OutubroQue podo facer na casa?
Xa recollo os meus xoguetes soiñoPautas:-   O lugar onde se gardan os xoguetes debe estar ao alcance dos    nenos.-   É im...
Pido as cousas por favor e dou grazasPautas:-   Ensina aos nenos a repetir estas palabras cada vez que sexa    necesario.-...
Sei vestirme e desvestirme sóPautas:-   Poñer e quitar roupas sen ou con peches a un boneco e logo no    propio corpo.-   ...
Saúdo ao entrar e despídome cando saioPautas:-   Desde pola mañá ao levantarnos o primero que debemos facer é    dar os bo...
NovembroQue podo facer na casa?
Aprendo a ir ao bañoPautas:     Unha vez logrado o proceso de control de esfínteres, debemosfacer fincapé nas normas de us...
Aprendo a comunicarme cos demaisA habilidade de comunicarse beneficiará aos nenos toda a súavida. Os nenos empezan a forma...
-   O aceptar aos nenos tal é como son, fai que teñan    maior disposición para compartir os seus sentimentos e    problem...
Aprendo a comerPautas:O neno debe empezar a comer coa man a partir dos 12 meses e irintroducindo os cubertos paulatinament...
sin   adiantarlla   nin   dándolle   de   comer   outra   cosa.   Asíconseguiremos que volva a ter fame.Consumo responsabl...
XaneiroQue podo facer na casa?
Adquiro bos hábitos para dormir      O sono axuda a que os nenos(as) medren fortes e sans. Aestas idades dormen aproximada...
•   Para os nenos aos que no lles guste a escuridade completa      podemos deixarlle acendida unha luz nocturna de baixa  ...
•   Mostra preocupación polo medio ambente, animais e outras    persoas.•   Expresa abertamente a túa opinión acerca das c...
A Educación Infantil posúe unhas características propias: oxogo, a comunicación oral e corporal, a relación afectiva, oshá...
desenvolvemento futuro. Fomentar o amor cara á lectura e      escritura.      Lembremos       que     existen    distintas...
•   Traballar a percepción visual : busca de erros, figuras      incompletas. Facerlles preguntas que requiran que observe...
•   Os días de choiva ou frío pódense aproveitar para visitar    entidades,   fundacións,   museos    ou   observatorios  ...
Que podo facer na casa?3-   COORDINACIÓN ÓCULO - MANUAL :     Pautas:     •   Abotoar botóns, cinturóns.     •   Atar e de...
•   Recortar cunha tixeira ou coas mans, tiras de papel, figuras     debuxadas ou láminas dunha revista. •   Modelar con p...
•   Reivindicar o dereito a poder ler no momento en que nos      apeteza e en calquera lugar: na cama, no baño, no sofá ou...
•   Compartindo os seus xoguetes cos demais nenos•   Conversando e atender aos demais•   Preocupándose polos seus compañei...
Información adicionalDesenvolvemento lingüísticoPautas:   A adquisición da linguaxe é un proceso evolutivo que segue oseu ...
   Prescindir absolutamente de chupetes, biberóns e      papillas.     Fálalle paseniño e de forma clara     Fálalle co...
•   Debe premiar inmediatamente despois de que se dea a    conducta.•   Ao principio premiar cada vez que apareza a conduc...
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Familia e escola

1,274

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
1,274
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
1
Actions
Shares
0
Downloads
8
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Familia e escola

  1. 1. OutubroQue podo facer na casa?
  2. 2. Xa recollo os meus xoguetes soiñoPautas:- O lugar onde se gardan os xoguetes debe estar ao alcance dos nenos.- É importante empezar gardándoos en grupo e asocialo a algunha canción relativa á orde ou "a gardar"- Nun principio non debes esperar unha recollida perfecta nin unha orde absoluta, o importante non é facelo perfecto é facelo.- Debemos ir dándolles pautas: por exemplo, poñer as pezas de construcción xuntas, colocar a caixa debaixo da cama ou na estantería, etc.- Recompensar o seu comportamento con frases de eloxio e bicos.- Planear por anticipado.- Recoller xoguetes tamén pode ser parte do xogo.- É moi útil ter unha caixa ou bolsa para depositar aquelas partes que queden desaparelladas, soltas ou perdidas.- Podemos motivalo empregando un reloxo de alarma e incitalo dicíndolle a ver cantos xoguetes pode recoller antes de que soe a alarma.- Todos os participantes do xogo e nós mesmos participaremos da recollida de xoguetes: a imitación dos maiores é moi útil para empezar.- Ensinar ao neno que hai un lugar para cada cousa, a orde no só nos xoguetes, senón nos zapatos, a roupa o cepillo de dentes, etc.
  3. 3. Pido as cousas por favor e dou grazasPautas:- Ensina aos nenos a repetir estas palabras cada vez que sexa necesario.- Cando necesitan algo, dilles que antes deben pedir "por favor". Tamén demóstralles a importancia de saber agradecer.- A idea é pedir aos nenos que pidan as cousas por favor de forma divertida. Por exemplo, cando piden auga, en lugar de dicirlles "Como se piden as cousas", dicir "que ninguén lle de auga a Pepito".- Outra idea é facelos "dicir e pedir sempre as cousas cun sorriso".Para eles son expresións moito máis divertidas que ademais provocan un trato máis directo e humano cos pais, levando os bos modais máis alá do convencionalismo social.- Os sorrisos son o elemento que máis alegra a vida familiar, e forzan a que as cousas se fagan de boas maneiras.- A repetición é a clave para que os nenos incorporen estas dúas palabras ao seu vocabulario de forma habitual. Dende moi pequenos, hai que utilizalas ao dirixirse a eles e insistir en que as usen para que as entendan como unha fórmula máxica para obter as súas necesidades e para agradecelo.
  4. 4. Sei vestirme e desvestirme sóPautas:- Poñer e quitar roupas sen ou con peches a un boneco e logo no propio corpo.- Meter botóns en botoeiras.- Espirse de forma autónoma antes de deitarse.- Vestirse e espirse por si mesmo diariamente.- Ensinalo a facer os lazos dos zapatos.- Ir diminuíndo de forma progresiva a axuda.- Recoñecelos con xestos afectivos cando se viste ou ispe só.- Insistirlle en que recollan a roupa do cuarto e a poñan nun lugar axeitado.- Ensinarlles os lugares nos que se atopa a roupa e que se responsabilicen, na medida do posible, de preparala e elixila.- Adestralo na habilidade manual: o Chascar os dedos. o Coller e soltar obxectos. o Ensartar contas nun fío. o Introducción de obxectos nunha rañura.
  5. 5. Saúdo ao entrar e despídome cando saioPautas:- Desde pola mañá ao levantarnos o primero que debemos facer é dar os bos días a tódalas persoas que nos encontremos pola casa (ben sexa camino do baño, da cociña ou de onde sexa).- Ao saír da casa sempre debe un despedirse dos presentes; ben de palabra cun "asta logo", "adeus", "ata pronto", etc. e/ou cun abrazo ou un bico.- Ao chegar a casa (cando sexa, mediodía, pola tarde, etc.) débese saudar a todos os presentes, da mesma forma que ao despedirse: de palabra ou cun bico ou abrazo.- Emprega a repetición. As conductas repetidas convértense pouco a pouco en hábitos. Intenta que o teu fillo te vexa sempre saudar á xente cun sorriso, despedirte cun bico, sentarte ben á mesa...Asimesmo, debes estar atenta aos seus modos e frear en canto o detectes calquera mal hábito.- Dá importancia ao tema. Que o neno comprenda que ser educado é algo imprescindible para unha convivencia.
  6. 6. NovembroQue podo facer na casa?
  7. 7. Aprendo a ir ao bañoPautas: Unha vez logrado o proceso de control de esfínteres, debemosfacer fincapé nas normas de uso e hixiene no cuarto de baño:- Subir e baixar a tapa do inodoro antes e despois do seu uso.- Ouriñar ou defecar sen mancharse ou mollarse.- Cortar o papel hixiénico e limparse sen mancharse.- Tirar da cadea despois de facer pipí ou caca.- Lavarse as mans antes de saír do cuarto de baño.Non hai que rifarlles cando faga escapes nin castigarlles (hai quefalarlles con voz suave pero firme).Non se debe ridiculizar aos nen@s.
  8. 8. Aprendo a comunicarme cos demaisA habilidade de comunicarse beneficiará aos nenos toda a súavida. Os nenos empezan a formar as súas ideas e opinións de simesmos baseadas no ben que os pais se comunican con eles.Pautas: - Saber escoitar: Cando nun momento dado non se pode prestar completa atención ao neno, é mellor parase un intre e dicir: “agora non te podo atender ¿podes esperar 10 minutos a que remate...?” - Mirarlle aos ollos. Inclinarse cara diante, especialmente cando o que comunica el ou ela o considera importante. - Evitar as interrupcións. Deixarlle terminar de falar para que vexa que realmente estamos interesados no que lle pasa. - Asentir coa cabeza ocasionalmente, sorrir cando sexa oportuno, un “Mmm” de vez en cando, lle fai saber ao neno que se lle está escoitando atentamente. - É moi importante mostrarlles respecto sempre. - Facerlles saber que prestaron atención, repetindo o que acaban de escoitar, con palabras diferentes. Tamén é unha oportunidade de aclarar as cousas se os pais non entenderon algo ou interpretan mal o que os seus nenos tratan de dicir.
  9. 9. - O aceptar aos nenos tal é como son, fai que teñan maior disposición para compartir os seus sentimentos e problemas. DecembroQue podo facer na casa?
  10. 10. Aprendo a comerPautas:O neno debe empezar a comer coa man a partir dos 12 meses e irintroducindo os cubertos paulatinamente, ata conseguir que aosdous anos coma so e con axuda mínima.A hora da comida debe convertirse nun acto agradable eplacenteiro que favoreza a socialización e o diálogo.Deberá permanecer ben sentado durante o tempo que dure acomida e sen ningún xoguete, televisión ou vídeo que o distraia.Non convén forzarlle se non ten apetito xa que se pode producircerto rexeitamento ao acto de comer.O menú debe ser acorde ás necesidades alimenticias do neno enunca en función dos seus caprichos. Sempre tratando de que a sudieta sexa equilibrada.As racións deben ser axeitadas e os menús variados segundo aidade e o peso dos nenos, non se debe sobrealimentalos.O neno debe comer ao seu ritmo pero dentro duns límitesrazoables. Si pasado un tiempo non dá rematado, hai queretirarlle todos os alimentos e esperar á hora da seguiente comida,
  11. 11. sin adiantarlla nin dándolle de comer outra cosa. Asíconseguiremos que volva a ter fame.Consumo responsable de xoguetesOs xoguetes están estes meses na orde do día. A televisión emitecontinuamente anuncios, os escaparates móstrannolos adesbordar, recibimos catálogos na casa...Debemos considerar que os pais excesivamente xenerososdesconcertan aos nenos. As ilusións e o cariño non sonproporcionais ao número de regalos senón, máis ben, áforma en como se ofrecen e reciben. Pautas:• Fagamos que desexen o agasallo, que o esperen pacientemente, ensinándolles así a aprazar o desexo.• A miúdo influídos pola televisión, o que lles encanta hoxe, mañá nin o lembran. Valoremos pois nós que é aquelo con o que realmente van a gozar.• Non confundir o prezo do regalo co seu valor: debemos escoller un xoguete adecuado a idade do neno que estimule o seu crecemento (motriz, cognitivo, afectivo e social). Unha sinxela e barata pelota, unha variña máxica, un casco de bombeiros… poden ser dun enorme valor para un neno ou unha nena.• Regalemos con moderación. Non os convertamos en nenos “hiperregalados”. Si regalamos continuamente cousas aos nosos fillos acabaremos frustrándoos porque pensarán que é moi fácil obter todo o que queren, sen haber elaborado defensas para cando non poidan conseguir aquelo que queiran.• O mellor regalo que podemos ofrecerlles, o máis desexado, é sen dúbida, o noso tempo. Dediquémoslles moito e de calidade.• Gocemos deles e con eles.• Aproveitemos para vivir un Nadal de felicidade e ilusión, vivencias estas, que no se compran en ningunha tenda.
  12. 12. XaneiroQue podo facer na casa?
  13. 13. Adquiro bos hábitos para dormir O sono axuda a que os nenos(as) medren fortes e sans. Aestas idades dormen aproximadamente de 10 a 12 horas durantecada período de 24 horas. Unha rutina para irse a durmir é unhaboa maneira de asegurar que durma o necesario.Pautas: • Inclúa un período de tranquilidade uns trinta minutos antes da hora de durmir. • Estableza horas fixas para acostarse e levantarse. • Seguir a rutina de certas accións de maneira repetida para que sexan previsibles para o neno: tomar un baño, poñerse o pixama e zapatillas, lavarse os dentes, facer pis, ler un conto... proporcionarán ao neno sensación de comodidade e seguridade. • A voz dos pais é unha boa ferramenta para dispoñer aos nenos ao sono: aos nenos encántalles que un adulto lle conte un conto en voz alta. Ademais de relaxarlle e sentirse acompañado, potencia o gusto polos libros e a lectura. • No momento de acostarse deben evitarse todas as distraccións na habitación: o ruído e a luz dificultan o sono.
  14. 14. • Para os nenos aos que no lles guste a escuridade completa podemos deixarlle acendida unha luz nocturna de baixa intensidade. • Un biquiño... boas noites e felices sonos.Aprendo a respectar aos demais Un neno respectuoso é coidadoso coas súas pertencias eresponsabilidades, e consegue levarse ben cos seus compañeiros.Son os pais os que teñen a maior influencia sobre os nenos candose trata de que aprendan a ser respectuosos.Pautas: • Se fas algo mal, admíteo e pide disculpas. • Non trates de avergoñar, insultar ou burlarte do teu fillo. • Elóxiao polas boas accións e permite que tome decisións e asuma responsabilidades por sí mesmo. • Faille saber que o queres, varias veces ao día. • Escoita sempre a versión da historia do teu fillo antes de tomar unha decisión sobre unha cuestión ou un problema. • Sé cortés e emprega "por favor" e "grazas" cando lle pides que faga algunha cousa. • Golpea suavemente a porta antes de entrar na habitación do teu fillo. • Cumple as promesas.
  15. 15. • Mostra preocupación polo medio ambente, animais e outras persoas.• Expresa abertamente a túa opinión acerca das conductas irrespetuosas. FebreiroQue podo facer na casa?
  16. 16. A Educación Infantil posúe unhas características propias: oxogo, a comunicación oral e corporal, a relación afectiva, oshábitos de coidado persoal, etc. Cada nena e cada neno teñen undesenvolvemento madurativo propio que temos que respectar. Osnenos e as nenas comprenden que utilizar a escritura e a lecturaserve para comunicar, para gozar con ela, e rexeitana cando selles impón e se lles desmotiva con calificativos negativos.- Habilidades que deben desenvolverse nos nenos de educacióninfantil: 1- HABILIDADES LINGUÍSTICAS: comprensión e expresión. 2- ORIENTACIÓN ESPAZO-TEMPORAL E LATERALIDADE: saber situarse nun lugar dado (saber qué está á dereita, á esquerda, diante, detrás, enrriba e abaixo). Comprender o paso do tempo: pasado-presente- futuro. 3- COORDINACIÓN ÓCULO-MANUAL: saber representar o que se ve. 4- MOTIVACIÓN E ACTITUDE POSITIVA CARA Á LECTURA: comprender que a lectura e a escritura son ferramentas moi valiosas e útiles para o seu
  17. 17. desenvolvemento futuro. Fomentar o amor cara á lectura e escritura. Lembremos que existen distintas etapas demaduración en lectoescritura polo que hai que respectar“sen agobios” o proceso natural e individual no que osnosos fillos se atopan. 2 - ORIENTACIÓN ESPAZO-TEMPORAL E LATERALIDADE: Pautas: • Realizar actividades de orientación espacial con palillos, para reproducir. • Desenvolver xogos e actividades de orientación: dous pasos adiante, tres á esquerda... • Os quebracabezas e xogos de construcción desenvolven a atención, a orientación espacial, a percepción de formas, etc. • Preguntarlles sobre o que fixeron pola mañá, que fixeron pola tarde. • Axudarlles a afianzar as nocións dereita - esquerda: o prato está á esquerda do vaso, e o vaso entón…
  18. 18. • Traballar a percepción visual : busca de erros, figuras incompletas. Facerlles preguntas que requiran que observe: en que se diferencian un vaso e unha xerra?. • Revolver chocolate con leite, azucre no leite... • Bater un ovo. • Fretar (en movemento circular, contrario ás agullas do reloxo): cunha esponxa lavar un prato, sacar brillo cun trapo a unha bandexa, limpar o po dunha mesa... • Utilizar pinzas para facer torres con cubos pequenos, trasladar grans de cereais dunha cunca a outra, pinzas de tender para facer trens…Amor pola natureza Na escola e dende os medios de comunicación lévanse a cabocampañas de sensibilización, pero os pais e as nais teñen un papelfundamental a hora de transmitir aos seus fillos un valor tanimportante para vivir en sociedade como é o amor pola naturazae o respecto ao medioambente.Pautas: • Aproveitar o bo tempo para facer saídas á natureza, xa sexa a parques, montes ou fragas e alí facer que os nenos e as nenas se percaten da riqueza do mundo animal e vexetal.
  19. 19. • Os días de choiva ou frío pódense aproveitar para visitar entidades, fundacións, museos ou observatorios que promoven o respecto pola natureza.• Animalos a escribir historias ou facer debuxos sobre as pequenas esceas da natureza que os rodean.• Implicarlles no reciclaxe, o aproveitamento de material e a responsabilidade no gasto de enerxía.• Facerse fotos en entornos verdes, poñelas en lugares visibles da casa e comentalas de vez en cando cos máis pequenos. Marzo
  20. 20. Que podo facer na casa?3- COORDINACIÓN ÓCULO - MANUAL : Pautas: • Abotoar botóns, cinturóns. • Atar e desatar nós • Ensartar perlas nun cordel para facer colares . • Pasar as páxinas dun libro
  21. 21. • Recortar cunha tixeira ou coas mans, tiras de papel, figuras debuxadas ou láminas dunha revista. • Modelar con plastilina. • Pintar e debuxar . • Utilizar quebracabezas e puzzles graduados. • Facer labirintos .4 – MOTIVACIÓN CARA Á LECTURA EESCRITURA: Pautas: • Relacionándoa con situacións da súa vida diaria: lectura de receitas de cociña, as instruccións dos xoguetes, listas da compra. • Si nos ven ler, eles lerán . • Crear un ambiente de lectura na casa .
  22. 22. • Reivindicar o dereito a poder ler no momento en que nos apeteza e en calquera lugar: na cama, no baño, no sofá ou tirados no chan. • Facer do libro un regalo habitual. • Colocar os libros ao seu alcance , nos estantes inferiores das estanterías para que poidan collelos e deixalos cando lles apeteza. • En lugar de colocar os libros mostrando o lombo, poñelos de maneira que se vexan as portadas , xa que é moito máis motivador e divertido. • Sentarnos co neno no noso regazo e comentar os debuxos dos libros deixándolle que pase as páxinas. Os libros e o hábito lector, como tantas outras cousas, está moi ligado á afectividade. • Contarlle contos . Contar contos no só conleva beneficios para a lectura senón que, ademais, é un potente estimulante para mellorar a autoestima do noso fillo.O valor da amizade Sen dúbida cada neno é distinto e a súa personalidadedependerá de moitos factores. De todas formas, o neno deEducación Infantil atópase nunha etapa ideal para educalo naamizade.Pautas: • Buscando a conciliación e non a pelexa cos seus compañeiros
  23. 23. • Compartindo os seus xoguetes cos demais nenos• Conversando e atender aos demais• Preocupándose polos seus compañeiros• Esforzándose por facer algo útil en beneficio dos amigos• Animando ao compañeiro ou amigo que estea triste• Alegrándose cos logros positivos dos demais• Invitando aos seus amigos a xogar na súa casa• Preocupándose por algún amigo ferido ou enfermo• Demostrando afecto e cariño a os seus amigos
  24. 24. Información adicionalDesenvolvemento lingüísticoPautas: A adquisición da linguaxe é un proceso evolutivo que segue oseu propio ritmo e curso. Os nenos/as van desenvolvendoprogresivamente as súas habilidades lingüísticas dende osprimeiros meses de vida ata os 5-6 anos aproximadamente.  Comer correctamente axuda a pronunciar mellor. Morder e mastigar alimentos con diferentes texturas (froitas, pan de barra, galletas...).  Fomentar a autonomía do neno/a nos momentos das comidas.
  25. 25.  Prescindir absolutamente de chupetes, biberóns e papillas.  Fálalle paseniño e de forma clara  Fálalle correctamente e non imites a súa forma de falar.  Evitar sempre os comentarios, incluso por parte de familiares e amigos, respecto á súa forma de falar pois pode levar a unha inhibición no teu fillo, reducindo a súa expresión.  Acompaña calquera cousa que faga con palabras.Faille preguntas abertas, non de si e non. Incítao a que se exprese.  Non corrixas directamente as producións erradas do neno/a. Utiliza esa palabra nunha frase para que a escoite ben dita.  Cóntalle contos facéndoo partícipe, pedíndolle axuda nalgún momento e facéndolle preguntas. Que diga os nomes dos obxectos que aparecen nas imaxes.  Ensinarlle cancións, adiviñas, refráns,...  Xogar a adiviñar obxectos nomeando só algunhas características.  Xogar ao “Veo veo”Reforzar as conductas adecuadas “TODA CONDUCTA QUE RECIBE UN PREMIOTENDE A REPETIRSE”. Polo tanto premie a conducta quequere que se repita.Pautas: • Abráceo/a, acarícieo/a, dígalle o ben que o fixo e o contento/a que está por elo; reconózcao ante outros membros da familia.
  26. 26. • Debe premiar inmediatamente despois de que se dea a conducta.• Ao principio premiar cada vez que apareza a conducta. Cando a conducta apareza con bastante frecuencia premiar só de vez en cando (exemplo: de cada catro veces premiar unha). Cuando o hábito forme parte da súa conducta habitual, premie de tarde en tarde, porque as conductas que non reciben ningún premio extinguense.• A atención é un reforzo que fai que aumente a frecuencia de emisión de tal conducta. Recorde que un neno/a necesita recibir atención dos seus pais. Si a única que recibe é a negativa ( cando fai algo mal), aceptarana porque esa é mellor que nada.• Non empregar tácticas de “si fas... doute”...é unha forma de chantaxe.• As normas que lle deamos deben estar moi claras. Repetilas tantas veces como sexa necesario, adoptando unha actitude serena, sen gritos, sen angustias...• Pai e nai deben ser coherentes coas normas que se den e, sobre todo, estar de acordo entre ambos.• Sexan constantes nas posturas que adopten. Non cedan a menos que existan razóns moi xustificadas.

×