Your SlideShare is downloading. ×
Lendas Da Guarda Definitivo
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×

Introducing the official SlideShare app

Stunning, full-screen experience for iPhone and Android

Text the download link to your phone

Standard text messaging rates apply

Lendas Da Guarda Definitivo

597
views

Published on

Published in: Travel, Technology

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
597
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0
Actions
Shares
0
Downloads
5
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

Report content
Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
No notes for slide

Transcript

  • 1.
    • A LENDA DO TREGA
    • AS BRUXAS DO CARRASCAL
    • O CALIZ DE SAN CAETANO
    • A LENDA DA SANGRIÑA
    LENDAS DE A GUARDA
  • 2. AS FILLAS PEITEADAS
      • Contan que unha muller, que vivía na Cruzada, morreu cando ía a dar a luz a dúas fillas xemelgas. Tivera dez fillos que quedaron orfos ó coidado do pai.
      • Tódolos días a finada visitaba as súas fillas para peitealas. O pai, que andaba sospeitando, quiso comproba-lo que pasaba e foi mirar-la escea. ENDEXAMAIS VOLTOU.
  • 3. O HOME QUE FALABA CO DEMO
    • Contoume meu avó que coñecía a un home que estaba encamado e que dicía
    • que falaba co demo e ata que lle puxera un nome: XERARDO.
    • Tamén sostiña que o diaño era coma un criado para el e canto lle mandaba
    • facer era unha orde que se realizaba de contado.
    • - ¡Xerardo, tócame o corpo coas túas mans peludas ¡ - dicíalle e o trasno
    • dáballe unha masaxe como se de un experto fisoterapeuta se tratara .
  • 4. A MULLER DESTEMIDA
        • Había unha vez unha muller que era panadeira e sostiña, con moita fachenda que non lle tiña medo ó demo. Un día foi a lavar a fonte pola noitiña e o voltares para casa atopouse cun pao que cada vez facíase máis grande e que lle empezou a bater nas costas. Daquela enfermou, quedou tullida e por suposto xamais foi lavar ó lavadeiro
  • 5.
    • Cóntase que os tres ríos irmáns: Eume, Landrove e Sor ían camiñando moi cansos cara ó mar e deitáronse coa condición de que o primeiro que espertase chamaría polos outros dous. Sucedeu que Sor ergueuse o primeiro e deixou ós seus irmáns durmindo. Espertou o Landrove e como viu que xa se marchara un, fuxiu tamén. Cando ó amencer o Eume decatouse da ausencia dos seus irmáns, sentíndose enganado, saltou lixeiro, pasando por montes e vales e cabreado, foi o primeiro en chegar ó mar. O río Eume tódolos anos ten que cobra-lo seu tribauto coa morte dunha persoa que as xentes do lugar transformaron na ofrenda dun galo para ter acougado o espírito do río.
    OS TRES RÍOS
  • 6.
    • Sucedeu isto en Camposancos, onde as xentes do lugar sabían dunha cabra que tódalas noitiñas andaba polar rúas solta e ata coidaban que estaba embruxada.
    • Houbo intentos por pillala; mais cando un se achegaba onde ela, rompía a rir a cachón como se foxe unha señori educada e todo o mundo fuxía de alí.
    • - ¡Coiro! – dixo para si o tío Santiaguiño, un vello esmorgante da Mariña – para ela ha de chegar o Santiaguiño.
    • Encamiñouse na porcura da cabra coa intención de comproba-lo que do animal se dicía e ó atopárense un fronte o outro e vendo ue non paraba de rir mandoulle unha lazada mexicana, que un parente seu lle ensinara, e colleuna polo pescozo. Farto xa daquela rusada tirou dela con todas as súas forzas e canto máis o facía, máis sorriso lucía o condenado animal. Argallou entón rir coma ela para se burlar e abrallouse de que o animal papara de rir e se fixera manso.
    • Pola mañanciña levouna ó peirao e todo o mundo fuxía del e da cabra como se fosen o diaño en persoa. - ¡Agora xa non ri ! – gritaba o tío Santiaguiño con todas as súas forzas.
    • Un rapaz destemido achegouse con coidado onde o animal e non lle pasou nada polo que comezou a pregoalo ós catro ventos co que as xentes do lugar consideraron o Santiaguiño coma un heroe.
    A CABRA QUE RÍA COMO UNHA SEÑORITA
  • 7. A LENDA DO TREGA
    • Dise que no monte Trega hai tres pedras ou grandes laxes. Segundo a lenda unha das rochas contén ouro, outra lume e outra auga.
    • Tamén se di que se alguén intentase abrilas, podería ter sorte ou morrería no intento. Se abrise a que contén o tesouro, esa persoa sería rica para senpre e endexamáis se lle acabaría o diñeiro. Máis se pola contra abre a de auga, o mundo asulagaríase e todo o mundo afogaríase.
    • Se a apertura faise na do lume, sairían dela monstros de lava que queimarían a terra converténdoa nun inferno, someterían os humanos e cando xa non servisen para nada formarían parte dunha suculenta cea.
    • Así que despois de ler este relato que nadie intente molestar ós espíritos das rochas non sexa que…
  • 8.
    • A avoa Enriqueta era para min unha velliña encantadora que sabía moitas historias. Vivía en Pias (O Rosal) e lembrábase de que as xentes do lugar recordan que nas noites de lúa chea a iso das doce as bruxas que habitaban no Carrascal, paraxe da localidade, ían a bailar e face-los sus aquelarres nunha rocha moi grande que hai no cotro e co seu balbordo metían moito medo a xente.
    AS BRUXAS DO CARRASCAL
  • 9.
    • Entre as xentes do lugar guadés de San Caetano escoitase falar de que nunha noite de temporal, hai moito tempo, un navío inglés navegaba fronte as costas da Guarda. O capitán moi asustado pregoulle a Noso Señor que lle amosara un sinal para ires recalar preto da costa en troques de ofrecerlle un cáliz de ouro na primeira igresa que atopara. O cabo duns intres a pequena capela de San Caetano iluminouse e sinalou s tripulantes o rumbo axeitado para non encallar nas rochas e así salva-las vidas e a embarcación.
    • Afastado do perigo en canto tomou terra o capitán cumpriu a súa promesa e entregou o cáliz de ouro que se pode admirar o día da romaría a finais de agosto na citada capela do santo.
    O CALIZ DE SAN CAETANO
  • 10. A LENDA DA SANGRIÑA
    • Contan que no lugar da Sangriña, onde agora está o colexio as xentes vían polas nites unhas luces moi chamativas. Neste sitio medoñento só se atrevían a pasar de noite os máis destemidos pois cando a luciña aparecía era o sinal de que mataran a unha persoa. Logo producíase o enterro nunha estraña procesión de defuntos que pretendían vingarse do asasino.
    • Cando se construiu o colexio todo esto desapareceu. Puido ser que sucedera que este mandara ó seu lugar, o cemiterio próximo, a esta Santa Compaña.
    • - O topónimo Sangriña non ten nada que ver co vocablo castelán sangre – a pesares de que na guerra civil fose un lugar onde houbo moitos fusilamentos -senón coa palabra sanguiño (árbore moi abondosa na zona.).
  • 11. O ESPÍRITU DO RÍO MIÑO
    • Esta lenda que circula pola zona de a Guarda é extensiva a outras moitas de Galicia. As xentes que habitan nas marxes do Baixo Miño cren nun espírito que esixe o tributo anual dunha persoa, dunha víctima humana pols seus servicios protectores.
    • -” O río xa cobrou os foros”- din as boas xentes da bisbarra.
    • Pensan tamén que se o río ruxe pola zona das neves é que está cabreado e axiña vai producirse unha desgracia, un afogado.
    • Eses mortos cando estaban na presencia dun familiar ou amigo emitían un sinal consistente en botar bágoas de sangue.
    • Na Guarda, hai moito tempo, un afogado fixo o mesmo diante da súa namorada e aínda máis, enxuagou de sangue seu pano branco.
  • 12. A COBRA DA FONTE BIEITA
    • No lugar de Pintán ( A Gándara) tódolos anos pola primavera vese na fonte Bieita unha cobra xigante.
    • A súa existencia era apreciada polos regueiros que, restos de pel do seu corpo e dos animais que apresaba. Por todo isto Fontebieita sempre foi un lugar medoñento. Din algúns veciños que sae polas noites dunha cova misteriosa e que mata como o tío Xosé o zapateiro ou Casiano que estiveron anos e anos a espreita sen conseguiren rematar coa lenda.
  • 13. SAN CAETANO PESCADOR
    • É unha das lendas ou historias preferidas na zona da Mariña. Sucedeu non hai moitos anos. Unha noite de néboa mesta, uns mariñeiros do Canal foron a capela do Santo e vistírono con roupas mariñeiras de auga, unha cana de pescar na man e levárono ata o peirao outo para poñelo en situación de pescar.
    • - ¿Qué fai aquel home a pescar con este tempo?- preguntábanse os mariñeiros cando ollaban a imaxe e dende lonxe non se decataban de que non puidera ser persoa.
    • Contan algúns que o cabreo do Santo foi tal que os autores da falcatruada querían morrer e o Santo non os deixaba. Conseguírono despois de que lle pediran perdón.
  • 14. A PANTASMA DAS LOUCENZAS
    • Na paraxe das Loucenzas – na saída da guarda cara a Baiona- unha parella de mozos ía no seu vehículo cando por exceso de velocidade tiveron un accidente con desenlace funesto.
    • Dende aquel día canto coche pase pola zona a moita velocidade sufrirá a aparición do espíritu da muller que se sentará ó seu carón convidándoo a modera-la conducción para que non lles ocorra o mesmo que a eles.
  • 15. OS XITANOS NA SANGRIÑA
    • Esta historia, segundo din algunhas persoas daqueles tempos, está baseada en feitos reais.
    • Na escola da Pasaxe daba clase unha mestra que tódolos días tiña que pasar pola Sangriña cando ía cara a Guarda. Houbo un tempo que naquela zona asentáronse uns xitanos e sen saber nin cómo nin por qué a mestra desapareceu e non se tiveron novas dela.
    • No rexistro do campamento efectuado pola Garda civil atoparon a roupa e os zapatos da desafortunada mestra, asemade un tinón de zorza que ó final comprobouse eran restos humanos
  • 16.
    • O cruzanse na lagartosa, un home díxolle o tío Dimas: “ O seu burro vai alí adiante. E vostede, tío Dimas, tan tranquilo, sen preocuparlle se pode facer algún mal”.
    • - O meu burriño, amigo, xa morreu fai moitos anos. E, ¿de que cor era o que viu?
    • - Negro.
    • - ¿Negro? O meu burriño tamén era negro…
    O BURRIÑO DO TÍO DIMAS
  • 17. UNHA NOITE NA LAGARTOSA
    • Na Lagartosa (actual rúa guardesa da Cal) dicían que por alí houbo moitas aparicións. Tódalas noites supuñan que pasaba a Santa Compaña, polo que de noite nadie saía da casa.
    • Unha vez, as sete da tarde de un día de inverno, baixaba unha mulleriña a busca-lo viño a unha tenda e ó cruza-la ponte pola que baixan as augas do tegra atopouse cunha procesión de xente que comezou a baterlle nas costas e a darlle labazadas que a deixarn case a morrer. Salvouse porque do medio desta xente saíron dúas persoas, que achegándose a ela protexérona de levar máis paus.
    • Coa tunda e o susto enfermou e quedou encamada. Moita xente ía visitala e confortábana dicíndolle que endexamáis lle volvería pasar nada malo.
    • Din que esas persoas eran dous parentes que xa morreran e que a iso das doces visirábana e que o seu home non se enteraba.
  • 18. A LENDA DUN PAI
    • Na antigüidade os vellos estaban nas casas afastadiños da vida familiar, xa que eran un atranco para os seus fillos.
    • Na zona de A Guarda, máis concretamente en Camposancos, había unha costume, unha fada moi vella, que consistía en levalos ó monte onde unha laxe para que alí morreran comidos polos lobos ou polas enfermidades.
    • Cóntase que un fillo levou a seu pai velliño cara a laxe do monte.
    • - Pousa, meu fillo pousa…que aquí pousei tamén a meu pai – dixo o vello cando chegaron ó lugar. Ante a sorpresa do fillo o pai engadiu a xeito de sentencia:”isto é fada…isto é fadaaaa.”
    • - Monte nas costas, lévoo para casa!- decidiu enerxicamente o fillo.
    • Dende entón rachouse o costume.
  • 19. A SANTA COMPAÑA E O MAR
    • A historia da Santa Compaña tamén ten aquí a súa picaresca.
    • Nos meses da recollida do argazo non pasaba un só día sen que non se oísen berron e rifasen os argaceiros por defenderen os seus tendais. No medio desde balbordo sempre houbo alguén que se amañou para apaña-lo argazo sen traballo.
    • Algunhas noites baixaba á praia unha procesión imitando unha Santa Compaña, cunhas sabas pola cabeza e uns calacús cunha veliña acesa. As xentes cando a ollaban non se atrevían a baixar á praía a vixía-lo seu traballo temerosas de enfrontarse a espíritos.
    • Cando alguén envexoso lles preguntaba como tiñan aqueles montes de argazo, eles e todos dicían en ton irónico:
    • - Son as almiñas, meu fillo!. Son as almiñas…!
  • 20. O MARIÑEIRO e O DEMO
    • Hai moito tempo que entre as xentes da Mariña se conta esta historia.
    • Un mariñeiro vina de pescar sardiñas ó xeito. Ó chegares ó peirao non viu a ninguén que lle poidese axudar a vara-la gamela e ademáis a marea estaba moi baixa.
    • - Quen me dera que viñera alguén, aínda que fose o demo en persoa! – din que dixo para os seus adentros.
    • De socato apareceulle un home o seu carón.
    • - Queres que che bote unha man?
    • - Pois sí, por qué non – respostoulle o mariñeiro- unha man sempre se agradece.
    • - Din que a forza do home era xigantesca, cíclopea e a gamela quedou pousada no seu lugar sen ningunha dificultade. Neste intre o home esvarouse entre a néboa e desapareceu sen máis. Ninguén o coñecía; mais todos coidaban que o mariñeiro tivera tratos co demo.
  • 21. A LENDA DO TARDO
    • Enfronte da panadería da Saltona (en A Guarda) sentíase trotar, moito antes de velo, un cabaliño da man dun mariñeiro tanguiano que o azoutaba cun vimbio. O citado animal galopaba e ollaba fixamante como unha persoa. Era o Tardo.
    • Din que de noite ía onde os cabalos e trenzáballe as crins. Pola mañanciña, cando os seus donos os visitaban, atopábanse cansos e suados coas crins trenzadas. Despois gritaba polas rúas: “xa ven o tardo!” e os cabalos víanse loitar contra non se sabe que e fuxían asustados.
  • 22. O BURRO E A ARGACEIRA
    • Unha muller que ía ó argazo cun burro atouno nunha ocasión no que ela cría que era un monte de area na praía da Area Grande. Mentres traballaba co clamoeiro a marea ía baixando; mais ela pensaba que estaba subindo xa que as augas atopábanse moi preto do fuciño do burro.
    • En realidade o que ocorrera era que atara ó animal nunha xigantesca centola que o arrempuxaba cara ó mar.
  • 23.
    • Contaba o tío Santiaguiño, un vello lobo de mar dos que non hai agora na Mariña, que indo unha vez a pescar sardiñas con outros compañeiros atopáronse cunha grande balea.
    • - Hoxe xa temos pesca – díxolles a vez que amarraron con cordas ó mamífero a gamela. Antes de virar para o porto acordaron facer unha caldeirada enriba do lombo da balea. Puxeron o tripeiro máis o pote e fixeron unha fogueira.
    • - Coidado compañeiros que me parece que a balea non está morta, que está durmindo! – exclamou o Rufino tremendo como unha palla azoutada polo vento.
    • Neste intre o animal comezou a dar uns estroxóns e non deu máis tempo que subir para a embarcación, corta-las amarras cunha machadiña e alá se foi a balea.
    • Dalí a uns días apareceu fronte as costas de A Guarda unha balea morta, aboíando e cunha grande ferida no lombo, producto seguriño da queimadura que lle fixera a fogueira dos arriscados e destemidos Santiaguiño e compañía.
    A BALEA