• Share
  • Email
  • Embed
  • Like
  • Save
  • Private Content
Pautas para realizar un comentario de texto filosófico
 

Pautas para realizar un comentario de texto filosófico

on

  • 800 views

 

Statistics

Views

Total Views
800
Views on SlideShare
735
Embed Views
65

Actions

Likes
0
Downloads
15
Comments
0

1 Embed 65

http://filosofiaenrede.blogaliza.org 65

Accessibility

Upload Details

Uploaded via as Adobe PDF

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

    Pautas para realizar un comentario de texto filosófico Pautas para realizar un comentario de texto filosófico Document Transcript

    • PAUTAS PARA REALIZAR UN COMENTARIO DE TEXTO FILOSÓFICO 0. Introdución: Que é un comentario do texto? Un comentario de texto adoita consistir na lectura dun texto co obxecto decaptar o seu significado, analizalo e expoñer, nunha redacción estruturada ecoherente, a explicación do seu contido. Comprender un texto significa entender as ideas expresadas nel polo autor,relacionar estas ideas cos coñecementos que xa temos, e ser capaces de xerarunha opinión ao respecto. Na comprensión do texto interveñen varios factores: 1. A capacidade lectora que teñamos baseada tanto na axilidade no acto de ler, coma no grao de comprensión do vocabulario que dispoñamos. Se carecemos de axilidade lectora, deberemos solucionalo canto antes practicando a lectura en xeral. Se carecemos de comprensión de vocabulario, deberemos utilizar o dicionario co fin de clarificar todos os termos que non coñezamos. 2. Os coñecementos que teñamos respecto ao autor do fragmento, do problema ou tema presentado e tamén sobre outros autores que teñen relación con el, aínda que non expresen a mesma opinión. 1. Pasos para realizar un comentario de texto Un comentario de texto debe seguir unha serie de pautas: 1. Lectura comprensiva do texto Le atentamente o texto. Non repares no tempo; asegúrate de quecomprendes ben o texto. Subliña todos os termos ou ideas que te parezanrelevantes. Realiza notas ao marxe ou esquemas que nos permitan precisar: a) O tema ou idea principal, isto é, o problema (no noso caso filosófico) sobre o que versa o texto. Truco: imaxínate que llo tés que contar a un/unha compañeiro/-a nunha ou dúas palabras). b) As teses principais, é dicir, as posturas que defende o autor. c) A estrutura do texto, dividíndoo en partes (pero sen obsesionarse con elo). d) Os conceptos (filosóficos) máis relevantes. 2. Redacción do comentario Tendo diante o esquema, como axuda para ter identificados os principaiselementos do texto, e como guía que nos garante unha certa orden ecoherencia no comentario, debe abordarse a redacción do comentario de texto,atendendo as seguintes recomendacións [Aínda que a orden do comentariopode variar, e vós tedes que buscar a vosa, recoméndovos esta]
    • 1) Contextualización do texto: contextualizar o autor na súa época, na corrente filosófica á que pertence. Contextualizar o texto na obra do autor e na problemática xeral filosófica. Falar das influenzas que recibe o autor. 2) Análise estrutural que inclúa: A idea principal. As ideas secundarias. A articulación no texto. 3) Análise semántica: precisión dos conceptos fundamentais (significado que ten no autor do texto). 4) Explicación e desenvolvemento da temática do texto. 5) Valoración crítica tanto formal como de contidos. 6) Proxección histórica do autor ou das ideas sostidas no texto.Ten en conta que: Debe ter unha redacción sinxela, clara e organizada. Debe demostrar comprensión do texto e presentar unha explicación axeitada do seu contido. Debe ter un carácter persoal e fluído. Debe utilizar recursos de comentario: citas (sempre entrecomiñadas), conexións contextualizadoras, referencias bibliográficas,... E lembra que... o Tés que redactar o comentario como se fose a ser lido por alguén que non tivese coñecemento algún do tema. o Debes evitar parafrasear o texto e dar rodeos innecesarios sen explicalo. o O texto non é un pretexto para falar de calquera cousa que teñamos memorizada.