Webs Dinámicas, web nos centros educativos baseadas en Software Libre

Loading...

Flash Player 9 (or above) is needed to view presentations.
We have detected that you do not have it on your computer. To install it, go here.

0 comments

Post a comment

    Post a comment
    Embed Video
    Edit your comment Cancel

    Favorites, Groups & Events

    Webs Dinámicas, web nos centros educativos baseadas en Software Libre - Presentation Transcript

    1. Ousli – Ourense software libre I XORNADAS DE SOFTWARE LIBRE NO ENSINO Sábado, 20 de Outubro de 2007 José A. Martínez e José L. Barreiro Asesores Técnicos da Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos
    2. O proxecto QUÉ • Conxunto de aplicacións preinstaladas no espazo web de cada centro educativo, que lles permitirá construir os seus propios portais educativos e aulas virtuais dun xeito sinxelo en contorno web. • Paquete de aplicacións actuais: – DRUPAL – MOODLE – COPPERMINE – PHPWEBQUEST (próximamente) A QUÉN • centros educativos galegos de ensino non universitario
    3. O proxecto POR QUÉ • Necesidade de espazos web colaborativos • As páxinas web estáticas carecen de futuro no ámbito educativo • Evitar que a web do centro sexa únicamente o froito do traballo persoal dun profesor voluntarioso • Conveniencia do software libre • Ferramentas que non esixan unha alta cualificación técnica dos usuarios • Eliminar as diferenzas entre centros en función da cualificación técnica do seu profesorado. • Convertir a “web do centro” nun “portal para a comunidade educativa”.
    4. Soporte • Instalación completa desde Servizos Centrais • Asesoramento inicial “in situ” para a posta en marcha • Disponibilidade dun portal de referencia con foros, talleres e mensaxería • http://centros.edu.xunta.es/formaciondrupal • websdinamicas@edu.xunta.es • Mantemento e actualización das aplicacións de xeito centralizado
    5. O paquete de ferramentas • Probáronse e valoráronse distintas opcións. Entre outras, analizáronse as seguintes: – Joomla, Typo3, Guppy e Drupal como ferramentas para o portal educativo – Gallery2 e Coppermine como ferramentas para a galería web – Dokeos e Moodle como ferramentas de aulas virtuais • Criterios que decantaron a elección final – Adecuación ás características da plataforma e os servidores da Consellería de Educación – Niveis de seguridade soportados – Dispoñibilidade de actualizacións e novas versións – Probas de rendemento realizadas polos administradores de sistemas da Consellería de Educación.
    6. O proceso Xaneiro de 2006 • Primeiras probas cun único centro piloto Xuño de 2006 • Valoración positiva dos resultados obtidos • Planificación do proxecto para facelo extensible ó resto de centros educativos • Boa acollida do proxecto na presentación realizada nas xornadas “A ciencia e os libros”, en Santiago de Compostela. Setembro de 2006 • Iníciase o proxecto con 50 centros públicos de educación infantil, primaria e secundaria • Comenza o asesoramento “in situ” nos centros seleccionados, por parte dos asesores. Decembro de 2006 • As solicitudes desbordan as previsións iniciais, a pesar de non ter feita aínda ningunha presentación oficial. Abril de 2007 • Supérase a cifra de 100 centros adscritos ó proxecto e aumentan as solicitudes. • Realizase a primeira actualización das máquinas na área de sistemas da Consellería de Educación. • Non sen certos atrancos, a actualización realízase satisfactoriamente. • Confírmase a solidez e viabilidade do proxecto. Xullo de 2007 • Superamos os 170 centros adscritos ó proxecto. • Realízase a actualización centralizada das aplicacións DRUPAL e MOODLE sen problemas Na actualidade • Chegóu o momento da implantación masiva do Proxecto de Web’s Dinámicas • Comenza a organización da presentación oficial do proxecto e a convocatoria das primeiras xornadas para a formación e o intercambio de experiencias.
    7. Presente e futuro O presente : solicitar o proxecto • Os centros educativos envían un correo electrónico a uac@edu.xunta.es solicitando a participación no proxecto • Realízase, desde a Consellería de Educación, a instalación do paquete completo das ferramentas de Web’s Dinámicas no espazo web do centro. • Envíanselle ó centro as claves de acceso ó portal de soporte do proxecto de Web’s Dinámicas • Un asesor ponse en contacto co centro para determinar os días e horas do asesoramento inicial “in situ”. O futuro • Implantación do proxecto en tódolos centros que o soliciten • Deseño dun Plan de Formación estructurado • Establecemento dunhas xornadas anuais para a formación e o intercambio de experiencias entre os centros adscritos ó proxecto.
    8. Drupal Drupal é un sistema de xestión de contidos (CMS: Content Management System) co que dun xeito sinxelo, cómodo e en liña se pode manter un espacio web dinámico. Permite o traballo colaborativo de distintos roles de usuarios para que dun xeito uniforme creen, xestionen, publiquen e actualicen contidos. É modular, de xeito que podemos aumentar as súas funcionalidades engadindo módulos. Crear contidos e tan sinxelo como encher formularios que o usuario pode publicar en menús simplemente seleccionando as opcións de saída. Características Personalización de temas (aspecto) e menús Usuarios por roles Control de acceso Control de publicación de contidos Creación de bloques e menús a medida Contidos: Páxinas, Imaxes, Libros en liña, Foros, Blogs persoais, Enquisas, Cuestinarios. Contidos personalizados,... Drupal constrúiese a base de módulos. Os centros adscritos ao proxecto deberán respetar os módulos propostos pero poderán propoñer a instalación doutros de interés xeral para os centros que se incluirán no modelo estandar xeral de instalación do proxecto.
    9. Moodle Moodle coñécese básicamente coa unha plataforma de teleformación desenvolta en software libre e inspirada en principiuos constructivistas. Moodle é unha potente ferramenta de xestión de contidos que permitirá elaborar cursos en líña, no que o profesorado xestionará dun xeito sinxelo as actividades do alumnado, dende a elaboración de contidos e materiais, a resolución de tarefas e cuestionarios, a participación en foros e wikis, ou a avaliación. Incorporamos Moodle ao proxecto para que o profesorado dispoña dunha ferramenta coa que xestionar o contidos das áreas educativas no traballo diario e presencial na aula. Como espazo para elaborar unidades didácticas, repositorio de documentos, espazo colaborativo, de intercambioe comunicación. Pode ser así mesmo unha ferramenta moi importante para a realización de tarefas complementarias, espazo de consulta ou estudo dende o fogar, seguimento das familias das tarefas dos fillos e fillas. Características Control de acceso de usarios por roles: administrador, creadores, titores, alumnado e invitados personalizados Importa HotPotatoes, Jclic, Scorn... Copias de seguridade , restauración, reinicio ou exportación de cursos Avaliación e/ou autoavaliación automática Mensaxería interna Contidos: Páxinas, Etiquetas, Ligazóns, Cuestionarios, Leccións, Talleres, Wikis, Tarefas, Foros, Xornais, Webquest,...
    10. Coppermine Coppermine é unha Galería de Imaxes en contorno Web. Nela pódense crear Categorías e Albumes para clasificar distintas fotografías, imaxes ou animacións. A administración e sinxela con distintos niveis de usuarios e permisos. Pode personalizarse o aspecto mediante distintos temas que se incorporan. Características Niveis de roles de usuario Organización do contido categorías, subcategorías e albumes Albumes públicos e privados Permite emitir valoracións de imaxes, comentarios e máis vistas Límites de tamaño de imaxes Opción de redimensionamento automático de imaxes Visonado manual ou automático de albumes Contidos: Imaxes, son e video
    11. PhpWebQuest (v:3.0) PhpWebQuest é unha sinxela ferramenta que nos permite a elaboración de webquest, minquest e búsqueda do tesouro segundo unha serie de formularios que teremos que ir completando dun xeito sinxelo Webquest: logo de escoller unha plantilla personalizable e de clasificar a nosa proposta , crearemos unha webquest cunha serie de apartados: Introducción, Tarefas, Procesos, Avaliación e Conclusións. Para a caza do tesouro partiremos dunha introducción, dunhas preguntas, uns recursos e finalmente trataremos de responder a Gran pregunta. Características Roles de administrador e creador. Xestión de nivei e areas eduacitvas de clasificación de contidos Copias de seguridade Importar e exportar webquest Websquest moderadas (publicación restrinxida) Impresión de webquest Personalización de logos Contidos: Webquest, Miniquest, Caza do Tesouro
    12. Exemplos DRUPAL CEIP Alexandre Rodríguez (Noia, A Coruña) CEIP Antonio Carpintero (Arbo, Pontevedra) IES de Esparís (Brión, A Coruña) IES A Sangriña (A Guarda, Pontevedra) IES María Sarmiento (Viveiro, Lugo) IES Marta Guisela (O Barco, Ourense) MOODLE IES A Sangriña (A Guarda, Pontevedra) COPPERMINE CEIP Pio XII (Santiago de Compostela, A Coruña) CEIP Alexandre Rodríguez (Noia, A Coruña)
    13. Webs Dinámicas http://centros.edu.xunta.es/formaciondrupal websdinamicas@edu.xunta.es

    + ousli07ousli07, 3 years ago

    custom

    1963 views, 0 favs, 3 embeds more stats

    More info about this document

    © All Rights Reserved

    Go to text version

    • Total Views 1963
      • 1886 on SlideShare
      • 77 from embeds
    • Comments 0
    • Favorites 0
    • Downloads 42
    Most viewed embeds
    • 59 views on http://centros.edu.xunta.es
    • 16 views on http://encontros.ousli.org
    • 2 views on http://blogueando-lls.blogspot.com

    more

    All embeds
    • 59 views on http://centros.edu.xunta.es
    • 16 views on http://encontros.ousli.org
    • 2 views on http://blogueando-lls.blogspot.com

    less

    Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
    Flag as inappropriate

    Select your reason for flagging this presentation as inappropriate. If needed, use the feedback form to let us know more details.

    Cancel
    File a copyright complaint
    Having problems? Go to our helpdesk?

    Categories