• Share
  • Email
  • Embed
  • Like
  • Save
  • Private Content

Loading…

Flash Player 9 (or above) is needed to view presentations.
We have detected that you do not have it on your computer. To install it, go here.

Like this presentation? Why not share!

Terror galego

on

  • 7,614 views

 

Statistics

Views

Total Views
7,614
Views on SlideShare
2,639
Embed Views
4,975

Actions

Likes
4
Downloads
0
Comments
0

39 Embeds 4,975

http://www.xente.mundo-r.com 3371
http://bloguerosdetercero.blogspot.com.es 491
http://biblioaesperela.blogspot.com.es 260
http://moradiasdovento.blogspot.com.es 212
http://apraiadaspalabras.blogspot.com 211
http://www.blogoteca.com 152
http://www.edu.xunta.es 48
http://lingualizate.blogspot.com 37
http://recunchodecharo.blogspot.com.es 35
http://pazpereiro.blogspot.com.es 21
http://apraiadaspalabras.blogspot.com.es 17
http://www.moradiasdovento.blogspot.com.es 17
http://www.biblioaesperela.blogspot.com.es 15
http://lingualizate.blogspot.com.es 13
http://navenodrizalingua.blogspot.com.es 11
http://bloguerosdetercero.blogspot.com 9
http://recunchodecharo.blogspot.mx 8
http://recunchodecharo.blogspot.com 7
http://www.navenodrizalingua.blogspot.com.es 4
http://www.bloguerosdetercero.blogspot.com.es 4
http://bloguerosdetercero.blogspot.mx 4
http://recunchodecharo.blogspot.com.ar 3
http://www.edmodo.com 3
http://bloguerosdetercero.blogspot.com.ar 2
http://translate.googleusercontent.com 2
http://biblioaesperela.blogspot.com 2
http://www.blogger.com 2
http://www.apraiadaspalabras.blogspot.com 2
http://biblioaesperela.blogspot.de 2
http://isa-omeuprimeiroblog.blogspot.com 1
http://moradiasdovento.blogspot.fr 1
http://biblioaesperela.blogspot.cz 1
http://biblioaesperela.blogspot.in 1
http://webcache.googleusercontent.com 1
http://pazpereiro.blogspot.com 1
http://131.253.14.66 1
http://bloguerosdetercero.blogspot.com.br 1
http://bloguerosdetercero.blogspot.pt 1
http://moradiasdovento.blogspot.de 1
More...

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Microsoft PowerPoint

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

    Terror galego Terror galego Presentation Transcript

    • Algúns personaxes das historias de medo na cultura popular galega Estes contos inventáronse pra contalos nas noites de inverno, a carón do lume... Inventar, inventáronse moitos, mais non todos. Hainos que son verdade. Todos sabemos de cousas que acontecen na vida, raras e sen explicación, nin pola ciencia nin polo sentido común. Ánxel Fole. Terra Brava . Traballo realizado polo EDLG do IES de Rodeira (Cangas)
    • A Santa Compaña
      • Segundo a tradición vai recoller a alma dalgún veciño que ha finar esa noite.
      • Son ánimas en pena, en espera de entrar no outro mundo; almas de xente que xa non está neste mundo, pero que aínda non entrou no outro. Están aí, no medio, porque teñen algunha cousa pendente de facer aquí .
    •  
      • Segundo a tradición van recoller a alma dalgún veciño que ha finar esta noite.
      • Son son ánimas en pena, en espera de entrar no outro mundo, non sei se no purgatorio ou no ceo; almas de xente que xa non está neste mundo, pero que aínda non entrou no outro. Están aí, no medio, porque teñen algunha cousa pendente de facer aquí
      O meu marido estaba enfermo, lixeiramente enfermo e eu erguérame pola noite para darlle as pastillas que lle receitara o médico. Oín ruído na rúa. Pola ventá vin dúas ringleiras de xente cunha vela acesa na man. Alguén tocaba unha campaíña. Detivéronse un anaquiño diante da nosa casa e logo seguiron. Pensei que levaban o Viático a algún enfermo. Por iso, despois de darlle as medicinas ao meu home, asomeime de novo a ventá para ver regresar a comitiva e preguntar quen era o moribundo. Unha hora máis tarde non volveran. Pasou pola rúa un veciño que traballaba no café da Praza. Comentando o feito, aseguroume que a igrexa permanecera pechada toda a noite. Deducín que en realidade eu vira a Santa Compaña e que, polo tanto, na miña casa habería axiña unha morte. Ó día seguinte, en contra do prognóstico do médico, morreu o meu home. Aparicións e Santa Compaña . Historias recollidas por MARIÑO FERRO (etnógrafo)
    • O que vai a fronte da Santa Compaña é sempre unha persoa viva... E non poderá morrer ata que ela, á súa vez, lle pase a cruz a outra persoa viva, ou lla colgue do pescozo a un Urco, que é o can fiel das ánimas. Pero isto último dáse moi poucas veces e só cando as ánimas o consenten. Para librarse aconséllase facer un círculo e meterse dentro a poder ser cunha cruz (cristianización do rito). Ou un dobre círculo, ó ceo e máis á terra (correa de San Agustín).
      • Segundo a tradición van recoller a alma dalgún veciño que ha finar esta noite.
      • Son son ánimas en pena, en espera de entrar no outro mundo, non sei se no purgatorio ou no ceo; almas de xente que xa non está neste mundo, pero que aínda non entrou no outro. Están aí, no medio, porque teñen algunha cousa pendente de facer aquí
      Eu na Santa Compaña non creo nin deixo de crer. Eu nunca a vin. Pero a meu pai levárono as ánimas tres días por eses camiños adiante. Cando o atopamos estaba tan ensumido e esfameado coma se levase vinte días sen probar bocado. Apareceu pálido, fraco e case sen poder falar. Fora de noite botar auga ó prado de herba verde, que era a nosa vez. De súpeto, viu unha especie de esqueleto grande que andaba e que lle chamaban a Estadea, e quedou paralizado, mirando. Cando máis pasmado estaba, un home que ía na procesión das ánimas colocoulle unha cruz de madeira nas mans, e arrea, Manuel! Tres días andou o pobre por aí... Todo o mundo sabe por aquí que algúns tiveron que ir con ela á forza. Ninguén libra ben dela cando te colle para levar a cruz. Todos saen esbrancuxados e sen forzas... Porque as ánimas seica poden voar ou ir a rentes o chan e percorrer grandes distancias nun segundo. A LEI DAS ÁNIMAS . A novela da Santa Compaña. Carlos G.REIGOSA
      • Segundo a tradición van recoller a alma dalgún veciño que ha finar esta noite.
      • Son son ánimas en pena, en espera de entrar no outro mundo, non sei se no purgatorio ou no ceo; almas de xente que xa non está neste mundo, pero que aínda non entrou no outro. Están aí, no medio, porque teñen algunha cousa pendente de facer aquí
      De repente, un descoñecido con hábitos e capuchón brancos acercouse e púxolle entre os dedos da man dereita unha cruz procesional, feita con dúas madeiras planas con símbolos que non identificou gravados nelas... Logrou poñerse de pé e ollou a miríade de luces que o rodeaba. No mesmo intre soubo –e sentiu- que formaba parte dun cortexo de ánimas, todas con túnicas e capuchas brancas. A primeira portaba un estandarte con emblemas e divisas que tampouco puido descifrar, distintivos quizais dun tempo remoto ou dun mundo aínda descoñecido. A segunda levaba un caldeiro e un hisopo de auga bendita cunhas espirais buriladas no seu metal amarelo; a terceira sostiña o peto de ánimas , que semellaba de pedra, cun portelo de ferro e un buraco para meter as moedas. A cuarta alumaba o camiño cun farol de acompañar o Viático na hora de ir administrar o sacramento da eucaristía e os santos óleos os doentes en perigo de morte. E a quinta mexía unha campaíña que soaba en todas as encrucilladas e ante os cruceiros que recordaban algunha morte accidentada. Detrás delas, a inconfundible procesión de ánimas, coas candeas feitas de ósos de defuntos que nunca se apagaban nin oscilaban co aire... Ánimas fronteirizas do trasmundo que el guiaba pola terra dos mortais adiante... A LEI DAS ÁNIMAS . A novela da Santa Compaña. Carlos G.REIGOSA, escritor galego actual
    •  
      • Corrín e corrín, fuxindo daquela visión. Mais tiven que parar ao chegar a unha carrilleira... No medio e medio dila, vin sentado un can grandísimo, meirande cun cabalo. Medio can e medio boi; pois tiña cornos. Non ladraba, nin sequera boligaba; mais estaba vivo porque lle vía o bafo roxo que botaba pola boca. E todiño il negro.
      • Ánxel Fole, Terra Brava escritor galego que comeza a publicar nos anos 50 e recolle nos seus relatos as tradicións da montaña lucense
      O URCO
    • Un bramido animal, que parecía de vaca doente , soou cerca deles e fíxoos estremecer. A brétema semellaba cada vez máis mesta e diante dos faros do coche parecían xurdir figuras indecisas que se desfacían ao atravesalas. Un enorme becerro negro avanzaba diante deles, pero só lle vían a parte traseira. O becerro esvaeuse nun repente e comezaron a oír longos ouveos de cans. A contorna era unha sinfonía entolecida de voces animais. - Ventan a morte. Vainos pasar algo ... Aquelas pistas cheas de desvíos e encrucilladas convertéranse nun labirinto e parecían desorientados pola néboa, que xurdía a cachón ao seu paso. Ollaban para todas partes con aglaio, ata que viron un can negro que corría diante do coche e sobre o que voaba dous corvos e unha pega co ventre e as plumas escapulares de cor branca. As aves desapareceron e o can comezou a medrar e medrar, aumentando cada vez máis o seu tamaño. - Que carallo é iso? - É o Urco . Meu avó faloume del. É o can que leva as ánimas a Santo André de Teixido e a outros santuarios. Non morre nunca, é inmortal, e vive entre este mundo e o outro, nun sitio que non é mundo... Acelerou e logrou poñer o coche á altura do enorme can, e os tres puideron observar que tiña un corpo moi longo, unhas orellas desmesuradas e dous cornos na fronte que parecían de boi novo . A LEI DAS ÁNIMAS . A novela da Santa Compaña. (Carlos G.REIGOSA)
    • A ESTADEA A Estadea é un esqueleto xigante, que triplica en altura ao home, cunha túnica branca, case transparente. Parecía ser fume en movemento e tiña uns límites imprecisos e cambiantes. A LEI DAS ÁNIMAS . A novela da Santa Compaña. (Carlos G.REIGOSA) Ás veces, a Estadea dirixe a Santa Compaña.
    • - Unha néboa branca viña cara min. A néboa colleu a figuración dunha muller. Era unha muller alta, altísima, coma dous choplos, posto un enriba do outro... Víñase achegando, achegando. Xa lle vía os ollos... Era toda branca. Tiña que erguer a testa, para vela toda. Chantaba os ollos en min e era coma se me zugase a alma. - E ti sabes o que é a Estadea? - Eu, non, señor. Preguntáralles a outros labregos do Incio pola Estadea e ningún sabía o que era. Outras veces falaban da Santa Compaña. Chocábame abondo que o Breixo a estivese describindo, segundo din que se ve nas antigas lendas. Ánxel Fole, Terra Brava
    •  
    • Dous mozos que volvían da tuna ben entrada a noite, na revolta dun camiño atopáronse de súpeto cunha luz moi brillante que medraba e subía altísima. Un deles, máis valente, marcou un circo no aire e riscou outro na terra, poñéndolle a cruz no medio. O segundo rapaz, entalado polo medo, non soubo reaccionar. Botouse a correr, tropezou e caeu ó chan. De contado sentiu unha dor intensa no pelo, coma se alguén llo estarricara con forza. Non tardou en comprender que o levaban colgado polos cabelos. Pasárono por riba das silveiras e dos toxos, e batérono en canta pedra había nos valados e nos camiños. Por fin, cando o pobre rapaz, coidando morrer, rezaba as letanías, guindárono desde o alto, preto da súa casa. Estaba rabuñado por todo o corpo. Máis tarde soubo que ao seu compañeiro non lle pasar nada. Aparicións e Santa Compaña . Historias recollidas por MARIÑO FERRO
    • A MORTE Un esqueleto con gadaña que vén buscar aos vivos. Temida pero xusta xa que fai a todos iguais. A Morte sempre avisa da súa chegada (Avisos da Morte). Vai de branco ( Morte Branca ) para dar o tempo que os homes precisan para axustar contas e despedírense. Pero anda enloitada ( Morte Negra ) cando vai facer o seu traballo verdadeiro.
      • Un rapaz encontrouse coa Morte e fixéronse moi amigos. E en nome desa amizade pediulle un gran favor: que, para poder divertirse con maior tranquilidade, lle avisase con tempo a hora final. A Morte prometeulle que así o faría.
      • Pasaron moitos anos. O rapaz fíxose vello sen que recibise ningún aviso. Pero un día a Morte presentouse de súpeto, dicíndolle que viña por el. O home, todo asustado, protestou, porque iso non era o que tiñan acordado.
      • Branquexouche o pelo? – preguntoulle a Morte. - Branquexou – respondeu o home - Caéronche os dentes? - Caeron. - Cansáronche as pernas? - Cansaron. - Perdiches as forzas? - Perdín. - E logo –dixo a Morte- que máis avisos querías?
      • Aparicións e Santa Compaña . Historias recollidas por MARIÑO FERRO
    • OS LOBOS Sabedes cando se atreven os lobos cos homes? Cando teñen moita fame ou cando se decatan de que lles teñen medo... Cando se atopan un home só pola serra, póñense a traballalo... De primeiro, acompáñano; despois, póñenselle diante; máis tarde chegan a zorregarlle as pernas cos rabos... Así, pouquiño a pouquiño... Vén un intre en que o home xa non pode máis. O medo alporízalle os cabelos. Parécelle que lle cravaran arames na testa. Váiselle a voz, perde o sentido. Xa está perdido. Bótanse os lobos enriba del e esnaquízano... Ánxel Fole. Á lus do candil .
    • O certo é que o lobo é cousa de temer. Ningunha outra fera arrepía aos homes coma o lobo. El algo ten... O lobo ten ollar magnético; os seus ollos reluman coma brasas de noite: na noite pecha son estrelas, pode ter un a carón seu o sinistro paseante nocturno, e non verlle o vulto, mais as dúas flamiñas acesas dos seus ollos anuncian que alí está. É un ollar que traspasa a un coma unha espada, e detén o sangue nas veas e deixa a un como a neve... Non cómpre tan sequera velo: abonda sentilo ouvear medoñento para que lle pase a un por todo o corpo o arreguizo astral, igual ao que se sente cando un atopa un ánima en pena, ou cando lle dan unha labazada no medio da noite silandeira unhas mans invisibles... Ánxel Fole. Á lus do candil .
    • O LOBISHOME (O LOBO DA XENTE) E aínda pasaron máis cousas, e dicían que unha das veces viran as pisadas do lobo, mais dun lobo moi grandísimo... Por fin a moita xente xa non lle collía dúbida pois por dúas veces a homes que ían de viaxe atacounos un lobo tremendo, que non sei como puideron fuxir. Dunha das veces, un disparoulle e o lobo coma se nada... O medo correu por toda aquela terra, e a xente non quería saír fóra despois de empardecer... A sona do lobo da xente collía ata Maceda por unha banda, e ata Quiroga por outra... Había quen xuraba que lle entrara na casa; outros que o atoparan indo para tal sitio ou tal outro. Uns que era abrancazado e vello. Outros que era mouro. Que se tiña os dentes de tal xeito ou de tal outro, nunha ringleira ou en tres... o que se apalpaba era o medo...
    • Principiaba a topenear o Ánxel cando lle pareceu que sentía así coma se andasen rañando na porta... Púxose a espreitar... E anque cheo de medo, ergueuse caladiñamente e apañou a machada... A cousa ía de veras: agora trequeneaban na porta, e con forza... Con forza que estralaban as táboas. O Ánxel meteuse atrás do lume... De súpeto, o arreguizo astral correulle desde as unllas dos pés ao coiro da testa, e tódolos pelos se lle puxeron de punta: na porta había unha fendedela, e por ela pasaba a pata dianteira dun lobo grandísimo. Unha pouta negra, grande, con unllas afiadas que relucían... Pola porta apareceu un fuciño longo, con dentes brancos que en poucos instantes fixeron saltar as táboas, e polo burato coouse o lobo da xente. O Ánxel vira o lobo moitas veces... Mais lobo como aquel, tan negro, tan peludo, tan espantosamente grandísimo, con aqueles ollos sanguiñentos e relucentes, que escintilaban máis que o lume da lareira, con aqueles dentes brancos e afiados como navallas, aquel fuciño mouro, lixado de sangue fresco, aquelas poutas grandes como as dun oso, coma aquel nunca, endexamais outro vira na súa vida. O Ánxel, acochado, tremía como unha vara verde... VICENTE RISCO. O lobo da xente
    • OS APARECIDOS Todo o mundo tiña medo de pasar de noite pola Agra Grande dos Xastre. A iso das doce oíase na beira do camiño unha voz queixosa que repetía unha e outra vez: Onde a poño? Onde a poño?... Nin a auga bendita nin as palabras que leu nun libro o señor cura lograron nada. O aparecido, cando chegou ó extremo da agra, perdeuse nas sombras. - Non é cousa deste mundo e non cabe senón rezar pola súa alma. - Eu sei moi ben quen é –dixo o zapateiro- pero fai falta ser moi valente para falar con el sen asustarse. Se cando te achegas ao defunto sentes medo, pode metérseche no corpo e veste obrigado a facer o que el facía ata que alguén te libre. A xente sabía que o zapateiro era un charlatán pero tamén sabía que non era ningún covarde. E por iso lle pediron que fixese algo... Dito e feito. Ás doce da noite estaba o zapateiro no sitio en que aparecía o defunto. - Onde a poño? Onde a poño? –dixo a voz queixosa do defunto - Onde a quitaches –berroulle, de súpeto, o zapateiro. O defunto parouse, mirou ao zapateiro e pousou no chan a pedra que levaba ás costas. - Moitas grazas, meu amigo! E desapareceu para sempre. Aparicións e Santa Compaña . Historias recollidas por MARIÑO FERRO
    • Fora na feira de Rubián... Eu e outros tratantes xantaramos en cas do Tumbaron. Eramos catro... Esquecinme de dicirlles que xogabamos nun cuarto do piso... Pechamos a porta tras nós; e xa comprenderán por que. Onde hai cartos hai que ter moito procuro... Alí había un home... Non sei que cousa de raro lle atopaba ao seu vestido. Dende logo non era xa do noso tempo. Levaba unha chaqueta de pana moura...E unha camisa almidonada... Déixenme acordare. Un chaleque color tabaco. E antiparras. Era un home que tería uns sesenta anos pouco máis ou menos. E parecía home de carreira. Coma todos nós estaba coas cartas na man. Non daba fala. Dábame medo... E moito máis me deu. Ía un tute... Non sei quen gañaba... Eu erguía a testa para mirar aquel home... Xa non estaba alí. Ollei para un lado e para outro. Nada. Nin que o levara o demo. Abofé que non me sentía ben... - Non víchedes un home xa vello, de chaqueta moura, que estaba xogando cara a min? Con quen de vós veu? Fai un intre que desapareceu e eu non sentín abrir a porta. Quen o viu marchar? Ninguén o vira ou ninguén reparara nel... Erguinme. A xanela e a
    • porta estaban pechadas. Non entendía aquilo. Mais cando din a volta para me volver sentar, ollei un gran retrato de marco dourado... Era igualiño! Ó fixarme nel sentín unha friaxe no carreguizo... Aquel home era o do cuadro!... - Non creas que toleei. Vino todo polos meus ollos como te estou vendo agora a ti. O home do cadro e o home que xogaba connosco eran a mesma persoa... Todo era igualiño: as fazulas afundidas, os ollos cansos. E non era unha pantasma porque lle sentía o folgo. Ninguén o viu saír... Mellor dito, eu fun o único que o vin alí... Que che parece? - O home do cadro morreu hai máis de vinte anos... Un estraño desacougo facíame ir calado... Sentín que unha ollada se me chantaba na caluga. Non puiden resistir máis. Virei a testa. Nunha revolta do camiño había un home vestido de negro. Acenábame coa man dereita. Tiña algo nela. Non era un pano; mais ben unha carteira... Endexamais volvín coller as cartas. Ánxel Fole. Á lus do candil
    • MEIGAS Foramos o Ricardo e eu vela meiga de Torgán...Tiña moita sona entre os feirantes daquelas terras. E cobraba polas consultas máis que un avogado...A fe que adiviñaba o porvir. E sabía o que facían as persoas que vivían en América, ou onde fose. Ata viñan falar con ela os defuntos. Tamén botaba as cartas. Non se vira cousa igual. Ninguén sabía de onde viñera... Nunca ollaba de fronte. A fe que non me gustaba nada. Eu coido que fixera algunha morte.
    • A meiga daba as consultas despois dos arroutos. Mentres lle duraban os arroutos ladraba e ouveaba como un can, metida no leito. Despois viña ao cuarto da consulta e vendábase os ollos. Nunca vin unha muller tan fea. Tiña o pelo cano e a dentamia moura. Botábanlle os dentes para diante. Falaba con voz grosa... Sempre consultaba despois das doce da noite e con moito misterio. Ánxel Fole. Á lus do candil
    • MEIGALLO Bruxedo ou feitizo que botan as meigas. Persoas e animais enferman, non medran e acumulan toda sorte de desgrazas. O meigallo entra no corpo de varios xeitos. Unhas veces de xeito material, co alimento ou achegándolle pelos da bruxa . obxectos previamente enmeigados. Tamén recibe este nome unha especie de demo pequeniño que se mete no corpo das persoas e que lle causa enfermidades.
    • MAL DE OLLO Mal que se causa coa vista ás persoas, animais, plantas, froitos, colleitas ou calquera cousa material. Pódeno causar as bruxas. Pero hai quen pensa que calquera persoa pode ser axente casual do mal de ollo, sinxelamente polo feito de mirar as cousas e as persoas con envexa ou mala intención. Contra o mal de ollo e os meigallo úsanse amuletos como a Figa.
    • MEIGACHUCHONA Meiga nocturna que entra nas casas para zugar o sangue dos nenos ou dos maiores. Os nenos van mirrando e enfraquecendo ata morrer esmirriados, esbrancuxados. CHUPASANGUES Home que agarda nas noites de inverno os nenos que saen do colexio e volven andando á casa e se entreteñen polo camiño. Mátaos e chúchalle o sangue todo.
    • O DEMO Viña tal e como el é: ispido e peludo, con cornos e rabo, con pezuña fendida nos pés e poutas nas mans, con cara de coello e cheirando a xofre, e quizais unha miga a corno queimado e sola de zapatilla, e aínda coa forquita de dúas gallas e o cu recachado beixado polas bruxas… V.RISCO: O porco de pé
    • ESQUELETOS Un mozo que ía casar invitou aos seus amigos a unha festa na que correu o viño e houbo bromas a eito. Ben entrada a noite, volvía para casa ledo polo futuro acontecemento e pola bebida. Ó pasar por diante do camposanto deu unha cotenada contra algo que non vira. - Me cago en...! –exclamou-. A pouco máis mancoume dun pé. Á luz da lúa viu que o tropezón fora contra unha caveira, que o miraba a fito coas cuncas dos ollos e que parecía rirse del regañando os dentes. Entón, sen pensar ben o que facía, deulle un couce e chimpouna lonxe. - Iso para que te monees de min – dixo rindo Logo, cambiando de ton, pediulle perdón. - Disimula se che fixen mal. Pero veulle de novo os dentes e imaxinou que seguía a moquearse del. - Vexo que aínda te estás rindo, que che relocen os dentes. E abofé que tes unha boa dentamia. Podías ir xantar con nós o día do meu casamento.
    • Despois da voda, cando estaban empezando a comer, petaron á porta... Tódolos presentes quedaron horrorizados: a través da porta, sen abrila, entrou un esqueleto ó que lle chinguileaban os ósos a cada paso que daba. - Ben ves que asisto ó teu convite –díxolle á caveira ó mozo. - Pois séntate e come –respondeulle, a pesar do medo, o noivo, que estaba lívido e suaba a fío. - Vin porque son cumprido, mais no outro mundo xa non podemos comer. Non obstante, para corresponder á túa invitación, espero que mañá a medianoite vaias verte comigo ao camposanto, onde onte nos atopamos. Quero que tamén asistas a unha festa miña. Logo ergueuse e como viñera marchou. (...)
      • - Vaia vostede! –aconselloulle o vello- Non pode deixar de ir, porque senón viralle unha desgraza. Pero teña coidado de levar unha poliña de oliveira e mais un pau de carballo. En chegando ó adro, faga no chan cun pau de carballo, arredor de vostede, un círculo e entón, coa oliveira na man, dirá: “Veño onda ti, quen queira que sexas, para preguntarche se podo facer algo pola túa alma, e prométoche facelo. Pero pídoche tamén que, se algún mal che fixen, me perdoes e me deixes ir en paz”. Xa verá como non lle pasa mal ningún e pode voltar á casa sen problema.
      • Pola noite foi ó cemiterio e seguiu as indicacións do vello. O esqueleto presentouse ó instante.
      • Salvouche o que fixeches. Vaite mais acórdate sempre do que che pasou.
      • Aparicións e Santa Compaña . Historias recollidas por MARIÑO FERRO
    • Sentimos todos aquel arrepiante berro. Un berro coma nunca sentín na miña vida. Como se chegase do alén... Todos nos erguemos e nos puxemos a escoitar. A voz era a mesmo do Furelo mais coma se estivese de volta de outro mundo...“Encarnación!... Eu te matei e enterrei no monte da xesteira...” Despois, catapum!... O peso dun corpo que se derruba... Todos nos botamos cara á escaleira do piso... Sen saber como, atopeime no cuarto de Furelo. A bombilla estaba acesa. O Furelo, estalicado no chan tan longo era... As roupas da cama estaban refucidas, colcha, mantas e saba. E no leito... Un esquelete! Contábanselle todos os ósos da caixa do peito. A calivera inda conservaba o cabelo, de muller, que lle chegaba ás costelas. Ánxel Fole. Historias que ninguén cre .
    • HOME DO SACO Home alto, forte, desastrado, cun saco ao lombo no que leva aos nenos para facerlles quen sabe que maldades. SACAÚNTOS Rouba os nenos coa intención de sacarlles o unto que logo vende. Relaciónase cos boticarios que usan o unto para fabricar medicinas.
    • LUCES NA NOITE As FACHAS son estrelas fugaces que causan unha morte no sitio onde caen. Os FOTOS FATUOS son lapas, faíscas ou muxicas que saen dos camposantos, da descomposición de cadáveres e que se elevan no aire. A LEI DAS ÁNIMAS . (Carlos G.REIGOSA)
    • Era unha noite de inverno polo camiño do monte. Ó chegar ás Laxiñas Fracas, vin que se aproximaban dúas luces e que se pousaban nos meus ombreiros, sen causarme molestia algunha. Eran como dous fachicos, pero en lugar de dar calor producían un frío intenso. Collín medo, moito medo. Intentei desfacerme das luces restregando os ombreiros contra unha árbores. Entón pousáronseme nos xeonllos, co que me asustei máis aínda. Boteime a correr polo medio do monte coma un tolo. Durante a carreira as luces pasaron dos xeonllos aos zapatos, dos zapatos ás orellas, das orellas aos cóbados e dos cóbados ás mans. Por fin cheguei á igrexa da parroquia que, a pesar da hora que era, estaba aberta. Metinme dentro esperando atopar refuxio. Nada máis entrar, as luces estouparon orixinando un resplandor vivísimo no que puiden distinguir o rostro de Sabelo, o meu amigo Sabelo, que aquela noite non fora pescar porque non se encontraba ben. Ós poucos días, Sabelo morría afogado no mar. Aparicións e Santa Compaña . Historias recollidas por MARIÑO FERRO
    • AS PANTASMAS O Uxío de Teixiz era un mozo ben plantado. Ía por dous anos que lle facía as beiras á Rola de Trascastro...A Rola era unha rapaza de moi bo ver, xeitosiña e moi goberneira... Mais tivo o desgracia de que lle saíse outro pretendente. Chamábanlle de mal nome o Falcón, pola súa valentía e coraxe nas liortas das romarías... Toda a súa vida fora un perdidiño, bebedor e xogantín... Andaba coa zunia de que a Rola había de ser para il (...)
      • Sentiuse estourar un tiro, e resoou por todo o val. Logo, outro tiro...
      • - Alguén que atopou o lobo...
      • Eu fitaba para o Uxío ; il fitaba para a ventá. Estaba branco como o papel. E vin que se lle puñan os pelos dereitos. Unha man de muller, grande e branca, acenando cun pano tamén branco, entrara pola ventá... Subía e baixaba, vagariño, vagariño, e desfíxose no aire. O Uxío quixo erguer e non puido. E berrou cunha voz que parecía a voz de outro.
      • - E vós, vistes algo...?
      • - Eu vin... como unha néboa branca que se me pousou nos ollos como din que ven os que ven a Estadea
      • Que me leve Diós, como a matou...
      • Despediuse de min.
      • Ánxel Fole. Terra Brava .
    • OS CORPOS ABERTOS Un corpo aberto é unha persoa á que lle entra un espírito no corpo, aproveitando a súa debilidade ou aproveitando que abre a boca, por exemplo, ó levar un susto.
    • AS FADAS OU SEREAS Era verdade, inda que non o pareza... Estaba namorado dunha muller e ía cabo dela. Mais esta muller non era unha muller de carne e óso, senón unha muller ideal... Era a fada do relanzo...Ten os ollos claros e a cabeleira loira; xorde no relanzo no medio dun feixe de escumas... peitéase na orela e mírase nun pequeno espello... Alí estaba o corpo de don Francisco coa cara xa algo comesta polos peixes. Os petos da levita do afogado facían moito balume... Que diaño levaba neles?... Pois... as pesas do reloxo do seu cuarto... Sabería nadar, e tivo medo que o seu instinto de vivir fose máis forte que a súa teima de morrer, e lle traizoase no intre de lle dar unha aperta a súa fada... Estou seguro de que se viu morrer nos seus brazos.
    • Aquel sitio chámase desde entón o Relanzo da Fada. Ninguén se atrevía a bañarse, nin tan siquer a pasar a noite por alí, pois tiña fama de estar enfeitizado. Os campesiños dicían que as noites de lúa chea sentíase cantar a serea. Cantaba mellor que o reiseñor i engadaba aos mozos que ían de camiño pola orela... Houbo algún rapaz que chegou de noite á casa berrando: “Valédeme, que vén a fada correndo tras de min!... Ánxel Fole . Terra Brava .
    • OS AGOIROS Do CAN e dos LOBOS o significativo son os soes ouveos , porque lembran os choros dos parentes no velorio e no enterro. Tamén a voz lúgubre da CURUXA convértea en paxaro da morte. O CHEIRO A CERA anuncia a morte porque, en efecto, durante o velorio a casa enchíase de olor das velas que ardían xunto ao cadáver. Por negro e por carroñeiro é polo que O CORVO anuncia a morte. A crenza xa está rexistrada na Antigüidade. Plinio comenta que anuncian o peor porque berran como se os estrangulasen. A LEI DAS ÁNIMAS . A novela da Santa Compaña. (Carlos G.REIGOSA)
    • O VALOR DESTAS CRENZAS
      • Son unha creación cultural de enorme valor para atallar un dos problemas máis serios do ser humano: a angustia ante a morte.
      • Teñen un importante valor social porque reforzan o vínculo entre os vivos e son un importante mecanismo para afastar nenos e mozos de comportamentos negativos que impiden o repouso máis alá da morte.
    • AS CABAZAS DO SAMAÍN O SAMAÍN era a festa de fin de ano celta, a noite en que se abrían as portas que separaban o mundo dos vivos e dos mortos. En Galicia sobreviviu este nome que ten case tres mil anos e o costume de baleirar as cabazas, acendenlas e poñelas polos camiños para asustar á xente a noite do 31 de novembro. Tamén en Irlanda que o exportou a EEUU desde onde volveu chegar a nós como Halloween. O cristianismo non conseguiu erradicar estas festas pagás e adaptounas como Día de Todos os Santos e Día dos Defuntos no ano 840.
    • COMO FACELO? - Recollendo tradicións que nos conten os maiores e inventando nós mesmos novas historias. - Lendo e contando oralmente historias de terror, ambientadas con música e efectos especiais. - Disfrazándonos, fotografando e dramatizando escenas ou historias. - Realizando un mural na aula cos personaxes da tradición galega e universal ao que teredes que poñer algo de texto (como mínimo un título en galego). - Tamén podedes preparar a vosa cabaza e adornala como máis vos guste. EN GALEGO CONTAMOS HISTORIAS DE TERROR ACTIVIDADE DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA Estades tod@s invitad@s a participar na celebración do Samaín no instituto Recuperamos a tradición como fonte de inspiración para que expresedes a vosa creatividade
    • CANDO? Tedes que comezar xa. - A semana do 18 de outubro o xurado pasará polas aulas para valorar o voso traballo. - A semana do 25 de outubro utilizaremos todo o que se achegue desde as aulas para ambientar a entrada do instituto e teremos sesións de lectura e de historias contadas.