CALENDARIO CELTA
Os pobos celtas dividían o ano en oito partes e o
comezo de cada unha delas constituía –e constitúe
aínda...
A RODA DO TEMPO
Samaín, 31 de octubro: Véspera de Todos os
Santos (Halloween)
Yule, 23 de decembro: Nadal
Imbolc, 2 de febreiro: Candela, ...
Samaín
Día do ano novo celta, cando a colleita chega ao fin e a terra
comeza o seu longo soño de inverno. As follas mudan ...
Deidade Triple do Tempo:
Doncela, Nai e Anciá
Yule
O solsticio de inverno é a noite máis longa do ano. A pesar
de que todo parece morto e cuberto por un manto de neve o...
No solsticio de inverno antigos celtas acendían
fogueiras coa finalidade de mandar o inverno
lonxe e animando ao deus Sol ...
Imbolc
Festa de Bridgid, cristianizada como santa Bríxida. Entre nós
e en moitos outros pobos por todo o mundo é a festa d...
Ostara
Deidade da fertilidade e da primavera, Ostara é o nome celta
da Pascua (Easter). Moitos dos festivos cristiáns caen...
O ovo é o símbolo da nova vida que se vai manifestar. A
tradición de pintar ovos de Pascua comezou como forma de
manifesta...
Beltane
A festa dos Maios representa o verdadeiro comezo do verán,
cando os froitos xa están listos para a colleita. A vid...
En moitas vilas e cidades de Galicia, sobre todo no sur,
celébrase este día coa festa dos maios, nos que se
preparan estru...
Midsummer
No medio do verán celébrase a festa de San Xoán, o día do
ano no que a Terra está no seu apoxeo, os cultivos
mad...
Lughnasadh
O primeiro de agosto celébranse moitas das festas do verán.
Lugh, que significa "o que brilla“, é o deus do Sol...
Mabon
É o día do equinoccio de outono, cando o día e a noite son
de igual duración. Esta época do ano é o tempo de facermo...
Así remata o calendario celta ou Libro dos Días, pero só para
comezar de novo. A Roda de Prata, da Vida e da Morte, da
Con...
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

Calendario celta

1,024 views
790 views

Published on

Published in: Education, Technology, Travel
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
1,024
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
55
Actions
Shares
0
Downloads
0
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Calendario celta

  1. 1. CALENDARIO CELTA Os pobos celtas dividían o ano en oito partes e o comezo de cada unha delas constituía –e constitúe aínda- unha festa. As festas maiores caen na metade das estacións: Samaín, Imbolc, Beltane e Lughnasadh. As menores coinciden cos solsticios e equinoccios: Yule, Ostara, Metade do Verán e Mabon.
  2. 2. A RODA DO TEMPO
  3. 3. Samaín, 31 de octubro: Véspera de Todos os Santos (Halloween) Yule, 23 de decembro: Nadal Imbolc, 2 de febreiro: Candela, Candelaria Ostara, 21 de marzo: comezo da Primavera Beltane, 1º de maio: festa dos Maios Metade do Verán, 23 de xuño: San Xoán Lughnasadh, 1º de agosto: festas do Verán Mabon, 21 de setembro: comezo do Outono
  4. 4. Samaín Día do ano novo celta, cando a colleita chega ao fin e a terra comeza o seu longo soño de inverno. As follas mudan a cor e caen das árbores e os restos das colleitas quéimanse ou apodrecen nos campos para nutrir o solo cara ao cultivo de primavera. Tamén é a Festa dos Mortos, tempo de honrar a memoria dos que pasaron para o Outro Mundo. E para lembrar que o fin dunha cousa, aínda que poida ser triste, leva implícito o comezo de algo novo. Está representado pola deusa Cailegh, a vella de rostro azul que simboliza a sabiduría da deusa triple raíña do tempo e a súa renovación.
  5. 5. Deidade Triple do Tempo: Doncela, Nai e Anciá
  6. 6. Yule O solsticio de inverno é a noite máis longa do ano. A pesar de que todo parece morto e cuberto por un manto de neve ou lama, a nova vida virá na primavera e arelamos que crezan a luz e o calor. O ritual céntrase na árbore de Nadal, tradición que vén de Escandinavia, onde se cortaban pólas de piñeiros e outras árbores perennes para decorar e iluminar as casas e salóns da comunidade como un gran símbolo da vida en medio da morte que semella o inverno. Sen dúbida, a fragancia do piñeiro servía tamén para afastar o cheiro a rancio das persoas forzadas a estar na casa tantos meses resgardadas do frío. Das ramas pasouse a árbores enteiras decoradas con elementos que representan desexos para o próximo ano, como unha colleita próspera, ou un amor feliz.
  7. 7. No solsticio de inverno antigos celtas acendían fogueiras coa finalidade de mandar o inverno lonxe e animando ao deus Sol tamén coñecido como o Rei do Carballo a derrotar ao inverno longo e escuro que é o dominio do Rei Acivro.
  8. 8. Imbolc Festa de Bridgid, cristianizada como santa Bríxida. Entre nós e en moitos outros pobos por todo o mundo é a festa das Candelas ou día da Candelaria. Imbolc representa o aspecto de doncela da deusa Triple, pois é no cerne do inverno cando a Terra renova a súa virxindade e aínda así leva a semente da primavera no calor do seu ventre. Nun ritual antigo a Alta Sacerdotisa e as mulleres do clan levaban vestido vermello (para a Nai ou Matriz), branco (para o Doncela) e negro (para a Vella). A Sacerdotisa usaba unha coroa de velas paseando arredor do círculo en procesión. As velas representan o calor e a luz do sol. Nesta época do inverno vai desaparecendo a xeada e os días vanse facendo máis quentes. É tempo de preparar as sementes e bulbos para a primavera.
  9. 9. Ostara Deidade da fertilidade e da primavera, Ostara é o nome celta da Pascua (Easter). Moitos dos festivos cristiáns caen moi próximos das celebracións antigas porque o pobo non estaba disposto a abandoar as súas festas. En vez de eliminar totalmente as tradicións pagás a Igrexa simplemente deu diferentes significados cristiáns aos días en que se celebraban rituais pagáns. É a época na que a Deusa se transforma de Doncela en Nai unha vez máis, dando a luz ao Sol e a toda a vida.
  10. 10. O ovo é o símbolo da nova vida que se vai manifestar. A tradición de pintar ovos de Pascua comezou como forma de manifestar desexos: prosperidade, boa colleita, un novo amor... Retirábase un ovo fértil dun niño ocultándoo no chan coa idea de que a vida do pitiño alí agochado sería transferida ao desexo pintado na casca. Agora os ovos cócense e agóchanse no roscón de Pascua. O coello é tamén a Lebre de Marzo, símbolo da primavera e a fertilidade, imaxe que se ve nas sombras da lúa.
  11. 11. Beltane A festa dos Maios representa o verdadeiro comezo do verán, cando os froitos xa están listos para a colleita. A vida no seu conxunto parece moito máis doce. O sol é quente e brillante, pero non excesivamente quente. A herba aínda está verde. Hai flores que arrecenden por todas partes. A Terra está entrando na súa plenitude e a promesa da recompensa está á vista. Entre as meigas era o momento de celebrar as vodas nas que se expresaba o compromiso por un ano. Ao ano seguinte, a parella podía renovar os votos ou simplemente deixalos e a voda remataba, mais o casamento podía durar tanto tempo como quixeran, sempre que ambas as partes estivesen de acordo.
  12. 12. En moitas vilas e cidades de Galicia, sobre todo no sur, celébrase este día coa festa dos maios, nos que se preparan estructuras feitas con flores, ramas, froitos, ovos,... Os tradicionais teñen forma cónica e lembran as árbores de nadal e os artísticos poden ser calquera figura, como cruceiros, casas, hórreos, ou figuras humanas. Os maios van acompañados de coplas nas que se fai crítica social, igual ca no entroido.
  13. 13. Midsummer No medio do verán celébrase a festa de San Xoán, o día do ano no que a Terra está no seu apoxeo, os cultivos madureceron e o sol brilla máis tempo. Esta época do ano está chea de loucura e alegría, pensamentos de amor e pracer. Podemos sentir os efectos do clima quente e anticipar os preguiceiros días do verán. Apetece deitarse na herba quente e doce ou nunha praia de branca area ao sol. Aproveitamos o sol porque quizais instintivamente somos conscientes de que, aínda que os días son quentes e o sol está alto, os días comezan a ser máis curtos cada día que pasa. É tempo de sentar e relaxarse, estar coas persoas que se ama, invitar os amigos a un churrasco de verán e aproveitar a vida. O inverno está máis perto do que se pensa.
  14. 14. Lughnasadh O primeiro de agosto celébranse moitas das festas do verán. Lugh, que significa "o que brilla“, é o deus do Sol e da fertilidade agrícola cando a súa nai adoptiva (a Terra) “morre” tras preparar as terras para o cultivo. É a través do sacrificio dela que o pobo tiña para comer. Lughnasadh marca o inicio da colleita de grans que son un elemento básico da dieta de case todas as civilizacións de todo o mundo e certamente o cultivo máis importante. O gran é tamén moi importante para a elaboración da cervexa que, -aínda que hoxe vemos esta bebida, como "lecer"- para os pobos da antiga Europa era un medio de sustento líquido, cun contido de alcohol mínimo e un contido calórico alto. Os cereais son básicos para a dieta non só humana, senón de moitos seres vivos. Durante este tempo, somos instados a dar grazas pola xenerosidade do que temos de maneira que é como a versión Celta do Día de Acción de Grazas.
  15. 15. Mabon É o día do equinoccio de outono, cando o día e a noite son de igual duración. Esta época do ano é o tempo de facermos unha pausa para reflexionar sobre o ano que pasa e expresar a nosa gratitude á Nai Natureza por axudar a manifestarse todos os nosos desexos. É o momento de mirar para o próximo ano e as posibilidades que presenta, os nosos soños e desexos aínda non realizados. A mitoloxía di que é o día do ano en que o deus da Luz é derrotado polo seu irmán xemelgo, o deus das Tebras, o momento en que a noite vence ao día.
  16. 16. Así remata o calendario celta ou Libro dos Días, pero só para comezar de novo. A Roda de Prata, da Vida e da Morte, da Contínua Renovación, está sempre xirando.

×