O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

  • 999 views
Uploaded on

 

More in: Technology , Business
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Be the first to comment
    Be the first to like this
No Downloads

Views

Total Views
999
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
2

Actions

Shares
Downloads
4
Comments
0
Likes
0

Embeds 0

No embeds

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
    No notes for slide

Transcript

  • 1. O TESOURO DOS NOSOS AVÓS...
  • 2. A HISTORIA DE FINA
  • 3. *.-PRESENTACIÓN-.*
    • *NOME:Serafina Álvarez Vidal
    • *IDADE: 72 anos
    Na súa aldea é coñecida como Fina de San José,ou tamén coma “a muller de Benigno da Xil”. Unha das súas maiores afeccións é o balonmán, e tamén o Entroido. Dáselle moi ben cociñar. O carneiro á tarteira con patacas guisadas é a súa especialidade. É natural de Novás (O Rosal)
  • 4. A súa casa...
  • 5.
    • Viviu parte da súa vida nunha casa no Rosal, “ a casa da Ventosela”. Era a súa casa paterna.
    • Esta casa ten moita historia xa que nela, dentro da súa finca, atópase unha capela,a capela de San Xosé, onde se celebra a festa do 19 de Marzo. Nesta casa coa capela, que aínda se conserva, viven a súa nai, Esperanza, a súa irmá máis pequena co seu marido, Marina e Carlos,e o fillo máis pequeno destes.
    • Esta casa foi fundada en primeira instancia polo Abade D. José De Ucha Ribero no ano 1694. Esta data figura inscrita no frontal da capela.
    • E xa paramos de falar da súa casa pois poderíase escribir un libro da historia da casa na que Fina pasou a súa infancia, e de feito xa o hai, así que imos falar doutros aspectos moi interesantes da vida de Fina.
    *A súa orixe...
  • 6.
    • Aquí atópase a capela, entre camelios e frutais.
  • 7. A capela de S.Xosé...
  • 8. O ciprés, na finca da casa...símbolo de nobreza
  • 9. A súa infancia... ...inolvidable
  • 10. Eu empecei a escola con oito anos e ós once, a traballare. A ghanar o xornal, a cavar na viña, e despois ós catorce anos empecei a ir ós percebes, pra conseguir diñeiro, cinco duros, que daquela era muito, porque os nosos pais non podían. Colliámolos en Oia e tiñamos que ir vendelos á Guarda. E íbamos a pé, atravesábamo-lo monte e chegábamos a Portecelo. Alí tamén ibamos ó arghazo donde o vendíamos, e ó xerez. Ó mellor carghabamos con trinta quilos nas costas. Isto ata os quince ou dezasete anos.
  • 11.
    • E a nosa roupa, a pouca que tiñamos, pois comprábannola os nosos pais como recompensa dese traballo. Eu como son a máis vella dos catro irmáns, fun a que máis traballei, o resto xa viviron doutra forma.
    • Era unha infancia mui dura, só era bunita porque por onde andábamos cantábamos sempre...Axudábamonos uns ós outros, bailabamos, riamos e disfrutabamos muito da vida...iso si, a diversión nunca faltaba.
  • 12.
    • A vida
    • cotiá...
    Unha matanza
  • 13. A familia:
    • A nosa familia estaba moi unida. Eu, mentres aínda era raparigha e aínda non ía ó mare, ía toda contenta a durmir á casa dos meus avós moitas veces.
    • Facíamos unhas matanzas... máis bunitas! Reuníamonos todos e todo era unha parranda: cantares, bailes, facíamos “filloces”...E todo iso era moi bunito, do que agora xa non hai.
  • 14.  
  • 15. Pasándoo ben nunha voda cos amigos e coa familia
  • 16. Cando xa casei...
    • Cando xa era moza seguía traballando prá casa e logho cando casei, ós 23 anos xa vin pra esta casa. Era unha casiña vella que servía pra ghuardar a palla. Démoslle unha pintura de cal, xa que daquela non tiñamos pintura e fomos traballando e arreglando a casa pouco a pouco, pero vivíamos mui mal, pero que mui mal, xa que o meu home tiña un soldiño moi pequeno e non daba pra nada. Xa despois empezamos a ter vaca, invernadoiros...e gracias a iso fomos tirando. E decíannos os vellos:
    • - Enriba dun ovo houbo unha ghaliña e enriba da vaca
    • viñan cinco duros e enriba do invernadoiro pois outros cinco.
  • 17. A emigración:
    • Había que criar os fillos, que xa eran dous, e o meu home marchou a Alemaña e eu quedei aquí coidando dos fillos. E mentres el non volveu, eu non lle ghastei unha perra. O que el ghañaba era pra arreghlar a casa.
    • E esa era a nosa vida, unha vida moi duriña, o que pasa é que eu fun moi forte. E así estou aghora, porque traballei muito. O meu home estivo en Alemaña tres anos e el quería que fora pra alí. Pero eu cos fillos non quixen. Entón veu e quería empregarse aquí, pero como non encontrou traballo decidiuse a marchar a Holanda. En Holanda estivo outros tres anos,moito tempo fóra da familia, só... Entón decidiu virse pra aquí e empregouse en Camposancos, na Pasaxe.
    • E esta foi a nosa vida durante cuarenta e tres anos.
  • 18.
    • O Franquismo...
    • ...sufrimento
  • 19.
    • Eu dou pouca fe da gherra, porque eu nacín no 1935 e a gherra foi no 1936, polo que era moi pequena e aínda non era moi consciente das cousas.
    • Do que si que me acordo é da posgherra cando os homes andaban fuxidos por aquí.
    • Recordo que ó mellor ías polo monte e atopabas homes tirados, algúns xa mortos, outros feridos, pero o que si que vos podo dicir é que todos fuxían.
    • Houbo un moi coñecido na Guarda que se chamaba Juan Noia, que viviu tres anos oculto nunha casa moi preto de aquí. Todo o mundo sabía que estaba agochado alí e a súa familia ía visitalo e levábanlle
  • 20.
    • comida, pero cando a Guarda Civil viña a preghuntar polos fuxidos, naide dicía nada. Aquí todo o mundo calaba e axudábanse uns ós outros, xa que calquera día o que se atopara nunha situación coma a de Xoán Noia, podía ser alguén da túa familia.
    • O que si que nunca se me olvidará foi a fame que pasamos. Meu pai non tiña diñeiro pra comprar comida prá casa, e aínda por riba era obrighado a traballar plantando árbores no Picoto e no Terroso, e tamén nos montes de aquí preto, sen recibir nin unha peseta a cambio.
  • 21.
    • A pesar de todo...
    • ...a diversión
  • 22. Os xoguetes:
    • Os únicos xoguetes que tiñamos eran uns que nos facían os nosos pais.
    • A miña nai, a min e as miñas irmás facíanos unhas monecas de trapo. E o meu pai ó meu irmán facíalle un xoguetiño de madeira, que non me lembro aghora como se chamaba, pero do que si me acordo e que tamén lle facían uns xoghetes que se chamaban traques.
    • Estes eran os nosos reghalos do día de Reis.
  • 23. Algúns xogos:
    • Cando xa eramos rapazas de casar, non sabíamos facer outra cousa que xoghar a xoghos de críos... xoghábamos á cachiza, á roda, ó tres en raia na terra, ós alfileres...
  • 24. As festas:
    • Nos íamos a tódalas festas, se nos dicían que había festa en Triana pois todos íamos a Triana (alá nos montes de Couselo), tamén íamos á Guarda, Goián, Oia, Viladesuso... e como tiñamos que estar ó toque da oración na casa, pois collíamos as zapatillas na man, que eran as únicas que tiñamos e había que conservalas, e botábamos a correr prá casa ou senón o próximo domingo quedabamos na casa castighadas.
  • 25. Canción cantada no Recreo Artístico Guardés fai moitos anos
  • 26. Os mozos:
      • Eu era moi ligona, e con quince anos xa tiña mozo, co que me casei ós vinte e tres anos.
    • Aquilo era moi bonito, porque íamos ós bailes e poñiámonos tódalas mozas nunha roda e despois viñan eles e cada un arrimábase á súa pra ir bailar con ela, pero nós non queríamos que viñeran porque queríamos ir cos outros, só os queríamos pra ir á noite con eles prá casa, e así non ir soas...
    • E é así, antes había as mismas trampas que hai aghora.
    • Cando estabamos na casa, eles marchaban prá Telleira e nós quedabamos alí, pero nós non lle ghuardabámo-la casa, íamos a cantos bailes había, moitas veces sen dicirlles nada...
  • 27.
    • Tamén había unha rivalidade entre os mariñeiros e os da aldea. Nin ós mariñeiros lles gustaban as da aldea, nin ós da aldea lles gustaban as mariñeiras. Por iso nos miraban mal cando eu e unhas amigas nos xuntabamos cuns rapaces mariñeiros que nos gustaban...Ata nos chegaron a por un mote...chamábannos as “bombín”.
  • 28. Algunhas anécdotas:
  • 29. Algunhas anécdotas:
    • * Recordo unha de cando ía ós percebes. Un día meu pai dixérame que como tiñamos moita fame, en vez de diñeiro trouxera pan. A min, que ese día ía con dous quilos de percebes a vendelos a unha casa en que se me compraba, déronme a cambio tres quilos de pan de millo. Fun prá casa máis contenta ca un cuco!
    • Outras veces, cando eu tiña moita fome, o pouco que me daban xunto co diñeiro, xa o comía polo camiño, e cando cheghaba á casa, eu, caladiña, non dicía nada, porque senón tiña que repartilo cos meus irmáns, e así era todo para min.
  • 30.
    • *
    • Eu tamén tiña un tío que era falanxista. Era poeta. Tamén escribiu no Heraldo Guardés, un xornal da Guarda, e colaborou na revista Vida Gallega e no xornal El Pueblo de Vigo, e no 1921 emigrou a Sevilla, logo de varios anos de telleira co seu pai. En Sevilla enriqueceu o seu coñecemento e xa en 1932 escribiu un libro de poesía, Lágrimas del corazón.
    • A súa morte foi estraña. Morreu autoenvenenándose, xa que foi víctima dunha traizón e calumnia por culpa duns cartos desaparecidos das arcas municipais.
  • 31.  
  • 32.
    • Os novos
            • tempos
  • 33.
    • Eu non critico pra nada a xuventude de aghora,pero o que digho é que todo cambiou muito, por exemplo, antes íamos pró baile as cuatro da tarde e víñamos para casa ás oito, pero aghora saen ás dez ou doce da noite e cheghan ás dúas, tres ou seis da mañán.
    • Tamén cambiou a forma de divertirse, antes nós íamos ós bailes, e aghora vós vandes ás discotecas e encerrándeisvos alí.
    • Eu non digho que iso non sexa diversión, pero é diferente. Pra min antes era mellor, aínda que non critico o de aghora.
  • 34.
    • Hoxe en día temos moitas vantaxes, e só vos digho unha cousa, aproveitai o que tendeis, que aghora vivimos coma reis.
    • Aghora eu tamén me divirto. Saio á praza é falo cas veciñas, miro a televisión no sofá, o fútbol, que me ghusta muito, vou ver o Novás... Pero tamén me ghustaría facer as festas de antes alghún día.
    • Xa centrándonos na política, eu penso que Felipe González foi quen nos axudou a que todo fora mellor, e gracias a el temos o que temos hoxe.
  • 35. A HISTORIA DE CARMEN
  • 36. *.-PRESENTACIÓN-.*
    • *NOME:Carmen Baz Alonso
    • *IDADE: 77 anos
    É coñecida no pobo como Carmen a do Lato,familia á que pertence. É unha persoa moi alegre, cantareira e divertida... Vive en San Caetano, cos seus fillos, as súas respectivas parellas e as súas tres netas.
  • 37. O seu barrio... ...e as súas xentes A pedra do Grelo
  • 38. A capela de San Caetano
  • 39. Vellos mariñeiros
  • 40. Manuel do Canal O tío Chirro O tío MarDomingos
  • 41. No cruceiro da praza de San Caetano Marina (a forgueira) e Avelino (o mudo)
  • 42.  
  • 43. A tía Piruana O tío Francisco Mauro e a tía Jesusa A tía Antonia
  • 44. Vellos amigos
  • 45. cinco compañeiros cun peixe espada no Valladeiro
  • 46. A súa infancia... ...inolvidable
  • 47.
    • Eu nunca fun á escola, e ghustaríame ir, pero non pudía porque éramos dez irmáns e tiña que coidar deles, xa que naqueles tempos as nosas nais tíñannos pra atender os fillos, e entre que coidaba deles e traballaba non tiña tempo de ir á escola.
    • Hoxe en día aínda nun sei ler nin escribir, o único que sei é o que a miña mente aprendeu agora...
    • Nun tiñamos casa onde vivir.
    • Eu ós dez anos xa ía pola aldea vender peixe nunha patela.
  • 48.
    • * Os xoghetes:
    • Xoghetes? Eu nunca tiven xoghetes! E na Noche Buena e na Navidad aínda que non tiñamos xoghetes na miña casa era a aleghría máis ghrande que pudía haber, porque como cantabamos muito, con dúas nociñas e catro pasas, había cantarola ata o día. Tampouco tivemos fotos da primeira comunión, porque tampouco había diñeiro para paghalas.
  • 49.
    • E vestidos? Preghuntándesme polos xoghetes e non polos vestidos? Eu nunca tiven dous vestidos. O único que tiña había que lavalo pola noite e pola mañán cunha plancha de carbón, planchalo ben planchadiño pra ires ghuapa pola tarde.
  • 50. A vida cotiá...
  • 51. A súa familia:
  • 52. Os Latos...pais de Carmen
  • 53. O traballo:
    • Con dez anos xa ía á aldea e a Goián,andando,a vender peixe cunha patela, pero ó mellor non tiñamos venta e había que vir de volta prá casa sen unha peseta... porque a venta só era unha hora, a hora na que xente saía da misa...E tiñamos que ir ata alá descalzas porque nun había calzado.
    • Eu tiña casa pra ir traballar, onde de inverno traballaba dúas tardes á semana e me daban cinco duros, e logho viña o verán e aínda traballaba máis e paghábanme os mesmos cinco duros.
    • Traballei tamén coas redes, arrastrándoas, atando, lavándoas...
  • 54.
    • Cando tiña vinte e tres anos fun servir pra unha casa de dez fillos e ghanaba vinte duros ó mes.
    • A nosa vida foi unha miseria. Tiñamos que coller as carqueixes e cepillo e ir freghar polas casas.
    • Tamén traballei emporlando o porto da Guarda...
  • 55. Esta son eu no desfile da Festa do Monte con redes nas mans.
  • 56. A fame...
    • O único que tiñamos pra comer eran papas, e pra iso só levaban fariña con aghua fervida mais verdura cocida, nin touciño nin unto...E levantábamosnos sen almorzar e a noite íamos prá cama sen cear...Pasei muita fome, muita fome!
  • 57.
    • Eu tiven unhas tías que marcharon á Arxentina e dunha delas non sei nada, nin se morreu, se aínda vive ...Nada!
    • Tamén tiven familiares en Segovia, Barcelona …
    Emigración:
  • 58. As festas... as romarías
  • 59.
    • A festas, nun fun a muitas, só ía ás de por aquí...a San Roque, por exemplo.
    • As nosas festas eran cantar e bailar, ai se vos contara todo o das festas, nun vos cabía en dous libros...
    • Había aquí na cruzada un home que tocaba a ghaita que era coñecido por todos, “ o tío Lancha ”, e nós con só a súa ghaitiña bailabamos e faciamos unhas festas que eran unha marabilla...O tío Lancha era o ghaiteiro que había, e el por onde andaba sempre había festa...
  • 60. Canción...A Berberechiña
    • Guardesiña da Cruzada ten coidado coas cebolas,(bis)
    • se che pican, se che pican, fóra o demo e non as comas,(bis)
    • (retrouso)
    • Arrastráche-lo cu polas pallas e fixeches o niño no chan,
    • e manchaches a berberechiña que traías lavada do mar,
    • que traías lavada do mar, que traías lavada do mar,
    • Arrastráche-lo cu polas pallas e fixeches o niño no chan.
    • Un rapaz coa súa noiva unha noite no Curuto,(bis)
    • nun recuncho moi escuro deulle bicos coma un bruto,(bis)
    • /retrouso/
    • Xa se sabe quen de noite se bañaba en Fedorento,(bis)
    • era o cura cunha monxa que fuxía do convento,(bis)
    • /retrouso/
    • Cando fun o Monte Tegra cunha moza de Almería,(bis)
    • ensineillo todo todo que era o que ela quería,(bis)
    • /retrouso/
    Antonio Alberto. [ grupo Lareira ]
  • 61. Os mozos:
    • Eu nun quiría os noivos ricos, porque eu era pobre e ó mellor botábanmo en cara... Os mozos nós coñeciámolos oíndollos cantar, ou senón viñan eles sacarnos bailar, pero nos elixíamos, como nun nos conviñera, “media vuelta e pa’ derecha”...Ai! nós tiñamos trucos pra que non se acercaran a nós os que nun quiríamos, e tamén houbo alghúns que quedaron plantados, ai non...
    • E mira, o meu home coñecino víndome cantar á porta, eu tiña vinte e catro anos...
  • 62. O tío Lancha tocando a gaita
  • 63. Disfrutando cos seus a Festa do Monte
  • 64. Festa do Monte...o rapaz do sombreiro é seu fillo
  • 65. A romaría de Santa Tegra
  • 66.  
  • 67. A banda de San Caetano.....A Corea A festa do monte ...
  • 68. O franquismo... ...lembranzas
  • 69. A guerra civil:
    • Eu tiña seis anos cando foi da gherra e paseino moi mal.
    • A miña abuela tiña dous netos na gherra, e un día cando estaba na ventá da casa, viu como un dos seus netos se poñía enriba dunha pedra, e moi emocionada de ver ó neto que xa daba por morto,resistiu, pero logho mirou ó outro, e xa na ventá, deulle un ataque, e xa non resistiu tanta emoción. Morreu .
  • 70.
    • Non. Naquela estaba, porque estaba azocada con el. Cando el estaba, había que achantar, porque eu non tiña idea do que era a política nin muito menos. Moitas veces fun cantar á praza do reloxo o “Cara ó Sol”, e logho nós ó cheghar á casa cantabámoslle:
    • - Cara ó sol ,coa barrigha vacía…
    Estabas a favor de Franco?
  • 71.
    • Fuxidos:
    • Na familia da miña avoa houbo fuxidos. Houbo un moi coñecido que estaba casado cunha sobriña da miña avoa: Juan Noia. El tivo que pasar muitas veces a Portughal pra escapar dos falanxistas polas súas ideas, xa que era comunista.
    • Nese tempo había que pensar coma eles, senón …
  • 72. Algunhas anécdotas:
  • 73.
    • * Eu traballaba pra unha muller limpando na súa casa. A cambio dábame cinco duros, pero ás veces non me paghaba. Acórdome que cando estaba pra casar, prometeume que en vez de pagharme daríame un reghalo de voda. Ó final quedei sen diñeiro e sen reghalo de voda.
  • 74.
    • * PRA LUCIR OS BICOS, PRA CANTAR OS LATOS, E PRA BAILAR OS MASCATOS *
    • Este é un refrán típico da Guarda.
    • Os Bicos eran unhas persoas altas e cuns ollos moi bunitos, eran os ghuapos do pobo.
    • Os Latos, familia a cal pertenzo eu, é unha familia na que todos cantaban moi ben, eran as mellores voces do pobo, eu diría que as mellores de España. Aínda hoxe son coñecidos por iso. Por exemplo, o famoso Tino Baz pertence ós Latos, é meu sobriño.
    • Os Mascatos, eran coñecidos polo ben que bailaban.
  • 75. Os novos... tempos
  • 76.
    • Eu creo que agora estamos muito mellor. Pra min a mellor época da miña vida foi a vellez, non dependemos dos fillos pra nada, cando quero ir de viaxe vou, teño unha pensión que me dá pra vivir ben...
    • Xa, centrándonos en política, a mellor época pra min foi a de Felipe González, que foi quen nos deu unha pagha,sesenta mil pesetas, porque meu home era enfermo e iso aghradecíase muito...
  • 77.
    • Eu só vos digho que ánimo, traballar, non quededes cos brazos cruzados, agharrande ben as letras e non queirais ser estropallos de naide.
    • Ser persoas e tratándevos ben uns ós outros que é o mais bunito que pode haber nesta vida.
  • 78. Conclusión do traballo:
    • Foi un traballo moi interesante, xa que os nosos avós, avoas neste caso, gardan un tesouro que se non fose por este traballo quizais non descubriríamos nunca.
    • As dúas se puxeron moi nerviosas no momento da entrevista, e ata en momentos se lles saltaron as bágoas da emoción de recordar os momentos tan duros que viviron.
  • 79.