Unidade 4

821 views
749 views

Published on

Published in: Education, Travel, Technology
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
821
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
68
Actions
Shares
0
Downloads
23
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Unidade 4

  1. 1. Unidade 4A Metafísica e osseus problemas 1. NOCIÓN DE METAFÍSICA: ORIXE, NOCIÓN E PRINCIPAIS CORRENTES 2. OS PROBLEMAS DA METAFÍSICA 2.1 O problema teolóxico 2.2 O problema ontolóxico 2.3 O problema cosmolóxico 2.4 O problema antropolóxico 2.5 O problema da substancia e a causalidade 2.6 O problema do sentido da existencia 3. A CRÍTICA DA METAFÍSICA 3.1 A crítica da metafísica de Hume 3.2 A crítica da metafísica de Kant 3.3 A crítica da metafísica de Nietzsche 3.4 A crítica da metafísica do neopositivismo
  2. 2. Unidade 4. A Metafísica e os seus problemas1. Noción de Metafísica: orixe, noción e principias correntes O concepto “Metafísica” provén dos vocablos gregos “méta”,preposición que pode ser traducida como ‘máis alá ou alén’, e “physiká” quesignifica ciencia que estudia a natureza, pois provén de “Physis”, natureza paraos gregos. Así o termo “meta-física”, atendendo á súa orixe filolóxica, pode sertraducida como “o que está máis alá da natureza”. Foi Andrónico de Rodas o primeiro que acuñou este termo. Encargadoda clasificación das obras de Aristóteles, denominou a aquelas que viñandespois das obras físicas como a “Metafísica”, nome co que pasou a sercoñecida esta obra, malia non aparecer esta denominación no orixinal. A Metafísica pasou a denominar a aquel ámbito da investigación que seocupa das realidades metaempíricas ou suprasensibles, realidades queexceden o ámbito dos sentidos. Xa dixemos que o termo “Metafísica” non aparecía na obra deAristóteles. Outros termos eran utilizados na obra deste filósofo, e hoxe pasanpor ser sinónimos da Metafísica. É o caso de Ontoloxía. A Metafísica, pola súa natureza non contrastabletrata do ser en canto ser, presente en tódolos seres concretos. Así, Ontoloxíaprovén de “ón”, participio do verbo ser, e que pode ser traducido como ‘ente’, e“lógos” que significa ‘tratado’, ‘investigación’. Así, Ontoloxía é o “saber do seren canto ser”. É o caso tamén de “Filosofía Primeira”. Esta ocúpase das causasúltimas ou remotas das cousas, en contraposición ás ciencias que se ocuparíandas causas próximas ou inmediatas. Tamén a Teoloxía ou indagación sobre Deus, identificado como MotorInmóbil no peripatético, foi outra denominación que aparecía neste autor. Podemos concluír que a Metafísica é un saber racional que versa sobrea totalidade do real, a súa esencia e primeiras causas, e sobre cuestións queestán máis aló do saber científico. Acerca da esencia da realidade, as dúasprincipais posturas dadas ao longo da historia do pensamento filosófico son: • Materialismo sostén que só son reais as entidades materiais, que a materia constitúe a esencia da realidade, e que o espiritual é só unha manifestación da materia. O materialismo non nega a existencia de entidades inmateriais, só que poidan existir á marxe da materia. Para o materialismo, o espiritual só se explica desde o material. • Espiritualismo ou Idealismo Metafísico sostén, polo contrario, que o autenticamente real é o espiritual ou ideal, que o espírito constitúe a esencia da realidade, e que tódolas entidades materiais non son máis que manifestacións dunha realidade espiritual, superior e independente da materia.Filosofía e Cidadanía I.E.S. San Tomé de Freixeiro (Vigo) 1
  3. 3. Unidade 4. A Metafísica e os seus problemas2. Os problemas da metafísica Podemos sintetizar os principais problemas que foron abordados polaMetafísica nos seguintes: o problema teolóxico, o ontolóxico, o cosmolóxico, oantropolóxico, o da substancia e a causalidade e o problema do sentido daexistencia.2.1 O problema teolóxico O problema teolóxico fundamental consiste en poder determinarmediante argumentacións racionais se Deus existe e cal é a natureza divina.Respecto da existencia de Deus, os principais argumentos metafísicos foron:o ontolóxico, o cosmolóxico e o teleolóxico. • O argumento ontolóxico deriva a existencia da idea de Deus como suma perfección, de aí que fose considerado unha demostración a priori da existencia de Deus. Foi formulado polo filósofo medieval escolástico Anselmo de Canterbury no século XI. Se Deus é suma perfección non pode carecer de nada, xa que senón non sería perfecto, así que ten que te-la existencia, pois do contrario non sería perfectísimo, logo Deus existe. Segundo este argumento, dicir “Deus non existe” é unha contradición lóxica. Tanto o argumento cosmolóxico coma o teleolóxico, foron formuladospor Tomé de Aquino, filósofo escolástico do s. XIII. Máis concretamente estesdous tipos de argumentacións inclúense dentro das denominadas “cinco vías”para demostrar a existencia de Deus que o aquinate propón. Todas sondemostracións a posteriori, parten da experiencia, apóianse no principio decausalidade (todo efecto é producido por una causa), négase o recurso adinfinitum a unha cadea infinita de causas (é dicir, ten que existir una primeiracausa), ata chegar a Deus. • O argumento cosmolóxico demostra a existencia de Deus a partir de feitos do mundo físico. Esta proba baséase no principio de causalidade, segundo o cal todo o que existe ten unha causa da súa existencia. E como non é posible remontarse nunha cadea infinita de seres intermedios que dan e reciben a existencia, porque existe un último na serie, é necesario concluír que existe un primeiro ser necesario, Deus, que é a primeira causa incausada de todo o que existe na natureza. • O argumento teleolóxico (de télos, “fin”), partindo do feito de que existe orde no universo, conclúe a existencia dun ser intelixentísimo, Deus, que o goberna.Posturas antiteolóxicas: A partir do século XIX empezan a xurdir filósofosque cuestionan as probas da demostración da existencia de Deus e a súaexistencia. Feuerbach, membro da esquerda hegeliana, sinalou que non éDeus quen nos fixo a súa imaxe e semellanza, senón que fomos nós os quecreamos a Deus a nosa imaxe e semellanza (Deus é un produto cultural máis,proxección das calidades humanas). Freud denunciou a imaxe paternalista deDeus que subxace en toda relixión e que expresa o carácter inmaduro dapersonalidade relixiosa. Marx sinalou que “a relixión é o opio do pobo”, é dicir,un discurso ideolóxico máis que detentan as clases explotadoras sobre asexplotadas para evitar que se rebelen contra elas prometendo compensaciónsnunha vida futura. Nietzsche proclamou a morte de Deus, é dicir, oFilosofía e Cidadanía I.E.S. San Tomé de Freixeiro (Vigo) 2
  4. 4. Unidade 4. A Metafísica e os seus problemasaniquilamento da crenza nun mundo supraempírico e nos valorestranscendentais que foron inculcados polas clases sacerdotais nos espíritosdos febles, xunto cos sentimentos de culpa e resentimento.2.2 O problema ontolóxico A ontoloxía é aquela investigación que estuda o Ser. Un dos primeirostemas de reflexión da metafísica, e a dicir de moitos o fundamental, é o do ser.Este concepto é o máis universal e, polo mesmo, o máis difícil de definir e omáis problemático. A palabra “ser” ten gramaticalmente tres sentidos distintos: pode usarsecomo substantivo, e neste caso é sinónimo de ente; pode usarse como verbointransitivo, e neste caso significa existir; e pode usarse como verbocopulativo, e neste caso utilízase para atribuír calidades aos entes e expresa-lasúa esencia. En canto que toda a pluralidade e diversidade de entes son, o serexpresa o común a todos eles. Parménides de Elea, filósofo presocrático do s. VI-V a.C., foi o primeirofilósofo que reflexiona de modo explícito sobre o ser, que para el é o arkhé, ofundamento de toda a realidade, posto que todas as cousas son algo. O ser éeterno (non pode diluírse na nada), un (pois é o común a todas as cousas),indivisible (pois non ten partes, é un), inmutable (pois o ser non pode pasar aser non-ser) e limitado (pois o ser non o é todo, xa que non é non-ser). Aocoñecemento do ser chámalle Parménides vía da verdade, e é a queemprenden os filósofos ou sabios a través do coñecemento racional, mentresque o vulgo segue a vía da opinión, a que descoñece o ser e guíase polossentidos. Aristóteles fixo da ontoloxía unha base relevante da súa filosofía, eHeidegger no s.XX, considerou que a historia da metafísica é a historia doesquecemento da pregunta polo ser que, pensa, hai que volver a suscitardesde as bases do sentido do ser e do sentido da existencia humana.2.3 O problema cosmolóxico A metafísica ten reflexionado tamén sobre certas cuestións referentes aouniverso, formulando coas mesmas numerosos problemas que van alén dascomprobacións científicas. Algunhas destas cuestións son: é o universoespacialmente finito ou é infinito? Tivo o universo un principio no tempo ou éeterno? A existencia do universo permite afirma-la existencia dunha primeiracausa non material da que depende? Pode a materia dividirse ata o infinito ouhai un punto no que se ten que dete-la división? Tódolos acontecementos douniverso están rixidamente determinados ou existe a indeterminación? Haifinalidade ou azar na natureza? Ao longo da historia, os metafísicos teñendefendido e argumentado solucións distintas respecto destas cuestións.2.4 O problema antropolóxico Outro tipo de problemas metafísicos refírense a qué tipo de ente é o serhumano e qué lugar ocupa entre o conxunto de entes da realidade. Outra das cuestións polas que se interesa a metafísica acerca do serhumano é a de saber se, ademais dun corpo material e mortal, posúe unhaalma espiritual e inmortal. O concepto de alma (psyché) tiña para os gregos dous significadosbásicos: como principio de vida (a alma sería o que anima ao corpo) e comoFilosofía e Cidadanía I.E.S. San Tomé de Freixeiro (Vigo) 3
  5. 5. Unidade 4. A Metafísica e os seus problemasprincipio de coñecemento racional. A estes significados asóciaselle tamén aidea relixiosa de inmortalidade e constitúe a realidade distintiva e específicados seres humanos fronte ao resto dos animais. Platón recolleu o concepto de alma inmortal dos pitagóricos e dos cultosórficos relixiosos non oficiais. Para o ateniense só podemos coñecer aauténtica realidade, o Mundo das Ideas, a través da alma, debendodesprendernos da mala influenza que exerce o corpo sobre ela que nos apegaao Mundo Sensible. Defende pois, un dualismo antropolóxico entre alma ecorpo, sendo este último, como para os pitagóricos, un cárcere para a alma. Aristóteles entendeu a alma como principio de vida e movemento dosseres, morrendo esta cando desaparecía o corpo. Así existían, dentro dosseres animados, tres tipos de almas: • A alma vexetativa é a propia das plantas e exerce as funcións de nutrición e reprodución. • A alma sensitiva, propia dos animais, ademais das funcións anteriores, exerce a percepción sensible, o desexo, o movemento local, a memoria e a imaxinación. • A alma racional, exclusiva dos homes varóns e libres, ademais das funcións anteriores, é o único ser que pode exercer funcións intelectivas. Así, Aristóteles define ao home como “animal racional”. Descartes defendeu un dualismo antropolóxico radical, é dicir, o serhumano estaría composto por dúas substancias independentes, a res cogitansou “cousa pensante”, a alma, e a res extensa ou “cousa extensa”, o corpo. Asdificultades que tivo para dar conta da necesaria conexión que existe entre opensamento, produto da actividade da alma e as accións corporais, farían quesituase a alma dentro do corpo, na glándula pineal. Mais un aspecto positivoda concepción deste autor é que a alma preséntase como conciencia, comocausa e principio básico para as accións libres e responsables, algoimportante para a ética e o Dereito.2.5 O problema da substancia e a causalidade • A substancia A palabra substancia é de orixe latina, vén de sub-stare e significa ‘estardebaixo’, ‘ser soporte’. Traduce a palabra grega hipóstasis. Así, substancia éaquilo que fai que algo sexa o que é e non outra cousa, é dicir, aquilo queidentifica a algo como tal e o diferenza dos demais. Aristóteles contrapuxo a substancia e os accidentes. Substancia é o quepermanece constante e inalterado a pesar dos cambios que poida padecer eseobxecto. Os accidentes son aquelas características dos obxectos que non sonfundamentais para a súa configuración (perder o pelo, crecer, caer un dente). As substancias para o peripatética están compostas de materia (aquilo doque está composto unha substancia, a madeira nunca cadeira, por exemplo) ea forma (a esencia das cousas, aquilo que fai que sexa unha cadeira e nonunha mesa). Pola suá parte Descartes define a substancia como “aquela cousa queexiste de tal maneira que non necesita doutra para existir”. Existirían paraDescartes tres substancias: a res cogitans (ou cousa pensante, o euidentificado coa alma), a res infinita (ou cousa infinita, Deus) e a res extensa(ou a cousa extensa, o mundo e o corpo para o ser humano). Só Deus (resinfinita) é substancia ao pé da letra. Tamén o son a alma (res cogitans) e oFilosofía e Cidadanía I.E.S. San Tomé de Freixeiro (Vigo) 4
  6. 6. Unidade 4. A Metafísica e os seus problemascorpo (res extensa), xa que son independentes, unha vez que reciben o seu serde Deus. As dificultades que tivo Descartes para conciliar a relación que existíaentre as tres substancias fixo que xurdiran alternativas desde as propias filasdo racionalismo. Así, para Spinoza só existe unha única substancia: Deus siveNatura (Deus ou a Natureza). • O principio de causalidade O principio de causalidade fai referencia á necesidade de que todo efectosexa producido por unha causa e, xa que logo, que toda causa produza un ouvarios efectos. O primeiro que se preocupou pola causalidade foi Aristóteles para quen osabio tiña que dar conta das causas que provocaban o movemento danatureza. A substancia é dinámica. Para explicar o cambio, Aristóteles utiliza ateoría das catro causas: • Causa material: aquilo do que está feito algo (a madeira). • Causa formal: dálle a esencia á materia (a mesa) • Causa eficiente: o responsable do movemento (o carpinteiro). • Causa final: o fin para o que está feito o obxecto (apoiarse, soportar cousas).2.6 O problema do sentido da vida Os metafísicos tamén indagaron sobre o sentido da vida, tanto individualcomo colectiva. Os cristiáns non dubidan en afirmar que Deus é o sentido davida. Mais negar a Deus desemboca no nihilismo na ausencia total de sentido. Nietzsche fixo unha crítica demoledora da cultura occidental. A morte deDeus leva consigo a desaparición dos valores tradicionais de Occidente, perotamén orixina un novo tipo de ser humano: o superhome. O superhome é unnovo tipo de humanidade, o home que mira ao mundo sen prexuízos, coamirada inocente dun neno e significa apego á terra, afirmación da vida e dosvalores terreais. Para o filósofo español Ortega y Gasset vivir é abrirse ao mundo e aosdemais, non só a través da razón, tamén no querer e sentir. Somos comonáufragos no mundo, sabemos que existimos e a nosa preocupación é faceralgo para non deixar de existir (“eu son eu e a miña circunstancia; se non asalvo a ela, non me salvo a min”). Todo ser humano é fillo do seu tempo eelabora o seu proxecto de vida nas circunstancias persoais e históricas que lletocou vivir. Cada un ten unha vocación que debe descubrir. Pode ter moitosproxectos, pero só un é o acertado. Hai dous camiños que nos apartan del: nonfacer nada ou estar tan ocupados nos quefaceres cotiáns que non deixemostempo para afrontar o que debemos facer. A vida é signo de acertar.3. A crítica da metafísica3.1 A crítica da metafísica de David Hume O principio de Hume que afirmaba que todas as ideas proveñen, mediataou inmediatamente, das impresións, fai da validez da ciencia un problema esuporá un rexeitamento da metafísica. Hume leva a cabo unha crítica das tres realidades nucleares da metafísicatradicional, ás que xa Descartes conceptuara como substancia pensante (eu),substancia extensa (mundo dos corpos) e substancia infinita (Deus).Filosofía e Cidadanía I.E.S. San Tomé de Freixeiro (Vigo) 5
  7. 7. Unidade 4. A Metafísica e os seus problemas • Crítica da idea de substancia Locke constatara a dificultade de coñecer a substancia. Para Hume, asubstancia, como calquera outra idea, ten que derivar da súa correspondenteimpresión e, dado que este non é o caso, debemos concluír que tal idea carece defundamento real extramental, porque non podemos ter impresión ningunha dasubstancia, entendida como realidade en si, distinta das nosas percepcións.Afirma: “A idea de substancia, como a de modo, non é senón unha colección deideas simples unidas pola imaxinación, que posúen un nome que se lles asigna,polo que somos capaces de recordar, a nós mesmos e a outros, esas coleccións”. • A crítica da idea de “eu” Tanto en Descartes como en Locke, a idea de “eu” aparece en nós por unhaevidencia intuitiva: un eu que pensa, quere, ama e que, por tanto, existe. ParaHume, a mente non é senón “unha colección de distintas percepcións, unidasentre si por certas relacións, coa falsa suposición de que están dotadas dunhaperfecta simplicidade e identidade”. Entende que a existencia dunha substanciaespiritual, en particular a existencia do “eu”, en tanto realidade dotada desubsistencia continuada e autoconscente, non aparece en nós como tal idea,porque non se deriva de ningunha impresión. O eu” ou a “persoa” non son unha impresión. Representan aquilo ao que serefiren por suposición, as nosas diferentes impresións e ideas. En realidade, nontemos ningunha impresión constante e invariable: dores e praceres, anhelos ealegrías, paixóns e sensacións se alternan de maneira continuada e nunca existentodas á vez. Por tanto, a idea de “eu” non se pode derivar de ningunha destasimpresións e tampouco de ningunha outra. En consecuencia, o referente de talidea non existe. • A crítica da idea de mundo exterior Hume considera que se pretende que a afirmación dese mundo externo aosuxeito estea baseado na inferencia causal, que parte das nosas ideas e nosconduce a unha realidade exterior causante das mesmas. Esta pretensión resultainfundada, porque a inferencia é ilexítima, dado que damos un salto improcedentedesde as nosas percepcións ata unha suposta realidade, que está máis alá delase da que non temos impresión. Isto non supón a negación do mundo externo,dado que o seu non coñecemento queda suplido pola crenza no mesmo. • A crítica da idea de Deus O noso autor parte da idea que temos de Deus como unha substancia infinitacon todas as súas perfeccións (omnipotencia, omnisciencia...). Aplica o criterioque se vén reiterando, acorde co seu radical empirismo. A idea que temos deDeus ou da perfección infinita non se corresponde con ningunha impresión que alexitime. Polo tanto, infírese que non existe ningún tipo de coñecemento de Deus,nin teolóxico, nin metafísico. Non obstante, recoñece que a relixión e a crenza naexistencia de Deus son naturais e necesarias entre as persoas. En consecuencia,a actitude de Hume pode denominarse como agnóstica, pero non como teísta ouatea. • A crítica ao principio de causalidade Para Hume o principio de causalidade (que todo efecto é producido por unhacausa) é outro concepto metafísico produto da nosa imaxinación. Segundo Hume,cando percibimos na realidade varias veces dous feitos consecutivos, tendemos acrer que o primeiro é a causa do segundo. Sen embargo, só percibímo-los dousfeitos e non a súa conexión causal, de modo que, dado un efecto, xamaischegaremos a saber con absoluta seguridade cál é a súa causa, e, dada unhaFilosofía e Cidadanía I.E.S. San Tomé de Freixeiro (Vigo) 6
  8. 8. Unidade 4. A Metafísica e os seus problemascausa, qué efectos producirá. Polo tanto, conclúe Hume, tampouco podemoscoñecer mediante unha proba racional que Deus existe como a primeira causa domundo, como facía Tomé de Aquino.3.2 A crítica da metafísica de Kant A crítica de Immanuel Kant á metafísica tradicional é herdada de Hume,pois segundo el mesmo indica “Hume espértalle do soño dogmático” e unhaconsecuencia da crítica á que someteu ás facultades humanas decoñecemento. Se pretendemos descubrir se é posible o coñecementometafísico, di Kant, antes haberá que saber cómo coñecemos e qué condiciónsdebe cumpri-lo coñecemento en xeral. Para Kant, o coñecemento refírese sempre a fenómenos (as cousas paranós) e non a noúmenos (as cousas en si mesmas); estes só os podemospensar, pero non coñecer.Distingue tres facultades de coñecemento: asensibilidade, o entendemento e a razón. O coñecemento concíbeo como unhasíntese entre as intuicións da sensibilidade e os conceptos do entendemento. Anivel destas dúas facultades xorde o coñecemento (como no caso dasmatemáticas e a física), pero non a nivel da razón, que é a facultade na que sebasea a metafísica. Para Kant, a razón non é unha facultade de coñecemento, senón deorganización e suprema unificación de tódolos coñecementos. Os contidos darazón son tres ideas, as cales constitúen os temas fundamentais da metafísicatradicional: a idea de mundo (unificación de tódolos fenómenos físicos), a ideada alma (unificación de tódolos fenómenos psíquicos) e a idea de Deus(unificación de toda a realidade). As ideas da razón non se refiren a nada real;son só principios regulativos e expresan o afán que ten o ser humano decoñecelo todo, aínda que sexa imposible. Crer que a estas tres ideas lles corresponde algo real é produto dunespellismo e ilusión, en el incorreu toda a metafísica tradicional. Kantproponse desenmascarar esta ilusión. Así, critica tódolos argumentosmetafísicos que proban a existencia da alma, pon de manifesto ascontradicións en que incorreu a cosmoloxía tradicional, e critica tódolosargumentos sobre a existencia de Deus. • Do argumento ontolóxico di que a existencia non engade prefección a un ser, polo que se pode pensar a Deus como ser perfectísimo, e non saber se existe ou non existe. • Do argumento cosmolóxico critica o abuso que fai do principio de causalidade, o cal só é válido no ámbito da experiencia sensible (as categorías ou formas a priori do entendemento, como o principio de causalidade, só se poden aplicar a fenómenos, non a nóumenos), e o que identifique a Deus co primeiro ser necesario. • Do argumento teleolóxico di que non conclúe a existencia dun Deus creador e omnisciente, senón só dun ordenador moi sabio. De tódolos xeitos, aínda que declare a imposibilidade dun coñecemento metafísico acerca da existencia de Deus e da liberdade e inmortalidade da alma, Kant admitirá como unha esixencia moral que Deus existe e que a alma é libre e inmortal. Deus e alma serían así realidades nouménicas, que podemos pensar, pero non coñecer.Filosofía e Cidadanía I.E.S. San Tomé de Freixeiro (Vigo) 7
  9. 9. Unidade 4. A Metafísica e os seus problemas3.3 A crítica da metafísica de Nietzsche Nietzsche oponse ao dualismo ontolóxico, fiel reflexo do dualismoplatónico:- Este mundo, sensible e imperfecto- O outro mundo, suprasensible e perfecto, fundamento daquel. Segundo tal concepción, a realidade queda escindida en dous eidos: unharealidade suprasensible, estática e imperecedoira, fronte a unha realidadecambiante, sensible, perecedoira... que é o produto residual, "desprezable" daanterior. Fronte a este esquema ontolóxico reaccionará Nietzsche esgrimindotres obxeccións: 1. A infravaloración da realidade sensible débese a súa mutabilidade, mentres que a razón humana opera con categorías inmutables (conceptos); pero o feito de que a razón funcione con tales categorías non demostra a "imperfección" nin a "dependencia" do mundo sensible, senón só a inadecuación da razón para coñecelo... E se a razón non fora a facultade axeitada para coñecer o mundo? É posible acceder de forma non racional ao coñecemento do mundo? É a razón a nosa única posibilidade cognoscitiva? 2. O mundo suprasensible non é máis que unha ilusión, unha ficción, unha fantasía construída como negación do mundo sensible, única realidade para nós. 3. Recorrer a un mundo suprasensible o interpreta, pois, como unha reacción anti-vital, como unha negación da vida, (vida que está marcada polo sufrimento tanto como pola alegría), como unha vinganza contra a natureza, propia de espíritos ruíns que odian a vida, un produto do resentimento contra a vida. Incapaces de aceptar un destino tráxico, os homes se rebelan contra esa vida que lles aboca ao sufrimento e a negan, converténdoa nun mero residuo doutra realidade, perfecta esta, onde afogan o seu resentimento.3.4 A crítica da metafísica do neopositivismo do Círculo de Viena Durante o século XX, a corrente neopositivista tamén ten negado aposibilidade dun coñecemento metafísico de realidades transcendentes. Osneopositivistas só admiten, seguindo a Hume, dous tipos de enunciadoscientíficos: os formais e os empíricos. Calquera enunciado que non sexa ninformal nin empírico, como é o caso dos enunciados metafísicos, carece decontido ou significado, non podendo ser nin verdadeiro nin falso. Para osneopositivistas, tódolos enunciados metafísico son pseudoenunciados(parecen enunciados ben construídos porque teñen suxeito, verbo epredicados, pero ao non remitir a ningún obxecto sensible perden a necesariareferencia coa realidade).Filosofía e Cidadanía I.E.S. San Tomé de Freixeiro (Vigo) 8

×