesouro de Ton, Pincho e Croco

on

  • 377 views

Kamishibai realizado no Ceip Condesa de Fenosa no curso 2012-2013, por todo o colexio, a razón dunha escea cada clase, coa técnica do conto viaxeiro

Kamishibai realizado no Ceip Condesa de Fenosa no curso 2012-2013, por todo o colexio, a razón dunha escea cada clase, coa técnica do conto viaxeiro

Statistics

Views

Total Views
377
Views on SlideShare
138
Embed Views
239

Actions

Likes
0
Downloads
0
Comments
0

1 Embed 239

http://biblogtecacondesa.blogaliza.org 239

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as OpenOffice

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment
  • {}

O tesouro de Ton, Pincho e Croco O tesouro de Ton, Pincho e Croco Presentation Transcript

  • Había unha vez na comarca de Valdeorras un bosque moi colorido de piñeiros, castiñeiros, aciñeiras, sobreiras e teixos entre outros.
  • Alí vivían tamén moitos animais: xabaríns, serpes, paxariños, esquíos, e un ourizo cacho moi presumido coa súa mamá.
  • A Pincho, o pequeno ourizo, gustáballe xogar cos seus amigos, ir ás festas, e, por riba de todo, que a súa nai lle lera contos nos que aparecían animais doutros lugares: Xigantescas xirafas, feroces leóns, canguros e cabaliños con cornos que...ata podían voar!!
  • Ao Pincho gustáballe moito camiñar e un día paseando atopouse cun caracol. -Ola Ourizo, cómo estás? Son o caracol Ton, e estaba pensando en facer unha boa festa.
  • O Pincho contestou que era unha boa idea, así que se puxeron mans á obra: Decidiron invitar ao Oso Panda de China, á Xirafa de África, ao Carpincho de Uruguai...pero esquecéronse do Crocodilo do Nilo?
  • Miña naiciña... organizaron unha festa moi divertida! Xogaron ás agochadas, ás catro esquinas, bailaron, deixaron gravadas as súas pegadas, comeron a torta e.... pasárono bomba!!!
  • O crocodilo do Nilo enfadado porque non o convidaran disfrazouse e foi á festa. Cando rematou a festa Pincho e Ton desapareceran... Onde se meteran?
  • Pois resulta que Ton e Pincho correran ata o souto máis cercano, e agochados na caracocha dun castiñeiro centenario, moi caladiños, comezaron a escoitar uns ruídos moi, pero que moi estranos.
  • Achegáronse moi amodiño ata o lugar do que viña o ruído....¡ Era o Crocodilo do Nilo! Estaba moi enfadado e non deixaba de rosmar porque non podía quitar o disfrace.
  • Ton e Pincho faláronlle para tranquilizalo dicindo que lle ían axudar a saír daquel disfrace de Porco, e entre protestas e berros aceptou a súa axuda..
  • Ton e Pincho pedíronlle desculpas por non convidalo á festa. Croco, o crocodilo, perdoounos e invitounos a visitar Exipto. O ourizo e o caracol pedíronlle permiso ás súas nais, prepararon a equipaxe, mercaron os billetes do avión e comezaron a viaxe.
  • A viaxe en avión foi moi bonita... descubriron unha paisaxe seca e desértica. Ao chegar a Exipto viron moitos animais que non coñecían e fixeron moitos amigos.
  • Montaron en camelo para visitar o río Nilo, as pirámides e a tomba dun faraón que tiña un labirinto onde se perderon.
  • Tom, Croco e Pincho esgotados de tanto camiñar polo labirinto decidiron sentarse un anaco para descansar. Aos poucos de sentar e beber escoitaron un ruído que cada vez soaba máis preto deles.
  • Tremían por se fose un monstro. Non sabían o que era pero cando estivo á vista decatáronse que era unha momia... botáronse a correr en todas as direccións, pero ao cabo dun momento déronse de conta de que estaban perdidos.
  • Daquela Croco decidiu buscar aos seus amigos. Coa présa esvarou e caeu, e co ruído, a momia decatouse e foi cara el. Croco pensou rápido, e lembrando unha antiga historia dixo: -Lembra momia, que os teus ancestros adoraban aos crocodilos e cumprían os seus desexos. Se o destino che trouxo ata min, o teu deber é sacarnos de aquí.
  • A momia, obediente, encamiñouse á saída e Croco a seguía. Polo camiño atoparon a Ton e a Pincho, e xuntos saíron de alí.
  • Alí, na saída, coa luz do deserto viron unha especie de debuxo na parede da pirámide, e ao chegarse observaron que estaba cuberto de area, así que pasáronlle a man e descubriron que se trataba dun xeroglífico. Tentárono ler pero non sabían, así que Croco ordeoulle á momia que lles axudase a descifralo...
  • No xeroglífico había árbores... -Que raro! -exclamou a momia -Este xeroglífico parece un mapa .dixo Pincho-, e ten castiñeiros e aciñeiras, como o noso bosque. E ten unha casiña que parece a nosa, e uns animaliños facendo unha festa.... -Mira! Eses somos nós...
  • -Eu creo que debe haber algún tesouro exipcio agochado nalgún lugar do noso bosque onde fixemos a festa- dixo Pincho -Pois non se diga máis, voltamos para a casa de contado- acordaron entre todos Mentras viaxaban todos ían pensando no tesouro e no que atoparían. Puxéronse a cavar ao redor do castiñeiro para ver se atopaban algo, e, tras un bo anaco cavando, Ton dixo: -Ei, vinde ver que aquí, aquí hai algo! Era unha porta subterránea que daba á tumba dun faraón.
  • -Isto non poder ser. Que vai facer aquí a tumba dun faraón?- dixo Pincho Ton abriu o sarcófago e... sorpresa... o que había era un tesouro con moedas de ouro e prata, xoias... e unha nota que dicía: “Aínda que pensedes que isto é un tesouro que pertencía aos faraóns exipcios, a verdade e que é meu. Asinado o pirata Barbanegra” Todos quedaron abraiados co achado que acababan de facer... Estaban tan contentos que decidiron facer outra festa para celebralo e compartilo con todos os seus amiguiños do bosque.
  • E colorín colorado, este conto está xa rematado!