O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)

1,387 views
1,301 views

Published on

Published in: Technology, Business
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
• Be the first to comment

• Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
1,387
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
66
Actions
Shares
0
Downloads
6
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide
• O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)

1. 1. O TESOURO DOS NOSOS AVÓS
2. 2. MANUEL RIVEIRO SILVA

Ten 75 anos. O seu pai

era portugués e a súa

nai era filla de

portugueses.

O que máis lle gusta é

comer e durmir.

3. 3. OS SEUS PAIS

O seu pai era de Vilacoba, Portugal. Como di el: “ do país dos escudos ”. O seu pai emigrou para España cando tiña 19 anos para non ir a mili, e eran considerados fuxidos. Nesa época moitísima xente emigraba cara España dende Portugal para non facer o servicio militar. Seu pai, cando chegou a España estivo moito tempo vivindo na casa dun cura. Permaneceu alí ata que se casou.

A súa nai era filla de portugueses.

Cun sorriso, díxonos: “ Eu son un portughués por todos os lados, un portughés puro ”.

4. 4. A RELACIÓN COS SEUS PAIS

“ Os meus pais eran moi bos, aínda que meu pai tiña un problema de alcol. A miña nai era unha muller moi boa, que sempre escapou dos homes que bebían e ó final acabou casando cun pirico ”. O seu pai comezou a beber dende moi novo. “ Cando bebía na casa, nos pasabámolo moi mal, porque moitas veces intentaba pegharlle a nosa nai ”. Cando el e todos os seus irmáns se casaron, a súa nai enfermou e deulle unha trombose cerebral. “ Con iso, o meu pai cambiou. Non bebeu nada mentres a miña nai estivo enferma. Foi un sacrificio de última hora ”. O seu pai estivo así ata que morreu a súa muller.

5. 5. O SEU TRABALLO

“ C omecei a traballar con só 9 anos, porque a miña familia foi sempre da aldea. De cativo, andaba polo monte buscando leña, ou ía co burro ata Baiona para buscar arghazo. Marchaba pola mañá e cheghaba a Baiona ó mediodía porque antes non había ninghún camiño, e os burros ghiábanse por unha especie de bonecos, cos que sabían perfectamente cando tiña que parar. E cando volvía prá casa tiña que axudar a meus pais nas leiras ”.

Cando casou as cousas melloraron un pouco, según el: “ Non sei se pra mellor ou pra peor, xa que aínda recordo que algunhas noites tiven que pór as patacas cunha portátil ”.

Antes de casar gañaba 60 pesetas, e despois de casado comezou a ganar 68. “ Así foi a nosa vida ”.

6. 6. A ESCOLA

“ Eu fun á escola dende cativo ata que tiven 20 anos ”. Foi algo que nos sorprendeu moito porque antes moita xente maior abandonaba os seus estudos moi cedo para traballar e axudar na casa. “ Eu ía traballar todo o día, e logho, pola noite, sobre as 8 da tarde, ía a unha escola de pagho, dependendo do día, entre dúas e tres horas ”. Tiñan a obriga de ir todos os días a escola, como agora, e castigábanos moito se faltaban algún día e non podían xustificar esa falta. A súa escola estaba na Mariña. Segundo don Manuel: “ Íamos a escola todos os días, coma parviños ”.

7. 7. A FAME

“ Na miña casa pasouse moita fame porque o meu pai a partir dos 23 anos non puido seghuir traballando, xa que tivo un accidente ”. A familia de Don Manuel non tiñan moitos recursos. A comida mais común na súa casa eran os xurelos, xurelos salados. “ Comprábase unha caixa moi ghrande de xurelos, salabanse e comíamos iso un ou dous meses seghidos ”. Non tiñan moita variedade na comida. “ Había que aforrar ” dinos el.

Tamén comían “ xisos ” (guisos) de bochadas de becerras que se compraban na carnicería.

Don Manuel comentounos: “ o que comíamos nós antes, é o que hoxe se lle dá ós cans ”. Díxonos que antes había moitísima fame en case todas as casas.

A comida da súa casa, definiuna como “ manjares especiales ”.

8. 8. “ NON TIÑAMOS MOITO TEMPO LIBRE ”

Nós tiñamos bastante curiosidade en saber que facían os nosos maiores para entreterse no seu tempo libre, e cando lle fixemos esa pregunta, don Manuel contestounos:“ o amor non, porque daquela non se facía ”.

Antes, eles ían á alameda, ó cine, ó partido,... e cando se metía o sol tiñan que ir para a casa. “ Os mozos deitábamos moi pronto, porque ó día seghuinte tiñamos que madrughar para ir traballar, sen importar que fose domingo ou festivo ”.

Ademais, despois de cear e antes de ir para a cama tiñan que rezar o rosario e un montón de padrenuestros. Iso só era na casa dos pais, porque cando casou e se mudou para a súa casa foi un costume que perdeu, porque segundo el: “ xa saímos mais xudeus ”.

9. 9. OS EMIGRANTES

“ Na miña familia tiveron que emighrar varias persoas. A miña irmá Flora marchou para Francia, e a miña prima Alicia emighrou cara a Alemaña (primeiro marchou o home e despois de 2 anos, marchou ela cos seus fillos)”. Despois don Manuel engadiu: “ As cousas non lles foron como eles querían ”. O home dunha tía súa tamén tivo que emigrar a Francia con 2 fillos e logo alí tivo outros dous.

10. 10. OS ANTIGOS MARIÑEIROS

“ Antes A Guarda era moi pobriña. Os mariñeiros non tiñan máis ca ghamelas e que só tiñan barcos os ricos. Cando facía mal tempo, tiñan que permanecer sen ir ó mar, e algunhas veces víanse na situación de ter que pedir para poder comer ”.Por outro lado, don Manuel engadiu que: “ Os que tiñan leiras, si que tiñan comida, e ademais facían unha gran fornada de pan, que repartían entre todos os pobres, cun pouco de caldo ”.

“ Os mariñeiros vivían moi mal ”, díxonos el. “ Pero as cousas melloraron cando comezou a haber máis barcos. Cheghou a un punto no que os mariñeiros ghañaban máis cós de terra .”

11. 11. AS VODAS

As vodas antes eran moi diferentes as de agora. “ A nosa voda foi nun cabanón, nunha casa vella que nos deixaran e a vaixela era prestada. Iso para a xente que era pobre, porque os ricos tiñan vodas por todo o alto, con grandes festas e comida. E nós tivemos que pagar 3.000 pesetas, que daquela era moito ”. Ademais, “ a nosa lúa de mel foi erguerse o día seguinte ás 8 da mañá para freghar todos os bancos, as olas, lavar a louza e poñela nunha cesta para devolvela ós seus donos ”.

Don Manuel casou o 9 de febreiro de 1961 cando tiña 24 anos.

12. 12. O FRANQUISMO

Don Manuel non nos quixo falar moito do franquismo, porque para el resultaba un tema moi difícil de explicar e recordar. Soamente nos quixo dicir algo que o marcou moito: “ Franco foi o primeiro en porlle as pagas ós vellos, algo ó que grazas aghora vivimos moito mellor ”.

A muller de Don Manuel díxonos, para axudar un pouco o seu home, : “ Esa foi unha época moi dura para todo o mundo ”.

13. 13. AS DIFICULTADES DE SER MULLER

“ Antes non era o mesmo que agora ter un fillo ”. Don Manuel contounos que antes, cando unha muller quedaba embarazada de solteira, ninguén a quería. “ Eu coñezo unha moza, que quedou embarazada dun novio, e que non podía saír da casa polo que ía dicir a xente, e logho, grazas a un veciño, marchou do pobo e foi vivir para Vigo, onde coñeceu a outro mozo, casou e tivo 2 fillos máis. O que a salvou foi mudarse, porque se chega a quedarse aquí nunca ía casar ”.

14. 14. LENDAS

“ A única lenda que recordo é a que me contou o meu pai cando fixen 7 anos. Díxome que dúas persoas fixeran unha aposta de ver quen era capaz de ir ó cemiterio ás doce da noite só. Ningún dos dous era capaz de cumprila. Pero un día un atreveuse. Foi ó cemiterio, e cando estivo dentro a outra persoa púxolle por fóra un ferro

na porta para rirse un pouco del, pero como levaba unha capa, enganchouse no ferro e cando se dispuxo a marchar sentiu que alguén lle tiraba pola capa e co susto tremendo que levou morreu ”.

15. 15. O ANTIGO SAMAÍN

“ Antes, cando viña a xente moi tarde da ighrexa, había uns mozos que collían os mullóns (melóns), facíanlle uns buratos formando a boca e os ollos, púñanlle unha vela dentro e deixábanos no medio das leiras para asustar a xente; e moitas veces conseghíano, porque antes os camiños estaban moi escuros ”.

Todo iso é algo moi parecido ó que hoxe en día se fai en distintos lugares de Galicia o 31 de outubro.

16. 16. PRIMEIRO PEGABAN, E LOGO ESCOITABAN

Unha das historias que mas nos gustou das que nos contou don Manuel foi a que lle ocorreu un día cuns amigos.

“ Estabamos paseando pola pasaxe, cando saíron uns curas do Colexio dos Xesuítas e dixéronnos que entrasemos a comer un chocolate, que era gratis. Entramos e cando quixemos marchar para non chegar tarde a casa, os curas non nos deixaron porque tiñamos que ir á misa. Tivemos que esperar a que acabara a misa. Ó chegar á casa, os nosos pais non nos deixaron falar, e déronnos unha malleira. O día seghinte, cando nos deixaron falar, xa levaramos pau porque antes os pais primeiro peghaban e logho escoitaban ”.

17. 17. “ Ó FINAL, QUEDEI SEN SAIR ”

“ Unha tarde, xusto antes de saír a buscar a miña moza, miña nai obrighoume a ir buscar un melón á nosa leira. Como tiña présa, collín un melón da primeira leira que atopei. Cando cheghei á casa, a miña nai decatouse de que non era un melón dos nosos, chamou o meu pai, que me perseguiu por todo Salcidos co cinto. Ó final, tirei o melón roubado nunha leira e tiven que ir buscar un dos nosos. Cando volvín prá casa quedei castighado sen saír .”

18. 18. Mª TERESA GONZÁLEZ RODRÍGUEZ

Chámanlle “Sita”.

Ten 75 anos. Os seus avós e os seus pais eran naturais da Guarda.

O que máis lle gusta é coser e ver as novelas.

19. 19. A SÚA FAMILIA

“ A miña era unha familia normal. Os meus pais eran naturais da Guarda. Tiven 5 irmás e todas traballaban menos as máis pequenas. Tiñamos que ir buscar auga á fonte, lavar a roupa, cociñar, limpar,...”. Ademais dona Teresa tamén nos dixo: “A miña nai encargábase do bar da familia, e o meu pai era mariñeiro”.

20. 20. O SEU TRABALLO

“ Eu traballei toda a miña vida. Comecei a traballar dende moi nova, no bar da familia, porque sempre había moito que facer. Sempre estiven rodeada de tixolas e de bandexas, aínda que eu era moi rapaceira ”. Dona Teresa tivo unha vida moi movida. Traballou no bar ata que casou e, de casada, foi ama de casa e ataba as redes do seu home. Ademais na casa, había que lavar, encarzar,... “ Nunca tiven vacacións ata chegar ós 65 anos, pero estou contenta de ter sempre un traballo. Foi unha vida moi dura, pero nunca tiven problema por ter que traballar ”.

21. 21. A GUARDA DE ANTES

“ Dende c ando eu era moza a agora o pobo mellorou moito, en todos os aspectos. Antes na Guarda non había posibilidades e ningún lugar no que aprender baile, ou a tocar algún instrumento”. Según dona Teresa : “ a min houbéseme gustado moito aprender a tocar a ghaita”. Un bo exemplo da diferencia coa actualidade e que antes se querían ir a Vigo tiñan que marchar as 7 da mañá e ata as 7 da tarde non podían volver porque non había mais coches de liña en todo o día. “ A vida era moito máis dura ”.

22. 22. FOTOS ANTIGAS DA GUARDA
23. 23. O centro cultural

Antes Hoxe

24. 24. O porto

Antes Hoxe

25. 25. O convento de San Bieito

Antes Hoxe

26. 26. A ESCOLA

“ Eu fun á escola dende moi pequena, xa que a miña nai era analfabeta e quixo que as súas fillas superan ler e escribir. Cando eu era moza quería estudar e ser unha chica policía , a protagonista dunha película da época ”, recorda dona Teresa. “ Comecei a estudiar cando tiña 7 ou 8 anos. A miña escola era moi parecida a unha ghardería das de hoxe ”. Según nos contou, a escola daba un pouco de pena, porque estaba moi mal montada. “ A nosa mestra era unha señora maior, e eramos uns 20 rapaces. Íamos alí a aprender, pero tamén era un lugar no que nos coidaban mentres os nosos pais traballaban ”.

27. 27. OS CASTIGOS NA ESCOLA

“ Na escola, os castighos eran moi duros ”, conta dona Teresa. “ De vez en cando caíanos algún lapote. Os castigos máis comúns eran poñernos cos brazos en cruz e con un libro na cabeza, ou tamén de xeonllos...”. E se unha persoa era moi faladeira, faíanlle un cartel que puña “por charlatana” e colocábanos na entrada da escola para que todos os viran e se risen dos castigados, comenta dona Teresa.

28. 28. “ ERA O PEOR CASTIGO DOS MEUS PAIS”

“ Os pais de antes castigaban os fillos de forma moi distinta da que os castigan agora. Antes, os castigos máis comúns eran aqueles nos que se facía algo para axudar na casa, coma ir lavar a fonte ou carrexar auga ”. Segundo dona Teresa: “O peor castigo que me puñan os meus pais era estar todo o día a pegar os sellos da ración do pan, para repartir os alimentos ”. Ese era un traballo moi pesado e gustáballe tan pouco porque a mantiña atada, xa que non podía erguerse da mesa ata que remataba o traballo, e cos outros castigos andaba pola rúa e podía falar coa xente.

29. 29. AS FESTAS

“ C ando eu era moza as festas eran moi distintas do que son aghora. As mais importantes eran a do Señor,a de San Antonio, a do Carme,... Os nosos pais non nos deixaban ir soas ”. Pero o que dona Teresa resaltou a hora de ir ás festas en comparación con outras familias foi que: “ Nós tivemos algo de sorte porque tiñamos unha tía sen fillos e que sempre nos levaba a todas as festas. E tiñamos que volver para a casa a hora na que lle mandaban os meus pais, porque senón outro día non nos deixaban ir ”. Dona Teresa recorda como as festas antes remataban sobre as 2 ou as 2 e media. “ Remataban tan rápido, porque ó día seghinte todo o mundo tiña que madrugar para ir traballar ”.

30. 30. “ COMIAMOS MOITO PEIXE ”

“ A comida máis común na miña casa dende sempre foi o peixe, e ségueo sendo. De vez en cando, comemos algún bisté ”. Outras comidas habituais na súa casa eran a potaxe e as lentellas, comidas para traballar. “ Moitas veces, no restaurante, encargábame de colocar as fontes, e aínda agora é algo que me gusta facer ”.

31. 31. ANTES DOS EXAMES

“ Cando eu ía a escola, non nos facían os mesmos exames que vos fan a vós agora ”, díxonos dona Teresa. “ Pero si que nos facían unha especie de probas, e nós antes diciamos: « Virgen santa, virgen pura, haz que apruebe esta asignatura y con la ayuda de santo Tomás haz que apruebe todas las demás » e logho rezabámoslle unha avemaría para que nos iluminase a intelixencia ”

32. 32. “ POR XOGAR Ó FÚTBOL ”

“ Eu quería xogar ó fútbol. Unha vez, de moi cativos, fumos xogar ó fútbol alí no campo do Codesal ”. Dona Teresa conta emocionada: “ Eu nunca puxera na miña vida unhas botas de fútbol, e entón deixáronme unhas, que me apretaban moito. Eu aguantei e aguantei e cando acabamos de xogar e quedoume o dedo pequeno do pé deformado, e nunca me naceu a uña ”. É algo que dona Teresa recorda cun sorriso.

33. 33. O FRANQUISMO

“ O franquismo foi unha das épocas máis difíciles da miña vida. Como traballaba nun bar, escoitaba as conversas da xente, aínda que non quixese escoitalas ”. Con lágrimas nos ollos, dona Teresa recorda: “ A min chegháronme a castigar para que lles contara as conversas do bar ”. Contounos como a policía a atara a unha mesa de metal, e ameazarana de que non se ía marchar ata que lles contara todo o que escoitara. “ Pero eu non dixen nada, que soamente estivera traballando e que non escoitaba as conversas .” Dona Teresa engadiu con orgullo: “ Eu era moi fina, estaba moi ben ensinada ”.

34. 34. UN DÍA DE FESTA

“ Antes había unha festa no Castro e eu e a miña amiga, Celia, iamos sempre xuntas. Un ano había un mozo con ghabardina na festa e eu díxenlle a Celia que quería ir bailar con el. Daquela a xente non levaba reloxo e eu acerqueime a el e pregunteille a hora. Comezamos a falar ,falar, falar e acabamos bailando xuntos” E como di ela: “Eu antes era moi botada pra diante, conseguía todo o que me propuña”

35. 35. EMIGRANTES

“ Moita da miña familia tivo que emigrar. Emigraron varios dos meus tíos. Dos 4 irmáns de miña nai emigraron 3. E pola parte de meu pai un tío. E agora as miñas sobriñas están en canarias”. Máis adiante dona Teresa engadiu: “O meu cuñado e a súa muller foron pra Santo Domingo; e aínda así veñen de vez en cando de visita”.

36. 36. ANTIGAS CRENZAS

“ Antigamente, cando saías de noite cun crío pequeno a xente púñalle un rosario ou unha saba ao redor do pescozo, porque senón viñan as ánimas a buscalo”.

Dona Teresa contounos outra lenda: “A xente moitas veces dicía: « que te vai vir o lubisón ». O lubisón dicían que era un can, ou unha cadela, que andaba con 7 canciños, e se os mirabas, non te ía cousa ben” .

37. 37. UNHA CANTIGA POPULAR

Pedímoslle a dona Teresa que nos cantara unha cantiga popular da súa época. Ó principio non quería cantala pero logo acabou por cantarnos unha moi orixinal, que cantaban os mozos cando estaban borrachos :

“ Beber, beber, y beber con avaricia y sin temor al que dirán, hasta que se ahoguen mis penas con la espuma del champán”
38. 38. CONCLUSIÓN

Para nós facer este traballo foi unha experiencia distinta á que estabamos acostumadas normalmente. Aprendemos moitas cousas,como a valorar os nosos maiores e ás súas vivencias, e a saber escoitar, porque teñen moitas cousas interesantes.

Foi un traballo entretido, interesante e divertido.

Agradecemos a colaboración de Manuel Riveiro Silva (o avó de Marta) e de Mª Teresa González Rodríguez (a avoa de Eva).

39. 39. Traballo feito por:

- Marta Martínez Riveiro

- Elsa Núñez Rodríguez

- Eva Silva Rodríguez

- Andrea Verde Baz

4º E.S.O. B

40. 41.

FIN