• Share
  • Email
  • Embed
  • Like
  • Save
  • Private Content
Teoría elemental sobre as cores
 

Teoría elemental sobre as cores

on

  • 647 views

 

Statistics

Views

Total Views
647
Views on SlideShare
645
Embed Views
2

Actions

Likes
0
Downloads
4
Comments
0

1 Embed 2

http://n1plastica.es 2

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Adobe PDF

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

    Teoría elemental sobre as cores Teoría elemental sobre as cores Document Transcript

    • A COR. COR É A SENSACIÓN RESULTANTE DA TRANSFORMACIÓN QUE FAI O CEREBRO DA LUZ EMITIDA POLOS ESTÍMULOS VISUAIS E TRANSMITIDA EN FORMA DE ONDA LUMÍNICA. A luz branca natural está composta de radiacións de diversas lonxitudes de onda, a cada unha delas corresponde unha determinada cor. O espectro de ondas lumínico que percibe o ollo humano oscila entre as 7.600 Ao (7.600 unidades Amstran) do maxenta e as 4.300 Ao do violeta. Por riba das 7.600 Ao están as radiacións infravermellas e os raios X, as ondas con unha lonxitude inferior ós 4.300 Ao corresponden á radiacións ultravioletas. Newton, o científico da manzana e a lei da gravedade, foi o primeiro en experimentar que a cor atópase unida á luz. Colocóu un prisma de vidro na traxectoria dun raio solar para comprobar que a descomposición da luz branca orixina o espectro cromático (igual que o arco da vella). AS CORES NOS CORPOS. A percepción cromática e un fenómeno subxectivo no que interveñen de maneira primordial os factores fisiolóxicos do espectador, pero a cor depende tamén do modo en que o obxecto iluminado reacciona á luz: 1. Cando un corpo está iluminado pola luz solar pode difundir totalmente e de igual maneira tódalas radiacións, a superficie entón aparece de cor branca. 2. Pode absorber algunhas e difundir outras (por exemplo, si un corpo se ve de cor vermella implica que absorbeu tódalas radiacións lumínicas excepto a do vermello que a refracta). 3. Pode absorber tódalas radiacións (polo tanto non difunde ningunha e o corpo verase de cor negra, ausencia de cor). Dado que as distintas fontes de luz facilitan diferentes radiacións, un mesmo corpo verá a súa cor transformada según a procedencia luminosa. Do que derivan as diferencias de coloración dos obxectos se se someten a unha luz natural ou á dunha lámpada eléctrica. Non todas as fontes devolven da mesma maneira as cores. Sen luz non hai cor, e as cores son unha parte desa luz. CORES PRIMARIAS E SECUNDARIAS. 1. COR LUZ. A cor producida pola luz incidente. Ten como cores primarias o VERMELLO, O VERDE E O AZUL. As súas combinación produce mesturas aditivas: 1.1. MESTURAS ADITIVAS: Prodúcense cando se combinan o vermello, o verde e o azul, dando como resultado outra cor de maior intensidade lumínica que a de cada unha das cores orixen, xurde da suma dos caudais luminosos. Caracterízanse por un aumento no valor (intensidade) da cor resultante. A SUMA DAS TRES CORES PRIMARIAS DA O BRANCO 1.1.1. O VERMELLO e o AZUL crean por mestura aditiva o MAXENTA 1.1.2. O VERMELLO e o VERDE crean o AMARELO 1.1.3. O VERDE e AZUL crean o CIAN. -
    • 1.2. MESTURAS SUBTRATIVAS: Ten por cores básicoas o Cián, o Amarelo e o Maxenta, e por secundarios o vermello, o azul e o verde (ó contrario das mesturas aditivas). A mestura de dúas primarias sustractivas orixinan unha cor de menor intensidade lumínica. A combinación das tres primarias produce a cor Negra. 1.2.1. O MAXENTA e o CIÁN crean por mestura sustrativa o AZUL 1.2.2. O MAXENTA e o AMARELO crean o VERMELLO 1.2.3. E o AMARELO o CIÁN crean o VERDE. 2. COR PIGMENTO. A cor producida pola luz reflexada. O tratamento empírico das cores, a maneira en que as cores se comportan cando as manipulamo equivale a mesma reaccion que as mesturas sustractivas. Por iso, a efectos prácticos nós debemos de entender o comportamento das cores, en pintura ou calquera outra técnica que utilice cores matéricos, tal como reacionan as mesturas sustractivas. CÍ RCUL O CROMÁ T I CO CORES CORES PRIMARIAS SECUNDARIAS deseño de A. Sanmartín -
    • CARACTERÍSTICAS DAS CORES. 1. TONO. É cada unha das cores primarias puras. Técnicamente defínese como a medida cualitativa da lonxitude de onda da cor. A cada medida distinta de lonxitude de onda lumínica corresponde unha cor diferente. Lonxitude de onda é a distancia entre dous puntos da onda lumíca que reproducen o mesmo movemento ondulatorio. A cor que ten maior lonxitude de onda é o vermello (7.600 Ao) e a de menor a violeta (4.300 Ao). 2. VALOR. Unha cor ten maior grado de valor cando está no seu maior grado de pureza, a medida que perde valor a cor aproxímase ó negro. Nun laboratório, cun espectómetro poderíamos observar que unha mesma lonxitude de onda (por exemplo a do amarelo) ten distintas amplitudes, a cada unha destas amplitudes dunha lonxitude de onda correspondelle un valor e intensidade de luz. A amplitude de onda é "a barriga" ou grado de curvatura da onda dentro dunha determinada lonxitude de onda. Exemplo: Vermello + Branco ---------> Disminue a Saturación. 3. SATURACIÓN ou INTENSIDADE. Unha cor ten maior grado de intensidade cando está no seu maior grado de pureza, a medida que perde intensidade a cor aproxímase ó branco. Exemplo: Vermello + Negro ----------> Disminue o valor INTERRELACIÓN DAS CORES. A percepción das cores é sempre relativa. Para percibir unha cor tal cal é, e non como se manifesta xunto a outras, sería necesario aillala, que non houbera inxerencias cromáticas distintas. Dúas cores que no campo visual percebímolas xuntas, si teñen o mesmo valor compiten en intensidade, e no ollo tenden a "saltar", a competir pola predominancia visual. Dúas CORES COMPLEMENTRARIAS cando están xuntas tenden a realzar mutuamente o seu cromatismo. LEI DE CONTRASTE. Se o ollo se satura de ver unha cor, tende a ver a súa complementaria. CORES ANÁLOGAS son as contíguas no círculo cromático. Cando nunha composición están próximas, tenden a atenuarse mutuamente. Reaccionan de forma contraria que as cores complementarias. Defínese unha GAMA CROMÁTICA como a composición realizada con cores análogas. Definimos unha DEGRADACIÓN CROMÁTICA cando a unha cor lle desminuimos o seu valor ou a súa saturación. Rebaixamos a súa capacidade de reflexar a luz. -
    • ... MAIS CARACTERÍSTICAS CROMÁTICAS. 4. MATIZ. É o grado de pureza da cor. Depende do aillamento da onda reflexada. Cando o estímulo reflexa únicamente unha lonxitude de onda a cor que se percebe é pura, pero si refracta máis combínanse (por exemplo un 70 % de azul cun 30 % de verde) resultando outras variantes (todas as cores secundarias, terciarias, etc.). 5. PESO. 6. TEMPERATURA. Cores frías e quentes. 7. RELEVO. A temperatura e o relevo están moi relacionados, as cores calídas son saintes (relevo hacia fora), as cores frías son entrantes (sensación de lonxanía).A sensación de relevo non é so sicolóxica, con determinadas cores producense unhos efectos ópticos nos ollos que realmente fannos ver unhas cores sobre outras. Para percibir as cores con lonxitude de onda larga o ollo necesita pechar a entrada de luz, contraendo os músculos ciriaís do cristalino, elo significa o aumento da curvatura concava da retina o que produce un efecto de lente de aproximación. Pola contra as cores frías necesitan ter os músculos do cristalino plano. -
    • EXERCICIOS COAS CORES 1) Representar con cores frías un obxecto sobre fondo cálido, e viceversa, representalo con cores quentes sobre un fondo de cores frías. 2) Exercicio vidriera. Fondo con cores frías ou quentes e figura con cores quentes ou frías. 3) Cores Complementarias. Competencia visual de cores complementarias do mesmo valor. 4) Circulo Cromático. 5) Matiz.  Composición con cores complementarias.  Composición con cores análogas  Composición con unha cor entonadora  Contrastes de matices con valores aproximadas. Distintas cores, todas ca mesma intensidade de luz. Expl.: Cores pastel 6) Valor.  Crontrastes acromáticos  Partindo dunha cor modificala com brancos e negros (gama cromática).  Contrastes cromáticos sobre fondo negro (recomendable as ceras e non as témperas) 7) Saturación. Mesturas dunha cor con análogas ou con neutras. 8) Peso. Equilibrios de masas: lixeiros, pesados. 9) Relevo.  Cálidos sobre fríos (relevo)  Fríos sobre cálidos (profundidade) 10) Temperatura.  Cálidos.  Fríos  Unha cor fría co resto cálidas.  Unha cor cálida xunto a outras todas frías 11) Ritmos cromáticos. 12) Mesturas ópticas. Puntillismo, veladuras. -