Roxecto  definitivo 2014
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Like this? Share it with your network

Share
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Be the first to comment
    Be the first to like this
No Downloads

Views

Total Views
186
On Slideshare
183
From Embeds
3
Number of Embeds
1

Actions

Shares
Downloads
0
Comments
0
Likes
0

Embeds 3

http://blogs.prensaescuela.es 3

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
    No notes for slide

Transcript

  • 1. PROXECTO DE FOMENTO DO USO DO GALEGO do EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA do CEIP Mosteiro-Bembrive de Vigo.
  • 2. PROXECTO DE FOMENTO DO USO DO GALEGO do CEIP Mosteiro- Bembrive de Vigo. Asdo.Mª Isabel Alvar Asdo. Teresa Rodríguez. Directora do CEIP Mosteiro-Bembrive Coordinadora do E.D.L. Vigo 12 de febrero de 2014.
  • 3. ÍNDICE PROXECTO A.- Estudo sociolingüístico 1.- Contorno sociolingüístico do centro 2.- Situación do profesorado 3.- Situación do alumnado 4.- Situación lingüística do centro B.- Obxectivos a conquerir C.- Medidas para acadar eses obxectivos D.- Actividades de Dinamización Lingüística a.- Actividades Cotiás. - Biblioteca Escolar e Plan Lector - Actividades na aula - Saídas Escolares - Obradoiros b.- Actividades relacionadas coas Celebracións Escolares. - Magosto - Nadal - Día da Paz - Entroido - Letras Galegas - Maios d.- Outros Proxectos - Proxecto: “ Viaxe ao caladoiro da convivencia”. - Colaboración co Ateneo Musical de Bembrive. - Xornal Escolar “ O Anaco” - Festa de Ed. Infantil - Exposición de Literatura. - Taboleiro de Dinamización Lingüística - Calendario escolar - Colonias -Campaña de concienciación para o profesorado E.- ASPECTOS A DESTACAR DO PROXECTO ANEXO I: SOLICITUDE ANEXO II: CADRO RESUMO DAS ACTIVIDADES
  • 4. PROXECTO DE FOMENTO DO USO DO GALEGO DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA. CEIP Mosteiro-Bembrive de Vigo. O Ceip Mosteiro Bembrive de Vigo, ao abeiro do recollido na Orde de 12 de xaneiro de 2014, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pola que se anuncia a convocatoria para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego, presenta a través deste documento o seu correspondente proxecto para tal fin. Compre aumentar a presenza do galego na comunidade educativa, facela normal e útil e estender o uso da nosa lingua en tódolos niveis da sociedade. Para este labor, a mellor ferramenta é a aplicación deste proxecto. O uso do idioma galego nas diferentes materias e a potenciación de actividades complementarias referidas á tradición e cultura galega, favorecen os nosos obxectivos. Nas actuacións administrativas, documentos, actas e comunicados , así como nos rótulos, carteis e na redacción da páxina web e blogs do centro, úsase con carácter xeral, a lingua galega. A ANPA Bene-Vivere fai do galego o seu idioma, tanto nas comunicacións como nas relacións habituais da súa actividade, entre outras as actividades extra escolares. O papel dos adultos, profesorado, pais e nais, é decisiva na creación dun ambiente normalizador que permita pasar do galego aprendidoao galego vivido. Os adultos en xeral e o profesorado en particular, coa súa práctica, poden coutalo, facelo invisible ou poden, se o asumen, impulsalo. O uso do idioma galego nas diferentes materias e a potenciación de actividades complementarias referidas á tradición será unha máxima en toda a nosa comunidade educativa. Tentaremos:  Establecer canles de coordinación e colaboración con todos os órganos Colexiados e Unipersoais do centro, con especial atención ao Equipo de Actividades Complementarias, co Equipo de Biblioteca e con todas as celebracións programadas ao longo do curso (Magosto, Nadal, Día da Paz, Entroido e Letras Galegas). A intención é a de facer do galego un referente continuo na vida escolar.  Participar nas actividades de formación encamiñadas ao mellor coñecemento do idioma e ao manexo de aplicación das TIC con respecto ao uso do galego.
  • 5.  Achega de propostas de traballo encamiñadas ao fomento do galego en todos os niveis educativos do colexio así como en todas as comunicacións co exterior.  Continuar colaborando coas entidades veciñais e culturais da zona de referencia do colexio ( Entidade Menor , Sociedade Cultural Helios e Banda de Música e outros centros educativos)  Presenza do galego en toda actividade e foro no que estea representado o colexio.  Estimular ao alumnado para que empreguen, nas súas respostas, a mesma lingua na que se lles pregunte.  Elaboración do Xornal Escolar “ O Anaco” escrito exclusivamente en galego. A.- ESTUDO SOCIOLINGÜÍSTICO A.1.- Contorno sociolingüístico do centro. O Ceip Mosteiro Bembrive está ubicado no barrio de Bembrive. Pero non só abrangue nenos/as do barrio, tamén asisten alumnos das zonas do Calvario, Cabral e Centro de Vigo. Bembrive era ata os anos 80 un núcleo rural no que a súa economía dependía primordialmente das actividades agrarias. Actualmente conviven pequenos núcleos rurais con zonas residenciais. O idioma galego de uso xeneralizado entre toda a poboación naquel entón, vai perdendo peso deixando de ser a lingua vehicular. Como mostra dese proceso, constátase que a práctica maioría dos avós do alumnado son galegofalantes, pero poucas son as nais e pais que usan o galego como lingua habitual e, o pouco alumnado que chega á escola sendo galego falante pasa na meirande parte a usalo idioma castelán. Para poder acadar unha información actualizada e o máis precisa posible da situación sociolingüística do centro, o Equipo de Dinamización Lingüística enviou no presente curso unha enquisa a tódalas familias do alumnado de E. Infantil,para así poder actualizar os datos, mantendo os mesmos ítems, por considerar que son os máis significativos para avaliar a situación lingüística da comunidade educativa. GALEGO CASTELÁN AMBAS Lingua de relación en parella Lingua de relación cos seus proxenitores Lingua de relación cos amigos Lingua de relación cos seus fillos Lingua empregada na súa profesión Adoita ler
  • 6. A interpretación que podemos sacar da enquisa é que das 76 familias de Ed. Infantil, soamente 4 son galego falantes. Varias familias indican que empregan o galego no traballo e cos seus proxenitores, pero usan o castelán coa parella, fillos e cos amigos. A.2.-Situación do profesorado. GALEGO CASTELÁN AMBAS Lingua empregada cos compañeiros Lingua empregada en reunión cos país/nais Lingua empregada nas entrevistas persoais Lingua empregada na aula Lingua empregada co alumnado no tempo de lecer O profesorado fai uso da lingua na súa actividade docente en función do que se recolle no Proxecto Lingüístico do Ceip Mosteiro Bembrive de Vigo e segundo a normativa vixente. No que se refire ás relación inter persoais, constátase que, na actualidade, o castelán é a lingua predominante. A.3.-Situación do alumnado Como quedou exposto anteriormente, a práctica totalidade do alumnado do colexio é castelán falante. Destacar que hai un pequeno número de alumnos que usan o galego como lingua vehicular cos seus pais e avós. GALEGO CASTELÁN AMBAS Os teus pais fálanche en Oss teus avós fálanche en Cos teus amigos falas en No recreo falas en SI NON Les en galego Dos últimos 5 libros cantos eran en galego A.4.- Situación lingüística do centro O uso do idioma galego nas diferentes materias, favorecen os nosos obxectivos, perseguidos sempre dende unha postura de manter a nosa lingua nun ambiente de liberdade e de non obrigación ou imposición. A ANPA BENE VIVERE e os Mestres de Actividades Extra escolares fan do galego a súa lingua de comunicación.
  • 7. Consideramos un reto, a acadar no presente curso escolar, que as relacións entre o profesorado, nos faladoiros de entrada e saídas e en xeral na sala de profesores se use a nosa lingua; conscientes de que o profesorado é un referente lingüístico importante e determinante nos hábitos lingüísticos do alumnado. O papel dos adultos, profesorado, pais e nais, é decisiva na creación dun ambiente normalizador que permita pasar do galego aprendido ao galego vivido. Os adultos en xeral e o profesorado en particular, coa súa práctica, poden coutalo, facelo invisible ou poden, se o asumen, impulsalo. O profesorado xoga un papel esencial no proceso normalizador. Como resumo podemos rematar dicindo que é necesario poñer en valor a lingua galega, e para elo pensamos que o noso alumnado debe verse en situacións que así o requiran, tanto a nivel oral como a nivel escrito. Tamén certificamos que a relación de actividades que se contemplan neste plan, desenvolveranse única e exclusivamente en galego.
  • 8. B.- OBXECTIVOS Fomentar o uso do galego na comunidade educativa, para que sexa un referente na vida escolar. 1.- Fomentar a idea de que un idioma é a riqueza colectiva mais estimable dun pobo. 2.- Propoñer a compra de libros en lingua galega, facendo unha minuciosa selección, para que sexa un material atractivo e axeitado ao alumnado. 3.- Motivar ao alumnado a que lea en galego, suxeríndolle títulos e animando a usar a biblioteca do colexio. 4.- Propoñer a inclusión de espectáculos, teatro e actos culturais en galego no plan de actividades complementarias, dirixidas ao mellor coñecemento da cultura e lingua galega. 5.- Consolidar o uso do galego nas intervencións do profesorado no claustro, equipos e demais actuacións docentes. 6.- Empregar o galego en todas as celebracións desenvolvidas ao longo do curso. 7.- Concienciar ao profesorado da necesidade de actualizar os seus coñecementos en canto as ferramentas e recursos do galego na rede. 8.-Buscar recursos e material das TICS en galego para desenvolver contidos traballados na aula. OBXECTIVOS CONTORNO PROFESORADO ALUMNADO CENTRO Nº 1 X X X X Nº 2 X X X X Nº 3 X X X Nº 4 X X X X Nº 5 X X X X Nº6 X X X Nº 7 X X X Nº 8 X X X
  • 9. C.- ACTIVIDADES PARA ACADAR ESTOS OBXECTIVOS Durante o curso 2013-2014 programaremos variadas actividades nas que o uso e enxalzamento do idioma galego será unha constante de estrito cumprimento. A labor do E.D.L. será: a.- Coordinar co Equipo de Actividades Complementarias as festas celebradas no centro, promovendo o uso do galego e actividades que potencien a tradición cultural galega. b.- Colaborar co Equipo de Biblioteca na elaboración de listados de bibliografía axeitada aos diferentes niveis e actividades de animación a lectura. c.- Coordinar co Equipos das TICS para proporcionar ao profesorado listados de páxinas web e diferentes recursos existentes na rede, para desenvolver os contidos curriculares. d.- Coordinar a publicación impresa ou dixital da revista escolar “O Anaco”, se o centro dispón de financiamento para a mesma. e.- Manter o taboleiro de D.L situado na planta baixa do colexio que nos serve para dar a coñecer todas aquelas novas de actualidade, relacionadas coa nosa lingua. - O que se está a facer sobre películas feitas en Galicia. Actores, actrices,… - Documentais feitos por directores e directoras galegos. - Recortes de prensa con contido de interese para a comunidade escolar - Páxinas web - Exposición de aqueles traballos que, consideremos, teñan interese para ser lidos ou vistos. - Traballos feitos por outros centros. f.- Programar e coordinar as actividades da Escola Popular. g.- Coordinar a elaboración do calendario do ano 2014. Este ano dedicado a agricultura familiar. h.- Coordinar , en colaboración co equipo de Actividades Complementarias o Festival das Letras Galegas. i.- Completar a unidade didáctica e realizar un “ Maio” para desenvolver no mes das Letras Galegas. j.- Organizar un concurso de cantigas para os “Maios”. k.- Organizar o premio do autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas : Xosé Mª Díaz Castro. l.- Xincana Literaria. m.- Campaña de animación de uso do galego do profesorado no tempo de lecer. n.- Organizar a XXII Certame dos Xogos Florais dirixidos a ex alumnos/as, pais/nais e alumnos do colexio.
  • 10. C.1.-TEMPORALIZACIÓN Tomando a totalidade das actividades propostas, o seu desenvolvemento terá lugar ao longo de todo o curso académico aínda que a maior parte delas serán desenvolvidas no período decembro - xuño. C.2.-PROFESORADO IMPLICADO Na programación e realización de actividades previstas neste proxecto participa a totalidade do alumnado e profesorado do centro. Así mesmo, nalgunha das actividades e tal e como se explicará máis adiante, a participación é ampliada ao seo familiar, a entidades culturais da zona e a outros centros educativos. D.-ACTIVIDADES DE D. LINGÜÍSTICA. Durante o curso 2013-14 programaremos variadas actividades nas que o uso do idioma galego será unha constante de estrito cumprimento. Estas actividades podémolas agrupar nas seguintes categorías: a.- As actividades cotiás. b.- As actividades relacionadas coas celebracións escolares. c.- Outros proxectos. O orzamento de moitas das actividades sinaladas corre a cargo dos fondos do colexio, polo que a súa realización non vai depender de que se aprobe ou non este proxecto. a.- AS ACTIVIDADES COTIÁS. 1.- BIBLIOTECA ESCOLAR E PLAN LECTOR A biblioteca do centro, como centro de recursos e catalizador de accións alfabetizadoras vinculadas coas competencias lectoras e de información, tamén actúa na dinamización da lingua galega. As súas actividades achegan aos nenos/as á tradición, cultura e literatura galega dun xeito lúdico e diferente. Semanalmente, o alumnado participa en sesións nas que se traballa aspectos lingüísticos e de creación literaria co fin de:
  • 11.  Estimular a curiosidade polo mundo dos libros.  Reforzar de xeito positivo os sentimentos asociados á lectura.  Integrar oralidade, imaxes e lectura.  Colaborar na comprensión do texto.  Proporcionar modelos de lectura.  Inculcar hábitos e ansias de investigación. As principais actividades programadas para este curso escolar xiran entorno a: 1. Préstamo de libros: Existen dous tipos de préstamo, os realizados ás bibliotecas de aula e o préstamo aos nenos/as que semanalmente escollen un libro para levar a casa. 2. Formación de usuarios/as: Estas actividades están encamiñadas a formar aos alumnos/as como usuarios/as de bibliotecas: tipos de libros, axentes que participan na súa elaboración, distribución e organización dunha biblioteca, a CDU, normas de utilización, celebración do día das bibliotecas escolares ou do día do libro,… achegan o mundo do libro ao alumnado. 3. Fomento da lectura e apoio ao proxecto lector do centro: A biblioteca participa e coordina as actividades de animación á lectura que se levan a cabo no centro. Ao mesmo tempo, estas actividades favorecen a compensación das desigualdades socioculturais ou a atención á diversidade: exposicións literarias, lectura compartida, conta contos en horario non lectivo, obradoiros de animación á lectura ofertados por institucións ou editoriais, “visitantes ilustres”, hora de ler, mochilas viaxeiras, andel de novidades ou de creación literaria, … fomentan o gusto pola lectura e ofrecen oportunidades para que os nenos/as poidan realizar moitas e variadas tarefas de aprendizaxe. Polo Nadal e no mes de xuño, a biblioteca edita boletíns informativos con suxestións de libros en galego. Durante o mes de maio, a lingua galega é a nosa lingua principal de comunicación e de estimulación da lectura. Mención especial é a exposición literaria que, no mes de abril, vaise realizar na biblioteca do centro. As distintas editoriais empréstannos libros de distinta índole (literarios e documentais) que poderán ser analizados por toda a comunidade educativa. A biblioteca convértese nun gran escaparate de distintos títulos. Grazas ás suxestións do alumnado e profesorado os libros máis atractivos para eles pasan a formar parte dos fondos da nosa biblioteca que se ven engadidos considerablemente. 4. Literatura galega: As actividades desenvolvidas na biblioteca xiran arredor das distintas celebracións que se celebran no noso centro ou de técnicas literarias que pretendemos desenvolver. Sempre a partir da lectura dun libro. 5. Competencia dixital: Coa integración do centro no PLAMBE, a biblioteca conta, dende este curso, con recursos TIC que contribuirán a dinamización da lingua galega. O noso blog de biblioteca conta con enlaces webs e difunde literatura infantil e xuvenil en lingua galega.
  • 12. 2.- ACTIVIDADES REALIZADAS NAS AULAS POLOS TITORES Educación Infantil  Asemblea nas aulas de Ed. Infantil. Intercambiando galego e castelán.  Cantigas, adiviñas,…  Proxecto das plantas : aprenden o nome das plantas, as súas partes, ferramentas que precisan para traballar o horto escolar. Educación Primaria  Os alumnos de 6º están a elaborar un conto dirixido aos alumnos de Ed. Infantil. Primeiro fixeron varias lecturas de contos infantís para saber o que lles pode gustar aos máis cativos. E a partir de aí e tendo en conta algúns pasos explicados na aula para ir organizando ese conto, cada alumno elaborará o seu para contalo nas aulas de Ed. Infantil.  Partindo dunha canción do noso folclore. Cambiaranlle a letra intentando que o tema desa cantiga ser un tema para a PAZ.  Concurso de Cifras e Letras en galego.  Lectura en común todos os días en galego. Lerán 2 libros por trimestre o alumnado de 6º.  Exercicios de escenificación da vida cotiá cos diálogos en galego.  Motivar aos alumnos a que os diálogos entre compañeiros e alumnos e profesorado sexan en galego.  Prestar atención especial a que cando a lingua a utilizar sexa o galego, o fagan en galego e o máis correcto posible, inda que eles tenden a pasarse ó castelán.  “DÍGOCHO EN GALEGO” Palabras orixinais e divertidas da nosa lingua. É un dicionario persoal que estamos a facer ao longo do curso coas palabras que nos fan máis graza e que imos coñecendo. Contén as palabras e ilustracións.  Confeccionar “Un TRIVIAL” para xogar na clase.  Cada semana os alumnos irán anotando nunha plantilla 10 palabras descoñecidas e pouco usadas no galego. Na última semana do mes farase un concurso para comprobar cantas fomos capaces de aprender.. O obxectivo da actividade é intentar empregar a palabra máis correcta nos distintos contextos ademais de apreciar a riqueza léxica do galego.  Realizar distintos proxectos ao longo do curso, buscando material nos libros, revistas, internet, para poñelo en común na clase e realizar , por equipos, uns murais coas conclusión as que se chegaron. No primeiro trimestre foi sobre as Abellas e no segundo trimestre estamos a traballar sobre os Xogos Olímpicos.
  • 13. 3.- SAÍDAS ESCOLARES O noso alumnado realiza actividades complementarias que o achegan a nosa tradición e cultura: visitas a museos, industrias do noso contorno, representacións teatrais, musicais,…) constitúen un xeito máis de aprendizaxe. 4.- OBRADOIROS O Ceip Mosteiro Bembrive ten programado, tal e como aparece na PXA, uns obradoiros dunha duración de 1 ½ semanal cos que pretendemos desenvolver dun xeito lúdico , formativo e cun carácter complementario ao currículo. O alumnado ao longo da súa escolaridade vai pasar por todos eles. É esta una actividade que polas súas características precisa ser desenvolvida ao longo de moitos cursos. No curso 2013-14 cabe sinalar o traballo levado a cabo nos seguintes obradoiros, porque inciden na competencia lingüística e , como todos os obradoiros, son impartidos en galego. OBRADOIRO: O FALADOIRO No presente curso creamos o obradoiro “O faladoiro”, para o alumnado do 1º ciclo de Ed. Primaria, para incidir dun xeito lúdico a través de xogos e con grupos reducidos de alumnos, no uso do galego. Iniciarase cunha motivación encamiñada a captar a súa atención e interese , as veces a través dun conto. Os xogos poderán ser:  Xogos de percepción auditiva co fin de discernir entre diferentes sons, incrementar a atención auditiva, desenvolver as capacidades da propia voz,..  Xogos de memoria visual e situación no espazo co fin de estimular a atención visual, practicar a formulación de preguntas lóxicas,...  Xogos de pronunciación - expresión co fin de descubrir a necesidade de pronunciar correctamente para ser entendido, estimular a creación de ritmos e rimas,..  Xogos de xesto e voz co fin de captar as propias posibilidades de expresión, desenvolver a fantasía, fomentar a espontaneidade e improvisación.  Xogos teatrais co fin de desenvolver as capacidades persoais de interpretación, estimular a creatividade e discernir entre feitos reais e imaxinarios.
  • 14. OBRADOIRO: ZUME DE NEURONAS O obxectivo perseguido é desenvolver a capacidade para seguir procesos de razoamento converxente (dedutivo) e diverxente (creativo) partindo de situación lúdicas e intensamente participativas onde os nenos traballan por parellas ou en grupo grande segundo a actividade. Nas sesión desenvólvense xogos de lóxica (enigmas), problemas de enxeño, enigmas en lecturas detectivescas, xogos de percepción visoespacial con palillos e tamgram, xogos de compoñente lingüístico ( sopas de letras, auto definidos), xeroglíficos, sudokus, figuras másicas e xogos numéricos, encrucillados de linguaxe ou matemáticos, xogos de mesa de categorías semánticas, tres en raia, catro en liña, damas, Mastermind, solitarios de enxeño … Búscase potenciar o traballo en grupo, poñer en práctica estratexias alternativas de resolución de problemas, de dedución de regras ou pautas, identificar a validez das argumentacións e preservar na busca de solución. OBRADOIRO DE TEATRO Neste curso 2012-2013 púxose en marcha o obradoiro de teatro no centro cos alumnos de 3º de primaria. O obxectivo fundamental é ofrecer aos nenos a posibilidade de iniciarse na actuación teatral co proceso que inclúe: a lectura e memorización de textos, o traballo de vocalización e posta en escena, o fomento da expresión oral ante un público, etc. A preparación dos actores/actrices inclúe a concienciación do xesto teatral, as actividades de fomento da creatividade e improvisación xestuais e do diálogo así como o reforzo do traballo en equipo e a coordinación cos compañeiros/as.co galego como lingua empregada, aínda que se pode considerar tamén o uso do castelán en función das circunstancias e a oportunidade. A experiencia está orientada a ofrecer dúas obras por curso, unha para o festival de Nadal e outra para representar durante a celebración das Letras Galegas. OBRADOIRO DE HORTO O alumnado de 2º participa no horto e invernadoiro do colexio, aprendendo a sementar, regar, coidar os produtos típicos da horta galega. OBRADOIRO DE COCIÑA Neste obradoiro os alumnos aprenden a cociñar receitas atendendo a época do ano na que se atopan. Ao longo do curso van elaborando un libro de receitas, feito en galego, que levan para as súas casas. Contía estimado para a realización das actividades cotiás: 900€
  • 15. b.- ACTIVIDADES RELACIONADAS COAS CELEBRACIÓNS ESCOLARES 1.- MAGOSTO Todo o colexio participa nesta festa . Este ano fixemos unha soa fogueira e os mestres de cada ciclo en colaboración con dous avós que nos ensinaron e axudaron a facer distintos xogos tradicionais , estivemos Nos días previos ao magosto, os nenos/as aprenden dúas cancións propias desta época “Collín, collín, castañas novas “ en Ed. Infantil e 1º Ciclo e “ Non chas quero” no 2º e 3º ciclo. O Obxectivo é que en cada festa popular os nenos/as vaian aprendendo cantigas referidas a elas e manter así o seu coñecemento. Tamén organizamos Xogos Populares, para elo contamos coa axuda de avós do noso alumnado que nos ensina como se xogaba na súa nenez. Dende o equipo de dinamización preparamos unhas unidades didácticas do Magosto, para que ao longo da semana os compañeiros traballasen con elas nas aulas. 2.- NADAL: No Festival de Nadal realizado o día 21 de decembro, o alumnado participou con bailes, panxoliñas, obras de teatro, e ao rematar o festival cantamos todos una panxoliña aprendida na clase de Música. 3.-DIA DA PAZ O Día da Paz é unha celebración conxunta de todo o alumnado do colexio. O equipo de Orientación preparou unhas unidades didácticas para que os titores as traballaran nas aulas. Os traballos realizados serviron como decoración e ambientación. O día 30 de xaneiro reunímonos nos corredores do colexio e cantamos e bailamos a cantiga preparada pola mestra de Ed. Musica. O lema deste ano foi: “Bicos e frases”.
  • 16. 4.-ENTROIDO Esta festa arraigada na nosa comunidade, seguirá tendo como obxectivo seguir afondando no coñecemento dos distintos entroidos de Galicia. Ten unha programación desenvolvida durante toda a semana do 24-28 de febreiro. Este curso colexio está inmerso nun programa de convivencia, no que o colexio é un barco de pesca, os mestres somos os capitáns e os alumnos son diferentes peixes, que simbolizan a colaboración, esforzo, … Durante toda a semana realizaremos as ordes do meco: LUNS: Ti xa verás como … pero o luns quero verte con gorro. MARTES: Non che son días correntes, O martes hai que vir con lentes. MÉRCORES: Todo o cole que se plante! No pescozo poñemos una peza elegante. XOVES: Estou ledo coma un mandril. O xoves toca mandil!. O venres 28 de febreiro faremos una programación espacial, para celebrar esta festividade: obradoiro de máscaras ( xa fixemos esta actividades no curso pasado e como resultou tan ben repetirémola), merenda, pasa rúas e festa. Na merenda haberá degustación de fillos, flores, orellas,… feitas polas familias e que todos compartiremos no patio a hora da merenda. Despois teremos o desfile de disfraces cun baile e pasa rúa polo colexio e remataremos cunha festa - baile. Ademais, o noso centro en colaboración coa Entidade Menor de Bembrive e o Centro Cultural Helios, participará na celebración do desfile de comparsas que terá lugar na alameda de Bembrive o vindeiro9 de marzo. O alumnado, profesorado e pais/nais reúnense no patio do colexio (para subir ata a alameda) e desfilan polas rúas da parroquia ata chegar a alameda, onde haberá a exhibición de disfraces e posterior baile. A colaboración dos pais/nais baséase non só na súa asistencia ao festival do colexio e desfile senón tamén na elaboración e confección dos traxes. 6.- LETRAS GALEGAS O día das Letras Galegas do 2014 está dedicado a Xosé Mª Díaz Castro. O colexio ambientarase con traballos e motivos relacionados coas letras galegas e co autor o que se dedica. Colocaranse os carteis polos corredores, a vista de todo o alumnado do centro.
  • 17. 7.- PREMIOXOSÉ Mª DÍAZ CASTRO Ao alumno que, segundo o seu titor/a fala máis e mellor en galego, recibe Para escoller aos premiados, os titores ao longo do curso e cando ven que un alumno se expresa en galego recibe “un tesouro”, que é unha pedra de cores. O alumno que en cada clase ten máis tesouros, é o elexido. O mesmo día do festival entrégase tamén o premio ao alumno/a de cada nivel que o seu titor/titora considere que fala máis e mellor en galego. Este premio denomínase co nome do autor homenaxeado cada ano. A cada premiado entrégaselle un Diploma conmemorativo así como un agasallo de libros en galego. 8.- XOGOS FLORAIS Retomamos, a organización da XXII edición dos Xogos Florais, dirixido aos pais/nais, ex alumnos e alumnado do colexio. Neste concurso literario, participa toda a comunidade educativa, e contamos coa colaboración do profesorado do IES Carlos Casares e IES Ricardo Mella, xa que son os centros que acollen o maior número do nos alumnado. Os traballados poden ser presentados en prosa ou en verso. Son os titores os que fan unha primeira selección dos traballos dos seus alumnos. Para escoller os traballos premiados reúnese o equipo de dinamización lingüística. Os premios entréganse o día do festival das Letras Galegas. Consiste nun diploma e un lote de libros en galego. 9.- OS MAIOS A popular celebración dos maios na nosa comunidade, leva consigo o recitado e canto de cancións por parte da xente que os celebra. O maio significa o espertar da natureza, a celebración da primavera con flores, froitos e comida. A xente construía un maio e ía polas casas cantando e pedindo diñeiro ou comida. Este ano e para ampliar o traballo feito no curso pasado, tentaremos dende o equipo de Dinamización afondar na unidade didáctica sobre o Maios. Tamén realizaremos un concurso de cantigas. Coincidindo cos maios as mestras de Ed. Infantil, Comisión de Festas de Infantil e todo o alumnado farán unhas alfombras florais. Será a VIII edición das Alfombras Florais do Mosteiro-Bembrive. Aínda está pro decidir o tema deste curso. Contía estimada para a realización das actividades escolares: 1.300€
  • 18. D.- OUTROS PROXECTOS 1.- VIAXE AO CALADOIRO DA CONVIVENCIA. Un ano máis o centro vai traballar nun proxecto común para todo o colexio. No curso 2012-13 foi “Os nosos avós”, no curso 2012-13 foi “Green-City” e o aforro de enerxía. Para o presente curso estamos a desenvolver un proxecto de convivencia no que pretendemos traballar co alumnado de todo o centro. Encamiñado a prevención, queremos que cada alumno e alumna se sintan partícipes de todas as actividades e se impliquen na aventura dun buque pesqueiro ( o colexio) que sae a faenar, no mar da convivencia, para capturar peixes, que serán os hábitos, valores e actitudes. Este proxecto englobará a todas as materias e implicará a toda a comunidade educativa. Estamos a decorar o colexio, con axuda das familias, coma se fose un barco. Todo o colexio vaise disfrazar dun peixe ou especie mariña: polbos, sardiñas, estrelas de mar, medusas, tartarugas mariñas,… e os profesores disfrazarémonos de capitáns. 2.- PROXECTO DE COLABORACIÓN ENTRE O COLEXIO E O ATENEO MUSICAL DE BEMBRIVE. Un ano máis a Banda de música do Ateneo Musical ven colaborando co Colexio Mosteiro - Bembrive O obxectivo desta colaboración está encamiñada ao achegamento da Banda de Música ao público escolar e, por outro lado a participación do alumnado do colexio na Escola de Música xestionada pola Banda, e máis tarde pasar a formar parte de dita Banda. Neste curso xa veu no mes de outubro a impartir un concerto aos alumnos de 1º-2º e 3º de primaria. Ao mesmo tempo dende a aula de Educación musical desenvolveranse diferentes actividades. A experiencia demostrou que despois dos concertos feitos no colexio son moitos os alumnos que se animan a recibir educación musical no Ateneo. Esta colaboración está a permitir un achegamento do alumnado do colexio en particular e da comunidade educativa en xeral á Banda de Música do seu barrio. Nas actividades programadas conxuntamente pola profesora de música do colexio e o director da Banda de Música, tratan de amosar pezas da música tradicional galega e pezas que exploren os diferentes xeitos de expresión musical ( expresión vocal, expresións instrumental , expresión corporal e danza). Nalgunha destas actividades tanto a banda como a mestra de música ensaian a mesma peza e nos concertos hai unha interpretación conxunta das mesmas.
  • 19. Este proxecto que naceu no curso 2006-07 e dados os resultados acadados e tendo en conta o compromiso tanto dos responsables da Banda coma da mestra de música do colexio consideramos que debe continuar como un referente de colaboracións entre as dúas entidades. 3.- XORNAL ESCOLAR “O ANACO” O periódico realizarase, se acadamos presuposto para a súa realización, coa colaboración de todo o profesorado e coa coordinación do EDL. Recolle todas as actividades realizadas polo alumnado ao longo do curso. A súa tirada é duns 300 exemplares que son repartidos entre a comunidade escolar, entidades veciñas e culturais de Bembrive e persoas relacionadas co centro durante toda a súa traxectoria. Durante o presente curso elaborarase o exemplar Nº 56 do xornal escolar o ANACO. Obxectivos desta actividade: 1.- Achegar ao alumnado ó mundo dos medios de comunicación. 2.- Potenciar a presenza do galego nos medios de comunicación. 3.- Achegar a familia ao galego a través das producións literarias do alumnado. 4.- FESTA DE EDUCACIÓN INFANTIL Unha comisión constituída por pais/nais do alumnado e coa colaboración do profesorado de Ed. Infantil fai posible a realización mensual da festa de Ed. Infantil. O último venres de cada mes celébranse os aniversarios dos nenos nacidos nese mes. A programación presentada pola comisión de Festas de Ed. Infantil para realizar ao longo do curso 2013-14 é a seguinte:  Cantigas populares teatralizadas.  Obras de teatro  Teatro de sombras.  Elaboración das alfombras florais.  Colaboración na festa de graduación do alumnado de 5 anos.
  • 20. O obxectivo desta actividade e: . Involucrar ás familias no desenrolo das actividade escolares. . Ensinar aos alumnos/as hábitos saudables de alimentación e consumo. . Bos modais na mesa. . Introducir ao alumnado de Ed. Infantil no galego dun xeito lúdico. 5.- XXII edición EXPOSICIÓN DE LITERATURA INFANTIL-XUVENIL No presente curso realizaremos a XXII edición da exposición de literatura. O obxectivo desta exposición é orientar á comunidade educativa na compra dos libros máis axeitados para os nenos/as, tendo en conta a súa idade e gustos literarios. O Equipo de Biblioteca en colaboración co EDLD solicita ás distintas editoriais ás publicacións máis recentes de literatura infantil e xuvenil. Unha vez recibido o material, móntase na última semana do mes de novembro unha exposición no ximnasio do colexio. Os libros son agrupados por niveis educativos coas publicacións máis recentes de literatura infantil e xuvenil e material de consulta axeitado a idade dos nonos alumnos/as e títulos de sempre que atraen á lectura dos mesmos. Unha vez organizada e preparada, cada titor visita e exposición cos seus alumnos/as para que estes manipulen e analicen o material alí exposto. En cada mesa hai unhas follas de pedidos para que poidan anotar aqueles libros que lles gustaría mercar, así como unha folla de propostas dos alumnos para que o centro os merque. A exposición está aberta polas tardes para que os pais/nais tamén poidan ver o material exposto. Soamente no último día pódense mercar os libros expostos. Coincidindo coa exposición o alumnado do 3º ciclo preparan representacións, teatro lido ou recitado de poemas para o alumnado de cursos inferiores. 6.-TABOLEIRO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA “ MIRAO EN GALEGO” O taboleiro de D.L situado na planta baixa do colexio, camiño da sala de profesores vainos a servir para dar a coñecer todas aquelas novas de actualidade relacionadas con oso idioma: - O que se está a facer sobre películas feitas en Galicia: actores, actrices. - Documentais feitos por directores e directoras galegos. - Recortes de prensa con contido de interese para a comunidade escolar - Páxinas web
  • 21. - Exposición de aqueles traballos que, consideremos, teñan interese para ser lidos ou vistos. - Traballos feitos por outros centros - Xornais e revistas de interese. 7.- ESCOLA POPULAR A coordinadora do EDL coordina a ESCOLA POPULAR, está formada por un grupo de país interesados en colaborar co colexio para transmitir ao alumnado a importancia e riqueza do noso patrimonio e cultura. Neste curso funcionarán dous obradoiros de cocina galega, relacionados e coincidentes con cada una das festas que se celebran no centro. Un obradoiro dirixido ao alumnado de 1º-2º de primaria. O outro ao alumnado de 3º-4º-5º e 6º de primaria. Tamén tentaremos facer un obradoiro de recuperación e elaboración de xoguetes tradicionais. 8.- CALENDARIO ESCOLAR O Equipo de Dinamización organizou un calendario con fotos de todo o alumnado. Este ano dedicado a agricultura familiar. Cada clase estivo traballando con refráns e ditos populares referidos aos froitos que aparecen no calendario. 9.- COLONIAS Preténdese organizar estancias en réxime de residencia nunha instalación axeitada de Galicia ( residencias de verán, albergues,...) que permita programar visitas preto do aloxamento e realizar actividades lúdicas, deportivas, culturais ecolóxicas e de lecer cun marcado acento galego. Contía para a realización destas actividades: 2.100€
  • 22. E.- ASPECTOS A DESTACAR DO PROXECTO .- Implicación activa dos membros da comunidade educativa. O centro conta cunha ampla participación das familias que colaboran activamente nas distintas actividades que presentamos ao longo do proxecto. De feito hai actividades que están dirixidas pola coordinadora do equipo de dinamización, pero son os país os que as imparten como é a Escola Popular e a Festa de Ed. Infantil. Tamén participan nos Xogos Florais, nos xogos populares do magosto, nos maios, nos conta contos mensuais que se organizan na biblioteca do colexio e son impartidos por diversas nais que, forman parte da comisión de biblioteca Así mesmo a participación do profesorado en tódalas actividades é dun 100%. Aínda que están coordinadas polo Equipo de D.L. a realización do traballo nas aulas así como a primeira valoración e selección dos traballos do alumnados é labor do profesorado. Por exemplo nos Xogos Florais, son os titores os que seleccionan os mellores traballos, xa sexa en prosa ou en verso, e despois o equipo de dinamización escolle aos premiados. Tamén na Xincana literaria, todo o profesorado participa na organización. Cada titor coa axuda dos seus alumnos fai un artigo para o xornal escolar. .- Potenciación das competencias activas sobre as pasivas Tendo en conta que o noso alumnado é maioritariamente castelán falante, dende o centro tentamos organizar actividades que potencien que os alumnos se expresen en galego. Destacar o obradoiro de Teatro, o obradoiro de Faladoiro, o obradoiro de Prensa, así como as representación que os alumnos de 5º e 6º de primaria preparan, para representar para o alumnado de Ed. Infantil e 1º ciclo de primaria. .- Fomento do uso do galego a través das TIC. O fomento do uso do galego a través das tecnoloxías da información e a comunicación acadámolo mediante diferentes vías. O colexio conta cunha páxina web totalmente en galego na que se pon en coñecemento de toda a comunidade educativa información sobre as actividades realizadas durante o curso así como outros datos de interese. As clases de informática impartidas nas distintas etapas desenvólvense integramente en lingua galega. Do mesmo xeito á hora de traballar os diversos contidos das diferentes áreas contamos con múltiples recursos e material TIC en galego como por exemplo o corrector ortográfico de galego, a utilización do procesador de texto Open office, diccionarios e vocabulario en rede, variedade
  • 23. de páxinas web como www.orella.pendella.org, www.galiciahoxe.com, a páxina web da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, etc. Por outra banda ao longo do curso realízanse dous obradoiros impartidos en galego que están estreitamente relacionados co emprego das TIC. “Deseño os meus traballos” e o obradoiro de “Prensa” nos que se desenvolve principalmente a competencia dixital e tecnológica grazas a aprendizaxe do uso de programas informáticos como procesadores de texto cos que se aprende a enmaquetar textos e dar formato ás produccións dos nenos. Xa por último, e en estreita colaboración co Equipo de TICs do centro, estánse a desenvolver a nivel dos distintos ciclos os blogs de aula que se incluirán na páxina web do colexio. .- Colaboración con outras institucións para potenciar o uso do galego - Entidade Local Menor -Participación no proxecto de colonias. - Entroido de Bembrive: Cada clase participa cunha comparsa no desfile organizado pola Entidade menor así como una comparsa composta por pais/nais do alumnado: facendo a presentación de cada comparsa, un cartel co nome da comparsa, en moitas ocasión investigando no Entroido máis enxebre, para potenciar a cultura galega e tamén escollendo música galega para o desfile das comparsas. - Sendeirismo: en colaboración coa entidade menor facemos co alumnado rutas de sendeirismo pola zona para coñecer os elementos etnográficos, estudo dos muíños da zona así como o estudo da flora e fauna do Sendeiro do río Eifonso. - Centro Cultural Helios de Bembrive - Organizamos o Festival das Letras Galegas no auditorio do centro cultural, para poder ter un maior aforo e deste xeito poder espallar mellor as actividades que facemos en prol de divulgar a cultura galega. - Colaboración coa súa Biblioteca: O colexio entrégalle libros doados por familias, ANPA ou outras asociacións, e deste xeito facilita e potencia a lectura en galego. - Ateneo musical de Bembrive - A banda do Ateneo ven dar concertos didáctico ao colexio para motivar aos alumnos na linguaxe musical e no coñecemento de pezas musicais da cultura galega.
  • 24. - Colaboración con outros centros educativos. - IES CARLOS CASARES e IES RICARDO MELLA -Mantemos unha colaboración fluída cos mestres que imparten galego nos dous IES para motivar aos ex -alumnos a participar no concurso dos Xogos Forais. Tamén colaboramos na celebración dunha xornada de portas abertas e de convivencia, para que os alumnos de 6º coñezan aos compañeiros e mestres que van a ter na ESO. - ESCOLA DE IDIOMAS DE VIGO Un pai do centro é o coordinador de dinamización da escola de idiomas de Vigo. El sirve de nexo de unión para informarnos de novas da escola, de cursos de formación do profesorado, así como de material impreso e libros que poden ser de interese para a nosa comunidade educativa. .- Realización de actividades plurianuais. Como xa indicamos anteriormente varias das actividades que organizamos son plurianuais. Os Obradoiros teñen unha programación que precisa de 9 cursos para que todo o alumnado do centro pase por todos e cada un dos obradoiros . Para que sexan máis participativos e permitan a manipulación e experimentación, cada curso desdóbrase en dous.
  • 25. LISTADO DE OBRADOIROS IMPARTIDOS NO CURSO 2013-14 CICLOS CURSO OBRADOIRO COMPETENCIAS Ed. Infantil 3 anos Percusión e Movemento Cultural e artística Autonomía e iniciativa persoal 3 anos Manipulo e exploro Coñec. e interación co mundo físico. C.Matemática e lingüística 4 anos Xogos populares Social e cidadá Cultural e artística 4 anos Educación viaria Social e cidadá. Autonomía e iniciativa persoal 5 anos Arte na aula Cultural e artística Social e cidadá 5 anos Filosofía na aula Aprender a aprender. 1º CICLO 1º A Aprender xogando C.matemática Aprender a aprender 1º B Coidamos o noso entorno C. e int.co mundo físico. Aprendo a aprender 2º Faladoiro C.Lingüística 2º Horto C. e int. co mundo físico. 2º CICLO 3º Xogamos coa ciencia Coñ. e interación co m. físico. 3º Teatro C.Lingüística 4º Cociña Autonomía e iniciativa persoal C.Matemática 4º Papiroflexia Cultural e artística Autonomía e iniciativa persoal 3º CICLO 5º Inicio nos instrumentos de debuxo. C.Matemática. Cultural e artística. 5º Zume de neuronas Aprender a aprender. C. matemática 6º Deseño os meus traballos C. dixital e tecnolóxica- C. lingüística e cultural e artista. 6º Prensa C. Lingüística
  • 26. Diversificación de actividades ao longo do curso. Como se pode observar no cadro resumo das actividades organizadas polo Equipo de D.L. a meirande parte das actividades desenrólanse ao longo do curso e so algunha levarase a cabo no mes das Letras Galegas.
  • 27. ANEXO II CADRO RESUMO DAS ACTIVIDADES QUE PRECISAN ORZAMENTO TEMPORA ACTIVIDADE RESPONSABLES DESTINATARIOS ORZAMENTO MATERIAL ACTIVIDADES COTIÁS Todo o curso Biblioteca Responsable B.E. Titores Alumnos 350€ Libros Material funxible Conta contos Todo o curso Obradoiros Mestre que imparten o obradoiro. Alumnos 550€ Material para levar a cabo os obradoiros: alimentos, pinturas, CD, xornais,teas,… ACTIVIDADES CELEBRACIÓNS ESCOLARES Todo o curso Magosto Nadal Dia da Paz Entroido L.Galegas Os Maios Mestres C. Educativa 600€ Material funxible para a decoración. Flores, CD, material para decorado, agasallos,… 2º Trimestr e Xogos Florais E.D.L. C. Educativa 400€ Agasallos Diplomas L.Galega s Premio Xosé Mª Díaz E.D.L. Alumnos 300€ Diplomas Agasallos Libros OUTROS PROXECTOS 2º-3º trim. Viaxe ao caladoiro da convivencia Mestres Toda a comunidade 150€ El. material Todo o curso Ateneo Musical IES Coord.. D.L. Toda a comun. 100€ Elab.de material. Transporte Agasallos Todo o curso Festa Ed. Infantil Comisión Pais/nais Mestras de Ed. Inf. Alumnado Inf. 400€ Material para as obras de teatro. Agasallos Nadal Graduación 5 anos e orla. Todo o curso Taboleiro D.L D.L. Toda a Com. 200€ Todo c Es. Popular D.L. Alumnado 200€ Para as receitas 1º trim. Calendario D.L. Comunidade 400€ Impresión O longo do curso Xornal Escolar Titores, alumn Coord. D.L. Toda a común. 650€ Impresión periódico IMPORTE TOTAL DOS PROXECTOS ………………………… 4.300€
  • 28. A coordinadora do proxecto. Teresa Rodríguez Parada comprométese a desenvolver as actividades programadas no caso de obter o financiamento suficiente. Vigo a 13 de febreiro de 2014. Teresa Rodríguez Parada. Mª Isabel Alvar Coordinadora de E.D.L Directora do Ceip Mosteiro-Bembrive. Visto e prace.
  • 29. ANEXO III Declaración de axudas solicitadas e concedidas para o mesmo proxecto. Dona Isabel Alvar en nome e representación do centro de ensino Ceip Mosteiro Bembrive de Vigo con CIF Nº S8600075I, declara baixo a súa responsabilidade:  Non ter solicitadas outras axudas para o proxecto obxecto da solicitude. Así mesmo, comprométome a comunicarlle ao gabinete de Normalización Lingüística de Pontevedra calquera nova solicitude, concesión ou pagamento que se produza con posterioridade a esta declaración e, en todo caso, antes do cobramento da/s axuda/s correspondente/s a esta solicitude. Igualmente declaro baixo a miña responsabilidade, non estar incursa en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiaria recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007 do 13 de xuño de subvencións de Galicia. E para que conste, para os efectos oportunos, asino esta declaración. Vigo, 13 de febreiro de 2014. Asdo. Isabel Alvar Directora do Ceip Mosteiro- Bembrive.