Aristóteles (384-322 a. C.)

  • 1,037 views
Uploaded on

 

More in: Education , Technology , Travel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Be the first to comment
    Be the first to like this
No Downloads

Views

Total Views
1,037
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0

Actions

Shares
Downloads
26
Comments
0
Likes
0

Embeds 0

No embeds

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
    No notes for slide

Transcript

  • 1. ARISTÓTELES (384-322)
  • 2. ARISTÓTELES (384-322) 0. Introducción 1. Contexto histórico 2. Biografía 3. Obra 4. Influencias: semellanzas e diferencias con Platón 5. Pensamento 6. Textos 7. Glosario 8. Bibliografía 9. Páxinas web recomendadas 10. Exames de selectividade 11. Recursos audiovisuais
  • 3. ARISTÓTELES (384-322) 0. Introducción
  • 4. 0. Introducción Aristóteles (384-322 a.C.) ofrécenos un dos sistemas filosóficos máis completos e profundos do pensamiento antigo. A súa reflexión ocupouse de tódalas áreas principais da filosofía (metafísica, filosofía da natureza, teoría do coñecemento, lóxica, antropoloxía, ética, política, estética...) e en tódolos eidos, anque influido polo seu mestre Platón, fixo aportacións orixinais.
  • 5. 0. Introducción A filosofía de Aristóteles (e a súa expresión cristián na filosofía de Tomé de Aquino) dominará o pensamento occidental, tanto filosófico como científico, ata a aparición dos novos sistemas no Renacemento (Galileo) e a Idade Moderna (racionalismo, empirismo, Kant), sen que estas novas filosofías, sen embargo supoñan a desaparición completa da idea do mundo e dos conceptos básicos propostos 2.000 anos antes por Platón e Aristóteles Aristóteles. segundo Rafael
  • 6. ARISTÓTELES (384-322) 1. Contexto histórico
  • 7. 1. Contexto histórico Aristóteles vive no mesmo marco histórico que o seu mestre Platón, pois 43 anos os separan. Aristóteles vive a época de esplendor e decadencia da pólis O Partenón, símbolo ateniense. do esplendor da pólis ateniense
  • 8. 1. Contexto histórico Mais Atenas caerá dentro do dominio da pólis macedónica de Alexandre Magno, ao igual que o resto das pólis que compoñían a Hélade. Aristóteles fora mestre de Alexandre. A morte do rei macedónico marca o tránsito entre a época clásica á época Alexandre Magno helenística, onde aparecen (353-323) outros valores políticos, sociais e culturais.
  • 9. ARISTÓTELES (384-322) 2. Biografía
  • 10. ARISTÓTELES (384-322)
  • 11. ARISTÓTELES (384-322) 384. Nace en Estaxira, fillo de Nicómaco. O seu pai era o médico oficial da corte macedonia en Pela.
  • 12. ARISTÓTELES (384-322) 367. Viaxa a Atenas e ingresa na Academia platónica, onde permanecerá vinte anos. A Academia de Platón
  • 13. ARISTÓTELES (384-322) 347. Morre Platón. Marcha de Atenas para Asos e funda alí unha escola coa axuda do tirano Hermias. Logo vai a Mitilene, na illa de Lesbos, onde realiza estudios sobre a natureza con Teofrasto. Teofrasto, sucesor de Aristóteles na escola peripatética
  • 14. ARISTÓTELES (384-322) 343. Reclamado polo rei macedonio Filipo II para ser preceptor do seu fillo Alexandre, futuro Alexandre Magno. Alexandre Magno
  • 15. ARISTÓTELES (384-322) 335. Volta a Atenas e funda o Liceo, escola que se convertirá na grande rival da Academia platónica. A costume de impartir as clases dando un paseo polo redor dos xardíns fará que os seus membros sexan coñecidos como peripatéticos (de paseo).
  • 16. ARISTÓTELES (384-322) 323. Trala morte de Alexandre Magno, prodúcese unha revolta antimacedónica en Atenas. Aristóteles é acusado de Aristóteles dando clase a impiedade. Alexandre. Os seus contacto coa corte de Macedonia foi vital na súa acusación
  • 17. ARISTÓTELES (384-322) 322. Morre en Calcis, a onde marchara desde Atenas. A dirección do Liceo recaeu en Teofrasto. Teofrasto
  • 18. ARISTÓTELES (384-322) 3. Obra
  • 19. OBRA ARISTOTÉLICA Os seus escritos divídense en dous grandes grupos: 1. ESCRITOS EXOTÉRICOS. 2. ESCRITOS ESOTÉRICOS.
  • 20. OBRA ARISTOTÉLICA 1. ESCRITOS EXOTÉRICOS. Escritas durante os 20 anos que pasou na Academia platónica, presentan unha enorme débeda co seu mestre tanto na forma coma no contido. Na forma: trátase de DIÁLOGOS. No contido: defenden a teoría eidética do mestre en maior ou menor medida, así como a súa concepción do saber.
  • 21. OBRA ARISTOTÉLICA 1. ESCRITOS EXOTÉRICOS. NON OS CONSERVAMOS (apenas fragmentos e títulos das obras) e estaban destiñados ao gran PÚBLICO. Son: Grillo ou da retórica, Eudemo ou da alma, Protéptico e da filosofía, Verbo das Ideas, Verbo da Filosofía.
  • 22. OBRA ARISTOTÉLICA 2. ESCRITOS ESOTÉRICOS. SON OS QUE CONSERVAMOS; constitúen a base da actividade didáctica de Aristóteles, e polo tanto estaban destiñados a úso interno da escola. Chegaron ata nós a maior parte das obras da escola que versan sobre toda a problemática filosófica e sobre algunhas pónlas das ciencias.
  • 23. OBRA ARISTOTÉLICA 2. ESCRITOS ESOTÉRICOS. A clasificación destas obras debémola a Andrónico de Rodas, daquela o director do Liceo (s. I a. C.), que as englobou por temas e os publicou.
  • 24. OBRA ARISTOTÉLICA 2. ESCRITOS ESOTÉRICOS. Así, temos: 1.Uns tratados sobre lóxica, o ORGANON, composto polas obras: Categorías, Tópicos, Refutación Sofísticas, Verbo a interpretación, Analíticos Primeiros, Analíticos Segundos.
  • 25. OBRA ARISTOTÉLICA 2. ESCRITOS ESOTÉRICOS. 2.Uns tratados sobre Física e Bioloxía: Física, Verbo do Ceo, Verbo da xeración e a corrupción, Metereoloxía, Historia dos animais,Verbo da Alma. 3. Un tratado de Metafísica ou Filosofía Primeira: Metafísica.
  • 26. OBRA ARISTOTÉLICA 2. ESCRITOS ESOTÉRICOS. 4.Uns tratados sobre Ética e Política: Ética a Eudemo, Ética a Nicómaco, Política. 5. Uns tratados sobre Teoría da Arte: Poética, Retórica.
  • 27. ARISTÓTELES (384-322) 4. Influencias: semellanzas e diferencias con Platón
  • 28. 3. Semellanzas e diferencias con Platón Diferencias coa concepción platónica: 1. Aristóteles abandonou o ELEMENTO MÍSTICO- RELIXIOSO- ESCATOLÓXICO para proceder a un DISCURSO FILOSÓFICO máis RIGUROSO. 2. Platón interesouse polas CIENCIAS MATEMÁTICAS (como os pitagóricos), pero non polas empíricas (agás a medicina). Aristóteles mostrou un interese moi vivo por case tódalas CIENCIAS EMPÍRICAS (e escaso aprecio polas matemáticas) e polos fenómenos en canto tales.
  • 29. 3. Semellanzas e diferencias con Platón Diferencias coa concepción platónica: 3. Os diálogos platónicos son APORÉTICOS, a filosofía enténdese como unha busca sen pausa. Aristóteles emprende unha orgánica SISTEMATIZACIÓN das diversas aportacións, cunha clara distinción entre TEMAS e PROBLEMAS. 4. Rexeita a DIALÉCTICA platónica por considerar que non é un proceder do necesario, senón do posible. Aboga pola DEMOSTRACIÓN que ten como esquema o SILOXISMO.
  • 30. 3. Semellanzas e diferencias con Platón Diferencias coa concepción platónica: 5. Manteñen unha distinta concepción e valoración da phýsis: se os sofistas relegan a natureza como centro de atención da filosofía, Platón faina ocupar un segundo plano na realidade, por debaixo do MUNDO DAS IDEAS na que radica o Ser, a realidade plena. Con Aristóteles a natureza volta a ter un papel central no pensamento e prodúcese unha nova definición do que se entende por tal.
  • 31. 3. Semellanzas e diferencias con Platón Diferencias coa concepción platónica: 6. Rexeitamento da teoría das ideas: Rexeita que as ideas estén separadas das cousas (sexan tanscendentes a istas).Platón non consigue explicar nin a relación das ideas coas cousas sensibles, nin a xénese delas. Rexeita a teoría polo tipo de ideas que hai: Se para cada cousa ten que haber unha idea correspondente tamén existirán as Ideas de Relación (logo pérdese a unicidade da solución platónica); terá que haber ideas do positivo e do negativo. Polo tanto duplícanse os problemas a resolver. Aristóteles sostén que O SER DAS COUSAS, A SÚA ESENCIA, non está nas Ideas, nun mundo transcendente, senón NESTE MUNDO, NO MUNDO FÍSICO, SENSIBLE; e o SER por excelencia, a auténtica realidade, é concebida como SUSTANCIA, que se vai concretar na noción clave da súa filosofía.
  • 32. 3. Semellanzas e diferencias con Platón Semellanzas coa concepción platónica: 1. Comparten a CONCEPCIÓN DO COÑECEMENTO como COÑECEMENTO DO UNIVERSAL, e a identificación deste universal como principio das cousas. 2. Céntrase no MUNDO DAS “COUSAS” INDIVIDUAIS (non da totalidade), e trata de explicar en QUE RESIDE O SER DESTAS, A SÚA ESENCIA (Sócrates: definicións universais; Platón: Ideas; Aristóteles: a forma). 3. A transcendencia e INMORTALIDADE do entendemento axente. 4. A superioridade da VIDA CONTEMPLATIVA. 5. A superioridade da METAFÍSICA sobre a física. 6. O vínculo da ÉTICA COA POLÍTICA.
  • 33. ARISTÓTELES (384-322) 4.Clasificación das ciencias
  • 34. 4. Clasificación das ciencias A CIENCIA é o saber do UNIVERSAL e o NECESARIO. Clasifícaas en: Ciencias do Teóricas Matemáticas Necesario (describen a Física ou Filosofía (son as ciencias esenciadas cousas) Natural en senso pleno) Filosofía 1ª (Metafísica) Ética e Política Prácticas Ciencias do (tratan da conducta humana e das súas Posible accións) (tratan de aquel tipo de obxectos Poesía, retórica, que poden darse Poéticas (de gramática, arquitectura, ou non) “poiesis”, facer; tratan do relacionado coa medicina, zapatería,... producción) A LÓXICA é anterior a todas
  • 35. ARISTÓTELES (384-322) 5. Lóxica
  • 36. 5. A LÓXICA A Lóxica non é propiamente unha ciencia (non aparece na clasificación destas), senón un instrumento (organon) racional ao servicio das demais ciencias. A lóxica aristotélica non é puramente formal, é dicir,non é un estudio das formas do pensar con independencia da realidade, pois non está separada da Metafísica:describe ao mesmo tempo as estructuras do razoamento correcto e as estructuras da realidade.
  • 37. 5. A LÓXICA Aristóteles é o fundador da lóxica como disciplina, como estudio sistemático do razoamento.
  • 38. 5. A LÓXICA A Lóxica aristotélica comprende: 1.Unha teoría dos enunciados, na que explica de que xeito construímos as nosas expresións lingüísticas. 2. Unha teoría dos razoamentos na que di en que forma podemos asegurar a corrección das nosas deduccións e induccións: os siloxismos. 3. Unha teoría das categorías, que estudia os diversos significados da noción do ser, facendo unha clasificación dos seres en función dos xéneros supremos.
  • 39. 5. A LÓXICA 1. Unha teoría dos enunciados: Aristóteles estudia os enunciados en Verbo da interpretación. O obxecto deste tratado é o discurso apofántico ou declarativo, é dicir, aquela forma de discurso que desvea, que amosa ás claras algunha faceta ou modo de ser da cousa de que se fala.Mostrar abertamente, en toques de ocultar: este é o sentido do verbo apophaínein. A apóphansis consiste en mostrar algo como algo. Isto é o que fan os enunciados declarativos.
  • 40. 5. A LÓXICA 1. Unha teoría dos enunciados: O discurso apofántico, o enunciado, pode ser afirmativo ou negativo, universal ou particular. Logo esta clasificación dá lugar a catro tipos de enunciados: 1) Universais Afirmativos. 2) Universais Negativos. 3) Particulares Afirmativos. 4) Particulares Negativos.
  • 41. 5. A LÓXICA 1. Unha teoría dos enunciados: A ”Todo A é B”----contrarias--------------E “Ningún A é B” (universal afirmativo) (universal negativo) (Todo home é honrado) (Ningún home é honrado) subalternas contradictorias subalternas I “Algún A é B”------subcontrarias---------O “Algún A non é B” (particular afirmativo) (particular negativo) (Algún home é honrado) (Algún home non é honrado)
  • 42. 5. A LÓXICA 1. Unha teoría dos enunciados: Relaciónanse loxicamente: Entre (A) e (O) e entre (E) e (I) hai CONTRADICCIÓN.Unha é a simple negación da outra; se unha é verdadeira, a outra é falsa e viceversa. Entre (A) e (E) hai CONTRARIEDADE. Non poden ser á vez verdadeiras, pero poden ser á vez falsas. Entre (I) e (O) SUBCONTRARIEDADE. Non poden ser falsas á vez, pero si poden ser simultaneamente verdadeiras. Entre (A) a (I), e de (E) a (O) SUBALTERNIDADE. Se a universal é verdadeira, tamén é o a particular; se a particular é falsa, tamén é o a universal, pero non ao revés.
  • 43. 5. A LÓXICA 2. Unha teoría dos razoamentos: Na terminoloxía aristotélica “razoar” dise syllogízesthai e “razoamento” dise syllogismós, ou sexa, siloxismo. O siloxismo ou razoamento é “un discurso no cal, unha vez postas certas cousas, necesariamente resulta, a través de cousas establecidas, algo que é distinto das cousas establecidas”. As cousas “postas” son as premisas, e o que resulta necesariamente a conclusión.
  • 44. 5. A LÓXICA 2. Unha teoría dos razoamentos: Un exemplo: Tódolos vexetais son vivintes e Premisas Tódolos pinos son vexetais, Conclusión Tódolos pinos son vivintes Tanto as dúas premisas como a conclusión son proposicións ou enunciados. As proposicións están, a súa vez, compostas de termos: “vexetal”, “vivinte” e “pino”.
  • 45. 5. A LÓXICA 2. Unha teoría dos razoamentos: En todo siloxismo hai tres termos: 1. O suxeito. 2. O predicado da conclusión. 3. O termo medio. A función do termo medio é a que determina as figuras do siloxismo. No exemplo anterior: Tódolos vexetais son vivintes e MéP Premisas Tódolos pinos son vexetais, SéM Conclusión Tódolos pinos son vivintes SéP Este é o modelo da PRIMEIRA FIGURA
  • 46. 5. A LÓXICA 2. Unha teoría dos razoamentos: Aristóteles distingue tres figuras: Primeira figura Segunda figura Terceira figura MéP PéM MéP SéM SéM MéS SéP SéP SéP
  • 47. 5. A LÓXICA 2. Unha teoría dos razoamentos: Ademais das figuras do siloxismo constrúe unha teoría do razoamento válido cos distintos modos posibles do mesmo atendendo á cantidade (universal, particular) e á cualidade (afirmativo, negativo) dos enunciados que se utilicen.Os lóxicos medievais resumiron os modos válidos coas seguintes regras mnemotécnicas: PRIMEIRA FIGURA SEGUNDA FIGURA TERCEIRA FIGURA Barbara Cesare Darapti Celarent Camestres Felapton Darii Festino Disamis Ferio Baroco Datisi Bocardo Ferison 4 + 4 + 6 = 14 modos válidos
  • 48. 5. A LÓXICA 2. Unha teoría dos razoamentos: Unha teoría formal do razoamento que, no esencial, permanecerá inalterada e insuperada durante séculos, ate o desenrolo contemporáneo da lóxica a partir do s. XIX.
  • 49. 5. A LÓXICA 3. Unha teoría das categorías: A proposición non é unha locución simple. Posúe unha estructura complexa consistente na combinación de dous termos ou locucións simples: así, o enunciado “os vexetais son vivintes” resulta da unión dos termos “vexetal” e “vivinte”.
  • 50. 5. A LÓXICA 3. Unha teoría das categorías: Ao estudio dos termos ou locucións simples está adicado o libro Categorías. Aristóteles clasifica os termos en dez xéneros ou grandes grupos: entidade (sustancia, ousía), cantidade, cualidade,relación, lugar, tempo, posición en que algo se atopa, estado no que algo está, acción e paixón.
  • 51. 5. A LÓXICA 3. Unha teoría das categorías: Categorías Substancia (suxeito) Accidentes ou atributos (predicados) (exemplo: Sócrates, Cantidade (exemplo: de dous metros) unha mesa) Calidade (exemplo: branco, bo, belo) Relación (exemplo: dobre, medio, maior,...) Lugar (exemplo: na casa, na ágora,...) Tempo (exemplo: onte, hoxe, nunca,...) Situación (exemplo: ergueito, deitado,...) Posesión ou condición (exemplo: estar armado,...) Acción (exemplo: “cortar”, “queimar”,...) Paixón (exemplo: “ser cortado”, “ser quemado”)
  • 52. 5. A LÓXICA 3. Unha teoría das categorías: Aristóteles concede unha prioridade absoluta á categoría primeira, a da entidade ou sustancia (ousía). As entidades son o eixe sobre o que xira a linguaxe, o núcleo ao que se orienta e remite o discurso. Cando o suxeito é unha entidade primeira, un individuo, só os predicados pertencentes á categoría de entidade din ou amosan qué é o suxeito. Tratándose deste tipo de suxeito, os predicados da categoría primeira exhiben aspectos esenciais do seu ser, amosan a súa esencia. Pola contra, os predicados pertencentes a tódalas demais categorías exhiben rasgos non esenciais, exhiben os seus accidentes.
  • 53. ARISTÓTELES (384-322) 6. FÍSICA
  • 54. ARISTÓTELES (384-322) 6. FÍSICA 6.1 A NOCIÓN ARISTOTÉLICA DE PHÝSIS 6.2 A COSMOLOXÍA 6.3 A SICOLOXÍA 6.4 O COÑECEMENTO E AS CIENCIAS
  • 55. 6. A FÍSICA 6.1 A NOCIÓN ARISTOTÉLICA DE PHÝSIS Se para Platón o estudio da natureza foi un tema secundario, por non tratarse da verdadeira realidade, para Aristóteles é un tema central. Neste aspecto é continuador dos presocráticos. Aristóteles define a natureza (phýsis) como principio interno do movemento que se dá nos seres naturais. Comprender, pois, a natureza consiste en explicar o cambio e o movemento.
  • 56. 6. A FÍSICA 6.1 A NOCIÓN ARISTOTÉLICA DE PHÝSIS Aristóteles distingue tres clases de seres: 1. SERES NATURAIS 2. SERES ARTIFICIAIS 3. SERES AZAROSOS
  • 57. 6. A FÍSICA 6.1 A NOCIÓN ARISTOTÉLICA DE PHÝSIS Os seres naturais teñen espontaneidade e finalidade. Espontaneidade porque teñen un principio interno de movemento e de repouso, que recibe o nome de natureza (phýsis). A finalidade refírese a que tales seres obran por fins (télos) e non por azar, debido á teleoloxía inmanente, que fai que tales seres se movan para acadar a súa perfección.
  • 58. 6.1 a noción aristotélica de phýsis Os seres artificiais teñen finalidade pero non espontaneidade. Son os artefactos producidos pola técnica humana. A finalidade é introducida neles por un axente exterior. Para Aristóteles a arte e a técnica han de imitar a natureza, que ofrece modelos perfectos.
  • 59. 6.1 A noción aristotélica de phýsis Os seres azarosos teñen espontaneidade, pero non finalidade e son fallos da natureza cando non logra acadar aos seus fins. A natureza tende a obrar sempre “de forma sabia”, pero ás veces fracasa e aparecen, por exemplo, seres monstruosos, productos do puro azar. A xeración fortuíta de monstros débese a unha materia defectuosa, incapaz de plasmar a forma.
  • 60. 6. A FÍSICA 6.1 A NOCIÓN ARISTOTÉLICA DE PHÝSIS Pois ben, a idea de natureza determina un ámbito da realidade, o ámbito dos seres naturais, o das cousas que existen “por natureza” (phýsei), en oposición a aquelas outras que non existen por natureza, senón por arte (artefactos), ou por abstracción (obxectos matemáticos): é o ámbito dos corpos suxeitos a movemento. De aí que ao físico corresponda esencialmente e prioritariamente o estudio do movemento.
  • 61. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. O MOVEMENTO Estudiemos pois o movemento. O problema do movemento era especialmente importante no pensamento grego, porque o movemento non era entendido só como movemento no espacio, senón como calquera modificación que podía sufrir unha cousa.
  • 62. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. O MOVEMENTO De onde parte Aristóteles? Heráclito consideraba que todo cambiaba. Parménides afirmaba que todo permanece. Platón duplicaba a realidade separando o mundo sensible (cambiante) do intelixible (permanente). Ningunha destas opcións convence a Aristóteles.
  • 63. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. O MOVEMENTO Retomemos o argumento do eléata: Parménides concluiu a imposibilidade racional do movemento. Partindo do axioma “o que é, é (e non pode non ser) e o que non é, non é (e non pode ser)”, concluía que a noción mesma de movemento era de seu contradictoria: calquera cambio comportaría ou ben que algo que non é veña a ser e sexa, ou ben que algo que é veña a non ser e non sexa. O movemento esixiría o cambio de non ser a ser ou de ser a non ser.
  • 64. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. O MOVEMENTO Aristóteles dálle a razón ao eléata en canto o movemento non pode orixinarse nin a partir do que é, do ser, nin a partir do que non é, do non ser, se ámbolos dous termos tómanse de modo absoluto e sen ulteriores matizacións. Pero é posible facer matizacións.
  • 65. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. O MOVEMENTO O movemento parte do non ser, p. ex. de non ser sabio a ser sabio: parte da privación que é unha maneira de non ser. Pero non parte do non ser, da privación en si, senón da privación en canto algo dáse nalgo que é, no suxeito. Logo o movemento parte do ser, dalgo que é: o suxeito, o home que chega a ser sabio. Pero non parte del en tanto que é, senón en tanto que non é sabio, é dicir, en canto afectado pola privación, polo non ser.
  • 66. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. O MOVEMENTO Para explicalo apoiase en dous conceptos: potencia (dýnamis) e acto (enérgeia, entelécheia). Parménides tomou a noción de ser univocamente, sin distinguir diversos modos de ser e de non ser.
  • 67. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. O MOVEMENTO Ser en potencia significa posibilidade ou capacidade de ser. Unha semente non é unha árbore, pero pode chegar a selo. Unha pedra non o é, nin pode selo. Unha pedra non é unha estatua, pero pode chegar a selo. Unha semente non, e non pode chegar a selo.
  • 68. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. O MOVEMENTO Ser en acto significa realización, termo, ou cumprimento dun proceso. Por iso, o acto recibe tamén o nome de entelequia, que denota a fin dun proceso. Así, cando a semente crece temos unha árbore en acto. Cando o arquitecto produce un edificio dunhas pedras, este, unha vez finalizado, é xa un ser en acto.
  • 69. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. O MOVEMENTO Malia que o ser en potencia sexa temporalmente anterior ao ser en acto, o acto, por ser máis perfecto, ten prioridade conceptual. Ámbalas dúas nocións son correlativas: un ser está en potencia con respecto a un estado e en acto con respecto a outro. A realización destas potencialidades é o movemento.
  • 70. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. O MOVEMENTO Aristóteles define o movemento como o paso da potencia ao acto, é dicir, como a actualización ou realización das posibilidades ou capacidades que ten o ser.
  • 71. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. O MOVEMENTO Tódolos seres da natureza, por seren móbiles ou cambiantes, están compostos de acto e de potencia. Só a materia primeira, o ser máis imperfecto, é pura potencia. Só Deus, o ser máis perfecto, é acto puro sen potencia. Tódolos seres forman unha escala ascendente por graos de perfección desde a materia primeira ata Deus.
  • 72. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. Tipos de cambio Aristóteles distingue 4 tipos de cambio: 1. CAMBIOS SUSTANCIAIS 2. CAMBIOS CUALITATIVOS 3. CAMBIOS CUANTITATIVOS CAMBIOS 4. CAMBIOS LOCAIS ACCIDENTAIS
  • 73. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. Tipos de cambio O CAMBIO SUSTANCIAL corresponde á categoría da entidade ou ousía, e é aquel no cal se producen, ou ben se destrúen, entidades ou sustancias (xeración ou corrupción). O nacemento e a morte dos seres vivos ou a asimilación dos alimentos son exemplos de cambio sustancial.
  • 74. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. Tipos de cambio O CAMBIO CUALITATIVO é un cambio accidental (porque cambia un accidente ou propiedade secundaria dun ser). Prodúcese cando cambia o accidente calidade, por exemplo a cor ao madurar as uvas.
  • 75. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. Tipos de cambio O CAMBIO CUANTITATIVO é un cambio accidental no que cambia o accidente cantidade. Por exemplo, como medra 3 centímetros unha piña de uvas.
  • 76. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. Tipos de cambio O CAMBIO LOCATIVO é un cambio accidental, onde o ser cambia de lugar.
  • 77. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. Tipos de cambio Nos cambios accidentais (cualitativos, cuantitativos, locativos) non se xeran ou destrúen sustancias, senón que a sustancia afectada modifícase nas súas determinacións accidentais. Pois ben, só estes tres, soamente os cambios accidentais son movementos en senso estricto.
  • 78. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A composición das sustancias: hilemorfismo A teoría hilemórfica xurdiu dunha reflexión sobre o problema dos cambios substanciais ou entitativos, que son os máis importantes. A palabra hilemorfismo procede dos termos gregos hyle (materia) e morphé (forma). A teoría hilemórfica afirma que tódalas substancias ou cousas sensibles, sexan seres naturais ou artificiais, compóñense de dous principios: a materia e a forma.
  • 79. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A composición das sustancias: hilemorfismo A MATERIA é aquilo de que está feito unha cousa, os elementos que compoñen un determinado ser. Por exemplo a pedra nesta obra, a madeira nunha mesa,... A materia pode ser de dous tipos: segunda e primeira. Materia segunda é a que está ligada a unha forma determinada. A materia primeira é unha realidade metafísica, que se caracteriza por ser amorfa (non estar unida a unha forma), indeterminada e ser mera potencia.
  • 80. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A composición das sustancias: hilemorfismo A MATERIA PRIMEIRA pode ser tódalas cousas, pero non é ningunha en acto. É un substrato eterno e común a tódalas materias segundas, presuposto último dos cambios substanciais. É moi similar ao que os filósofos presocráticos chamaron arché, é dicir, o material do que está feito o mundo, unha especie de fondo orixinario e primixenio de onde todo sae e a onde todo volve.
  • 81. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A composición das sustancias: hilemorfismo A FORMA é aquel principio que fai que unha substancia sexa un determinado ser e non outro. Por iso a forma é o que propiamente dá o ser, e equivale á esencia (eidos) ou natureza (physis) de algo. A forma denota a estructura esencial ou as propiedades esenciais que definen un ser. Por exemplo,a pesar dos distintos materiais que teñen estas sillas, e de que unhas teñan patas e outras rodas, a forma nola permite recoñecer como tales, e non como mesas.
  • 82. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A composición das sustancias: hilemorfismo A FORMA é o principio que identifica a unha pluralidade de individuos dentro da mesma especie ou clase. A forma esencial (morphé ou eidos) da silla identifica a tódalas sillas individuais e a forma ou esencia humana (a alma ou psyché) a tódolos individuos humanos.
  • 83. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A composición das sustancias: hilemorfismo A materia é o principio de individuación, o que fai diferentes aos individuos dentro da mesma especie. A forma é o elemento universal que se corresponde coa idea platónica, pero agora non está separada, senón unida á materia en cada ser individual. O dualismo ontolóxico de Platón tansformouse no hilemorfismo de Aristóteles.
  • 84. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A composición das sustancias: hilemorfismo A forma intelixible está unida sempre á materia sensible, agás no caso da materia primeira, que é pura metria sen forma, e de Deus, que é forma pura sen materia.
  • 85. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A composición das sustancias: hilemorfismo Finalmente, o estaxirita correlaciona o par de conceptos potencia/acto co par materia/forma, de xeito que a materia equivale ao ser en potencia e a forma ao ser en acto. Logo, a afirmación de que os seres están compostos de materia e forma equivale á afirmación de que son compostos de potencia e acto, precisamente por tratarse de seres cambiantes e por tanto imperfectos.
  • 86. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A TEORÍA DAS CAUSAS Se a ciencia é un coñecemento por causas (aitía), será misión da ciencia física, que estudia os seres en canto móbiles, averiguar cales son as causas do cambio. Hai 4 CAUSAS (aitías): 1. CAUSA MATERIAL 2. CAUSA FORMAL 3. CAUSA EFICIENTE 4. CAUSA FINAL
  • 87. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A TEORÍA DAS CAUSAS 1. CAUSA MATERIAL: é a materia da que está feita a cousa. A pel no caso no sillón é a súa causa material.
  • 88. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A TEORÍA DAS CAUSAS 2. CAUSA FORMAL: é a forma ou esencia da que falamos na teoría hilemórfica. A esencia que fai que isto sexa un sillón.
  • 89. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A TEORÍA DAS CAUSAS 3. CAUSA EFICIENTE: é a que orixina o proceso ou movemento: o artesán é a causa do sillón, o pai é causa do fillo.
  • 90. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A TEORÍA DAS CAUSAS 4. CAUSA FINAL: é o fin (télos) ou o para que dunha producción. Sentarse no caso citado do sillón.
  • 91. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A TEORÍA DAS CAUSAS Nos seres arificiais distínguense as catro causas. Nos seres naturais só se identifican tres: a causa eficiente, a formal (nos seres vivos é a alma) e a final.
  • 92. 6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A TEORÍA DAS CAUSAS Aristóteles prioriza a causa final sobre o resto, de aí que se considere que a súa é unha interpretación teleolóxica ou finalista da natureza, fronte a concepción atomista na que primaba o azar.
  • 93. 6. A física 6.2 A COSMOLOXÍ A
  • 94. 6. A FÍSICA 6.2 A COSMOLOXÍA Aristóteles concibe o mundo como un conxunto de esferas concéntricas, que van desde a esfera da terra, que está en repouso no centro do sistema, á esfera das estrelas fixas na periferia. Dentro del distingue dúas rexións: a) o mundo infralunar, que é imperfecto, e b) o mundo supralunar, máis perfecto.
  • 95. 6. A FÍSICA 6.2 A COSMOLOXÍA 0 mundo infralunar é imperfecto porque nel danse a xeración e a corrupción. Os corpos desta rexión están compostos dos catro elementos, terra, auga, aire e lume, e están sometidos a movementos rectilíneos ascendentes ou descendentes. Os corpos compostos de terra e auga son pesados por natureza e tenden a baixar para residir na esfera que lle é propia, que é o seu lugar natural, mentres que os compostos de aire ou lume son lixeiros e tenden por natureza a subir para situase na súa esfera.
  • 96. 6. A FÍSICA 6.2 A COSMOLOXÍA 0 mundo supralunar vai desde a esfera da lúa á das estrelas fixas. É o mundo dos astros, que están formados por un quinto elemento, chamado éter. Aquí non hai xeración nin corrupción e os corpos celestes teñen un movemento circular, uniforme e, por tanto, perfecto. Os astros está suxeitos a esferas que son movidas por intelixencias motoras. O mecanismo das esferas é movido polo primeiro motor inmóbil, Deus como foco de atracción ou causa final de todo movemento. Esta imaxe dun mundo finito e xeocéntrico, dividido en dúas rexións diferentes, perdurará ata o Renacemento.
  • 97. 6. A física 6.3 A PSICOLOXÍA
  • 98. 6. A física 6.3 A Psicoloxía Aristóteles presenta a natureza xerarquicamente ordenada como unha escala ascendente que vai desde os seres inanimados aos seres animados e, dentro destes, das plantas aos animais e destes ao ser humano, que como ser racional sitúase no cumio dos seres vivos.
  • 99. 6. A física 6.3 A Psicoloxía A psicoloxía (tratado sobre a alma) aristotélica está en realidade integrada dentro da física e do que hoxe chamamos bioloxía, pois a alma (psyché) é o principio de vida que explica as actividades e movementos propios dos seres vivos. Se hai seres vivos é porque teñen alma.
  • 100. 6. A física 6.3 A Psicoloxía No seu tratado Sobre a alma, Aristóteles define a alma como a «entelequia primeira dun corpo natural que ten a vida en potencia, é dicir, dun corpo organizado». Se consideramos o ser vivo desde a teoría hilemórfica, o corpo identifícase coa materia e a alma coa forma. O corpo sóten a vida en potencia, sendo a alma o principio que pon a vida en acto.
  • 101. 6. A física 6.3 A Psicoloxía Aristóteles distingue tres tipos de almas coas respectivas funcións: a) a alma vexetativa, propia das plantas, que ten as funcións da nutrición, o crecemento e a reproducción; b) a alma sensitiva, propia dos animais, que asume as funcións do apetito, a sensación, a imaxinación, a memoria e a locomoción no espacio; c) a alma intelectiva ou racional, propia do ser humano, polas que este fala, pensa e razoa.
  • 102. 6. A física 6.3 A Psicoloxía Aristóteles aplica a súa teoría hilemórfica ao ser humano. Este, como toda substancia natural, consta de materia e forma. O corpo identifícase coa materia e co ser en potencia, e a alma coa forma ou esencia e co ser en acto. Contra o dualismo pitagórico e platónico, corpo e alma non son dúas substancias contrarias, senón dous elementos que constitúen unha única substancia.
  • 103. 6. A física 6.3 A Psicoloxía A alma racional contén as funcións anímicas inferiores, tanto as sensitivas como as vexetativas. Estas tres funcións anímicas son tres graos xerarquizados de desenvolvemento ascendente da vida humana, que acada a súa plenitude coa función racional.
  • 104. 6. A física 6.3 A Psicoloxía Entre corpo e alma hai unha unión esencial e natural, non meramente accidental, como afirmaba Platón. É a mesma unión que hai entre materia e forma ou entre potencia e acto. Por tanto a alma non é unha realidade separable do corpo. O intelixible non existe separado do sensible.
  • 105. 6. A física 6.3 A Psicoloxía Aristóteles explica o ser humano desde a perspectiva científica dun biólogo e renuncia aos elementos místico-relixiosos que Platón tomara dos pitagóricos. Nega, así, as teses platónicas da inmortalidade, da preexistencia e da reencarnación das almas. Se o individuo morre, é porque desaparece o seu principio vital e o corpo convértese nun ser inanimado, sen alma.
  • 106. 6. A física 6.3 A Psicoloxía De todos modos, na antropoloxía aristotélica quedan restos de platonismo, pois, despois de afirmar que a alma individual (psyché ou forma do corpo) é mortal, afirma que o chamado entendemento axente é separable do composto, inmortal e eterno. Como Aristóteles non aclarou esta cuestión, os intérpretes posteriores discutirán se se trata de algo propio de cada individuo ou de algo común a todos os seres humanos.
  • 107. 6. A física 6.4 o coñecemento e as ciencias
  • 108. 6. FÍSICA 6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS Aristóteles distingue, como Platón, dous tipos de coñecemento: O sensible, propio dos sentidos, e O intelectual, propio do entendemento. Pero o seu enfoque biolóxico lévao a valorar a experiencia sensible, que Platón desprezaba por influxo das matemáticas.
  • 109. 6. FÍSICA 6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS Entre o coñecemento sensible e o intelectual hai unha íntima unión, pois tamén aquí, como na ontoloxía e na antropoloxía, o intelixible non pode separarse do sensible.
  • 110. 6. FÍSICA 6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS O coñecemento sensible ten por obxecto as substancias individuais que captamos a través da sensación. Por exemplo, vexo esta mesa material. O coñecemento intelectual recae sobre o universal ou a esencia intelixible, inmaterial. Por exemplo, coñezo a mesa abstracta e universal, é dicir, a esencia de todas as mesas.
  • 111. ABSTRACCIÓN 6. FÍSICA 6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS O paso dos sentidos, que captan o Sentidos: sensacións individual, ao entendemento, que capta o (individuais) universal, dáse por medio dunha facultade intermedia chamada fantasía ou imaxinación, que ten por obxecto as imaxes das cousas antes percibidas. O coñecemento é un proceso que parte da Imaxinación: imaxe do percibido sensación, pasa pola imaxinación e remata no entendemento. Todo este proceso recibe o nome de abstracción, pois o entendemento actúa sobre as imaxes separando todo o que hai nelas de particular e concreto para formar o concepto universal e abstracto. Entendemento: concepto universal
  • 112. ABSTRACCIÓN 6. FÍSICA 6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS Coñecer a esencia dunha cousa Sentidos: sensacións sensible consiste en asimilar ou captar (individuais) de forma intencional, non a súa materia, senón a súa forma intelixible, o elemento universal que reside en cada substancia individual, é dicir, a forma Imaxinación: imaxe do percibido que é común para todos os individuos da mesma clase. De maneira análoga aos sentidos, que reciben as calidades sensibles sen a materia, como a cera recibe a impronta do selo sen o ferro, así o entendemento recibe a forma Entendemento: concepto intelixible. universal
  • 113. ABSTRACCIÓN 6. FÍSICA 6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS O coñecemento universal está Sentidos: sensacións potencialmente na (individuais) percepción individual. Aristóteles refuta a teoría platónica da reminiscencia e do innatismo das ideas, pois Imaxinación: imaxe do percibido a alma ao nacer é como unha «táboa rasa» na que nada hai escrito, e explica o proceso de coñecer como un paso da potencia ao acto. Entendemento: concepto universal
  • 114. ABSTRACCIÓN 6. FÍSICA 6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS Por iso distingue dous entendementos: a) o entendemento paciente que, en Sentidos: sensacións analoxía coa materia (receptáculo (individuais) universal das formas) é mera potencia de coñecer, e b) un principio en acto, o entendemento axente que, como a causa eficiente, pon os intelixibles en acto, abstraendo Imaxinación: imaxe do percibido as formas intelixibles a partir das imaxes. Aristóteles compárao coa luz, que na sensación fai visibles en acto as cores que sen luz son só visibles en potencia. Se para a visión das cores necesitamos a luz, tamén para a intelección necesitamos o entendemento axente. Entendemento: concepto universal Entendemento pacente e entendemento axente
  • 115. C 6. FÍSICA C I 6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS Ó No comezo da súa Metafísica afirma Aristóteles que «todos os seres N humanos desexan por natureza saber» e a continuación estudia os graos de saber ou niveis de coñecemento, que van, en sentido ascendente, desde o máis imperfecto ao máis perfecto: a experiencia ou saber empírico, a técnica ou saber técnico, a prudencia ou sabedoría práctica, a ciencia, a intuición intelectual e a sabedoría teórica.
  • 116. C 6. FÍSICA C I 6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS Ó A experiencia (empeiría) é un saber nacido do hábito, que aplica N regras pero sen dar razóns delas. A través da sensibilidade obtemos a experiencia ou coñecemento empírico, que se refire a cousas individuais e concretas. A través do entendemento obtemos coñecemento sobre o universal que hai nas cousas individuais. Este coñecemento pode ser práctico ou teórico.
  • 117. C 6. FÍSICA C I 6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS Ó Dentro do práctico dintínguense dous tipos: a) un saber técnico (téchne) ou «saber facer» N (regras ou destrezas técnicas), que se refire aos medios orientados á fabricación de artefactos útiles (unha cama, un barco) ou á producción de obxectos belos (obras de arte, como unha estatua ou un poema); b) un saber práctico chamado prudencia (phrónesis), que consiste en «saber actuar» ou saber obrar ben nas situacións relacionadas coa «vida boa», como son a moral ou a política. A prudencia implica deliberar sobre os fins en relación co a é continxente (sobre o necesario non cabe deliberación).
  • 118. C 6. FÍSICA C I 6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS Ó O coñecemento teórico abarca tres graos sucesivos de saber: N a) a ciencia (epistéme), que é un coñecemento do universal e necesario, baseado na demostración (usa o siloxismo) e na indagación das causas; b) o coñecemento intuitivo ou intuición (nous) dos principios xerais que dirixen as ciencias, que non son demostrables, senón intuíbles (principio de non contradicción, terceiro excluso, etc.); c) a sabedoría teórica (sophía), que inclúe os dous graos anteriores, é o grao máis elevado de saber e culmina na contemplación das entidades supremas que estudia a metafísica.
  • 119. C 6. FÍSICA C I 6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS Ó N Cando se converten en hábitos de conducta, os cinco últimos graos de saber dan lugar ás virtudes chamadas dianoéticas ou intelectuais, que Aristóteles estudia na Ética.
  • 120. C 6. FÍSICA C I 6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS Ó Aristóteles distingue tres clases de ciencias, que se correlacionan con tres tipos de actividades N humanas, ordenadas xerarquicamente da máis perfecta á máis imperfecta: a) As ciencias teóricas, relacionadas coa vida teorética (theoria), que teñen por obxecto a contemplación intelectual, o saber polo saber ou a busca da verdade. Comprenden, por orde xerárquica, a metafísica, a matemática e a física. A metafísica é a ciencia máis perfecta, porque estudia as realidades supremas, as entidades inmóbiles e separadas da materia: o ser en canto ser e Deus como ente supremo. A matemática, que estudia entidades inmóbiles pero non separadas da materia, a diferencia de Platón. A física estudia os entes móbiles unidos e materiais dentro da natureza.
  • 121. C 6. FÍSICA C I 6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS Ó b) As ciencias prácticas, ligadas á acción práctica (praxis), que está guiada pola N prudencia ou sabedoría práctica. Comprenden a política, a ética e a economía. A política estudia os principios relacionados coa convivencia xusta dentro da polis ou Estado. A ética, que é unha parte da política, trata sobre o ben, a vida boa ou feliz. A economía refírese ao ámbito doméstico e privado e ten por obxecto a administración da casa (oikós = casa).
  • 122. C 6. FÍSICA C I 6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS Ó c) As ciencias productivas, relacionadas N coa actividade técnica ou productiva (poiésis). Entre elas están a retórica e a poética. A retórica versa sobre a forma de persuadir a un auditorio mediante a arte da palabra. A poética versa sobre a producción estética de obras de arte, como traxedias, comedias, poesía, etc. Nesta clasificación non consta a lóxica, pois, é unha propedéutica, un instrumento metodolóxico para as demais ciencias.
  • 123. ARISTÓTELES (384-322) 7. Metafísica
  • 124. 7. METAFÍSICA Aristóteles nunca empregou a palabra metafísica. Esta denominación procede de Andrónico de Rodas (s. I a. C.), décimo director da escola aristotélica. Ordenando a biblioteca do Liceo, despois dos libros de física colocou os de metafísica, por tratar os asuntos que están máis alá do ámbito físico, é dicir, por estudiar as realidades metaempíricas ou supraempíricas. Os nomes que Aristóteles usou para referirse á metafísica foron os de filosofía primeira e ciencia teolóxica ou teoloxía.
  • 125. 7. METAFÍSICA Aristóteles considera a metafísica como ciencia suprema e defínea de diferentes maneiras: primeiramente di que «indaga as causas ou os primeiros principios», ou tamén que «indaga o ser en canto ser». Para referirnos a estes aspectos utilizamos hoxe a palabra ontoloxía (= tratado sobre o ser).
  • 126. 7. METAFÍSICA Posteriormente, defínea como a ciencia que «indaga a substancia», pois a pregunta polo ser redúcese á pregunta pola substancia. Finalmente, afirma que «indaga a Deus e a substancia suprasensible» ou substancia inmaterial. Deste xeito, a ontoloxía transfórmase en teoloxía. Para a concepción do ser e da substancia que trata a ontoloxía, remitímonos ao que dixemos antes sobre a teoría das categorías no apartado da lóxica. Convén recordar que lóxica e ontoloxía son inseparables en Aristóteles, pois o estudio do ser está ligado ao estudio da linguaxe.
  • 127. 7. METAFÍSICA O estudio do movemento na Física, conduciu a Aristóteles a afirmar a existencia de Deus como primeiro motor inmóbil. Se todo ser que se move é movido por outro e este por outro e así sucesivamente, haberá que concluír que debe existir unha substancia inmóbil, que mova a todos os seres sen ser ela movida. Para Aristóteles o movemento é eterno, o mesmo que o tempo, que é inseparable del.
  • 128. 7. METAFÍSICA Este Deus aristotélico é concibido como unha intelixencia que é forma pura sen materia e acto puro sen potencia, por iso é inmóbil ou inmutable. Deus é tamén a causa final dos movementos dos seres, é dicir, o foco de atracción dos seres inferiores. Os seres móvense para acadar a perfección, e Deus move os seres como causa final. Usando a metáfora da atracción erótica, Aristóteles afirma, de maneira antropomórfica, que Deus atrae os seres «como se fose amado» por eles. É dicir, todos os seres ansían a perfección divina, que é o repouso eterno.
  • 129. 7. METAFÍSICA Finalmente, Aristóteles pregúntase pola actividade propia desta substancia espiritual e responde que consiste na actividade inmaterial de pensar. E como Deus non pode pensar nada inferior a si mesmo, defíneo como «pensamento autopensante», pensamento que se pensa a si mesmo eternamente. Poderiamos dicir que este Deus goza dun autismo metafísico, pois a contemplación eterna de si mesmo dálle a máxima felicidade.
  • 130. 7. METAFÍSICA Este Deus é a explicación última do problema do cambio. A física aristotélica está vencellada á metafísica e ten o seu fundamento último na teoloxía. O Deus de Aristóteles, que ás veces aparece como trascendente e outras como inmanente ao mundo, ignora a existencia do mundo e está moi lonxe da imaxe cristiá dun Deus creador que planifica e coida do mundo. No horizonte da filosofía grega, a idea de creación é estraña e o mundo é tan eterno coma Deus.
  • 131. ARISTÓTELES (384-322) 8. Ética
  • 132. 8.ÉTICA En coherencia coa teleoloxía que domina na natureza en xeral, Aristóteles fai unha interpretación teleolóxica da natureza humana. O ser humano, como todo ser natural, obra por fins, e o fin último ou ben supremo é para el a felicidade, que se caracteriza por ser autosuficiente, é dicir, non é un medio para outro fin. Esta teoría recibe o nome de eudemonismo (eudaimonía = felicidade).
  • 133. 8.ÉTICA Certamente, o ser humano busca moitos fins, como o pracer, a riqueza, a fama, o saber, etc., pero todos estes fins non se buscan por si mesmos, senón como medios para acadar a felicidade. Este fin último consiste no pleno desenvolvemento da propia natureza e na actividade máis acorde conforme á esencia humana, que é a actividade do pensamento e da razón: «o ben, para o ser humano, consiste nunha actividade da alma acorde coa virtude e, en caso de pluralidade de virtudes, acorde coa máis excelente e perfecta delas».
  • 134. 8.ÉTICA A felicidade identifícase, pois, coa vida teorética (bíos theoretikós), coa actividade intelectual, que é a actividade esencial do ser humano, a que máis nos acerca á vida da divindade, que consiste, como vimos, no pensamento. Aristóteles, a diferencia do hedonismo de Epicuro, non identifica a felicidade co pracer. O pracer non é o ben, nin tampouco é un mal. O pracer é só un medio para a vida feliz pero non o fin da mesma.
  • 135. 8.ÉTICA A dedicación á vida teorética ou contemplación intelectual, propia do sabio ou do filósofo, require, sen embargo, certas condicións materiais, pois a vida anímica non se pode dar separada do corpo e das súas necesidades. Entre estas condicións, cita Aristóteles: a saúde corporal, unha longa vida, algunha riqueza ou bens externos, ocio e sobre todo liberdade.
  • 136. 8.ÉTICA Desta teoría elitista da felicidade quedan excluídos os escravos e cantos se dedican aos traballos corporais, manuais ou traballo doméstico, todos eles ligados á necesidade de sobrevivir. A liberdade e a vida dedicada ao ocio era privilexio dunha minoría. Aristóteles, como Platón, despreza o traballo material e as actividades técnicas como inferiores (nos sofistas hai, pola contra, unha valoración da técnica e do traballo corporal e manual).
  • 137. 8.ÉTICA Para conseguir a felicidade é necesaria a práctica das virtudes. Contra Sócrates e os estoicos, a felicidade non se identifica coa vida virtuosa. Tamén esta, como o pracer, é un medio e non un fin en si. A virtude non é unha capacidade innata (ninguén nace virtuoso), senón un hábito adquirido a través do exercicio e da práctica. Unha persoa faise xusta practicando moitos actos de xustiza.
  • 138. 8.ÉTICA A diferencia das paixóns, a virtude é unha disposición que presupón unha deliberación voluntaria, pola que podemos elixir libremente entre fins continxentes. Aristóteles oponse á tese intelectualista socrática de que ninguén elixe o mal se sabe o que é o ben, pois as paixóns inflúen na elección e na práctica do ben. Entre o coñecemento do ben e a práctica do mesmo non hai, pois, conexión necesaria, senón continxente.
  • 139. 8.ÉTICA A virtude defínese como o xusto medio (mesotés) entre dous extremos viciosos, un por defecto e outro por exceso. A virtude ten, pois, algo de equilibrio estético, moi típico da arte clásica grega. Por exemplo, a valentía ou fortaleza é un punto medio entre a covardía e a temeridade; a xenerosidade estaría entre os extremos da avaricia e a prodigalidade; a temperanza (autodominio) sería o punto medio entre a insensibilidade ascética e o desenfreo.
  • 140. 8.ÉTICA Pero este punto medio non se pode tomar en absoluto, senón en relación a nós, e tampouco significa mediocridade nin unha media matemática. Para calcular na práctica este xusto medio, Aristóteles propón seguir o modelo dun home prudente: obrar como o faría el seguindo a recta razón e tendo en conta as diversas circunstancias da acción.
  • 141. 8.ÉTICA Como o ser humano é ao mesmo tempo racional e irracional, Aristóteles distingue dous tipos de virtudes: as dianoéticas ou intelectuais (teóricas) e as éticas ou do carácter (prácticas). As primeiras relaciónanse coa vida teorética e son: a técnica (téchne), a prudencia ou sabedoría práctica (phrónesis), a ciencia (epistéme), a intuición (nous) e a sabedoría teórica (sophía). Nega así a confusión socrática entreprudencia e técnica (entre «saber actuar» e «saber facer» ) e a reducción do saber práctico a saber teórico.
  • 142. 8.ÉTICA Pero concorda con Sócrates e Platón afirmando que as virtudes dianoéticas son as máis importantes, pois pertencen á vida contemplativa, propia do sabio, e son a que dan a verdadeira felicidade. As virtudes éticas só proporcionan unha felicidade secundaria. Entre as virtudes éticas ou do carácter podemos citar: a fortaleza, a temperanza, a amizade, etc
  • 143. 8.ÉTICA Pero entre elas destaca pola súa importancia a xustiza, virtude social e política por antonomasia. Pero a xustiza, entendida como un hábito de proporción que busca o equilibrio (lémbrese a balanza como símbolo), é un termo que ten varios significados. Hai unha xustiza xenérica, a legal, que consiste na observancia das leis. Pero hai ademais tres tipos específicos de xustiza: a) a distributiva ou xeométrica, que consiste no reparto proporcional de bens de acordo cos méritos; b) b) a conmutativa ou aritmética, que se refire á igualdade nos intercambios comerciais e c) c) a retributiva ou reparadora, que é a que practica un xuíz tratando de reparar danos e delictos.
  • 144. 8.ÉTICA Finalmente, hai que sinalar que a ética aristotélica está intimamente relacionada coa política. Os individuos só poden lograr a felicidade dentro da comunidade política (polis) ou Estado. Non se trata dunha ética individualista no sentido moderno, senón social ou comunitarista, pois os individuos son só partes que están subordinadas ao todo social. O Estado é como un organismo no que o todo ten prioridade sobre as partes, pero ten un fin ético: promover a xustiza e facer felices os cidadáns.
  • 145. ARISTÓTELES (384-322) 9. Política
  • 146. 9. Política A filosofía política de Aristóteles renuncia á utopía idealista de Platón e céntrase, de forma moi realista, na análise empírica. Aristóteles non fai unha deducción a priori dun Estado ideal que non era deste mundo, senón que analiza de forma inductiva e realista as diversas constitucións a partir da experiencia das cidades gregas e da historia doutros pobos.
  • 147. 9. Política Adoptando unha vez máis un punto de vista teleolóxico, Aristóteles afirma que «o ser humano é por natureza un animal político» (zóon politikón), é dicir, que só dentro da polis ou Estado pode realizar plenamente a súa esencia. Quen pretenda vivir illado do Estado, ou ben é unha besta ou ben un Deus. A sociabilidade humana non é, pois, convencional ou producto dun pacto entre individuos, como sostiñan os sofistas, senón algo enraizado na natureza humana.
  • 148. 9. Política A natureza social do ser humano concorda coa súa natureza racional expresada a través da linguaxe. Que o ser humano é un animal racional (zóon logikón) significa non só que ten razón, senón palabra (logos significa simultaneamente razón e palabra) e sen a palabra non é posible a vida en comunidade. Os animais teñen voz (foné) e emiten sons, pero non palabras articuladas.
  • 149. 9. Política Máis alá da comunidade da familia, ligada á reproducción, e da comunidade da aldea, formada por varias familias para atender as necesidades materiais, o Estado- cidade é a comunidade perfecta, autosuficiente, que ten como fin o vivir ben, ou sexa conseguir unha vida feliz. Ética e política son inseparables. O Estado non só posibilita a vida moral, senón tamén a actividade intelectual, que é a máis acorde coa esencia humana.
  • 150. 9. Política O traballo manual, como o dos escravos, artesáns, comerciantes, agricultores ou o das mulleres no fogar, é degradante e impropio de homes libres. Por iso todos os traballadores manuais quedan excluidos da vida política e da cidadanía. A institución da escravitude ten para Aristóteles un fundamento natural, non social: uns son por natureza libres e outros escravos por natureza, non por causas sociais. «O escravo é un instrumento animado», propiedade do seu amo.
  • 151. 9. Política Aristóteles fai unha crítica ao ideal platónico, que aparecía na República, dun Estado convertido en sociedade perfecta. A proposta platónica de loitar contra o egoísmo abolindo a familia e a propiedade privada para a clase media e superior, vai contra a orde natural, pois tanto a familia como a propiedade derivan da natureza humana. O mellor remedio contra o egoísmo consiste nunha boa educación pública da cidadanía para exercer a virtude da xenerosidade.
  • 152. 9. Política Tamén abandona a visión aristocrática da sociedade platónica. Aristóteles pensa que a base máis sólida para unha comunidade é que o peso do poder recaia sobre unha clase media, que mire polo ben da comunidade, e que non teña ambicións por falta do básico para vivir, o que daría lugar a revolucións.
  • 153. 9. Política Seguindo unha clasificación xa anticipada por Platón en O Político, Aristóteles diferencia tres formas de goberno que son correctas ou lexítimas, por estar orientadas ao ben común e ao interese público, e tres formas desviadas, por orientarse só ao interese privado dos gobernantes. As formas correctas son a monarquía, a aristocracia e a democracia (politeia). Cal sexa a máis adecuada, depende de cada pobo e das condicións históricas. Aristóteles non propón, como Platón, un único modelo ideal e absoluto. Cada unha destas tres ten a correspondente forma desviada: a monarquía pode dexenerar en tiranía, a aristocracia en oligarquía e a democracia en demagoxia.
  • 154. 9. Política Aristóteles, como meteco de clase media e como filósofo que parte da experiencia e do posible, propugna unha ética e unha política feita a medida dos seres humanos, pero non de todos, xa que defende a orixe natural da escravitude e a inferioridade da muller con respecto ao home. No ámbito doméstico, ao contrario que no ámbito político, non rexe o principio da xustiza nin as relacións entre iguais. Na familia só se impón a autoridade do pai sobre a muller, os fillos e os escravos. Algúns sofistas criticaran, sen embargo, a escravitude en nome da igualdade, e o mesmo Platón avogaba na súa república ideal pola igualdade entre os sexos.
  • 155. A Filosofía despois de Aristóteles A filosofía helenística e o fin da filosofía clásica
  • 156. O HELENISMO A etapa helenística comprende o período que vai entre a morte de Alexandre Magno (323 a. C.) ata a incorporación de Exipto no Imperio Romano (30 a. C). Filosoficamente é a etapa final da Filosofía antiga, en contacto xa co mundo romano.
  • 157. O HELENISMO O helenismo foi o momento da grande expansión política e cultural da civilización grega polas terras de oriente e do Mediterráneo oriental. Alexandre Magno propuxérase a conquista do mundo grego e a súa expansión polo Imperio Persa.
  • 158. O HELENISMO Á súa morte houbo serias loitas entre os seus xenerais para conseguir a herdanza do imperio, que rematarán no reparto deste en tres estados: Macedonia, Siria e Exipto. Estes estados gobernáronse mediante monarquías absolutas, instauradas por dereito de conquista. Isto supuxo a ruptura da polis clásica e polo tanto das formas de organización social e política que viñeran funcionando nos últimos séculos, quedando incluida nun estado territorial maior.
  • 159. O HELENISMO Roma foi aproveitando o desmembramento do imperio de Alexandre e pouco a pouco foi facéndose forte en detrimento de Grecia, que foi anexionada no 197 a C. Os intereses dos romanos eran fundamentalmente prácticos e non especulativos como foran os dos gregos. A cultura helena empapou así o Imperio Romano nos tempos de Augusto, co cal o pensamento grego chegou a Roma.
  • 160. O HELENISMO Estes acontecementos históricos influíron de xeito decisivo na filosofía. A situación de inestabilidade primeiro, e posteriormente a perda da posibilidade dunha acción política directa como ocorrera nos tempos anteriores levou aos pensadores ao abandono das grandes visións sistemáticas anteriores (Platón, Aristóteles).
  • 161. O HELENISMO Na época clásica os cidadáns sentíanse protagonistas, membros do grande individuo que era a polis; só nela se podía conseguir a vida boa. Agora, os filósofos íllanse do mundo e da cidade centrándose principalmente na procura da liberdade e a felicidade persoal. O importante é o ser humano individual, mentres que a colectividade queda neste momento relegada a un segundo plano. Calquera outro coñecemento deberá subordinarse á esfera ética.
  • 162. O HELENISMO A situación case que estacionaria da filosofía contrasta co enorme desenvolvemento que teñen as ciencias nesta época (xeografía, historia, filoloxía, medicina, matemáticas, astronomía, etc.). Atenas continuará sendo o centro filosófico, mentres que a verdadeira capital cultural do mundo helenístico pasará a Alexandría. O seu museo e a súa biblioteca constituíron a máis grandiosa reunión do saber antigo ata que César ordena a súa queima no ano 47 a. C. na campaña en Exipto.
  • 163. O HELENISMO As escolas de Platón e Aristóteles continuaron neste período a liña dos seus mestres con poucas achegas novas. A Academia perdurou no tempo ata o 529 d. C. e as ideas platónicas sufriron distintas modificacións buscando a harmonía coas novas formas de pensar. Pola súa banda, á morte de Aristóteles, Teofrasto fíxose cargo do Liceo, continuando a tendencia empirista da escola. As principais formulacións filosóficas do momento virán da man do epicureísmo, o estoicismo e o escepticismo.
  • 164. O EPICUREÍSMO O iniciador desta escola foi Epicuro de Samos (341-270 a.C.), que no 306 a C. funda o Xardín, onde acolle aos seus discípulos e amigos na procura dun ideal de vida: a felicidade, que se consegue logrando a paz mental ou tranquilidade de ánimo (ataraxia). O maior transmisor da doutrina epicúrea será o romano Lucrecio na súa obra De rerum natura.
  • 165. O EPICUREÍSMO Como o obxectivo é a consecución da felicidade, a ética converterase na disciplina fundamental da filosofía. Os epicúreos defenden unha ética hedonista, partindo da idea de que todos os individuos buscan o pracer e tentan evitar a dor. E como hai praceres contrapostos, a cuestión consiste en calcular cal é a máxima cantidade de praceres compatibles.
  • 166. O EPICUREÍSMO Este cálculo desenvólvese como unha economía do pracer, de xeito que o máximo pracer se consegue moderando os impulsos pracenteiros, renunciando a algún deles para acadar outros maiores. Para iso, deben levar á práctica os seus desexos.
  • 167. O EPICUREÍSMO Existen desexos naturais, como a necesidade de comer para calmar a fame, pero algúns individuos abandónanse á procura de praceres que non son tan necesarios: a busca de riquezas, a ansia de gloria... A consecución destes desexos non proporciona a anhelada felicidade, pois non levan á tranquilidade do corpo nin da mente. A moderación e o autodominio deben guiar a elección dos praceres, pois só así conseguiremos a paz interior.
  • 168. O EPICUREÍSMO Para completar os asuntos éticos, os epicúreos botan man da física, pois só coñecendo a natureza poden esvaerse os temores que afectan a vida e impiden lograr a ataraxia. Epicuro acepta a física atomista para explicar a natureza. Existen átomos que se moven no baleiro e que caen polo seu peso verticalmente. Ás veces, e dun xeito imprevisto, os átomos desvíanse (clinamen) e chocan uns con outros formando corpos. Como consecuencia, non debemos temer ao destino, pois todo na natureza é puro azar.
  • 169. O EPICUREÍSMO Tampouco ten sentido temer aos Deuses, pois eles non se entremeten en ningún asunto humano ou natural. Epicuro enfróntase así á relixión tradicional grega. Os deuses existen pero viven nunha total felicidade, co cal non necesitan ocuparse das cousas do mundo.
  • 170. O EPICUREÍSMO A física demostra tamén que é absurdo terlle medo á morte. Como todos os seres, a alma está composta de átomos materiais e polo tanto é mortal. Non existe nada logo da morte e, de feito, nese momento, tampouco existiremos nós: cando a morte estea, nós xa non estaremos, e se nós estamos, ela aínda non. Tampouco hai que temer a dor, porque aínda que non se poida evitar, é fácil de soportar. Co cal nada hai que temer.
  • 171. O EPICUREÍSMO A filosofía complétase coa canónica (lóxica), que nos permite comprobar que o noso coñecemento é seguro, xa que se ocupa de atopar un criterio de verdade. Epicuro atópao nas sensacións: os datos que nos ofrecen os sentidos son sempre verdadeiros e o erro só pode aparecer nos xuízos que facemos a partir dos datos sensibles.
  • 172. O ESTOICISMO O estoicismo nace nos pórticos de Atenas (na Stoa) da man de Zenón de Citio (335-263 a.C.). A escola pasou por varias etapas e acadou o seu máximo esplendor no ámbito romano. Froito da época na que nace, o obxectivo do individuo estoico é a consecución da felicidade. Os estoicos recollen o intelectualismo moral socrático- platónico e identifican virtude e sabedoría. A virtude é o único ben e o vicio o mal. Só o sabio pode ser virtuoso, lograr o dominio das súas paixóns e vivir conforme á natureza e á razón. Isto implica amosarse indiferente ás emocións (apatía) para salvagardar a propia vida.
  • 173. O ESTOICISMO A ética estoica atopa a súa xustificación na física. Os estoicos afirman que o mundo é un grande organismo con vida, dotado dun principio racional que é razón seminal de todo o que existe e que rexe o mundo. Este principio, semellante ao lume de Heráclito, é o pneuma. Nun período de 300 séculos todo se disolve e todo se rexenera no lume divino. Este ciclo cósmico é o ciclo do eterno retorno, e polo tanto, o Universo está sometido ás leis da necesidade. Isto é o que coñece o sabio, que se recoñece impotente para modificar o transcurso dos acontecementos.
  • 174. O ESTOICISMO . Para salvarse, os individuos -o sabio- deben actuar en conformidade coa orde necesaria do mundo. Por iso o estoico propugna cumprir co deber, ou sexa, levar a cabo aquelas accións que a razón amosa como conformes á natureza. A alma humana é inmortal, pois é un anaco desprendido do pneuma universal e por iso a razón pode coñecer a estructura do universo.
  • 175. O ESTOICISMO Os estoicos son os creadores da lóxica proposicional. A lóxica estoica dividíase en retórica e dialéctica, e ocupábase do coñecemento e o recto argumentar. Para os estoicos as impresións sensibles non poden constituír o criterio de verdade, pois o coñecemento existe cando rexeitamos ou aceptamos esas sensacións logo da meditación. O criterio de verdade está no asentimento consciente da razón ao recoñecer a relación entre as imaxes mentais creadas a partir da sensación e os obxectos fóra de nós.
  • 176. O ESTOICISMO O estoicismo en Roma continúa coa busca da vida boa, con Séneca (4 a. C.- 65 d. C.), Epícteto (50-125 d. C.) e Marco Aurelio (121- 180 d. C.) como figuras principais. Acentúase o sentido cosmopolita que xa aparecía no mundo grego, ao sentir que existe un vínculo entre todos os seres humanos. Ocuparanse tamén de cuestións teolóxicas, co que influirán no cristianismo.
  • 177. O ESCÉPTICISMO 0 escepticismo nace como doutrina elaborada con Pirrón de Elis (365-275 a.C.) foi continuado polos últimos seguidores da Academia platónica, Arcesilao e Carnéades, e no mundo romano foi defendido por Sexto Empírico fundamentalmente. Aparece cun tinte moral, aínda que pronto se estenderá ao ámbito do coñecemento. Os escépticos atacaron todo tipo de dogmatismo, especialmente o dogmatismo especulativo dos estoicos.
  • 178. O ESCÉPTICISMO O escepticismo parte da idea de que non podemos coñecer a realidade. Esta actitude é a consecuencia que se desprende do decurso da Academia á morte de Platón. O mundo das ideas xa non ten valor, e só queda o mundo sensible. Como é unha realidade cambiante, só podemos atopar nel un coñecemento particular e subxectivo. De feito Platón necesitara do mundo das ideas para cimentar un coñecemento universal e necesario. Caído este mundo, derrúbase tamén a posibilidade de epistéme.
  • 179. O ESCÉPTICISMO O sabio escéptico ve imposible expresar a verdade (afasia) e debe suspender os seus xuízos (epojé) sobre o mundo. Isto que vale para o coñecemento teórico é imposible na vida cotiá, onde debemos decidir continuamente que facer. Así, os valores éticos recoñécense como individuais e subxectivos pero son necesarios pan vivir en paz.
  • 180. O FINAL DA FILOSOFÍA ANTIGA En sentido estricto, a filosofía antiga remata co peche da Academia no 529 d C., co emperador Xustiniano, o que supón a implantación definitiva do cristianismo e o pensamento cristián. Mais xa desde había varios séculos a filosofía grega pasara ao mundo romano e o cristianismo convivía co pensamento racional. Esta convivencia supuxo o encontro das tradicións helénicas e xudías no mundo romano, o que impulsou unha revalorización das filosofías pitagóricas e platónicas, cercana ás concepcións místicas.
  • 181. O FINAL DA FILOSOFÍA ANTIGA No século III a. C. fúndase a Escola de Alexandría, que pretende traducir o Antigo Testamento ao grego. Dous séculos máis tarde, Filón de Alexandría tenta establecer unha síntese entre o platonismo, o estoicismo e a fe xudía.
  • 182. O FINAL DA FILOSOFÍA ANTIGA No ámbito máis estrictamente filosófico cómpre destacar para rematar a filosofía antiga, o rexurdimento que no século III d. C. terá o platonismo. Ammonio Sakka funda o neoplatonismo, que acadará o seu esplendor con Plotino. Este afirma que Un trascende a natureza, e a partir del, por medio dun proceso de emanación, derívase toda a realidade en tres niveis: cando o Un reflexiona sobre si mesmo xera intelecto; deste emana a alma do mundo e dela o mundo corpóreo. O ser humano practicando o ben e buscando a verdade pode fundirse no Un co goce do éxtase.
  • 183. ARISTÓTELES (384-322) 6. Textos
  • 184. 6. Textos: comentario de texto obrigatorio 3º comentario de texto obrigatorio: “Entón, o ceo e a natureza depende dun principio de tal natureza. E esa vida que tamén para nós é a máis excelente, pero que só nos é concedida por breve tempo, el vívea sempre, pois para el, a súa actividade é tamén gozo. O acto intelectual, que é por si mesmo, ten por obxecto o óptimo por si mesmo; o intelecto pénsase a si mesmo trocándose en intelixible, pois se fai intelixible no contacto e na intelixencia de si mesmo, por iso se identifican o intelecto e o intelixible […]. por iso, a actividade máis doce e máis excelente é a contemplación. E como o acto de comprender é vida, e el é acto, así, o acto puro Por si mesmo é óptima e eterna vida del. Por iso, dicimos que Deus é vivente, eterno, óptimo. Pois isto é Deus. Pero é evidente, tamén, que é impasible e inalterable.” ARISTÓTELES: Metafísica, XII, 9, pp. 1074-5.
  • 185. 6. Textos OS PRECEDENTES DA TEORÍA DAS CAUSAS “Estes [os filósofos anteriores], por conseguinte, só tocaron esta causa [la causa material]; e outros, aquela de onde procede o principio do movemento [a causa eficiente] (por exemplo, os que poñen como principio a Amizade e o Odio ou o Entendemento ou o Amor). Pero a esencia e a substancia [causa formal] ninguén as enunciou claramente, sendo os que máis se aproximan os partidarios das Especies (pois nin consideran as Especies como materia para as cousas sensibles nin o Un como materia para as Especies, nin o principio do movemento como procedente delas - pois din que máis ben son causas de inmobilidade e de quietude-, senón que aducen as Especies como a esencia de cada unha das demáis cousas, e o Un, como a esencia das Especies). E aquelo a causa do cal se realizan as accións e os cambios e os movementos [causa final], o chaman en certo modo causa, pero non o chaman expresamente causa nin din que sexa causa no sentido en que por natureza o é. En efecto, os que mencionan o Entendemento ou a Amizade, presentan como un ben estas causas, pero non din que algún dos entes sexa ou se faga a causa delas, senón que delas proceden os movementos. E, así mesmo, tamén os que afirman que o Un ou o Ente son tal natureza, aseguran que son causa da substancia, pero non que a causa deles sexa ou se faga; de sorte que, en certo modo, ocúrrelles que din e non din que o Ben é causa; pois non o din en sentido absoluto, senón accidental. ARISTÓTELES, Metafísica, I 7, 988 a - 988 b
  • 186. 6. Textos O PRIMEIRO MOTOR INMÓBIL:DEUS Hai tamén algo que move eternamente, e como hai tres clases de seres, o que é movido, o que move, e o termo medio entre o que é movido e o que move, é un ser que move sen ser movido, ser eterno, esencia pura, e actualidade pura. Velaí cómo move. O desexable e o intelixible moven sen ser movidos, e o primeiro desexable é idéntico ao primeiro intelixible. Porque o obxecto do desexo é o que parece belo, e o obxecto primeiro da vontade é o que é belo. Nós desexamos unha cousa porque parécenos boa, e non nos parece tal porque a desexamos: o principio aquí é o pensamento. Agora ben; o pensamento é posto en movemento polo intelixible, e a orden do desexable é intelixible en si e por si; e nesta orde a esencia ocupa o primeiro lugar; e entre as esencias, a primeira é a esencia simple e actual. Pero o un e o simple non son a mesma cousa: o un designa unha medida común a moitos seres; o simple é unha propiedade do mesmo ser.
  • 187. 6. Textos O PRIMEIRO MOTOR INMÓBIL: DEUS De esta maneira o belo en si e o desexable en si entran ambos na orde do intelixible; e o que é primeiro é sempre excelente, xa absolutamente, xa relativamente. A verdadeira causa final reside nos seres inmóbiles, como o mostra a distinción establecida entre as causas finais, porque hai a causa absoluta e a que non é absoluta. O ser inmóbil move con obxecto do amor, e o que el move imprime o movemento a todo o demáis. Logo en todo ser que se move hai posibilidade de cambio. Se o movemento de traslación é o primeiro movemento, e este movemento existe en acto, o ser que é movido pode mudar, se no en canto á esencia, polo menos en canto ao lugar. Pero desde o momento en que hai un ser que move, permanecendo él inmóbil, aínda cando exista en acto, este ser non é susceptible de ningún cambio. En efecto, o cambio primeiro é o movemento de traslación, e o primeiro dos movementos de traslación é o movemento circular. O ser que imprime este movemento é o motor inmóbil. O motor inmóbil é, pois, un ser necesario, e en tanto que necesario, é o ben, e por conseguinte un principio, porque hai varias acepcións da palabra necesario: hai a necesidade violenta, a que coarta a nosa inclinación natural; despois a necesidade, que é a condición do ben; e por último o necesario, que é o que é absolutamente de tal maneira e non é susceptible de ser doutra.
  • 188. 6. Textos O PRIMEIRO MOTOR INMÓBIL:DEUS (...) É evidente, conforme co que acabamos de dicir, que hai unha esencia eterna, inmóbil e distinta dos obxectos sensibles. Queda demostrado igualmente que esta esencia non pode ter ningunha extensión, que non ten partes e é indivisible. Ela move, en efecto, durante un tempo infinito. E nada que sexa finito pode ter unha potencia infinita. Toda extensión é finita ou infinita; por conseguinte, esta esencia non pode ter unha extensión finita; e por outra parte, non ten unha extensión infinita, porque non hai absolutamente extensión infinita. Ademáis, finalmente, ela non admite modificación nin alteración, porque tódolos movementos son posteriores ao movemento no espacio. Aristóteles, Metafísica, Libro Duodécimo, VII
  • 189. 6. Textos As formas de goberno: (Política, III 5, 1279 a-b) "Posto que réxime e goberno significan o mesmo, e goberno é o elemento soberano das cidades, necesariamente será soberano ou un só, ou poucos, ou a maioría; cando o un ou a minoría ou a maioría gobernan atendendo ao interese común, eses reximenes serán necesariamente rectos; pero os que exercen o mando atendendo ao interese particular do un ou da minoría ou da masa son desviacións; porque, ou non se debe chamar cidadáns aos que participan no goberno, ou deben participar nas ventaxas da comunidade. Dos gobernos unipersonais solemos chamar monarquía á que mira ao interese común; aristocracia ao goberno duns poucos, pero máis dun, ben porque gobernan os mellores, ou ben porque se propón o mellor para a cidade e para os que pertencen a ela. Cando a maior parte é a que goberna atendendo ao interese común recibe o nome común a tódolos rexímenes: república. E é así con razón, pois un só ou uns poucos poden distinguirse pola súa excelencia; pero un número maior é xa difícil que alcance a perfección en toda clase de virtude, pero pode destacar especialmente na virtude guerreira, pois ista dase na masa. Por elo precisamente neste réxime a clase combatente ten o poder supremo e participan nel os que posúen as armas. As desviacións dos réximes mencionados son: a tiranía da monarquía, a oligarquía da aristocracia e a democracia da república. A tiranía é unha monarquía que atende ao interese do monarca, a oligarquía ao interese dos ricos e a democracia ao interese dos pobres; pero ningún deles atende ao proveito da comunidade“.
  • 190. ARISTÓTELES (384-322) 7. Glosario
  • 191. 7. Glosario Accidentes O que lle corresponde a algo continxentemente por non estar comprendido na súa esencia, aquelo que lle pertence a un ser de tal xeito que o pode perder sen chegar a aniquilarse.
  • 192. 7. Glosario Acto O ser actual, a realidade do ser. Acto Puro Deus.
  • 193. 7. Glosario Alma Principio de vida nos seres vivos. Alma Intelectiva Parte máis elevada da alma humana. Alma Sensitiva Presente nos animais e os homes, a alma sensitiva permite o coñecemento inferior ou sensible (a percepción), o apetito inferior (o desexos e apetitos que teñen que ver co corpo como o desexo sexua ou as gañas de comer) e movemento local. Alma Vexetativa Presente nas prantas, os animais e os homes, permite as actividades vitais máis básicas como a reproducción, o crecemento e a nutrición.
  • 194. 7. Glosario Causa Factor ou principio do que depende unha cousa. Ciencia En grego “epistéme”. É o saber das relacións necesarias existentes entre as cousas. A diferencia do Noûs, é un saber discursivo ou demostrativo.
  • 195. 7. Glosario Entendemento Axente Ou intelecto axente. Parte da alma grazas á cal é posible alcanzar a ciencia. Esencia O que teñen os seres concretos de estable e intelixible; a natureza ou rasgos que fan de algo o que é e non outra cousa.
  • 196. 7. Glosario Eudemonismo Enténdese por "eudemonismo" toda teoría ética que identifica a felicidade co Sumo Ben. Forma Conxunto de rasgos característicos dun obxecto.
  • 197. 7. Glosario Materia A realidade da que está feita uhna cousa. Materia Prima o primeira Ou materia primeira. Materia sen forma algunha. Non é perceptible polos sentidos e é o substrato último do cambio sustancial. Materia Segunda Materia con forma determinada (por exemplo, o mármore dunha estatua de mármore).
  • 198. 7. Glosario Movemento Calquera tipo de cambio ou modificación que poda sufrir unha sustancia. Potencia Poder para exercer unha transformación nun obxecto ou disposición para poder chegar a ser algo.
  • 199. 7. Glosario Primeiro Motor Deus Substancia Ou sustancia. O ser independente do cal se predican os atributos. Substancias Primeiras As sustancias primeiras son os suxeitos individuais, suxeitos compostos de materia e forma. Substancias Segundas Ou os xéneros e as especies.
  • 200. 7. Glosario Teleoloxía Doutrina que considera indispensable para a comprensión da realidade a referencia aos fins ou motivos polos que ocurre algo. Teoría Hilemórfica Teoría aristotélica segundo a cal tódolos seres sensibles ou perceptibles (tanto os naturais como os artificiais) compóñense de materia (hylé) e forma (morphé). Virtude Hábito selectivo que consiste nun termo medio relativo a nós, determinado pola razón e por aquela pola cal decidiría o home prudente. En latín “virtus”, en grego “areté”. Para Aristóteles a virtude é unha "excelencia engadida a algo como perfección".
  • 201. ARISTÓTELES (384-322) 8. Bibliografía
  • 202. 8. Bibliografía Bibliografía de Aristóteles recomendada: -Aristóteles, Ética nicomaquea, Editorial Gredos, Madrid, 2003. -Aristóteles, Política, Editorial Gredos, Madrid, 1995.
  • 203. 8. Bibliografía Bibliografía secundaria recomendada: -Montoya, J.; Conill, J., Aristóteles: Sabiduría y Felicidad, Ediciones Pedagógicas, Madrid, 1985. -Soto, Luis G., Aristóteles, Baía edicións, A Coruña, 2003.
  • 204. ARISTÓTELES (384-322) 9. Páxinas web recomendadas
  • 205. 9. Páxinas web recomendadas Para ampliar información sobre Aristóteles, e realizar exercicios, test e cazatesoros: http://gl.wikipedia.org/wiki/Arist%C3%B3teles http://www.e-torredebabel.com/Historia-de-la- filosofia/Filosofiagriega/Aristoteles/Principal- Aristoteles.htm http://www.cibernous.com/autores/aristoteles/ http://www.webdianoia.com/aristoteles/aristoteles.ht m http://recursos.cnice.mec.es/filosofia/f2ruta1.php?id_r uta=17&id_etapa=101&id_autor=2 http://www.boulesis.com/
  • 206. ARISTÓTELES (384-322) 10. Exames de selectividade
  • 207. 10. Exames de selectividade
  • 208. 10. Exames de selectividade
  • 209. 10. Exames de selectividade
  • 210. 10. Exames de selectividade
  • 211. ARISTÓTELES (384-322) 11. Recursos audiovisuais
  • 212. 11. Recursos audiovisuais Título: Alejandro Magno. Dirixida por Oliver Stone, 2004.