Galicia sindical 13

459 views

Published on

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
459
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
5
Actions
Shares
0
Downloads
0
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Galicia sindical 13

  1. 1. As confederacións sindicais de CCOO e UGT anunciaron máis actos de protesta ante a persistencia do Goberno central nas súas medidas. Dúas datas destacan no calendario de mobilizacións: ata o 15 de decembro convocaranse paros e ma- Galicia Sindical NÚMERO 13 - OUTUBRO 2010 (2.ª quincena) Órgano de comunicación do S. N. de CCOO . . . . CCOO á ofensiva: novas mobilizacións en decembro n O sindicato presenta unha ampla batería de propostas alternativas ás medidas económicas e sociais do Goberno central, baseadas na recuperación de dereitos e na defensa do Estado social D I X I T A L www.galicia.ccoo.es CCOO formula propostas en positivo para a recuperación económica e social Marcelino Camacho, primeiro secreta- rio xeral confederal de CCOO, faleceu en Madrid aos 92 anos. / Páx. 3 FALECEU MARCELINO CAMACHO nifestacións para forzar o desbloqueo da negociación colectiva, e o 18 do mesmo mes haberá manifestacións nas capitais das comunidades autónomas. Así o anunciaron as dúas organiza- cións na presentación do documento Al- ternativas sindicais á política económica e social do Goberno, que recolle propos- tas de CCOO e UGT en materia de pen- sións, negociación colectiva, cambio de modelo produtivo e reforma fiscal que trataremos nun próximo GALICIA SINDICAL. Iniciativa lexislativa popular No ámbito do mercado laboral, CCOO e UGT van promover unha iniciativa le- xislativa popular (ILP) en defensa do em- prego estable e con dereitos. Con esta iniciativa en positivo, e continuando coas mobilizacións, o movemento sindical pasa á ofensiva e anticípase aos move- mentos e golpes de efecto do Executivo estatal. A ILP fundaméntase en que o tra- ballo con dereitos é a base do crece- mento económico sostible. Neste sen- tido, a creación de máis e mellor emprego é un obxectivo irrenunciable, como tamén o é a restitución de dereitos que se verán afectados coa recente re- forma laboral. ASÍ, SI UNS ORZAMENTOS MOI RESTRITIVOS CCOO de Galicia cualifica os orza- mentos da Xunta para o ano 2011de «gravemente restritivos». / Páxs. 4 e 5
  2. 2. GALICIA SINDICAL N.º 13 - Outubro 2010 (2.ª quincena) 2 www.galicia.ccoo.es NON CASTIGAR A COMPETITIVIDADE En Comisións Obreiras cremos que o actual enfoque do Real de- creto 134/2010, no que atinxe ao uso do carbón estatal, pode deixar nunha moi difícil situación as zonas e sectores dependentes das cen- trais térmicas instaladas en Galicia ata o 2014. Isto é así porque para xeraren enerxía empregan mineral importado, que resulta máis com- petitivo e menos contaminante ca o autóctono. Somos conscientes da situación grave que pacede a minaría extrac- tiva española, e CCOO defendeu e defende axudas e respostas, pois trátase dunha a c t i v i d a d e e c o n ó m i c a que xera un i m p o r t a n t í - simo número de empregos en todo o es- tado. Porén, o que non con- cibimos é que isto se pretenda facer penalizando as centrais galegas, cuxo único 'erro' é o de apostaren pola com- petitividade, exemplo que ben po- derían imitar no resto do estado. Pódese e débese axudar a mina- ría, pódese e débese impedir o prexuízo para a produción eléc- trica en Galicia. n CARTA DO SECRETARIO XERAL XOSÉ MANUEL SÁNCHEZ AGUIÓN Defensa do emprego Desde CCOO, organización com- prometida co emprego, instamos o Goberno estatal a que garanta a to- talidade dos postos de traballo das centrais e da industria auxiliar. Cal- quera medida que vaia na dirección contraria atopará a nosa máis firme oposición. O Sindicato Nacional de Comi- sións Obreiras non vai consentir que as térmicas das Pontes, Mei- rama nin tampouco o ciclo de Sa- bón queden fóra de xogo durante os vindeiros ca- tro anos, que é o período durante o que terá efectos o Real decreto, porque afun- dirían as in- dustrias auxiliares e repercutiría negativamente nos portos de Ferrol e da Coruña. Traería tamén funes- tos efectos nas economías comar- cais, cunha alta dependencia das centrais e coa perda de máis de 2.000 postos de traballo no noso país. Mecanismos de compensación Por isto, desde CCOO reclama- mos o establecemento de mecanis- mos de compensación polos pre- xuízos que se lle causarán a Galicia mentres que esta norma estea en vigor (2010-2014). Son varias as medidas compensatorias que palia- rían notablemente estes efectos perniciosos sobre un sector estra- téxico para o país. Por exemplo, a garantía dun- has cotas mí- nimas de ope- ración para as térmicas afec- tadas, de tal xeito que as a c t i v i d a d e s económicas vinculadas —transpor- tistas, desestibadores ou empresas auxiliares— non se paralicen total- mente. Tres obxectivos No actual contexto, en que Es- paña consome máis do dobre da enerxía que produce, cómpre con- figurar un mix enerxético o máis diversificado posible, de tal xeito que se poidan levar á práctica os tres obxectivos principais sinalados na estratexia europea: garantía de subministro, prezos competitivos e respecto ao medio ambiente. Neste senso, non caben posicións excluíntes, e un dos problemas ac- tuais é que non existe un mix enerxé- tico adecuado ás necesida- des da nosa sociedade; e un Real Decreto, que deixa en des- vantaxe e fóra do mercado unha parte importante do sector, pode pór en risco futuros investimentos en plantas que, como as térmicas galegas, aposten pola diversidade e a eficacia enerxética e o respecto ao medio ambiente. Non consenti- remos que as térmicas gale- gas queden fóra de xogo os vindeiros catro anos, porque afundirían as industrias auxi- liares Débense esta- blecer meca- nismos de compensación para paliar os efectos negati- vos sobre Gali- cia, e CCOO ten varias pro- postas A situación da minaría extrac- tiva é grave, pero non se pode dar unha solución á súa problemática penalizando as centrais térmi- cas galegas Cómpre un mix enerxético adecuado ás necesidades actuais da nosa sociedade
  3. 3. GALICIA SINDICALN.º 13 - Outubro 2010 (2.ª quincena) 3 www.galicia.ccoo.es Represión sindical en Carrefour CCOO protagonizou nas últimas semanas varios actos reivindicativos para denunciar publicamente a «in- tromisión e manipulación» da direc- ción de Carrefour no proceso electo- ral coa intención de desmontar a candidatura do sindicato. que se irían infiltrando no sindicato vertical franquista co fin de lograr me- lloras sociais para a clase traballadora. O labor sindical levouno a prisión en 1967, condenado a nove anos de cár- cere. O seu nome tamén formou parte do histórico Proceso 1001, no que as Aos 92 anos faleceu Marcelino Ca- macho, un dos fundadores de CCOO e primeiro secretario xeral da Confede- ración Sindical de CCOO. Marcelino Ca- macho Abad (Osma-La Rasa, Soria, 21 de xaneiro de 1918- Madrid, 29 de ou- tubro de 2010), encargouse da Secre- taría Xeral da Confederación Sindical de CCOO entre 1976 e 1987. O secretario xeral do Sindicato Na- cional de CCOO de Galicia, Xosé Ma- nuel Sánchez Aguión, destácao como «unha persoa de fortes conviccións e inquebrantable compromiso». Exemplo diso foi a súa temperá afiliación ao PC en 1935, cando tiña só 17 anos, e a participación na guerra civil en defensa da legalidade republicana, o que lle custaría unha pena de traballos forza- dos en Tánxer. Indultado en 1957, regresou a Es- paña para traballar na metalurxia, sec- tor no que promovería unhas Comi- sións Obreiras daquela clandestinas, Faleceu Marcelino Camacho, primeiro líder confederal de CCOO autoridades franquistas xulgaron os principais dirixentes das Comisións Obreiras. Coa fundación da Confederación Sin- dical de CCOO en 1976, foi o primeiro secretario xeral da organización, cargo que desempeñou ata 1987. De esquerda a dereita, Benedicto, Manuel Amor Deus, Marcelino Camacho, Ignacio FernándezToxo e Ricardo Gurriarán | Foto: Fundación 10 de Marzo n FOI «UNHA PERSOA DE FORTES CONVICCIÓNS E INQUEBRANTABLE COMPROMISO»
  4. 4. GALICIA SINDICAL N.º 13 - Outubro 2010 (2.ª quincena) 4 www.galicia.ccoo.es A UGT-Galicia e o Sindicato Nacio- nal de CCOO de Galicia deron unha conferencia de prensa unitaria o pa- sado 25 de outubro, na que analiza- ron os orzamentos da Xunta para o ano 2011. A principal conclusión das dúas organizacións é que se trata duns orzamentos «gravemente res- tritivos», «mal xestionados» e que descapitalizan o sistema produtivo galego. Van, polo tanto, «na mesma liña que os estatais, tan criticados pola Xunta». Por segundo ano consecutivo, a Xunta de Galicia reduce a contía dos orzamentos. En 2011, os orzamentos consolidados redúcense no 10,8% en termos nominais e case o 13% en ter- mos reais, tomando como base a previsión do 2% de inflación. En cifras absolutas, a Administración galega disporá de 1.177 millóns de euros menos en 2011 que no ano anterior. Como principal consecuencia, CCOO e UGT prevén unha «grave deteriora- ción» na prestación dos servizos pú- blicos e nunha «forte perda» da ca- pacidade do Goberno para capitalizar o sistema produtivo galego. Os sindicatos lembraron que o principal problema económico de Ga- licia é que 220.000 persoas están en paro, debido aos efectos da recesión económica. Para saír da recesión e das altas taxas de paro, CCOO e UGT defenderon unha política monetaria Orzamentos «gravemente restritivos» que descapitalizan o sistema produtivo n CCOO e UGT denunciaron que os orzamentos autonómicos «van na mesma liña que os estatais, tan criticados pola Xunta» e fiscal expansiva. Xa que a moneta- ria está nas mans da UE, o Goberno galego tería que aprobar uns orza- mentos expansivos, anticíclicos, para se enfrontar á recesión e así poder impulsar a demanda agregada e, xa que logo, a produción e o emprego. Porén, «a Xunta de Galicia renuncia a esta política», aplicando «o orza- mento máis restritivo da historia da autonomía», o que, segundo a aná- lise sindical, provocará que a recesión dure máis e se saia dela en peores con- dicións. Contra a visión de que se trata duns orzamentos «austeros», as or- ganizacións sindicais aduciron que «a Xunta non di a verdade cando fala de austeridade», xa que o que se está a facer realmente é recortar o gasto social e paralizar o investimento pú- blico. Para CCOO e UGT, austeridade significa «eliminar gastos inútiles e facer máis barata e eficiente a Admi- nistración», pero non reducir o in- vestimento ou deteriorar os servizos públicos. Así, nos orzamentos, o peso relativo do custo da Adminis- tración sobe, co que o Goberno é cada vez máis caro para os galegos. Descapitalización Para acelerar a saída da recesión, lembraron, Galicia precisa dun forte Maica Bouza (CCOO) e Domingo Barros (UGT) analizaron conxuntamente os orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2011
  5. 5. GALICIA SINDICALN.º 13 - Outubro 2010 (2.ª quincena) www.galicia.ccoo.es 5 proceso de capitalización, isto é, de investimento tanto público coma pri- vado. Porén, onde o Executivo auto- nómico recorta máis é precisamente no investimento. Dos 1.085 millóns de euros en que se recorta o gasto non financeiro, 804 millóns redú- cense nos gastos de capital, isto é, o investimento soporta o 74% do re- corte orzamentario. Desta maneira, o Goberno galego mingua os gastos suplerfluos —os de funcionamento— «axustando ao máximo o investi- mento público». Por oura parte, os orzamentos de 2011 son os primeiros en toda a his- toria da democracia nos que se re- ducen os fondos para os servizos pú- blicos básicos: o gasto en sanidade mingua o 4,9%, o gasto en educación un 6,6% e, no caso da vivenda, cae un 40%. Isto supón que o Goberno recorta os recursos destinados ao gasto social nunha media do 7,2%, minguando a calidade na prestación do servizo, «un paso máis na estra- texia de privatización destes servi- zos», denunciaron CCOO e UGT. As empregadas e os empregados públicos son tamén vítimas destes orzamentos debido a tres tipos de medidas: a aplicación dunha taxa de reposición moi baixa para o funcio- nariado, a redución do número de persoal público pola vía dos interi- nos/substitutos e, por último, recor- tándolles aínda máis o salario. Os or- zamentos de 2011 conxelan o salario de todos os empregados públicos de xeito que, cunha inflación prevista do 2%, se produce unha redución nese importe do salario real. Unha redución que se vén a sumar ao re- corte do 5% en xuño de 2010 e que consolida unha diminución do salario real do 7%. Os empregados públicos son, xunto ao investimento, os que pagan o axuste orzamentario. No orza- mento da Xunta, os gastos de per- soal caen o 4,2%, o que en cifras ab- solutas son 157 millóns de euros. Estes 157 millóns que «pagan» os empregados e empregadas públicos e os 804 millóns de recorte de in- vestimento suman 961 millóns de euros. É dicir, entre os dous soportan o 89% de todo o recorte orzamenta- rio de 2011. Orzamentos mal xestionados Estes orzamentos «negan de forma contundente a presunta capacidade de xestión desta Xunta de Galicia e do seu presidente», porque en 2011, «malia os apocalípticos anuncios da Xunta», os ingresos correntes redú- cense só o 2,5% en comparación con 2009, unha caída de 200 millóns. Po- rén, o gasto total non financeiro cae o 10,6%, isto é, unha redución de 1.085 millóns de euros. Ademais, o gasto corrente cae só un 3,8% mentres que o gasto de ca- pital se derruba cunha caída do 33,4%. Peor aínda, aseguraron que a Xunta «usa mal» a súa autonomía fi- nanceira porque, no canto de actuar para incrementar os ingresos promo- vendo unha fiscalidade máis progre- siva no marco das súas competen- cias, opta pola redución de impostos, o que minora os ingresos públicos. Maica Bouza, secretaria de Em- prego de CCOO, denunciou que es- tes orzamentos están «mal xestio- nados» e que non apostan por crear postos de traballo. Con 220.000 per- soas desempregadas no noso país, os orzamentos da Xunta de Galicia «renuncian de entrada a tentar se- quera reducir este drama social. Aínda máis, o Goberno nin aspira xa a que medre o emprego no noso país», aseguraron. Nos orzamentos estímase que a taxa de paro se man- terá por riba do 15% e que en 2011 non se creará emprego; pola contra, o número de ocupados vaise reducir en comparación co 2010. O que Feijóo denomina «realismo», é para Bouza a constatación do «fra- caso da súa política e do seu Go- berno», e lembrou que en 2009 e 2010 Galicia perdeu moito emprego, especialmente nos últimos nove me- ses, cando o paro se incrementou por riba da media estatal. A sindica- lista lamentou o «drástico recorte» dos recursos nas políticas de em- prego, pois excluíndo os programas con fondos finalistas, caen o 16,2% no ano 2011. Maica Bouza, secretaria de Emprego de CCOO «SON UNS ORZAMENTOS MAL XESTIONADOS QUE NON APOSTAN POLO EMPREGO»
  6. 6. alcalde da capital galega, Xosé Antonio Sánchez Bugallo, a conselleira de Tra- ballo e Benestar, Beatriz Mato, e o de- legado do Goberno en Galicia, Antón Louro. Tamén tomaron a palabra Xa- vier Dongil, presidente de FOREM-Ga- licia, María Luísa Estalote, directora de FOREM-Galicia, Manuel Villares, presi- dente da F10M e, como peche, Xosé Manuel Sánchez Aguión, secretario xe- ral do Sindicato Nacional de CCOO. GALICIA SINDICAL N.º 13 - Outubro 2010 (2.ª quincena) 6 www.galicia.ccoo.es O pasado 21 de outubro, a Funda- ción Formación e Emprego de Galicia (FOREM-Galicia) e a Fundación 10 de Marzo (F10M), ambas impulsadas polo Sindicato Nacional de Comisións Obreiras (CCOO), presentaron a súa nova sede nacional, situada na Vía Edi- son 1C, no compostelán Polígono do Tambre. As novas instalacións foron inaugu- radas nun acto no que interviñeron o Novas instalacións de FOREM e a F10M Homenaxe ás vítimas de Sestás e Camposancos, na Guarda Coma todos os anos desde hai un cuarto de século, CCOO volveu homena- xear na Guarda as vítimas do campo concentración de Camposancos e aos soterrados na foxa común de Sestás Lucía Trenor, responsable da Área de Xuventude de Comisións Obreiras O pasado 14 de outubro tivo lugar unha nova edición da Escola de Mozos e Mozas Sindicalistas. Impulsada pola Área de Xuventude de Comisións Obreiras, a escola continúa a ser, con- vocatoria tras convocatoria, un exem- plo de autonomía sindical. A responsable da Área da Xuventude de CCOO, Lucía Trenor, salienta que o sindicato, na formación dos seus ca- dros, «inculca o principal valor de Co- misións, que é non delegarmos a nosa representación nin en institucións pú- blicas ou privadas, nin en partidos po- líticos». Deste xeito, na escola presen- táronse as principais cuestións que son obxecto do traballo sindical cotián e que resultan de interese da cidadanía. Escola de Mozos e Mozas Sindicalistas 2010 O novo centro de FOREM leva o nome de Koldo Madariaga, anterior director da Fundación, falecido no verán
  7. 7. GALICIA SINDICALN.º 13 - Outubro 2010 (2.ª quincena) 7 www.galicia.ccoo.es Continúan os actos de protesta na CRTVG O persoal da CRTVG, TVG e Radio Galega concentrouse o pasado 26 de outubro nas instalacións da compañía en San Marcos (Santiago de Compostela). Responderon así á convocatoria do comité inte- rempresas para defenderen o carácter público da empresa e a estabilidade laboral Comisións Obreiras critica o pro- gresivo desmantelamento dos servi- zos públicos por parte da Xunta. Os últimos casos cébanse co Centro de Asistencia e Educación Especial San- tiago Apóstolo, na cidade da Coruña, e co Terra de Ferrol. A Administración autonómica in- formou xa de que vai considerar amortizadas 19 prazas do Santiago Apóstolo, un centro que leva aberto máis de trinta anos e foi pioneiro e referencia no campo da educación especial en Galicia. A Xunta de Galicia informou a representación legal dos traballadores (RLT) de que nos pri- meiros meses de 2011 han facer un plan de necesidades no que non des- botan desfacerse da residencia, co que deixarían moitos usuarios da área coruñesa sen un servizo co que actualmente contan. A RLT tamén foi informada de que está en estudo a construción dun centro para persoas con necesidades especiais de máis de 21 anos, pero con xestión privada, na liña que está a seguir a actual Xunta de Galicia e que desde CCOO encadran nunha ca- dea de privatización dos servizos so- ciais. O persoal do CAEE Santiago Apóstolo leva moitos meses de loita contra o abandono que sofren por parte da Xunta de Galicia. En xaneiro deste mesmo ano, o Comité denun- ciou a deterioración das instalacións do centro, con pingueiras, deficien- cias de calefacción, fendas, barreiras arquitectónicas, conducións de auga CCOO denuncia a privatización dos servizos sociais n O sindicato rexeita a amortización de 19 postos de traballo no Santiago Apóstolo da Coruña e o despedimento de case a metade do persoal do centro Terra de Ferrol deterioradas ou falla de espazos de xogo cubertos e ao aire libre, mesmo a existencia dun pavillón pechado e en estado ruinoso. O pasado mes de maio recorreron á folga para denun- ciaren as súas precarias condicións e as ameazas de privatización, e xa en xullo protagonizaron unha con- centración diante da sede central do Goberno galego, en Santiago de Compostela. Terra de Ferrol Canto ao Terra de Ferrol, a Federa- ción do Ensino de CCOO informa de que o Goberno galego prevé dividir a xestión do centro entre as conse- llarías de Educación e Traballo. Esta partición basearase nas idades dos usuarios —os máis novos, a cargo de Educación, os maiores, de Traba- llo e Benestar—, e implicará o des- pedimento de 54 das 118 persoas que integran o cadro de persoal, o que afectará aos contratos interinos. Segundo Comisións, detrás destas medidas hai un plan de privatización dos servizos públicos que o sindicato rexeita por minguar a calidade e non incrementar o aforro.
  8. 8. NÚMERO 13 - OUTUBRO 2010 (2.ª quincena) Órgano de comunicación do S. N. de CCOO www.galicia.ccoo.es Comisións Obreiras (CCOO) organi- zou o pasado 25 de outubro en San- tiago de Compostela a xornada Amianto: da Saúde Laboral á Saúde Pública. Neste evento, o sindicato de- nunciou publicamente a lacra do amianto como un problema de saúde pública no ámbito familiar e veciñal. Ademais, reclamou a creación no noso país dun centro de referencia especia- lizado no diagnóstico de patoloxías de- rivadas da exposición a este mineral. CCOO reclama que este centro de re- ferencia autonómico estea dotado cos medios técnicos e humanos adecuados que permitan non só a vixilancia da saúde dos traballadores e traballadoras postocupacionais e en activo, senón que tamén facilite, mediante diagnós- ticos rápidos e eficaces, o recoñece- mento como enfermidade profesional ou accidente de traballo. Evitaríanse, así, os «longos procesos xudiciais». A secretaria de Saúde Laboral de CCOO en Galicia, Ascensión Esteban, explicaba como as enfermidades rela- CCOO reclama un centro de referencia especializado no diagnóstico de patoloxías relacionadas co amianto cionadas co asbesto poden tardar ata vinte ou trinta anos en manifestar sín- tomas, as previsións sobre cifras de afectados poden quedar curtas en pouco tempo. Ademais, os efectos le- tais deste mineral non afectan só as persoas que traballaron directamente con el, senón que a situación de moitas empresas e fábricas orixinou unha con- taminación familiar e veciñal masiva. Calcúlase que o número máximo de persoas enfermas polo amianto che- gará a partir de 2015, e ata 50.000 persoas en todo o estado español po- derían sufrir algún dos cancros vincu- lados á exposición ao amianto. Ade- mais, esa exposición non se deu só no ámbito laboral, senón tamén no veciñal e familiar, debido a que o mineral foi utilizado masivamente como illante en tellados, canalizacións ou colectores de auga, entre outros usos. A xornada contou coa presenza da conselleira de Sanidade, Pilar Farjas (no centro da imaxe, xunta o secretario xeral de CCOO, Sánchez Aguión) Entre os reputados especialistas que interviñeron nesta xornada, des- taca a participación do italiano Giam- piero Rossi, autor do libro La lana de la salamandra, quen explicou o grave problema do mesotelioma fa- miliar e veciñal a partir da experien- cia de Casale Monferrato, con toda unha poboación enferma por mor da contaminación por este mineral. «O meu xefe dicía que se trataba dunha historia vella. A min pare- ceume interesante e fun investigar o caso nun día libre», conta Rossi. «Fiquei emocionado, porque esta non era só unha historia de cifras, era unha historia con sentimentos, con persoas». Actualmente, os responsables da empresa Eternit, causante da conta- minación, están a ser xulgados. Se- gundo Rossi, «coñecían os efectos letais do amianto desde 1964, e tanto lles tivo». Giampiero Rossi, xornalista italiano «COÑECÍAN OS EFECTOS LETAIS DO AMIANTO DESDE 1964, E NON FIXERON NADA AO RESPECTO»

×