Your SlideShare is downloading. ×
Ecosistemas galegos
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×

Introducing the official SlideShare app

Stunning, full-screen experience for iPhone and Android

Text the download link to your phone

Standard text messaging rates apply

Ecosistemas galegos

10,876
views

Published on

Power point interesante sobre distintos ecosistemas galegos tanto naturais como antrópicoscon magníficas fotografías e debuxos feito por Adela Leiro e Mon Daporta

Power point interesante sobre distintos ecosistemas galegos tanto naturais como antrópicoscon magníficas fotografías e debuxos feito por Adela Leiro e Mon Daporta

Published in: Technology

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
10,876
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
13
Actions
Shares
0
Downloads
40
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

Report content
Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
No notes for slide

Transcript

  • 1. o medio natural OS ECOS ISTEMAS GALEGOS
  • 2. En Galiza podemos atopar ecosistemas moi diferentes e variados, como o son a súa xeografía e o seu clima. Devesa da Rogueira, no Courel. Illas Sisargas, na Costa da Morte.
  • 3. Climas de Galicia Galicia, pola súa situación ten clima oceánico suavizado, nas zonas próximas á costa, pola corrente do Golfo. O accidentado do seu relevo e a orientación do terreo fan que o clima non sexa uniforme, senón que presente unha gran variedade de zonas diferenciadas.
  • 4. Esta diversidade de ambientes está ocupada polas especies vexetais correpondentes á zona de converxencia entre as especies atlánticas e mediterráneas polo que as de ámbalas dúas zonas aparecen constantemente mesturadas. Se a esto lle engadimos a diferente composición dos solos e as transformacións producidas, dende a prehistoria, pola intervención humana atopámonos con multitude de espazos variados con características diferenciadas nos que é posible distinguir múltiples ecosistemas.
  • 5. ECOSISTEMAS GALEGOS -muros, paredes, valados -tellados -encoros -estanques Construcións Sebes, beirais Parques e xardíns Terrestres: -forestais; souto, piñeiral, eucaliptal... -cereais: millo, centeo, trigo, prados... -viñedos -horta: nabos, patacas, leitugas, tomates, cebolas... -invernadoiros... Acuáticos: -parques de cultivo -bateas Cultivos ANTRÓPICOS creados ou influídos pola actividade humana. -gándaras -brañas -turbeiras -esteiros -marismas Mixtos -lagoas -ríos -Mar: océano, costa (areosa, rochosa) Acuáticos -bosques: mixtos: carballeira, reboleira, bidueiral, acibeiral, bosque de ribeira -matogueira -montaña Terrestres NATURAIS
  • 6. É o tipo de bosque que lle corresponde pola súa situación. Formado por árbores de folla ancha e caediza e un abundante e variado sotobosque de especies trepadoras, herbas e plantas que florecen antes da saída das follas das árbores, fungos, brións e liques. Acollen aos animais máis grandes da fauna galega. As fragas son os bosques naturais e maior diversidade. BOSQUE CADUCIFOLIO
  • 7. As fragas son fragmentos dos bosques antigos orixinais que chegaron aos nosos días cun grao de naturalidade máis ou menos importante.
  • 8. Biduídos. Bosques de bidueiras, formacións asociadas ás zonas húmidas de altitude media.
  • 9. Carballeiras. Bosques de carballos cun aproveitamento silvo-pastoral. Presentan un grao de naturalidade inferior ás fragas.
  • 10. Os faiales galegos son pequenas masas forestais asociados aos terreos calcários. Os máis importantes atópanse en Ancares, O Courel e Serra de Meira..
  • 11. Acibeiral en Ancares. O acivro é unha árbore común no sotobosque que forma pequenas masas moi pechadas e escuras nas montañas de Ancares e o Courel.
  • 12. Acivro (Ilex aquifolium) Carballo ( Quercus robur ). As súas follas son inconfundibles coa súa beira lobulada. Os seus froitos (landras) sérvenlle de alimento a moitos animais do bosque. As árbores vivas e mortas alimentan aos fungos que producen cogomelos para dispersar as súas esporas. Aproveitando a humidade e buscando a luz os brións e os liques desenvólvense nas ponlas das árbores.
  • 13. Xilbarbeira (Ruscus aculeatus) , unha curiosa planta que vive ao abrigo das grandes árbores. As láminas que semellan follas son en realidade talos aplanados. Cabrifollo, unha planta trepadoras.
  • 14. O leirón (Glis glis) aliméntase dos froitos do bosque e aproveita os furados das árbores para agocharse e hibernar. Gato bravo ( Felix silvestris) Bacalouras e véporas
  • 15. A pita do monte (Tetrao urogallus) está en perigo de extinción, pero aínda sobrevive nalgúns lugares dos Ancares. Gabeador (Certhia ...). Gabea polos toros das árbores buscando alimento nas súas rendixas. Ferreiro abelleiro (Pharus major), un paxaro insectivoro.
  • 16. REBOLEIRAS BOSQUE MEDITERRÁNEO Atópanse na zona suroriental, máis seca. A especie máis abundante é o rebolo, unha especie de carballo propia do clima seco, con algunhas sobreiras e aciñeiras e sotobosque de erbedos e carrascas. FLORA: rebolo, érbedo, aciñeira, esteva, cantroxo, orquídeas... FAUNA: lobo, xabarín, raposo, porco teixo, donicela, gato algario, gabeador, petos, ferreiriño, insectos, arañas...
  • 17. Aciñeira (Quercus ilex).
  • 18. Rebolo (Quercus pubescens) Érbedo (Arbutus unedo) .
  • 19. Orquídea (Orchis italica) Esteva (Cistus ladanifer) . Cantroxo, arzaia (Lavandula stoechas).
  • 20. Escarabello aceiteiro (Meloe majalis) . Bolboreta (Charases jasius).
  • 21. Pequenas superficies arboradas que acompañan o percorrido dos ríos, sobre todo nos lugares de dificil acceso. Teñen gran importancia ecolóxica: serven de proteción e depuración aos ríos e de corredores para a fauna. Acollen especies vexetais e animais de gran interese, algunha protexidas. BOSQUE DE RIBEIRA
  • 22. FLORA: Amieira, salgueiros, freixo, avelaira, sabugueiro, carballo, herba salgueira, silveira, herba dos pobres, lúpulo, pe de boi, anxélica, narcisos, cáncaros, violetas, fentos, brións, liques, fungos... Amieira (Alnus glutinosa) . A árbore de máis talla das ribeiras do río.
  • 23. Dentabrú ( Osmunda regalis ). O fento máis grande da beira do río. Cabriña ( Davalia canariensis ). Fento femia ( Athyrium filis-femina).
  • 24. Os brións atópanse por todas partes: sobre as pedras, nos toros das árbores, no solo… Pé de boi ( Oenanthe crocata ) Hepáticas Violeta ( Viola palustris )
  • 25. FAUNA: Merlo rieiro, lavandeiras, ferreiriño subeliño, saramaganta, ra, pintafontes, cabalos do demo, escarabellos, moscas, típulas, mosquitos, lesmas, caracois, cárabos... O merlo rieiro (Cinclus cinclus) métese debaixo da auga para cazar as larvas de insectos e outros animais que viven nos ríos de augas limpas. Lavandeira branca (Motacilla alba). Todas as lavandeiras percorren as beiras dos ríos e demais zonas húmidas pillando nelas pequenos insectos.
  • 26. Caracol ( Elona quinperiana ) Saramaganta galega ( Chioglosa lusitanica ) Lesmas
  • 27. Os cabalos do demo son comúns á beira da auga na que poñen os ovos e se desenvolven as larvas. Efémera
  • 28. MONTAÑAS A pesar de que non acadan grandes cotas, os curutos das máis elevadas están cubertos de prados e especies arbustivas de desenvolvemento moi escaso (queirugas, uces) entre as que viven papuxas e outros pequenos paxaros. Pena Trevinca. O monte máis alto de Galicia.
  • 29. Pradeira de montaña. Os Ancares.
  • 30. FLORA: Xenebreiro, sempreviva, gramíneas, xuncos, breixo, dente de can, uvas de lagarto, campaíñas, lirios, xensás... Xensá ( Gentiana luttea ), florece no verán nos prados de montaña situados por enriba dos 1.000 m. Campaíñas ( Campanula herminii )
  • 31. FAUNA: Cabra fera, corzo, lobo, águia, voutre, choia, laverca, cotovía, merlo rubio, víbora, escarabellos... As bolboretas son algo que nunca falta nas pradeiras floridas da montaña. Choias ( Pyrrhocorax pyrrhocorax ). Córvidos que aniñan en fendas dos penedos nas montañas máis altas.
  • 32. MATOGUEIRA-MONTE BAIXO Son a formación vexetal máis abundante en Galicia. Ocupan máis do 30% do territorio, a maior parte dos terreos incultos e as partes máis altas das montañas. Teñen distinta constitución segundo a zona.
  • 33. FLORA: Piornos (só nas altas), toxos (só nas baixas), uces, carqueixas, xestas, breixos, queirugas, abrodias, arandeiras... O toxo (Ulex...) é a planta máis común nas zonas baixas. Todos os toxos son arbustos espiñentos comúns en Galicia. Foron moi usados sobre todo para estrar as cortes do gando de onde se sacaba máis tarde para abonar as leiras.
  • 34. Carqueixa (Ptrospartinum tridentatum). Vive en terreos pobres e soleados. Xesta ( Cytisus striatus ). Breixo ( Erica cinerea ). Atópanse distintas castes de breixos en todas as matogueiras. Os arandos ( Vaccinium myrtillus ) maduran ao abrigo dos piornos.
  • 35. FAUNA: Coello, raposo, tartaraña, perdiz, paspallás, papuxas, chasco, lagartos, bolboretas, saltóns, carricantas... Perdices Carricanta (Ephippigera ephippiger). Camúflse na herba para alimentarse doutros insectos. Fregando as as produce un son característico. Os saltóns vense no verán nos lugares secos. Aliméntanse de vexetais.
  • 36. RÍOS Son ecosistemas acuáticos mai variados en función da temperatura e movemento da auga, e da profundidade.
  • 37. CURSO ALTO: moita corrente e pouca profundidade. Os seres precisan refuxiarse ou ter unha gran capacidade de movemento.
  • 38. CURSO MEDIO: corrente lenta, máis profundidade e zonas con sedimentos que proporcionan suxección aos vexetais e refuxio aos animais.
  • 39. REMANSOS, POZOS: zonas de augas calmas, con moitos sedimentos onde abonda a vexetación.
  • 40. CURSO BAIXO: pouca corrente, maior profundidade e abundancia de sedimentos. Abonda a vexetación. No último tramo aparecen augas salobres e especies mariñas.
  • 41. FLORA: Pé de boi, callitriche , herba das rans, ranúnculos, xuncos, molinia, chantaxe de auga.... Herba lameiriña (Callitriche satagnalis) Chantaxe de auga ( Alisma plantago-aquatica ) Ouca, herba da prata ( Ranunculus peltatus )
  • 42. FAUNA: Londra, aguaneiro, merlo rieiro, picapeixes, lavanco, garza, bilurico, troita, anguía, salmón, escalo, espiñento, lamprea, ra verde, cabalos do demo, patinadores, moscas da auga, escaravellos de auga, caracois, lapas, mexillón de río... A londra (Lutra lutra) caza peixes nos ríos limpos. A troita (Salmo trutta) é o peixe que podemos atopar en todas as zonas do curso do río. Ra patilonga
  • 43. CADEA ALIMENTICIA. RÍO
  • 44. LAGOAS Depresións cheas de auga dóce na que se atopan comunidades esencialmente acuáticas. Lagoa de Sobrado
  • 45. FLORA: Salgueiro, espadaina, carrizo, xuncos, ambroíño, oucas, eneas, verdello, utricularia, lentellas de auga... O salgueiro (Salix cinerea) é a árbore máis común das zonas húmidas. Eneas ou palla real (Typha latifolia).
  • 46. Ambroíño (Nymphaea alba) . Lentella de auga (Lemna minor), a máis pequena das plantas con flor. Xunco (Eleocaris palustris) .
  • 47. FAUNA: Aguaneira, lavanco, garza, galiñola, galiña de auga, mergullón, anguía, espiñento, ra verde, cabalos do demo, patinadores, moscas da auga, escaravellos de auga, caracois, lapas... Lavanco real (Anas plathyrrynchos), macho e femia. A galiñola negra (Fulica atra) é común en todos os lugares onde exista unha pequena lagoa rodeada de vexetación.
  • 48. Aeshna . O máis grande dos cabalos do demo. Ra verde ( Rana perezi )
  • 49. HUMIDAIS GÁNDARAS, BRAÑAS, TURBEIRAS Podemos consideralas como elementos en distinta fase do proceso de colmatación (recheo natural producido nas lagoas polos restos que van caíndo e as achegas dos ríos) de zonas húmidas pechadas. Presentan un tipo de vexetación en sucesión entre os vexetais acuáticos, de ribeira e tipicamente terrestres da zona na que se atopan. Evolución desde unha lagoa a unha braña Gándara Braña Lagoa
  • 50. Os humedais teñen unha gran importancia ecolóxica porque reteñen a auga cando sobra e cédena cando falta. Manteñen a biodiversidade servindo como puntos de descanso e lugares de desenvolvemento de especies únicas. Son ecosistemas moi sensibles que se contaminan facilmente e destrúense case sempre por desecación ou recheo.
  • 51. Gándara
  • 52. Braña
  • 53. Turbeira ou tremoal. A acumulación de restos vexetais sen osíxeno vai producinto turba.
  • 54. FLORA: Salgueiros, espadainas, palla real, xuncos, brións, lirios, rorelas, breixos pinguícola... Pinguicula... planta carnívora das brañas de monte. Os narcisos ( Narcisus ...) florecen nos lugares húmidos. A rorela (Drosera...) é unha planta carnívora común nas brañas.
  • 55. Os esfagnos son os brións máis comúns das brañas e a materia prima das turbeiras. Breixo de turbeira ( Erica tetralis ) Xunca de algodón.
  • 56. Gaiteiros ( Pyrrhosoma ninphula ) Pica dos prados Papuxa
  • 57. ECOSISTEMAS MARIÑOS A pesar da súa uniformidade no mar e na costa atópanse espazos con características propias que condicionan o asentamento e as adaptacións dos seres vivos. As características de cada zona están determinadas pola súa situación, a profundidade, as correntes e, na zona costeira, polo tipo de materiais que a constitúen, a influencia do vento e as mareas. A combinación destas características crean variados ecosistemas nos que se dan condicións particulares e onde viven seres que se adaptan a elas con éxito.
  • 58. Cantil (talude continental) zona afótica ou escura SISTEMA BENTÓNICO Rexión batipeláxica Rexión peláxica 200 m zona fótica ou iluminada Abismos: + 6.000 m. Foxas mariñas (ata + de 11. 000 m de profundidade) intermareal REXIÓN NERÍTICA OU LITORAL: situada enriba da plataforma continental, ata 200 m de profundidade. Rexión litoral ou plataforma continental: prolongación dos continentes debaixo da auga. Fondos oceánicos: 3.000 a 5.000 m de profundidade ZONAS DO MAR SISTEMA PELÁXICO: conxunto das augas
  • 59. REXIÓN OCEÁNICA É a que se atopa lonxe das costas onde se superan os 200 m de fondo e poden chegar aos 4.000 de media. A súa importancia ven dada pola riqueza da vida que acolle e, sobre todo, porque os organismos que constitúen o fitoplanto son, polo seu número, os máis grandes produtores de osíxeno do planeta. Nesta zona só poden vivir os seres que aboian libremente e os bos nadadores, e, na profundidade, os que son capaces de soportar a falta de luz e as grandes presións.
  • 60. Planto e nadadores Zona afótica (escura) Peixes abisais Chemineas hidrotermais Plataforma continental Cantil Zona fótica (iluminada)
  • 61. rei das anchoas: 7-8 m balea azul: máis de 30 m tiburón banco: 10 m lura: 22 m polbo: 10 m manta raia: 80 m cachalote: 20 m tiburón balea: 18 m cangrexo xigante 4 m augamar: 3 m diámetro tentáculos: 35 m peixe vela: 4 m peixe lúa: 4 m Nos océnos atópanse algúns dos animais máis grandes
  • 62. FLORA: Algas, sobre todo as microscópicas (fitoplanto).
  • 63. FAUNA: Balea, cachalote, golfiño, atún, bonito, xurelo, sardiña, cigala, tiburón, pescada, bacallao, augamares, cigala, cangrexo real, calamar e polbo xigantes... Peixe pescador. Vive nas profundidades abisais. Como consecuencia da falta de luz non presenta pigmentación. Pescada ( Merlucius merlucius ). Vive entre os 100 e os 1.000 m de profundidade, aínda que cando é nova achégase moito á costa. Pode acadar 1 m de longo e pesar máis de 10 kg. Bonito ( Tunnus alalunga ). Pode chegar a medir 1 m e pesar entre 9 e 10 kg. Quenlla ( Prionace glauca ). Un tiburón que pode acadar os 4 m de lonxitude.
  • 64. Augamar ( Chysaora hysoscella ). Crustáceo isópodo bentónico que vive nas grandes profundidades mariñas, a máis de 3.000 m. Cachalote ( Physeter macrocephalus ). Mamífero mariño que pode acadar os 25 m de lonxitude. É o máis grande dos cetáceos con dentes. Aliméntase de luras que pesca buceando a grandes profundidades. En Galicia aparece ocasionalmente varado nas praias.
  • 65. REXIÓN LITORAL A zona costeira ou litoral esténdese desde a faixa de terra influída polas mareas e os salseiros do mar ata os 200 m de profundidade (augas situadas sobre a plataforma continental).
  • 66. ZONAS DO LITORAL (en función do nivel medio que acadan as mareas) Zona supralitoral: é a situada por enriba do límite máximo das mareas e está constituída por terreos pobres. Recibe constantemente os ataques do vento e das ondas do mar e a humidade das brétemas mariñas cargadas de sal. Zona litoral ou intermareal: é a zona de oscilación das mareas, a que cobre a marea alta e queda descuberta ao debalar o mar. Zona sublitoral: atópase por debaixo do nivel mínimo das mareas. É a zona comprendida entre o punto neutro (liña na que as ondas tocan o fondo) e o límite da marea baixa. Nunca queda descuberta. ROCHOSO AREOSO
  • 67. Esténdese desde a faixa de terra influída polas mareas e os salseiros do mar ata os 200 m de profundidade (augas situadas sobre a plataforma continental). Podemos atopar hábitats moi diversos en función de factores como a exposición aos ventos dominantes e aos embates das ondas (exposta-protexida), o tipo de materiais do substrato (rochosa, areosa-fangosa), ou a influencia das mareas. A vida nestes medios ven marcada polo periódico ascenso e descenso do nivel do mar que implica que durante un periodo de tempo unha grande parte dos fondos mariños queden ao descuberto e polo tanto os seus habitantes teñen que desenvolver estratexias para tratar de solventar este problema. REXIÓN LITORAL (COSTA)
  • 68. AS RÍAS As rias galegas son medios cunhas condicións especiais. Polas combinación de características físicas, oceanográficas e biolóxicas son espazos naturais únicos no mundo de gran productividade primaria e extraordinaria riqueza ecolóxica. A súa situación, tanto pola orientación como pola protección fronte ás forzas do mar e do vento, influida polas correntes oceánicas, a localización diante dunha área de afloramento de minerais procedentes das profundidades do mar e as achegas minerais e biolóxicas dos ríos, multiplican a súa riqueza biolóxica e a súa produtividade. Ría de Muros e Noia
  • 69. CIRCULACIÓN DA AUGA NAS RÍAS A pesar de semellar sistemas case pechados, nas rías prodúcese un contínuo trasvase e renovación das augas.
  • 70. A sardiña é um dos peixes máis coñecidos porque se captura en grandes cantidades no noso litoral. É un peixe oceánico que forma grandes bancos, sobre todo cando migra no verán e se achega á costa para alimentarse de seres plantónicos e poñer entre 50.000 e 60.000 ovos. Rabioso ( Glycimeris glycimeris ). Vive en fondos de area en zonas de ata 100 m de profundidade. Rodaballo ( Psetta maxima ). Pode acadar 1 m de lonxitude e os 12 kg de peso. Vive en terreos areosos ata os 100 m de profundidade. Rabada ou peixe sapo ( Lophius piscatorius ). Vive en fondos fangosos de 10 a 500 m de profundidade. Pode acadar 2 m de lonxitude e 40 kg de peso.
  • 71. COSTA ROCHOSA COSTA ROCHOSA Formada por materiais en grandes bloques. Con pouco terreo no que as plantas poidan asentarse. Os animais viven en zonas onde poidan protexerse (fendas, pozas de marea, covas) ou son visitantes ocasionais.
  • 72. ZONA INFRALITORAL Abondan as algas que xunto coas rochas constitúen os refuxios onde viven ou acuden a alimentarse todo tipo de animais, que adoitan ser de formas mais ou menos comprimidas para moverse comodamente nos espazos estreitos e de cores pardas, con liñas ou manchas, para pasar desapercibidos. ZONA INTERMAREAL Os seres vivos apéganse ás rochas ou aproveitan as fendas. Teñen órganos de suxección e cubertas fortes ou corpos flexibles, e unha gran resistencia á desecación. Zona supralitoral A dureza dos materiais e a súa verticalidade dificultan o asentamento dos seres vivos. As plantas, que só viven na parte alta e nas fendas, son pequenas, con raíces fortes e longas, e coas follas moi reducidas ou cubertas de pelos para resistir o ataque do vento e do sal. Os animais viven nos lugares onde poden protexerse ou son visitantes ocasionais. É a zona escollida por moitas aves como lugar de descanso e de cría. Poza de marea
  • 73. As pozas de marea son pequenos espazos que quedan cheos de auga durante a marea baixa, onde se desenvolven algas e se acobillan moitos animais.
  • 74. FLORA: Algas, liques, herba de namorar, pirixel do mar... Golfos ( Laminaria ochroleuca ). Algas pardas que poden acadar máis de 2 m de lonxitude e forman bosques submariños no infralitoral exposto. Bocho ( Fucus vesiculosus ). Son algas que viven na zona intermareal da costa protexida e resisten ben a desecación
  • 75. Lique ( Lichina pigmaea ), vive xusto na línea a onde chega o mar. Prixel do mar ( Crithmum maritimum ). Vive en rochas abrigadas. Herba de namorar ( Armeria maritima) . Reúne todas as características necesarias para sobrevivir nestes lugares: raíces longas, forma compacta, follas con pelos, …
  • 76. Os mexillóns (Mytilus galloprovincialis) están perfectamente adaptados á vida nas rochas, teñen cunchas fortes e órganos de suxección. FAUNA: Gaivota, corvo mariño, percebe, arneiróns, mexillóns, lapas, ourizos, estrelas de mar, cangrexos, vermes... Os percebes ( Pollicipes cornucopia ) son crustáceos cirripedos que viven fixos nas rochas batidas na zona intermareal. Arneirón ( Balanus spp).
  • 77. Chuponas ( Actinia equina) . Un dos animáis máis comúns das pozas de marea. Caramuxo ( Littorina littorea ). Vive sobre as rochas e as algas da zona mediolitoral. Ourizo. Queimacasas
  • 78. As gaivotas e outras aves mariñas aproveitan os ocos e as plataformas das rochas dos cantís para aniñar. Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristolelis ). As aves pescadoras usan as rochas da costa para descansar e os cantís para facer os seus niños.
  • 79. COSTA AREOSA É a que está formada por area ou materiais miúdos soltos.
  • 80. ZONA SUPRALITORAL Os materiais soltos son movidos constantemente polo vento e reteñen pouca auga, o que fai dificil o asentamento dos vexetais que teñen que desenvolver adaptacións: longas raíces para suxeitarse e captar a auga, talos curtos, moi flexibles, rasteiros ou subterráneos para resistir o vento e os golpes da area, e follas reducidas ou finas, cubertas de pelo, coirentas para evitar a perda de auga, ou carnosas para almacenala e de cores craras para resistir o exceso de luz. Os animais viven nos refuxios que lles proporcionan as plantas e os restos depositados polo mar. ZONA INTERMAREAL Presenta moitas variacións segundo o tipo de substrato (area, limo, grava ou cascallo) e a forza das ondas. A mobilidade do substrato impide a fixación das algas aínda que permite a das fanerógamas mariñas (plantas con flores) grazas ás súas longas raíces. Os animais son de formas comprimidas ou deprimidas, realizan migracións ao ritmo das mareas, enterrarse na area ou protéxense entre as plantas. É a zona máis visitada polas aves, especialmente as limícolas. ZONA INFRALITORAL Con poucas algas e nas zonas protexidas con pradeiras de fanerógamas mariñas. Habitada por animais que se enterran ou viven pousados nos fondos.
  • 81. PRAIAS Son zonas baixas co terreo formado por area ou materiais miúdos soltos polo que as plantas teñen moita dificultade para suxeitarse e os animais poucos sitios nos que agocharse.
  • 82. DUNAS Son un medio moi hostil para o desenvolvemento da vida porque están formadas por material solto en movemento no que a auga é escasa e están sometidos a unha forte insolación e exposición ao vento. Son medios moi fráxiles que se alteran gravemente pola acción humana.
  • 83. Asentamento da vexetación nunha duna
  • 84. FLORA: Algas, herba coral, seba, cardo mariño, cebola das gaivotas, feo, carrascas de San Xoán, arenaria... Leituga de mar ( Ulva rigida ). Alga de talo laminar que se atopa frecuentemente aboaiando nas augas tranquilas. Seba ( Zostera…). Planta con flores que vive por debaixo do límite das mareas. Forma extensos campos submariños nas zonas de augas tranquilas de area fina ou lama desde o nivel da baixamar ata os 10 m de profundidade, especialmente nos esteiros e enseadas.
  • 85. Arenaria do mar ( Honkenya peploides). A planta das praias que vive máis perto do mar. Cardo mariño. ( Eryngium maritimum ). Desenvólvese nos primeiros amoreamentos de area que se forman po enriba da liña de marea. Feo ( Ammophila arenaria ), medra na parte máis alta da duna móbil, onde o vento bate con máis forza. Coas longas raíces e talos subterráneos contribúe a fixar a area.
  • 86. FAUNA: Solla, lenguado, faneca brava, escacho, xiba, mavalla, arola, ameixa, berberecho, miñocas, cangrexos... Coquina (Donax vitatus). Un molusco abundante nos fondos areosos das praias de mar aberto. Ourizo de area ( Echinocardium cordatum ). Vive enterrado ata 20 cm de profundidade na area das praias expostas. Navalla ( Ensis ensis ). Vive enterrada verticalmente en fondos de area fina. Lenguado (Solea vulgaris). Os peixes planos están adaptados á vida nos fondos areosos. Arola ( Lutratia lutraria ). Molusco bivalvo que pode acadar os 13 cm de lonxitude. Vive en fondos de area e grava ata os 100 m de profundidade.
  • 87. Raia ( Raja clavata ). Vive en fondos de area e fango ata 500 de profundidade. Pode acadar 1 m de lonxitude. Xiba ou chopo ( Sepia officinalis ). Molusco cefalópodo que vive en zonas de area e fango con vexetación. Nace preto da costa e vaise alonxando dela segundo medra.
  • 88. A ameixa san ( Venerupis decussata ) vive na zona intermareal enterrada ata 15 cm de profundidade. Cagón ( Arenicola marina ), vive nunha galería en forma de U. Aliméntase dos restos que filtra dos sedimentos. Polo orificio de entrada colle material e polo orificio de saída expulsa a area filtrada formando as moreas características. Berberecho ( Cerastoderma edule ). Molusco bivalvo que vive en fondos de area fina no intermareal de augas pouco fondas e tranquilas.
  • 89. LAGOAS LITORAIS Son medios formados por auga dóce ou solobre polas filtracións que chegan do mar. Nelas aséntase unha vexetación acuática propia de augas dóces na parte máis alonxada do mar e plantas que soportan a salinidade na zonas máis próximas a el. Son refuxios de aves acuáticas e acollen unha gran diversidade de anfibios e insectos. Lagoa de Louro
  • 90. FORMACIÓN DUNHA LAGOA LITORAL
  • 91. FLORA: Xuncos, espadanas, nenúfares, oucas... Antela ( Scirpus lacustris ). Son típicos de lugares húmidos, especialmente preto da costa. Carrizos ( Phragmites australis ). É unha planta que vive nas augas dóces e soporta unha lixeira salinidade.
  • 92. FAUNA: Lavancos, parrulos, galiñolas, ras, cabalos do demo... Garza real ( Ardea cinerea ) Galiñola negra ( Fulica atra ) Lavancos ( Anas platyrrynchos )
  • 93. ESTEIROS OU MARISMAS Son lugares chans que sofren o efecto das mareas. Neles viven plantas que soportan o sal e inmersións periódicas e plantas puramente acuáticas, pero o máis importante, pola súa función depuradora, é o número de seres que viven no substrato dos que se alimentan aves acuáticas e limícolas. Esteiro do Miño
  • 94. FLORA: Xuncos, carrizos, herba coral, algas espadanas... A vexetación acuática xoga un papel importante na evolución da marisma xa que frea a velocidade das augas e capta as pequenas partículas en suspensión que se depositan entre elas e, co paso do tempo, van elevando o terreo evolucionando de medio acuático a terrestre.
  • 95. Herba coral ( Sarcocornia perennis ). Planta de marisma de talos e follas carnosos que vive no límite da marea. Os xuncos son os compoñentes fundamentais das xunqueiras, cos seus rizomas forman un entramado que retén os sedimentos. Spartina maritima . É unha das plantas máis comúns dos esteiros e marismas. Vive en terreos de lama e resiste ben a salinidade e a inmersión.
  • 96. A acelga salgada ( Limonium vulgare ) ten unhas flores que conservan a súa cor durante moito tempo. Existen variedades que se cultivan para adorno.
  • 97. FAUNA: Lavancos, parrulos, píllaras, biluricos, garzas… As limícolas son as aves típicas dos esteiros. Teñen as patas longas para vadear e os peteiros adaptados para capturar animais que viven enterrados.
  • 98. Pilro curlibico ( Calidris alpina ) Cullereiros ( Platalea leucorodia ). Co seu curioso peteiro en forma de culler filtra o fango e captura pequenos animais. Garzota ( Egretta garzetta)
  • 99. MEDIOS ANTRÓPICOS CULTIVOS TERRESTRES Son ecosistemas onde predomina a acción humana. A preparación do terreo para os cultivos altera a súa composición natural o que dificulta o desenvolvemento das especies propias da zona e os labores que se lles fan elimínanas case por completo, polo que os cultivos son zonas pobres en especies vexetais e os animais atopan poucos sitios onde protexerse. O ecosistema está dominado pola especie de cultivo acompañada polas chamadas malas herbas ou especies resistentes, animais herbívoros ou comedores de froitos e sementes e algún depredador.
  • 100. SOUTOS Bosques ou plantacións de castiñeiros. Son máis comúns nas provincias de Lugo e Ourense. Ocupan o espazo de antigas carballeiras.
  • 101. Fistulina hepática sobre o toro dun castiñeiro
  • 102. PIÑEIRAIS Plantacións de piñeiros. Na zonas baixas e preto da costa están constituídos por piñeiro galego e piñeiro de repoboación e nas altas, do interior, por piñeiro silvestre. Debaixo dos piñeiros, a falta de luz impide o desenvolvemento de moitas especies. So se desenvolven ben os fentos e algunhas herbas. Por ser máis pobre en especies vexetais a fauna é menos variada que a do bosque caducifolio.
  • 103. Nas zonas máis altas os bosques son de piñeiros silvestres (Pinus sylvestris) porque resisten mellor o frío.
  • 104. Peido de lobo (Licoperdon...). Un fungo que medra nos claros do chan do bosque de piñeiros. Nos bosques claros e nas beiras medran as carpazas (Cistus...). Escoba de bruxa, producido por unha bacteria Fentos ( Pteridium aquilinum )
  • 105. O esquío (Sciurus vulgaris), que se alimenta de gomos de piñeiros e de piñóns, está aumentando o seu número. O peto (Picus viridis) busca larvas de insectos debaixo da casca e na madeira das árbores. O peor enemigo dos piñeiros son as eirugas da procesionaria ou alacráns dos piñeiros (Thaenmetopoca pinivora) que lle comen as follas.
  • 106. EUCALIPTAIS Os eucaliptos foron introducidos como cultivo hai pouco máis dun século. Na actualidade cobren grandes superficies que presentan, pola falta de auga e as secrecións das propias árbores, o terreo case espido, no que apenas se desenvolven máis que algunhas herbas e arbustos residuais resistentes. A especie máis abundante é o Eucaliptus globulus
  • 107. Eucalipto (Eucalyptus globulus) . As flores atraen ás abellas. Gonipterus , un escarabello que se alimenta das folllas do eucalipto.
  • 108. Viña
  • 109. Campo de centeo
  • 110. Prados
  • 111. Grelos
  • 112. Patacas
  • 113. Larvas de escarabellos das patacas
  • 114. Horta
  • 115. Cochinillas e pulgóns, insectos parásitos das plantas.
  • 116. Bolboreta das coles ( Pieris brassicae )
  • 117. Invernadeiro
  • 118. CULTIVOS MARIÑOS PARQUES MARISQUEIROS Terreos areosos acondicionados para o cultivo de ameixa e berberecho. Sométense a limpezas periódicas, seméntanse as especies e elimínanse competidores.
  • 119. BATEAS: Instalacións flotantes para o cultivo de bivalvos filtradores: mexillón, ostra, vieira, ameixa. Nos soportes e sobre as propias especies cultivadas aséntanse comunidades de algas e invertebrados e entre elas aliméntanse algúns peixes.
  • 120. Gradicela, estrela de mar, un depredador habitual nas bateas e parques de cultivo.
  • 121. SEBES E BEIRAIS Liñas de vexetación que rodean os cultivos nas que perviven especies que foron desaloxadas do seu medio natural. Estas formacións supoñen unha oportunidade de supervivencia para moitas especies vexetais e animais. Manteñen a biodiversidade das zonas cultivadas e sérvenlle de refuxio aos animais silvestres.
  • 122. Os lagartos son habituais nos valos onde atopan alimento e buratos para refuxiarse. Lagartiño galego ( Podarcis bocagei ) endémico de Galicia e o norte de Portugal. O sapo (Bufo...) busca o abeiro dos beirais para protexerse durante o día. Pola noite caza nos cultivos. Rato de campo
  • 123. Estalotes (Digitalis purpurea) e abella Cardo e mosca Ourizo
  • 124. PARQUES E XARDÍNS Espazos públicos ou privados situados xeralmente no interior das cidades con vexetais plantados con fins ornamentais. Son os lugares onde podemos atopar máis especies alleas ao noso medio natural, algunha de gran interese pola súa singularidade ou monumentalidade. A protección que ofrecen e a facilidade para atopar alimento fai que neles se asenten especies forestais e oportunistas.
  • 125. Pazo de Oca Balneario de Guitriz
  • 126. Camelia ( Camelia japonica ). Unha árbore común nos parques e xardíns galegos, especialmente das Rías Baixas.
  • 127. SOLARES SEN EDIFICAR Son espazos de vida silvestre no medio dos lugares habitados. As sementes das plantas chegan ata eles cos excrementos das aves ou traídas polo vento, e tamén voando chegan os insectos e os paxaros.
  • 128. Os insectos, pola súa capacidade para voar, chegan a todas partes. A xoaniña (Cocinella setempunctata) aliméntase dos pulgóns parásitos das plantas.
  • 129. As estrugas ( Urtica ...) desenvólvense en lugares ricos en materia orgánica. Silvas (Rubus...). Os seus froitos, as amorias, son aproveitados polos paxaros e polas persoas. A hedra (Hedera helix) aproveita calquera soporte para gabear suxeitándose coas raíces que bota ao longo dos seus talos.
  • 130. CONSTRUCCIÓNS
  • 131. Son lugares aparentemente pouco axeitados para o desenvolvemento dos seres vivos, pero nos casos nos que se dan as condicións mínimas as plantas poden convertelos en pequenos “xardíns” onde os fentos, os couselos, as herbas da pedra, os brións e os liques crean o ambiente preciso para que poidan asentarse pequenos animais como pulgóns, xoaniñas, caracois, arañas... VALADOS, PAREDES E TELLADOS
  • 132.  
  • 133. Os liques soportan as condicións de vida máis precarias.
  • 134. Unlla de gato (Sedum...) . Mexacán (Taraxaccum officinale). Fento dos valos (Polypodium vulgare).
  • 135.  
  • 136.  
  • 137. Oxalis
  • 138. Curroxo (Phoenicurus ochruros). Un paxaro comedor de insectos cada vez máis común nos lugares habitados. Fai o niño nos ocos das paredes. O merlo (Turdus merula) é outra ave habitual que aproveita os arbustos dos parques e as matogueiras dos solares para facer os seus niños.
  • 139. Pardal ( Paser domesticus ). Nalgúns parques achégase ata comer na man das persoas. Ao chasco (Saxicola torquata) podémolo atopar nos beirais ou nas matogueiras curioseando sempre desde a ponla máis alta. As pombas aproveitan calquera resto comestíble e os ocos dos edificios para facer os seus niños. As pegas ( Pica pica ) son aves do bosque que se adaptan perfectamente á vida nos parques.
  • 140. As ratas (Ratus norvegicus), tal vez a especie animal máis numerosa do planeta, aliméntanse dos restos que deixamos e viven en case todos os espacios posibles. Os morcegos aproveitan os ocos para acollerse e a noite para cazar os insectos que son atraídos pola luz das cidades.
  • 141. ENCOROS Grandes masas de auga dóce contidas por unha presa. As caracteríticas son unha mestura das dos ríos e as dos lagos.
  • 142. ESTANQUES Pequenos espazos pechados con auga doce e especies ornamentais entre as que se desenvolven outras silvestres propias dos ambientes acuáticos.
  • 143. Ambroíños e xuncos
  • 144. MONTAXE: Adela Leiro FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet. DEBUXOS: Mon Daporta