XUNTA DE GALICIA         CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN                                           AXUDAS LIBROS E MATERIAL PARA ...
d) O centro deberá comprobar que toda a documentación estea completa. Unha vez    introducida os datos xerarase un vale qu...
A documentación que se achegue deberá ter validez no momento da presentación dasolicitude.O centro educativo poderá requir...
 No caso de falecemento dalgún dos proxenitores que convivan co causante, acreditarase a    circunstancia mediante un cer...
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Circular libros 12 13

189

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
189
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0
Actions
Shares
0
Downloads
1
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Circular libros 12 13

  1. 1. XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN AXUDAS LIBROS E MATERIAL PARA O CURSO 2012/2013 E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa CURSO 2011/12AXUDAS Á ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, MATERIAIS CURRICULARES E MATERIALDIDÁCTICO E COMPLEMENTARIO. CURSO 2012/13O 1 de xuño de 2012, publicouse a Orde de 30 de maio de 2012 pola que se convocan axudas áadquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementariopara o curso 2012-2013.O contido desta Orde estará exposto no portal educativo da consellería no seguinte enderezo:www.edu.xunta.es/web/axudaslibros. Tamén quedará exposta na páxina web do IES Nº1 de AEstrada (www.edu.xunta.es/centros/iesnumero1estrada).Ademais destas posibilidades para poder coñecela, este centro ten a ben enviar esta circularna que se da a coñecer os puntos máis importantes:Requisitos Para ser beneficiarios é necesario cumprir os seguintes requisitos:a) Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado durante o curso 2012/2013 e non repetir curso neste ano académico.b) Ter una renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros. Para determinar a renda per cápita familiar terase en conta o disposto no artigo 6 da Orde.Lugar e prazo de presentación de solicitudes.a) A s solicitudes, segundo anexo I da Orde, entregaranse nos centros docentes en que estea matriculado o alumnado. Presentarase unha solicitude por alumno/a matriculados.b) As axudas serán solicitadas polos pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado. Por cada alumno ou alumna só se concederá unha axuda por curso escolar, con independencia de que puidese estar escolarizado sucesivamente en dous ou máis centros sostidos con fondos públicos no curso escolar 2012/2013.c) O prazo de presentación de instancias para o alumnado de ESO que formalice a matrícula no prazo ordinario será do 25/6/2012 ao 25/7/2012, ambos inclusive. Para o alumnado de ESO que formalice a matrícula no prazo extraordinario será do 1/9/2012 ao 1/10/2012, ambos inclusive. Para as novas incorporacións de alumnado que se produza ao longo do curso, con posterioridade aos períodos anteriores, sempre que no curso escolar non estivese matriculado con anterioridade nun centro público, o prazo será de un mes e contarase a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. En todo caso, o prazo para presentar a solicitude para as novas incorporacións terá como data límite o 31/3/2013. Rúa da Piscina, s/nº - 36680 A Estrada - Telf.: 986 57 20 54 - ies.numero1.estrada@edu.xunta.es
  2. 2. d) O centro deberá comprobar que toda a documentación estea completa. Unha vez introducida os datos xerarase un vale que deberá ser selado e asinado polo director e entregado á persoa solicitante. Transcorrido o prazo de tres meses desde o día seguinte ao da presentación da solicitude sen que o centro poña a disposición da persoa solicitante o correspondente vale, esta poderá entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo. Terá un mes para interpor recurso potestativo, ou ben directamente interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses.e) O centro prestará asesoramento ás persoas interesadas para que cubran as solicitudes de xeito correcto e acheguen a documentación requirida por esta Orde.Solicitudes e documentación.a) As instancias poderán obterse nos centros, Xefaturas Territoriais de Educación e en formato pdf no portal educativo: www.edu.xunta.es. Unha vez cuberta a solicitude deberá presentarse, xunto coa documentación necesaria, debidamente asinada polo pai/nai/titor/a do alumnado. Todo isto sen prexuízo da sinatura por parte do resto dos membros da unidade familiar que obteñan ingresos, excepto nos supostos de separación ou divorcio, nos cales poderá omitirse a sinatura do proxenitor que non teña a custodia do menor.b) Xunto coa solicitude presentarase orixinal e copia da seguinte documentación (coa fin de verificación da autenticidade da copia. Os orixinais serán devoltos):  Libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar. No caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar, en día 31 de decembro de 2010, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse un documento do número de membros da unidade familiar, tales como Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante; Certificado ou volante de convivencia; Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do Concello de residencia que acredite a situación familiar.  No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude deberá presentarse un dos seguintes documentos que acrediten estaa circunstancia en 31 de decembro de 2010: Certificado emitido polo órgano competente do grao de minusvalidez cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%; Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, ou documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou un retiro por incapacidade permanente.  No caso de situación de violencia de xénero no ámbito familiar: documentación acreditativaO alumnado de educación especial unicamente deberá presentar a solicitude de axuda. Oalumnado cunha minusvalidez igual ou superior ao 65%, só ten que presentar a certificaciónemitida polo órgano competente xunto coa solicitude da axuda. Rúa da Piscina, s/nº - 36680 A Estrada - Telf.: 986 57 20 54 - ies.numero1.estrada@edu.xunta.es
  3. 3. A documentación que se achegue deberá ter validez no momento da presentación dasolicitude.O centro educativo poderá requirir das persoas solicitantes, en calquera momento, aclaraciónda documentación presentada.Contía das axudasSegundo a reda per cápita familiar no ano 2010:  Familias monoparentais: ata 6.000,00 euros 180 euros; Desde 6.000.01 ata 9.000,00 euros 104 euros. Resto das familias: ata 5.400,00 euros 180 euros; Desde 5.400,01 ata 9.000,00 euros 104 euros.O alumnado matriculado en educación especial en centros específicos ou en unidades deeducación especial en centros ordinarios, así como o que presente unha minusvalidez igual ousuperior ao 65%, que solicite a axuda e que cumpra os requisitos desta Orde recibirá unimporte de 250 euros, con independencia da renda per cápita familiar.Os menores que se encontren en situación de garda, tutela ou atención de día pola Xunta deGalicia recibirán a axuda máxima correspondente ao ensino e curso en que esteanmatriculados, e non terán que acreditar os datos da unidade familiar nin do nivel de renda.Determinación da renda familiar  Con referencia á situación familiar en 31 de decembro de 2010 considéranse que forman a unidade familiar: o Os pais non separados legalmente e, se for o caso, o titor outitora, ou a persoa encargada da garda e protección do menor. o Os fillos ou fillas menores de idade, con excepción dos emancipados. o Os fillos ou fillas maiores de idade con discapacidade física, psíquica ou sensorial ou incapacitados xudicialmente, suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada. o Os fillos/as solteiros menores de 25 anos que convivan no domicilio familiar.  Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os descendentes que convivan con eles, e que reúnan os requisitos do dito anteriormente. Esta situación deberá acreditarse documentalmente mediante o correspondente xustificante de empadroamento. Rúa da Piscina, s/nº - 36680 A Estrada - Telf.: 986 57 20 54 - ies.numero1.estrada@edu.xunta.es
  4. 4.  No caso de falecemento dalgún dos proxenitores que convivan co causante, acreditarase a circunstancia mediante un certificado de defunción.  Os casos de separación ou divorcio acreditaranse mediante sentencia xudicial ou convenio regulador onde conste a custodia do/a menor.  No caso de separación ou divorcio dos proxenitores con custodia compartida acreditada mediante sentencia xudicial, as rendas de ambos proxenitores incluiranse dentro do cómputo da renda familiar.  En casos especiais en que a unidade familiar non estea conformada do xeito establecido no punto 1 deste artigo, deberá achegarse xustificante de empadroamento en que figure o/a alumno/a polo que se solicita a axuda e todos os familiares que convivan con el, ou certificado dos servizos sociais do municipio que o acredite.  Nos supostos en que o causante da axuda sexa un menor en situación de acollemento, será de aplicación á familia de acollida o disposto nos puntos anteriores.  Para os menores que se encontren en situación de garda, tutela ou atención de día pola Xunta de Galicia, a solicitude deberá ser formulada polo director do centro de menores correspondente.Tramitación das solicitudesRecibidas as solicitudes o centro docente procederá á súa tramitación. Despois da validacióninformática xerarase un vale que despois de ser selado e asinado polo director será entregadoá persoa solicitante.Adquisición dos libros de texto, materiais curriculares e material didácticocomplementario.O solicitante deberá asinar o vale no momento da recpción do material, dando a súaconformidade. O importe total do vale só poderá ser utilizado nun únco establecemento.Prazo para a tramitación dos valesOs vales deberán ser entregados nas librarías o antes posible, o prazo remata o 7/4/2013. Rúa da Piscina, s/nº - 36680 A Estrada - Telf.: 986 57 20 54 - ies.numero1.estrada@edu.xunta.es

×