• Share
  • Email
  • Embed
  • Like
  • Save
  • Private Content
Traballo Galego
 

Traballo Galego

on

  • 1,005 views

 

Statistics

Views

Total Views
1,005
Views on SlideShare
986
Embed Views
19

Actions

Likes
0
Downloads
2
Comments
0

2 Embeds 19

http://tesourosdosavos.blogspot.com 10
http://tesourosdosavos.blogspot.com.es 9

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Microsoft PowerPoint

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

    Traballo Galego Traballo Galego Presentation Transcript

    • TRABALLO DOS AVÓS
      • Alba Fernández Alfonso
      • 2ºBach.E Nº6
    • Os protagonistas do meu traballo son eles…
    • Belarmina María Vicente Fernández Nacida o 4-10-1925
      • Narciso Alfonso Rebollar
      • Nacido o 21-03-1918
    • No ano 1936, chega a Guerra Civil Española
    •  
      • O meu avó tiña aproximadamente 18 anos cando comezou a guerra.
      • “ A miña quinta estaba na guerra. Eu estaba reclamado, de cada catro irmáns tiñan que ir dous, de cada tres ou dous, tiña que ir un. Eu estaba reclamado co Pepiño. Despois chegou unha contraorde, que de catro irmáns, só un. ”
      • A súa nai decidIu que fora o seu irmán Pepiño, aínda que estaba casado, xa que o meu avó estaba solteiro e era quen gañaba diñeiro para a casa.
      • Contan que aquí na Guarda non chegou a Guerra en sí, pero, por exemplo, había fusilamentos na Pasaxe.
      • Pasaron moita fame e viviron moi mal.
      • Os meus avós casaron despois da Guerra Civil, na época de fame. A miña avoa conta:
      • “ Menuda a que pasamos, o teu avó gañaba oito pesetas ó día traballando xa de albanel, non de peón. Eu traballaba de madrugada, de día e de noite. De xornal, a lavar e blanquear roupa, lavei para sete casas. Despois a baleirar pozos éticos dos gardas e levalos na cabeza. Pola tarde a cavar patacas. Pasamos moita fame, moita ”
    • Diñeiro daquela época
      • “ O meu pai marchara a Huesca a traballar nunha telleira e estalou a Guerra Civil e non puido volver a casa. Os roxos, como os chamamos nós, leváronno a tirar e estivo abandonado polos montes moitos anos sen nós saber del ni el de nós, nin escribía…¡Eu que sei os traballos que el pasaría polas montañas! ”
      • “ Un día, unha muller que lavaba a roupa dos presos que chegaran á Pasaxe e a Oia, díxolle a miña nai que o seu home estaba en Oia porque tiña a roupa co seu nome, pero non era. Un día, mentras ela estaba no xornal, no campo, dixéronlle que o seu home estaba na casa pero ela non o cría. Papá chegou cun papel só, sen diñeiro, sen comer, sen beber e cunha barba enorme que tiña ata piollos. Negriño, velliño…
      • Chegou a casa porque ó chegar a Tui recoñeceu a Paca, pero ela non o recoñecía e ata escapaban del. Ela prestoulle a súa axuda. Eu estaba de niñeira, con once anos, e viñéronme dicir que o meu pai estaba na casa. Efectivamente era el. Eu dinlle un bico malamente porque daba medo miralo e miña irmá Carme dicía que non era o noso pai, que ese era un roxo. Nunca máis volveu estar ben desde aquela, viña intoxicado e contoume que pasaran fame, sede e ata bebían do seu mexo e comían herba polo monte adiante. Papá non era vello e mamá tería corenta anos máis ou menos. Estivo desaparecido sobre sete anos, sen saber nada del.
      • Durante ese tempo que non estivo, mamá gañaba o xornalciño para manternos e os meus irmáns ata andaron a pedir polas casas, eu non que me daba vergonza. Éramos sete irmáns, naceu unha meniña que morreu con nove meses porque non había o que hai hoxe para coidar os nenos, papá non a coñeceu. Chamábase Milagritos. ”
      • Os meus avós contáronme que na época da Guerra mirábanse moitos soldados e que moitos quedaron por aquí na Guarda e casaron.
      • Había tres ou catro campamentos na subida do monte e en Camposancos. Estiveron durante toda a Guerra e máis tempo, ata que todo se normalizou, porque o fogo da Guerra aínda non acabara.
    • Soldados da Guerra Civil
      • “ Despois da Guerra, como a cousa aínda estaba así así, tiven que ir a mili outra vez. Estiven catro anos en África, en Tetuán. Despois foi cando a cousa apagou e volvín a casa ”
      • “ En África eramos tres compañías, un batallón. Pasamos moita fame. Daban dous pedaciños de pan ó mediodía e un tiña que ser para a noite. Moitas veces tiña a idea de ir á taquilla comer o pedazo de pan para a noite e logo, tiña que ter moito coidado para que non me miraran cear sen pan. Pola mañá non comíamos nada. ”
      • Para que non saíran a pasear por Tanger (porque estaban en tendas de campaña nun monte), ó lado de Tetuán, o batallón preparaba unhas migas de pan. Quen quixera comer tiña que esperar ata tarde e despois xa ninguén saía porque se facía tarde. Era a fame que tiñan, porque as migallas de pan non eran gran cousa.
      • Ás veces, as rúas dos mouros, vendíanse figos chumbos, que eran moi malos pero a fame podía con todo.
      • Contoume que a xente falaba sobre as mulleres que ían coa cara tapada, como hoxe en día.
      • Moitos dicían que era cousa da súa relixión, pero outros moitos, opinaban que ían tan tapadas para que os españois non se namoraran delas
      • “ Pero ó volver a casa, pouco despois, mobilizáronme a mili outra vez, dandome a elexir entre Tui e Vigo. Eu decidín ir para Tui, que estaba máis preto da casa. Estiven alí máis dun ano, con outro amigo chamado Sasá ”
    • Foto do meu avó con outros soldados na mili
      • “ O día da festa do Carme, queriamos ir a casa polas festas e pedímoslle permiso ó sarxento pero dixo que non había permiso para ninguén. A compañía estaba arrestada e non podíamos facer nada. Pero acordámonos dos cabos e un de Ourense, Mouriño, fixo que estabamos cando pasou lista. Ao luns tiñamos que volver. Pero non había coches e fomos a pé desde Tui eu mailo Sasá .”
      • “ Para volver tivemos que ir cun home no seu carro de levalo peixe, pero ó chegar a costa de Amorín, díxonos que tiñamos que baixar. Fomos a pé desde alí e ó chegar presentámonos ó cabo ”
      • A miña avoa díxome tamén que ademais do mal da guerra tivo unha infancia dura posto que tiña que traballar e tamén coidar dos seus irmáns. Ademais, os seus pais non a deixaban saír co que sería o meu avó
    •  
      • Despois de casados, foron vivir para Camposancos e contan que alí pasaron moita moita fame.
      • Contáronme algunhas das cousas que lles pasaron durante aquela dura época de postguerra:
      • O meu avó traballaba no monte, na estrada, no ensanche das curvas. Seguía gañando oito pesetas. Unha vez a miña avoa, mentres lle levaba a comida na cabeza, tropezou e lastimouse nunha perna. Nesa época non había médicos e tivo que baixar do monte ferida. Hoxe en día aínda ten a cicatriz
      • “ Tiña que atrevesar polo monte para ir levarlle a comida ó meu home. Un día con temporal, caiume a comida que levaba nunha cesta e a miña nai tívome que dar o pouco que tiña para que el puidese comer, ademais xa tiña a nena e tiña que levala conmigo ”
      • Un día o meu avó e o seu xenro, que traballaba con el, faltaron ó traballo e foron comer pan de broa a unha tenda. Pediron un quilo de pan cada un e tiveron que pagar as oito pesetas do xornal do día. Ó acabar, conta que tiñan máis fame có entrar.
      • E esta foi a historia que os meus avós recordan e me contaron. Os anos da Guerra Civil e os seguintes foron os máis duros da súa vida. Foi unha época realmente difícil…
      • … que queda no seu recordo e seguramente nunca olvidarán.
      • Fin