Your SlideShare is downloading. ×
Información
Información
Información
Información
Información
Información
Información
Información
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×
Saving this for later? Get the SlideShare app to save on your phone or tablet. Read anywhere, anytime – even offline.
Text the download link to your phone
Standard text messaging rates apply
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
294
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0
Actions
Shares
0
Downloads
0
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

Report content
Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
No notes for slide

Transcript

  • 1. www.ccooensino.net .
  • 2. En nome da Federación do Ensino de CCOO e no meu como secretaria xeral, douche a ENHORA BOA por superares o proceso selectivo e pola túa incorporación dun xeito estable aomundo da docencia.CCOO é o primeiro sindicato do estado, tanto por porcentaxe de afiliación como por representa-tividade no ámbito confederal. Tamén somos o primeiro sindicato no ámbito do ensino.A Federación do Ensino de CCOO de Galicia está integrada por un gran grupo de docentes queentendemos que o sindicalismo ha ser democrático e independente, reivindicativo e de clase,unitario, participativo e de masas, de mulleres e de homes, sociopolítico e internacionalista. É oseu obxectivo principal a defensa dos intereses laborais, profesionais e pedagóxicos das perso-as que traballan no ensino en todos os niveis educativos e, en igual rango de prioridade, a de-fensa dun ensino de calidade, participativo, laico, crítico e democrático, como instrumento dina-mizador dunha sociedade máis xusta e máis libre e dunha convivencia pacífica, tolerante e nondiscriminatoria.Neste sentido, CCOO leva acadado importantes melloras para os e as docentes: • melloras retributivas, • melloras de cadros de persoal, • melloras na xornada laboral, • melloras sociais que facilitan a conciliación da vida familiar e laboral, propostas na súa maioría por CCOO e incluídas no Estatuto Básico do Empregado Público, • regulación das itinerancias...Mantemos o noso compromiso de loitar pola mellora das túas condicións laborais e esixirémos-lle arreo á Administración garantías no desenvolvemento dos acordos asinados; pero a nosaforza acadámola coa túa axuda e a de quen, coma ti, loita por un ensino xusto e de calidade.Neste documento imos tratar de informarte sobre os temas nos que se che poden presentarmáis dúbidas neste primeiro ano: • Fase de prácticas/Memoria • Información xeral: adxudicación de destinos, nomeamento funcionarios, concurso de traslados, permisos, horario da xornada laboral, retribucións, formación • Dereitos e deberes do funcionariado: lexislación básica, fondo de acción social, pro- gramas de conciliación, itinerancias • Vantaxes de estar afiliado/a a CCOO EnsinoO SINDICATO CCOO DO ENSINO PONSE AO TEU DISPOR NOS SEUS LOCAIS PARA ATENDER CALQUERATIPO DE CONSULTA OU DÚBIDA QUE PUIDESES TER.
  • 3. 1. FASE DE PRÁCTICAS/MEMORIATal como se establece na base décimo cuarta da Orde do 11 de marzo de 2010 (DOG do 25) e da Orde do 16 demarzo de 2010 (DOG do 5 de abril), a fase de prácticas é tutelada, terá a finalidade de comprobar a aptitude para adocencia de aspirantes seleccionados e a súa duración será de catro meses como mínimo.Terás que realizar: a) Un informe memoria final. (Non hai un modelo único para facelo; presentámosche unha proposta que che pode ser útil.) 1. Valoración global da actividade desenvolvida. 2. Análise do contexto (características do centro): para elaborar este punto, tomar como referencia o PEC do centro. 3. Características do alumnado: descrición dos grupos nos que desenvolviches a docencia, circuns- tancias específicas... 4. Ideas básicas sobre as materias dadas. 5. Horario: organización da aula e a materia... 6. Información coa comunidade educativa: reunións, visitas de nais e pais, boletíns de notas... 7. Obxectivos acadados e resultados obtidos: coordinación cos departamentos ou ciclos correspon- dentes, reunións, titorías... 8. Dificultades encontradas e apoios recibidos. 9. Avaliación: • do alumnado • da práctica docente e do desenvolvemento real do currículo • da organización da aula e o aproveitamento de recursos • da atención á diversidade • da relación entre membros da comunidade educativa • da coordinación co departamento ou ciclo e outros órganos de goberno e coordinación 10. Propostas para a mellora continua. Esta fase de prácticas está tutelada por un profesor/a titor/a do centro (con funcións de asesorar, informar e avaliar). Emitirá un informe final á Comisión cualificadora. b) Realizar un curso de lingua galega de 20 horas de duración programado polos CFR (centros de formación e recursos). Eles son os que te convocarán.A avaliación final expresarase nos termos de ‘apto’ ou ‘non apto’. No caso de non a superar, poderala repetir no vin-deiro curso e, mentres, non serás recoñecido como funcionario/a de carreira.Por causa xustificada e por pedimento da persoa interesada, pódese solicitar ou adiar a fase de prácticas (DirecciónXeral de Centros e Recursos Humanos).Aquelas mestras que estean de baixa maternal ou en período de lactación poden aprazar as prácticas ou darse dealta no nivel administrativo, e poñerse de alta no centro co tempo suficiente para realizar o período de prácticas(mínimo catro meses), tal como indica a orde.2. INFORMACIÓN XERAL A. ADXUDICACIÓN DE DESTINOS As bases da convocatoria do corpo de mestres están publicadas no DOG do 17 de xuño de 2010 e para o resto de corpos no DOG do 22 de xuño de 2010. A adxudicación definitiva publicarase o 30 de agosto para mestres e o 14 de setembro para o resto de corpos. Dende CCOO loitamos e denunciamos para que saian todas as vacan- tes e a adxudicación de destinos sexa transparente; que non se produza unha falta de previsión que diminúa a calidade do ensino público galego. Este primeiro ano, nomearante funcionario ou funcionaria en prácticas para o curso 2010/2011. Este destino ten carácter provisional, polo que quedas obrigado a participar nos sucesivos concursos de traslados ata conseguires un destino definitivo.
  • 4. B. NOMEAMENTO DE FUNCIONARIO/A DE CARREIRA Unha vez aprobada a fase de prácticas, sairá publicado no BOE o teu nomeamento (setembro-outubro de 2011) como funcionario de carreira con efectividade do 1 de setembro de 2011. Deberías gardar unha copia do DOG e do BOE coa túa nota final porque en posteriores concursos de traslados pódeche facer fal- ta. Se traballaches para outra administración, has solicitar o recoñecemento dese tempo mediante o ANEXO I. Se traballaches para a Administración educativa, entón utilizas o ANEXO II para que che recoñezan o tempo traballado tanto para os efectos económicos como administrativos. Os funcionarios de carreira cobran un complemento, o sexenio, ao cumpriren seis anos de servizos (ou múlti- plo de seis ata un máximo de cinco sexenios) para a Administración educativa. Para percibilos hai que acredi- tar para cada sexenio cen horas de formación de cursos homologados no tramo dos seis anos inmediatamen- te anteriores ao cumprimento do sexenio. C. CONCURSO DE TRASLADOS No primeiro trimestre do curso 2010/2011 convócase o concurso de traslados. Tes a obriga de participar ata obteres o primeiro destino definitivo. No ano de prácticas concursas con puntuación cero. Ollo!, no ano de prácticas as distintas coordinacións non puntúan. Se obtés destino no concurso, deberás permanecer nel dous cursos antes de concursares de novo. A partici- pación nos seguintes concursos xa é voluntaria. Solicitarás as prazas que máis che interesen. Na nosa páxina web (www.ccooensino.net) podes consultar datos sobre o concurso anterior: puntuacións máximas, mínimas, orde da convocatoria, baremo, concursantes por especialidade... D. LICENZAS E PERMISOS PERMISOS, LICENZAS E REDUCIÓNS DE XORNADA (DOG 23 de abril de 2008) MOTIVO DURACIÓN SOLICITUDE NOTAS PERMISOS 6 SEMANAS DESPOIS DO PARTO, APROVEITADAS OBRIGATORIAMENTE POLAPARTO OU ADOPCIÓN 16 SEMANAS ININTERROMPIDAS XEFATURA TERRITORIAL NAIPATERNIDADE 29 DÍAS NATURAIS DIRECCIÓN A PARTIR DA DATA DE NACEMENTO DE FORMA CONTINUADALACTACIÓN FILLO/A MENOR 12 MESES 1 HORA DIARIA OU 4 SEMANAS ACUMULADAS XEFATURA TERRITORIAL A ELECCIÓN FAISE ANTES DE REMATAR O PERMISO MATERNALACCIDENTE, FALECEMENTO, ENFERMIDADE 3 DÍAS HÁBILES MESMA LOCALIDADE REQUIRE HOSPITALIZACIÓN, CIRURXÍA OU INFORME DA INSPECCIÓN MÉDICA. DIRECCIÓNGRAVE 1.º GRAO 5 DÍAS HÁBILES DISTINTA LOCALIDADE TÓMASE COMO REFERENCIA A LOCALIDADE DE RESIDENCIA DE QUEN SOLICI- TA.ACCIDENTE, FALECEMENTO, ENFERMIDADE 2 DÍAS HÁBILES MESMA LOCALIDADE QUE FIGURE NO CENTRO OU NA BASE DE DATOS DA CONSELLARÍA. DIRECCIÓNGRAVE 2.º GRAO 4 DÍAS HÁBILES DISTINTA LOCALIDADE CÓNTASE DENDE O DÍA EN QUE O/A SOLICITANTE NON TRABALLARA.ENFERMIDADE MOI GRAVE 1.º GRAO 30 DÍAS NATURAIS XEFATURA TERRITORIAL NECESÍTASE INFORME DA INSPECCIÓN MÉDICA XUSTIFICANTE DA NECESIDADE DE REALIZALA DENTRO DA XORNADA DECONSULTA MÉDICA DO TITULAR OU FILLO/A O NECESARIO DIRECCIÓN TRABALLOEXAMES FINAIS OS DÍAS DE REALIZACIÓN DIRECCIÓN TEÑEN A MESMA CONSIDERACIÓN OS PARCIAIS ELIMINATORIOSDEBER INESCUSABLE O NECESARIO DIRECCIÓN ACTO PERSOALÍSIMO CONVOCADO POLA AUTORIDADE COMPETENTE SEN XUSTIFICACIÓN DOCUMENTAL E ATENDENDO AS NECESIDADES DOASUNTOS PERSOAIS 4 DÍAS, DOS CALES 2 DÍAS LECTIVOS DIRECCIÓN SERVIZOIMPREVISTOS, INDISPOSICIÓNS... 24 PERÍODOS LECTIVOS DIRECCIÓN IMPREVISTOS NON SUPERIORES A 3 DÍAS. NON NECESITAN XUSTIFICACIÓNTRASLADO DOMICILIO 1 MEMBRO 1 DÍA MESMA LOCALIDADE; 2 DÍAS DISTINTA LOCALIDADE DIRECCIÓN PERMISO REFERIDO AO DÍA DE TRASLADO. SON DÍAS NATURAISTRASLADO DOMICILIO 2 OU MÁIS MEMBROS 2 DÍAS MESMA LOCALIDADE; 4 DÍAS DISTINTA LOCALIDADE DIRECCIÓN PERMISO REFERIDO AO DÍA DE TRASLADO. SON DÍAS NATURAISACTIVIDADES FORMACIÓN SERVIZOS CENTRAIS O NECESARIO INSPECCIÓN A ADMISIÓN XA IMPLICA O PERMISO. OBRIGA DE PRESENTAR ANEXO ICONSELLARÍAACTIVIDADES DE FORMACIÓN UNIVERSIDADES, É PRECISO SOLICITAR O PERMISO COMO MÍNIMO 10 DÍAS ANTES, ACOMPA- O NECESARIO XEFATURA TERRITORIALSINDICATOS, ETC. ÑADO DE INFORME DA INSPECCIÓN LICENZASMATRIMONIO, PARELLA DE FEITO 15 DÍAS NATURAIS XEFATURA TERRITORIAL EN DATAS QUE COMPRENDAN O DÍA DO FEITO OU INMEDIATAMENTE DESPOISASUNTOS PROPIOS 3 MESES CADA 2 ANOS XEFATURA TERRITORIAL DURACIÓN NON INFERIOR A 5 DÍAS. OS DÍAS SON NATURAISESTUDOS SEGUNDO CONVOCATORIA XEFATURA TERRITORIAL 1 CURSO IMPRORROGABLE. PODEN SER CUADRIMESTRAIS REDUCIÓNS DE XORNADACOIDADO DE FILLO/A MENOR DE 12 ANOS OU 1/3 OU 1/2 DA XORNADA XEFATURA TERRITORIAL REDUCIÓN PROPORCIONAL DAS RETRIBUCIÓNSMAIOR DEPENDENTE SEN REDUCIÓN DE RETRIBUCIÓNS. NECESITA INFORME DA INSPECCIÓNCOIDADO FAMILIAR DE 1.º GRAO REDUCIÓN DO 50% DA XORNADA DURANTE 1 MES XEFATURA TERRITORIAL MÉDICA. EXCEPCIONALMENTE PRORROGABLE POR OUTRO MES
  • 5. GRAO DE CONSANGUINIDADE e AFINIDADE 1.º GRAO 2.º GRAO PAI/NAI - SOGRO/SOGRA AVÓ/AVOA - AVÓ/AVOA POLÍTICOS TITULAR CÓNXUXE IRMÁN/IRMÁ - CUÑADO/CUÑADA FILLO/FILLA NETO/NETA E. HORARIO. XORNADA LABORAL O Acordo do 30 de abril de 2007 asi- CÓMPUTO DOCENCIA PERMANENCIA nado por CCOO e todas as organizacións sindicais, MENSUAL PRIMARIA 21 horas 25 horas 30 horas agás a CIG, deu lugar a outro acordo, o 8 de xuño de (incluídas gardas) 2007, sobre cadros de persoal dos centros de infantil e SECUNDARIA 18-20 horas 23 horas 30 horas primaria e xornada laboral, que foi aplicable a partir doinicio do curso 2009/10. Este acordo sitúa os mestres e mestras de Galicia con 21 horas lectivas semanais(incluídas as gardas) e 25 de permanencia fixa semanal. Esta xornada laboral é a máis reducida de todas ascomunidades autónomas do estado.F. RETRIBUCIÓNS RETRIBUCIÓNS PERSOAL DOCENTE Mestres Prof. técnico Prof. secund. Catedráticos Concepto Cód. Mes Extra Mes Extra Mes Extra Mes Extra Soldo base 11 958,98 € 662,32€ 958,98 € 662,32€ 1.109,05 € 623,62 € 1.109,05 € 623,62 € Trienios 12 34,77 € 24,02 € 34,77 € 24,02 € 42,65 € 23,98 € 42,65 € 23,98 € C. destino 52 473,35 € 473,35 € 582,92 € 582,92 € 582,92 € 582,92 € 698,20 € 698,19 € C. específico 539,29 € 539,29 € 539,29 € 539,29 € 539,29 € 539,29 € 589,28 € 589,28 € 54 Titorías 43,62 € 43,62 € 43,62 € 43,62 € 43,62 € 43,62 € 43,62 € 43,62 € 1.º Sexenio 54 59,21 € 59,21 € 59,21 € 59,21 € 59,21 € 59,21 € 59,21 € 59,21 € 2.º Sexenio 54 76,13 € 76,13 € 76,13 € 76,13 € 76,13 € 76,13 € 76,13 € 76,13 € 3.º Sexenio 54 101,53 € 101,53 € 101,53 € 101,53 € 101,53 € 101,53 € 101,53 € 101,53 € 4.º Sexenio 54 143,81 € 143,81 € 143,81 € 143,81 € 143,81 € 143,81 € 143,81 € 143,81 € 5.º Sexenio 54 42,29 € 42,29 € 42,29 € 42,29 € 42,29 € 42,29 € 42,29 € 42,29 € MUFACE 420 36,83 € 36,83 € 36,83 € 36,83 € 46,80 € 46,80 € 46,80 € 46,80 € PASIVOS 402 84,13 € 84,13 € 84,13 € 84,13 € 106,89 € 106,89 € 106,89 € 106,89 € IRPF 801 A lei prevé un cálculo individualizado en función das circunstancias de cadaquénG. FORMACIÓN CCOO, anualmente e en función da dispoñibilidade orzamentaria, oferta cur- sos; entre eles convocarase no primeiro trimestre de curso algún destinado a orientarte en como facer a memoria de prácticas.
  • 6. 3. DEREITOS E DEBERES DO FUNCIONARIADO A. LEXISLACIÓN BÁSICA • No título II do Estatuto básico do empregado público, Lei 7/2007 do 12 de abril, recóllense os dereitos e deberes e os códigos de conduta dos empregados públicos. • Regulamento orgánico dos centros de infantil e primaria (ROC), DOG 21 de outubro de 1996. • Orde pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento do ROC, regulando determinados aspectos de organización e funcionamento, DOG do 2/9/97. Encontrarás información sobre a elección de cursos, titorías, equipos de ciclo... • Orde do 28 de xuño do 2010 de elección de horarios. • Decreto que establece o currículo de educación infantil, DOG 23/06/2009. • Decreto que establece o currículo de educación primaria, DOG 9/7/2007. • Lei da función pública de Galicia, DOG 13/6/2008. • Calendario escolar, DOG 15/06/2010. • Decreto de comedores, DOG 6/02/2007. • Decreto de plurilingüismo, DOG 25/05/2010. • Orde de formación, DOG 11/04/2007. Encontrarás a información relativa a homologación dos cursos, horas para sexenios... • Orde do 7 de abril do 2008, DOG 23/04/08. Recóllense os permisos, licenzas e excedencias. B. FONDO DE ACCIÓN SOCIAL Estas axudas saen publicadas cada ano e podes pedilas por estes conceptos: maiores a cargo, estudos do traballador/a, estudos por fillos, por fillos menores, por atención a persoas con discapacidades, por tratamen- tos médicos e para vivenda. Na nosa páxina web (www.ccooensino.net/publicacions/monograficos) tes toda a información sobre a última convocatoria. C. PROGRAMAS DE CONCILIACIÓN O persoal funcionario pode gozar das comisións de servizo tanto de saúde (ver información no DOG 9/05/2007) como de conciliación da vida familiar e laboral (ver información no DOG 30/06/2006 e no DOG 7/06/2007). D. ITINERANCIAS CCOO asinou un acordo sobre as condicións de traballo do profesorado itinerante que reflicte os seguintes aspectos: • carácter voluntario na aceptación das prazas, • compensación horaria en función dos quilómetros percorridos nos desprazamentos, • pagamento puntual dos desprazamentos. Tes máis información en www.ccooensino.net/publicacions/monograficos onde está o acordo publicado.
  • 7. 4. VANTAXES DE ESTAR AFILIADO/A A CCOO CCOO ofrécelle á súa afiliación un gran número de servizos coa máxima calidade e fiabilidade: • información persoal e xestión administrativa; • atención persoal aos afiliados de forma presencial, telefonicamente, por correo electrónico...; • servizos xurídicos, asesoramento profesional e tramitación de recursos; • actividades de formación permanente, tanto homologada pola Xunta de Galicia como por outras entida- des, presencial e en liña, válida para oposicións, concursos de traslados, sexenios...; • lecer, viaxes, tempo libre...; • envío persoal de publicacións estatais e autonómicas; • informacións sindicais actualizadas das mesas de negociación, xuntas de persoal... Por iso é imprescindible que entendas a importancia de afiliarte a un sindicato como CCOO: para facerte escoitar, para loitar e para que a túa opinión determine propostas polo ben dos teus dereitos e pola mellora das túas condi- cións laborais.
  • 8. ESTAMOS Á TÚA DISPOSICIÓN NOS SEGUINTES LOCAIS: FEDERACIÓN DO ENSINO R/ Miguel Ferro Caaveiro 8 - 1.º andar 15703 Santiago de Compostela Tlfo.: 981 551 820 / Fax: 981 551 821 ensino@galicia.ccoo.es www.ccooensino.netA CORUÑA C. P. 15008 LUGO C. P. 27002 O BARCO C. P. 32300Avda. Alfonso Molina, km 2, 3.º andar Rolda da Muralla 58, 5.º andar Praza de España 2, baixo esq.Telf. 981 145 895 / Fax 981 145 899 Telf. 982 221 060 / Fax 982 245 907 Telf. 988 322 034 / Fax 988 325 159scensino.coru@galicia.ccoo.es scensino.lugo@galicia.ccoo.es ensino.valde@galicia.ccoo.esSANTIAGO C. P. 15707 VIVEIRO C. P. 27850 PONTEVEDRA C. P. 36002Rúa Miguel Ferro Caaveiro 8, 1.º andar Rúa García Dóriga s/n Rúa Pasantería 1, 2.º andarTelf. 981 551 836 / Fax 981 551 821 Telf. 982 561 001 / Fax 982 561 025 Telf. 986 866 276 / Fax 986 869 784ensino.stgo@galicia.ccoo.es ucamari@galicia.ccoo.es scensino.pont@galicia.ccoo.esFERROL C. P. 15402 OURENSE C. P. 32003 VIGO C. P. 36212Rúa María 42-44 Parque San Lázaro 12, 3.º andar Rúa das Teixugueiras 11 entreplantaTelf. 981 369 336 / Fax 981 350 353 Telf. 988 392 256 / Fax 988 251 400 Telf. 986 246 847 / Fax 986 246 848scensino.ferrol@galicia.ccoo.es scensino.oure@galicia.ccoo.es scensino.vigo@galicia.ccoo.es OFICINAS DE MUFACE A CORUÑA OURENSE R/ Cabo Santiago Gómez, 3/5 R/ Bedoya, 11 entresollado 15004 A Coruña 32004 Ourense Telf.: 981 989 001 / Fax: 981 258 832 Telf.: 988 750 500 / Fax: 988 253 360 SANTIAGO PONTEVEDRA R/ Rosalía de Castro, 23 baixo R/ Sagasti, 2 entresollado 15706 Santiago de Compostela 36001 Pontevedra Telf.: 981 981 000 / Fax: 981 590 769 Telf.: 986 981 500 / Fax: 986 861 478 LUGO VIGO R/ Irmáns Vilar Ponte, 8 R/ Condesa Casa Barcena, 1 entresollado 27002 Lugo 36560 Vigo Telf.: 982 759 001 / Fax: 982 220 302 Telf.: 986 988 002 DEPARTAMENTOS TERRITORIAIS DA CONSELLARÍA DE EDUCACIÓN A CORUÑA OURENSEDepartamento Territorial de Educación e Ordenación Universitaria Departamento Territorial de Educación e Ordenación Universitaria Edificio Administrativo de Monelos, 7.º andar Rúa Concello, 11 Praza de Luís Seoane, s/n 32003 Ourense 15071 A Coruña Telf.: 981 184 701 / Fax: 981 184 785 Telf.: 988 386 604 / Fax: 988 386 600 LUGO PONTEVEDRADepartamento Territorial de Educación e Ordenación Universitaria Departamento Territorial de Educación e Ordenación Universitaria Ronda da Muralla, 70 Edificio Administrativo de Campolongo 27071 Lugo Avda. Fernández Ladreda, 43 36003 Pontevedra Telf.: 982 294 151 / 982 294 152 Telf.: 986 805 960 / Fax: 986 805 937

×