Unidade 5O ser humano: natureza e         cultura             1. A ORIXE DA VIDA             2. A RELACIÓN ENTRE AS ESPECI...
Unidade 5. O ser humano: natureza e cultura1. A orixe da vida        O noso planeta non sempre existiu no universo nin a v...
Unidade 5. O ser humano: natureza e cultura2. 2 O evolucionismo        Ao contrario que o fixismo, o evolucionismo sostén ...
Unidade 5. O ser humano: natureza e culturagran conmoción na súa época.       Darwin expresou o seu recoñecemento ao econo...
Unidade 5. O ser humano: natureza e cultura3. O proceso de hominización       O acordo entre toda a comunidade científica ...
Unidade 5. O ser humano: natureza e culturam.) e escaso peso (20 Q.), e que tiña unha capacidade craneal semellante ádos g...
Unidade 5. O ser humano: natureza e culturana súa memoria colectiva e se transmiten, grazas á linguaxe, ás xeraciónsseguin...
Unidade 5. O ser humano: natureza e cultura       A diferenza esencial entre o animal e o ser humano situaríase nalinguaxe...
Unidade 5. O ser humano: natureza e culturadesprega varias estratexias, entre as que destacan a represión, odesprazamento ...
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Unidade 5 natureza e cultura final

386

Published on

Published in: Education, Technology
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
386
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0
Actions
Shares
0
Downloads
11
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Unidade 5 natureza e cultura final

  1. 1. Unidade 5O ser humano: natureza e cultura 1. A ORIXE DA VIDA 2. A RELACIÓN ENTRE AS ESPECIES 2.1 O fixismo 2.2 O evolucionismo 2.2.1 O Lamarckismo 2.2.2 O Darwinismo 2. 2.3 A teoría sintética 3. O PROCESO DE HOMINIZACIÓN 4. A CULTURA 4.1 A diversidade cultural 4.2 O ser humano e os animais 4.3 Cultura e individuo 4.4 As diferentas sexuais 4.5 As razas humanas
  2. 2. Unidade 5. O ser humano: natureza e cultura1. A orixe da vida O noso planeta non sempre existiu no universo nin a vida no nosoplaneta. Calcúlase que foi hai 4500 millóns de anos cando se formou a Terrapor condensación de po cósmico e gases interestelares. Os primeirosorganismos vivos apareceron 1500 millóns de anos despois. Ata o século XIX, a explicación aceptada pola maioría dos naturalistassobre a orixe da vida foi a creacionista. Segundo esta teoría, baseada naBiblia, a vida foi creada por Deus hai aproximadamente 6000 anos. A explicación que cobra máis forza no campo de bioloxía é a naturalista:a vida formouse unha soa vez, nun momento determinado da historia da Terra,a partir da materia inorgánica. Este proceso natural de transformación da materia inorgánica en materiaorgánica explicouno en 1938 o bioquímico A.I. OPARIN. Segundo Oparin, hai3000 millóns de anos, a atmósfera da Terra estaba composta de amoníaco,metano, hidróxeno e vapor de auga. Nesta atmósfera primitiva, e favorecidaspola enerxía do ambiente (radiacións solares, raios, calor de zonas volcánicas,etc.), teríanse desencadeado reaccións químicas que terían dado lugar acompostos orgánicos elementais (ácido cianhídrico, etc.). Estes teríanse diluídonas augas primitivas formando o caldo prebiótico. Serían aquí onde teríaxurdido a primeira célula viva A credibilidade desta hipótese viuse reforzada en 1953 ao acadarSTANLEY L. MILLER, tras reproducir en laboratorio as condicións primitivasda Terra, a síntese de substancias orgánicas. A pesar do alto grao de elaboración teórica que posúe e da probaexperimental coa que está avalada, a hipótese naturalista non suscita unacordo unánime entre tódolos científicos. O descubrimento en meteoritos demicroorganismos fosilizados suxire, segundo a hipótese cosmozoica, que avida non xurdiu na Terra, senón que chegou dalgún lugar do universo.2. A relación entre as especies Respecto da relación existente entre as distintas especies de seres vivos,as dúas explicacións que se teñen dado ao longo da historia son o fixismo e oevolucionismo.2.1 O fixismo Segundo o fixismo, tódalas especies son invariables e independentesentre si. Esta postura foi defendida na antigüidade por ARISTÓTELES e oCRISTIANISMO combinouno co creacionismo. Segundo o relato bíblico, Deustería creado en actos distintos ás diferentes especies de seres vivos e teríalllesdado a forma que teñen actualmente. O ser humano sería radicalmente distintoao resto dos seres vivos, e superior a eles por ter sido creado a imaxe esemellanza de Deus. Para explicar a existencia de restos fósiles correspondentes a especiesextinguidas, o naturalista e creacionista GEORGES CUVIER (1769-1832)propuxo a teoría catastrofista, segundo a cal non houbo unha, senón variascreacións sucesivas. Todos os seres vivos creados por Deus en cada unhadelas terían sido destruídos por grandes catástrofes naturais, tras cada unhadas cales Deus tería procedido a unha nova creación.Filosofía e Cidadanía IES San Tomé de Freixeiro 1
  3. 3. Unidade 5. O ser humano: natureza e cultura2. 2 O evolucionismo Ao contrario que o fixismo, o evolucionismo sostén que as especies nontiveron sempre a forma actual, senón que unhas derivan doutras, establecendoentre elas unha relación de continuidade. A idea da evolución biolóxica non é nova na historia do pensamento. Xana antigüidade ANAXIMANDRO (s.VI a.C.) sostivo que a vida xurdeu na auga,e que tódolos animais terrestres, incluído o home, se desenvolveron a partirdos peixes. Como teoría científica coherente, o evolucionismo comezou a elaborarsea finais do século XVIII, e actualmente está avalado por todo tipo de probascientíficas: as probas anatómicas establecen coincidencias morfolóxicas entregrupos de seres vivos; as probas bioquímicas poñen de manifesto unhacomposición e procesos orgánicos similares en tódolos seres vivos; as probasembriolóxicas mostran as semellanzas entre embrións e fetos de distintasespecies; as probas xenéticas desvelan as afinidades que existen nacomposición cromosómica dos seres vivos; as probas paleontolóxicas dinnosque a medida que se ascende nos estratos xeolóxicos os restos fósiles sonmáis complexos; e as probas xeográficas evidencian o acoplamento do servivo ao medio no que vive. A pesar de que tódolos evolucionistas aceptan a transformación dasespecies, discrepan entre si ao tratar de establecer os seus mecanismos e nasúa interpretación. As principais teorías evolucionistas son: OLAMARCKISMO, O DARWINISMO e A TEORÍA SINTÉTICA2.2.1 O Lamarckismo A primeira teoría da evolución o transformacióndas especies de relevancia científica foi formulada polonaturalista JEAN-BAPTISTE DE MONET, cabaleirode Lamarck (1744-1829). Lamarck atribuía os cambiosnas especies a unha adaptación do organismo aomedio e á transmisión hereditaria dasmodificacións adquiridas. Segundo a explicación de Lamarck, un cambio no medio provoca novasnecesidades aos organismos. Estes esfórzanse por satisfacelas,desenvolvendo os órganos necesarios e atrofiandoos innecesarios. Lamarck cría que estes novosórganos serían transmitidos aos seus descendentes. Este é precisamente un dos puntos máisfebles da explicación de Lamarck, xa que, comoteñen posto de manifesto os modernos estudiosxenéticos, os caracteres adquiridos non se herdan.Ademais, repróchaselle de carecer de probascientíficas concluíntes, e de incluír no mundoorgánico unha intención ou vontade de evolucionar,algo que fai dificilmente crible.2.2.2 O Darwinismo CHARLES DARWIN (1809-1882) ofreceu unhaexplicación máis convincente da evolución, e aportou probas afavor da mesma, recollidas durante 5 anos de investigación porAmérica do Sur e as illas do Pacífico a bordo do Beagle. As súasobras A orixe das especies e A orixe do home causaron unhaFilosofía e Cidadanía IES San Tomé de Freixeiro 2
  4. 4. Unidade 5. O ser humano: natureza e culturagran conmoción na súa época. Darwin expresou o seu recoñecemento ao economista THOMAS R.MALTHUS (1766-1834) por terlle feito comprende-lo mecanismo da selección.Na súa obra Ensaio sobre o principio da poboación (1798) escribira Malthus: “Apotencia da poboación é indefinidamente superior á potencia da terra paraproducir sustento para a humanidade ( ) A poboación sen controlar aumentaen progresión xeométrica, mentras que o alimento só crece en progresiónaritmética”. De aquí conclúese unha loita entre individuos polo alimento, queconducirá á supervivencia do máis apto. Darwin explicou a evolución como o resultado dun proceso deselección natural, semellante ao utilizado por agricultores e gandeiros paraobter distintas variedades de animais e plantas, coa diferenza de que quenselecciona é o medio. Segundo Darwin, de cada especie nacen máis individuos dos que podensobrevivir. Estes individuos posúen variacións ou diferenzas entre si. Entre elasestablécese a loita pola existencia, de modo que só sobrevivirán os queposúan as variacións favorables para o medio no que viven. Estas variaciónsfavorables serán transmitidas e herdadas polos seus descendentes. Na explicación de Darwin destácase, fronte á de Lamarck, o carácterpasivo da evolución. Esta prodúcese polo mecanismo externo da selección,sen que haxa unha tendencia interna cara a unha vida superior. Con respecto aLamarck, nega Darwin toda finalidade. Só hai azar (variacións) e necesidade(selección natural). As ideas de Darwin estendéronse rapidamente, influíndo en tódolosámbitos do pensamento. A primeira reacción contra o darwinismo foiprotagonizada por un amplo sector da igrexa, quen a rexeitou por consideralaincompatible co relato bíblico e por excluír toda intencionalidade divina na orixedo ser humano. Ademais parecíalles que, situando a súa orixe nos animais, aexplicación de Darwin degradaba ao ser humano. En ciencias sociais, a teoría da selección natural de Darwin influíu nodenominado DARWINISMO SOCIAL ou intento de trasladar á sociedade a leida loita pola existencia ou supervivencia do máis apto que opera na natureza.Para HERBERT SPENCER (1820-1903), o máis claro representante dodarwinismo social, os que viven en mellores condicións de vida son os mellores.Con isto xustifica o predominio social duns seres humanos sobre outros, opredominio colonial duns países sobre outros, e a superioridade dunhas razassobre outras.2.2.3 A teoría sintética Formulada entre 1936 e 1947, constitúe unha síntese das investigaciónslevadas a cabo no ámbito da xenética, a biomatemática, a paleontoloxía, aantropoloxía e a zooloxía. O nacemento da xenética molecular fixo que sereformulara a teoría sintética sen que se alteraran as súas ideas básicas. A teoría sintética engade ao mecanismo darwiniano da selección naturala explicación da orixe das variacións por mutacións xenéticas, e a explicaciónda transmisión das características vantaxosas dunha xeración a outra. Ademais,inclúe o illamento de poboacións como factor de transformación das especies.Filosofía e Cidadanía IES San Tomé de Freixeiro 3
  5. 5. Unidade 5. O ser humano: natureza e cultura3. O proceso de hominización O acordo entre toda a comunidade científica respecto a que o homeprocede do animal é unánime. Non obstante, todo o referente ao proceso detransformación do animal en home, que é o que se denomina hominización, asícomo a reconstrución da árbore xenealóxica da especie humana é aíndaobxecto de conxectura e debate. O proceso de hominización divide os antropólogos en dous grupos. Porun lado, están os que sosteñen que esta foi unha transformación progresiva,mediante os mesmos mecanismos que rexeron a evolución do resto dasespecies animais; e, por outro, quen defenden un cambio brusco e rápido, unsalto misterioso cara á humanidade. As investigacións acerca da hominización lévanse a cabo actualmenteen varios campos, como o paleoxeográfico, para determinar se o homeapareceu nun único lugar do planeta ou en varios á vez; o paleoxeográfico,para determinar se o home apareceu nun único lugar do planeta ou en varios ávez; o paleontolóxico, para coñecer con precisión as características corporais,psíquicas e sociais dos ancestros do home; o bioquímico, para establecer asemellanza entre o home e os grandes simios, así como os principais cambiosocorridos a nivel molecular na hominización; e o da datación, para establecer acronoloxía do proceso de hominización. Parece ser que o proceso de hominización se iniciou cos cambiosecolóxicos ocorridos a finais do período terciario, hai aproximadamente 4,5millóns de anos, en que a sequía fixo retrocede-lo bosque tropical e avanza-lasabana. Todo o peso da hominización corporal recaeu no eixe pé-mans-cerebro.A posición erguida permanente, a liberación das mans das funciónslocomotoras para transformarse en órganos capaces de asir e manipularobxectos, e o desenvolvemento e perfeccionamento do cerebro son as tresprincipais características que diferencian o home do animal. Estes cambios corporais estarían estreitamente relacionados coscambios ecolóxicos anteriormente sinalados. O bipedismo facilitaría asupervivencia na sabana ao permitir otear por riba das altas herbas aodepredador. A liberación das mans, consecuencia do bipedismo, permitiríafuxir as dúas patas levando ás crías en brazos, ou utilizar pedras ou garrotespara cazar ou defenderse. O bipedismo provocaría ademais cambios nopescozo, a arquitectura da cara e o cráneo, favorecendo o desenvolvementodo cerebro. Estreitamente relacionada coa hominización corporal estaría ahominización psíquica e social. O pensamento e a linguaxe iríansedesenvolvendo e perfeccionando ao mesmo tempo que os cambio corpporais.O ambiente hostil da sabana, onde para sobrevivir unha especie tanfisicamente desprotexida como a nosa é necesaria a axuda colectiva e aestratexia, a receptividade sexual das femias durante todo o ano e onacemento inmaturo potenciarían o xurdimento de núcleos de poboación, quese irían organizando dunha maneira cada vez máis complexa.3.1 O Australopithecus O australopithecus é o primeiro homínido do que se tenconstancia por restos fósiles. Viviu hai aproximadamente 4 millóns deanos. Sábese que andaba erguido, que era de pequena estatura (1,40Filosofía e Cidadanía IES San Tomé de Freixeiro 4
  6. 6. Unidade 5. O ser humano: natureza e culturam.) e escaso peso (20 Q.), e que tiña unha capacidade craneal semellante ádos grandes simios (entre 400 e 500 cm3). Parece ser que utilizou e fabricouinstrumentos, unhas sinxelas lascas para cazar, cortar ou rascar3.2 O Homo habilis Outro xénero de homínidos foi o homo habilis, nome quelle vén da gran variedade de instrumentos de pedra atopados nosxacementos xunto aos seus restos fósiles, e que viviu haiaproximadamente 2 millóns de anos. A súa capacidade cranealvariaba entre os 500 e os 750 cm3. Por comparación coaconduta dos simios, pódese deducir que tanto o australopithecuscomo o homo habilis posuían tradicións sociais ou culturais.3.3 Homo Erectus Ao homo habilis sucedeulle o homo erectus, que viviu haiaproximadamente 800.000 anos. A súa capacidade cranealoscilaba entre os 700 e os 1.000 cm3. Non só mellorou atecnoloxía lítica (máis instrumentos e máis precisos), senón quetamén usou e controlou o lume. A súa cultura e organizaciónsocial era máis complexa que a dos anteriores. Cazaba grandesanimais, e suponse que tiña divididas as súas actividades enfunción do sexo. Tamén foi capaz de adaptarse a climas frías.3.4 Homo Neandertalensis O homo neandertalensis, misteriosamente desaparecido,viviu hai aproximadamente 100.000 anos. Era de complexiónrobusta, de baixa estatura e de cerebro máis grande que ohome actual (máis de 1.500 cm3), aínda que co lóbulo frontalmenos desenvolvido, e estaba adaptado ao frío. Era sociable evivía en comunidade. Dedicábase á caza, soterraba os mortos,fabricaba excelentes armas e utilizaba o lume.3.5 O Homo Sapiens O homo sapiens actual apareceu hai aproximadamente35.000 anos, coincidindo coa desaparición do homoneandertalensis. A súa capacidade craneal varía entre 1300 e1500 cm3, e a súa morfoloxía apenas difire da nosa, aínda queera máis baixo. A súa cultura e forma de vida era semellante ádos pobos cazadores-recolectores actuais.4. A cultura Nun determinado momento do seu desenvolvemento evolutivo, ao crea-la cultura, o home emancípase da natureza. As leis polas que se rexe xa nonson biolóxicas, senón culturais. Pero, a pesar de se-lo feito cultural algodiferenciador, o home permanece enraizado na natureza, pola súa propianatureza biolóxica e polas necesidades naturais que trata de satisfacer. Desdea natureza o home crea cultura. Por CULTURA enténdese en antropoloxía todo aquilo que non formaparte do patrimonio biolóxico e hereditario, senón que se recibe polaeducación e a aprendizaxe. A cultura abárcao todo: as técnicas ecoñecementos, as crenzas e ritos relixiosos, a organización social e política, oscostumes, e os valores morais e estéticos. As novas experiencias acumuladaspolo home non se integran no seu material xenético, senón que se acumulanFilosofía e Cidadanía IES San Tomé de Freixeiro 5
  7. 7. Unidade 5. O ser humano: natureza e culturana súa memoria colectiva e se transmiten, grazas á linguaxe, ás xeraciónsseguintes. A cultura ten unha función adaptativa, en canto que permite aohome sobrevivir nos máis diversos medios naturais.4.1 A diversidade cultural Un dos rasgos característicos da cultura é a súa diversidade. Tresactitudes que cabe adoptar respecto da relación entre as distintas culturas sono etnocentrismo, o relativismo cultural e o universalismo. O etnocentrismo consiste en xulgar e valorar as culturas doutrassociedades desde o patrón da propia cultura, considerándoas inferiores. Oetnocentrismo supón unha actitude de superioridade, incomprensión eintolerancia respecto doutras culturas. O relativismo cultural consiste, polo contrario, en considerar quecalquera fenómeno cultural só pode ser comprendido e valorado no seu propiocontexto, e non fora del. Segundo o relativismo cultural, non existen culturassuperiores ou inferiores, senón culturas distintas. Aínda que hai no relativismocultural unha actitude de respecto cara a tódalas culturas, o seu defectofundamental radica en que é incapaz de criticar certas manifestacións culturaisque atentan contra a dignidade e os dereitos humanos. O universalismo descubre uns valores compartidos entre as culturas ecomunidades, entre os cales destaca o respecto ás diferenzas culturais. Ouniversalismo nos conduce a unha actitude claramente intercultural que permiteun diálogo real entre culturas, evitando que unhas culturas se impoñan a outras.Os valores universais, que configuran un mínimo indispensable para levar acabo un diálogo fecundo, poden concretarse nos seguintes: • O respecto aos dereitos humanos. • O aprecio de valores como a liberdade, a igualdade e a solidarizade. • A actitude dialogante, posible pola tolerancia activa, non só pasiva ou indiferente, da persoa que quere chegar a entenderse cos demais porque realmente está interesada nese entendemento.4.2 O ser humano e os animais O comportamento dos animais constitúe un punto de referencia clásicopara tratar de dilucida-lo problema da natureza humana. As investigacións dosetólogos aportan actualmente unha valiosísima información sobre o mundoanimal, que nos pode axudar a comprender mellor ao ser humano e a tratar deresolver un dos grandes enigmas da evolución, como é a emerxencia daconciencia humana. Un dos criterios comunmente sinalado que marcaría a fronteira entre oanimal e o home é a capacidade de fabricar instrumentos, fronte ao animalque só é capaz de usalos. Outro sería que mentres o animal está rixidamente acoplado ao medio através dos instintos, a conduta humana é máis plástica e está mediatizadapola cultura. Ambos criterios non marcarían unha separación radical entre o animal eo ser humano, senón unha continuidade. Así, tense constatado que oschimpancés son capaces tamén de fabricar instrumentos e posúen formas moielementais de cultura.Filosofía e Cidadanía IES San Tomé de Freixeiro 6
  8. 8. Unidade 5. O ser humano: natureza e cultura A diferenza esencial entre o animal e o ser humano situaríase nalinguaxe e na intelixencia. Ningún etólogo dubida de que os animais posúenunha intelixencia práctica, xa que son capaces de modificar con éxito a súaconduta establecendo novas relacións entre o fin e os medios; sen embargo, sóa intelixencia humana é abstrata e conceptual. Por outra parte, tamén os animais se comunican entre si mediante unhalinguaxe, pero esta é emotiva; a linguaxe humana, pola contra, é articulada, eserve para expresar e comunicar ideas. Ao longo do proceso de socialización, o ser humano precisa vivir ensociedade para poder ser tal. Desde o punto de vista biolóxico, o neno precisado estímulo doutros seres humanos para que a súa capacidade cerebralaumente progresivamente e así se creen redes neuronais que posibiliten odesenvolvemento da linguaxe e do pensamento. Desde unha perspectivaemocional e afectiva, o individuo aprenderá a canalizar e entender os seussentimentos para gozar deles só se sabe cómo se xestionan dentro da súacultura. Así, a cultura fainos iguais, ao impoñer a todo un grupo social unhamesma cultura iguálase a todos os seus membros. Mais a cultura fainos diferentes. O ser humano pode pensar e criticar asúa propia cultura porque o proceso de socialización dotouno dunha identidadecultural que lle permite realizar operacións mentais complexas. Non todosaceptamos igual os valores que a tradición impón e, fronte aos xuízos eactitudes dos demais, vanse formulando os propios ata configurar unhaconciencia individual. Aqueles que teñen unha personalidade máis acusadaterán máis desencontros cos patróns que a súa cultura impón, pero tamén sonos que forzan a esa cultura a reconsiderarse a si mesma, permitindo quecambie e mellore.4.3 Cultura e individuo Mais, que papel xoga a cultura e a sociedade na formación da nosapersonalidade? Existen dúas posturas ao respecto: Sigmund Freud considera que a mente humana estácomposta de varias instancias ou estruturas que entran enconflito entre si: O ID: é a parte máis interior, máis primitiva da mente,formada por todos aqueles elementos innatos, e os elementosreprimidos pola consciencia. É todo el inconsciente, malia quepode aflorar á conciencia a través dos soños, os lapsus linguae,etc. Inclúe o conxunto de pulsións eróticas (Eros) e agresivas(Tánatos) rexidas polo principio de pracer. O EU (ego): xurde como consecuencia das tensións eexcitacións provocadas no neno polos estímulos exteriores, queprovocan a aparición dunha conciencia primaria, totalmentevolcada sobre si mesma (narcisismo) pero que sirve comoponte de enlace entre as puras apetencias do Id e a realidadeexterna. É a parte consciente da personalidade. O SUPER-EU (super-ego) é o conxunto de valoressociais introxectados a través da educación. Para resolver os conflitos entre o id e o super-eu, o euFilosofía e Cidadanía IES San Tomé de Freixeiro 7
  9. 9. Unidade 5. O ser humano: natureza e culturadesprega varias estratexias, entre as que destacan a represión, odesprazamento e a sublimación. A represión consiste en borrar da conciencia desexos prohibidos erecordos ou experiencias desagradables. O desprazamento consiste en dirixir a enerxía do id, en vez de cara aoseu verdadeiro obxecto, cara a outro obxecto sustitutorio. A sublimación consiste en canalizar a enerxía do id cara as metasmorais e sociais elevadas. Herbert Marcuse presenta unha visión diferente. Éa nosa civilización a que é represora, dado que afelicidade está subordinada a usos sociais como ter untraballo que ocupa case toda a xornada, unha vida sexualsempre dentro dunha parella monógama e un sistemaestablecido no que se impoñan as leis e a orde. Osindividuos senten que non poden influír no curso dos acontecementos ao estarsuxeitos a eses usos sociais. Para Marcuse, se cambiamos esta situación, podemos aspirar a unhacultura que non se basee na represión senón na busca da felicidade.4.4 As diferenzas sexuais Desde unha perspectiva exclusivamente biolóxica, a primeira diferenzaentre os individuos da especie humana é a distinción en sexos. Tanto orgánicacomo xeneticamente os homes e as mulleres son distintos. Dos múltiplesrasgos que os distinguen, tense destacado a maior forza física por termo mediodo home e o estar este desligado do acto do parto. Sobre estes supostos tenseconcluído, falsamente, unha superioridade intelectual, espiritual e moral dohome sobre a muller, que xustificaría a súa subordinación ao home e a súadiscriminación social e política. Sen embargo hai que diferenciar entre o sexo biolóxico e o xénero.Nácese bioloxicamente varón ou femia, pero é a sociedade a que inculca através da educación uns patróns de conduta distintos para cada sexo.4.5 As razas humanas A división da especie humana en razas carece de xustificación biolóxica.É certo que entre os seres humanos hai rasgos externos facilmenteobservables, pero toda clasificación en función destes rasgos, que é adefinición tradicional de raza, é artificial e errónea. Por iso, os antropólogosprefiren falar de poboacións. Unha poboación é un grupo humano cunsmembros que posúen unhas frecuencias xenéticas diferentes en relación conoutros grupos humanos. Unha das polémicas máis soadas acerca das diferenzas raciais foi oatribuír aos individuos de pel escura un menor nivel intelectual que os de pelclara, xustificándose deste modo a súa discriminación. Sen embargo, a cor depel non ten nada que ver coa intelixencia. A cor clara ou escura da pel dependedunha substancia chamada melanina, coa función de protexela dunhaexposición excesiva aos raios solares. Respecto da intelixencia, tensedemostrado que a resolución satisfactoria dos tests depende do nivel culturaldos individuos, o cal depende á súa vez do lugar que ocupe na escala social.Filosofía e Cidadanía IES San Tomé de Freixeiro 8

×