Perspectivas de la realidad desde los medios de comunicacion frente los medios de la Cultura libre

Loading...

Flash Player 9 (or above) is needed to view presentations.
We have detected that you do not have it on your computer. To install it, go here.

0 comments

Post a comment

    Post a comment
    Embed Video
    Edit your comment Cancel

    Favorites, Groups & Events

    Perspectivas de la realidad desde los medios de comunicacion frente los medios de la Cultura libre - Presentation Transcript

    1. Perspectivas da realidade dende os medios de comunicación fronte os medios da cultura libre. Manuel Vilariño Vázquez
    2. A realidade non é o que realmente existe , senón o que os individuos creen que existe, por moi absurdo, ilóxico ou irracional que pareza. O que os individuos aceptan e creen é o real (Fernández-Ríos, 1999). A opinión sobre unha determinada problemática pode non ser realmente verdadeira, pero se os individuos a consideran real, terminará tendo consecuencias reais .
    3. Wright : Os conceptos fabrícanse. As categorías que empregamos nas teorías sociais,...son produto dos seres humanos... os conceptos nunca veñen sinxelamente dados polo mundo real como tal , senón que son sempre o produto dalgún tipo de proceso intelectual de formación de conceptos.
    4. A Discusión e expresión dos puntos de vista do público (ou os públicos) sobre os asuntos de interese xeral, dirixidos ao resto da sociedade e, sobre todo, ao poder (Monzón, 1987). A opinión pública é o complexo de preferencias expresadas por un número significativo de persoas acerca dun tema de importancia xeral (Hennessy, 1975).
    5.  
    6. Ao seu xeito e, moitas veces, independentemente da vontade dos individuos constrúen e publican as novas , obxecto de debate.
    7. Círculo vicioso
    8. A opinión pública vai xerando unha realidade sobre unha determinada problemática, intervida polos medios de comunicación Construcción de realidade social
    9. A repetición constante das mesmas mensaxes pode conducir a crenza de calquera realidade. Pratkanis e Aronson (1994): As masas consideran verdade aquela información que máis oen repetir...A repetición de mensaxes, imaxes e eslogans sinxelos pode crear o noso coñecemento do mundo, definindo o que é verdade e concretando cómo conducir a nosa vida.
      • A obxectividade pura non existe , mais até que punto podemos agardar obxectividade por parte dos medios de comunicación?
      • Os medios son excravos:
      • Principios ideolóxicos
      • Grupos de poder, estruturas de poder
      • Índices de Audiencia.
      • Excravizan ao seu público
    10. Impoñen unha determinada perspectiva da realidade. Mediante o proceso de construción das novas, oriéntannos acerca de qué queremos saber, qué necesitamos saber e que deberíamos saber (Tuchman, 1983)
      • McCombs e Shaw, 1972.
      • Principio central: Os medios de comunicación de masas fixan a axenda dos problemas e temas dos que se ocupará a audiencia e inflúen en cómo eses temas serán percibidos e considerados pola población.
      • A audiencia ten liberdade restrinxida no intre de acceder a información
    11. Similaridade coa que determinadas problemáticas son tratadas e interpretadas polos diferentes medios (concentracción de grandes medios en poucas mans). Percepción da existencia de posicións hexemónicas que se chegaran a asumir debido á influencia normativa
      • Gerbner, 1990.
      • Suxeitos
      • Realidade Mass Media
      • A percepción da realidade do entorno:
      • Correspóndese co que realmente acontece?
      • Está mediatizada pola Televisión ?
      • Diezhandino, Bezunartea e Coca (1994):
      • O 97,1% dos xornalistas investigados creen que en España hai profesionais dos medios de información que cobran diñeiro de empresas, institucións e organizacións por difundir informacións favorables .
      • Os medios de comunicación de masas (Durandin, 1993):
      • Non pretenden unha obxectividade pura.
      • Engánanos e méntennos.
      • Aniñan en todos os sistemas políticos.
      • Menten, enganan e desinforman acerca do pasado, do presente e do futuro.
      • Xogan coa verdade cando interesa e coa mentira cando resulta preciso.
      • Empregan unha dobre linguaxe, tanto para xustificar o inxustificable como para non xustificar o realmente xustificable.
    12.  
    13. “A verdade non coñece nin pai nin nai, pois trátase dalgo ambiguo que calquera individuo, medio de comunicación ou quen sexa pódese apropiar dun xeito máis ou menos sesgado. Xa que logo, se a VERDADE, con maiúsculas, non existe, sempre temos que andar procurando verdades particulares en múltiples lugares” (Fernández-Ríos)
      • No 2006, Proxecto “Freedomdefined.org ”: Definición de obras culturais libres.
      • Traballos libres permiten as seguintes liberdades :
      • 1. Empregar o traballo e gozar dos beneficios do seu uso.
      • 2. Estudar o traballo e aplicar o coñecemento adquirido.
      • 3. Facer e redestribuír copias, totais ou parciais, da información ou expresión.
      • 4. Facer cambios e melloras, e distribuír os traballos derivados.
    14. “Unha cultura libre apoya e protexe a creadores e innovadores. Esto faino directamente concedendo dereitos de propiedade intelectual. Pero faino tamén indirectamente limitando o alcance destes dereitos, para garantir que os creadores e innovadores que veñan máis tarde sexan tan libres como sexa posible do control do pasado” (Cultura Libre,Lawrence Lessig).
      • A distribución dixital de información permite un intercambio de contidos entre persoas a milleiros de Km.
      • A persoa pode ser á vez emisor e receptor de información e cultura (fronte aos medios tradicionais).
      • Calquera pode difundir o seu pensamento e opinión de xeito doado e cun custo razonable (Blogs, Youtube, redes P2P, etc.).
      • Fréanse algunhas das consecuencias da concentración de medios en poucas mans.
      • Os medios de comunicación democratízanse; accesibles ao conxunto da cidadanía.
      • Somos receptores e emisores de información desde moi diferentes lugares e perspectivas.
      • Novo modelo de comunicación: Mass Self-Communication (Manuel Castells)
    15. Este novo modelo + Cultura libre
    16. Implicacións:
      • As novas obxecto de debate na opinión pública pode crealas calquera : unha problemática determinada pode darse a coñecer sen agardar a atención dos medios.
      • A persoa selecciona qué información emitir e cal recibir: qué quere saber, qué necesita saber e qué debe saber. Frente á selección da axenda.
      • O individuo pode empregar, copiar, cambiar, criticar, mellorar, distribuír, etc. esa información.
      • Evítase a transmisión de posicións hexemónicas sobre un determinado tema: multiplicidade de perspectivas e de fontes.
      • Elimínanse parte das consecuencias que supón o papel de filtros da realidade que exercen os medios.
      • O individuo como creador e consumidor selectivo de cultura e información
      • Posibilidade:
      • Cidadanía máis informada e máis difícil de manipular.
      • Opinión pública máis informada e con maior capacidade crítica.
      Realidade social máis libre, variada, innovadora, de pensamento diverxente frente a pensamento único.
    17. Un exemplo: O caso Trent Lott
    18. ......se a VERDADE, con maiúsculas, non existe, sempre temos que andar procurando verdades particulares en múltiples lugares..... Esta novo modalidade de comunicación tamén é susceptible de intoxicación, de facto, presentan moitas das limitacións dos anteriores pero destacan polo papel activo que posibilitan a cidadanía: aumentando a participación cidadá na reflexión colectiva. Non todos estes medios encaixan dentro dun formato de cultura libre.
      • O desenvolvemento das novas tecnoloxías están a provocar profundos cambios no xeito de acceder, empregar e crear a cultura.
      • Internet como instrumento de promoción, difusión e distribución de contidos altera a relación tradicional autor-usuario (elimínanse custos de intermediación).
      •   A cidadanía opta en masa a copiar e deixar copiar contidos, malia caer en moitos casos na ilegalidade ( Redes de intercambio P2P:75-85% do tráfico en internet ).
      • Frente a este proceso liberalizador , industrias de contidos e entidades de xestión defenden a legalidade vixente e procuran novos métodos legais e técnicos para evitalo.
    19.  
    20.  
    21. Por unha banda, industria de contidos e entidades de xestión defenden unha CULTURA DO PERMISO coa fin de protexer ao artista, creador ou innovador e a calidade dos produtos artísticos e técnicos. Procurando un proteccionaismo legal maior ante as novas posibilidades que ofrece internet. Por outra banda, a defensa da cultura libre entende que a liberalización de contidos xunto coas posibilidades que ofrece internet abren o camiño cara unha sociedade altamente creativa e innovadora .
    22. Ambas perspectivas aparentemente defenden a creatividade e a innovación....mais... as entedidas de xestión e industrias de contidos defenden certamente a creatividade e a innovación ou protexen tan só os seus intereses económico?
      • A liberalización da cultura:
      • Non implica unha pérdida de calidade nin unha diminución na producción de contidos artísticos e técnicos.
      • O fluxo de contidos (cultura, información) pode favorecer a aparición de novos artistas e contidos incluso superior a xa existente.
      • Artistas e contidos serían froito da liberdade de intercambio de información e axustaríanse máis ao verdadeiro gusto do cidadán (consumidor activo).
      • A cultura estaría accesible non só ao que pode pagala.
      • Novos mecanismos de financiamento(p.ex. Software libre).
    23. Polo tanto, o argumento de pór trabas a distribución dixital de información co obxectivo de que a sociedade dispoña de máis e mellores contidos artísticos e técnicos non está claro . Industrias de contidos e entidades de xestión deberían adaptarse a un mundo no que a cultura flúa libremente en beneficio público.
      • Exemplos existosos de cultura libre:
      • Vieiros
      • 20 minutos, ADN...
      • Proxectos da Fundación Wikimedia: Wikipedia (Galipedia).
    24. Nunca na historia existira a posibilidade de exercer un papel tan activo no desenvolvemento da cultura nin na construción da realidade social . A liña divisoria emisor-receptor desdibúxase.

    + ousli07ousli07, 3 years ago

    custom

    981 views, 0 favs, 1 embeds more stats

    More info about this document

    © All Rights Reserved

    Go to text version

    • Total Views 981
      • 980 on SlideShare
      • 1 from embeds
    • Comments 0
    • Favorites 0
    • Downloads 22
    Most viewed embeds
    • 1 views on http://encontros.ousli.org

    more

    All embeds
    • 1 views on http://encontros.ousli.org

    less

    Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
    Flag as inappropriate

    Select your reason for flagging this presentation as inappropriate. If needed, use the feedback form to let us know more details.

    Cancel
    File a copyright complaint
    Having problems? Go to our helpdesk?

    Categories