Your SlideShare is downloading. ×
PAU 2013
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×
Saving this for later? Get the SlideShare app to save on your phone or tablet. Read anywhere, anytime – even offline.
Text the download link to your phone
Standard text messaging rates apply

PAU 2013

1,173

Published on

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
1,173
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
2
Actions
Shares
0
Downloads
0
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

Report content
Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
No notes for slide

Transcript

  • 1. Proba de Acceso ás EnsinanzasUniversitarias oficiais de Grao 2013  PARTICIPACIÓN NA PROBA• Alumnos que estean en posición do Título de Bacharelato LOE ou título equivalente.• Realización da proba na universidade á que estea adscrito o centro de educación secundaria no que obtivera o Título de Bacharelato.• Os que obtivesen o Título de Bacharelato ou equivalentes en convocatorias anteriores poderán realizala na universidade á cal estea adscrito o centro de educación secundaria máis próximo ao seu lugar de residencia.• Anulación das probas realizadas nun mesmo curso en máis dunha universidade.
  • 2. Proba de Acceso ás Ensinanzas Universitarias oficiais de Grao 2013  ESTRUTURA DA PROBA DE ACCESO • FASE XERAL • FASE ESPECÍFICAo Dúas convocatorias anuais: Ordinaria e Extraordinaria.o Os estudantes poderán presentarse en sucesivas convocatorias para mellorar a cualificación da fase xeral ou de calquera das materias da fase específica. Tomarase en consideración a cualificación obtida na nova convocatoria, sempre que esta sexa superior á anterior.o A superación da fase xeral terá validez indefinida.o A cualificación das materias da Fase Específica terá validez para o acceso á universidade durante dous cursos académicos seguintes á súa superación.
  • 3. Proba de Acceso ás Ensinanzas Universitarias oficiais de Grao 2013  ESTRUTURA DA PROBA DE ACCESO • FASE XERAL • FASE ESPECÍFICAo Dúas convocatorias anuais: Ordinaria e Extraordinaria.o Os estudantes poderán presentarse en sucesivas convocatorias para mellorar a cualificación da fase xeral ou de calquera das materias da fase específica. Tomarase en consideración a cualificación obtida na nova convocatoria, sempre que esta sexa superior á anterior.o A superación da fase xeral terá validez indefinida.o A cualificación das materias da Fase Específica terá validez para o acceso á universidade durante dous cursos académicos seguintes á súa superación.
  • 4. Proba de Acceso ás EnsinanzasUniversitarias oficiais de Grao 2013 EXERCIOS• O estudante realizará os exercicios da PAU nos lugares que determine a CiUG.• Poderase empregar, a súa elección, calquera das linguas oficiais da CA de Galicia. Non obstante, os exercicios correspondentes a Lingua castelá e L., Lingua galega e L. e Lingua estranxeira deberán realizarse nos seus respectivos idiomas.
  • 5. Proba de Acceso ás Ensinanzas Universitarias oficiais de Grao 2013  FASE XERAL. Exercicios Lingua Castelá e literatura Lingua Galega e Literatura Lingua Estranxeira (Alemán, Francés, Inglés, Italiano ou Portugués) Historia de España ou Historia da Filosofía Materia de modalidade do 2º curso de bacharelato• En cada exercicio se entregarán dúas opcións diferentes entre as que o estudante deberá elixir unha.• A duración máxima de cada exercicio será de unha hora e media• O intervalo mínimo entre a finalización dun exercicio e o comezo do seguinte será de 45 minutos.
  • 6. Proba de Acceso ás Ensinanzas Universitarias oficiais de Grao 2013 FASE XERAL. Exención Lingua Galega e L.• Estará exento da realización deste exercicio o alumnado con exención da materia de Lingua galega e literatura nalgún dos cursos de bacharelato, así como o alumnado que non realizase ningún dos dous cursos de bacharelato en Galicia.• A exención na PAAU do exercicio de lingua galega e literatura deberá ser solicitada polo alumno no impreso de matrícula da proba de acceso.
  • 7. Proba de Acceso ás Ensinanzas Universitarias oficiais de Grao 2013  FASE XERAL. Cualificacións Cada exercicio se cualificará de 0 a 10 puntos, con dúas cifras decimais. A cualificación da Fase Xeral será a media aritmética das cinco cualificacións, expresada en forma numérica de 0 a 10 puntos, con tres cifras decimais, arredondada á milésima máis próxima e no caso de equidistancia á superior. Necesario acadar unha cualificación ≥ 4 puntos. Cualificación de acceso: 60% Nota Media do Bacharelato + 40% Cualificación Fase Xeral. Cualificación de acceso: é necesario acadar os cinco puntos (60%NMB +40%CFX ≥ 5) Nota Media do Bacharelato: con dous decimais, arredondeando á centésima máis próxima e en caso de equidistancia á superior.
  • 8. Proba de Acceso ás Ensinanzas Universitarias oficiais de Grao 2013  FASE ESPECÍFICA. ExerciciosMaterias de modalidade do 2º de bacharelato A fase específica será de carácter voluntario. Cada estudante poderá examinarse dun máximo de catro materias de entre as de modalidade do segundo curso de bacharelato que deberán ser distintas da materia de modalidade elixida para a Fase Xeral, sempre que o estudante se examine da fase xeral e da fase específica na mesma convocatoria. Os exercicios presentarán dúas opcións diferente entre as que o estudante deberá elixir unha.
  • 9. Proba de Acceso ás Ensinanzas Universitarias oficiais de Grao 2013  FASE ESPECÍFICA. ExerciciosMaterias de modalidade do 2º de bacharelato A duración de cada exercicio será dunha hora e media. Deberá establecerse un intervalo mínimo de 45 minutos entre o final dun exercicio e o comezo do seguinte. O estudante indicará na solicitude de matrícula para a proba de acceso, as materias de modalidade das que se examinará na fase específica e que, en todo caso, non poderán coincidir coa materia de modalidade escollida para a fase xeral.
  • 10. Proba de Acceso ás Ensinanzas Universitarias oficiais de Grao 2013 FASE ESPECÍFICA. Cualificacións• Cada unha das materias das que se examine o estudante na fase específica será cualificada de 0 a 10 puntos, con dúas cifras decimais.• Considerarase superada a materia cando se obteña unha cualificación igual ou superior a cinco puntos.
  • 11. Proba de Acceso ás Ensinanzas Universitarias oficiais de Grao 2013 NOTA DE ADMISIÓN.Para ás ensinanzas oficiais de Grao con máis solicitudes que prazas Para a admisión ás ensinanzas universitarias oficiais de Grao nas que se produza un procedemento de concurrencia competitiva é dicir, nas que o número de solicitudes sexa superior ao número de prazas ofertadas, as universidades públicas empregarán para a adxudicación das prazas a nota de admisión que corresponda, que se calculará coa seguinte fórmula e se expresará con tres cifras decimais, arredondada á milésima máis próxima e no caso de equidistancia á superior.
  • 12. Proba de Acceso ás Ensinanzas Universitarias oficiais de Grao 2013 NOTA DE ADMISIÓN.Para ás ensinanzas oficiais de Grao con máis solicitudes que prazas• No caso de empate na nota de admisión, para a adxudicación de prazas, terán opción preferente os estudantes que na Fase Xeral elixiran unha materia de modalidade vinculada á rama de coñecemento da ensinanza á que se solicite acceder.
  • 13. Proba de Acceso ás Ensinanzas Universitarias oficiais de Grao 2013 NOTA DE ADMISIÓN. Nota de admisión = 0,6*NMB + 0,4*CFX + a*M1 + b*M2 NMB = Nota media do Bacharelato. CFX = Cualificación da Fase Xeral. M1, M2 = As dúas mellores cualificacións das materias da Fase Específica. a, b = Parámetros de ponderación das materias da Fase Específica.
  • 14. Proba de Acceso ás Ensinanzas Universitarias oficiais de Grao 2013 NOTA DE ADMISIÓN. A nota de admisión incorporará as cualificacións das materias superadas da fase específica, sempre que estas materias estean adscritas á rama de coñecemento do título ao que se queira ser admitido
  • 15. Proba de Acceso ás Ensinanzas Universitarias oficiais de Grao 2013 CALENDARIO DA PROBA. Horarioo 1º Dia : o 12 de xuño e o 18 de setembro 9:00-10:00 Presentación 10:00-11:30 Lingua Castelá e Literatura 12:15-13:45 Historia de España / Historia da Filosofía 16:00-17:30 Lingua Galega e Literatura 18:15-19:45 Lingua Estranxeira
  • 16. Proba de Acceso ás Ensinanzas Universitarias oficiais de Grao 2013 CALENDARIO DA PROBA. Horarioo 2º Dia : o 13 de xuño e o 19 de setembro 9:00-10:30 Matemáticas II/ GregoII/Técnicas Exp.Gráfico-Plástica 11:15-12:45 Ciencias da Terra e Ambientais/Literatura Universal/ Deseño 13:30-15:00 Química/ Latín/ Debuxo Artístico II 16:30-18:00 Bioloxía /Mecánica/ Historia da Arte 18:45-20:15 Electrotecnia/ Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais/Artes Escénicas/Imaxe
  • 17. Proba de Acceso ás Ensinanzas Universitarias oficiais de Grao 2013 CALENDARIO DA PROBA. Horarioo 3º Dia:o 14 de xuño e o 20 de setembro 9:00-10:30 Física/ Xeografía/ Análise Musical II 11:15-12:45 Tecnoloxía Industrial II /Economía da Empresa 13:30-15:00 Debuxo Técnico/Historia da Música e da Danza
  • 18. Reclamación e/ou Dobre Corrección Sobre a cualificación outorgada de cada materia despois da primeira corrección e no prazo de tres días hábiles contados a partir da data de publicación das cualificacións, cada estudante poderá presentar solicitude de:Reclamación ou Dobre corrección. As solicitudes de reclamación e segunda corrección poderán presentarse no lugar de entrega e recollida de documentación (LERD) no cal se entregou a solicitude de matrícula para a PAU. Hai que empregar os impresos específicos a tal efecto, ou a través da aplicación informática NERTA, non sendo preciso neste caso a entrega das solicitudes nos LERD. Para iso é necesario o código de acceso dos resgardo de matrícula para a PAU.
  • 19. Reclamación e/ou Dobre Corrección Sobre a cualificación outorgada de cada materia despois da primeira corrección e no prazo de tres días hábiles contados a partir da data de publicación das cualificacións, cada estudante poderá presentar solicitude de:Reclamación ou Dobre corrección. As solicitudes de reclamación e segunda corrección poderán presentarse no lugar de entrega e recollida de documentación (LERD) no cal se entregou a solicitude de matrícula para a PAU. Hai que empregar os impresos específicos a tal efecto, ou a través da aplicación informática NERTA, non sendo preciso neste caso a entrega das solicitudes nos LERD. Para iso é necesario o código de acceso dos resgardo de matrícula para a PAU.
  • 20. Reclamación Poderá presentar unha solicitude de reclamación ante a Comisión Organizadora das PAU sobre a cualificación outorgada a cada unha das materias das que se fixese exame naqueles exercicios nos que se considere incorrecta a aplicación dos criterios xerais de avaliación e/ou específicos de corrección. Os exercicios sobre os que se solicite reclamación serán revisados co obxecto de verificar que todas as cuestións fosen avaliadas cunha correcta aplicación dos criterios xerais de avaliación e/ou específicos de corrección, así como a comprobación de que non existen erros materiais no proceso de cálculo da cualificación outorgada.
  • 21. Dobre Corrección O alumnado poderá presentar, ante o presidente do Tribunal, solicitude dunha segunda corrección [dobre corrección] dos exercicios nos que se considere incorrecta a aplicación dos criterios xerais de avaliación e/ou específicos de corrección. Os exercicios sobre os que se presente unha solicitude de segunda corrección serán corrixidos por un profesor ou profesora especialista distinto ao que levou a cabo a primeira corrección.
  • 22. Dobre Corrección A cualificación resultará da media aritmética das cualificacións obtidas nas dúas correccións. No suposto de que existise unha diferenza de 2 ou máis puntos entre as dúas cualificacións, o tribunal efectuará, de oficio, unha terceira corrección. A cualificación final será a media aritmética das tres cualificacións. Sobre a cualificación outorgada despois do proceso de segunda corrección, o estudante poderá presentar reclamación ante a Comisión Organizadora, no prazo de tres días hábiles, contados a partir da data de publicación da resolución da segunda corrección. A cualificación definitiva será a que resulte desta revisión, sempre que sexa superior a outorgada na segunda corrección.
  • 23. IES ARCEBISPO XELMÍREZ 1Departamento de orientación SORTE A TOD@S www.xelmirez.com http://oblogorienta.blogspot.com.es/

×