A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×
 

A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición

on

  • 161 views

19/04/2013 · http://poreticas.proxectoderriba.org/a-funcion-autor-propietario-nun-paradigma-en-descomposicion/ ...

19/04/2013 · http://poreticas.proxectoderriba.org/a-funcion-autor-propietario-nun-paradigma-en-descomposicion/

O autor non cae do ceo. En tanto que “función”, vai ligado ós fluxos de territorialización que atravesan a cultura -como forma consolidada dunha determinada ordeación do saber-, e como significante, suxeito a múltiples intentos de artellamento semántico que se poden descubrir nunha análise das súas formas de aparición. Imos sinalar aquí algúns momentos nos que se ten manifestado un certo tipo de autoría na historia da cultura recente, coa idea motriz de que o Autor-Propietario se constitúe na intersección dos fluxos que delinean a narración cultural occidental. Trataremos de analizar algúns acontecementos clave na súa construción conceptual rastrexados a través das formas xurídicas, sociolóxicas e políticas adoptadas para comprende-lo papel que desempeña nesa operación de transformación da “orde do saber” que ten lugar a partires do século XVII, co xiro epistémico que centraliza o control da enunciación ante a proliferación textual, e a incorporación da propiedade do sentido para conxura-la ficción e lexitimar certos discursos sobre o real.

Statistics

Views

Total Views
161
Views on SlideShare
101
Embed Views
60

Actions

Likes
0
Downloads
0
Comments
0

1 Embed 60

http://poreticas.proxectoderriba.org 60

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Adobe PDF

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

    A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición Presentation Transcript

    • Poréticas da CriseA Función-Autor-PropietarioNun paradigma en descomposición
    • Arkhé, recordemos, nomea á vez o comezo e o mandato.Este nome coordina aparentemente dous principios nun: oprincipio segundo a natureza ou a historia, alí onde as cousascomezan -principio físico, histórico ou ontolóxico-, mais taméno principio segundo a lei, alí onde os homes e os deusesmandan, alí onde se exerce a autoridade, a orde social, neselugar dende o cal a orde é dada -principio nomológico.J. Derrida. Mal de Arquivo
    • SENDEIRO1. Auto(r)-xenealoxía2. Transferencias3. Aporías
    • 1. Auto(r)-Xenealoxía1.1 Tecnoloxía: Replicabilidade e soporte.1.2 Biopolítica e Episteme(s)1.3 Economía, Lexislacións e Cultura(s)1.4 Ilustración, Romanticismo e Teoría do Xenio
    • 1.1 Tecnoloxía: Replicabilidade e soporte.● Soporte: Determina as posibilidades enunciativas.O sentido dun texto, xa sexa canónico ou ordinario, depende dasformas que o dan a ler, dos dispositivos propios da materialidade doescrito.Chartier. Escuchar a los muertos con los ojosDo rolo manuscrito ó Códice (IV): unha transformación radical dasmaneiras de ler -os contidos do volume ordenados nun "índice" -, dosprocesos de elaboración -varias intervencións de individuos diferentes,que dan a "forma" final ao libro-obxecto- e das prácticas de distribución-amplificadas logo coa aparición da imprenta-.
    • 1.1 Tecnoloxía: Replicabilidade e soporte.Proliferación textual:● Multiplicación das copias de forma incontrolada.● O papel da Propaganda nas Guerras de Relixión.● Control da Copia como forma de censura: patentes.Pode perfectamente Vosa Señoría [GR. Pietro Carafa] xulgar aameaza que a difusión deste tipo de ideas pode representar para aCristiandade e moi en particular para a Santa Sé, no caso de quegañasen aceptación. Se logo o libriño encontrase o aplauso entre osnotables da Igrexa, podería estalar unha epidemia de consenso paraos protestantes no seo da Igrexa de Roma. Luther Blissett. Q
    • 1.1 Tecnoloxía: Replicabilidade e soporte.Textualidade● Do Libro-Obxecto ó Libro-Texto. Separación do soporte con respecto ósignificante.● Texto que non muta coa copia: replicabilidade que produce a identidade(material).● Soberanía do Autor sobre o Significante-Texto: Producción colaborativa edistribuida vs individuación e propiedade da “forma”.
    • 1.1 Tecnoloxía: a imprenta no Renacemento.Unha segunda innovación do século XIV reside na vinculaciónestablecida entre o libro como obxecto, como manuscrito, aobra, como texto ou conxunto de textos, e o autor. Estaidentidade, materialmente manifestada entre unha unidadetextual, garantida polo nome propio, e unha unidadecodicolóxica, visible na materialidade do libro, non acontecía,durante moito tempo, cos textos vulgares ou, máisxeralmente, con todos os textos que non pertencía ao corpusdas obras canónicas, cristiás ou antigas.Chartier. Entre el poder y el placer
    • 1.1 Tecnoloxía: Replicabilidade e soporte.Tres desprazamentos:1. Actor Vs Auctor2. Escritura como acto que funda discurso3. Orixinalidade.
    • 1.2 Biopolítica e Episteme(s) · FoucaultNa súa forma primeira, tal como foi dado por Deus ós homes, a linguaxeera un signo absolutamente certo e transparente das cousas, porque selles parecía.A linguaxe proponse a tarea de restituír un discurso absolutamenteprimeiro, pero non o pode enunciar senón por aproximación, tratando dedicir ó respecto cousas semellantes a él e facendo nacer así ó infinito asfidelidades veciñas e similares da interpretación.Representar é escoitar no sentido estrito: a linguaxe representa ópensamiento, como éste se representa a sí mesmo.Foucault. Las Palabras y las cosas
    • 1.2 Biopolítica e Episteme(s) · FoucaultEséxese Vs Discurso: Representa-la representación do pensamento.Cando a Logique de Port Royal afirmou que un signo podía ser inherente aoque designa ou estar separado diso, mostrou que o signo, na época clásica,non está xa encargado de achegar o mundo a si mesmo e facelo inherente ássúas formas, senón pola contra, de despregalo, de xustapoñelo segundo unhasuperficie indefinidamente aberta.Foucault. Las Palabras y las cosas
    • 1.2 Biopolítica e Episteme(s) · Foucault● Control do discurso mediada pola identificación do Autor Responsable.Segundo Foucault, a primeira forma de apropiación [da obra] foi decarácter penal: os textos comezaron a ter autores cando foronconsiderados non como obxectos físicos senón como actos humanossusceptibles de ser castigados; non como bens dos que o autor éprodutor e propietario, senón como accións das que o autor é axentee, polo tanto, responsable ante a lei (civil ou relixiosa). Soamente afins do século XVIII e comezos do XIX, a "obra" asinada "comeza aser considerada, ante todo, como unha mercadoría.Campillo. El Autor, la ficción, la verdad
    • 1.2 Biopolítica e Episteme(s) · Foucault● Lexitimación do discurso: conxura-a ficciónO autor é a figura ideolóxica grazas á cal se conxura a proliferación desentido, [posibilidade sempre presente da ficción]El [o autor] é certo principio funcional grazas ao cal, na nosa cultura,se delimita, se exclúe, se seleccióna; en resumo, grazas ao cal seimpide a libre circulación, a libre manipulación, a libre composición, adescomposición e a recomposición da ficción.Foucault. ¿Qué es un Autor?
    • 1.2 Biopolítica e Episteme(s) · Foucault● Desplazamento da Ciencia ó Campo LiterarioDende o século XVII, esta función non deixou de escurecerse nodiscurso científico: apenas funciona máis que para dar o nome a unteorema, a un efecto, a un exemplo, a un síndrome. Pola contra, naorde do discurso literario, e a partir desa mesma data, a función doautor non fixo senón reforzarse.Foucault. ¿Qué es un Autor?
    • 1.2 Biopolítica e Episteme(s)A aparición da filosofía e da literatura teñen lugar cando os escritoresdeixan de ser meros escribas, meros redactores ao ditado do deus ou domonarca. Son eles agora os que se converten en auctores: o termo latinodesigna os creadores e responsables dalgunha cousa, pero tamén astestemuñas, fiadores e garantes do valor desta; neste caso, trátase dacreación e do valor dun discurso subscrito como propio. Son estesauctores os que agora subscriben, con plena auctoritas, os seus propiostextos. E, ao facelo, adquiren tamén o privilexio da inmortalidade, ata entónreservado aos deuses e aos reis, aos heroes guerreiros e aos guíasrelixiosos.Campillo. El Autor, la ficción, la verdad
    • 1.3 Economía, lexislacións e cultura · Venecia● Venecia (1486). Primeiro recoñecemento real da autoría: Marc’AntonioSabellico, Decades rerum Veneratum.● Ata ese momento, e durante toda a Idade Media:– O propietario dun manuscrito -obxecto físico- era o único posuidordeste.– Dereito de impresión: patente real.
    • 1.3 Economía, lexislacións e cultura · Inglaterra● Stationers Company (1557): dispón do monopolio absoluto na distribución ecomercialización das obras.● Segunda metade do século XVI constitúese en rexistro de obras impresas deobrigado cumprimento para todo libreiro.● Prohibición do anonimato e obriga de rexistro.● Aparato de censura.
    • 1.3 Economía, lexislacións e cultura · Inglaterrato take special order that the Printers do neither print or reprint any thingwithout the Name and Consent of the AuthorIssued in a moment of anxiety at the prospect of an uncontrolled press,the edict was primarily intended to hold authors and printers responsiblefor books deemed libelous, seditious, or blasphemousM. Rose. Authors and Owners. The invention of copyright.
    • 1.3 Economía, lexislacións e cultura · InglaterraEstatuto de Ana (1710)● Tentativa de limita-los dereitos de reproducción ata entón ilimitados.● Manobra dos libreiros editores de Londres para facerse co control totaldos dereitos de reproducción.● Invención do Autor-Propietario. Dereitos inalienables, aínda quemercantilizables.
    • 1.3 Economía, lexislacións e cultura · InglaterraEn 1709, a monarquía inglesa decide limita-la duración do copyright a 14anos e permitir ós autores conservalo para eles. Os libreiros de Londrespoñen en marcha estratexias de defensa, unha das cales foi a creación doautor moderno (...) O autor non é máis que un instrumento estratéxico naloita dos libreiros londinenses contra a lexislación real, unha lexislaciónque sustentaban aqueles que se beneficiaban dela.Chartier. Le droit dauteur est-il une parenthèse dans lhistoire?
    • 1.3 Economía, lexislacións e cultura · Francia● Beaumarchais. Primeiro en reivindica-los dereitos sobre os manuscritosnas funcións teatráis. Funda o Bureau de Législation Dramatique (1777),futura Société des Auteurs et Compositeurs Dramatiques (SACD)● Diderot: Producións do espírito. Dereitos moráis.● Condorcet: Fragments sur la Liberté de la Presse (1776). Bens escasosVs Bens abundantes.● Balzac: Carta Dirixida ós Escritores (1834). Equiparación de bensmateriáis a produccións inmateriáis.
    • 1.3 Economía, lexislacións e cultura · FranciaSéntese que non pode haber ningunha relación entre a propiedade dunhaobra e a do campo, que só pode ser cultivado por un home; dun moble,que non pode servir máis que a un home, e, por conseguinte, cuxapropiedade exclusiva está fundada na natureza da cousa.Condorcet. Fragments sur la Liberté de la Presse (1776)
    • 1.4 Ilustración, Romanticismo e Teoría do Xenio.● Nacemento da Opinión pública Ilustrada. De Voltaire a Rousseau.● Despotismo Ilustrado -> Intelectual educador do pobo.O autor é un personaxe moderno, producido indubidablemente polanosa sociedade, na medida que esta, ao saír da Idade Media e grazasao empirismo inglés, o racionalismo francés e a fe persoal daReforma, descobre o prestixio do individuo ou, dito doutro xeito máisnobre, da "persoa humana"Barthes. A morte do Autor
    • 1.4 Ilustración, Romanticismo e Teoría do Xenio.● Recuperación da teoría estética clásica: PlatónLa Musa, por acción propia, inspira a determinados individuos y luego, pormedio de estos inspirados otros llegan a disfrutar del entusiasmo de lainspiración, formándose de este modo la cadena. Porque todos los poetasépicos, de los buenos poetas hablo, producen sus hermosísimos poemas nocomo efecto de un arte que poseen, sino por ellos mismos inspirados yposeídos por un dios. [...] y ninguna está en disposición de crear antes dehaber sido inspirado por un dios, de estar fuera de sí y no contar ya con surazón, pues mientras conserve esta facultad todo ser humano es incapaz depoetizar y de proferir oráculos.Platón. Ión
    • 1.4 Ilustración, Romanticismo e Teoría do Xenio.Giordano Bruno (XVI)● "A poesía non xorde sobre a base de regras, ou, dito doutro xeito, que asregras xorden máis ben da poesía"Diderot● Inutilidade das regras para a creación artística.● Exclusividade do “don”Kant● Natureza como fonte de inspiración dos elexidos● Xenio exclusivamente na Arte● Orixinalidade
    • 1.4 Ilustración, Romanticismo e Teoría do Xenio.A verdade é un ben común; ela é xeneralizable; enunciala, é ao mesmotempo comunicala, intentar asegurarlle o recoñecemento universal; nolímite, ela non é máis a palabra do outro, ela devén o discurso de todos,do que só pode distinguirse a voz do xenio que tería sido o primeiro endescubrilaSTAROBINSKI, J.: Diderot et la parole des autres
    • 1.4 Ilustración, Romanticismo e Teoría do Xenio.Xenio é o xeito en que a Natureza dá a regra á Arte.É un talento de producir aquilo para o cal non pode darse regra.No científico, pois, o máis grande inventor non se diferencia do laboriosoimitador e do estudante máis que no grao, e, en cambio, diferénciaseespecificamente do que recibiu pola natureza dotes para a arte bela.Non pode recollerse nunha fórmula e servir de precepto, pois entón o xuízosobre a beleza sería determinable segundo conceptos; senón que a regra debeabstraerse do feito, é dicir, do produto no que outros poden probar o seu propiotalento, servíndose del como modelo, non para copialo, senón para seguilo.Kant. Crítica del Juício
    • 1.4 Ilustración, Romanticismo e Teoría do Xenio.Romanticismo● Absoluto non teolóxico como eixe central das investigacións filosóficas● O absoluto, a infinitude non accesible no inmediato -> Arte● O artista ten o labor de plasmar a infinitude inasible na finitude da obra.
    • 1.4 Ilustración, Romanticismo e Teoría do Xenio.Ha de chamarse afortunado e é, ante todo, digno de eloxio, o artista a quen osdeuses prestaron este espírito creadorSCHELLING, F. W. J. “Espíritu Creador y Ciencia de la Naturaleza”Descubrir o espírito da natureza e penetralo, acollelo e transmitilo con todo ocorazón e o ánimo entregados, é tarefa da obra de arte.FRIEDRICH, C. “La Voz Interior”.
    • Transferencias
    • Transferencias2.1. Tecnoloxía: Internet, Open Source, CC2.2. Capitalismo Cognitivo2.3. Da cultura como dereito á cultura como recurso2.4. Autor Productor · Benjamin
    • 2.1. Tecnoloxía: Internet, Open Source, CCA Emerxencia das redes como novo espacio de produción, leva ámetamorfose de todo este ecosistema cultural.1. Reapropiación dos medios de producción no capitalismo cultural. OpenSource.2. Novos dispositivos de producción significante: descentralizados, nonxerarquizados, descontrolados. Guerrilla da comunicación. Contra (a)información
    • 2.1. Tecnoloxía: Internet, Open Source, CC● Richard Stallman (FSF) proxecto GNU + Linus Torvalds = GNU/Linux.1. A liberdade de executar o programa sexa cal sexa o propósito.2. A liberdade de modificar o programa para axustalo ás túasnecesidades. (Para que se trate dunha liberdade efectiva na práctica,deberás ter acceso ao código fonte, dado que sen el a tarefa deincorporar cambios nun programa é extremadamente difícil.)3. A liberdade de redistribuír copias, xa sexa de forma gratuíta, xa sexa acambio do pagamento dun prezo.4. A liberdade de distribuír versións modificadas do programa, de tal formaque a comunidade poida aproveitar as mellóra introducidas.
    • 2.1. Tecnoloxía: Internet, Open Source, CC● Copyleft. Do software libre ós bens comúns culturáis● O Redescubrimento do Procomún: D. Bollier, recupera o debate en tornoós bens comúns, opostos ás lóxicas capitalísticas de producción emercado.● O que a inflación de bens intanxibles, de producción distribuída,descentralizada e colaborativa sinala, é a posibilidade dunha lóxicaeconómica que supere a hexemonía sobre os bens inmateriáis, a súaprodución e usufructo.
    • 2.1. Tecnoloxía: Internet, Open Source, CC● L. Lessig: Creative Commons e cultura libre● Non contra a autoría -> devolverlle ó autor o poder de decisión sobrecopia, modificación, lucro, distribución.● Construir modelos económicos postindustrialistas.● Discurso da innovación aberta.● Ética Hacker VS Ética Protestante. A creatividade contra o esforzo.● Copyfarleft: revisión da cláusula de liberdade de uso con fins de lucro.
    • 2.1. Tecnoloxía: Internet, Open Source, CCUn non-suxeito da enunciación● En termos de producción significante -prácticas culturáis concretas- adoazón de coñecemento -saber, experiencia, opinión- nas dinámicasreticulares abertas a partires da explosión dixital e a implosión progresivadas fronterias -físicas e virtuais- consolida a posibilidade de intervenciónnas sedimentacións semánticas.● Produción distribuída e intervención directa no espacio de mediaciónsimbólica.
    • 2.1. Tecnoloxía: Internet, Open Source, CCA través da aplicación da abstracción, a clase hacker produce aposibilidade da produción, a posibilidade de facer algo de e co mundo - ede vivir do excedente producido pola aplicación da abstracción á natureza- para calquera natureza.A través da produción de novas formas de abstracción, a clase hackerproduce a posibilidade do futuro - non só O futuro, senón un conxuntoinfinito de posibles futuros, o futuro en si como virtualidade. (…)Mckenzie Wark. Manifesto Hacker
    • 2.2 Capitalismo Cognitivo● 70s: Esgotamento do modelo de acumulación Fordista.● Financiarización + bens intanxibles como novos territorios de valorización:ARTE, biopatentes, ADN.● Políticas culturáis como mecanismos de control.● Explotación da creatividade VS Taylorismo: da división do traballo áexplotación do coñecemento e a creatividade.● Supervivencia artificial do modelo propietario.
    • 2.2 Capitalismo CognitivoIndustrias culturáis● Incorporación da producción cultural na lóxica industrial: cultura comoelemento de consumo masivo. A cultura perde a autonomía e entra naesfera da valorización, coa dinámica de produción masiva de símbolos e aproducción biopolítica de individuos.● Cultura compensatoria. Prácticas artísticas despolitizadas e acríticas. NoEstado Español: CT● Museos, turismo cultural, xentrificación
    • 2.3 Da cultura como dereito á cultura como recurso● Vía de valorización: as categorías que asentan a hexemonía sobre aproducción de valor fortalécense. Autoría, Orixinalidade, Creación...● Copyright, ACTA, Ley Sinde, Sinde-Wert, CISPA, etc● Cultura como mercadoría que precisa da mitoloxía do autor propietariopara lexitimar a soberanía sobre os intanxibles.● Cambio nos modelos de xestión cultural cara a obtención de rentas.
    • 2.4 Autor Productor · BenjaminAs ideas das clases dominantes son tamén as ideas dominantes en cadaépoca; ou, dito doutro modo, a clase que ten o poder material dominante nasociedade ten tamén o poder ideolóxico dominante. A clase que dispón dosmedios de produción materiais, dispón ao mesmo tempo dos medios deprodución ideolóxicosMarx, C. E Engels, F. (1982) La Ideología AlemanaO autor da modernidade, nacido do asentamento dunha nova clase social enoccidente, proceso acompañado da tecnificación da produción e a novaepisteme, está ao servizo da dominación de clase e polo tanto toma parte afavor da burguesía sequera como ferramenta da ideoloxía.
    • 2.4 Autor Productor · Benjamin● O autor e o lector/espectador reproducen a oposición de clase: o un comoaxente de enunciación, o outro como obxecto pasivo.Mentres o escritor experimente a súa solidariedade co proletariado sócomo suxeito ideolóxico, e non como produtor [intelectual], a tendenciapolítica da súa obra, por máis revolucionaria que poida parecer, cumpriráunha función contrarrevolucionaria.Benjamin. El Autor como Productor
    • 2.4 Autor Productor · BenjaminRelativizar as formas nas que se encarna a produción estética:Non sempre houbo novelas no pasado, non sempre deberá habelas. (...)As formas de comentario, de tradución e mesmo de plaxio non sempreforon variantes marxinais da literatura; tiveron a súa función.Benjamin. El Autor como Productor
    • 2.4 Autor Productor · BenjaminO autor revolucionario non o é na medida que trata temas revolucionarios, namedida que converte en mercadoría os conflitos sociais, senón na medidaque se posiciona en contra da lóxica capitalista, anulándose como "creador",cuestionándose como "xenio" e permitindo que a súa posición de privilexio sedisolva na abolición do antagonismo de clase.Se ben o Estado soviético non expulsará o poeta, asignaralle tarefas que nonpermitan sacar a relucir, en novas obras mestras, a riqueza xa hai tempoadulterada da personalidade creadora.Benjamin. El Autor como Productor
    • 2.4 Autor Productor · BenjaminCanto que posuidor dos medios de producción de sentido que adquiriu poloseu acceso á educación, ten o deber de transmitir as súas ensinanzas óproletariado, facendo de estes productores simbólicos. Traición de clase.Un autor que non ensina nada os escritores, non ensina a ninguén. (...) Écapaz de guiar outros produtores cara á produción e de poñer á súadisposición un aparato mellorado. E neste aparato é mellor mentres maior é asúa capacidade de trasladar consumidores cara á produción, de converter oslectores ou espectadores en colaboradores.Benjamin. El Autor como Productor
    • 2.4 Autor Productor · BenjaminLa obra de arte en la época de su reproducibilidad técnica. Contra anoción de orixinalidade -hic et nunc fundamento do rito relixioso-.A replicabilidade anula a potencia do aura, elemento básico para postula-laAutenticidade. Imposibilidade de discernir entre o orixinal e a copia.Desaparece a posibilidade da mercancía-fetiche.É en efecto a través da súa realización na orde do mercado como un sistemade articulación da representación asenta o seu establecemento como réximedespótico da regulación xenérica do mundo.Brea. La Obra de Arte y el fin de la era de lo singular
    • 2.4 Autor Productor · BenjaminEstetización da Realidade. Arte polo Arte. Fascismo.As tendencias evolutivas do arte nas condicións presentes da produción (...)desbotan una serie de conceptos tradicionáis -creación e xenio, valor deeternidade e misterio-, cuxa aplicación incontrolada conduce á elaboracióndos feitos nun senso fascista....e unha aposta pola repolitización da Arte, como resposta á estetización dapolítica á que nos conduciu a adopción das formas e categorías estéticas doRomanticismo.
    • O destinatario natural da cultura deixa de ser o suxeito-individuo, ese suxeito ilustrado queresultaría do proceso da bildung. A cultura deixa de operar como dispositivo formativo doindividuo concibido -precisamente nesa adquisición cultural que define a súa competenciasingular- como singularidade competencial, como "persoa", como alma bela (dirían osrománticos). Ao mesmo tempo desaparece esa singularidade egrexia do outro lado, dolado do artista-xenio, como home tamén singular e diferencial que vén -precisamente nasúa exemplaridade distante do común- a epitomizar ese carácter discreto e singular,afastado da tribo e a especie, do ser suxeito-individuo -en canto inscrito no espazo docultural como argumento de diferenciación (de distinción, diría Bourdieu) (...) Non se trataagora de pensar que a cultura se dirixe ás masas, que -digamos- desprazou o seudestinatario: senón máis ben de pensar que ela agora produce ese novo tipo de suxeito:colectivo, indiferenciado e multitudinario. (...) A posta en evidenciación de que son osacontecementos culturais -os actos de enunciación e praxe en que consisten as prácticasde produción simbólica- os que no seu curso producen ao suxeito, e non este o queprecedéndoas as produce a elas.J. L. Brea. La obra de arte y el fin de la era de lo singular
    • @danhauserdanhauser@proxectoderriba.org