Your SlideShare is downloading. ×
Mais recursos lingua
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×

Introducing the official SlideShare app

Stunning, full-screen experience for iPhone and Android

Text the download link to your phone

Standard text messaging rates apply

Mais recursos lingua

20,479
views

Published on


0 Comments
1 Like
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

No Downloads
Views
Total Views
20,479
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
19
Actions
Shares
0
Downloads
250
Comments
0
Likes
1
Embeds 0
No embeds

Report content
Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
No notes for slide

Transcript

  • 1. 6PRIMARIA • Vocabulario temático ....................................................................................................... 113 • Comprensión lectora ....................................................................................................... 119 • Análise gramatical ........................................................................................................... 163 • Traballos en grupo ........................................................................................................... 179 • Traballo co dicionario ...................................................................................................... 185 • Pezas teatrais ................................................................................................................... 197 • Guías de lectura ............................................................................................................... 121 • Banco ortográfico ............................................................................................................. 139 • Ditados .............................................................................................................................. 161 Lingua Máis recursos Obradoiro Santillana 234698 _ 0001-0061.indd 1234698 _ 0001-0061.indd 1 1/12/09 16:23:271/12/09 16:23:27
  • 2. Máis recursos Lingua 6 é unha obra colectiva concibida, creada e realizada no Departamento de Primaria de Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L., baixo a dirección de Ana María Guerra e José Tomás Henao. Ilustración: Eduardo Fuentes Edición: Ánxela Carril e Mercedes Rubio Fotografías: J. Jaime; Krauel; S. Enríquez; AGENCIA ESTUDIO SAN SIMÓN/A. Prieto; HIGHRES PRESS STOCK/AbleStock.com; ISTOCKPHOTO; J. M.ª Barres; European Community/EC/ECHO/François Goemans; ARQUIVO SANTILLANA Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra só pode ser realizada coa autorización dos seus titulares, salvo excepción prevista pola lei. Diríxase a CEDRO (Centro Español de Dereitos Reprográficos, www.cedro.org) se necesita fotocopiar ou escanear algún fragmento desta obra. © 2010 by Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Ruela de Entrecercas, 2 - 15705 Santiago de Compostela PRINTED IN SPAIN Impreso en España por CP: 234698 Depósito legal: 234698 _ 0001-0061.indd 2234698 _ 0001-0061.indd 2 25/11/09 16:42:5625/11/09 16:42:56
  • 3. Vocabulario temático 21. O corpo humano 12. Os sentimentos 13. A infancia 14. Os dereitos humanos 15. A solidariedade 16. Os materiais 7. Os sons 18. A electricidade 19. O relevo 10. O clima 11. A contaminación 12. A localidade 13. A ciencia 14. A arte 15. A historia 234698 _ 0001-0061.indd 3234698 _ 0001-0061.indd 3 25/11/09 16:42:5625/11/09 16:42:56
  • 4. 4 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Nome Data Vocabulario temático Ficha 1 O corpo humano 1. Escribe outras palabras relacionadas co corpo humano. Substantivos Adxectivos Verbos abdome corpulento alimentarse membros esmirrado coidarse musculatura suorento erguerse omoplatas forte xemer osamenta saudable engordar 2. Escribe unha oración con cada un destes significados da palabra cadeira: Cadeira 1. Cada unha das dúas partes que sobresaen do corpo por debaixo da cintura; cadril. 2. Asento para unha soa persoa e con respaldo. Significado 1: Significado 2: 3. Completa as seguintes expresións cunha das palabras do recadro. dente ollo costa ombreiro orella pé cóbado man • Se queres rematar o traballo a tempo, tes que arrimar o • Cando lle falei do asunto fixo de mercador. • Estiven toda a tarde botándolle unha co traballo de ciencias. • O can ladrou toda a noite, non me deixou pegar • Este rapaz fala polos , non o aturo. • Non lle puiden ver a cara porque se sentou de • Con el non terás problema á hora do xantar, éche de bo • Hoxe ergueuse co esquerdo. 234698 _ 0001-0061.indd 4234698 _ 0001-0061.indd 4 25/11/09 16:42:5625/11/09 16:42:56
  • 5. 5© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Vocabulario temático Nome Data Ficha 2 Os sentimentos 1. Escribe outras palabras relacionadas cos sentimentos. Substantivos Adxectivos Verbos envexa angustiado amar amizade egoísta desprezar euforia covarde calmar ira feliz aflixir pesadume respectuoso chorar 2. Le e marca a oración en que a palabra pena se podería substituír pola palabra mágoa. O xuíz impúxolle unha pena de dous anos de cárcere. Sentou a descansar nunha pena do camiño. A Marta deulle moita pena aquel can abandonado. 3. Relaciona. Substantivos Verbos furia • • entenrecer tristeza • • enrabechar rabecha • • enfastiar tenrura • • enfurecer fastío • • entristecer 4. Clasifica estas palabras segundo expresen alegría ou tristeza. • ledicia • congoxa • fortuna • aflición Alegría: Tristeza: 5. Cal dos seguintes significados lle corresponde a eufórico? Márcao. Moi triste. Irritable. Extremadamente nervioso. Moi contento. 234698 _ 0001-0061.indd 5234698 _ 0001-0061.indd 5 25/11/09 16:42:5625/11/09 16:42:56
  • 6. 6 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Vocabulario temático Nome Data Ficha 3 A infancia 1. Escribe outras palabras relacionadas coa infancia. Substantivos Adxectivos Verbos educación infantil aprender escola inocente crecer mestre obediente enredar nenez rebuldeiro estudar cativo traveso xogar 2. Completa coas palabras do recadro. neno nenez neneiro nenada anenado • Ese peiteado dálle un aspecto • Na clase hai un novo. • Roi e María enfadáronse por unha • Ao meu avó gústalle contar cousas da súa • Mario é moi , coida moi ben do seu irmán pequeno. 3. Explica o significado que ten a palabra cativo en cada oración. • Este xersei saíu moi cativo, xa se esta esfiañando. • O cativo estaba agochado debaixo da cama. • Ese caldeiro é moi cativo, tráeme outro máis grande. • Aquel home estivo cativo nunha prisión africana. 4. Que significa trasnada? Le o texto do recadro e explícao coas túas palabras. Atoulle os cordóns dos zapatos á cadeira. Que trasnada! 234698 _ 0001-0061.indd 6234698 _ 0001-0061.indd 6 25/11/09 16:42:5625/11/09 16:42:56
  • 7. 7© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Vocabulario temático Nome Data Ficha 4 Os dereitos humanos 1. Escribe outras palabras relacionadas cos dereitos humanos. Substantivos Adxectivos Verbos democracia axuizado garantir igualdade equitativo legalizar xustiza ilegal perseguir liberdade lexítimo protexer tolerancia xusto regulamentar 2. Escribe a palabra tabú que equivale a cada un destes eufemismos. • centro penal • invidente • enfermo mental • dar a luz 3. Busca eufemismos que substitúan a palabra tabú que aparece destacada nas dúas frases seguintes. • Xurxo é cego • Un familiar seu acaba de morrer 4. Explica o significado da palabra dereito nestas oracións. • Henrique mancouse no pé dereito. • Xoel tamén ten dereito a participar. • Ese cadro non está dereito. 5. Le e explica o significado das palabras destacadas. elixir eleccións electorado electoral Hoxe é día de . Todos os cidadáns temos que os nosos representantes. A xornada empeza ás nove e o poderá votar deica o final da tarde. 234698 _ 0001-0061.indd 7234698 _ 0001-0061.indd 7 25/11/09 16:42:5625/11/09 16:42:56
  • 8. 8 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Vocabulario temático Nome Data Ficha 5 A solidariedade 1. Escribe outras palabras relacionadas coa solidariedade. Substantivos Adxectivos Verbos camaradaría comprometido solidarizar compañeirismo desfavorecido auxiliar cooperación humano compartir xenerosidade responsable contribuír auxilio solidario socorrer 2. Escribe as siglas que correspondan. • Organización Mundial da Saúde • Ensinanza Secundaria Obrigatoria • Organización Non Gobernamental • Organización das Nacións Unidas • Unión Europea 3. As seguintes parellas están formadas por palabras parónimas. Elixe unha de cada para completar cada frase. • Un famoso actor (asignou/asinou) hoxe en Ourense o contrato da súa nova película. • O piragüista cangués volveu demostrar as súas (actitudes/aptitudes). • Rescataron o náufrago dun mar (infectado/infestado) de quenllas. • Botoulle á potaxe demasiadas (especies/especias). 4. Escribe un sinónimo e un antónimo de cada unha destas palabras. Axúdate do dicionario. Sinónimo Antónimo xeneroso favorecer indixencia escaseza ESO UE ONU OMS ONG 234698 _ 0001-0061.indd 8234698 _ 0001-0061.indd 8 25/11/09 16:42:5625/11/09 16:42:56
  • 9. 9© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Vocabulario temático Nome Data Ficha 6 Os materiais 1. Escribe outras palabras relacionadas cos materiais. Substantivos Adxectivos Verbos cerámica engurrado encoller coiro elástico afiar madeira natural estirar metal impermeable fabricar liño téxtil romper 2. Une e forma parellas de palabras de significado contrario. brando • • flexible ríxido • • fráxil resistente • • duro 3. De que poden estar feitas as cousas? Escribe unha lista. Plástico 4. Subliña as palabras que non pertencen a cada familia. • Familia de papel: • papelaría • empapelar • papeiras • papeleira • Familia de metal: • metalizado • metalurxia • metálico • metano 5. Engade palabras pertencentes ao campo léxico das artes. As artes PERSOAS artista OBXECTOS lenzo ACCIÓNS pintar 234698 _ 0001-0061.indd 9234698 _ 0001-0061.indd 9 25/11/09 16:42:5625/11/09 16:42:56
  • 10. 10 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Vocabulario temático Nome Data Ficha 7 Os sons 1. Escribe outras palabras relacionadas cos sons. Substantivos Adxectivos Verbos orneo agudo ornear berro enxordecedor ladrar gruñido grave ouvear ruxido melodioso bisbar asubío rouco tintinar 2. Forma antónimos engadindo os prefixos de negación: in- ou des-. • montar • cómodo • enredar • visible • culto • aceptable • conxelar • seguro • abotoar • enganchar • san • atascar 3. Escribe palabras onomatopeicas. • chap ▶ chapuzar • piiiiiii! ▶ • zmmmmmm ▶ ■ Escribe unha oración con cada unha das palabras que escribiches. 4. Completa a oración coa palabra correcta. • Esa raza de cans ten un (ravo/rabo) curto. • Xa teño as maletas na (vaca/baca) do coche. • Ese anaco de queixo está cheo de (valor/balor). 5. Nesta familia hai un intruso. Descúbreo e ríscao. voceiro vocear vocal vociferar portavoz evocar 234698 _ 0001-0061.indd 10234698 _ 0001-0061.indd 10 25/11/09 16:42:5625/11/09 16:42:56
  • 11. 11© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Vocabulario temático Nome Data Ficha 8 A electricidade 1. Escribe outras palabras relacionadas coa electricidade. Substantivos Adxectivos Verbos corrente illante apagar enerxía aceso conectar circuíto eléctrico electrocutar cable luminoso acender voltaxe resistente enchufar 2. Que lle pasa a unha persoa que bota chispas? Marca. Está moi nerviosa. Está moi enfadada. Está moi triste. 3. Subliña no texto os substantivos que estean relacionados co tema da electricidade. Unha reforma total Aquel piso estaba nun estado penoso: cables soltos e interruptores colgando da paredes, táboas do parqué levantadas con perigosos cravos despuntando, lámpadas que non acendían... O electricista e o carpinteiro tiñan moito que traballar alí. 4. Ordena ben as sílabas das palabras de cada cadro, forma unha palabra relacionada coa electricidade e cópiaa coa súa definición. 1. Conxunto de cables ou condutores unidos por onde pasa a corrente eléctrica: 2. Dispositivo para conectar un aparello eléctrico á rede, a outro aparello, etc.: 3. Dispositivo que serve de soporte dunha lámpada e asegura a conexión co circuíto eléctrico: 4. Enchufe con varios buracos para distintos aparellos: 5. O que fai que os corpos se movan ou funcionen: CUÍTOCIR EXÍANER DRÓNLA FECHUEN TADAPORLÁMPA 234698 _ 0001-0061.indd 11234698 _ 0001-0061.indd 11 25/11/09 16:42:5725/11/09 16:42:57
  • 12. 12 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Vocabulario temático Nome Data Ficha 9 O relevo 1. Escribe outras palabras relacionadas co relevo. Substantivos Adxectivos Verbos outeiro accidentado acampar serra costento deforestar deserto fluvial erosionar chaira chan escalar meseta rochoso esquiar 2. Le e marca. Que significa a expresión vir ao rego? Álvaro veu ao rego e admitiu que era mellor coller o bus. Pasear pola beira do río. Enfadarse moito por algo. Convencerse dun erro, atender a razóns. 3. Fai corresponder as palabras coas súas definicións. Axúdate co dicionario. arroio • • Ampla desembocadura dun río. encoro • • Río que desemboca noutro máis importante. fervenza • • Caída de auga desde certa altura por un desnivel brusco. afluente • • Río pequeno e con pouca auga. esteiro • • Lago artificial onde se retén e almacena a auga dun río. 4. Completa coas palabras do recadro. prados val cadea veiga cumios Ao lonxe víase a de montañas. Os máis altos estaban cubertos de neve. O gando pacía nos que había no , e nunha un labrego labraba co seu tractor. 234698 _ 0001-0061.indd 12234698 _ 0001-0061.indd 12 25/11/09 16:42:5725/11/09 16:42:57
  • 13. 13© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Vocabulario temático Nome Data Ficha 10 O clima 1. Escribe outras palabras relacionadas co clima. Substantivos Adxectivos Verbos borrasca ardente escampar inundación temperado sarabiar meteoroloxía caloroso chuviscar precipitacións polar nevar seca xélido tronar 2. Completa as oracións coa palabra axeitada en cada caso. trompa tromba • O elefante levantou a súa e fixo un saúdo. • Onte caeu unha de auga na vila. 3. Clasifica as seguintes palabras: ciclón vendaval chaparrada brisa ballón chuvisca CHUVIA VENTO 4. Forma palabras terminadas en -ada. • neve • trono • sarabia • río • xeo • chuvasco 5. Marca dúas expresións que poderías empregar para dicir que non para de chover. Vén unha escampada. Chove a varrer. Cae auga a xerros. Fai boa hora. ■ Explica o que significa cada unha das expresións que non marcaches. 234698 _ 0001-0061.indd 13234698 _ 0001-0061.indd 13 25/11/09 16:42:5725/11/09 16:42:57
  • 14. 14 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Vocabulario temático Nome Data Ficha 11 A contaminación 1. Escribe outras palabras relacionadas coa contaminación. Substantivos Adxectivos Verbos quecemento inmundo ensuciar fume irrespirable contaminar osíxeno puro purificar lixo san respirar refugo tóxico verter 2. Que significa a expresión cambiar de aires? Márcao. Nas vacacións gústalle viaxar e cambiar de aires. Ventilar. Ir a outro sitio. Reducir a contaminación dun lugar. Protexerse do vento. 3. Une cada palabra co seu sinónimo. Se non coñeces o significado dalgún termo, búscao no dicionario. malgastar • • pracenteiro coidado • • daniño minguar • • desbaldir prexudicial • • entretido ameno • • obsoleto desfasado • • decrecer obriga • • precaución agradable • • deber 4. Indica se o significado das palabras destacadas é literal (L) ou figurado (F). • Aquel veciño chupoulle todos os cartos e desapareceu. • Aquela pomba non podía voar, estaba ferida. • Saíu á ventá a observar as estrelas fugaces. • Tomé estivo toda a tarde navegando pola Internet. 234698 _ 0001-0061.indd 14234698 _ 0001-0061.indd 14 25/11/09 16:42:5725/11/09 16:42:57
  • 15. 15© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Vocabulario temático Nome Data Ficha 12 A localidade 1. Escribe outras palabras relacionadas coa localidade. Substantivos Adxectivos Verbos alcalde céntrico derrubar concello industrializado asfaltar barrio municipal edificar capital rural poboar concelleiro urbano urbanizar 2. Relaciona cada estranxeirismo co seu correspondente en galego. light • • tenda parking • • percorrido tour • • afeccionado boutique • • aparcadoiro amateur • • lixeiro 3. Escribe unha oración con cada un dos significados da palabra capital. capital 1. Poboación principal dun Estado, dunha Comu- nidade Autónoma ou dunha provincia. 2. Diñeiro ou bens dunha persoa ou dunha sociedade. Significado 1: Significado 2: 4. Que significa a palabra urbe? Márcao. Consulta no dicionario se tes dúbidas. casa cidade aldea vila 5. Marca as dúas palabras da familia de urbe. urna urbano perturbar urbanización 234698 _ 0001-0061.indd 15234698 _ 0001-0061.indd 15 25/11/09 16:42:5725/11/09 16:42:57
  • 16. 16 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Vocabulario temático Nome Data Ficha 13 A ciencia 1. Escribe outras palabras relacionadas coa ciencia. Substantivos Adxectivos Verbos análise científico descubrir fórmula experimental experimentar investigador probado inventar laboratorio tecnolóxico investigar teoría teórico verificar 2. Que che suxiren as seguintes palabras? Escríbeo. Ten en conta que o que suxire unha palabra pode ser algo negativo (tristeza, perigo…) ou positivo (alegría, tenrura…). • cadeliño • vacacións • parasol • biscoito 3. Explica coas túas palabras o significado de aparello en cada frase. a) Rompeu o aparello e perderon todo o peixe. b) Non sei que lle pasa ao aparello de radio, soa moi mal. c) O médico confirmou que ten unha afección no aparello respiratorio. a) b) c) 4. Que significa a expresión destacada? Marca. Rosalía di que cambiar a roda dunha bicicleta non ten ciencia ningunha. Non o pode facer unha persoa soa. É un traballo pouco divertido. Hai que facelo guiándose por un manual. Non é difícil. 234698 _ 0001-0061.indd 16234698 _ 0001-0061.indd 16 25/11/09 16:42:5725/11/09 16:42:57
  • 17. 17© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Vocabulario temático Nome Data Ficha 14 A arte 1. Escribe outras palabras relacionadas coa arte. Substantivos Adxectivos Verbos arquitectura artístico restaurar escultura fermoso esculpir galería clásico expoñer música decorativa pintar pintura moderna labrar 2. Indica se as palabras destacadas están usadas en sentido figurado (F) ou en sentido literal (L). • Descubriron unha nova tumba dun faraón. • Rosa é unha tumba: gardarache o segredo. • Ao saber a nova, invadiuno a ledicia. • Destruíron o castelo cando invadiron a cidade. • Naquel museo reinaba un silencio absoluto. • Daquela reinaba Dona Urraca en Galicia. 3. Relaciona cada edificio co contido que conserva ou que expón. pinacoteca • • libros biblioteca • • películas, filmes filmoteca • • xornais hemeroteca • • pinturas 4. Copia as palabras relacionadas coa música. melodía compositor pincel partitura metáfora lenzo pavillón solfexo valse batuta paleta cicel 234698 _ 0001-0061.indd 17234698 _ 0001-0061.indd 17 25/11/09 16:42:5725/11/09 16:42:57
  • 18. 18 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Vocabulario temático Nome Data Ficha 15 A historia 1. Escribe outras palabras relacionadas coa historia. Substantivos Adxectivos Verbos lembranza histórico datar cronoloxía lendario documentar vestixio ruinoso narrar memoria moderno avanzar testemuña tradicional resgardar 2. Copia cada oración substituíndo o adxectivo antigo polo sinónimo máis apropiado. arcaico pasado veterano a) Ricardo é o mestre máis antigo do colexio. b) A decoración deste salón está un pouco antiga. c) Os restos atopados no castro son moi antigos. a) b) c) 3. Forma substantivos a partir destes verbos engadindo -(a)nza ou -(e)nza. • lembrar • comparar • renacer • saber • puxar • crer • loar • manter 4. Ordena cronoloxicamente. Numera do 1 ao 4. Idade Antiga Idade Contemporánea Idade Moderna Idade Media 5. Nesta familia hai dous intrusos. Sublíñaos. data datar posdata dátil datación datable dativo 234698 _ 0001-0061.indd 18234698 _ 0001-0061.indd 18 25/11/09 16:42:5725/11/09 16:42:57
  • 19. Comprensión lectora 1. Unha barreira no horizonte 2. Quita lobos...! 3. Fabulosos poderes 4. Rede de redes 5. A calor da Terra 6. A historia dun dente de allo 7. Relixións orientais 8. Ulises e o ciclope 9. Unha doce historia 10. O labrego e o rei 11. Desertos no Planeta Azul 12. Que risa! 13. Todos e... todas 14. Ponlle vontade 15. A elección do nome 16. Verás que fácil 17. As orellas de Midas 18. Un espectáculo máxico 19. Cando en Milán choveron sombreiros 20. Un lugar único 21. Deméter e Perséfone 234698 _ 0001-0061.indd 19234698 _ 0001-0061.indd 19 25/11/09 16:42:5725/11/09 16:42:57
  • 20. 20 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Comprensión lectora Ficha 1 Nome Data Unha barreira no horizonte No norte da China hai un inmenso muro que constitúe un dos principais símbolos desta milenaria civilización: a Gran Muralla. A Gran Muralla é o resultado do afán de numerosos emperadores durante máis de mil anos e, sobre todo, do enorme esforzo de multitude de traballadores e prisioneiros. A finais do século iii a. C., Xi Huang Ti unificou o país e foi o primeiro soberano en recibir o título de emperador. A el se debe a decisión de levantar unha barreira para protexer o seu extenso territorio de ataques inimigos. Así comezou a construción da muralla. En séculos posteriores, a muralla foi ampliándose. Pero ata principios do século xv, co emperador Iung Lo, non alcanzou a súa lonxitude definitiva. Construída con diferentes materiais (ladrillo, terra, pedra calcaria e granito), a Gran Muralla está composta por unha sucesión irregular de muros e valados, xa que se construíu aproveitando restos de antigos muros que se uniron con grosas paredes de terra. Chegou a medir case 6400 quilómetros e estendíase desde a fronteira coa actual Corea ata o deserto de Gobi. Ademais, contaba con miles de torres defensivas: unha cada medio quilómetro. Na actualidade, cerca das dúas terceiras partes do total do que foi a Gran Muralla están derruídas. Para contribuír á súa conservación, en 1987 a Unesco declarouna Patrimonio Mundial da Humanidade. Algúns astronautas, ao regreso das súas viaxes espaciais, afirmaron que viran nitidamente a Gran Muralla desde o espazo, pero nos últimos anos comprobouse que, a pesar da súa magnitude, non é posible albiscala a esa distancia. 1. Escribe un título que exprese de forma exacta de que trata o texto. ■ Escribe unha afirmación verdadeira e outra falsa sobre a Gran Muralla. 2. Que tipo de construción é a Gran Muralla? Márcao. artística defensiva decorativa 234698 _ 0001-0061.indd 20234698 _ 0001-0061.indd 20 25/11/09 16:42:5725/11/09 16:42:57
  • 21. 21© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Comprensión lectora 3. Que se di da Gran Muralla? Márcao. Cando comezou a súa construción. Cando alcanzou a súa lonxitude definitiva. Onde está situada. Que materiais se utilizaron para construíla. Cal foi a súa máxima lonxitude. Cal é o seu estado de conservación. Quen foron os enxeñeiros que a construíron. ■ Numera os parágrafos do texto e localiza neles todos os datos que marcaches. 4. Se tiveses que acurtar o texto, que suprimirías? Explica por que. Ten en conta que non debes suprimir nada importante. 5. Escribe unha oración que recolla o contido do primeiro parágrafo do texto. 6. Por que o texto que acabas de ler é informativo? Explícao. 7. Contesta. • Pareceuche interesante este texto? Por que? • Cres que ofrece suficiente información sobre a Gran Muralla? • Onde poderías encontrar un texto coma este? 8. Que sabías sobre a Gran Muralla antes de ler o texto? Responde. 234698 _ 0001-0061.indd 21234698 _ 0001-0061.indd 21 25/11/09 16:42:5825/11/09 16:42:58
  • 22. 22 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Comprensión lectora Nome Data Ficha 2 Quita lobos...! Din que, nunha ocasión, ía un neno moi mentireiro co seu pai por un camiño de monte cara a unha vila na que nunca estivera. A tarde era sollía e o camiño, longo. Camiñaban contentos e falaban. Ás veces era o pai quen falaba e outras facíao o fillo. Nunha volta da conversa, o rapaz dixo: –Sabes, papá, unha vez vin moitos lobos! Que manda de lobos! –Cantos? –preguntou o pai, que sabía ben de que pé coxeaba o seu fillo–. Catro quizais? –Catro? Non, ho! –indignouse o rapaz–. Eran moitos máis! –Doce? –Non. Máis! –Trinta? –Moitos máis! Non che digo que nunca vira tantos? E todos xuntiños! –Cincuenta, quizais? –Mais de cen! –Parécencheme moitos lobos –dixo o pai, incrédulo. Esta conversa acabou e continuaron o camiño, que era ben longo. Comezaron outras e mesmo cansaron de falar. Camiñaron en silencio e, ao cabo dun bo anaco, cando o sol xa se puxera e a noite lles caía enriba, comezouse a sentir un rumor incesante, monótono e cada vez máis perceptible. O fillo espantouse un pouco, arrimouse ao pai sen dicir ren, ata que lle preguntou: –Que é ese ruído? –Non teñas medo! E a auga dun río que pasa por aquí preto. De aquí a un pouco temos que atravesalo por unha vella ponte. –É unha ponte resistente? –preguntoulle o rapaz, que sempre lle tivera medo á auga. –Si, moito; só afunde cando pasa algún mentireiro por ela. O neno quedou calado, pero deseguida dixo: –Papá, agora que o penso... creo que non vin tantos lobos como che dixen antes. –Xa me parecía que non podías ter visto tantos. Seguro que non pasaban de cen. –Incluso menos. –Oitenta? –Menos, papá, menos. Quita lobos! Quita lobos! –Cincuenta..., corenta..., trinta...? –o pai sorrindo malicioso ía diminuíndo, pouco e pouco, o número de lobos e o fillo negábao humildemente coa cabeza. –Cinco serían. –E máis algún menos tamén, si, si. Xa estaban a dous pasos da estreita ponte, cando se adiantou o pai e tentou tirar da man do fillo, pero o rapaz recuou e dixo: 234698 _ 0001-0061.indd 22234698 _ 0001-0061.indd 22 25/11/09 16:42:5825/11/09 16:42:58
  • 23. 23© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Comprensión lectora –Agarda, papá, creo que vin menos de cinco! –Tanto ten. Apura. –Oes, non estou seguro se eran dous ou se era un. –Moi ben, pero atravesa a ponte. –Non, non, que aínda podería afundir. –Por que? –Porque xa non sei se vin un lobo ou unha torada de carballo. Conto popular 1. Contesta. Que personaxes interveñen no conto e onde están? 2. Lembra esta frase da lectura e responde. «A ponte só afunde cando pasa algún mentireiro por ela.» • Quen o di? • Por que cres que di iso? • Que efecto tivo no rapaz esta expresión? • Cres que a ponte ía afundir de verdade? • Paréceche que o pai lle deu un bo escarmento ao rapaz? 3. Explica o que significa a expresión saber de que pé coxea alguén. 4. Escribe un resumo do conto. 234698 _ 0001-0061.indd 23234698 _ 0001-0061.indd 23 25/11/09 16:42:5825/11/09 16:42:58
  • 24. 24 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Comprensión lectora Nome Data Ficha 3 Fabulosos poderes En todo o mundo existen historias sobre magos e bruxos lendarios que posuían fabulosos poderes. Moitas desas historias teñen miles de anos, pero os seres dos que falan seguen interesando a todos na actualidade. Un deses seres é o mago Djedi, que, segundo contan as lendas do antigo Exipto, era capaz de unir a cabeza cortada dun animal co seu corpo, de amansar feros leóns ou de atopar os tesouros mellor gardados. Outro famoso personaxe foi a meiga Circe, á que as lendas mitolóxicas da antiga Grecia lle atribúen a facultade de converter os homes en leóns, porcos, cans… Ademais, din que podía adiviñar o futuro e devolver a xuventude aos anciáns. Moi célebre tamén na Roma antiga foi Moeris. Segundo parece, polos relatos que chegaron ata nós, tiña facultades sorprendentes: podía cambiar de sitio os campos de cultivo, converterse en home lobo ou resucitar os mortos. Pero, para moitos, o mago máis grande de todos os tempos foi o sabio Merlín, que, segundo se contaba, vivía en terras de Inglaterra e era capaz de converter a noite en día, adoptar calquera forma animal ou humana, ou facer aparecer nun santiamén poderosos exércitos en batallas cruciais. Narracións e lendas foron as encargadas de facer chegar ata nós a suposta existencia destes seres fabulosos. 1. Que información non se encontra no texto? Marca. En que convertía Circe os homes. Onde viviu Moeris. Como conseguía Merlín converterse en animal. 2. Numera os parágrafos do texto e di de que trata cada un dos seguintes. Debes responder cunha palabra. • Parágrafo 2 ▶ • Parágrafo 3 ▶ • Parágrafo 4 ▶ • Parágrafo 5 ▶ 234698 _ 0001-0061.indd 24234698 _ 0001-0061.indd 24 25/11/09 16:42:5825/11/09 16:42:58
  • 25. 25© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Comprensión lectora 3. Que dous datos se ofrecen no texto sobre cada mago? Marca. O lugar en que viviu. O rei ao que axudou. Os poderes que posuía. 4. Completa e copia no teu caderno o esquema do texto. Ademais do nome de cada mago debes incluír de onde era e que poderes tiña. 5. Inventa e escribe un parágrafo sobre este mago para incluílo no texto. Nome: Lugar: Poderes: 6 Que significa a expresión nun santiamén? Sinala a resposta correcta. Con moita educación. Rapidamente, en pouco tempo. Con moita calma, tranquilamente. ■ Marca a expresión que ten un significado parecido a nun santiamén. Nun chiscar de ollo. Con pés de la. De cabo a rabo. MAGOS LENDARIOS 234698 _ 0001-0061.indd 25234698 _ 0001-0061.indd 25 25/11/09 16:42:5825/11/09 16:42:58
  • 26. 26 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Comprensión lectora Nome Data Ficha 4 Rede de redes A Internet ou «a rede» son termos que denominan un medio de comunicación totalmente implantado nos nosos días e ao que accedemos de forma continua, pero que resultou ser un sistema revolucionario no seu momento. A Internet naceu hai corenta anos nos Estados Unidos. Aínda que en principio xurdiu para resolver cuestións de defensa, axiña se converteu nun proxecto para comunicar con rapidez e seguridade os ordenadores de institucións dedicadas á investigación. A idea foi realmente enxeñosa. Desde un lugar conectado á «rede» podíanse enviar directamente mensaxes electrónicas a calquera outro lugar que tamén estivese conectado, sen ter que pasar por un gran centro que distribuíse as mensaxes. Desde entón, o número de usuarios da Internet creceu tanto que, actualmente, sería imposible prescindir deste sistema para consultar todo tipo de documentos, intercambiar información, enviar e recibir mensaxes, desenvolver certas actividades profesionais a distancia e facer todo tipo de xestións de compra e venda, operacións bancarias, etc. Cada vez é máis fácil reunir as condicións necesarias para poder navegar pola Internet. 1. Dispoñer dunha liña telefónica. 2. Ter un ordenador cuns requisitos mínimos en canto a potencia, velocidade e accesorios periféricos. 3. Dispoñer dos programas informáticos axeitados. 4. Contratar a conexión cunha empresa que nos permita acceder á «rede». 1. Copia a oración que recolle mellor o contido do texto. • O texto fala dos problemas informáticos en Estados Unidos hai moitos anos. • O texto explica o que é a Internet e o que se necesita para utilizar esa rede. • O texto fala dos programas informáticos que se utilizan na Internet. 2. Escribe V (verdadeiro) ou F (falso). A Internet ou «a rede» son distintas denominacións para nomear un mesmo sistema de comunicación. Para utilizar a Internet non é necesario dispoñer dunha liña telefónica. A Internet naceu en Estados Unidos hai vinte anos. A Internet converteuse nun proxecto para comunicar con rapidez e seguridade os ordenadores de diferentes institucións. 234698 _ 0001-0061.indd 26234698 _ 0001-0061.indd 26 25/11/09 16:42:5825/11/09 16:42:58
  • 27. 27© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Comprensión lectora 3. Le detidamente o terceiro parágrafo do texto e contesta. Que imaxe representa mellor o funcionamento da Internet? Imaxe 1 Imaxe 2 4. Contesta. • Cantos requisitos hai que cumprir para poder utilizar a Internet? • Hai algún requisito que sexa máis importante ca outro? Por que? 5. Explica o significado que teñen no texto as seguintes palabras. rede usuarios navegar 6. Escribe un texto en que expliques os requisitos que se han de cumprir para participar nun concurso e gañar un destes regalos. • 1.º premio: Un ordenador portátil • 2.º premio: Un reprodutor portátil de DVD • 3.º premio: Un reprodutor de Mp3 234698 _ 0001-0061.indd 27234698 _ 0001-0061.indd 27 25/11/09 16:42:5825/11/09 16:42:58
  • 28. 28 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Comprensión lectora Nome Data Ficha 5 A calor da Terra Desde hai uns anos, representantes de países de todo o mundo celebran reunións para falar sobre o quecemento da Terra. E é que a temperatura da atmosfera terrestre está aumentando perigosamente debido á acumulación de certos gases emitidos desde o noso planeta. Moitos científicos pensan que, se non evitamos o progresivo quentamento da Terra, se desencadearán unha serie de consecuencias catastróficas, non só para a humanidade, senón tamén para o resto dos seres vivos. Os científicos que defenden esta idea utilizan os seguintes argumentos: 1. Se continúa a emisión deses gases ao ritmo actual, poderían producirse cambios climáticos importantes: aumento significativo de chuvias torrenciais, longas épocas de seca… 2. Se sobe en exceso a temperatura terrestre, poderíase chegar a fundir o xeo dos casquetes polares, o que xeraría un aumento do nivel do mar. Daquela, algúns territorios e poboacións costeiras poderían inundarse e desaparecer baixo as augas. Desde logo, se estes científicos están no certo, as consecuencias poden ser terribles. Por iso, moitos expertos cren necesario que cada país controle a emisión destes gases nocivos para a atmosfera. Á fin e ao cabo, a Terra é a nosa casa e somos nós os que debemos coidala. 1. Marca a resposta máis precisa. De que trata o texto? Das reunións de científicos. Do aumento da temperatura na atmosfera terrestre. Do desxeo dos casquetes polares. 2. Inventa outro título que recolla con exactitude o tema do texto. 3. Marca unicamente as oracións que sexan verdadeiras. Desde hai tempo celébranse reunións sobre o quecemento da Terra. Por moito que quecese a atmosfera, nunca causaría graves problemas ao ser humano. Os científicos que están preocupados polo quecemento da Terra cren que a causa é a acumulación de certos gases na atmosfera. Algúns científicos pensan que, se o quecemento da Terra segue aumentando, as consecuencias para o noso planeta serán catastróficas. 234698 _ 0001-0061.indd 28234698 _ 0001-0061.indd 28 25/11/09 16:42:5825/11/09 16:42:58
  • 29. 29© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Comprensión lectora 4. Que idea defenden algúns científicos en relación co quecemento da Terra? Marca a resposta correcta. Hai que evitar o progresivo quecemento da Terra. Hai que celebrar moitas reunións de científicos. Hai que vixiar o nivel do mar nas zonas costeiras. ■ Explica en que lugar do texto se inclúen os argumentos que dan os científicos para apoiar a súa idea. 5. Copia o esquema sobre o texto e complétao. TESE ARGUMENTOS Argumento 1: Argumento 2: ▶ 6. Marca a afirmación máis precisa. No texto exponse unha tese e dáse un argumento para apoiala. No texto expóñense dúas teses diferentes e dáse un argumento para apoiar cada unha delas. No texto exponse unha tese e danse dous argumentos para apoiala. 7. Fai un resumo do texto. Comeza expoñendo a idea defendida por algúns científicos. Exemplo: Moitos científicos pensan que… 8. Busca información sobre as vantaxes da enerxía solar. ■ Pensa e escribe argumentos para defender a seguinte tese: «A utilización de enerxía solar é moi positiva». 234698 _ 0001-0061.indd 29234698 _ 0001-0061.indd 29 25/11/09 16:42:5825/11/09 16:42:58
  • 30. 30 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Comprensión lectora Nome Data Ficha 6 A historia dun dente de allo A un vampiro vello que vivía nun castelo húmido e ruinoso pasoulle que un día lle caeu un dente cairo. Un dos dous dos que se valía para procurar mantenza. Non puido ir ao dentista para que llo repuxese, xa que estes consultan polo día e aos vampiros séntalles moi mal tomar o sol. Aquela noite, como non podía facer o seu traballo, deitouse no seu cadaleito e baixo a súa almofada de raso vermello deixou o dente caído cunha carta para o Rato Pérez. A carta dicía así: Ao Rato Pérez, que era moi listo e aborrecía os vampiros malos, ocorréuselle cambiar o dente do vampiro por un dente de allo e deixoulle un debaixo da almofada. Amencía. O vampiro foi cerrar as contras das ventás, para que non entrase claridade. Ás escuras apalpou por baixo da almofada en busca do dente novo. Botoulle un pouco de cola ultrarrápida e encaixouno a todo correr na súa boca. Ben saberedes que os vampiros detestan os allos e, cando este notou un forte sabor na boca, pensou tolear. Empezou a voar de ira por todo o castelo coma un paxaro doente dando bandazos cegos contra as paredes de pedra. –Auuuuuuu O coitado laiábase. Daquela o sol xa apuntaba no alto e deulle de cheo na cara. Entón, coma se fose atravesado por milleiros de coitelos luminosos, esvaeceuse no aire coma un globo furado; caeu no chan convertido nun cinsento montón de lixo negro e fumegante. Por iso en Transilvania, que é onde viven os vampiros, os nenos, cando lles cae un dente, déixano baixo a almofada xunto cun dente de allo, para que o Rato Pérez sempre teña algún á man para acabar cos vampiros chupasangues. Gloria Sánchez Cabeciña a paxaros e outras historias. (Adaptación) Querido Rato Pérez: Caeume un dente e non atopo reposto. Por iso, pídoche que en lugar de deixarme moedas ou caramelos, me deixes un dente novo para poder comer. Teu, agradecido. O Vampiro Chupasangues. 234698 _ 0001-0061.indd 30 2/12/09 09:30:37
  • 31. 31© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Comprensión lectora 1. Contesta. • Cal é o dente cairo? • Por que é importante para o vampiro? • Quen é o Rato Pérez? Por que o protagonista lle escribe unha carta? 2. Explica cales son as dúas cousas que lles fan mal aos vampiros segundo o texto. 3. Conta a historia en forma de cómic. – Distribúea en catro partes. Pensa primeiro a escena que vas debuxar en cada unha. – Utiliza un globo con texto en cada viñeta, algunha onomatopea e liña narrativa. 234698 _ 0001-0061.indd 31234698 _ 0001-0061.indd 31 25/11/09 16:43:0025/11/09 16:43:00
  • 32. 32 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Comprensión lectora Nome Data Ficha 7 Relixións orientais Sabías que o hinduísmo e o budismo son dúas das relixións que teñen maior número de seguidores no mundo? Aínda que as dúas son relixións orientais, teñen moitas diferenzas entre si. A primeira diferenza ten relación cos deuses. Os hinduístas adoran moitos deuses: Shiva, Vishnu, Krishna, Kali… En cambio, os budistas non seguen os preceptos de ningún deus concreto, senón as ensinanzas de Buda, unha persoa que viviu hai 2500 anos. Moi diferentes son tamén as crenzas de cada relixión. Para os hinduístas é fundamental a idea da reencarnación. Eles cren que, ao morrer, volverán nacer noutro ser: nun ser superior se foron bos e nun ser inferior se foron malvados. Para os budistas é fundamental a idea do sufrimento. E cren que a meditación lles ofrece o camiño para liberarse de todo sufrimento. Tampouco coinciden os textos sagrados das dúas relixións. Os Vedas consisten en himnos e cánticos e conteñen as primeiras crenzas hinduístas. O Tripitaka recolle o conxunto das ensinanzas de Buda. Outra diferenza máis entre ambas as relixións son os seus lugares sagrados. Benarés, na India, é a cidade de peregrinación hinduísta máis importante. Alí, no Ganxes, o seu río sagrado, báñanse cada ano millóns de persoas para purificarse. Para os budistas, un dos templos máis importantes é o pagode dourado de Skwe Dagon, que está en Rangún (Birmania). Alí encóntranse restos dos cabelos de Buda. A pesar das súas moitas diferenzas, hinduísmo e budismo tamén teñen cousas en común: as dúas relixións naceron na India, son moi antigas e teñen millóns de seguidores. Se algunha vez tes ocasión de contemplar unha cerimonia dunha destas relixións, non deixes de facelo; sorprenderate. 1. Marca a oración que se axusta mellor ao contido do texto. O texto fala da India. O texto fala das diferenzas entre hinduísmo e budismo. O texto fala dos deuses hindús. 2. Numera os parágrafos do texto e escribe de que tratan os parágrafos seguintes. Parágrafo 2: Parágrafo 3 e 4: Parágrafo 5: Parágrafo 6 e 7: 234698 _ 0001-0061.indd 32234698 _ 0001-0061.indd 32 25/11/09 16:43:0125/11/09 16:43:01
  • 33. 33© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Comprensión lectora 3. Contesta. • Cales son os deuses do hinduísmo? E do budismo? • En que cren os hinduístas? E os budistas? • Como se chaman os textos sagrados hinduístas? E os budistas? • Que cidade é sagrada para os hinduístas? Cal é un dos máis importantes templos budistas? 4. Completa o esquema. Diferenzas entre hinduísmo e budismo Hinduísmo Deus Crenza Texto sagrado Lugar sagrado Budismo 5. Que oración expresa a idea principal do texto? Márcaa. Hinduísmo e budismo teñen crenzas diferentes. Entre hinduísmo e budismo existen semellanzas e diferenzas. Entre hinduísmo e budismo existen diferenzas en canto aos seus deuses. 6. Observa e escribe un parágrafo para incluír no texto Relixións orientais. Celebración hinduísta ▶ Nacemento de Krishna Celebración budista ▶ Nacemento de Buda 234698 _ 0001-0061.indd 33234698 _ 0001-0061.indd 33 25/11/09 16:43:0125/11/09 16:43:01
  • 34. 34 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Comprensión lectora Nome Data Ficha 8 Ulises e o ciclope Conta unha antiga historia grega que Ulises, rei de Ítaca, tras participar na guerra de Troia, emprendeu a viaxe de regreso á súa patria. Ao comezo daquela viaxe, as súas naves foron empuxadas polo vento ás costas de Sicilia, a fermosa illa das augas de cor zafiro. Despois de desembarcar, o rei e algúns soldados empezaron a explorar a illa. Descoñecían que estaban no territorio dos ciclopes, horrendas criaturas de tamaño colosal que tiñan un só ollo na fronte. O máis temido de todos os ciclopes era o fero Polifemo. Tras unhas horas de camiño, Ulises e os seus soldados chegaron á entrada dunha cova. –Vamos dentro! –ordenou o rei. A caverna estaba escura e despedía un desagradable cheiro. Pese a iso, os homes entraron. Era unha cova xigantesca: a súa amplitude e altura resultaban arrepiantes. Absortos como estaban na contemplación daquel lugar desmesurado, non repararon en que Polifemo se acercaba co seu rabaño. O ciclope non tardou en advertir que os homes estaban na cova. Inmediatamente, desatouse a ira do coloso. Proferiu horribles insultos que retumbaron coma os tronos dunha violenta tempestade, arrancou de raíz árbores centenarias, fixo voar polo aire rochas de tamaño descomunal… Despois de dar renda solta á súa cólera, Polifemo entrou na gruta co gando e pechou a entrada cunha enorme pedra para impedir que os homes escapasen. Un indescritible terror apoderouse dos soldados. Entón, Ulises, dando mostra unha vez máis do seu espírito heroico, acercouse ao xigantesco monstro mentres os seus homes permanecían inmóbiles. –Toma –díxolle tendéndolle as provisións da viaxe–. Aquí tes o noso viño e a nosa comida. O ciclope ruxiu e estendeu a súa man repulsiva para agarrar o que Ulises lle ofrecía. Logo, baixando a cabeza, preguntou despectivamente: –E ti, quen es? Dime como te chamas. O de Ítaca dubidou un momento e respondeu con astucia: –Ninguén. Chámome Ninguén. Despois, Polifemo púxose a comer. Comeu e bebeu ata fartarse. Tras o opíparo banquete, quedou sumido nun profundo sono e comezou a roncar. Aqueles ronquidos do ciclope xeaban o sangue. –Vamos, temos que aproveitar este momento –ordenoulles Ulises aos seus. 234698 _ 0001-0061.indd 34234698 _ 0001-0061.indd 34 25/11/09 16:43:0125/11/09 16:43:01
  • 35. 35© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Comprensión lectora Seguindo as indicacións de Ulises, os soldados colleron unha enorme e afiada estaca e feriron no ollo o temible ser. Polifemo espertou entre laios de dor. Non vía nada. O seus berros de desesperación oíronse en toda a illa e os demais ciclopes acercáronse á cova. –Polifemo, que che ocorre? Quen te atacou? –Ninguén! Ninguén feriume! –respondeu. Ante aquela estraña resposta, os ciclopes marcharon. Polifemo, cego, saíu ás apalpadas da cova e sentou fóra, despois de cerrar a entrada de novo. Alí pasou toda a noite. Ao amencer, o ciclope decidiu abrir a cova para que os seus rabaños saísen a pacer. Pero o que Polifemo non puido ver foi que co gando tamén saían os seus prisioneiros. E é que, durante a noite, Ulises atara xuntas todas as ovellas e ordenáralles aos seus homes que se escondesen debaixo delas. Ata el mesmo se suxeitou á barriga dun enorme cordeiro. Así foi como, grazas ao enxeño de Ulises, el e os seus se libraron da fereza do ciclope. E conta tamén esta antiga lenda grega que, cando todos os homes embarcaran, Ulises berrou desde a súa nave: –Polifemo!, se alguén che pregunta quen te deixou cego, dille que foi Ulises, rei de Ítaca. Ao oír aquilo, Polifemo, fóra de si, invocou a Neptuno, o deus do mar, para que o axudase a vingarse. E, por iso, a ira das augas perseguiu os navegantes na súa longa viaxe de regreso á casa. 1. Contesta. • De onde viña Ulises? • A onde ía? A onde chegou? • Quen era Ulises? • Por que cres que é un heroe? • Como se chamaba o ciclope? 2. Explica o plan de Ulises para escapar da cova do ciclope. Utiliza estas palabras: • provisións • estaca • rabaño 234698 _ 0001-0061.indd 35234698 _ 0001-0061.indd 35 25/11/09 16:43:0125/11/09 16:43:01
  • 36. 36 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Comprensión lectora Nome Data Ficha 9 Unha doce historia Cando os españois chegaron a América na época do Descubrimento, frecuentemente eran agasallados polos indíxenas coa «bebida dos deuses». Esta bebida, amarga e mesta, estaba elaborada con auga e sementes de cacao, e adoitaba tomarse fría. Esa mestura é a orixe de noso actual chocolate. Aínda que aquela bebida resultaba algo amarga, tiña propiedades enerxéticas: só con tomar uns grolos, e sen inxerir máis alimento, unha persoa podía camiñar unha longa xornada ou realizar grandes esforzos sen chegar a esgotarse. Pouco a pouco, esa bebida foi evolucionando para adaptarse aos gustos dos descubridores. Queres saber como chegou a converterse no noso chocolate en cunca? Nun primeiro momento, caeuse na conta de que o cacao con auga era máis agradable se se tomaba quente ou, polo menos, a temperatura ambiente e se se adozaba con azucre. Posteriormente, comezaron a engadirlle vainilla, canela ou anises e a batelo todo ata conseguir unha riquísima bebida espumosa. Máis tarde, incorporáronselle froitos secos triturados, sobre todo, améndoas e abelás. Nese momento, a deliciosa e nutritiva bebida púxose moi de moda non só en España, senón en gran parte de Europa. Moitos anos despois, por fin, introduciuse un cambio definitivo: para elaborar o chocolate empezou a utilizarse leite en vez de auga. Así é como o tomamos na actualidade e… está riquísimo! 1. Marca a afirmación verdadeira de cada par. Ao principio, o chocolate… era amargo e mesto elaborábase con leite era doce e mesto elaborábase con auga 2. Contesta. • Con que se elaboraba a «bebida dos deuses»? • Como se tomaba: fría ou quente? • Quen a elaboraba? • A quen llela ofrecían? • Que propiedades enerxéticas tiña? 234698 _ 0001-0061.indd 36234698 _ 0001-0061.indd 36 25/11/09 16:43:0125/11/09 16:43:01
  • 37. 37© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Comprensión lectora 3. Numera os parágrafos do texto e copia as palabras que indican orde en cada un dos que se indican a continuación. • Parágrafo 4 • Parágrafo 6 • Parágrafo 5 • Parágrafo 7 ■ Utiliza esas palabras para explicar como foi evolucionando a antiga bebida ata converterse no chocolate actual. 4. Fai un esquema coma o seguinte a partir da información do texto. Nun primeiro momento 5. Contesta. • Por que Unha longa historia é un texto informativo? • Por que dicimos que ten estrutura de secuencia? • Que proceso se conta en forma de secuencia? • De cantas fases diferentes consta esa secuencia? 6. Marca a afirmación verdadeira. Os indíxenas agasallaban os descubridores. Os descubridores agasallaban os indíxenas. Os indíxenas e os descubridores agasallábanse. ■ Explica coas túas palabras o significado do verbo agasallar. 234698 _ 0001-0061.indd 37234698 _ 0001-0061.indd 37 25/11/09 16:43:0125/11/09 16:43:01
  • 38. 38 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Comprensión lectora Nome Data Ficha 10 O labrego e o rei Henrique IV, rei de Navarra e de Francia, foi un dos mellores reis que houbo no mundo. Era moi falangueiro, moi divertido e moi natural, igual se daba cos grandes señores coma cos paisanos e a todos falaba con agarimo e cortesía. Cóntase del que unha vez saíu de caza con toda a súa corte onde ían os máis grandes señores de Francia. Como naquel país case todo é terreo chan, alí hai costume de cazar a cabalo: botan os cans detrás dos corzos ou das lebres e os cazadores van a cabalo tras dos cans. Pois indo aquela vez Henrique IV de caza cos seus cortesáns, aconteceulle que se arredou tanto deles que se perdeu. Por máis voltas que daba non atopaba alma vivente por aquelas gándaras e por máis que tocaba o seu corno de caza ninguén respondía. El tiña mentes de que irían durmir nunha aldea próxima, pero non sabía o camiño para chegar a ela. Xa co sol poñéndose pasou por unha encrucillada e viu un labrego que estaba subido a un alto. –E logo ti que fas aí arriba? –Eu –respondeu o labrego–; dixéronme que andaba por aquí El-rei que seica vai de caza e estaba a ver se o vía. –E ti tes gana de velo? –Teño; si, señor. –Pois logo –dixo Henrique IV–, imos facer unha cousa. Ti amósasme o camiño para ir á aldea de Champenoise e alí eu lévote onde vexas ben o rei, queres? –Trato feito –respondeu o labrego. –Pois baixa e monta a cabalo detrás de min. O labrego baixou da árbore, montou a cabalo atrás de Henrique IV e botoulle os brazos arredor da cintura para non caer. –E dígame, señor –preguntou–, logo entre tantos señores como haberá alí, como hei saber quen é o rei. –Mira –dixo Henrique IV–, cando cheguemos onda eles has ver que todos sacan os chapeus, agás o rei, que fica cuberto. O que vexas que está co seu chapeu posto mentres os outros se descobren, aquel é o rei. Polo camiño foron de moita conversa e El-rei ía moi admirado do agudo que era aquel labrego. Xa cando chegaron a Champenoise atoparon a todos os señores da corte de El-rei que estaban deliberando sobre como ían facer para ir buscar o monarca. Ao velo chegar, todos sacaron respectuosamente os chapeus, agás Henrique IV e mais o seu compañeiro, o labrego que viña con el no cabalo: Entón El-rei volveuse cara ao labrego e preguntou: –E logo viches o rei? Cal é de todos estes señores? 234698 _ 0001-0061.indd 38234698 _ 0001-0061.indd 38 25/11/09 16:43:0225/11/09 16:43:02
  • 39. 39© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Comprensión lectora E o labrego respondeu: –Pois ou é vostede ou son eu, porque soamente nós os dous estamos co pucho posto. Aquela noite Henrique IV fixo sentar o labrego á súa mesa, no medio de duques e príncipes de Francia e concedeulle carta de fidalguía e outros favores. Vicente Risco Tres contos marabillosos. (Adaptación) 1. Contesta. • Onde transcorreu esta historia segundo o narrador? • Quen eran os personaxes protagonistas? • Como se encontraron o rei e o labrego? • Por que o labrego e mais o rei marcharon xuntos? 2. Explica. • Que é unha persoa falangueira? • Como recoñeces unha encrucillada? • Que fan as persoas cando deliberan? 3. Xustifica a contestación que dá o labrego sobre quen, de todos os presentes, pode ser o rei. 4. Inventa o comentario que podería facerlle o rei ao labrego ao final da historia. 234698 _ 0001-0061.indd 39234698 _ 0001-0061.indd 39 25/11/09 16:43:0225/11/09 16:43:02
  • 40. 40 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Comprensión lectora Nome Data Desertos no Planeta Azul Desde o espazo, o Planeta Azul, a Terra, vese dunha intensa cor azulada debido á gran masa de auga que forman os seus ríos, mares e océanos. Ademais da auga, pódense distinguir con certa nitidez os grandes bosques, as principais cordilleiras e as rexións máis inhóspitas da Terra: os desertos. Normalmente, a xente imaxina un deserto con dunas, camelos, cactos… Pero, aínda que pareza asombroso, hai desertos onde sería posible patinar sobre xeo. Un deserto é unha zona onde calquera forma de vida animal ou vexetal se desenvolve con gran dificultade. Segundo iso, na Terra podemos distinguir basicamente dous tipos de desertos: os desertos áridos e os desertos polares. Os desertos áridos son aqueles en que as temperaturas diúrnas son moi altas e nos que apenas chove ao longo do ano. Entre estes desertos, podemos distinguir dous tipos básicos: os desertos pedregosos e os desertos de area. Os primeiros presentan a imaxe desolada dun chan cheo de pedras, e nos segundos o efecto da erosión converteu as pedras nun mar de abrasadoras dunas. No extremo oposto, con temperaturas diúrnas moi baixas, sitúanse os desertos polares, que se caracterizan por un trazo sorprendente: neles hai auga! O problema é que non se pode aproveitar porque está xeada. 1. Cal é o tema do texto? Marca. O planeta Terra. As temperaturas do planeta Terra. As clases de desertos. A cor dos planetas. 2. Analiza o título e contesta. • Cal di o texto que é o Planeta Azul? • Paréceche axeitado ese nome? Explica por que. ■ Pensa e escribe outro título para o texto. Ficha 11 234698 _ 0001-0061.indd 40234698 _ 0001-0061.indd 40 25/11/09 16:43:0225/11/09 16:43:02
  • 41. 41© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Comprensión lectora 3. En que parte do texto se dan estas informacións? Numera os parágrafos do texto e escribe o número do parágrafo que corresponde a cada información. Que é un deserto? Que caracteriza os desertos polares? Que pode verse da Terra desde o espazo? Que dous tipos de desertos áridos existen? 4. Que lugares, segundo o texto, se consideran desertos? Marca. Aqueles en que vai moita calor. Aqueles en que vai moito frío. Aqueles en que calquera forma de vida se desenvolve con dificultade. 5. Define estes tipos de deserto segundo o que se di no texto. Deserto árido: Deserto polar: 6. Completa o seguinte esquema. Faino así: – Escribe no primeiro recadro o tema do texto. – Escribe nos seguintes dous recadros os dous grupos principais de desertos. – Copia baixo o tipo de deserto correspondente os dous subgrupos que se distinguen. ■ Utiliza o esquema que elaboraches e escribe un resumo do texto. 234698 _ 0001-0061.indd 41234698 _ 0001-0061.indd 41 25/11/09 16:43:0225/11/09 16:43:02
  • 42. 42 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Comprensión lectora Nome Data Que risa! Deberiamos rir máis. E non é que defenda que non hai que tomar as cousas en serio, senón que, sen dúbida, rirse resulta moi beneficioso para calquera. Unha boa razón para seguir este consello son os beneficios que a risa lle dá á nosa saúde. Sabías que nunha gargallada se moven centos de músculos? E non só da cara, tamén do abdome, dos brazos… Ademais, a risa aumenta o ritmo cardíaco e mellora a circulación e a respiración. Outra razón para rirmos en canto teñamos a menor oportunidade é que a risa favorece a nosa capacidade de comunicación, xa que provoca un estado de ánimo pracenteiro que facilita as relacións cos demais. A que, en xeral, resulta máis sinxelo levarse ben coas persoas que rin moito? E, por se aínda non estás convencido, hai unha terceira razón para concederlle máis tempo á risa: ao parecer, algúns estudos demostraron que o rendemento das persoas mellora considerablemente nos lugares onde abundan os chistes e as gargalladas. Xa ves o bo que é rirse, e ademais, non hai que pagar por iso. É de balde para todos. Así que… viva a risa e a rir! 1. De que trata este texto? Marca. Da saúde. Da risa. Da xente. Dos chistes. 2. En calquera texto argumentativo, o autor defende unha idea ou tese. Cal é a idea que defende o autor deste texto? Marca. Á xente gústalle moito rirse. Hai que rir máis. A risa fainos máis comunicativos. Hai moitos estudos sobre a risa. 3. Numera os parágrafos e elixe. Que razón se expón no parágrafo 2? Que a risa é gratis. Que a risa é beneficiosa para a saúde. Que é mellor rir ca tomar as cousas en serio. Que a risa nos facilita as relacións cos demais. Ficha 12 234698 _ 0001-0061.indd 42234698 _ 0001-0061.indd 42 25/11/09 16:43:0225/11/09 16:43:02
  • 43. 43© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Comprensión lectora 4. Que razón se dá en cada un destes parágrafos? Pensa e escribe. • Parágrafo 3 ▶ • Parágrafo 4 ▶ 5. Completa o esquema coa información do texto. Lembra cal é a tese do autor e que tres razóns dá para apoiala. Razón 1 TESE Razón 2 Razón 3 6. Un destes parágrafos é unha razón que podería incluírse no texto para apoiar a tese do autor. Que parágrafo é? Arrodéao. 7. Modifica o texto seguindo estas pautas: – Inventa un novo título. – Incorpora o parágrafo que elixiches na actividade anterior. – Redacta o texto sen copialo, utilizando as túas propias palabras. Rirse é moi beneficioso porque, ao parecer, a risa estimula a imaxinación, o que nos converte en persoas moito máis creativas. A graza dun chiste pode estar no enxeño dun xogo de palabras, na comicidade dunha esaxeración, no dobre sentido dunha frase…, e, desde logo, na chispa de quen o conta. 234698 _ 0001-0061.indd 43 14/12/09 16:53:38
  • 44. 44 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Comprensión lectora Nome Data Todos... e todas Era o primeiro día de clase e estabamos todos os rapaces e as rapazas de 6.º amoreados ante a porta da aula, agardando a que o titor nos chamase e dixese onde tiñamos que sentar. A min todos os cursos me tocaba nas últimas filas, é unha das «vantaxes» de se apelidar Saavedra López. Así que agardei a que o profesor me nomease e ocupei o asento que me sinalou. Marta xa se ía sentar onda min, pois fora a miña compañeira en cuarto e quinto. Pero don Ramón dixo: «Salgueiro Torres, Ana», e entón aquela rapaza morena de ollos vivos sentou cabo de min. –Uff! Demasiadas cousas novas nunha soa semana! –díxome Ana cun sorriso de amizade–. Ti levas moito neste colexio? –Levo, desde os catro anos –dixen eu–. Ti es nova, non si? –Son. Nova no colexio e nova na vila. Só hai dúas semanas que viñemos para aquí, antes viviamos en Vigo. Parecía empeñada en darme información básica sobre ela. –É que meu pai veu traballar a LAGASA, a fábrica procesadora do leite, e tivemos que nos trasladar todos. Vivimos nun piso alugado, enriba das oficinas de Correos. Ti chámaste Raquel, non é? Eu son Ana, xa oíches, espero que sexamos boas amigas. Don Ramón deunos a benvida e empezou a explicar o que se agardaba de nós no curso. Despois de soltar o discurso preguntounos se tiñamos algo que comentar; como houbo silencio xeral, pasou a dicirnos as cousas que debiamos traer a partir da seguinte semana. A lista era bastante obvia e eu ía anotando todo nunha folla aínda que só fose por non me aburrir. –... e ademais –dicía don Ramón– cada alumno traerá tamén tres rotuladores de diferentes cores, para os esquemas de Naturais. Entón Ana ergueu a man: –E as alumnas? Temos que traer algo especial para Naturais? –Como especial? –Don Ramón estaba desconcertado–. Non dixen que había que traer tres rotuladores? –Si, iso os alumnos. Pero nós, as alumnas, traémolos tamén ou traemos outra cousa? –Señorita, non oíu ben ou quere tomarme o pelo? –Nin unha cousa nin outra, don Ramón. Só pregunto que traemos as alumnas. –E que dixen logo? –don Ramón tiña un ton de falsa amabilidade que empregaba cando estaba enfadado de verdade. –Vostede dixo que cada alumno traerá... –Exactamente, señorita, cada alumno. E vostede debe saber que cando se fala dun xeito xenérico, dirixíndose a un colectivo en que haxa xente dos dous sexos, emprégase sempre o masculino. Cando digo cada alumno quero dicir cada alumno e cada alumna. Entendido? –Pois se mo permite, a profesora de Lingua que tiven o ano pasado dicíanos que iso podería ser correcto, pero nin era xusto nin recomendable. Que se falabamos para toda a clase había que dicir os alumnos e as alumnas e eu... Ficha 13 234698 _ 0001-0061.indd 44234698 _ 0001-0061.indd 44 25/11/09 16:43:0425/11/09 16:43:04
  • 45. 45© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Comprensión lectora –Pois esa profesora podería dicir o que quixese, pero neste colexio rexen as normas de toda a vida, así que sente e cale. Houbo un ruxerruxe pola clase. Supoño que a todos lles pasaba o mesmo ca a min, que nunca me decatara do que acabara de dicir Ana. Pero o profesor axiña parou coas conversas. –Silencio! Silencio, todos! Todos... e todas! Entendido? O timbre do cambio de clase veu en axuda de don Ramón. Colleu a carteira e saíu da aula con cara de poucos amigos. Eu mirei a Ana de fronte e ela sorriu con aquel ollar retranqueiro que me había acabar sendo tan familiar. E daquela tiven a certeza de que o curso que comezaba non ía ser nin aburrido nin rutineiro. Agustín Fernández Paz Rapazas. (Adaptación) 1. Contesta. • Como se chama a rapaza nova na clase? • Como se chama a compañeira con que senta esa rapaza nova? • Cal das dúas conta a historia? 2. Completa coa resposta. Quen di estas palabras e que quere dicir? • «Cando se fala dun xeito xenérico, utilízase o colectivo» Dío e quere dicir que • «Iso pode ser correcto, pero non é xusto nin recomendable» ■ Explica con cal das dúas posicións estás de acordo. 3. Di que significa a palabra ruxerruxe. Despois, explica por que se formou un ruxerruxe na aula? 4. Relé o derradeiro parágrafo. Explica que conclusión tirou Raquel da influencia da nova compañeira. 234698 _ 0001-0061.indd 45234698 _ 0001-0061.indd 45 25/11/09 16:43:0425/11/09 16:43:04
  • 46. 46 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Comprensión lectora Nome Data Ponlle vontade En España, máis de dous millóns de persoas dedícanse a axudar os demais sen cobrar nada. Esas persoas son os voluntarios. O seu traballo consiste en colaborar con distintas organizacións e asociacións con fins altruístas. Quizais, a faceta que máis chama a atención do traballo dos voluntarios sexa a axuda que prestan en situacións catastróficas: terremotos, inundacións… Pero os voluntarios tamén desenvolven outros labores, máis silenciosos pero igualmente importantes, de apoio cotián nas localidades onde viven. Así, ocúpanse de atender persoas maiores, necesitados, discapacitados, enfermos… Hai tanta xente a quen axudar! Entre os voluntarios hai persoas de todas as idades: mozos que dedican parte do seu tempo libre a labores humanitarios e persoas maiores que, libres de obrigas laborais, decidiron dedicar parte do seu tempo aos demais. Á túa idade normalmente non se pode ser membro activo de ningunha organización solidaria, pero si podes informarte dos labores que realizan estes colectivos e, talvez, poidas botar unha man nalgunha campaña ou actuación determinada. Por que non te animas? Ponte en contacto con algunha organización deste tipo; así estarás informado e preparado para poderes colaborar no futuro. E, ademais, seguro que coñeces un montón de xente que comparte as túas mesmas ideas e preocupacións. Non o dubides…, decídete! 1. Cal é o tema do texto? Márcao. A idade dos voluntarios. As distintas organizacións de voluntarios. O voluntariado. 2. Marca as afirmacións que sexan verdadeiras. Os voluntarios só interveñen en catástrofes naturais. Hai voluntarios novos e maiores. En España hai máis de dous millóns de voluntarios. Os voluntarios non cobran nada polo labor que realizan. ■ Localiza no texto os parágrafos en que aparecen as afirmacións verdadeiras. Ficha 14 234698 _ 0001-0061.indd 46234698 _ 0001-0061.indd 46 25/11/09 16:43:0425/11/09 16:43:04
  • 47. 47© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Comprensión lectora 3. Que pretende o autor do texto? Marca. Dar información sobre o voluntariado. Animarnos a colaborar con algunha organización solidaria. Dicirnos os pasos que hai que seguir para ser voluntario. ■ Escribe un resumo do texto. 4. Que dúas razóns se ofrecen no texto para animarnos a contactar con algunha organización solidaria? Marca. Gañar cartos. Coñecer xente que comparte as nosas preocupacións. Informarse e prepararse para o futuro. 5. Escribe, a partir de cada situación, mensaxes que animen a ser solidario. Situación 1: Situación 2: 6. Substitúe por un verbo as palabras destacadas en cada oración. • O meu amigo Roi prestou axuda aos seus veciños. • Sabela prestou atención ao profesor en todo momento. • A policía prestou auxilio aos feridos no accidente. ■ Agora substitúe por un sinónimo o verbo prestar nesta oración. Branca prestoume a bicicleta. ▶  Situación 1: Unha catástrofe natural deixa sen vivenda e alimentos a miles de persoas. Situación 2: Nunha zona desfavorecida non hai medios para escolarizar os nenos. 234698 _ 0001-0061.indd 47 14/12/09 16:53:14
  • 48. 48 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Comprensión lectora Nome Data A elección de nome Acordouse que a nena, cando nacese, se chamaría Anelise, que era o nome da protagonista da novela que miña nai andaba a ler. Anelise de ollos azuis e cabelos roxos, tal cal a da novela, cun final tan infeliz, coitadiña, sempre á espera dun noivo que non chegaría nunca, polo menos ao tempo de entrar na última páxina do libro. Anelise, pois. O pai engruñou un pouco a sobrecella. Alá no íntimo sempre pensara darlle á primeira filla o nome de Constanza, que na súa familia se prolongaba por xeracións. Mais non dixo nada. Prometéralle á súa muller ser ela a que escollese o nome e agora non podía botarse atrás. Anelise. Pois, entón, que fose Anelise. A avoa rosmou: –Onde tal nome se viu! Ata me custa dicilo A-ne-li-sa..., coitadiña a nena, lisa desde o nacemento! –Lise, mamá, o nome é Anelise, non Analisa. –E que diferenza hai, coa chea de nomes bonitos que hai polo mundo adiante. Pero tamén a avoa acabou por se acostumar. O avó só preguntou: –Onde fostes descubrir esa perla? O pai encolleu os ombros e respondeu: –Parece que está de moda. –E agora a xente tamén ten que seguir as modas no nome dos fillos? –asombrouse o avó. E así rematou a conversa. A nai, entre tanto, chegara ao final do libro. Alá ben dentro de si, atopaba un pouco ridícula a figura de Anelise, sempre a suspirar, sempre na ventá ollando a estrada baleira, esperando que todo lle caese do ceo. Non lle gustaría que a súa filla fose así. A súa filla que estaba por nacer, que se chamaría Anelise, que tería ollos azuis e cabelos roxos. De repente, comezou a pensar que na familia todos tiñan os cabelos e os ollos ben escuros, e que polo tanto difícil sería que Anelise nacese roxa. E Anelise tiña que ser forzosamente roxa. Entón non tiña sentido chamarse Anelise. E unha tarde, díxolle ao marido: –Silvia tamén e bonito, ¿non é? O pai ollou sorprendido para a nai, pero cando viu o novo libro que ela andaba a ler, comprendeu todo. Chamábase O espertar de Silvia. Aínda así fixo unha nova tentativa. –Non che gusta nada «Constanza», eh? A nai deu unha risada: –Es de ideas fixas! Non me gusta nada Constanza e, por riba, na túa familia hai unha infinidade de Constanzas, que ninguén se entende. Non imos nós aumentar a confusión. Pero, sen non che gusta Silvia… Ficha 15 234698 _ 0001-0061.indd 48234698 _ 0001-0061.indd 48 25/11/09 16:43:0525/11/09 16:43:05
  • 49. 49© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Comprensión lectora –Non, non, –interrompeu o pai, con medo de que volvese a Anelise–. Gústame moito Silvia. Acordouse entón que a nena, cando nacese, se chamaría Silvia. Silvia, heroína decidida e con vontade propia, que nunca ficaría, como Anelise, á espera de que a felicidade se lembrase dela. Silvia sen ollos azuis nin cabelos roxos. E unha noite, dúas semanas antes do que estaba previsto, a nai sentiuse indisposta de repente. Telefonou ao médico que axiña ordenou: «Vaia para o hospital!» Minutos despois, o pai puxo o coche a andar. Meteu a primeira, que rascou porque cos nervios pisara mal o pedal do embrague, e saíu pitando. Entre un sinal vermello respectado e outro no que fixo a vista gorda a nai murmurou: –Anelise non é nada feo… Mais o pai («Burro, déixeme pasar, non ve que é unha urxencia», berroulle pola xanela a un condutor) dixo: –Silvia, Silvia é como a nena se vai chamar e acabouse. E foi nesa madrugada cando eu nacín. Eu. Ou como di o certificado: «un individuo de sexo masculino, con 2.100 gramos de peso a quen lle foi dado o nome de Abilio.» Como deron con ese nome, non o sei. Cada vez que falo do asunto, todos encollen os ombros. Alice Vieira Viaxe arredor do meu nome. (Adaptación) 1. Contesta. • Que nome quería poñerlle a nai á filla primeiro? Por cal se decidiu despois? • Que fixo que cambiase un nome feminino por outro? • Estaba conforme o resto da familia co primeiro nome? • Que pasou ao final da historia? 2. Imaxina e escribe unha razón pola que, ao final, escolleron o nome de Abilio para o fillo. 234698 _ 0001-0061.indd 49234698 _ 0001-0061.indd 49 25/11/09 16:43:0525/11/09 16:43:05
  • 50. 50 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Comprensión lectora Nome Data Verás que fácil Gustaríache sorprender os teus familiares ou amigos facendo un xogo de maxia? En realidade é un truco matemático. Resultará moi doado. Só tes que seguir estes pasos: 1. Prepara dúas caixas de mistos. Escribe nunha delas un A e na outra, un B. Pon trinta mistos na caixa A e vinte e nove na caixa B. 2. Agora empeza a función: entrega as dúas caixas a unha persoa do público e sitúate de costas a ela. 3. Pide a esa persoa que retire o mesmo número de mistos de ambas as caixas, ¡pero que non che diga cantos mistos quitou! 4. Despois pídelle que saque da caixa A un determinado número de mistos, o que ti queiras; por exemplo, sete. 5. A continuación, mándalle que baleire a caixa A e conte os mistos que quedan. Por suposto, tamén sen dicilo! 6. Pide que retire da caixa B o mesmo número de mistos que ten agora a caixa A. 7. Por último, dille que conte ben os mistos que quedan na caixa B e que a cerre. 8. Agora ti debes adiviñar os mistos que ten a caixa B. Vólvete cara ao público, finxe que te estás concentrando e di: «Seis!, quedan seis!». O truco é dicir un misto menos ca os que mandaches retirar no paso 4 (lembra: neste caso eran sete). Non falla! Verás o éxito que tes! E xa sabes…, os magos nunca revelan os seus trucos. 1. De que trata o texto? Marca. Dos mistos ou fósforos. Dos magos e os seus trucos. Dun xogo de maxia. ■ Escribe un título que recolla o contido do texto e que comece por unha destas palabras: por que que como onde 2. Contesta. • Cantos pasos son necesarios para facer o truco de maxia que se explica no texto? • Cres que é importante seguir a orde das instrucións neste tipo de textos? Por que? Ficha 16 234698 _ 0001-0061.indd 50234698 _ 0001-0061.indd 50 25/11/09 16:43:0525/11/09 16:43:05
  • 51. 51© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Comprensión lectora 3. Localiza rapidamente no texto as seguintes palabras. Debes dicir o número do paso en que aparecen. • función ▶ • truco ▶ • público ▶ ■ Xoga a localizar con rapidez outras palabras no texto. 4. En que parte do texto se revela o truco? Responde. ■ Explica en que consiste. 5. Contesta. • Cantos mistos quedarían na caixa B se mandamos retirar cinco mistos no paso 4? • E se mandamos retirar oito? • Que ocorrería se se suprimise un dos pasos? • E se alterases a orde dos pasos? 6. Escribe a palabra do texto a que se refire cada definición. • Definición 1 ▶ • Definición 2 ▶ ■ Di outro significado diferente de cada unha desas palabras. • Palabra - definición 1 ▶ • Palabra - definición 2 ▶ 234698 _ 0001-0061.indd 51234698 _ 0001-0061.indd 51 25/11/09 16:43:0525/11/09 16:43:05
  • 52. 52 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Comprensión lectora Nome Data As orellas de Midas Hai moito, moito tempo, o deus Pan, señor dos campos e dos pastores, orgulloso dos sons que saían da súa frauta, atreveuse a desafiar ao mesmísimo Apolo, deus da harmonía. Apolo aceptou o reto e os dous deuses acordaron celebrar un combate musical no que a frauta de Pan se medise coa lira de Apolo. O día sinalado, a expectación era enorme. Ademais do rei de Lidia, encargado de arbitrar a disputa, encontrábase presente Midas, rei de Frixia e amigo do deus Pan. –Chegou o momento de que as nosas voces dean paso aos harmónicos sons dos vosos instrumentos –dixo o árbitro dirixíndose aos deuses. O deus Pan foi o primeiro en interpretar a súa melodía. Da súa frauta de sete tubos saíron unhas notas desafinadas e bastas. Despois, chegou a quenda de Apolo, que, de acordo co que se esperaba del, deleitou a todos coa exquisita música da súa lira. O rei de Lidia reflexionou durante uns segundos; despois, pronunciou un veredicto que parecía indiscutible: a música de Apolo era superior e el era o vencedor daquela disputa. Nese momento, a voz do rei Midas protestou: –Non estou de acordo: Pan tocou mellor! Non fostes imparcial –dixo dirixíndose ao rei de Lidia en ton acusador. Cando aínda se encontraba defendendo a actuación do seu amigo Pan, Midas notou que lle medraban as orellas e que se lle cubrían de pelo, ata facerse enormes e adquirir un gran parecido coas de certos animais. Era a vinganza do poderoso Apolo, que decidira castigar a conduta do rei e a súa ignorancia. A partir de entón, Midas intentou gardar celosamente o seu segredo e comezou a usar un elegante gorro, que lle permitía ocultar a súa deformidade. Con todo, houbo unha persoa á que o rei non lle puido ocultar a verdade: o seu barbeiro. –Ooooh! –exclamou o home a primeira vez que Midas quitou o gorro. O rei dirixiulle unha mirada ameazante e o barbeiro comprendeu que a súa vida corría perigo se se lle ocorría contar o que vira. O home acabou coa súa tarefa e despediuse do rei respectuosamente, como se nada ocorrese. –Maxestade, se non ordenades ningunha outra cousa… –dixo facendo unha reverencia. Ao saír do palacio, o barbeiro comprendeu o difícil que lle resultaría gardar silencio. El era un home contiñeiro, acostumado a dar conversación aos seus clientes. Como podería evitar contar tan sorprendente feito? Pero… algo si sabía, a vinganza do rei sería terrible! Pasaron varios días de auténtico sufrimento para o barbeiro. Apenas daba durmido, temeroso de que en soños puidese desvelar o terrible segredo. Ás veces, mentres estaba con alguén, tiña que saír correndo de repente porque se sentía incapaz de seguir suxeitando a lingua. A xente comentaba que o barbeiro se estaba volvendo tolo. Un día, o home tivo unha brillante idea para acabar con aquela incómoda situación. Marchou a unha inmensa chaira que había no campo e alí fixo un pequeno burato. Logo, axeonllouse, achegou a boca ao burato e bisbou: Ficha 17 234698 _ 0001-0061.indd 52234698 _ 0001-0061.indd 52 25/11/09 16:43:0625/11/09 16:43:06
  • 53. 53© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Comprensión lectora –O rei Midas ten orellas de burro. Despois, tapou o burato con terra para que non escapase o segredo e foise de alí moi aliviado. Por fin liberárase do peso de semellante segredo! Pasou o tempo e, ao chegar a primavera, o lugar en que o barbeiro cavara o burato converteuse nun canaval. E entón, sucedeu algo extraordinario: cando o vento comezou a soprar, as canas repetiron en murmurios o segredo que o barbeiro lle confiara á terra. –O rei Midas ten orellas de burro. O rei Midas ten orellas de burro… –repetían as canas, arroladas polo vento. E así foi como, sen que o barbeiro dixese nada, o segredo de Midas difundiuse ata o cabo do mundo, por todos os lugares aos que chega o vento. 1. Cres que o título do conto ofrece suficiente información para deducir de que trata a historia? Explícao. ■ Inventa outro título para o texto. 2. Di quen é cada un destes personaxes. • O deus da harmonía. • O deus dos campos e dos pastores. • O rei de Lidia. • O rei de Frixia. 3. Contesta. • Que fixo Midas o día que competiron Pan e Apolo? • Que fixo Apolo para castigalo? • Que fixo Midas a partir de entón para ocultar o ocorrido? 4. Explica o problema que tivo o barbeiro despois de coñecer o segredo de Midas. 234698 _ 0001-0061.indd 53234698 _ 0001-0061.indd 53 25/11/09 16:43:0625/11/09 16:43:06
  • 54. 54 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Comprensión lectora Nome Data Un espectáculo máxico Entre os pobos máis interesados polo Sol, a Lúa e as estrelas encóntrase a civilización maia. Este antigo pobo de América realizou grandes descubrimentos relacionados co universo. A importancia que para eles tiñan os astros e os seus movementos reflíctese en moitas das súas construcións, como na famosa pirámide chamada O castelo. A pirámide é o edificio máis alto das ruínas dunha antiga cidade maia: Chichén Itzá. No seu cume encóntrase o templo de Kukulcán, o deus con forma de serpe ao que está dedicada a construción. A pirámide ten catro lados con escaleiras para poder ascender deica o alto. Cada un dos lados dispón de 91 chanzos, que, sumados ao que serve de entrada ao templo, fan un total de 365. Un por cada día do ano! E é que os maias xa lograran, hai máis de mil anos, fixar o mesmo calendario que aínda manexamos hoxe. Pero o máis sorprendente deste lugar é un fenómeno moi especial que se produce cada ano nos equinoccios de primavera e de outono, é dicir, nos dous momentos en que as noites e os días teñen a mesma duración. Neses días pódese ver o deus con forma de serpe descender desde o alto da pirámide. E é que, cando os raios do Sol caen sobre ela, as luces e as sombras forman algo parecido ao corpo dunha serpe que escorrega polo lateral dunha das escaleiras. E precisamente ao final dela, xunto ao chan, está esculpida a cabeza do deus serpe que, ao ser iluminada polo Sol, parece cobrar vida. Por iso, cada 21 de marzo e 21 de setembro miles de persoas de todo o mundo se acercan a este fascinante lugar para poder contemplar o que para moitos é, sen dúbida, un espectáculo máxico. 1. Completa con números. • A pirámide ten lados. • Cada lateral ten chanzos. • A pirámide ten chanzos. • A aparición de Kukulcán prodúcese cada de marzo e cada de setembro. 2. Escribe unha afirmación verdadeira e outra falsa sobre o texto. Verdadeira: Falsa: Ficha 18 234698 _ 0001-0061.indd 54234698 _ 0001-0061.indd 54 25/11/09 16:43:0625/11/09 16:43:06
  • 55. 55© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Comprensión lectora 3. Cal destes títulos cres que recollería mellor o contido do texto? Marca. Kukulcán, o deus serpe. A pirámide O castelo. A Terra, o Sol e as estrelas. ■ Inventa outro título para o texto. 4. Explica coas túas palabras cal é o tema do texto. Comproba que ese tema aparece en todos os parágrafos do texto. 5. En que consiste o «espectáculo máxico»? Responde. • Por que é «máxico»? 6. Fai unha ficha cos datos máis importantes do texto. O castelo • Onde está? • Como é? • Que fenómeno curioso se produce alí? 7. Que tipo de texto cres que é este? Marca. Un texto en que se describe unha pirámide. Un texto con instrucións sobre as pirámides. Un conto en que se narra un feito fantástico. ■ Xustifica a elección. 234698 _ 0001-0061.indd 55234698 _ 0001-0061.indd 55 25/11/09 16:43:0625/11/09 16:43:06
  • 56. 56 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Comprensión lectora Nome Data Ficha 19 Cando en Milán choveron sombreiros Unha mañá, en Milán, o contable Bianchini ía ao banco enviado pola súa empresa. Era un día precioso con sol, algo incrible no mes de novembro. O contable Bianchini estaba contento, e ao andar con paso lixeiro cantaruxaba para os seus adentros: «Pero que día tan bonito, que día tan bonito, que día tan bonito, realmente bonito e bo…». De repente, esqueceu cantar, esqueceu andar e quedou alí, coa boca aberta, mirando o ceo, ata que un transeúnte se lle botou encima e lle cantou as corenta: –Ei, vostede!, é que se dedica a ir por aí contemplando as nubes? Non pode mirar por onde anda? –Pero se non ando, estou quieto… Mire. –Mirar que? Eu non podo andar perdendo o tempo. Mirar onde? Eh? Oh! Arre demo! –Ve? –preguntou o contable–. Que lle parece? –Pero iso son… son sombreiros! En efecto, do ceo azul caía unha chuvia de sombreiros. Non un único sombreiro, que podía ser arrastrado polo vento. Nin tampouco dous sombreiros, que podían caer dun beiril. Eran cen, mil, dez mil sombreiros os que ondeando descendían do ceo. Sombreiros de home, sombreiros de muller, sombreiros con plumas, con flores, gorras de viseira, de pel, boinas, chapelas, gorros de esquiar… Xunto ao contable Bianchini e a aquel outro señor, pararon a mirar o ceo moitos outros señores e señoras. –Que marabilla! Parece imposible! –dicían. –Será para anunciar madalenas? –preguntaba un–. Ou para facer propaganda do turrón? –Desde logo, vostede non pensa máis ca en cousas que levar á boca. Os sombreiros non son comestibles. –Daquela, son de verdade sombreiros? –Non, se lle parece son timbres de bicicleta! –Desde logo, parecen sombreiros. Pero, serán sombreiros para poñer na cabeza? –Perdoe, onde coloca vostede o sombreiro: no nariz? Mentres continuaban as discusións, os sombreiros ían caendo ao chan, sobre os coches…, e a xente recollíaos e empezaba a probalos. –Este é demasiado amplo. –Probe este, contable Bianchini. –Pero ese é de muller. –Pois lévello á súa muller, non? Ou déamo a min, que lle vén ben a miña avoa. –Pero tamén lle vale á irmá do meu cuñado. –Este collino eu. 234698 _ 0001-0061.indd 56234698 _ 0001-0061.indd 56 25/11/09 16:43:0625/11/09 16:43:06
  • 57. 57© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Comprensión lectora Había xente que saía correndo con tres ou catro sombreiros, un para cada membro da súa familia. E cantos máis recollía a xente, máis caían do ceo. O contable Bianchini xa tiña dezasete entre os brazos e non se decidía a seguir o seu camiño. –Non todos os días hai unha chuvia de sombreiros, hai que aproveitar a ocasión. Un aprovisiónase para toda a vida, como aos meus anos a cabeza xa non medra… E os sombreiros chovían, chovían… Un caeu xusto enriba da cabeza do garda (que xa non dirixía o tráfico; total, os sombreiros ían onde querían): era unha gorra de xeneral e todos dixeron que era un bo sinal e que pronto ascenderían ao garda. Unhas horas despois, no aeroporto de Frankfurt, aterraba un xigantesco avión que viña de Italia e que dera a volta ao mundo cargado con toda clase de sombreiros para ser expostos na Feira Internacional do Sombreiro. O alcalde de Frankfurt fora recibir a preciosa carga. Unha banda municipal entoou o himno Oh, ti, sombreiro protector das cabezas de valor! Como é natural, o himno interrompeuse á metade cando se descubriu que os únicos sombreiros que quedaban no avión eran os do comandante e os dos outros membros da tripulación. Por suposto, a Feira Internacional tivo que adiarse sen data establecida. Ah! E o piloto que deixara caer os sombreiros sobre Milán por erro foi severamente amoestado e condenado a voar sen gorra durante os seguintes seis meses. Gianni Rodari Contos para xogar. (Adaptación) 1. Contesta. • Como se chama o único personaxe con nome desta historia? Bichini Bianchini • A que se dedica? É contable nun banco. É contable nunha empresa. • Onde transcorre a acción? • Que explicación se dá no texto á chuvia de sombreiros? 2. Segundo o lugar en que transcorre a acción, en que dúas partes podes dividir o texto? Di onde empeza e onde termina cada parte. 3. Busca e copia estes datos. • O nome do autor do conto: • O título do libro en que aparece o conto: 234698 _ 0001-0061.indd 57234698 _ 0001-0061.indd 57 25/11/09 16:43:0725/11/09 16:43:07
  • 58. 58 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Comprensión lectora Nome Data Un lugar único Seguro que tes oído falar do Coliseo, un dos monumentos máis grandiosos dos antigos romanos. Trátase dunha construción de proporcións colosais, que está situada na cidade de Roma. Desde fóra, o Coliseo parece un enorme anel de catro pisos. Ao principio, o exterior do edificio estaba recuberto de mármore de gran calidade, o que o facía aínda máis fermoso. No interior, as bancadas rodeaban a arena, que era o lugar onde se celebraban os espectáculos. Baixo o chan había galerías, cuartos, gaiolas e ata unha especie de ascensores para subir e baixar os homes e os animais! Desde logo, o edificio estaba preparado para todo; por iso, cando chovía ou ía sol, podía cubrirse cun xigantesco toldo. E para despregalo cumprían centos de homes traballando á vez! O público entraba ao Coliseo polos arcos da planta baixa. Unha vez nas bancadas, cada un colocábase segundo a súa clase social. Abaixo, os senadores, separados da arena por un alto muro e unha rede, por se algunha fera se achegaba demasiado! Eran os privilexiados e dispoñían de asentos de mármore cos seus propios nomes. Máis arriba colocábanse outros cidadáns importantes e na parte máis alta, de pé, o pobo. Como podes supoñer, a inauguración do Coliseo foi unha festa grandiosa, á medida do edificio. Con tal motivo celebráronse xogos que duraron cen días, e sacrificáronse uns cinco mil animais. Durante anos, houbo alí loitas de gladiadores, pelexas de feras e, incluso, combates navais. E é que en poucos minutos o chan podíase encher de auga a través dun enxeñoso sistema de canles! A maxestosidade do Coliseo resistiu o paso do tempo. Aínda hoxe parece que podemos oír alí os ruxidos das feras ou os gritos afervoados do público que aclama os seus ídolos: os gladiadores. 1. Que cres que significa o adxectivo colosal? Marca. xigantesco de columnas oloroso colonial 2. De que trata este texto? Escribe unha oración. ■ Escribe para o texto un título que recolla o contido. Ficha 20 234698 _ 0001-0061.indd 58234698 _ 0001-0061.indd 58 25/11/09 16:43:0725/11/09 16:43:07
  • 59. 59© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Comprensión lectora 3. Busca no texto palabras que correspondan a estes significados: ▼ ▼ 4. Numera os parágrafos e escribe xunto a cada pregunta en que parágrafo podes localizar a resposta. Despois, contesta as preguntas. • Como é o Coliseo por fóra? Parágrafo número: • Como é o Coliseo por dentro? Parágrafo número: • Como se situaba o público? Parágrafo número: • Como foi a inauguración? Parágrafo número: • Que se celebraba alí? Parágrafo número: 5. Marca a afirmación correcta. No texto faise unha descrición do Coliseo. No texto explícanse as fases da construción do Coliseo. No texto compárase o Coliseo con outros edificios famosos. 6. Resume brevemente a información máis importante do texto Un lugar único. Tea que se usa para dar sombra nalgún lugar. Rocha calcaria, dura, de varias cores que se emprega, por exemplo, para cubrir chans. 234698 _ 0001-0061.indd 59 14/12/09 16:52:13
  • 60. 60 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Comprensión lectora Nome Data Ficha 21 Deméter e Perséfone Segundo unha antiga lenda, Deméter, deusa da agricultura, tiña unha filla moi querida. A rapaza chamábase Perséfone e era a alegría da súa nai. Un día, mentres a deusa se ocupaba dos campos e dos seus froitos, oíu un berro da súa filla. –Perséfone!, que foi? –preguntou alarmada. Pero o silencio foi a única resposta que obtivo. Non encontrou ningún rastro da moza e comprendeu que algo grave lle ocorrera. Desesperada, saíu en busca dela. E durante nove longos días camiñou sen descanso preguntando a todos pola súa filla. Ao décimo día, o Sol deulle a resposta: –Perséfone foi raptada por Hades, o deus que vive no reino das sombras. Aquela noticia sumiu a Deméter nunha fonda tristeza. A causa da súa pena, a deusa descoidou as súas obrigas e os campos deixaron de dar froito. As terras parecían sen vida. –Como sigamos así, imos morrer de fame –lamentábanse os campesiños. Os deuses sentiron compaixón da miseria dos humanos e suplicáronlle a Deméter que devolvese a fertilidade aos campos. –Só o farei se volvo ver a Perséfone. Entón os deuses falaron con Hades para convencelo de que deixase á moza regresar coa súa nai. Hades accedeu cunha condición: cada ano, Perséfone debía pasar uns meses xunto a el, no reino das sombras. E así se acordou. Cando Deméter volveu ver a súa filla, sentiu tal alegría que agromaron as flores, multiplicáronse os froitos e as árbores cubríronse de novo de follas… Desde aquela, cada ano, na época en que Perséfone está xunto a súa nai, a terra florece e os campos énchense de froitos. E tamén cada ano, cando Perséfone regresa ao reino das sombras, a terra cóbrese cun manto de tristeza e a vexetación desaparece durante uns meses. 1. Contesta sobre a historia que liches. • Quen é a protagonista? E o antagonista? • Que problema se lle presenta á protagonista? • Que ocorreu entón na Terra? • Como se solucionou todo? Quen interveu para solucionalo? ■ Di cal é o fenómeno da natureza que explica este relato. 234698 _ 0001-0061.indd 60234698 _ 0001-0061.indd 60 25/11/09 16:43:0725/11/09 16:43:07
  • 61. 61© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Comprensión lectora 2. Explica coas túas palabras o significado denotativo das palabras primavera e outono. ■ Agora que coñeces a historia de Deméter e Perséfone, imaxina que significado connotativo poderían ter esas palabras para Deméter. 3. Marca o significado da expresión destacada. Perséfone estaba na flor da vida cando foi raptada. Era moi nova. Era moi guapa. Era moi simpática. 4. Elixe e escribe un breve diálogo entre algún destes personaxes: Deméter e Hades Perséfone e Hades Os deuses e Hades 5. Imaxina e describe o reino de Hades. 6. Elabora un programa de festexos para recibir a Perséfone cada primavera. 234698 _ 0001-0061.indd 61234698 _ 0001-0061.indd 61 25/11/09 16:43:0825/11/09 16:43:08
  • 62. 234698 _ 0062-0095.indd Sec1:62234698 _ 0062-0095.indd Sec1:62 25/11/09 16:37:4525/11/09 16:37:45
  • 63. Análise gramatical 1. Análise do grupo nominal 2. Análise de demostrativos 3. Análise de posesivos 4. Análise de numerais e indefinidos 5. A conxugación verbal: 1.ª conxugación 6. A conxugación verbal: 2.ª conxugación 7. A conxugación verbal: 3.ª conxugación 8. Os verbo ser e ir 9. Análise verbal: raíz e desinencias 10. Análise de adverbios 11. Análise de enlaces 12. Frases e oracións 13. Análise do suxeito e do predicado 14. Análise dos complementos do verbo 15. Análise e clasificación de oracións 234698 _ 0062-0095.indd Sec1:63234698 _ 0062-0095.indd Sec1:63 1/12/09 16:20:401/12/09 16:20:40
  • 64. 64 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Análise gramatical Ficha 1 Nome Data 1. Copia os grupos nominais do seguinte texto. Despois, subliña o núcleo. Mariña visitou onte a cidade da Coruña. Gustoulle moito o acuario. Disque había cada peixe! Incluso unha quenlla! Ao saír, unha amable guía regaloulle unha camiseta moi bonita. Ten un simpático golfiño pintado. 2. Sigue o exemplo e analiza estes grupos nominais. Exemplo: Unha man ▶ Determinante: unha. Núcleo: man. Esta noite ▶ Determinante: Núcleo: Varios ▶ Determinante: cans Núcleo: Un rapaz ▶ Determinante: simpático Núcleo: Complemento: 3. Forma grupos nominais cos seguintes determinantes. uns aquelas a nosa os meus algúns dous 4. Forma grupos nominais cos seguintes núcleos. rúa caderno raposo albanel música película 234698 _ 0062-0095.indd Sec1:64234698 _ 0062-0095.indd Sec1:64 25/11/09 16:37:4525/11/09 16:37:45
  • 65. 65© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Análise gramatical Ficha 2 Nome Data 1. Subliña os demostrativos das seguintes oracións. • Ese cuarto está moi desordenado. • Esta mañá estiven falando con esa amiga túa. • Aquel coche verde é o que mercou miña nai. • Roi non quere este xersei; prefire aquela chaqueta. • Eses cravos son os únicos que serven para colgar estes cadros. • Aquelas rúas permanecerán cortadas mentres duren esas obras. • Decidiches facer aquilo do que falamos? • Non estou de acordo con iso. 2. Analiza os demostrativos que subliñaches. Para iso, sigue o exemplo. Clase de palabra Xénero Número ese demostrativo masculino singular 3. Completa coa contracción de preposición (en, de) e mais demostrativo no xénero e número axeitados. • Non me gusta a cor pantalóns. • O verán pasado estivemos fermosa vila da que falas. • Gardei os documentos caixón do moble. • Esas mochilas son rapaces que están no ximnasio. 234698 _ 0062-0095.indd Sec1:65234698 _ 0062-0095.indd Sec1:65 1/12/09 16:20:411/12/09 16:20:41
  • 66. 66 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Análise gramatical Nome Data Ficha 3 1. Subliña os posesivos das seguintes oracións. • Iria atopou o meu caderno debaixo dos seus libros. • A túa nai estivo falando coa miña. • Emprestoume a súa bicicleta e mais o seu casco. • A vosa casa está moi preto da nosa. • As da bolsa son as túas mazás e aquelas da cesta son as súas. • Os meus avós foron de viaxe a Madeira e atopáronse cos teus. 2. Analiza os posesivos que subliñaches. Para iso, sigue o exemplo. Clase de palabra Xénero Número meu posesivo masculino singular 3. Clasifica os seguintes posesivos segundo o exemplo. Un posuidor Varios posuidores noso noso teus meus vosas seus súa 234698 _ 0062-0095.indd Sec1:66234698 _ 0062-0095.indd Sec1:66 1/12/09 16:20:411/12/09 16:20:41
  • 67. 67© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Análise gramatical Nome Data Ficha 4 1. Subliña os numerais do seguinte texto. Vai comezar a carreira! As oito corredoras están preparadas. Un, dous, tres! Xa! Margarida, que sae de cuarta, adianta coma un foguete as súas rivais e..., Margarida entra na meta primeira e Lucía, segunda! Por quinto ano consecutivo, a medalla de ouro é para Margarida. 2. Clasifica os numerais que subliñaches na seguinte táboa. Cardinais Ordinais 3. Arrodea os indefinidos que aparecen nestas oracións. • Que ningunha persoa saia antes de rematar. • Perdemos toda a tarde intentando resolver ese xeroglífico. • Creo que ten poucas ganas de ir ao cine e moitas de quedar na casa. • Esa camiseta ten demasiadas cores, non me gusta nada. • Faltou á clase varios días por mor da gripe. • Estiven en Santiago de Compostela moitas veces. 4. Analiza os indefinidos que subliñaches. Para iso, sigue o exemplo. Clase de palabra Xénero Número ningunha indefinido feminino singular 234698 _ 0062-0095.indd Sec1:67234698 _ 0062-0095.indd Sec1:67 25/11/09 16:37:4525/11/09 16:37:45
  • 68. 68 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Análise gramatical Nome Data Ficha 5 1. Completa a táboa coas formas do verbo xogar (1.ª conxugación). Formas persoais Modo indicativo Presente Pretérito perfecto (Pretérito) eu xogo ti el nós vós eles Pretérito imperfecto (Copretérito) Pretérito pluscuamperfecto (Antepretérito) Futuro Condicional Modo subxuntivo Modo imperativo Presente Pretérito imperfecto (Pretérito) Presente eu xogue ti el nós vós eles Formas non persoais Infinitivo Xerundio Participio 234698 _ 0062-0095.indd Sec1:68234698 _ 0062-0095.indd Sec1:68 25/11/09 16:37:4525/11/09 16:37:45
  • 69. 69© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Análise gramatical Nome Data Ficha 6 1. Completa a táboa coas formas do verbo coñecer (2.ª conxugación). Formas persoais Modo indicativo Presente Pretérito perfecto (Pretérito) eu coñezo ti el nós vós eles Pretérito imperfecto (Copretérito) Pretérito pluscuamperfecto (Antepretérito) Futuro Condicional Modo subxuntivo Modo imperativo Presente Pretérito imperfecto (Pretérito) Presente eu coñeza ti el nós vós eles Formas non persoais Infinitivo Xerundio Participio 234698 _ 0062-0095.indd Sec1:69234698 _ 0062-0095.indd Sec1:69 25/11/09 16:37:4525/11/09 16:37:45
  • 70. 70 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Análise gramatical Nome Data Ficha 7 1. Completa a táboa coas formas do verbo conducir (3.ª conxugación). Formas persoais Modo indicativo Presente Pretérito perfecto (Pretérito) eu conduzo ti el nós vós eles Pretérito imperfecto (Copretérito) Pretérito pluscuamperfecto (Antepretérito) Futuro Condicional Modo subxuntivo Modo imperativo Presente Pretérito imperfecto (Pretérito) Presente eu conduza ti el nós vós eles Formas non persoais Infinitivo Xerundio Participio 234698 _ 0062-0095.indd Sec1:70234698 _ 0062-0095.indd Sec1:70 25/11/09 16:37:4525/11/09 16:37:45
  • 71. 71© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Análise gramatical Nome Data Ficha 8 1. Completa a táboa coas formas dos verbos ser e ir. Formas persoais Modo indicativo Presente Pretérito perfecto (Pretérito) eu son / vou ti el nós vós eles Pretérito imperfecto (Copretérito) Pretérito pluscuamperfecto (Antepretérito) Futuro Condicional Modo subxuntivo Modo imperativo Presente Pretérito imperfecto (Pretérito) Presente Formas non persoais Infinitivo Xerundio Participio ser / ir 234698 _ 0062-0095.indd Sec1:71234698 _ 0062-0095.indd Sec1:71 25/11/09 16:37:4625/11/09 16:37:46
  • 72. 72 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Análise gramatical Nome Data Ficha 9 1. Separa a raíz e a desinencia das seguintes formas verbais. RAÍZ DESINENCIA • escoitaron • subiches • pensou • decidise • venderiamos • recollen • falarás 2. Escribe cada forma verbal no seu lugar e di se son regulares ou irregulares. custaban é diga di dixo eramos custase fose custaría ser dicir custar 3. Conxuga os seguintes verbos na persoa, número, tempo e modo que se piden a continuación. • dar ▶ 1.ª persoa singular do presente de indicativo • saber ▶ 3.ª persoa singular do pretérito perfecto de indicativo • doer ▶ 3.ª persoa singular do presente de indicativo • querer ▶ 2.ª persoa plural do pretérito imperfecto de subxuntivo • caer ▶ xerundio • posuír ▶ 2.ª persoa singular do presente de subxuntivo • oír ▶ 1.ª persoa singular do pretérito imperfecto de indicativo ▶ ▶ ▶ ▶ ▶ ▶ ▶ 234698 _ 0062-0095.indd Sec1:72234698 _ 0062-0095.indd Sec1:72 1/12/09 16:20:411/12/09 16:20:41
  • 73. 73© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Análise gramatical Nome Data Ficha 10 1. Clasifica os seguintes adverbios. • si • quizais • tampouco • onte • mañá • así • non • mal • cedo • enriba • fóra • agora • mellor • tan • menos • demasiado • tamén • ben Adverbios De lugar De tempo De modo De cantidade De afirmación De negación De dúbida 2. Subliña os adverbios das seguintes oracións. • Creo que xa remataron. • Chegaremos axiña. • Marcharon moi lonxe. • Pasámolo marabillosamente. • Marchou porque se atopaba mal. 3. Sigue o exemplo e analiza os adverbios que subliñaches. Exemplo: xa ▶ Adverbio de tempo. 234698 _ 0062-0095.indd Sec1:73234698 _ 0062-0095.indd Sec1:73 25/11/09 16:37:4625/11/09 16:37:46
  • 74. 74 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Análise gramatical Nome Data Ficha 11 1. Arrodea os enlaces utilizados no seguinte texto. Ten en conta que algúns aparecen contraídos. Nunha colmea viven diferentes clases de abellas. A mestra pon os ovos e deses ovos nacen novas abellas. As obreiras son femias, as máis numerosas; traballan sen descanso, zugan o néctar das flores e mais fabrican o mel. Os abellóns son os machos da colonia, pero son os máis lacazáns: a súa función é fecundar a femia; non traballan e nin sequera saben comer sós. Menos mal que hai poucos en cada colmea. 2. Clasifica os enlaces que subliñaches na táboa. Os que aparezan en contracción descomponos nos seus elementos. Preposicións Conxuncións 3. Sigue o exemplo e analiza as conxuncións das seguintes oracións. Exemplo: Lola e Mario non veñen. ▶ e: conxunción copulativa. Non quero biscoito nin rosca. ▶ Saes ou entras? ▶ Imos para Vigo, mais pararemos en Pontevedra. ▶ Gustaríame ir, pero non podo. ▶ Non é o meu irmán, senón o meu curmán. ▶ Foron Xoán e mais Uxía os culpables. ▶ 234698 _ 0062-0095.indd Sec1:74234698 _ 0062-0095.indd Sec1:74 25/11/09 16:37:4625/11/09 16:37:46
  • 75. 75© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Análise gramatical Nome Data Ficha 12 1. Indica cales dos seguintes enunciados son frases (F) e cales son oracións (O). • Non o podo crer. • Pórtate ben! • Ven axiña. • Grazas pola axuda. • Deica mañá. • Saúde! 2. Copia o suxeito e o predicado das oracións e indica se é suxeito léxico (SL) ou gramatical (SG). Suxeito Predicado • Non lembro o enderezo. • Todos os xogadores tiñan gripe. • Antía é Iria son irmás. • Rabuñouno na man o gato. 3. Analiza as seguintes oracións tal como se propón no exemplo. Exemplo: Esa caixa de madeira é miña. ▶ Suxeito: Esa caixa de madeira Determinante: Esa Núcleo: caixa Complemento: de madeira ▶ Predicado: é miña Os dous amigos conseguiron o premio. ▶ Suxeito: Os dous amigos A xefa pasa o día no traballo. ▶ Suxeito: Elas cantaron o himno enteiro. ▶ Suxeito: 234698 _ 0062-0095.indd Sec1:75234698 _ 0062-0095.indd Sec1:75 25/11/09 16:37:4625/11/09 16:37:46
  • 76. 76 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Análise gramatical Nome Data Ficha 13 1. Copia o suxeito e o predicado das seguintes oracións e indica se o predicado é nominal (PN) ou verbal (PV). Suxeito Predicado • Manuel elixiu un bo regalo. • Esa canción non é moi alegre. • O neno estaba aburrido. • Moita xente xa marchou. • Este pan parece reseso. • O meu can xoga coa pelota. 2. Marca, cunha cruz, as oracións que teñan predicado nominal. O exame será mañá. El sempre foi moi despistado. A súa familia está no Courel. Xaquín está moi satisfeito co resultado. Os teus amigos son moi simpáticos. O leite está na neveira. 3. Analiza as seguintes oracións tal como se propón no exemplo. Exemplo: Helena é a miña veciña. ▶ Suxeito: Helena ▶ Predicado nominal: é a miña veciña Verbo copulativo: é Atributo: a miña veciña Aldara parece cansa. ▶ Suxeito: Aldara ▶ Predicado nominal: Verbo copulativo: Atributo: A túa avoa está moi áxil. ▶ Suxeito: 234698 _ 0062-0095.indd Sec1:76234698 _ 0062-0095.indd Sec1:76 25/11/09 16:37:4625/11/09 16:37:46
  • 77. 77© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Análise gramatical Nome Data Ficha 14 1. Subliña os complementos do verbo nas seguintes oracións. • Atopou un tesouro. • Deixou os libros no armario. • Roi abriu a ventá do cuarto. • Tomarei máis sobremesa. • Enviou unha mensaxe ao seu irmán. • Recolleu os pais no aeroporto. 2. Analiza as oracións anteriores e indica de que clase son os complementos que subliñaches. Para iso, sigue o exemplo. Atopou un tesouro. ▶ Suxeito: Suxeito gramatical (El/ela) ▶ Predicado verbal: atopou un tesouro Núcleo: atopou Complemento directo: un tesouro Roi abriu a ventá do cuarto. ▶ Suxeito: Roi ▶ Predicado verbal: Núcleo: Complemento directo: Enviou unha mensaxe ao seu irmán. Deixou os libros no armario. Tomarei máis sobremesa. Recolleu os pais no aeroporto. 234698 _ 0062-0095.indd Sec1:77234698 _ 0062-0095.indd Sec1:77 25/11/09 16:37:4625/11/09 16:37:46
  • 78. 78 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Análise gramatical Nome Data 1. Clasifica na táboa as seguintes oracións segundo a actitude do falante. • Como se puxo de lama! • Lisca de aí! • Todos os días collemos o autobús aí. • Que che dixo ese rapaz? • Oxalá chegue a tempo! • Quen me dera estar alí! • Quizais estea na casa. • O Miño é o río máis longo de Galicia. • Non fales tan alto. • A esta hora xa debe estar na escola. Oracións Enunciativas Interrogativas Exclamativas Exhortativas Optativas Dubitativas 2. Conta os enunciados que hai neste texto e completa. Cando desaparece o Sol, vemos a primeira estrela. Chámase «o luceiro da noite». Logo, en pouco tempo, o ceo vaise enchendo de milleiros de luciñas. Unha das máis doadas de ver é a osa maior ou setestrelo, formada por sete estrelas. Tres das estrelas forman unha liña crebada, as outras catro compoñen un rectángulo. Entre todas forma un debuxo que parece un cazo. • No texto hai enunciados. Ficha 15 234698 _ 0062-0095.indd Sec1:78234698 _ 0062-0095.indd Sec1:78 1/12/09 16:20:421/12/09 16:20:42
  • 79. Traballos en grupo • Elaborar un ficheiro de personaxes célebres • Deseñar un cartel para o Día das Letras Galegas • Realizar unha exposición conxunta • Animar á lectura • Organizar un programa de actividades • Facer un libro de chistes • Facer un libro de receitas caseiras • Analizar anuncios • Facer unha guía da vosa localidade • Preparar un recital poético • Facer un glosario de literatura • Preparar un telexornal 234698 _ 0062-0095.indd Sec1:79234698 _ 0062-0095.indd Sec1:79 25/11/09 16:37:4625/11/09 16:37:46
  • 80. 80 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Elaborar un ficheiro de personaxes célebres 1. Dividide a clase en grupos e sorteade entre os grupos as seguintes categorías: personaxes históricos, músicos, escritores, pintores e deportistas. 2. Decidide entre todos os apartados que vai ter cada ficha: nome e apelidos, nacionalidade, data de nacemento, feitos destacados… – Acordade como faredes as fichas. Por exemplo, se utilizades fichas de diferente cor segundo a categoría a que pertence o personaxe. 3. Cada grupo decidirá os personaxes que vai incluír e repartirá o traballo entre os seus membros: busca de información, redacción… Deseñar un cartel para o Día das Letras Galegas 1. Formade equipos de tres ou catro membros. Cada equipo recollerá información sobre o autor ou a autora homenaxeado nese ano no Día das Letras Galegas. 2. Os membros do equipo deberán facer unha selección, de entre toda a información recollida, dos aspectos máis salientables dese autor ou autora. A partir desa selección deberán pensar a frase para o cartel e o deseño. Unha vez decidido o contido temático, procederán a elaboralo (pódese propoñer que todos usen o mesmo tamaño de cartel DIN-A3). 3. Finalmente farase unha exposición de todos os carteis elaborados. (Pódese realizar unha posta en común sobre as coincidencias e as particularidades dos carteis, así como unha valoración crítica sobre o resultado estético de cada un.) Realizar unha exposición conxunta 1. Formade equipos de catro membros e elixide un tema para realizar xuntos unha exposición perante os vosos compañeiros. 2. Preparade a exposición e repartide o traballo entre todos. Facédeo así: – Decidide onde e como localizaredes a información necesaria. – Pensade o material de apoio que ides empregar: debuxos, fotos… – Fixade como realizaredes a exposición: que partes terá, quen se ocupará de cada parte… 3. Realizade a exposición perante os vosos compañeiros. 4. Despois, preguntádelles a súa opinión sobre as vosas intervencións. Traballos en grupo 234698 _ 0062-0095.indd Sec1:80234698 _ 0062-0095.indd Sec1:80 25/11/09 16:37:4625/11/09 16:37:46
  • 81. 81© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Animar á lectura 1. Formade equipos de tres membros. Cada equipo elixirá un libro para falar del e comprometerase a telo lido nunha data determinada. 2. Unha vez lido o libro, os membros do equipo reunirédesvos para resumir o seu contido e buscar argumentos para convencer o resto de compañeiros de que o lea. 3. Confeccionade unha ficha e fotocopiádea para repartírllela aos compañeiros cando fagades a presentación. A ficha pode ter apartados coma estes: – Autor, título e editorial. – Argumento. – Crítica efectuada polo grupo… 4. Ensaiade e facede a presentación. Podedes escenificar ou ler algún fragmento do libro. Organizar un programa de actividades 1. Entre todos, propoñede temas que vos interesen para celebrar unha xornada no colexio. Un de vós irá tomando nota no encerado de todas as ideas que vaian xurdindo: – Xornada teatral. – Xornada deportiva. – Xornada musical. – Xornada de debuxo e pintura… 2. Formade grupos e sorteade os temas. En cada grupo realizaranse as seguintes actividades: – Propoñer actividades para a xornada e tomar nota delas. – Seleccionar as actividades máis atractivas tendo en conta a súa duración. 3. Decidide en grupo o deseño do voso programa e confeccionádeo. Tede en conta aspectos como o tamaño e a cor do papel ou a cartolina, os tipos e tamaños de letras, a disposición do texto e a posibilidade de incluír ilustracións. 4. Realizade unha exposición na aula cos programas elaborados. Facer un libro de chistes 1. Formade grupos de cinco. Traede á aula, tres días despois, polo menos catro chistes cada un. Podedes preguntar a familiares e amigos ou buscar en revistas e suplementos infantís de xornais. 2. Reunídevos os membros de cada grupo e seleccionade os chistes que vos parezan máis divertidos e menos coñecidos. Debedes elixir unha destas formas de incluír os chistes no voso libro: – Coma un cómic, en viñetas, con liña narrativa e globos. – Coma textos, acompañados dunha ilustración. 3. Facede o voso libro de chistes e mostrádello ao resto da clase. Traballos en grupo 234698 _ 0062-0095.indd Sec1:81234698 _ 0062-0095.indd Sec1:81 25/11/09 16:37:4625/11/09 16:37:46
  • 82. © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L.82 Facer un libro de receitas caseiras 1. Formade grupos e asignade a cada grupo un destes tipos de pratos: – Primeiros pratos. – Segundos pratos. – Sobremesas. 2. Seguide estes pasos para facer o receitario: – Preguntade na casa por receitas do tipo de prato que vos correspondese. – Facede en cada grupo unha posta en común coas receitas recompiladas. Cada un enumerará os ingredientes e explicará a elaboración do prato. – Seleccionade cinco receitas por grupo, redactádeas e ilustrádeas. 3. Xuntade as receitas, poñédelles unha cuberta e… xa tedes un libro máis para a aula! Analizar anuncios 1. Levade á aula xornais e revistas de todo tipo. Despois, formade catro grupos. Cada grupo elixirá un tema (vehículos, viaxes, bancos, espectáculos…) e buscará anuncios relacionados co seu tema. 2. En cada grupo, analizade estes aspectos dos anuncios que teñades. – Sobre a imaxe: Informa sobre o produto? Anima a compralo? – Sobre o texto: A que tipo de público se dirixe? É de tipo informativo ou persuasivo? – Sobre o slogan: É fácil de lembrar? Utiliza xogos de palabras? 3. Elixide os tres mellores anuncios e xustificade a vosa elección. Despois, facede unha posta en común cos mellores anuncios de cada tema. Facer unha guía da vosa localidade 1. Ides facer unha guía da vosa localidade. Para iso debedes tomar entre todos as seguintes decisións: – Que apartados terá (datos xeográficos e históricos, monumentos destacados, festas e tradicións, medios de transporte…). – Como será a vosa guía: tamaño, tipo de papel, deseño… – Que tipo de ilustracións terá: debuxos, fotografías, mapas… 2. Formade tantos grupos como apartados teñades. Cada grupo repartirá o traballo entre os seus membros. Se podedes, pasade os vosos textos a ordenador. 3. Montade a guía, facede fotocopias e mostrádellela aos vosos profesores, familiares, compañeiros doutros cursos… Seguro que lles encanta! Traballos en grupo 234698 _ 0062-0095.indd Sec1:82234698 _ 0062-0095.indd Sec1:82 25/11/09 16:37:4625/11/09 16:37:46
  • 83. 83© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Preparar un recital poético 1. Cada un de vós elixirá un poema de autor galego que lle guste especialmente e levarao á aula. Leranse todos os poemas en voz alta para comprobar que non hai ningún repetido. 2. Dividide a clase en tres grupos. Cada grupo elixirá os cinco mellores poemas entre os propostos polos seus membros para ser recitados. 3. Preparade e realizade o recital. Tede en conta que debedes decidir quen vai recitar os poemas. Ensaiade a pronuncia, a entoación, os xestos… Facer un glosario de literatura 1. Formade grupos de cinco. Cada grupo confeccionará unha listaxe cos termos literarios que considere importantes. Tede en conta que teredes que ordenar alfabeticamente os termos e definilos con claridade. 2. En cada grupo, repartide os termos que redactará cada un. Tedes que poñervos de acordo en cuestións coma as seguintes: como ides escribir o termo (maiúscula ou minúscula, cor…), o signo de puntuación que lle seguirá (punto ou dous puntos), se incluiredes ou non exemplos… 3. Reunide o traballo de todos os compoñentes do equipo e compartídeo co resto dos grupos. Preparar un telexornal 1. Dividide a clase en cinco grupos. Cada grupo deberá ocuparse dunha sección distinta: – Noticias internacionais. – Sociedade. – Noticias nacionais. – Deportes. – Cultura. 2. Localizade dúas ou tres noticias que vos parezan interesantes de cada sección ou, incluso, inventade algunha a partir dunha real que encontredes no xornal ou que oiades na televisión. Redactade as noticias con brevidade e seleccionade o membro do grupo que deba facer de locutor ou locutora. 3. Preparade e ensaiade o telexornal antes de facer o directo na aula. Aprendede as noticias case na súa totalidade, así non teredes que lelas constantemente, facédeo con voz clara e alta e tede en conta os xestos. Traballos en grupo 234698 _ 0062-0095.indd Sec1:83234698 _ 0062-0095.indd Sec1:83 25/11/09 16:37:4625/11/09 16:37:46
  • 84. 234698 _ 0062-0095.indd Sec1:84234698 _ 0062-0095.indd Sec1:84 25/11/09 16:37:4625/11/09 16:37:46
  • 85. Traballo co dicionario • Ficha 1 • Ficha 2 • Ficha 3 • Ficha 4 • Ficha 5 • Ficha 6 • Ficha 7 • Ficha 8 • Ficha 9 • Ficha 10 234698 _ 0062-0095.indd Sec1:85234698 _ 0062-0095.indd Sec1:85 25/11/09 16:37:4625/11/09 16:37:46
  • 86. 86 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Traballo co dicionario Ficha 1 Nome Data 1. Escribe o significado destas expresións. Se non o coñeces, búscao no dicionario. • do trinque • a fume de carozo • nun chiscar de ollos • á caída do sol • a esgalla • da noite para a mañá • coma auga de maio • de tal pano tal saia • a gatiñas 2. Nas seguintes oracións empregáronse, de forma incorrecta, algunhas expresións moi habituais. Identifica, en cada caso, a palabra que non corresponde á expresión orixinal e corríxea. Despois, se non coñeces o seu significado, búscao no dicionario. • Xiana sempre expón a cara polos seus. • Pediume que fose tirarlle unha man. • Cando eu ía entrar, foi el e tropezoume coa porta nos fociños. • Faloulle daquel asunto só para encontrarlle o xenio. • Será mellor que fagas oídos que non oen. • Estireille da lingua e acabou contándoo todo. • Ao ver aquel estrago caeume a alma ás pernas. • Cando os vin chegar, tropecei na conta do que pasara. Exemplo: Xiana sempre expón a cara polos seus. ▶ Xiana sempre dá a cara polos seus. 234698 _ 0062-0095.indd Sec1:86234698 _ 0062-0095.indd Sec1:86 25/11/09 16:37:4625/11/09 16:37:46
  • 87. 87© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Traballo co dicionario Ficha 2 Nome Data 1. Completa estas oracións coas palabras do recadro. Cámbialles o xénero ou o número se é necesario pola concordancia. xovial somnámbulo mexericas ruín lacazán apoucado 1. Unha persoa tímida e pouco atrevida é un 2. Os andan pola casa mentres están durmidos. 3. As persoas que son malas, desprezables, hipócritas ou mesquiñas son 4. Unha persoa moi delicada, que se queixa por todo é un 5. As persoas teñen moi bo humor. 6. Unha persoa non ten vontade de traballar. 2. Só un dos significados que hai debaixo de cada palabra é o que lle corresponde. Subliña cal é o correcto e comproba despois co dicionario se acertaches. fiúncho • Burato feito nunha parede ou nun valo. • Instrumento para facer fíos. • Tecido feito con fíos moi finos. • Planta de talo e follas delgados e con olor agradable semellante ao anís. espelido • Que non está vestido. • Que se ve reflectido nun espello. • Que fai todo ben e rápido. • Que acaba de espertar. peirao • Barco para o transporte de mercadorías. • Barco que chega ao porto. • Lugar do porto onde cargan e descargan os barcos. • Utensilio para amarrar un barco ao porto. enzoufar • Berrarlle a alguén polo seu mal comportamento. • Subir a un lugar alto. • Finxir unha actitude. • Manchar ou mancharse con lixo ou algo graxento. tanxible • Que produce música. • Que é moi flexible. • Que se pode tocar coas mans. • Que se pode estender. 234698 _ 0062-0095.indd Sec1:87234698 _ 0062-0095.indd Sec1:87 25/11/09 16:37:4725/11/09 16:37:47
  • 88. 88 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Traballo co dicionario Nome Data Ficha 3 1. Forma pares de antónimos unindo as palabras de cada unha das columnas. SUBSTANTIVOS ausencia • • dependencia autonomía • • repoludo freo • • presenza felicidade • • impulso esvelto • • acerto erro • • desventura ADXECTIVOS pusilánime • • tranquilo inxenuo • • insignificante partidario • • insípido importante • • ousado gustoso • • oposto alporizado • • agudo VERBOS clarificar • • conter beneficiar • • crispar desprezar • • eloxiar relaxar • • permitir propagar • • prexudicar prohibir • • embarullar 2. Busca as seguintes palabras no dicionario e despois completa o exercicio coas informacións que se piden. MIÑATO • Tipo de animal: • Como é? • De que se alimenta? TOURÓN • Tipo de animal • Como é? • Que o caracteriza? PENEIRA • Tipo de obxecto • Que partes ten? ALICATES • Tipo de obxecto • Que uso ten? 234698 _ 0062-0095.indd Sec1:88234698 _ 0062-0095.indd Sec1:88 25/11/09 16:37:4725/11/09 16:37:47
  • 89. 89© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Traballo co dicionario Nome Data Ficha 4 1. Consulta o dicionario e completa as seguintes fichas sobre os xogos propostos. estornela ou billarda • Xogo individual ou de equipo: • Número de participantes: • Obxectivo dos xogadores: • Normas máis destacables: mariola • Xogo individual ou de equipo: • Número de participantes: • Obxectivo dos xogadores: • Lugar onde se practica: 2. As expresións teñen un significado que non se corresponde coa suma dos significados das palabras que as compoñen (por exemplo, home lobo). Nos seguintes recadros hai algúns grupos de palabras que non constitúen expresións, ríscaos. xuíz xuíz de pista xuíz xusto xuíz de paz xuíz de liña pedra pedra preciosa pedra de afiar pedra redondeada pedra filosofal auga auga de colonia auga mineral auga osixenada auga contaminada estrela estrela de mar estrela de David estrela de papel estrela fugaz peixe peixe voador peixe azul peixe sapo peixe fresco can can de palleiro can policía can vello can rabioso pan pan de ovo pan queimado pan relado pan integral lúa lúa de mel lúa nova lúa brillante lúa chea papel papel cebola papel dobrado papel hixiénico papel charón 234698 _ 0062-0095.indd Sec1:89234698 _ 0062-0095.indd Sec1:89 25/11/09 16:37:4725/11/09 16:37:47
  • 90. 90 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Traballo co dicionario Nome Data Ficha 5 1. Completa as oracións coa palabra correcta de cada par. Ten en conta as concordancias. basto / vasto • Xiana ten unha preparación en música clásica. • Artur faloume de forma moi e groseira. abalar / avalar • Para que o banco me dea o préstamo ten que me alguén. • O neno quería que eu o fose na randeeira. bago / vago • Deume un acio de uvas que tiña varios podres. • Estes rapaces non estudan nada, son un pouco . boa / voa • Esa película sobre a civilización exipcia é moi . • A aguia moi alto. bela / vela • Que canción tan lle dedicou! • O vento rachou a ao pouco de facerse ao mar. bota / vota • Despegouse a sola da . • Cando hai as eleccións, ela sempre . rebelar / revelar • O protagonista da película contra o tirano. • Helena o seu segredo. bolo / volo • Mércame uns de pan para o xantar. • Os documentos xa enviei onte. a ver / haber • Nese caixón debe varios panos de mesa. • Mira ben se o atopas. ai / hai • Hoxe non clase de ximnasia. • como o sinto! 234698 _ 0062-0095.indd Sec1:90234698 _ 0062-0095.indd Sec1:90 25/11/09 16:37:4725/11/09 16:37:47
  • 91. 91© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Traballo co dicionario Nome Data Ficha 6 1. Completa estes diálogos coa palabra correcta de cada par. sono / soño –Por que non te deitaches aínda? –Porque non teño . especies / especias –Gustáronche os callos? –Si, aínda que levan demasiadas . precedente / procedente –Sabes de onde vén este tecido? –Si, é da India. serea / serena –Estaba nerviosa? –Nada diso, eu atopeina moi . vogal / vocal –Por que che quitaron un punto no exame? –Porque non lle puxen acento gráfico a unha . romeiro / romeu –A que ole esa infusión? –Eu diría que ole a . absorber / absolver –Creo que van o acusado. –Claro, é obvio que é inocente. esterno / externo –Ao caer, levou un golpe no . –Vaia, espero que non sexa grave! enxaugar / enxugar –Que che dixo o dentista? –Que teño que a boca con este produto. 234698 _ 0062-0095.indd Sec1:91234698 _ 0062-0095.indd Sec1:91 25/11/09 16:37:4725/11/09 16:37:47
  • 92. 92 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Traballo co dicionario Nome Data Ficha 7 1. Fai este encrucillado horizontal poñendo os antónimos de cada unha destas palabras; búscaas no dicionario e resolveralo facilmente. Nós xa che damos unha pista. 1 acurtar 1 2 3 4 N A R I Z U D O 5 2 endurecer 3 beleza 4 chato 5 axuizado 2. En cada unha das seguintes series de palabras infiltrouse un intruso. Ríscao. nenez emancipación vellez adolescencia salgueiro oliveira repolo carballo arroio regato manancial outeiro tibia fémur córnea peroné piar miañar trotar cacarexar bear 3. Fai corresponder cada termo coa súa definición. Lugar en que se recollían os cabalos e as bestas de carga. apousentos Oco profundo, xeralmente con auga, que arrodeaba o castelo para protexelo. seteira Ventá moi estreita pola que os defensores disparaban frechas. praza de armas Cuartos do castelo. foxo Patio onde se xuntaban as tropas para formar. corte 234698 _ 0062-0095.indd Sec1:92234698 _ 0062-0095.indd Sec1:92 25/11/09 16:37:4725/11/09 16:37:47
  • 93. 93© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Traballo co dicionario Nome Data Ficha 8 1. Velaquí algunhas palabras en plural; escribe ao lado a forma singular. Para comprobar se o que fixeches é correcto, busca, despois, as súas definicións no dicionario. plural singular plural singular xices espécimes menhires xeles corceis púxiles lacazáns análises atlas reveses 2. Escribe o feminino das seguintes palabras. policía doente abade alcalde grou danés axudante atleta padriño cuñado axente locutor 3. As seguintes formas verbais son irregulares. Escribe a forma pola que terías que buscalas no dicionario. fun ou houbo ía fas sei tiven deu quixo quixo caeu has haxa 4. Une con frechas as expresións co seu significado. Estamos aviados! Tanto che me ten! Xa pode chover! Estámosche bos! Outra vaca no millo! Manda narices! Tarde piaches! Outro despistado! Manda truco! Xa non ten remedio! 234698 _ 0062-0095.indd Sec1:93234698 _ 0062-0095.indd Sec1:93 25/11/09 16:37:4725/11/09 16:37:47
  • 94. 94 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Traballo co dicionario Nome Data 1. Relaciona as palabras da columna da esquerda (termos tabú, despectivos, etc.) cos da columna da dereita (eufemismos ou termos neutros). estirar a perna • • obeso gordo • • excremento cego • • ancián vello • • botar o guante roubar • • dentista sacamoas • • invidente merda • • falecer 2. Só un dos exemplos que acompañan a cada expresión é correcto. Identifica a palabra onde se encontra definida cada expresión no dicionario. Despois, búscaa e marca o significado correcto. estar ata as orellas O neno estaba manchado desde os pés ata as orellas. Ese gorro que puxeches estache ata as orellas ben. Sempre me mete en leas, estou ata as orellas del! botar a lingua a pacer Tiña unha sede terrible e botou a lingua a pacer. Cando se pon a falar bota a lingua a pacer. As vacas botaban a lingua a pacer polo prado adiante. escorrer o vulto Levou unha molladura e tivo que poñer a escorrer o vulto. Cando falo de limpar o cuarto, el escorre o vulto. Escorreu o vulto por entre as reixas da ventá. dar cen voltas Manuel deu cen voltas arredor da escola. Antes de decidirse a mercar a casa deulle cen voltas. No coñecemento de matemáticas Sabela dálle cen voltas a Xela. non ter volta de folla Este caderno está completo, non ten volta de folla. O prezo é o que está marcado, iso non ten volta de folla. Ese rapaz é un toleirán que non ten volta de folla. sacar a cara Cando vai no coche sempre aproveita para sacar a cara pola ventá. El sempre saca a cara polos seus amigos. Descubrín onde estaba agochado cando sacou a cara por entre as cortinas. Ficha 9 234698 _ 0062-0095.indd Sec1:94234698 _ 0062-0095.indd Sec1:94 25/11/09 16:37:4825/11/09 16:37:48
  • 95. 95© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Traballo co dicionario Nome Data 1. Só un dos significados que hai debaixo de cada palabra é o que lle corresponde. Marca o correcto e comproba co teu dicionario se o fixeches ben. píntega Paisaxe moi bonita e pintoresca. Substancia coa que se lles dá cor ás pinturas. Anfibio de cor moura e manchas amarelas no lombo semellante ao lagarto. Utensilio para suxeitar a roupa. troula Grupo de xente. Festa. Mentira. Persoa que mente. vestixio Medo á velocidade. Sinal ou lembranza que queda de algo. Edificio antigo. Muro moi alto. aloumiñar Dar luz sobre unha superficie. Facer caricias. Agochar unha cousa para que ninguén a atope. Darlle acollida a alguén durante un tempo. moinante Persoa que anda dun lugar para outro vendendo, mercando ou mendigando. Persoa que traballa no circo de pallaso. Persoa que traballa nun muíño. Persoa dunha tribo do noroeste americano. 2. As definicións destas palabras están mesturadas. Componas correctamente. Se non coñeces algunha das palabras, búscaa no dicionario. floco Parte da gorxa que cae sobre a fronte. farinxe Pelo que vai desde a fin da boca ao esófago. carantoña Río que se fai coa cara, sobre todo de enfado. regato Aceno pequeno. Ficha 10 234698 _ 0062-0095.indd Sec1:95234698 _ 0062-0095.indd Sec1:95 25/11/09 16:37:4825/11/09 16:37:48
  • 96. 234698 _ 0096-0138.indd Sec1:96234698 _ 0096-0138.indd Sec1:96 25/11/09 16:49:5725/11/09 16:49:57
  • 97. Pezas teatrais • Os contonautas • O maquinista Antón • Serafín e Melacueco 234698 _ 0096-0138.indd Sec1:97234698 _ 0096-0138.indd Sec1:97 25/11/09 16:49:5725/11/09 16:49:57
  • 98. 98 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Pezas teatrais Os contonautas PERSONAXES Bruxa Virtual Nai Lucas Gretel Carola Nai de Lucas Pai Carola ÚNICA ESCENA Escenario ás escuras. De pronto, un foco ilumina a Bruxa Virtual, que sae a primeiro plano e se dirixe ao público. Bruxa Virtual: Ola, ola. Quizais non me coñecedes… Si? (Pon o oído para escoitar as respostas do público.) Ah! Así que sabedes que son unha bruxa… Que? Quen dixo que as bruxas non existimos? Ah!, non? Pois equivocádesvos. Eu son a Bruxa Virtual…! Que? Xa ninguén cre iso de que vaiamos por aí facendo apócemas secretas e viaxando en vasoira, eh…? (Con risa moi estridente.) Ha, ha, ha… Pois é certo. Xa non encantamos con apócemas, senón… con programas de ordenador! Ha, ha, ha!!! (Sinala cara a un lado do escenario e ilumínase unha mesa cun ordenador.) E é verdade que xa non viaxamos en vasoira, senón… no rato do ordenadoooooooor!!! (Saca do mandil un rato de ordenador.) Ha, ha, ha, ha! (Senta fronte ao ordenador.) Rato, ratiño virtual! Lévame onde faga mal!!! Saltan chispas e faise a escuridade. Cando volve a luz, vese o cuarto de Carola e Lucas. Os dous están diante do ordenador. Carola está manexando o rato, mentres Lucas ao seu carón a observa. Lucas: É boísimo este xogo! Quen cho deu? Carola: (Abstraída na pantalla.) Ninguén, encontreino na Internet. Chámase Os contonautas. Lucas: Os contonautas…? Pois é boísimo. Carola: A que si? Fíxate, podes cambiar os contos, ves? Lucas: Si, imos ver… (Lendo na pantalla.) Avoa de Carapuchiña. Casa 1: Aprende autodefensa; Casa 2: Xoga ao xadrez a cestiña de Carapuchiña; Casa 3: Vai de vacacións co lobo. Esta, esta…! Dálle á casa 3. Carola: Chsss! Espera! Mira! Lucas: A ver? Carola: (Lendo na pantalla.) Mensaxe da Bruxa Virtual: Lucas: (Lendo tamén.) Se queres ser ti… Óese a voz da Bruxa Virtual polos altofalantes. Bruxa Virtual: … o protagonista dos contos, sigue as miñas instrucións e fai un clic onde eu diga… Ha, ha, ha! Carola: (Detense.) Oe, Lucas, non será perigoso? Lucas: (Facéndolle burla.) Perigoso? (Ergue os ombros.) Por que? Carola: Non sei. A ver se nos metemos nunha desas cadeas prohibidas. Lucas: Bah! Ti ves moitas películas, Carola. 234698 _ 0096-0138.indd Sec1:98234698 _ 0096-0138.indd Sec1:98 25/11/09 16:49:5725/11/09 16:49:57
  • 99. 99© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Pezas teatrais Carola: É que aquí hai un aviso de Vía descoñecida da Internet. Ninguén sabe quen está detrás deste programa. Pode ser algo perigoso. Lucas: Veña! Dálle ao si. Carola: Vale. (Preme o rato. Óese a voz da Bruxa Virtual polos altofalantes do ordenador.) Bruxa Virtual: Benvidos ao mundo dos contos virtuais, pequenos contonautas. Que conto preferides? Carola: (Asustada.) Ben, xa está. Aquí pecho… Lucas: Boh, Carola! Vamos elixir un conto… Carola: (Le as propostas do ordenador.) Brancaneves, Cincenta… Lucas: Puag! Carola: Os tres porquiños… Lucas: Que parvada…! Carola: A casiña de chocolate… Oe, pois poderiamos ir a este! Lucas: Que estupidez! Eu quero algo de dinosauros! Carola: (Manexando o rato, sen deixar de mirar a pantalla.) Pois non, de dinosauros non hai nada… Oe, por que non o deixamos aquí? Lucas: Pero que medorenta te pos! (Quítalle o rato.) Carola: Eh, Lucas, estate quieto! Lucas: Es unha pesada… Veña, vamos á casa de chocolate. (Preme o rato do ordenador. Prodúcese un curtocircuíto. Sae unha luz forte da pantalla e óese a voz da Bruxa polos altofalantes.) Bruxa Virtual: Benvidos, pobres nenos parvalláns! Benvidos ao mundo da casa de chocolate! Ha, ha, ha! Carola: (Sentada ao ordenador, co rato na man…) Lucas! Lucaaaaaas! Onde estás? Escuridade total. Cando volve a luz de novo, aparece en escena unha paisaxe de bosque e unha pequena cabana de leñadores. Na porta da cabana, a Nai despide ao Pai e os dous fillos, que marchan para o bosque. O fillo é Lucas. Nai: (Bícaos con moita pena, coma se se despedise deles para sempre.) Adeus, fillos, tede moito coidado. Pai: Non te preocupes, muller, que van comigo. Gretel: Si, mamá, xa verás como encontramos leña e traemos algo de comer. (Diríxese a Lucas.) Verdade, Hansel, que imos axudar moito a papá? Lucas: (Sen saber que dicir.) Ss… si. (Á parte.) Vaites, que remirada. (A Gretel.) E non me chames Hansel, que me chamo Lucas! Gretel: (Divertida.) Que cousas máis raras dis, Hansel! Pai: (Chamándoos.) Hansel, Gretel! Deixade de perder o tempo e empezade a camiñar. Andando! Lucas: Ui, ui, ui! Que mal me cheira isto…! Os nenos vólvense cara á Nai e dinlle adeus coa man. A Nai entra na casa chorando. Lucas: (Mirando cara ao ceo, chama en busca de axuda.) Carola! Carola! Óesme? Ilumínase nun lado da escena a mesa do ordenador de Carola, que manipula desesperadamente o teclado. 234698 _ 0096-0138.indd Sec1:99234698 _ 0096-0138.indd Sec1:99 25/11/09 16:49:5725/11/09 16:49:57
  • 100. 100 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Pezas teatrais Carola: Lucas, Lucas! Deus! En que lea se meteu. Escuridade. Ao volver a luz, vese o bosque, por onde seguen camiñando o Pai, Lucas e Gretel. Gretel: Pai, levamos varias horas camiñando… A onde imos? Pai: Ti cala e camiña, filla. Lucas: Ui, ui, ui…! Que eu xa sei o que pasa no conto…! Que agora nos deixa aquí tirados! (A Gretel.) Eh, ti, Gretel… Non te separes de teu pai, porque nos vai abandonar no bosque. Gretel: (Collendo flores, toda ensimesmada.) Que barbaridades dis, Hansel. Lucas: E dálle con Hansel! Que me chamo Lucas! Pai: Mirade, fillos, esperade aquí, que vou ver se encontro o camiño para seguir. (Vaise cara á esquerda.) Carola: (No ordenador.) Non, Lucas, non quedes! A ver, casa 1: Quedan sós. Non! Casa 2: Aparece un coello. Que parvada! Casa 3: Sigue ao Pai. Vamos! Si! Lucas: (Desconfiando.) Xa, xa… Eu no me fío un pelo. Eh, espera, que vou contigo! (Intenta seguir ao Pai.) Carola: Iso é! Seguir ao Pai. Gretel: (Sentadiña ao pé do camiño, retén a seu irmán polo pantalón.) Hansel, pero se nos dixo que o esperemos. Ven e queda comigo… Pai: (Mira a Lucas.) Dixen que quedes coa túa irmá! Gretel: É que me dá medo quedar soa. Carola: Ai, que nena máis babeca! (Insiste no ordenador.) Casa n.º 3… Lucas: (Vólvese a Gretel.) Pois veña, vente comigo. Eu non quedo aquí. Veña, vamos co teu pai. (Pero mira cara a onde se foi e xa non o ve.) Velo? Xa nos abandonou. Por que nos contos sodes tan panocos? Óese polos altofalantes unha bucina do ordenador e, seguidamente, a voz da Bruxa Virtual. Bruxa Virtual: Ha, ha, ha! Perdiches a túa primeira oportunidade, pequeno. Só che quedan tres posibilidades. Carola: Oh, non! Fíxolle caso á irmá! Agora teño que indicarlle o camiño de volta… Lucas: Non te preocupes, vou intentar regresar. Imos ver… Carola: Casa n.º 1: Camiño da dereita: a casa. Casa n.º 2: Á esquerda: á casa de chocolate! Lucas: Será á dereita? Carola: Si! (Dálle ao botón.) Gretel: Non! Á esquerda. Lucas: Ti cres? Carola: (Desolada.) Directos á casa de chocolate! Gretel: Mira, se hai luz! Bruxa Virtual: Ninguén me pode vencer! Onde podo fago o mal…! Perdestes a segunda oportunidade! Ha, ha, ha! Carola: Oh, non! 234698 _ 0096-0138.indd Sec1:100234698 _ 0096-0138.indd Sec1:100 25/11/09 16:49:5725/11/09 16:49:57
  • 101. 101© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Pezas teatrais Camiñan e chegan a unha casa de chocolate, tal como a describe o conto dos irmáns Grimm. Na porta encontra a Bruxa Virtual. Bruxa Virtual: Pasade, pasade, pequenos, que eu vos axudarei. Gretel: Que señora máis amable! Lucas: Pois eu non me fío nin un pelo… Carola: Non! Non entredes. (Mirando a pantalla.) Casa n.º 3: Vanse polo camiño de atrás. Lucas: Non, Gretel, non entremos. Mellor imos polo camiño de atrás… Pero Gretel, sen facerlle caso, entra na casa. Lucas: Eh, Gretel! Non podo deixarte soa! (Lucas séguea.) Esta nena parece parva. Vainos meter noutra lea. Bruxa Virtual: Xa perdestes a terceira oportunidade! Sempre vence a Bruxa Virtual! Carola: Ai, Gretel, filla, es un desastre! Lucas: Pero Gretel, filla, es un desastre (Séguea.) Cando entran, a Bruxa mete a Lucas nunha gaiola. Bruxa Virtual: Ha, ha, ha! Aquí estarás moi ben… Só teño que esperar a que engordes para cociñarte na miña grande ola. (A Gretel.) E ti, nena, ponte a fregar inmediatamente se non queres que coma o teu irmanciño sen engorde nin nada. Gretel: (Chorando desconsolada.) Oooooh! Quen ía dicirme que isto podía ocorrer! Lucas: Pois, filla, se isto o saben ata na escola infantil… (Mirando o ceo.) Carola, estás aí? Sácame de aquí, por favor. Gretel: (Varrendo cunha vasoira, sen deixar de chorar.) Quen vai axudarnos agora? Quen? Aparece a Bruxa en escena. Bruxa Virtual: Vamos, vamos, ensíname o teu braciño, a ver se engordaches… Carola: (Sempre lendo as propostas do videoxogo na pantalla.) Ensínalle… Un salchichón… Non! A ver, a ver… Un óso de polo! Iso é! Si. Lucas: (Saca un óso de polo e dállo a tocar á Bruxa.) Uf! Menos mal que encontrei por aquí este óso de polo. Quen o deixaría aí? Bruxa Virtual: Moi delgado estás aínda! Moi delgado! (Vaise.) Lucas: Ai, Deus, que esta Bruxa Virtual me vai facer picado virtual! (Chama a Gretel.) Chsss! Gretel! Ven. Gretel: (Achégase.) Dime, Hansel. Non te preocupes, que xa verás como vén papá e nos saca de aquí. Lucas: Estás ti boa, parece que non sabes o conto… Gretel: Que? Lucas: Déixao, non me fagas caso. Escoita, tes que encontrar as chaves da bruxa. Gretel: Ah! Pero iso é case imposible… Lucas: Nada diso. Suponse que ti as encontras, que me sacas e que botas a bruxa á pota con auga fervendo, vale? Gretel: Pero iso é unha barbaridade! 234698 _ 0096-0138.indd Sec1:101234698 _ 0096-0138.indd Sec1:101 25/11/09 16:49:5725/11/09 16:49:57
  • 102. 102 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Pezas teatrais Lucas: Pois así é como o contan. Imos ver, onde se che ocorre que poden estar as chaves? Carola: (Accionando o rato do ordenador.) As chaves, onde gardou a bruxa as chaves da gaiola? Casa número 1: No aparador… Non! Casa número 2: Debaixo do colchón… Tampouco! Lucas: (Canta mentres mira todo o cuarto.) Onde están as chaves? Matarile, rile, rile… Carola: … Onde están as chaves? Matarile, rile, rón. Chim-pón. Casa n.º 3: No braseiro…! Tampouco! Ai, Deus, estáselles acabando o tempo de xogo…! Vainos comer a bruxa…! É horrible! Gretel: (Buscando no aparador e despois debaixo do colchón.) Pois non, aquí non están… Bruxa Virtual: Ben, ben, pois se non engordou o suficiente, comereino tal e como está… Ha, ha, ha! Que hoxe teño eu moitas ganas de neno en pepitoria. Lucas: Vamos, Gretel, por Deus, busca as chaves. Carola: Casa n.º 4: No mandil! Iso é, colgadas do mandil! Como ve tan pouco, pódollas quitar sen que se dea de conta… Gretel: (Lembrando, de pronto.) Ah, claro! Se as leva colgando do mandil! Lucas: Iso é! Tenas colgando do mandil! Es estupenda, irmanciña! Gretel E Carola: Grazas. Gretel: Non me verá cando llas quite? Lucas: Non! É moi cegarata, lémbrate. Gretel: Pois alá vou. (Acércase á Bruxa, que acaba de entrar. Vai por detrás cunhas tesoiras e córtalle o cordón do que colgan as chaves, enormes. Cólleas e abre a gaiola. Sae Lucas da gaiola.) Bruxa Virtual: Eh! Pero mocosos, que estades facendo? Gretel: Nada, mire, axudándoa a que toque os braciños de meu irmán, veña, veña, que a vou levar… Carola: Bravo! Non es tan parva, Gretel! Lucas: (Ao oído de Gretel.) Bravo! Non es tan parva, Gretel! (Dálle un bico.) E agora, queda o peor… Gretel: (Baixiño, ao seu irmán.) Nada, nada, se hai que empuxala ao caldeiro, empúxase e en paz... (Leva a Bruxa cara o caldeiro. Lucas ségueas con moito coidado.) Señora Bruxa, que lle parece se antes imos ver se xa está o lume no seu punto? Bruxa Virtual: Ai, pero que nena máis parva, que todo o ten que preguntar…! Carola: Casa n.º 1: A Bruxa descóbreos… Non, tede coidado, que se vai dar de conta! Lucas: (Baixiño, á súa irmá.) Acércate ti primeiro, para que a min non me vexa… Gretel acércase á Bruxa para axudala a asomarse ao caldeiro. Carola: Iso é! Agora, casa n.º 2: Empúxana ao caldeiro. Lucas achégase. Entre os dous empuxan a Bruxa, que cae dentro con grandes berros. Bruxa Virtual: Aaaaaaah! Gretel e Lucas asómanse ao caldeiro. Gretel: Desapareceu! Lucas: Claro, era unha Bruxa Virtual! 234698 _ 0096-0138.indd Sec1:102234698 _ 0096-0138.indd Sec1:102 1/12/09 18:01:001/12/09 18:01:00
  • 103. 103© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Pezas teatrais Gretel: Non digas palabras feas! Lucas: Quero dicir que non era de verdade, que nunca existiu… Gretel: Que listo es, Hansel! Lucas: E dálle con Hansel! Ben, tanto ten, anda vamos. Carola: Non! Agora tedes que encontrar o tesouro da Bruxa. A ver, a ver… Casa número 1… Gretel: Espera! Que eu vía que a bruxa gardaba algunhas cousas debaixo da cama… (Miran alí e sacan un cofre.) Carola: Que tía! Encontrouno á primeira! Agora, o camiño á casa… Entre os bidueiros… Non. Lucas: Imos regresar polo camiño do río! Gretel: Si, por aí seguro que volvemos á casa dos nosos pais. Carola: Exacto! Chegan á cabana. Os pais saen a recibilos entre saloucos. Nai: Hansel, Gretel, fillos! Pai: Oh! Non puiden durmir en todo este tempo. Lucas: Anda, que menos mal que se arrepinten… Gretel: Xa nunca máis pasaremos fame! (Móstralles o cofre co diñeiro.) Nai: Fillos, fillos! (Dálles apertas mecánica e repetidamente, coma se fosen os debuxos dun xogo de ordenador.) Fillos, fillos! Lucas: Eh! Carola! Por favor, dálle ao botón de «Saír»! Carola: (Ríndose.) Bah! Por que? Co que a min me gustan os finais felices! Os pais seguen abrazando a Lucas e Gretel. Pai e nai: Fillos, fillos! Lucas: Caroooooolaaaaaa! Carola: Está ben! (Dálle ao botón do rato. Volve xurdir un chispazo e faise a escuridade.) De novo, Carola e Lucas en escena. Comen un bocadillo, sentados no chan, mentres xogan cun tren eléctrico. Lucas: Xa podes ir borrando ese xogo de contonautas do teu ordenador! Carola: Si, creo que vai ser o mellor… Aínda que, non sei, paréceme que a ti iso das aventuras virtuais che gustaba. Nai de Carola e Lucas: Carola, Lucas…, queredes apagar o ordenador e vir merendar? Carola E Lucas: Xa imos, mamá! Carola: Á porra as aventuras virtuais! A borralo todo! Achégase ao rato do ordenador. Púlsao. Mentres se van os dous, óese a voz da Bruxa Virtual. Bruxa Virtual: Noooooon! Non me borreeeeees! Faise a escuridade. FIN 234698 _ 0096-0138.indd Sec1:103234698 _ 0096-0138.indd Sec1:103 25/11/09 16:49:5725/11/09 16:49:57
  • 104. 104 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Pezas teatrais Preparación da función Os contonautas Repartición de papeis Se a representación se fai cun grupo numeroso de alumnos, é posible ampliar o número de personaxes incorporando outros contos coñecidos. Vestiario • Lucas e Carola: deben vestir coma dous rapaces da súa idade. Roupa informal (vaqueiros con camiseta ou xersei en cores vivas e calzado deportivo, por exemplo). • Bruxa: túnica ou vestido escuro e longo, con algún obxecto brillante ou detalles coma estreliñas, debuxos xeométricos… (pódense facer de papel de aluminio). Sobre o vestido, levará un mandil e, atado nel, un cordel cunha gran chave colgando. Sombreiro cónico e con punta, que se pode facer con cartolina. • Pai e Nai de Gretel: vestidos de leñadores (camisa remangada, pantalóns desgastados e zapatos de cordóns ou botas). • Gretel: vestido de peto, medias ou calzas e zapatos. Decorado e obxectos necesarios O escenario adaptarase ás posibilidades que teñamos. Hai que ter en conta que debe estar dividido en dúas zonas diferentes: unha que mostre o cuarto de Lucas e Carola e outra que represente o que está sucedendo no escenario do conto. • Cuarto: o máis sinxelo é colocar un papel continuo que ocupe toda a parede do escenario. Debuxarase nunha esquina o cuarto dos rapaces: unha ventá, pósteres ou cadros debuxados, unha mesa co ordenador e dúas cadeiras. • Escenario do conto: debe representar dous ambientes diferentes. Por un lado, a casa dos leñadores e o bosque; por outro, o interior da casa de chocolate. Na esquina contraria ao cuarto de Lucas e Carola, debuxarase unha paisaxe de bosque e unha pequena cabana de leñadores. Se se dispón de tempo, a cabana pódese realizar con caixas de cartón pintadas e decoradas. Poden engadirse ao decorado flores de papel de seda. No centro do papel continuo debuxaremos o interior da casa de chocolate: ventá, teas de araña, ratos… Diante, faremos unha gaiola con outra caixa grande de cartón. Podemos imitar o fogón da bruxa cunha lanterna e papeis vermellos e amarelos postos dentro dun balde grande para imitar as lapas. • O ordenador: realizarase tamén cunha caixa de cartón pintada co oco da pantalla; teclado feito cunha táboa coas teclas debuxadas; algún obxecto que escorregue imitará o rato. Os cables das conexións poden ser de la ou de plástico. Iluminación e música A luz debería distribuírse tendo en conta a parte do escenario en que se desenvolve a acción e o que se represente. No cuarto dos rapaces, a luz pode ser mínima (utilizar un só foco, que se apagará cando indique o texto). Pola contra, no escenario do conto deberá haber máis focos e a luz será máis natural. Cada vez que se cambie de escenario, utilizarase un son distintivo do cambio. No cuarto dos nenos pódese utilizar música moderna e algún ruído estridente cando apareza a Bruxa en pantalla. Durante o conto, unha música máis relaxada e popular. 234698 _ 0096-0138.indd Sec1:104234698 _ 0096-0138.indd Sec1:104 25/11/09 16:49:5725/11/09 16:49:57
  • 105. 105© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Pezas teatrais O maquinista Antón PERSONAXES Xefe de estación Nena Antón Señora da limpeza Home dos globos Adiviña Portaequipaxes Pescador de soños Vella Mozo e Moza ÚNICA ESCENA Estación do tren. Son de fondo da cantina. Óese unha voz que anuncia a próxima saída dun tren. Voz: Tren rápido con destino a Santiago, próximo a facer a súa entrada na vía 1, plataforma primeira. Este tren fará paradas en Pontevedra e Vilagarcía. (Repítese dúas veces.) Sae o xefe de estación con cara asustada. Mira para todos os lados. Bota as mans á cabeza. Desaparece. Sae o Portaequipaxes co carriño cheo de maletas, empúrrao como pode, posto que leva un feixe de maletas en ambas as mans.Tamén mira para todos os lados. Descobre un colector de lixo e apurando o paso e con risiña pillabana bota as maletas dentro. Volve mirar para todos os lados e vaise. Entra a señora da limpeza con recolledor e vasoira. Recolle uns papeis e vai tiralos no balde do lixo. Descobre as maletas e pega un chimpo de alegría. Mete o recolledor e a vasoira no colector de lixo e saca as maletas. Escapa correndiño con elas. Entra o xefe de estación correndo e berrando; inmediatamente sae. Xefe de estación: Antón! Antón! Entra unha vella cunha nena. Consulta o reloxo. Vella: Onde está o tren, Pilarín. (A nena encolle os ombros.) Xefe de estación: Antón! Antón!... Onde está Antón? Vella: E a min que me pregunta? Quen é Antón? Xefe de estación: Antón é o maquinista, señora. A vella encolle os ombros e colle a nena dunha man; senta nun banco encabuxada. Chega un home con globos nunha man. Ten a cara pintada de pallaso e viste de pallaso. Home dos globos: Globos, globos de todas as cores e formas! (Decátase da nena. Achégase onda ela e ofrécelle un globo de cor vermella.) Queres un globo, princesa? A nena bota a chorar. A vella, que leva lentes e paraugas, corre detrás do pallaso que sae coma un lóstrego. A vella volve onda a nena. Vella: E o tren, onde está o tren, Pilarín? (A nena non deixa de chorar.) O pallaso volve. Saca unha harmónica do peto e toca unha melodía de acordes sinxelos. A nena sorrí. O pallaso baila arredor recitando un poema. Home dos globos: O ceo é un globo vestido de azul; o ceo é un globo vestido de tul. Na miña mochila globiños a centos de miles de cores para nenos contentos. 234698 _ 0096-0138.indd Sec1:105234698 _ 0096-0138.indd Sec1:105 1/12/09 18:01:001/12/09 18:01:00
  • 106. 106 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Pezas teatrais (O home dos globos saca a nena a bailar e segue recitando.) Se queres un globo canta e verás como a túa cara deseguida alegrarás. O home dos globos invitará o público para que recite a última estrofa mentres toca a harmónica. A vella sentada no banco tamén se vai animando e bate palmas. O home dos globos, nun acto de prestidixitación, saca un ovo de detrás da orella da nena que converte nun ramo de flores. A nena brinca de alegría e corre a ensinarllo á avoa. O pallaso segue a tocar a harmónica paseando pola plataforma da estación. Entra novamente o xefe de estación correndo. Xefe de estación: (Falándolle ao home dos globos.) Sabe onde anda Antón? O pallaso busca nos petos e move a cabeza negativamente. O pallaso dálle un globo. Vella: E o tren? Xefe de estación: Se vostede atopa o maquinista, eu tráiolle o tren. Vaise. De detrás óese unha voz. Voz de Antón: Unha, dúas, tres... Xefe de estación: (Saíndo outra vez.) Antón! Antón! Onde andas? Vai chegar o tren! Voz de Antón: Se me colles, saio! Xefe de estación: Vello rabechudo, deixa de xogar ás agochadas. Voz de Antón: Conto ata dez, se non me colles, non saio. Antón empeza a contar e o xefe de estación vaise. O home dos globos segue paseando e tocando a harmónica. A vella impaciéntase. Vella: Isto é unha vergoña. (Berrando.) Señor maquinista, señor maquinista! (Dirixíndose ao pallaso.) Que imos facer señor? Home dos globos: Podemos cantar. A vella volve ao banco enfadada. Entra un home cun amplo sorriso. Leva un sombreiro cunha flor, chaqueta a cadros, chaleco, polainas e botas de goma de pescador. Dun brazo pendúralle unha cesta. Noutro leva unha cana de pescar. Diríxese ao home dos globos. Pescador de soños: Que tal, deron xa a saída? Vella: O que fai falla e que deran a entrada. Pescador de soños: Hai que agardar entón a que chegue algún tren? Home dos globos: Evidente! Vella: Ademais temos un maquinista que polo visto hoxe quere facer folga. Pescador de soños: Haberá que reclamar, eu xa paguei o meu billete. Entra o xefe de estación. Pescador de soños: Queremos reclamar! Xefe de estación: Eu tamén! Pescador de soños: Onde imos logo? Xefe de estación: Eu que sei, bastante teño co meu. Pescador de soños: Señor xefe de estación, ten unha obriga: ensíneme o libro de reclamación! Xefe de estación: Que libro, que libro? O libro está repleto. Xa non ten onde reclamar! 234698 _ 0096-0138.indd Sec1:106234698 _ 0096-0138.indd Sec1:106 25/11/09 16:49:5725/11/09 16:49:57
  • 107. 107© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Pezas teatrais Sae o xefe de estación berrando o nome do maquinista. Vella: E vostede vai para Vilagarcía tamén? Pescador de soños: Vou. Vella: E que pensa pescar? Pescador de soños: Pesco de todo, sobre todo soños. Vella: Vaia, un tolo máis para completar a faena. Pescador de soños: (Facendo unha reverencia.) Señora, un respecto. Vella: O que vostede queira, pero, non faría mellor pescando troitas? Pescador de soños: Pensareino, de momento cos soños vou tirando. (Mira de esguello para a nena.) E ti, guapiña, a onde vas? Nena: A Vilagarcía coa miña avoa (Sinalando a vella.) Vella: Deixe a rapariga en paz (Murmurando polo baixo apártase. Vaise da plataforma.) Vas saber ti o que é bo! O home dos globos toca a harmónica sentado no banco ao lado da nena. Pescador de soños: Queres que che pesque un soño? Nena: (Sorrindo de orella a orella.) De verdade pode pescar soños, señor? Pescador de soños: Pois claro, non cho estou a dicir. Nena: Pero non teño con que pagarlle, señor. Pescador de soños: Que non tes con que pagarme? E logo ese sorriso de melindre e eses ollos de azucre, e esa cariña de papoula paréceche pouco? O pescador de soños deixa a cesta no chan e abre a parte superior desta, coa cana pesca no seu interior un papeliño de cor azul. Pescador de soños: Este é o ceo e ti es o peixe, queres picar? Adiante, morde o papel. (A nena faise un pouco a preguiceira e logo morde.) Veña, sácao da boca e desdóbrao. A nena faino e le en alto. Nena: Desde agora es posuidora do maior premio: un frasco cheo de alegría. Coidado, non o abras ou escapará o seu contido e apoderarase de ti a tristeza. O pescador de soños abre un compartimento da cesta e dálle o frasco á nena. Nena: (Sae brincando e chamando pola súa avoa.) Avoa, avoa! O home dos globos poñerase a pasear por entre o público tocando a harmónica. Mentres o home dos globos se mestura co público, entra na plataforma unha nova parella collida da man. Ambos levan maletas. Dirixíndose ao pescador de soños. Moza: Pir fivir i trin dis tris indi estí? Pescador de soños: (Estrañado.) Como di? Mozo: (Tatexando.) A mi-mi-mi-ña mu-mu-ller pre-gún-gún-ta-lle, po-po-po-lo tre-tre-tren. Pescador de soños: Arre demo, de onde chispas saídes? Moza: Pir qui o priguinti, siñir? Pescador de soños: Pois que mala chispa me coma, e sen faltar ao respecto, se vos entendo papas. Mozo: I-i-i-mos a San-San-San... 234698 _ 0096-0138.indd Sec1:107234698 _ 0096-0138.indd Sec1:107 1/12/09 18:01:001/12/09 18:01:00
  • 108. 108 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Pezas teatrais Pescador de soños: Si, ides a Santiago. Moza: Si, siñir. Timis un piquini priblimi ni lingüi. Pescador de soños: Xa me decatei. Non importa, tamén tedes dereito á vida, pero para a vosa información direivos que hoxe Renfe está en folga. Máis ben trátase do maquinista, que polo visto non quere conducir, de todos os xeitos o tren aínda non chegou, prefire xogar ás agachadas. Se mo permitides, vou seguir co meu choio. Os mozos retíranse mirando un para o outro e sentan nun banco con cara de papáns. Pescador de soños: (Falándolle ao home dos globos.) Como anda o patio, ti! Home dos globos: A xente quéixase porque ten présa e non dá chegado o tren. Pescador de soños: Pois que vaia apandando, que isto vai para longo. Asoma a cabeza de Antón, que fala e volve esconderse rapidamente. Voz de Antón: Se esperades que saia o tren, si que estades soñando. (Risas.) Pescador de soños: Quen era ese? Home dos globos: O maquinista traveso. Entra a vella axitando o paraugas. Vella: Desvergonzado, desvergonzado! Onde se meteu ese descarado? Pescador de soños: Que pasa, señora? Fala do maquinista? Vella: Logo de quen vou falar... Como o colla, esnáfroo. Moza: Pribiñi! Vella: (Mirando para a moza con cara encabuxada.) E ti por que o defendes? Pescador de soños: Deixe a moza, pícalle a lingua e algo ten que dicir. Vella: E a miña neta? Pescador de soños: Saíu na súa busca. Vella: Pero se eu estou a xogar ás agachadas. Todos: As agachadas? Vella: Pois claro, alguén ten que arranxar o problema; como queren que atope o maquinista se non lle sigo o xogo? Pero o moi trampón anda a enganar a esta pobre vella, como o pesque... Sae a vella empuñando o paraugas coma unha lanza e disposta ao ataque. Entra unha muller tirando dun crocodilo coma se fose un canciño. Leva na cabeza un sombreiro que semella unha bóla de adiviña, viste de xeito estrafalario. Adiviña: Veña, Pin-pin, que chegamos tarde. Moi boas! Home dos globos: A onde vai tan ás présas? Adiviña: A coller o tren. Por que? Non me diga que xa saíu! Home dos globos: Sairá. Sairá. Adiviña: Está a se mofar de min ou que? Pescador de soños: Líbreme Deus, señora, quere vostede pescar un soño por casualidade? Adiviña: O que quero é coller o tren. Pescador de soños: Nós tamén. Home dos globos: Que ben! 234698 _ 0096-0138.indd Sec1:108234698 _ 0096-0138.indd Sec1:108 25/11/09 16:49:5725/11/09 16:49:57
  • 109. 109© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Pezas teatrais Mozo: Que-que-que ben! Adiviña: Pero isto que é? Son vostedes unha panda de titiriteiros. (Míranse e negan coa cabeza.) E logo por que fan o parvo? E vostede a onde vai con esa cara de pallaso? Home dos globos: Por que non se mira nun espello, non será por casualidade porteira dun zoolóxico? Home dos globos: Si, dubido moito de que deixen entrar animais no tren. Pescador de soños: A cal dos dous? Adiviña: (Furiosa.) Que din, analfabetos? Unha adiviña coma min pode facer o que lle pete. Teño consulta na capital. Que pensan vostedes? Chámanme continuamente da radio e da televisión. Home dos globos: Pois xa podería adiviñar como imos saír da estación. Adiviña: E logo cal é o problema? Pescador de soños: (Con chacota.) Adiviñe, miña señora. Adiviña: Teño que chegar a Santiago a un congreso de bruxas. Pescador de soños: Pois faga un feitizo e demostre as súas sabedorías facendo que chegue o tren e dispoñendo o maquinista para que deixe de xogar ás agachadas. Adiviña: Iso está feito. Nese intre entra a vella con Antón camiñando de xeonllos e vai tirándolle dunha orella. Todos: Pois si que foi rápido. Vella: Listo, xa está aquí. Antón: Ai, señora; ai, ai, non tire que doe! Solte, polo que máis queira! Vella: Só solto se promete subir ao tren e facer o seu traballo. Antón: Non! A vella colle o bolso e o paraugas e zóscalle ao maquinista. A neta entra e observa a escena. Nena: Déixao, avoa! Vella: Que alguén vaia chamar o xefe de estación, este xa non escapa. Nena: (Botándose a chorar.) Déixao, avoa! Pescador de soños: (Á vella.) Señora, xa basta, deixe ese home tranquilo. (Á nena.) E ti non chores, bonita, non te lembras que tes o frasco da alegría? A vella solta o maquinista. Antón: (Dándolle un bico á nena.) Grazas, bonita. Pídolles perdón. Adiviña: Perdoado; agora subamos. Antón ri. Home dos globos: (Tocando a harmónica.) Tren, tren, tren, o maquinista xa está ben. Tren, tren, tren, collamos a equipaxe que comeza a viaxe. Antón: Non imos! Vella: Estalles ben, por confiados. 234698 _ 0096-0138.indd Sec1:109234698 _ 0096-0138.indd Sec1:109 25/11/09 16:49:5725/11/09 16:49:57
  • 110. 110 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Pezas teatrais Nena: (Suplicando. Tirando pola manga da camisa.) Señor, señor! Mozo: Que que-ro re-re-re-cla-cla-mar. Antón: (De morros.) Hoxe non quero traballar. Todos: Pero... por que? Antón: Cousas miñas! Todos: Cousas nosas! Antón: Miñas! Todos: Nosas! Entra o xefe de estación e Antón tenta escapar; pero é atrapado por todos. Xefe de estación: Acabouse a troula. Antón: Non é troula. Xefe de estación: Esta xente pagou o billete. Antón: Que veña outro maquinista. Xefe de estación: Pero serás teimudo, sempre fuches o maquinista máis responsable, que mosca che picou? Antón: Ningunha. Xefe de estación: Acabouse a melindrada; sube ao tren inmediatamente. Antón: A que tren? Eu non vexo ningún tren! Xefe de estación: Levamos máis de media hora de atraso; isto é unha catástrofe! Antón: Non será pola miña culpa, de momento non chegou ningún tren. Xefe de estación: Si, pero cando chegue tampouco tes intención de cumprir coa túa obriga. Antón: Desde logo, hoxe é un día moi importante para min. (Facéndose o preguiceiro.) E ... que... estou de aniversario. Xefe de estación: E que? Se por iso é, cantámosche o aniversario feliz e tan pancho. O xefe de estación pon a todos a punto e, como un director de orfeón, dá o ton para cantar. Antón mira ao público e ri. Antón: Pero que fan? Están tolos? Entre todos cantan o aniversario feliz mentres Antón fai xestos de non comprender nada. Adiviña: (Collendo a Antón dunha orella.) Cantos anos van? Antón: (Antón tenta escapar.) Outra vez non, non! vella: (Érguese e quere tirarlle.) Apúntome, eu agárroo da outra orella. Antón: Socorro! Socorro! Risas xerais. Antón consegue zafarse e corre perseguido pola vella co paraugas no alto e pola adiviña que tira do crocodilo. Xefe de estación: (Tratando de manter a orde.) Xa está! Agora supoño que non te negarás. Antón: Négome. Xefe de estación: Pero nin despois de cantarche o aniversario? Antón: Se non fago anos. vella: Descarado, mentireiro. 234698 _ 0096-0138.indd Sec1:110234698 _ 0096-0138.indd Sec1:110 25/11/09 16:49:5725/11/09 16:49:57
  • 111. 111© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Pezas teatrais Antón: Señora, por que a tomou comigo? Eu non dixen que estivese de aniversario. Xefe de estación: Si que o dixeches! Antón: Non me deixastes falar; empeñástesvos en cantar. Dixen que estaba de aniversario; non que fixese anos. Xefe de estación: E non é o mesmo? Antón: Pois claro que non. Xefe de estación: (Mordendo as unllas.) Hoxe quedo sen pelos, sen dentes, sen unllas... Óese a voz do megáfono da estación. Voz: Tren rápido con destino a Santiago de Compostela que sufriu un atraso de corenta e cinco minutos, próximo a efectuar a súa entrada na vía 1, plataforma primeira. Prégase aos señores pasaxeiros que despexen a zona. Vella: Ben, a ver se agora é certo. Pescador de soños: Pero quen vai conducir o tren? (Todos miran para Antón.) vella: Isto é o conto de nunca acabar. Antón: De acordo, vou falar claro. Caras de alegría. Antón: Vou contar unha historia. (Pasea polo escenario contando a historia.) Era unha vez un neno moi pequeno, tan pequeno coma un gran de area, que vivía preto da estación do ferrocarril. Todos os días oía o son do pito e o rinchar das rodas quentes do tren ao saír e chegar á estación. Ese neno díxolle ao seu pai que quería un tren e o seu pai cumpriulle o seu desexo. Tróuxolle un precioso tren de xoguete, de moitas cores. Pero ese non era o tren que el quería, non señor, el quería un tren de verdade. O seu pai díxolle que iso era imposible. Aquela noite o neno meteuse na cama chorando porque nunca podería ter un tren de verdade. Ata que quedou durmido e tivo un soño marabilloso. El era un maquinista dun tren, dun tren, de verdade. Non era o seu tren porque nunca podería mercalo pero era coma se fose seu porque todos os días podía saír da súa casa e ir ao seu traballo e conducir aquela fermosa máquina do tren. Espertou contentísimo. E foi certo. Aquel soño converteuse en realidade. Aquel neno conduce hoxe un tren. Nena: Que historia tan bonita, Antón. Pescador de soños: (Falándolle ao público.) É bonito perseguir un soño e conseguilo. (A Antón.) Ti es ese neno, non? Vaia soño pescaches! Antón: Disto fai hoxe vinte e cinco anos. Para min é o maior aniversario que podo celebrar. Soamente os que soñan poden saber o que sinto. Pescador de soños: (Ao grupo). Algún de vós tivo algún soño cumprido ou ten outro por cumprir? Nena: (Brincando.) Eu, eu. (Danzando polo escenario.) Quixera ser unha marabillosa danzarina, poder voar mentres bailo, voar e voar nas miñas zapatillas de bailarina. Todos forman unha roda ao seu redor; cando remata, ela únese á cadea e sae o seguinte personaxe. Home dos globos: O meu soño xa o cumprín; un día pedín facer sorrir os nenos e coido que o conseguín. Pescador de soños: Pola miña profesión, soños teño a centos, pero para os demais para a todos ter contentos: Soñando viaxei por mares e por ríos, por montes e montañas en barcos e navíos. 234698 _ 0096-0138.indd Sec1:111234698 _ 0096-0138.indd Sec1:111 25/11/09 16:49:5725/11/09 16:49:57
  • 112. 112 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Pezas teatrais Adiviña: Eu pido un desexo, chegar a ser estrela, vivir no firmamento, formar parte do universo. Mozo: Non que-que-ro ta-ta-texar. Mozo: Falir bin quiri. Mozo e moza: (Cantando sen ningún defecto na fala e bailando.) Que felices somos, que grande ilusión; acaba de cumprirse o noso soño, que emoción! Vella: Pois para non ser menos, eu que xa vivín un tempo ben cumprido, direivos algo sinxelo: Que saia o tren, que saia e que saia, que saia e resaia e volva saír. Todos rin e desfaise a roda. Xefe de estación: Por que es tan túzaro? Deberías celebrar o gran día na túa máquina. Antón: Porque despois de tanto tempo, o meu soño ben merece un día de descanso. (Todos asenten coa cabeza. Antón afástase e ninguén o detén.) Xefe de estación: E que vou facer agora? Pescador de soños: Temos que facer algo. Home dos globos: (Elevando a voz.) Queremos a Antón! Queremos a Antón! (Vanse unindo todos.) Todos: Sen Antón, non saímos da estación! Queremos a Antón! Queremos a Antón! Asoma a cabeza Antón visiblemente emocionado. Antón: De acordo. (Facéndose un pouco preguiceiro.) Vós gañades. Antón colócase diante do grupo e todos se van unindo encadeados polos riles. Baixan do escenario cantando a canción de Antón Peruleiro e conforme avanzan arredor do público este vaise unindo ao grupo: Pasaxeiros ao tren suban, suban, este é o tren da ilusión... FIN (Adaptación da obra O maquinista Antón, de An Alfaya) 234698 _ 0096-0138.indd Sec1:112234698 _ 0096-0138.indd Sec1:112 1/12/09 18:01:001/12/09 18:01:00
  • 113. 113© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Pezas teatrais Preparación da función O maquinista Antón Repartición de papeis A obra ten un importante número de personaxes que entran e saen a escena e que están en continuo movemento polo escenario; incluso se desprazan entre o público ao que fan partícipe da historia. Vestiario • Antón: é un maquinista de tren, viste pantalón azul mariño con tirantes, camiseta dunha única cor (branca ou laranxa, por exemplo) e viseira azul. • Xefe de estación: traxe de pantalón e chaqueta escuros, camisa branca e gravata azul. Gorra de prato cunha insignia dourada. • Home dos globos: cara pintada de pallaso con amplo sorriso, pantalón e camisola de cores vivas. Pode levar agarrado do pulso os globos de cores e, nun peto, a harmónica. • Pescador de soños: chaqueta de cadros, pantalón curto e polainas, gorro cunha flor, botas de goma de cor alegre, unha cesta de vimbio e dentro papeis de cores. Levará unha cana de pescar artesanal, feita polos alumnos cun pau, un fío e un anzol. • Nena: terá aspecto de cativa, vestido de floriñas, zapatos escuros e calcetíns brancos, pelo recollido en trenzas ou coletas cunhas grandes lazadas. Cara pintada con pencas e coloretes marcados. • Adiviña: roupa estrafalaria, por exemplo unha capa colorida con moitos anacos de teas de cores ou cintas colgando, un gorro cunha bóla enriba. Leva dun cordel un crocodilo inchable de plástico. Cara moi pintada: beizos e pálpebras con cores rechamantes. • Mozo e moza: el, pantalón e xersei. Ela, vestido sinxelo dunha única cor e un pano ao pescozo. • Señora da limpeza: mandil e pano na cabeza. Leva unha vasoira e un recolledor. • Vella: vestida con cores escuras; camisa, saia e pequeno mandil. Leva un pano na cabeza, lentes grandes e un paraugas escuro. Decorado e obxectos necesarios O escenario non cambia ao longo de toda a representación. Debuxar e colorear a parede da plataforma da estación que servirá de fondo en papel continuo: cuns arcos, un reloxo, e algún cartel informativo, por exemplo, Vía 1. Ademais necesítanse estoutros elementos: • Dous bancos colocados algo distantes e un altofalante nun lateral do escenario. • Un carriño para transportar maletas. Varias maletas diferentes. Un colector de lixo. Un frasco pequeno para meter na cesta do pescador de soños. Iluminación e música A luz deberá parecer artificial, como corresponde ao interior da plataforma da estación. Poden colocarse puntos de luz fixos, imitando farois. Durante a representación debe soar música alegre, con tons cómicos nos momentos máis humorísticos. As mensaxes da megafonía poden estar gravadas previamente. 234698 _ 0096-0138.indd Sec1:113234698 _ 0096-0138.indd Sec1:113 1/12/09 18:01:001/12/09 18:01:00
  • 114. 114 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Pezas teatrais Serafín e Malacueco na corte do rei escama PERSONAXES Serafín Pirata da perna de pau Malacueco Rei ESCENA 1 Escenario: a fachada dunha casa simple –unha porta e unha fiestra– con estrutura de rodas que lle dea movemento en escena. Aparecen dous vagabundos esfarrapados: Serafín o fraco; Malacueco, o gordo. Serafín: Ai, que sono! Que preguiza! Que cansazo! Malacueco: Ai, que canseira! Que fatiga! Que quebranto! Serafín: Quebranto de que? Malacueco: Cansazo de que? Serafín e Malacueco: (A coro.) De non facer nada! Serafín: O peor é que estou cunha fame... Malacueco: E eu cun apetito... Olla, vaiamos a aquela casa. Pode ser que nos dean de comer. Baten na porta da casa. Serafín: Vosa Excelencia precisa de regar o xardín... Malacueco: ...que xa está moi seco... Serafín: Aquí está o Serafín... Malacueco: ...e o Malacueco. Serafín: En troco pedimos... Malacueco: ...pan para a viaxe. Serafín: Non temos diñeiro para pagar hospedaxe. Ábrese a porta con moito barullo e aparece o Pirata da Perna de Pau, de espada na man. Pirata: Quen sodes vós? Serafín: (Moi encollido coa voz a sumirse.) Serafín. Pirata: O que? Serafín: (Máis alto pero aínda asustado.) Serafín. Pirata: (Para Malacueco.) E ti? Malacueco: (Trémulo e tatexante.) Ma... la... cue...cue... cueco Pirata: O que? 234698 _ 0096-0138.indd Sec1:114234698 _ 0096-0138.indd Sec1:114 25/11/09 16:49:5725/11/09 16:49:57
  • 115. 115© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Pezas teatrais Malacueco: (Aínda asustado.) Malacueco. Pirata: (Designándoos coa espada.) Serafín e Malacueco? Serafín e Malacueco: (En coro e servís.) Dous criados ao voso dispor. (Desaxeitada venia.) Pirata: (Rindo.) Meus criados? Ha! Ha! Estades contratados. Ha! Ha! Serafín: (Tentando atallar.) Nós só dixemos... Malacueco: (Ídem.) Nós non dixemos... Pirata: O voso patrón, a partir de agora, son eu. Malacueco: (Para o Serafín.) Parece que falamos de máis. Pirata: Sabedes quen son eu? Serafín e Malacueco fan que non coa cabeza. Pirata: (Rindo.) Ha, Ha! Adiviñade. Son a Brancaneves? Serafín: (Dubidando.) Á primeira vista non parece... Pirata: Ha! Ha! Son o Carapuchiño Vermello? Ou son o Lobo Feroz? Malacueco: (Con medo.) Talvez... talvez pero... a segunda hipótese... Pirata: Nin un nin o outro. Ha! Ha! Eu son (cantarolando) o Pirata da Perna de Pau, do ollo de vidro, da cara de mao. Serafín: Brr! Que medo! Pirata: Vós os dous facedes parte da tripulación do meu navío. Vou saír de aquí; navegar por eses mares de fóra ata encontrar unha terra en que as miñas andrómenas non sexan coñecidas. Serafín: E se o barco vai ao fondo? Malacueco: Nós non sabemos nadar... Pirata: Apréndese dentro da auga. Ha! Ha! Diante de min, marchen. Eles marchan capitaneados polo Pirata. Malacueco: (Tremendo.) Metíchesme en bos traballos Serafín! Serafín: Fuches ti o que me metiches... Malacueco: Fuches ti. Serafín: Non, fuches ti! (Baten un no outro. O Pirata da Perna de Pau dálles cadansúa mocada- espadeirada.) Pirata: Quero disciplina! Aparece en escena a estrutura lateral dun barco de remos. Pirata: Toca embarcar! E disciplina! Malacueco: Ai, miña cabeza! Serafín: Ai, miñas costas! Entran dentro do barco. Malacueco e Serafín fanse cargo dos remos. Pirata comanda, de pé, na proa. Pirata: Toca remar. 234698 _ 0096-0138.indd Sec1:115234698 _ 0096-0138.indd Sec1:115 25/11/09 16:49:5725/11/09 16:49:57
  • 116. 116 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Pezas teatrais A casa, movida por rodas, vai recuando. O barco fica no mesmo sitio. Se é posible, algúns efectos visuais que dean a ilusión de movemento. Pirata: (Cantando.) Eu son o Pirata da Perna de Pau, do ollo de vidro, da cara de mao... Aparece en escena unha minúscula illa, tamén movida por rodas que se aproxima ao barco onde esforzadamente reman Serafín e Malacueco. ESCENA 2 Pirata: Terra á vista! A illa aproxímase ao barco. Por tras da illa aparece o Rei. Ten o aspecto grotesco de rei do Entroido! Pirata: Todos ao ataque. Ha! Ha! Á abordaxe! A illa e o barco chocan. O Pirata, empuñando a espada, sae do barco. Os dous vagabundos ségueno medrosos. Pirata: (Dirixíndose ao rei, ameazadoramente.) Bota para fóra toda a túa diñeirada, saco de unto. Xa! Xa! Que teño présa. Rei: Que fogoso vindes, estranxeiro! Quen sodes? Que pretendedes? De onde vindes? Traedes algunha mensaxe dun rei amigo meu ou ilustre embaixador? Pirata: Que mensaxe nin que farrapos de gaita! Quero os tesouros, de présa. A despachar! Rei: Expresádesvos con presteza, mais eu non vos entendo; sabedes por ventura que estades falando cun rei? Serafín e Malacueco próstranse por terra. Pirata: Ha! Ha! Rei de que, pode saberse? Rei: Rei desta illa, señor absoluto de todo o mar que vedes arredor. Don Ortoño I, rei das Espiñas de Rabada e das Escamas de Pescada. Rendédeme homenaxe. Serafín e Malacueco volven prostrarse. Pirata: Ha! Ha! E o teu palacio, os teus súbditos... onde están? O barco turrado polos bastidores comeza a afastarse da illa. Rei: Non teño palacio nin vasalos nin súbditos ilustres estranxeiros. Vivo soíño. Se tivese vasalos e súbditos, non me deixarían ser rei como eu quero. Pirata: Ha! Ha! Pois entón, veña aquí o teu peto, o teu tesouro, que nós ímonos xa e non te incomodamos máis. Rei: O meu tesouro, impaciente estranxeiro, esta constituído, como o seu título anuncia, por espiñas de rabada e escamas de pescada. Se así queredes, levádeo e enchede o voso barco! Pirata: O noso barco... Onde está? Socorro! Socorro! O noso barco lévao a corrente. (O barco afástase e desaparece.) Ide buscalo, palanquíns. Traede o meu barco, lacazáns. Serafín: Nós non sabemos nadar... 234698 _ 0096-0138.indd Sec1:116234698 _ 0096-0138.indd Sec1:116 25/11/09 16:49:5725/11/09 16:49:57
  • 117. 117© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Pezas teatrais Pirata: (Chorando.) Nin eu! Ai! Ai! Perdín o meu querido barco, o barco que eu roubara con tanta habilidade. Ai! Ai! Son un desgraciado, un pobre náufrago! Ai! Ai! Rei: Descansade, ilustre estranxeiro, que eu vos darei gorida no meu reino mentres non atopades transporte para a vosa terra. Serafín: E nós? Rei: (Para Serafín.) Vós pasades a pertencer ao meu séquito. Noméovos, ilustre estranxeiro, duque das Augas Claras. Serafín: (Curvándose.) Oh, maxestade, que grande honra! Rei: O voso compañeiro tomará o título de marqués das Augas Turbias. Malacueco: (Curvándose.) Que bonito, Serafín. Serafín: Non me trates de Serafín. Son o duque das Augas Claras. Malacueco: E eu o marqués das Augas Turbias. Temos a vida garantida. Serafín: Nunca máis volveremos traballar. Serafín e Malacueco fanse mutuamente esaxeradas cortesías. Pirata: Tamén eu quero un título, oh rei das Espiñas! Ha! Ha! Veña un título para o Pirata amigo. Rei: Vós seredes o Almirante-Mor da escuadra do meu reino. Pirata: Onde están os barcos desa escuadra? Rei: Sosegade, almirante. A escuadra, unha escuadra a gran distancia, habemos tela un día para conquistar o mundo. Pirata: Eh, Eh! Xusto! Para conquistar o mundo. Malacueco: A min isto non me gusta, duque. Serafín: Nin a min, marqués. Pirata: Que estades a conspirar aí? Ocupádevos do noso xantar! De présa! Rei: (Chamando.) Duque das Augas Claras e marqués das Augas Turbias... Serafín e Malacueco: (Prostrándose.) Ás ordes de Vosa Maxestade. Rei: Obedecede ao Almirante-Mor! Ide axiña pescarnos un peixe de bo porte, amañádeo e cociñádeo, mentres eu e o almirante imos dar un paseo pola illa. Serafín: (Protestando.) Pero eu son duque, maxestade... Malacueco: E eu marqués... Rei: Pescar e cociñar para o rei é unha honra. (Dálles unha cana de pesca e unha enorme tixola.) Veña, duque e marqués, ide, ide... E vós, almirante, vinde comigo. Rei e pirata afástanse ata deixaren de ser vistos. Serafín: Non che me gusta nada isto, Malacueco. Malacueco: Nin a min, Serafín Ambos perderon a pose aristocrática. Lanzaron á auga a liña da cana de pesca. A outra punta da liña-corda da cana debe alcanzar os bastidores. 234698 _ 0096-0138.indd Sec1:117234698 _ 0096-0138.indd Sec1:117 25/11/09 16:49:5725/11/09 16:49:57
  • 118. 118 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Pezas teatrais Serafín: Se conseguísemos fuxir... Malacueco: Pero como? Con tanto mar polo medio... A cana treme. Serafín: Picou un peixe. Turra Malacueco, turra. Serafín: (Turrando.) Non ha de ser gran cousa... Vén un peixe pequeniño na punta da liña. Serafín: (Tirando o peixe.) Aquí está un peixe para o xantar de súas excelencias. Malacueco: É tan pequeniño, Serafín! Bótao outra vez ao mar, coitadiño! Que medre. Serafín: (Botándoo ao mar.) Vai buscarnos un barco que nos libre desta illa, peixiño. Malacueco volve lanzar a liña en dirección dos bastidores. Malacueco: Non hai barcos por estes sitios. Serafín: Que infelicidade a nosa, Malacueco. Malacueco: Ai, ai, Serafín. Pesquei un peixe moi grande. Mira como turra. (A liña ténsase.) Axúdame, Serafín. (Serafín agárrase ao Malacueco.) Ai, que o peixe ten máis forza ca nós. Serafín: Túrranos para o mar! Socorro! Malacueco: Eu non o solto. Dáme a tixola, Serafín. Continúan sendo turrados. Caen á auga e montan na tixola que terá rodas e patíns. A illa desaparecerá en sentido contrario. Serafín: Ai, que eu non sei nadar! Malacueco: Nin eu. Agárrate, que imos de tixola acuática. (Escorregan enriba da tixola, turrados dos bastidores). ESCENA 3 No mesmo escenario da escena 1. Os dous vagabundos están caídos polo chan. Serafín: Olla, Serafín, onde nos deixou o peixe... Malacueco: Que ben, Malacueco. Estamos salvos. Abrázanse. Malacueco: Estou pensando que este peixe grande, ao mellor, era o pai do peixe pequeniño. Serafín: Ao mellor era... Malacueco: E o rei e o Pirata da Perna de Pau? Que sería deles? Serafín: Continúan á espera do xantar. Malacueco: E da grande escuadra para conquistar o mundo. Serafín: Deixalos esperar... Malacueco: Deixalos esperar... 234698 _ 0096-0138.indd Sec1:118234698 _ 0096-0138.indd Sec1:118 25/11/09 16:49:5725/11/09 16:49:57
  • 119. 119© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Pezas teatrais Rindo, abren a porta da casa que era do Pirata da Perna de Pau da que manifestamente toman posesión mentres cantan. Serafín: Non nos chamen vagabundos, vagabundos, vagabundos, que vagabundos non somos. Andamos por este mundo, non temos patrón nin donos nin criados nin mordomos. Serafín e Malacueco: (A coro.) Nin criados nin mordomos. Malacueco: Traballamos, mais non tanto, entre tanto descansamos. Nós somos causa de espanto. Non temos xefes nin amos. Protectores, señores que mandan. Cantamos cando cantamos. Serafín e Malacueco: (A coro.) Cantamos cando cantamos. Van andando polo medio do público en actitude de recoller moedas... Serafín: Estou canso de cantar, non apaño ningún ben. Voume xa de aquí agora, isto así non me convén. Uns cadelos, uns patacos non lle fan falta a ninguén. Serafín e Malacueco: (A coro.) Non lle fan falta a ninguén. Malacueco: Eu xa teño a boca seca de estar a cantar soíño, a ver se cato unha pinga déannos un vaso de viño. E tampouco estaba mal un pastel de vexetal... e tamén somos do pau dos pasteis de bacallau. Serafín e Malacueco: (Repiten.) E tampouco estaba mal un pastel de vexetal, e tamén somos do pau dos pasteis de bacallau... FIN (Adaptación do texto teatral do libro Teatro ás tres pancadas, de Antonio Torrado) 234698 _ 0096-0138.indd Sec1:119234698 _ 0096-0138.indd Sec1:119 25/11/09 16:49:5725/11/09 16:49:57
  • 120. 120 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Pezas teatrais Preparación da función Serafín e Malacueco Repartición de papeis Malia haber moi poucos personaxes, o ideal é que participe na representación o maior número posible de alumnos. Encargaráselles a varios alumnos que non teñen personaxe que se ocupen doutros aspectos da representación; por exemplo: arrastrar desde bastidores os elementos da escena (o barco, a casa, a illa), dar entrada e saída á música ou realizar diferentes efectos sonoros que reforcen a acción que se realiza en determinados momentos da historia. Vestiario • Serafín: é un vagabundo, vestido con pantalón e camisa esfarrapados. O actor que realice o personaxe debe ter aspecto físico fraco e miúdo. • Malacueco: tamén é un vagabundo, vestido con pantalón e camisa esfarrapados. O actor que realice o personaxe debe ter aspecto físico máis robusto. • Pirata: pantalón negro e camiseta de raias, na cabeza gorro ou pano de pirata, levará unha espada na man. • Rei: leva unha coroa pequena, un pantalón frouxo e camisola de cor azul vivo, unha capa escura coa figura de espiñas de peixe que poden estar pintadas sobre a tea ou ser elaboradas en cartolinas brancas, recortadas e apegadas sobre a capa. Pode ter a cara moi pintada coma se fose un monicreque. Decorado e obxectos necesarios • A casa do pirata: feita cunha caixa grande, cunha porta e cunha ventá pintadas. • A illa: elaborada nun cartón grande, levará unha corda por un lateral cara a bastidores para que os axudantes a poidan desprazar polo escenario segundo conveña. • O barco: pódese realizar en cartón unha silueta dun barco pirata, detrás do que se colocarán os personaxes na escena de navegación e eles mesmos serán quen vaian movendo imitando a navegación. Tamén terá un cordel co que se poida facer desaparecer do escenario, tirando del desde bastidores. • Outros obxectos necesarios para a representación: unha cana longa cun fío tamén longo que teña algún peso na punta, de xeito que ao lanzalo poida ir para fóra de bastidores. Un peixe de plástico, que un alumno-axudante enganchará á cana cando sexa preciso. Unha tixola grande feita en cartolina ou cartón ríxido e que os personaxes empregarán coma un flotador. • Pódese facer o efecto de ondas de mar levando unhas tiras de tea de cor azulada (de arredor dun metro de largo), dun extremo a outro do escenario e que, movéndoas ao tempo desde cada lado, os alumnos as fagan ondear. Iluminación e música A luz será intensa e parecerá o máis natural posible, tendo en conta que a acción da obra transcorre en espazos exteriores. A música é alegre en determinados momentos e máis tráxica noutros. Propoñer que os alumnos valoren e seleccionen os momentos que corresponderán a cada caso. Debe haber efectos sonoros máis intensos cando os protagonistas son arrastrados polo mar. 234698 _ 0096-0138.indd Sec1:120234698 _ 0096-0138.indd Sec1:120 1/12/09 18:01:011/12/09 18:01:01
  • 121. Guías de lectura • Matilda, Roald Dahl • Manolito ten un segredo, Elvira Lindo • E Xoel aprendeu a voar, Marica Campo 234698 _ 0096-0138.indd Sec1:121234698 _ 0096-0138.indd Sec1:121 25/11/09 16:49:5725/11/09 16:49:57
  • 122. 122 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Guías de lectura Matilda Autor: Roald Dahl Ilustrador Quentin Blake Editorial: Alfaguara/Obradoiro Formato: 12 X 20 cm Páxinas: 264 Serie azul: Desde 12 anos Interese formativo e temático Unha situación familiar difícil non consegue amargar nin amedrentar a rapaza protagonista da novela; a pesar da presión de seus pais, un vendedor corrupto e unha bingueira, a nena fai fronte aos seus problemas e logra solucionalos con enxeño e con moito sentido do humor. Despois de ler esta novela, todos, grandes e pequenos, pensamos que sería estupendo parecernos a Matilda ou, polo menos, ser os seus amigos. Autor Roald Dahl (1916-1990) é un dos escritores máis coñecidos do mundo da literatura infantil, xuvenil e de adultos. É autor de novelas, contos de misterio e libros autobiográficos. Naceu en Llandaf, unha vila do País de Gales. Aos sete anos foi internado nun colexio inglés onde sufriu o ríxido sistema educativo británico. Terminou o bacharelato e traballou na compañía petrolífera Shell, en África. Participou como piloto na 2.ª Guerra Mundial e pasou seis meses hospitalizado escribindo as súas aventuras de guerra. O seu interese pola literatura infantil estivo motivado polos contos que narraba aos seus catro fillos cando eran noviños. En 1964 publicou a súa primeira obra Charlie e a fábrica de chocolate. Tamén escribiu guións para películas, concibiu personaxes famosos, como os Gremlins, e algunhas das súas obras, como a xa mencionada e esta mesma que van ler os alumnos, foron levadas ao cine. Morreu en Oxford aos 74 anos. Outros dos seus libros máis coñecidos son Que asco de bichos!, O crocodilo enorme, O dedo máxico, O superraposo, Contos en versos para nenos perversos, Agu Trot, O Gran Xigante Anaco de Pan, etc. Argumento Que pode sucederlle a unha nena de brillantísima intelixencia cuns pais lacazáns e desagradables tan preocupados polas súas vidas mesquiñas que ignoran que a súa filla é un xenio? Este libro ofrece a resposta a tan longa pregunta. Un argumento moi ben estruturado, uns personaxes inesquecibles e unhas situacións imaxinativas conforman esta divertida novela que causa impacto a cantos a len, pola súa forma e polo seu contido. Matilda é unha nena con moito talento, amante dos libros e do estudo. Seus pais, os señores Wormwood, non valoran a súa filla, é máis, constantemente a tachan de ignorante e estúpida 234698 _ 0096-0138.indd Sec1:122234698 _ 0096-0138.indd Sec1:122 1/12/09 18:01:011/12/09 18:01:01
  • 123. 123© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Guías de lectura e Matilda, farta de insultos, decide vingarse deles facéndolles trasnadas moi divertidas. Na escola atopa unha directora horrible, a señora Trunchbull e tamén unha mestra deliciosa, a señorita Honey, coa que axiña se entende. Matilda confésalle que ten máxicos poderes para mover obxectos do seu sitio. Moi pronto deberá demostralo para liberar á señorita Honey da tiranía da directora. Proposta de actividades para antes da lectura Actividade 1: O título do libro Merece a pena dedicar un tempo á presentación desta novela, a xogar co seu título, coa ilustración da cuberta... antes de proceder a lela. Para motivar os alumnos, fotocopiar a cuberta do libro e ocultar o título. Trátase de que o descubran por medio de pistas, por exemplo: o título é un nome de muller, ten sete letras, tres sílabas, é unha palabra grave, non leva acento gráfico... Con esta actividade preténdese motivar a lectura e estimular a atención dos alumnos para descrifrar un título que aínda descoñecen. ■ Descifra as pistas e escribe o título da novela que se propón para ler. • Xa sabes cal é ese nome? Escríbeo. • Observa a ilustración e escribe o que pode estar pensando a nena. • Cantos anos dirías que representa? • Que che suxire vela rodeada de libros? • Podería estar a preparar un exame? • De que tratará o libro que ten sobre os xeonllos? 1. É un nome propio. 2. É unha palabra grave. 3. É trisílaba. 4. Ten sete letras. 5. Ten tres vogais 6. A letra «a» repítese dúas veces. 7. Empeza por M. 8. Acaba en «a». 9. É un nome de muller. 10. Rima con Xilda. 234698 _ 0096-0138.indd Sec1:123234698 _ 0096-0138.indd Sec1:123 25/11/09 16:49:5725/11/09 16:49:57
  • 124. 124 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Guías de lectura Proposta de actividades durante a lectura Actividade 1: Falta unha viñeta Son moitas as trasnadas que Matilda enxeña para vingarse da súa familia. Os alumnos deberán recoñecer as viñetas e completar cada tira debuxando a que falta en cada secuencia. Esta actividade potencia o sentido da observación e a capacidade de lóxica. ■ Observa as viñetas de cada secuencia e debuxa a que falta. 234698 _ 0096-0138.indd Sec1:124234698 _ 0096-0138.indd Sec1:124 25/11/09 16:49:5725/11/09 16:49:57
  • 125. 125© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Guías de lectura Proposta de actividades para despois da lectura Actividade 1: Si ou non? Para comprobar a comprensión lectora dos alumnos e para desenvolver a súa memoria, propoñer unha sinxela proba que consiste en ler os enunciados pertencentes ao argumento e arrodear «si» ou «non», segundo o que lembran. Na aula pódese preparar a proba en grupos, formulándose preguntas uns alumnos a outros. ■ Demostra que tes memoria de elefante contestando correctamente estas cuestións. Arrodea a opción correcta. • Matilda era filla única. SI NON • O pai de Matilda era médico. SI NON • Michael era o irmán de Matilda. SI NON • Matilda desexaba que seus pais fosen bos e cariñosos. SI NON • A señora Trunchbull era simpática e educada. SI NON • O pai de Nigel era médico. SI NON • Nunha semana, Matilda leu o libro Grandes esperanzas. SI NON Xogos e entretementos Actividade 1: O encrucillado de Matilda ■ Descubre as palabras que che pedimos e encáixaas no encrucillado. 1. Non era un fantasma senón unha ave moi faladora. 2. Profesión do pai de Matilda. 3. Apelídase Twist, e é unha novela de Dickens. 4. O que significa honey en galego. 5. Animal que Lavender introduciu no vaso da directora. 6. Matilda encheu o interior deste obxecto con cola. 6 I 5 I 1 F 2 F 3 F 4 F 234698 _ 0096-0138.indd Sec1:125234698 _ 0096-0138.indd Sec1:125 25/11/09 16:49:5825/11/09 16:49:58
  • 126. 126 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Guías de lectura Actividade 2: O título enleado ■ Trátase dun dos libros preferidos por Matilda. Só tes que poñer as letras no seu sitio e saberás o título. Actividades para a área de lingua e de literatura Actividade 1: Ficha bibliográfica ■ Confecciona a ficha do libro que acabas de ler. OR D E R E S I N X A O T C TÍTULO: AUTOR: TEMA: XÉNERO: RESUMO: 234698 _ 0096-0138.indd Sec1:126234698 _ 0096-0138.indd Sec1:126 25/11/09 16:49:5825/11/09 16:49:58
  • 127. 127© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Guías de lectura Manolito ten un segredo Autora: Elvira Lindo Ilustrador Emilio Urberuaga Editorial: Alfaguara/Obradoiro Formato: 12 X 20 cm Páxinas: 123 Serie azul: Desde 12 anos Interese formativo e temático Esta é quizais a obra máis coral da serie, pois o protagonistas son moitos. Protagonistas que colaboran xuntos nun esforzo común, ao final non moi recompensado. A realidade imponse a outros valores, pero unha realidade que entretén e que fai próxima unha historia chea de ambiente de Nadal. A mirada do mundo a través dos ollos de Manolito dános unha visión con bo humor do medio urbano e escolar. Manolito é un personaxe positivo, con moitos amigos e defensor de causas perdidas. Sabe apreciar o mellor do seu avó, dos seus pais e dese irmán etiquetado, no fondo con cariño, e ao que decide non desvelar un gran segredo. Nesta Guía de Lectura inclúese un novo apartado de Educación Intercultural para achegar o libro de maneira especial a nenos doutros países que se están integrando nas nosas aulas de Primaria e Secundaria. Tamén se ofrecen Actividades de Ampliación e Apoio para alumnos de rendemento escolar alto (+) e de rendemento escolar máis baixo (-), respectivamente; ademais, inclúese un cadro de Obxectivos para que o profesor, dunha ollada, comprobe os Obxectivos, Contidos, Procedementos e Actividades Complementarias que imos traballar nesta Guía de Lectura. Por último, preséntase unha proba de comprensión lectora: non é unha proba de avaliación, senón un cuestionario sinxelo para que o profesor comprobe se os alumnos se decataron realmente do lido. Merece a pena que o profesor dedique uns minutos á lectura desta Guía completa: desta forma poderá seleccionar a proposta de actividades máis interesante ou máis didáctica para o seu grupo de alumnos. Introdución Cando Elvira Lindo parecía que xa pechara o ciclo do seu personaxe Manolito Catrollos, incluso coa publicación nun só volume de todas as súas historias, apareceu nunha festa de Nadal un libro cun tema relacionado con este período e lembranzas escolares: Manolito ten un segredo. Unha obra centrada nunha anécdota –a visita do alcalde de Madrid ao colexio de Manolito– sobre a que xiran todos os capítulos, desde os prolegómenos do conto ás súas consecuencias sempre co humor como punto de vista narrativo. Argumento Faltan quince días para o 23 de decembro, data das vacacións escolares no colexio Diego Velázquez, e na clase de Manolito prodúcese un grande aviso: ese día vai visitar o centro escolar 234698 _ 0096-0138.indd Sec1:127234698 _ 0096-0138.indd Sec1:127 25/11/09 16:49:5825/11/09 16:49:58
  • 128. 128 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Guías de lectura o alcalde de Madrid. O colexio mobilizase, as clases prepáranse, as familias colaboran e sucédense os ensaios para a ocasión. A idea base é cantar para o alcalde unha panxoliña con letra actual dentro dunha representación de Nadal. Chega o sinalado día e a representación camiña entre a improvisación e o desastre que, ao final, non chega a ser de todo catástrofe. Empezan as vacacións e Manolito ten un segredo que non lle pode dicir ao seu irmán: a chegada dun novo irmán ou irmá. Autora Elvira Lindo naceu en Cádiz en 1962, aínda que vive en Madrid desde os doce anos. A súa infancia e adolescencia transcorreu en Moratalaz, un barrio de Madrid onde ela pasou os seus mellores anos e que ten moitos puntos en común co de Carabanchel (Alto) en que viven os seus personaxes. Traballou na radio como locutora para, máis tarde, especializarse na realización de guións cómicos para a radio e a televisión; a creación de chistes de toda categoría era a súa especialidade. En 1987 empezou a realizar para a radio os guións dun personaxe infantil do que sobresaían as súas lentes: Manolito. Así naceron as historias de Manolito Catrollos que anos máis tarde –1994– se converteron en libro. Proposta de actividades para antes da lectura Actividade 1: Un título misterioso Ao contrario doutros libros e novelas, a cuberta deste e a súa portada non achegan moitas pistas sobre o argumento: o segredo está no interior e é esencial na novela. Por iso é aconsellable empezar facendo hipóteses respecto ás ideas que xera a palabra «segredo». Os nenos imaxinan cal pode ser o segredo deste personaxe tan familiar para a maioría. Esta pode ser a actividade preparatoria máis suxestiva para iniciar a lectura; realízase de xeito individual ou colectivo, os alumnos elixen e, na posta en común, cóntanlles aos demais as súas predicións. Non importa atinar co que realmente sucederá no libro, o importante é deixar voar a imaxinación, inventar, anticipar. ■ Observa a cuberta do libro, le o título e pensa un pouco.... Que segredo gardará Manolito? Estará namorado ou buscando noiva? Será que vai ter un novo irmán? Imaxina e escribe o segredo que pode gardar Manolito. 234698 _ 0096-0138.indd Sec1:128234698 _ 0096-0138.indd Sec1:128 25/11/09 16:49:5825/11/09 16:49:58
  • 129. 129© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Guías de lectura Actividade 2: Manolito escritor Na introdución, a autora utiliza o finximento literario e fai que Manolito se queixe de que hai unha escritora que lle rouba as historias e que leva as ganancias a Suíza; agora vai ser el quen dedique o libro ao que realmente o mereza. Este recurso amplamente utilizado por moitos escritores pode servir de motivación. A lectura adiantada destas páxinas fará reflexionar o alumno sobre o personaxe, o libro e as intencións da autora. Para centrar a reflexión propoñemos contestar catro preguntas de resposta aberta, incluída a última. ■ Le a introdución do libro e conta o que nela di Manolito. • Que pretende a autora con esta introdución? • Como imaxinas a Manolito? • Será un argumento realista ou de ficción? Gustarache? Que che fai supoñelo? • Fíxate como termina a introdución e explica o que pode ser «o principio dos tempos». Proposta de actividades durante a lectura Actividade 1: Observatorio «Diego Velázquez» O colexio de Manolito está cheo de personaxes curiosos, alumnos, profesores, pais e visitantes. Malia ser o sétimo libro da serie, o argumento segue mostrando trazos físicos e de personalidade. É este punto un dos acertos literarios da autora que convén que os alumnos aprecien e teñan en conta, por iso se lles propón exercitar a análise de personaxes e as súas características. ■ A Manolito arrodéano varios personaxes curiosos, na casa e no colexio. Compróbao segundo vas lendo, lembra como son estes personaxes e escribe. TRAZOS FÍSICOS O SEU CARÁCTER MANOLITO O IMBÉCIL ORELLUDO YIHAD 234698 _ 0096-0138.indd Sec1:129234698 _ 0096-0138.indd Sec1:129 25/11/09 16:49:5825/11/09 16:49:58
  • 130. 130 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Guías de lectura Actividade 2: Cando os personaxes falan Ao longo da historia sucédense as opinións, no estilo da autora, bastante contundentes e populares. Non só os adultos sentencian, senón case todos os personaxes infantís, incluído o pequeno da familia García Moreno. Son opinións lapidarias que resumen nunha frase moitas intencións e explican moito en poucas palabras; isto, unido ao humor da autora, aumenta a intensidade dos episodios que se contan. A percepción da intención nas frases dos personaxes permite aos alumnos non só a reflexión sobre o lido, senón a mellor comprensión do xogo literario da obra. Son frases que son opinións e están bastante unidas ao seu contexto. ■ Dámosche algunhas opinións dos personaxes desta novela, fíxate ben nelas e explica o que o personaxe quere dicir exactamente en cada momento. Entendíchelo? Pois empeza e escribe. «A nós os enigmas nin nos van nin nos veñen.» «Nunca se coñece de todo os amigos.» «Así son as nais, cren que nos coñecen e, en canto poñemos un gorro, confúndennos incluso con persoas de distinto sexo.» «Só levaba postos os calzóns de Neno Xesús, quedou bastante teso.» «Ninguén te chamou a este enterro.» «Iso sábeno ata os chineses de Rusia.» «É un neno de anuncio.» 234698 _ 0096-0138.indd Sec1:130234698 _ 0096-0138.indd Sec1:130 25/11/09 16:49:5825/11/09 16:49:58
  • 131. 131© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Guías de lectura Proposta de actividades para despois da lectura Actividade 1: Fases da visita dun alcalde A visita do alcalde de Madrid é o motivo central do libro. Unha visita anunciada con quince días de antelación e que atravesa varias fases ao longo da obra, ofrecéndose diversas perspectivas dos protagonistas sobre o alcalde, segundo cada circunstancia. Estes momentos pódense concretar en catro, tres deles que se constatan no libro: anticipación, primeiras impresións e impresións finais, e unha máis que hai que imaxinar, pois non está explicada no libro. Este é un exercicio de análise e resumo dos principais episodios, que pode ter a súa continuación no cambio de punto de vista, o que o propio alcalde pensa do que ocorreu. ■ Lembra como se preparaba a visita do alcalde ao colexio de Manolito, e escribe o que sucedía en cada unha das fases. FASE 1: ANTES DA VISITA FASE 2: PRIMEIRAS IMPRESIÓNS; O DÍA 23 DE DECEMBRO FASE 3: IMPRESIÓNS FINAIS DO DÍA 23 • Agora ponte no lugar do alcalde e pensa un pouco: Despois de visitar o colexio de Manolito, que pensará o alcalde? Escribe. • Para terminar, imaxina que es xornalista e tes que informar da visita do alcalde ao colexio de Manolito. Lembra o sucedido e escribe a noticia. 234698 _ 0096-0138.indd Sec1:131234698 _ 0096-0138.indd Sec1:131 25/11/09 16:49:5825/11/09 16:49:58
  • 132. 132 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Guías de lectura Xogos e entretementos Actividade 1: Encrucillados de frases... ou algo así ■ Xa sabes que os encrucillados cruzan palabras en dúas direccións, vertical e horizontal. Nós propoñémosche algo máis sinxelo. Adiviña dúas frases relacionadas co libro a través das definición de cada unha das súas palabras. ENCRUCILLADO A 1. Artigo plural. 2. Os que reinan nos contos e nalgúns países, actualmente. 3. Saben facer cousas con pombas, chisteras e variñas máxicas. 4. Do verbo ser, rima con balón. 5. Outro artigo en plural. 6. Teñen fillos e non son as súas nais. 7. Palabra dunha soa letra que une. 8. Teñen fillos e non son os pais. 1 2 3 4 5 6 7 8 ENCRUCILLADO B 1. Artigo masculino en plural. 2. Máximas autoridades nos concellos. 3. Adverbio de afirmación, e non é «si». 4. Pronome reflexivo de dúas letras. 5. Do verbo emocionar, pero na terceira persoa do plural. 1 2 3 4 5 234698 _ 0096-0138.indd Sec1:132234698 _ 0096-0138.indd Sec1:132 25/11/09 16:49:5825/11/09 16:49:58
  • 133. 133© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Guías de lectura E Xoel aprendeu a voar Autora: Marica Campo Editorial: Alfaguara/Obradoiro Formato: 12 X 20 cm Páxinas: 176 Serie azul: Desde 12 anos Interese formativo e temático Na obra abundan os contidos didáctico-pedagóxicos, dos que pode enriquecerse o lector traballando temas como a educación intercultural, a educación na rede, a educación para o medio natural, o tratamento da lingua, a educación para a igualdade, así como o coñecemento de diferentes culturas e diversas zonas xeográficas. Ofrécese unha aprendizaxe guiada, onde o lector vai desenvolvendo unha curiosidade por coñecer as aventuras emprendidas polos personaxes, o que o levará a continuar coa lectura, adquirindo á súa vez novos coñecementos e ampliando así a súa cultura xeral. A novela pretende ser unha lección para a sociedade consumista actual, onde predomina a pasividade fronte á necesidade de socializarse do ser humano. Introdución Un neno individualista, que só tiña interese polas videoconsolas e pola Internet, aprende unha lección moral e educativa a partir dunhas mensaxes electrónicas que lle envía unha persoa anónima. Descobre que o ordenador tan só é un medio e non un fin e que resulta unha ferramenta educativa se se fai un uso axeitado del. Argumento Xoel é un neno abúlico, que leva unha vida pasiva e sedentaria. Prefire mil veces estar diante do ordenador ca ir xogar cos amigos. Seus pais prevén a posibilidade de mandalo a un ximnasio, mais a Xoel parécelle innecesaria toda actividade que requira un mínimo esforzo. A súa vida cambiará dunha maneira progresiva na obra. O protagonista vivirá aventuras incribles cos seus amigos, que o levarán a descubrir lugares e segredos inesperados, grazas a unha persoa anónima que parece sabelo todo del... Autora Marica Campo (María Pilar Campo Domínguez) naceu no Val do Mao, no concello do Incio (Lugo), o 24 de febreiro de 1948. Cursou a carreira de Maxisterio e realizou estudos de Teoloxía. Malia declararse mestra non vocacional, Marica Campo exerceu como profesora de Lingua e Literatura Galega durante trinta 234698 _ 0096-0138.indd Sec1:133234698 _ 0096-0138.indd Sec1:133 25/11/09 16:49:5825/11/09 16:49:58
  • 134. 134 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Guías de lectura e seis anos no Instituto «Poeta Díaz Castro» en Guitiriz, ata a súa xubilación anticipada. Ata o ano 1992 en que sae ao público a escolma de poemas Tras as portas do rostro, Marica só tiña editada unha obra de teatro e poemas en revistas e publicacións contadas. Así mesmo, participaba con frecuencia en recitais e escribía letras de cancións para grupos musicais como Fuxan os Ventos. Na actualidade, dedica todo o seu tempo á literatura e segue residindo en Guitiriz, onde foi nomeada Chairega de Honra pola Asociación Cultural Xermolos e a Fundación Manuel María da Terra Chá en novembro de 2007. Ten obras como Confusión e morte de María Balteira (1996), Abracadabras (2007), Sextinario: trinta e seis + tres (2007) e outras. Proposta de actividades para antes da lectura Actividade 1: Inspiración creativa Ollando a cuberta do libro, os alumnos poden establecer hipóteses e anticipar situacións posibles antes de comezar a ler a obra. Débese deixar voar a imaxinación para acrecentar a súa curiosidade de maneira creativa, tanto plástica coma narrativa. Deseguido, poden ler a contracuberta e comparar se o que acontece na obra é o que eles previamente imaxinaron. ■ Observa a cuberta do libro e responde. • A que cres que se refire a ilustración? • Lendo o título, de que pensas que tratará? ■ Gústache a cuberta? Paréceche axeitada ao título? Que imaxe crearías ti? Debúxaa e explícaa. 234698 _ 0096-0138.indd Sec1:134234698 _ 0096-0138.indd Sec1:134 25/11/09 16:49:5925/11/09 16:49:59
  • 135. 135© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Guías de lectura Proposta de actividades para despois da lectura Actividade 1: De abúlico a activo Xoel é un neno de trece anos cunha grande adicción aos videoxogos e ao ordenador. Na obra, un personaxe, Merlo Branco, decide axudalo para conseguir que estableza relacións coa xente da súa idade e sinta curiosidade pola exploración do contorno. Despois de localizar os fragmentos do texto que denotan o cambio producido na vida de Xoel, proponse que os alumnos os analicen e que comenten as súas ideas co obxecto de fomentar actitudes positivas para unha vida saudable. ■ Le estes fragmentos en que se describe a Xoel e contesta. • Cres que Xoel leva unha vida pasiva? Por que? • Que problemas de saúde pode causar un tipo de vida sedentaria? • Que lle recomendarías a Xoel para cambiar o seu tipo de vida? • Xoel conseguiu ter unha vida máis activa? Explica a resposta. • Cres que o Merlo Branco cumpriu o cometido de axudar a Xoel? Por que? • Que vantaxes lle proporciona a Xoel o cambio dos seus hábitos? Xoel, trece anos, xogaba coa PSP, alleo á con- versa dos maiores. Tampouco os maiores lle prestaban atención a el. Engulira, sen saborear, o lumbrigante con compota de tomate, o capón de Vilalba acompañado de castañas, mazás asadas e patacas fritas e agardaba, con impa- ciencia, pola sobremesa de turróns e outros do- ces de Nadal. Cando o avó falou baixiño para se referir a el, Xoel finxiu non oír, mais descoidou a partida e tivo que ver como perdía a carreira de coches en que estaba embobado. Ademais, hai que dicilo, outro Xoel es- taba a xurdir por obra daquelas pou- cas consignas que lle ía enviando por contagotas Merlo Branco. E medrara bastantes centímetros máis. A cor de leite fervido ía mudando por unha pel máis curtida, e uns peliños no bigote e as patillas anunciaban a inminencia dabarba.Isoúltimoíaporcontadaida- de, que Xoel axiña faría catorce anos, e non polo cambio de hábitos. 234698 _ 0096-0138.indd Sec1:135234698 _ 0096-0138.indd Sec1:135 1/12/09 18:01:021/12/09 18:01:02
  • 136. 136 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Guías de lectura Actividade 2: Ponlle outro título Para desenvolver a capacidade de síntese argumental, pódeselles pedir aos alumnos que lle poñan un título que lles guste, diferente do da cuberta. ■ Agora que xa liches o libro, inventa outro título para el. Actividades para a área de lingua e de literatura Actividade 1: Frases feitas No transcurso da lectura, vanse vendo diversas frases feitas (expresións utilizadas en sentido figurado e de uso corrente), coas que os alumnos poderán ter dificultades á hora de comprender o seu verdadeiro significado. Os rapaces deberán explicar o sentido destas frases feitas. O obxectivo deste exercicio é o de interpretar as expresións tradicionais. Despois, proponse realizar un remuíño de ideas, onde o profesor actuará como moderador da actividade, animando os participantes a diciren frases feitas que utilicen no seu medio social e cultural. ■ Explica o significado das seguintes frases tiradas do texto. «...en casa do ferreiro, coitelo de pau» (páx. 11) «Tales terras, tales nabos» (páx. 11) «Tes unha cara de leite fervido que non te lambes» (páx. 16) –«Onde non chega, manda recado» (páx. 111) 234698 _ 0096-0138.indd Sec1:136234698 _ 0096-0138.indd Sec1:136 25/11/09 16:49:5925/11/09 16:49:59
  • 137. 137© 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Guías de lectura Xogos e entretementos Actividade 1: Encrucillado ■ Resolve o encrucillado e descubre o nome oculto na vertical. Se estiveches atento, será doado. 1 F 2 F 3 F 4 F 5 F 6 F 7 F 8 F 9 F 10 F 11 F 01. Os amigos de Xoel crean unha etiqueta para facer... 02. Amiga coa que se escribe Xoel pola Internet. 03. Fabio é ... de Eunice. 04. «Marilyn». 05. Nome do primeiro sospeitoso de enviar as mensaxes que recibía Xoel. 06. País natal dos pais de Fabio. 07. Personaxe do que se celaba Xoel pola súa beleza. 08. Agasallo traído do Brasil. 09. Apelido do reporteiro de Televento. 10. Lugar de residencia «Marilyn». 11. Creación do avó don Santiago. 234698 _ 0096-0138.indd Sec1:137234698 _ 0096-0138.indd Sec1:137 25/11/09 16:49:5925/11/09 16:49:59
  • 138. 138 © 2010 Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L. Guías de lectura Proba de comprensión lectora Actividade 1 ■ Dámosche dez cuestións relacionadas coa historia. Le e marca a opción correcta. 01. A que xogaba Xoel habitualmente: PSP. Baloncesto. Game Boy. 02. Coa lectura dunha mensaxe electrónica, o protagonista tivo prohibido o uso do ordenador. Por culpa de quen? De Eunice. De Paulo. Do Merlo Branco. 03. Que significa a palabra abúlico? Que non é obeso. Que ten falta de vontade, e non ten ansias de nada. Que é coma unha bóla de sebo. 04. Finalmente, contoulle Eunice a Xoel as cousas que non lle gustaban do Brasil? Si. Non. Non se di no libro. 05. O agasallo co que obsequia Eunice a Xoel cando regresa das vacacións de Brasil é… Unha landra. Unha figa. Un boneco. 06. E que significa ese agasallo? Un amuleto que dá sorte para aprobar os exames. Un amuleto contra o mal de ollo, a envexa e a mala sorte... Un tesouro antigo do Brasil. 07. Onde esta enterrado o xeneral sir John Moore? No cemiterio de Santo Antón, na Coruña. No Museo do Pobo Galego. No xardín de San Carlos na Coruña. 08. Con quen enganou a avoa Linda ao avó don Santiago? Cun piloto do Blackbird. Cun fabricante de hamburguesas. Co xerente da Lockheed. 09. Quen fixo a etiqueta gañadora para a marmelada de laranxa? Eunice. Sara. Riqui. 10. Quen era finalmente o Merlo Branco? Linda. O avó Santiago. Paulo. 234698 _ 0096-0138.indd Sec1:138234698 _ 0096-0138.indd Sec1:138 25/11/09 16:49:5925/11/09 16:49:59
  • 139. Banco ortográfico • Uso de b • Uso de v • Uso de g • Uso de qu/c • Uso de z/c • Uso de h • Uso de r e rr • Uso de x • Os grupos -cc- e -ct- • Uso das maiúsculas • Uso do acento gráfico • Confusións frecuentes 234698 _ 0139-0168.indd Sec2:139234698 _ 0139-0168.indd Sec2:139 25/11/09 17:44:0825/11/09 17:44:08
  • 140. 140 © 2010 Edicións Obradoiro, S.L. / Santillana Educación, S. L. Banco ortográfico Uso de b Escríbense con b: • As palabras que comezan polas sílabas bu-, bur-, bus-. • As palabras que comezan por ab-, abs-, ob-, sub-. • As palabras que comezan polos prefixos bi- ou bis-, que significan ‘dous’ ou ‘dúas veces’. • As palabras que comezan por bibl-, que significa ‘libro’. • As palabras cos grupos consonánticos bl e br, agás acivro, ávrego. • As palabras terminadas en -bundo, -bunda, -bilidade, agás civilidade. • Os verbos que acaban en -buír e -bir, agás servir, vir e vivir. • Os verbos beber, deber, caber, haber e saber e todas as súas formas co son B. • O pretérito imperfecto de indicativo dos verbos da 1.ª conxugación. Exemplos abdicar abdome abrir ábsida absoluto absolver absorber abstraer absurdo adorable amabilidade amable apetecible atribuír Biblia bíblico bibliófilo bibliografía biblioteca bicicleta bimensual bimotor bisavó biscoito bisesto bisílabo bisneto blindaxe bloquear blusa Brais branco brandir brando branquexar brasón brazo brevidade brisa bronce bruxaría bubela bucólico budismo bufar bufo buguina bulir buque burato burbulla burgués buril burla burro buscabamos buscar busto butaca butano buxaina caben caberías cable cebra concibir consideraba contabilidade contribuír débeda describir distribuír dobrar dobre embrión escribir estabilidade exhibir feble febre fibra furibundo fusible haberemos habilidade houbo impecable incumbir inscribir lebre mobilidade moribundo nauseabundo nobre nobreza notable nubrado obrigar obsequio obsesivo obsoleto obstáculo obstinado obstruír obter obxección obxecto percibir pobre posibilidade prescribir publicar recibir retribuír sabre sombra subestimar subir subsolo subterráneo subtítulo subxectivo tebras terrible transcribir tremebundo vagabundo xogaba 234698 _ 0139-0168.indd Sec2:140234698 _ 0139-0168.indd Sec2:140 25/11/09 17:44:0925/11/09 17:44:09
  • 141. 141© 2010 Edicións Obradoiro, S.L. / Santillana Educación, S. L. Banco ortográfico Outras palabras con b ábaco abaixar abade abafar abandonar abano abater abelá abella aberto abismo aboar abuso acróbata acubillar acubillo alba albanel albiscar alboio álbum aprobar árbore asubiar autobús babeiro babor bacallau bacteria badalada bafo baile baixar bala balcón baleirar baleiro balsa banco banqueta bar barbaridade barriga barril báscula baúl beizo belén bélico belo bengala berce berrar betume bico bidueiro bigote billa billete biosfera biótopo birlo bisbarra bisonte bispo bisturí bixutería bizantino bo boca bocexar bocexo boi bóla bolboreta bordar borrasca bosque bota botica bóveda bucina bufarda bulebule cabalgata cabalo cabana cabaza cabelo cabina cambiar caníbal caoba carballo carbón carbono cebada cebo cebola chabola chibo cóbado cobertor cobiza colaborar cubeta debandar debate débil debutar debuxo decibelio derrubar ebanistería ébano elaborar estribo faba fábula fabuloso fibela fobia gabardina gabear gabián globo gobelete gobernar goberno hábil habitar ibis incubar labor laboratorio libélula liberal liberdade lobo lóbulo lombo malabar marabilla marabillar marabilloso microbio móbil nabo néboa obediente obelisco óboe obús orballar órbita parábola percebe plebeo pobo poboación poboar polbo prebe probar probeta puberdade rabia rabo rebaixar rebelarse rebelde rebentar rebotar rebozar ribeira robot robusto rodaballo roubar rubí rubor saba sábado sabor sarabia sebo sibarita símbolo soberbia sorber súbito suborno tabán táboa taboleiro tabú tambor tobogán traballo trabe trebello trebón tribo tribuna tributo trobador tuba tubo turba turbina turbio turbulento umbilical urbano urbe xabaril xiba xouba xubilar zamburiña 234698 _ 0139-0168.indd Sec2:141234698 _ 0139-0168.indd Sec2:141 25/11/09 17:44:0925/11/09 17:44:09
  • 142. 142 © 2010 Edicións Obradoiro, S.L. / Santillana Educación, S. L. Banco ortográfico Uso de v Escríbense con v: • As palabras que comezan polos prefixos vice ou viz-, que significan ‘en lugar de’. • Os adxectivos terminados en -avo/a, -ave, -eve, -evo/a, -ivo/a, agás árabe, ceibo, ceibe e roibo. • As palabras terminadas en -ívoro, -ívora, agás víbora. • As formas verbais en que aparece o son B dos verbos, ir, ter e estar (agás no pretérito imperfecto: estaba) • Os verbos terminados en -servar e -ver (agás beber, caber, haber, saber e sorber.) • Todas as formas dos verbos vir, servir e vivir e palabras da familia destes. Exemplos Outras palabras con v acivro acovardado adiviña adverbio adversario adverso aeronave agravio alivio antivirus anverso aperitivo aproveitar arquivo astronave atravesar atreverse avalar avaliar avanzar avarento avasalar ave avea avenida aventurarse avermellado avespa avestruz ávido avión aviso avistar avó avoengo avogado avultar benevolente benvido bóveda activo adoptivo adxectivo afirmativo agresivo altivo alusivo atractivo bravo breve carnívoro cativo colectivo compasivo competitivo comunicativo cóncavo conflitivo conservar creativo curativo decisivo decorativo deportivo descritivo destrutivo detivo devolver diminutivo directiva disolver distintivo divulgativo doceava educativo efectivo emotivo escandinavo escravo eslavo estiven estivera estivese evolutivo fervedura ferver festivo fuxitivo granívoro grave herbívoro imaxinativo inactivo inadvertido informativo insectívoro instrutivo interactivo intuitivo leve lonxevo mantivésemos mover narrativo nativo negativo nocivo normativa novo oitavo olfactivo omnívoro onceavo pasivo pensativo permisivo persuasivo posesivo positivo preservar preventivo prever primitivo relativo repetitivo reservar retentiva selectivo serven suave sucesivo suxestivo tentativa tiven tivésemos vai vaiamos vicecónsul vicepresidente vicerrei vicerreitor viceversa vingativo vivenda vizconde 234698 _ 0139-0168.indd Sec2:142234698 _ 0139-0168.indd Sec2:142 25/11/09 17:44:0925/11/09 17:44:09
  • 143. 143© 2010 Edicións Obradoiro, S.L. / Santillana Educación, S. L. Banco ortográfico bovino cadáver calvo caravel cava caveira caverna cervexa cervo chave chuvasco chuvasqueiro chuvia civil civilización clave comitiva conmover convalecente convento convidar corvo cova cravar cravo Cristovo cultivo curva dádiva deriva desnivel desvarío desviar devecer devoto dezanove diluvio diván dividir eiva eivado elevar enclave envaiñar envase envexa enviar envolver envurullo ervella escaravello escravo esvarar evadir evidente evitar evolucionar favor fervenza festival gaivota garavanzo grava gravata individual iniciativa invadir inverter larva lava lavanda lavar levar levita malva misiva motivo movemento navalla nave navío neve nivel noivo nove novela observar obvio oliva oliveira óvalo ovella ovo papaventos pavillón pavo perspectiva privar relevo revés revista rival salvar selva servente servil servir severo silvestre solvente subvención subversivo televisión través traveso travesura trevo trivial universal universo uva vaca vacacións vacante vacilar vacina vacinar vago vagón vaidade vaidoso vainilla vaivén vaixela val valente valioso valor válvula vampiro vándalo vantaxe vao vapor varanda varredor varrer vasalo vaso vasoira váter vea veciño vehículo velar veleiro veleno velenoso vello veloz vencello vencer vendaval vender vendima ventá vento ventre ventura veo verán verbena verdade verde verme vermello verniz vertedoiro verter verza véspera vestido vexetal vexiga vía viaxar viaxe vicio vida vide vídeo videoxogo vil vinganza viño vinte violeta viravolta virtude virus virxe vista vitamina vítima viúvo voar vocabulario vocábulo voda vogal vogar voitre volante volcán volume voluntario volver vomitar vontade votación voz vulgar vulnerable vulto xavelina 234698 _ 0139-0168.indd Sec2:143234698 _ 0139-0168.indd Sec2:143 25/11/09 17:44:0925/11/09 17:44:09
  • 144. 144 © 2010 Edicións Obradoiro, S.L. / Santillana Educación, S. L. Banco ortográfico Uso de g Para representar o son G, de gato, escríbese: • A letra g, diante de a, o, u. • O dígrafo gu, diante de e, i. Exemplos Diérese en güe, güi: • Ponse diérese enriba de güe, güi para indicar que ese u se pronuncia. Exemplos Uso de c/qu Para representar o son K, de casa, escríbese: • A letra c, diante de a, o, u. • O dígrafo qu, diante de e, i. • A grafía k non pertence ao alfabeto galego. Só aparece en estranxeirismos; exemplos: karate, anorak, folk, kiwi, rock... Exemplos arquipélago arquivador arquivar cabalo cadea caderno cadrado cadro calquera candea cano cartos catiúsca catro cazapo coala corenta cuadrícula cuadrilátero cuadriplicar cualificativo cuarto encadernar equipaxe escuadro escuro esqueira esquío esquivo frac pesquei quecer queixada queixo quenlla quilo quilogramo quilómetro quimono quinto quiosco quitar recadar recordo requeixo abranguer agora aguacate aguantar aguillón alguacil antigo artigo auga augacento augamar buguina cinguir conseguín conseguise consiga erguer esmagar espaguete fatigues foguete fumegar gadaña gando garda gardaagullas gardacostas gardameta gardería gargallada gobelete gorecer guante guapo guedella guieiro guitarra guitarrista lingua manteiga mastigación mastigar piragua puga regar regueiro retagarda rogo roguei salgadura sangue sanguíneo seguimento seguir seguiremos vangarda vogal xemelgo xogo xoguete ambigüidade antigüidade argüír bilingüe bilingüismo contigüidade lingüeta lingüista pingüe pingüín piragüismo piragüista Sigüeiro trilingüe ungüento 234698 _ 0139-0168.indd Sec2:144234698 _ 0139-0168.indd Sec2:144 25/11/09 17:44:0925/11/09 17:44:09
  • 145. 145© 2010 Edicións Obradoiro, S.L. / Santillana Educación, S. L. Banco ortográfico abrazar acacia acedo aceite acelerar acerto actriz agradecer albornoz alcanzar alianza alteza ameazar amizade andazo anteface anuncio anzol aprazar arroaz arroz atroz audaz avestruz axuizar axustizar azar azor azotea azouta azucre azul bacilo balanza balazo beizón beneficio brazo calcio cáliz calzón cancela cansazo capacitar capataz caricia carozo cazo cebra cella cen cereixa chafariz chamizo choza cicatriz ciclo cigoto cigurat cinco cinguir cirurxián cobiza cocer cocido cociña coiraza contraluz corazón corzo couce crenza cruz danza decente décima delicia desprezar desprezo dez doazón doce doenza ducia encerro encestar esencia esmorecer espazo espazoso fascinar fazaña feitizo feliz fociño forza fouce foz fugaz función gaceta garza graza herdanza inchazo inciso inimizade inocente inxustiza lanza lazo lecer ledicia lenzo licenza lince locuaz luceiro lucir luz maceira matiz matraz mazá mazo menosprezo mestizo motriz mozárabe nacer nariz negocio nenez noción noz obedezo ocio oficio once onza ourizo palidez paz percibir perdiz pertenza pezuño praza prazo preguiza presenza prexuízo prezado prezo racial raíz rapaz razón receita recinto rezar rizo sabenza silencio socio suceso tizón traizoar traizoeiro traizón tríscele urxencia validez veciño velocidade veloz verniz verza vinganza vizoso voceiro voz xacer xiz xuíz zafarse zanco zapato zoco zurcir Uso de c/z Para representar o son Z, de zoco: • Escríbese z diante de a, o, u e ao final de sílaba. • Escríbese c diante de e, i. Son excepcións algunhas palabras de orixe estranxeira: nazi, nazismo, pizza. Exemplos 234698 _ 0139-0168.indd Sec2:145234698 _ 0139-0168.indd Sec2:145 25/11/09 17:44:0925/11/09 17:44:09
  • 146. 146 © 2010 Edicións Obradoiro, S.L. / Santillana Educación, S. L. Banco ortográfico Uso de h Escríbense con h: • Todas as formas do verbo haber. • As palabras que comezan por homo-, que significa ‘o mesmo’, ‘idéntico’. • As palabras que comezan por hidro-, hidra-, que significa ‘auga’. • As palabras que comezan por hect(o)- ‘cen, cento’; hept(a)- ‘sete’; hex(a)- ‘seis’; hendeca- ‘once’. • As palabras que comezan por hemi- ‘metade’; hiper- ’sobre’, ‘exceso’ ou ‘superioridade’. • As formas dos verbos habitar, herdar, hospedar, honrar e palabras da súa familia. Exemplos Outras palabras con h Non levan h achado ai aí arpa ata baía desinchar desosar desovar ermida ermitán ermo exuberante impar impo inchado inchar inchazo irmá irmán irmandade irmandar maonesa oco ola! ombreira ombreiro ombro orfanato orfandade orfo osario óso osudo ovas oveira ovo transeúnte úmero velaí deshabitado desherdar deshonrar haberás habitante hai haxa hectogramo hectolitro hemiciclo hemisferio hendecasílabo heptágono heptasílabo herdade herdanza herdeiro hexágono hexasílabo hidratar hidrato hidráulico hidroavión hidroeléctrico hidrofobia hidromasaxe hidrosfera hidróxido hiperactivo hipérbole hipermercado hipersensible hipertensión hipertrofia homófono homónimo homosexual homoxéneo honra honrado honroso hospedaxe hóspede houbo anhelar cacahuete coherente cohibir filharmónica hamaca harmonía harmónica hedra Helena hélice helicóptero hemeroteca hemorraxia hepatite herba herbario hermético hernia heroe hibernar himno hindú hipódromo hipoteca hipótese historia home hostia hoxe humanidade humano humidade húmido prohibir vehículo 234698 _ 0139-0168.indd Sec2:146234698 _ 0139-0168.indd Sec2:146 25/11/09 17:44:0925/11/09 17:44:09
  • 147. 147© 2010 Edicións Obradoiro, S.L. / Santillana Educación, S. L. Banco ortográfico Uso de r e rr A letra r pode ter dous sons diferentes: • Son suave, que se escribe sempre con r. • Son forte, que se escribe con r ou con rr. Escríbese r: • Entre vogais, cando ten un son suave. • Detrás de l, de n ou de s, aínda que teña son forte. • Ao comezo da palabra e en posición final de sílaba. Exemplos Escríbese rr: • Cando o son forte aparece entre vogais. Exemplos amarra arredor arrefriado arrolar arrolo arroupar arrouto beirarrúa burro carrexar carril carro carroza catarreira cerrar corrente escorrer espirrar farrapo ferrollo guerreiro horror marrón morrer paporrubio parra percorrido porro prórroga serra socorro sorrir sorriso soterrado tarro terraza terremoto terreo terrón torrente abecedario ácaro agora áncora area área aurora avaría avaricia bacteria barítono beira bisturí bitácora boreal burato buril caldeiro calvario carauta caravana cárcere carne caveira cera cereixa cerume chaira chaveiro cirio cirurxía colirio conxuro coroa culler delirar deriva desratizar dourado eira eiruga emperador enredar enredo enriba enroscar era eremita erixir erudito escenario escuridade faraón fariña fera feroz furón honra iris Israel limoeiro lirio loureiro malabarista maratón marea mariñeiro mariño merecer nora ópera operación orangután ourizo ouro paraxe parodia perexil perigoso pólvora querer rancor raro remedio réptil ril romaría sátiro serea siderurxia témpera tenro teorema úlcera venres verdura verea veredicto vestiario viravolta viraxe virus vitoria voraz xarope xenreira xeranio xerente xurar zafiro 234698 _ 0139-0168.indd Sec2:147234698 _ 0139-0168.indd Sec2:147 25/11/09 17:44:0925/11/09 17:44:09
  • 148. 148 © 2010 Edicións Obradoiro, S.L. / Santillana Educación, S. L. Banco ortográfico Uso de x A letra x pode ter dous sons diferentes: • Son ks, coma en taxi. • Son palatal, coma en lixo. Escríbense con x (son ks) • As palabras que comezan polo prefixo ex-, que significa ‘fóra de’ ou ‘que xa non é’. • As palabras que comezan polo prefixo extra-, que significa ‘fóra’, ‘exceso’ ou serve como intensificador. • As palabras que comezan por hex(a)-, sex-, que significan ‘seis’ Exemplos Outras palabras con x (son ks) ambidextro anexo anorexia aproximado asfixia auxilio boxeo coexistir conexión contexto crucifixo dúplex exabrupto exacerbar exacto exaltar exame exánime exasperar excedente excelente excepción exceso excitación exclusivo excremento excursión exento exhaustivo exilio eximir existir éxito éxodo exótico expansión expectativa expedición expediente experimento experto expiar exportar exposición expulsión exterior exterminar extinguir extintor extirpar extorsión extraviar extremar extremista fax fénix flexible flexión galaxia inconexo inoxidable intoxicarse laxante maxilar máximo mixto nexo ónix óxido paradoxo prefixo pretexto próximo reflexivo reflexo relax saxofón sexismo sexo sexual sílex sintaxe sufixo taxi téxtil textual textura tórax tóxico toxina xenofobia xilófono excarcerar excomungar excomuñón exculpar exhortar exhumar expoñer exposición expropiar expurgar extracción extracto extraer extraescolar extrafino extramatrimonial extramuros extraoficial extraordinario extraplano extrarradio extrasensorial extraterrestre extravagancia extraviar extraxudicial hexaedro hexagonal hexámetro hexasílabo sexenio sexteto 234698 _ 0139-0168.indd Sec2:148234698 _ 0139-0168.indd Sec2:148 25/11/09 17:44:0925/11/09 17:44:09
  • 149. 149© 2010 Edicións Obradoiro, S.L. / Santillana Educación, S. L. Banco ortográfico Palabras con x (son palatal) Palabras con s, non x abordaxe aluaxe ameixa anxo arxila aterraxe axencia axóuxere beberaxe berenxena bixutería bocexar bricolaxe buxaina caixa caixón camuflaxe carraxe cervexa chantaxe cirurxía cirurxián colexio contaxio cónxuxe coxear cronoloxía cronolóxico deterxente dirixir dixeron dixital dobraxe eixe elixir empuxe enerxía enxeño enxiva esaxerar esixir espionaxe executar exemplificar exemplo exercer exercicio exército farinxe fichaxe finxir fráxil frouxo garaxe hidróxeno hixiene hixiénico homoxéneo imaxe imaxinar inxectar latexo lixeiro lixivia longametraxe lonxe lonxitude lóxico luxoso madeixa marxe masaxe masaxista maxestade maxia meixela mensaxe mexillón monxe muxir naufraxio nonaxésimo orixe osíxeno oxalá paisaxe paisaxista pasaxe páxina peaxe pelexa personaxe prodixio proxecto refrixerar relixión reportaxe réxime ruxir salvaxe solfexo somerxer suxeitar suxeito suxestión tarxeta tarxeteiro tecnoloxía teixo traxe traxecto traxedia vaixela verxel vexiga virxe vixésimo vixiar xabaril xadrez xelatina xema xemer xenealóxico xénero xenio xente xenxivite xeo xeógrafo xeoloxía xeometría xeonllo xeque xeral xerarca xerarquía xeroglífico xersei xestación xesto xigante xilaba xílgaro xirafa xirasol xogar xoia xordo xustapoñer xutar xute escavación escavadora escavar esclusa escusa escusar espoliar espora espremedor espremer estender (pero extensión, extenso, extensivo) estrañamento estrañar estrañeza estraño Estremadura estremeño 234698 _ 0139-0168.indd Sec2:149234698 _ 0139-0168.indd Sec2:149 25/11/09 17:44:0925/11/09 17:44:09
  • 150. 150 © 2010 Edicións Obradoiro, S.L. / Santillana Educación, S. L. Banco ortográfico Os grupos -cc- e -ct- • Mantéñense naquelas palabras en que os preceden as vogais a, e, o. Exemplo: espectacular, exacta, proxecto. • Perden o c cando os preceden as vogais i e u. Exemplo: reprodución, dicionario. Cando unha palabra se escribe co grupo -cc-, as da súa familia tamén conteñen o grupo -ct-: acción-acto. Exemplos Excepcións no uso de -cc- e -ct- • Mantéñense os grupos -cc- e -ct- precedidos de i, u nalgunhas palabras de uso culto: Uso das maiúsculas Escríbense con letra inicial maiúscula: • A primeira palabra dun escrito ou a que vai detrás de punto: Hoxe deitámonos máis cedo. Temos que madrugar mañá. • Despois dos dous puntos que seguen ao saúdo nunha carta ou que anuncian unha cita nun texto: Querida avoa: Escríboche…; Marta dixo: «Non sei que facer». • Os nomes propios de persoa e lugar: Ana Guerra, Alemaña, Caldelas de Tui. • O artigo dalgúns nomes propios, cando forma parte do nome: A Coruña, Os Alpes... • Os alcumes e sobrenomes que acompañan ou substitúen o nome dunha persoa: Afonso X o Sabio, o Rei Sol, Pepa a Loba... • Os nomes xenéricos de lugar escríbense con minúscula (e poden omitirse), pero se forman parte do nome oficial escríbense con maiúscula (e non se poden omitir): o río Miño / Río da Prata • Os nomes dalgúns cargos e o tratamento que se lles dá a determinadas persoas: o Rei, a súa Maxestade, o Papa, Presidente. Pero se estes títulos se usan en sentido xenérico, ou van seguidos do nome da persoa, escríbense con minúscula: abstracción (abstracto) afección (afecto) atracción (atractivo) colección (colecta) condución (condutor) construción (construtor) corrección (correcto) dedución (dedutivo) destrución (destrutivo) imperfección (imperfecto) incorrección (incorrecto) infección (infectar) instrución (instrutivo) introdución (introdutorio) inxección (inxector) lección (lector) obxección (obxecto) perfección (perfecto) predilección (predilecto) produción (produto) protección (protector) proxección (proxectar) reacción (reactivo) redacción (redactar) sedución (sedutor) selección (selecto) tradución (tradutor) adicción (adicto) convicción (convicto) dicción dúctil eructar ficción (ficticio) fricción friccionar invicto pictograma succión veredicto 234698 _ 0139-0168.indd Sec2:150234698 _ 0139-0168.indd Sec2:150 25/11/09 17:44:0925/11/09 17:44:09
  • 151. 151© 2010 Edicións Obradoiro, S.L. / Santillana Educación, S. L. Banco ortográfico A guerra das galaxias A Merca A Nosa Terra Amazonas Antía Antigo Testamento Betanzos Caldas de Reis Casa das Ciencias colexio Breogán conde de Lemos Danubio Ebro Estremadura Farruco Filipe o Fermoso Francia Galicia Henrique Idade de Pedra Idade do Bronce Idade do Cobre Idade do Ferro Idade Media Idade Moderna mar Mediterráneo Mar Morto Montes Urais Museo do Pobo Galego Noa O Bierzo O Corán O Courel O Porto Os Ancares Os Pireneos Ourense Pedro I o Cru Pedro Madruga Peito de Lobo Pilar Porto do Son Portugal Primeira Guerra Mundial Reis Católicos República Surafricana Revolución Francesa río Miño río Texo Rosalía de Castro Santiago de Compostela Séculos Escuros Sudamérica supermercado Gadis Susana Tareixa Terceiro Mundo Terra Chá Toledo val do Ulla Xeración Nós Xoel Xornal Dixital Neste parador estiveron aloxados reis e presidentes. O rei Xoán Carlos asistiu á cerimonia. O Rei virá en outubro. • Todos os substantivos e adxectivos que forman os nomes propios de institucións, títulos de xornais e revistas, sucesos históricos: Xunta de Galicia, Galicia Hoxe, Segunda República... • Só a letra inicial nos títulos de libros, temas musicais, películas, programas, etc.: Aires da miña terra, O lago dos cisnes, O bosque animado, Xabarín club... Exemplos Uso do acento gráfico Regras xerais de acentuación • Palabras agudas Escríbense con acento gráfico cando terminan en vogal, en -n, en -s ou -ns. Non se acentúan se rematan en ditongo decrecente, seguido ou non de -n ou -s. • Palabras graves Escríbense con acento gráfico cando terminan en consoante distinta de n ou de s ou en ditongo decrecente seguido ou non de -n ou -s. Cando acaban nun grupo consonántico distinto de -ns, levan acento gráfico: bíceps, cómics. • Palabras esdrúxulas Escríbense sempre con acento gráfico. • Palabras sobreesdrúxulas Escríbense sempre con acento gráfico: contóuchenolo, pregúntallelo. 234698 _ 0139-0168.indd Sec2:151234698 _ 0139-0168.indd Sec2:151 25/11/09 17:44:0925/11/09 17:44:09
  • 152. 152 © 2010 Edicións Obradoiro, S.L. / Santillana Educación, S. L. Banco ortográfico Palabras agudas con acento gráfico Palabras agudas sen acento gráfico abril acidez actriz ademais adeus agricultor albanel andel anel aprendiz ascensor autostop avestruz azuis bacharel barril buscou candil cantei caravel castor catedrais central chofer civil cordeis debuxar despois dezaseis dirixir dixital emperatriz estribor farol fogar fugaz funeral furor guiador hostil humor incapaz infantil infernal islam labor lagar lavou letais licor lucidez mandil marfil nivel outonal papeis parasol pardal pertinaz rancor rapaz relax revisor robot sinal unisex xadrez xirasol xograr xoguei xornal xuvenil afán alá alcatrán alelí alguén alí anís Antón aquí arlequín atrás autobús bailarín bambú Berlín bisturí boletín burgués café caimán campá canelón capitán capón carmesí carné cempés chalé chinés colchón compás cortés cotiá descortés doazón dominó dragón escocés esquís faisán folgazán francés fregués furacán furón futbolín galán galardón gardiá hindú iglú imán inglés irmáns israelí león limóns livián maletíns mañá manequín marroquí mazá mazapán mazás ninguén ningúns orangután parabéns París parqué patín pavón pimpín portugués quinqué refráns revés rubí sultán tabú talismán tamén tirizó tizón tobogán Trasmañó través trolebús turrón vacún volcán xabón xampú xardíns xasmín 234698 _ 0139-0168.indd Sec2:152234698 _ 0139-0168.indd Sec2:152 25/11/09 17:44:0925/11/09 17:44:09
  • 153. 153© 2010 Edicións Obradoiro, S.L. / Santillana Educación, S. L. Banco ortográfico álbum alcázar alférez ámbar ántrax automóbil áxil béisbol bérber bíceps cadáver cáliz cáncer caníbal cénit césar chándal clímax cóctel cómic cóndor cónsul contráctil cráter cuadríceps dátil débil difícil dócil dúctil dúplex eréctil estéril fácil fénix fértil fórceps fósil fráxil fútbol grácil hábil imbécil infértil inmóbil inútil inverosímil láser látex líder mártir médium mísil móbil níquel portátil póster prénsil púxil réquiem retráctil revólver sílex símil táctil tándem télex téxtil tórax tótem tríceps túnel útil váter versátil volátil Palabras graves con acento gráfico Palabras graves sen acento gráfico abrigo acedo acelga acne aguia alicates anxo arame artigo aterraxe atmosfera auga azucre brinco calcario canle canon caqui casca chasis comigo conduta corpus cosmos despiste diocese disfrace dolmen dominante dote eclipse egua electricista elite empuxe esbirro esterco etnia finalista fronteirizo fulminante fusible futbolista galicismo grazas grumete gruñido hemiciclo heroe herpes humorista humus ibero imperdoable interese lapis liña malabarista maquillaxe mastro medula mitin mordedela muxica nailon nocello oasis omoplata palpable paradoxo parasito pelicano percorrido psique ravo relampo reloxo requisito rotundo ruxido saba sapiens sorriso soto souto testemuña tomiño tranquilo trevo tributo utilidade vestido virus xeonllo xermolo zunido 234698 _ 0139-0168.indd Sec2:153234698 _ 0139-0168.indd Sec2:153 25/11/09 17:44:0925/11/09 17:44:09
  • 154. 154 © 2010 Edicións Obradoiro, S.L. / Santillana Educación, S. L. Banco ortográfico Palabras esdrúxulas ábaco ácaro ácido acróbata acústico álamo albóndega áloe alvéolo ámbito análogo áncora ánfora ángulo ánimo anódino anómalo antídoto apóstolo árabe árbore árido ártico áspide atmosférico átomo auténtico automático bágoas bitácora bolígrafo bóveda brócoli cálculo cálido cámara cántaro cántico capítulo cárcere célebre célula céntimo céspede cítrico clínica cóbado código cómico cómodo cómplice cónxuxe crédito crítica cúpula currículo cúspide dálmata débeda década déficit democrático depósito despótico didáctico díxito ébano elástico enérxico épico epílogo época espectáculo espírito espléndido estático estético estómago étnico exército éxodo facsímile famélico fascículo fígado filántropo fósforo fotógrafo gárgola glóbulo harmónica hélice híbrido hipódromo hispánico horóscopo hóspede idéntico ilustrísimo ímpeto incógnito índole ínfimo insólito íntimo isóbara lámina lámpada lápida látego lexítimo límite líquido lóxico lúgubre lunático mamífero mármore máscara máxico máximo mecánico mércores mérito mínimo música nácara obstáculo ópera óptimo órbita órgano ortográfico ortopédico óxido pálpebras parágrafo páxina péndulo península pérgola perímetro pésimo pétalo petróglifo pícaro plácido plástico polémico políglota pórtico práctico préstamo prismático prólogo próximo rápido rectángulo retrógrado réxime ridículo rubéola semáforo sémola sésamo sétimo sílaba síndrome sólido tentáculo térmico termóstato tímpano tómbola tóxico tráfico tráxico vértice vixésimo xénero 234698 _ 0139-0168.indd Sec2:154234698 _ 0139-0168.indd Sec2:154 25/11/09 17:44:0925/11/09 17:44:09
  • 155. 155© 2010 Edicións Obradoiro, S.L. / Santillana Educación, S. L. Banco ortográfico Regras especiais de acentuación Os ditongos e os tritongos As palabras con ditongo seguen as mesmas regras xerais de acentuación ca as palabras agudas, graves ou esdrúxulas. • Nos ditongos tónicos formados por vogal aberta (a, e, o) e vogal pechada (i, u) o acento gráfico colócase sobre a vogal aberta: avión, béisbol, axóuxere, patriótico. • Os tritongos tónicos levan o acento gráfico na vogal aberta, que é a que está no medio, segundo as regras xerais de acentuación; pero é pouco común a aparición de tritongos: cambiéivolo. Exemplos Os hiatos O hiato prodúcese cando dúas vogais se escriben xuntas, pero se pronuncian en sílabas diferentes. • Cando o hiato está formado por unha vogal pechada tónica (i, u) e unha vogal aberta átona (a, e, o), sempre leva acento gráfico na vogal pechada. • Cando o hiato está formado por vogais abertas (a, e, o) segue as regras xerais de acentuación. Exemplos acuático admisión aeronáutico afección ancián asiático áureo axitación béisbol biógrafo biólogo camión cardiólogo cáustico ciática cirurxián cláusula colección condición cotián déixao diábolo diáfano diálise diálogo diérese dióxido erosión éuscaro farmacéutico fusión hidráulico hixiénico ilusión láudano maniático nación náufrago náusea náutico noiés patriótico petición poliéster psiquiátrico reunión sección sóubeno soviético terapéutico tráiler xeriátrico abadía abstraído adobío aéreo alcaldía aldea aldeán alegría ataúde atavío autovía baixío balea baúl boísimo cabreo caída caligrafía campaíña carpintaría carrozaría casarío chío cirurxía covardía cría crío decaído desafío desoír desvío día 234698 _ 0139-0168.indd Sec2:155234698 _ 0139-0168.indd Sec2:155 1/12/09 16:22:551/12/09 16:22:55
  • 156. 156 © 2010 Edicións Obradoiro, S.L. / Santillana Educación, S. L. Banco ortográfico Combinación das vogais pechadas Cando en posición tónica da palabra aparecen xuntas as dúas vogais pechadas (i, u): • Se a tónica é a segunda vogal, forman un hiato e acentúase para marcalo. Exemplo: ruído. • Se a tónica é a primeira vogal, forman un ditongo e acentúase na primeira vogal se lle corresponde polas regras xerais de acentuación. Exemplo: viviu, conduciuno, púidenlle. Exemplos de hiatos (iú, uí) Exemplos de ditongos (iu, ui) Acento diacrítico Úsase para diferenciar palabras que se escriben da mesma maneira, pero teñen significados diferentes. En moitas palabras, o acento diacrítico márcase enriba da vogal tónica (e, o) para indicar que a súa pronuncia é aberta. dioptría dúas dúo egoísmo enerxía enfermaría envío espía etíope extravío fantasía faraón fastío frío galería gardaría harmonía harpía ideoloxía león lotaría lúa mediodía mestría monorraíl navío oído oínte oír ousadía paraíso peúgo pío poderío poesía policía portaría posúe raíl raíz regadío río rubéola sabería saúde teoría tiranía transeúnte trío valía vía vixía xardinaría xeografía xeógrafo xoiaría bruído circuíto constituínte construír contribuínte contribuír destituír destruír diúrno druída excluíu fiúncho fluído gratuíto Luís Luísa miúdo muíño obstruír oriúndo posuír posuíu prexuízo puír recluír ruído ruín ruína suízo viúvo xuíz xuízo abriu abriuche abríunolo asiduidade azuis baiuca caiuco comenenciudo conduciu engadiu engadiuno lingüista partiu pediuche puiden puido púidose seguiu seguiume sufriu sufriuno suite triunfo Tui 234698 _ 0139-0168.indd Sec2:156234698 _ 0139-0168.indd Sec2:156 25/11/09 17:44:0925/11/09 17:44:09
  • 157. 157© 2010 Edicións Obradoiro, S.L. / Santillana Educación, S. L. Banco ortográfico Palabras con acento diacrítico SEN ACENTO GRÁFICO CON ACENTO GRÁFICO a Artigo (Fixo a casa.) Pronome persoal (Non a quero.) Preposición (Irei a Lugo.) á Contracción: preposición a + + artigo a (Foi á casa.) / Substantivo: ‘Extremidade das aves’ (O paxaro rompeu unha á.) as Artigo (Viu as casas.) Pronome persoal (Non as quero.) ás Substantivo: ‘Extremidade das aves’ (Ás de gabián.) / ‘Carta co número un’ (O ás de copas.) Contracción: preposición a + + artigo as (Dádellelo ás amigas.) ca Conxunción comparativa (Son máis listos ca vós.) cá Contracción: conxunción comparativa ca + artigo a (A miña é mellor cá túa.) cha Contracción: pronome persoal che + pronome persoal a (Non cha darei.) chá Adxectivo: feminino de chan ‘lisa, plana’ (Quero unha bandexa chá.) chas Contracción: pronome persoal che + pronome persoal a (Non chas darei.) chás Adxectivo: ‘lisas, planas’ (Unhas bandexas chás.) co Contracción: preposición con + + artigo o (Vai co can.) có Contracción: conxunción comparativa ca + artigo o (O meu é mellor có teu.) cos Contracción: preposición con + + artigo os (Vai cos cans.) cós Contracción: conxunción comparativa ca + artigo os (Os teus son mellores cós meus.) compre Verbo comprar: ‘merque’ cómpre Verbo cumprir: ‘é preciso’ da Contracción: preposición de + + artigo a (O libro da mestra.) dá Verbo dar: (Non lle dá a gana.) do Contracción: preposición de + + artigo o (O libro do mestre.) dó Substantivo: ‘Nota musical’ (Concerto en dó menor. ) ‘Compaixón’ (Ten dó dela! ) e Conxunción copulativa (Comeu pan e chocolate.) é Verbo ser (Andrés é simpático.) fora Forma do verbo ser e ir (Dixo que fora el. El non fora alí nunca.) fóra Adverbio de lugar (Quedou fóra da casa.) mais Conxunción copulativa ‘e mais’, e adversativa ‘pero’. máis Adverbio de cantidade (Quero máis pan.) no Contracción: preposición en + + artigo o (Está no cuarto.) nó Substantivo: ‘lazo, atadura’ (Fixo mal o nó da gravata.) 234698 _ 0139-0168.indd Sec2:157234698 _ 0139-0168.indd Sec2:157 1/12/09 16:22:551/12/09 16:22:55
  • 158. 158 © 2010 Edicións Obradoiro, S.L. / Santillana Educación, S. L. Banco ortográfico Palabras con acento diacrítico SEN ACENTO GRÁFICO CON ACENTO GRÁFICO nos Contracción: preposición en + artigo os (Mira nos caixóns.). Pronome átono. nós Substantivo: ‘lazo’; ‘atadura’. Pronome tónico. o Artigo (O rapaz.) Pronome átono (Non o sabe.) ó Contracción: preposición a + artigo o (Irei ó cine.) os Artigo (Os rapaces.) Pronome átono (Non os quere.) ós Contracción: preposición a + artigo o (Díxollelo ós pais.) oso Substantivo: ‘animal plantígrado’ óso Substantivo: ‘parte do esqueleto’ pe Substantivo: ‘letra do abecedario’ (Tes que escribir un pe.) pé Substantivo: ‘parte do corpo’ (Dóeme o pé dereito.) pola Contracción: preposición por + + artigo a. Substantivo: ‘galiña nova’ póla Substantivo: ‘rama’ por Preposición (Cinco por dez.) pór Verbo poñer (Vouno pór alí.) presa Adxectivo: ‘prendida’ Substantivo: ‘encoro’; ‘manchea’ présa Substantivo: ‘apuro’ se Conxunción condicional (Se o sabes, dimo.) Pronome átono: (Non se oe.) sé Substantivo: ‘Sede eclesiástica’ Imperativo do verbo ser (Sé paciente.) so Preposición: ‘debaixo de’ (O gato está so a mesa.) só Adxectivo: ‘solitario’ (Vive só.) Adverbio: ‘soamente’ (Só ten un.) te Pronome persoal (Non te avisou.) té Substantivo: ‘infusión’ (Tomei té.) vos Pronome persoal átono. vós Pronome persoal tónico. As palabras compostas • Cando as palabras que forman o composto van separadas por guión, levan acento gráfico se o levan as simples: tráxico-cómico, vasco-francés. • Cando os termos que forman o composto se escriben xuntos, constitúen unha soa palabra e seguen as normas xerais de acentuación. Exemplos abrecartas abrelatas afialapis buscavidas calcapapeis cempés contagotas contaquilómetros cortacéspede cortaúñas curtocircuíto escarvadentes fincapé gardacostas gardalamas lavamáns limpaparabrisas marcapasos marcapáxinas milfollas parabrisas paracaídas parachoques pararraios paraugas pasapurés portaavións quentapés rodapé tiraliñas sacarrollas videoxogo 234698 _ 0139-0168.indd Sec2:158234698 _ 0139-0168.indd Sec2:158 25/11/09 17:44:0925/11/09 17:44:09
  • 159. 159© 2010 Edicións Obradoiro, S.L. / Santillana Educación, S. L. Banco ortográfico Os interrogativos e os exclamativos • As palabras como, cando, canto, onde, que e quen non van acentuadas cando se utilizan para introducir preguntas ou exclamacións: Como o fixeches? Como me gusta! Cando virás? Canto tempo! Onde vive? Onde se meteu! Que lle fixeches? Que bonito! Quen cho dixo? Quen o ía imaxinar! Confusións frecuentes Palabras homónimas abalar ‘Mover, abanar’ avalar ‘Garantir’; ‘dar un aval’ baca ‘Soporte de automóbiles’ vaca ‘Animal’ bacilo ‘Bacteria’ vacilo Forma do verbo vacilar bago ‘Gran de uva’ vago ‘Que non está ben definido’; ‘preguiceiro’ baraza ‘Cordel’ varaza ‘Vara grande’ basta ‘Dobra do inferior da roupa’ vasta ‘Extensa, ampla’ bate Forma do verbo bater vate ‘Adiviño, vidente’ bela ‘Fermosa’ vela ‘Peza de lona dun barco’ boa ‘Axeitada’; ‘serpe’ voa Forma do verbo voar bobina ‘Cilindro, carrete’ bovina Da familia do gando vacún botar ‘Tirar’; ‘lanzar’; ‘dar botes’ votar ‘Emitir un voto’ cabo ‘Corda’; ‘entrada de terra no mar’; ‘grao militar’ cavo Forma do verbo cavar. elixir (Son ks) ‘Xarope ou remedio milagroso’ elixir (Son palatal) ‘Escoller’ habano ‘Tipo de cigarro’ abano ‘Utensilio para dar aire’ haber Verbo ‘Ser, existir’; ‘conxunto de bens’ a ver Preposición + verbo ver (A ver se hoxe chega cedo.) hai Forma do verbo haber (Xa non hai nada que facer.) ai Exclamación (Ai, canto traballo!) has Forma do verbo haber (Ti has de aprobar.) as Artigo feminino plural (Son as miñas amigas.) hora ‘Unidade de tempo’ ora Forma do verbo orar ‘rezar’ luxar (son ks) ‘Facer que un óso se disloque’ luxar (Son palatal) ‘Lixar, manchar’ nobelo ‘Rolo de la’ novelo ‘Cuxo, cría da vaca’ rabo ‘Cola’; ‘mango’ ravo ‘Hortaliza’ vestiario ‘Conxunto de pezas de vestir’ bestiario ‘Conxunto de seres fantásticos’ 234698 _ 0139-0168.indd Sec2:159234698 _ 0139-0168.indd Sec2:159 25/11/09 17:44:0925/11/09 17:44:09
  • 160. 160 © 2010 Edicións Obradoiro, S.L. / Santillana Educación, S. L. Banco ortográfico Palabras parónimas absolver ‘Perdoar’ absorber ‘Chupar líquido’ actitude ‘Comportamento’ aptitude ‘Capacidade’ adoitar ‘Facer por costume’ adoptar ‘Tomar por fillo’ ‘Tomar unha decisión’ avaliar ‘Cualificar’ avalar ‘Garantir’ clave Conxunto de signos ou sinais cun significado crave Do verbo cravar egrexio ‘Célebre, ilustre’ esgrevio ‘Abrupto, escarpado’ especia ‘Condimento’ especie ‘Tipo, clase’ espiar ‘Vixiar’ expiar ‘Borrar culpas ou faltas’ fundir ‘Derreter’ afundir ‘Ir para o fondo’ infectar ‘Contaxiar’ (Infectar unha ferida.) infestar ‘Encher de algo prexudicial’ (Un can infestado de pulgas.) infrinxir ‘Quebrantar’ (Infrinxir a lei.) inflixir ‘Aplicar’ (Inflixir un castigo.) lucido Do verbo lucir lúcido ‘Sagaz, intelixente’ mallo ‘Instrumento para mallar os cereais’ maio ‘Mes seguinte a abril’ planto Do verbo plantar pranto ‘Choro persistente’ plebe ‘Clase baixa do pobo’ prebe ‘Adobo, salsa’ sirena ‘Aparello que xera sons’ serea ‘Ser mariño fantástico’ suízo ‘Orixinario de Suíza’ xuízo ‘Sentido’; ‘feito de xulgar’ tarefa ‘Traballo’ tarifa ‘Prezo’ termar ‘Suxeitar algo’ tremer ‘Axitarse con movementos rápidos’ testemuño ‘Declaración’ (O xuíz tomou testemuño a varias persoas.) testemuña ‘Persoa que viu algunha cousa’ (A testemuña contouno todo.) vixilante Persoa que se encarga de vixiar (Traballa de vixilante nun aparcadoiro.) vixiante Que está en disposición de vixiar (O can estaba vixiante desde o valo.) 234698 _ 0139-0168.indd Sec2:160234698 _ 0139-0168.indd Sec2:160 1/12/09 16:22:561/12/09 16:22:56
  • 161. Ditados • Uso de b • Uso de v • Uso de g • Uso de qu/c • Uso de z/c • Uso de h • Uso de r e rr • Uso de x • Os grupos -cc- e -ct- • Uso das maiúsculas • Uso do acento gráfico 234698 _ 0139-0168.indd Sec2:161234698 _ 0139-0168.indd Sec2:161 25/11/09 17:44:0925/11/09 17:44:09
  • 162. 162 © 2010 Edicións Obradoiro, S.L. / Santillana Educación, S. L. Ditados Uso de b A buxaina O outro día, cando subín ao faiado, atopei nun baúl unha buxaina. Seica fora de meu pai, pero el non lembraba onde estaba. Contoume que de pequeno xogaba moito con ela e tiña grande habilidade en facela bailar. Agora estame a ensinar a min a facelo. Hai que suxeitar ben o cordel á cabeza do aparello, enroscalo na parte baixa e botala ao chan. É posible que lle colla o truco ao trebello, pero por agora… a pobre buxaina máis ca bailar recibe golpes a eito! As ideas de Brais De todos os labores que debe facer na casa, o que menos lle gusta a Brais é o de ordenar o cuarto. O outro día, cando debía estar a facer ese traballo, a nai atopouno sentado enriba da cama absolutamente absorto. Imaxinaba que nun futuro el había de elaborar un robot especializado en facer camas. Estaba seguro de que sería unha importante contribución á humanidade. E quen sabe, ao mellor algún día fabrica un, porque Brais é moi obstinado! Uso de v Novas actividades A asociación de veciños estivo reunida este venres para establecer as actividades que se desenvolverán na vila nos vindeiros meses. Consérvanse algunhas das realizadas o ano pasado e haberá dúas novidades atractivas: un curso de gravado e unha excursión á fervenza do Toxa. A directiva prevé que estas actividades serán recibidas con interese. Vida nocturna no bosque Nos bosques, os animais nocturnos relevan aos que vemos polo día. Aproveitan para movérense e alimentárense. Estes seres vivos posúen sentidos desenvolvidos que lles permiten compensar a falta de luz. Nunha noite no bosque habemos observar misteriosos vultos fuxitivos que atravesan vereas, que se pousan en valos ou van veloces de árbore en árbore. E tamén oiremos ouveos, renxidos de varas e ramas... que o invaden todo. Uso de g Cousas antigas O pai da miña amiga Águeda ten unha tenda de antigüidades. Algunhas tardes, despois de facer os deberes, vou xogar con Águeda á súa casa que está a carón da tenda. O outro día conseguín que me levase a ver os obxectos curiosos que alí se gardan: un xílgaro de madeira nunha gaiola, unha guitarra chea de adhesivos, unha buguina mariña, un gorro de pirata, un carro de xoguete... A min gústame imaxinar como serían os donos destes trebellos curiosos. O mago Guillerme Guillerme quere ser mago. Conseguiu aprender algúns trucos interesantes e os seus amigos son o seu público. O domingo realizou un en que tiña que facer desaparecer a auga dunha garrafa e deixounos a todos pingando. Iso si, acabaron rindo ás gargalladas. 234698 _ 0139-0168.indd Sec2:162234698 _ 0139-0168.indd Sec2:162 25/11/09 17:44:0925/11/09 17:44:09
  • 163. 163© 2010 Edicións Obradoiro, S.L. / Santillana Educación, S. L. Ditados Uso de qu/c As plantas e a música Experimentos científicos recentes confirman que ás plantas lles gusta a música. Non se sabe se a oen, pero si que notan a vibracións do son. Así, tenden a crecer e facerse máis fortes e ter follas máis brillantes. Pero non lles vale calquera composición: o que máis lles agrada é a clásica; pola contra, o rock, especialmente o máis barulleiro, non lles chista nada. Aquela tarde No outono, meu curmán mais eu botamos longas camiñadas polo monte. Ás veces andamos quilómetros, pero non nos cansamos. Pasamos tardes inesquecibles. Lembro aquela en que descubrimos un pequeno tobo e, cando nos achegamos, un coello saíu correndo coma un foguete. Co susto que nos deu caemos ao chan! Uso de z/c Unha escena na praza Onte na praza da vila estiveron rodando escenas dunha película policial. Xuntáronse ducias de persoas na zona. Algúns acercábanse só para observar. Outros tiñan a esperanza de conseguir un autógrafo da actriz protagonista. Pero tamén houbo certos cidadáns que descoñecían a razón daquel ciclón de xente. Cando se decataron da presenza de policías dando voces e correndo a toda velocidade, levaron un susto atroz, pois creron que algo terrible estaba a suceder na praza. Inicio dunha amizade Hoxe coñecín un rapaz novo no parque. Cruzámonos na pista e batemos coas nosas bicis. Foi un tropezo sen consecuencias graves. Decidimos botar unha carreira a ver quen era capaz de alcanzar antes o chafariz ao final da pista. Corremos ata quedar sen forzas e despois tirámonos no céspede a descansar do esforzo. Quedamos en vernos mañá ás cinco de novo. Uso de h O oficio de Helena Desde pequena, o anhelo de Helena era ser arquitecta. Agora esta é a súa profesión. Dedícase a rehabilitar casas e edificios antigos e históricos. Dá gusto ver como exhiben o seu antigo esplendor vivendas que levaban anos abandonadas e volven ser habitables. Na ermida Preto da miña aldea hai unha ermida, nun outeiro. Está arrodeada dun valado en que medran as hedras. Cando acaba o inverno, chegan as andoriñas que aproveitan o beiril do tellado para facer, con grande habilidade, niños onde poñen os seus ovos. Alí nacerán as súas crías e, cando cheguen os fríos, marcharán ata lugares máis cálidos. Os niños quedarán deshabitados e haberá que agardar ata o vindeiro ano para que a ermida reciba novos hóspedes. 234698 _ 0139-0168.indd Sec2:163234698 _ 0139-0168.indd Sec2:163 25/11/09 17:44:0925/11/09 17:44:09
  • 164. Ditados © 2010 Edicións Obradoiro, S.L. / Santillana Educación, S. L.164 Uso de r e rr Arredor do castelo Na Idade Media moitas persoas vivían nos arredores dun castelo. Os campesiños recibían unha miserable vivenda e, a cambio, coidaban rabaños e cultivaban as terras do señor. Só en momentos de gran risco podían refuxiarse dentro do castelo. Outros tiñan pequenas leiras en propiedade, pero debían pagar fortes impostos ao señor para que este puidese guerrear e manter o seu poder. Unha historia curiosa É curiosa e terrible esta lenda, pero a min quen ma contou aseguroume que sucedera de verdade. Disque nun castelo alá no interior dos montes de Ourense hai moitos, moitos anos, desapareceu unha fermosa doncela. Despois de moito buscala decidiron dala por morta. Pasados uns anos, o irmán daquela doncela saíu a cazar polo monte e deu morte a unha cerva branca. Cal sería a súa sorpresa cando, ao ir recoller a cerva para levala ao castelo, descubriu que era a doncela desaparecida, a súa irmá, que fora vítima dun meigallo! Unha meiga encantara a doncela e convertéraa en cerva! Uso de x Sobre patíns Practicar patinaxe sobre xeo pode ser un bo xeito de facer exercicio. Os patinadores e xogadores de deportes sobre xeo precisan horas de ensaio e adestramento ata conseguir unha boa flexibilidade do corpo para se manter en equilibrio. Por iso, se desexas patinar no xeo e caes varias veces porque non tes experiencia na patinaxe, non te desanimes, ao final seguro que acabas tendo éxito. Extraterrestres A idea da existencia de seres intelixentes orixinarios doutros mundos fóra da Terra é moi antiga. Cando se fala de seres extraterrestres, unha das primeiras imaxes que nos vén á cabeza son humanoides con longas extremidades. Ninguén se atreveu aínda a excluír rotundamente que existan estes espectaculares seres. Pero, polo momento, ningunha das expedicións enviadas ao espazo exterior a examinar a superficie doutros astros detectou rastros destes extravagantes seres, nin doutros. Os grupos -cc- e -ct- Unha grande afección Desde sempre, Iria sentiu unha verdadeira atracción polos xoguetes mecánicos. Nas tendas de xoguetes sempre se detén nesta sección. A súa afección é tan grande que ten unha verdadeira colección: cabalos, coches, trens... O seu predilecto é un carrusel en miniatura con música e todo. Gústalle darlles explicacións aos amigos sobre os materiais de construción, o funcionamento e as instrucións de uso de cada artefacto. Ela di que, cando sexa maior, se dedicará á proxección e á construción de obxectos de carácter lúdico. 234698 _ 0139-0168.indd Sec2:164234698 _ 0139-0168.indd Sec2:164 1/12/09 16:22:561/12/09 16:22:56
  • 165. 165© 2010 Edicións Obradoiro, S.L. / Santillana Educación, S. L. Ditados Á acción xa! Debemos facer algo pola protección do planeta, porque non temos outro. E temos que actuar xa contra a súa deterioración e destrución. Cada un de nós, cada día, pode facer algo pola conservación dos hábitats naturais e das especies, así como pola redución da contaminación. Existen moitas formas de actuación: a correcta utilización da enerxía, a utilización de transporte público, a redución de lixo e a reciclaxe... Todos podemos dar unha lección de responsabilidade. Uso das maiúsculas Simbad o Mariño Un dos viaxeiros imaxinarios máis famosos é sen dúbida Simbad o Mariño. Este mercador de Bagdad é un dos personaxes do libro de contos árabes coñecido como As mil e unha noites. As súas aventuras déronse a coñecer en occidente grazas a unha tradución do século XVIII. Tamén en Galicia un importante escritor, Álvaro Cunqueiro, fixo unha recreación das viaxes deste esforzado aventureiro na súa novela Se o vello Simbad volvese ás illas. Xiana volve á vila Despois de dez anos, Xiana volveu á súa vila, A Pontenova. Sentíase estraña. Custáballe recoñecer algúns dos lugares polos que tantas veces pasara cando era unha cativa, antes de marchar a vivir a Londres. Había casas e edificios novos. A vila mudara o seu aspecto. Xa preto da casa dos avós, comprobou que desaparecera a peixaría Chincho onde traballara seu pai. No seu lugar había unha oficina dunha caixa de aforros. Mais en canto chegou á cancela de entrada ao xardín da casa dos avós paternos, algo fixo que volvese a sentirse coma antes de marchar. As roseiras que o avó Lucio coidaba con tanto agarimo recendían coma sempre. Uso do acento gráfico O raposo Dise que, dos animais que habitan os montes galegos, o lobo é o máis fero, pero o máis pillabán é o raposo, tamén chamado golpe nalgúns lugares. A tradición converteu este animal nun símbolo de astucia e sagacidade. É fácil atopar xente que coñece contos que falan das mil mañas con que o raposo tenta conseguir os seus obxectivos, que non son outros máis ca vivir e alimentarse. Espectáculos na rúa Na India, a música forma parte da vida cotiá. Os músicos indios non compoñen a música, improvisan sobre temas que xa coñecen. Velos polo día tocar pequenos tambores cos dedos e o sitar, un instrumento de corda pulsada, é todo un espectáculo. Ademais, non cómpre ir a ningún auditorio para velos tocar e escoitalos. En calquera rúa das súas cidades se pode gozar da súa música. 234698 _ 0139-0168.indd Sec2:165234698 _ 0139-0168.indd Sec2:165 25/11/09 17:44:1025/11/09 17:44:10
  • 166. Sen présa Un día mentres estaba a pasear polo monte, pareceume ver algo ó pé dunha árbore. Aproximeime un pouco e descubrín un grande animal: un oso pardo. Era o meu día de sorte. Todo o mundo sabe o escasos que son xa estes animais. Acochado entre as pólas duns arbustos, estiven a observalo durante bastante tempo. Despois decidín que tiña que advertir do meu achado e encamiñeime á vila. Ía tan excitado que, na miña apresurada carreira, dei cos meus ósos no chan. Levanteime e, ó pouco, topei con dous gardas que, segundo me explicaron, ían na procura do oso. O animal, que permanecía no mesmo lugar, foi atado con fortes nós e transportado á súa reserva. Tiven dó del ó ollalo, aínda que todos digan que é polo ben da especie. Os viquingos Por amor á aventura e á conquista, os viquingos, escandinavos ou normandos –que polos tres nomes se coñecen– botáronse ó mar, ás veces familias enteiras, e dedicáronse a conquistar gran parte dos países costeiros europeos. Cómpre dicir que todas as súas conquistas só foron posibles grazas ós magníficos barcos cos que contaban, que podían navegar tanto polo mar coma polos ríos. Ademais da súa habilidade como navegantes, é preciso falar tamén da súa ferocidade como guerreiros, polo que os temían en toda a Europa daquela época. © 2010 Edicións Obradoiro, S.L. / Santillana Educación, S. L.166 Ditados 234698 _ 0139-0168.indd Sec2:166234698 _ 0139-0168.indd Sec2:166 1/12/09 16:22:561/12/09 16:22:56
  • 167. Notas 234698 _ 0139-0168.indd Sec2:167234698 _ 0139-0168.indd Sec2:167 1/12/09 16:22:561/12/09 16:22:56
  • 168. Notas 234698 _ 0139-0168.indd Sec2:168234698 _ 0139-0168.indd Sec2:168 1/12/09 16:22:561/12/09 16:22:56