Your SlideShare is downloading. ×
Museo Do Mar
Museo Do Mar
Museo Do Mar
Museo Do Mar
Museo Do Mar
Museo Do Mar
Museo Do Mar
Museo Do Mar
Museo Do Mar
Museo Do Mar
Museo Do Mar
Museo Do Mar
Museo Do Mar
Museo Do Mar
Museo Do Mar
Museo Do Mar
Museo Do Mar
Museo Do Mar
Museo Do Mar
Museo Do Mar
Museo Do Mar
Museo Do Mar
Museo Do Mar
Museo Do Mar
Museo Do Mar
Museo Do Mar
Museo Do Mar
Museo Do Mar
Museo Do Mar
Museo Do Mar
Museo Do Mar
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×
Saving this for later? Get the SlideShare app to save on your phone or tablet. Read anywhere, anytime – even offline.
Text the download link to your phone
Standard text messaging rates apply

Museo Do Mar

348

Published on

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
348
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0
Actions
Shares
0
Downloads
3
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

Report content
Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
No notes for slide

Transcript

  • 1. Exposición itinerante: “os facedores de mundos” San Cibrao é terra de mar. É unha península, unha lingua de terra quesae sen medo ó encontro do mar. Duro, perigoso, bravo, escravo..., maistamén unha porta aberta a novos horizontes, incertos mais taménesperanzadores. San Cibrao foi berce de facedores de barcos e de homes afoutados, quea bordo deles peneiraron o mar para sacar del os seus froitos e foron quen denavegar ata lonxanos mundos. Mundos descoñecidos, mundos da memoria, historias senlleiras queforxan o espírito dun pobo. Historias para ser contadas... O noso Museo do Mar é o seu mellor narrador. Non en van, desde haimáis de corenta anos, este museo, que nunca deixou de ser escola, lévanos daman polo ronsel de pegadas herdadas dos nosos devanceiros: os facedores demundos. Levamos áncoras!....sexan todos benvidos a esta a súa casa.
  • 2. SECCIÓNS: O museo organízase en un vestíbulo e catro salas, que conteñen seteseccións temáticas. O percorrido será accesible en cada sección. Haberámarcas polo chan e pezas para tocar en cada unha. Asimesmo, contaremoscon follas de sala e informacións complementarias en braille e macrotipos. ENTRADA E SALA 1: 0. A ESCOLA: Un museo de todos, para todos. O LATEXO DO MUSEO: motor do barco e arquivo fotográfico. SALA 2: 1. A CARPINTERÍA DE RIBEIRA, O CASO DE SAN CIBRAO. 2. TIPOLOXÍA DE BARCOS A VELA CONSTRUIDOS EN SAN CIBRAO. 3. A ARTE DE MAREAR: BUSCANDO O NORTE. Os instrumentos náuticos e a navegación astronómica. SALA TRES: 4. OS OFICIOS DO MAR. 5. HISTORIA DA PESCA EN SAN CIBRAO: ARTES E APARELLOS DE PESCA. 6. A VIDA MARIÑA, ALGO MÁIS CA PEIXES. SALA CATRO: 7. OS CAZADORES DE BALEAS.
  • 3. O MUSEO QUE QUEREMOS Nos últimos vinte anos vense desenvolvendo no ámbito dos museos a“Nova Museoloxía”, unha corrente que busca a democratización dos valores edos productos culturais, é dicir, busca o xeito de acercar a cultura a toda asociedade, independentemente do nivel cultural que posúa ou do estrato socialdo que proveña. É por isto, que moitos museos desprazaron o seu eixo deacción do obxecto ó visitante, pero, como di o profesor Espinosa, “non atódolos visitantes”. Este tipo de museoloxía acostuma a esquecer a unha parteimportante da nosa sociedade, a formada por aquelas persoas que presentanalgún tipo de discapacidade que lles impide gozar con plenitude e en igualdadede condicións, desta experiencia cultural. Poucos son os museos que, hoxe endía, pensan na accesibilidade integral como unha prioridade á hora de investirnas súas novas montaxes. A Rede Museística Provincial de Lugo leva máis de 10 anos loitando porfacer accesibles os seus museos ó público discapacitado. O noso obxectivo éretirar o adxectivo excepcional na aplicación da accesibilidade, e facer dela unfactor común a ter en conta na planificación de calquera acción social ecultural. A cultura é unha experiencia interactiva, nosoutros facemos cultura, e omuseo e un instrumento de mediación que ten a responsabilidade decomunicar, de establecer un diálogo co público. Así pois, o novo proxectodeseñado para o Museo Provincial do Mar de San Cibrao pretende seguir estafilosofía e converterse nun modelo de museo aberto a tódolos sentidos,inclusivo, con atención plena á diversidade, que sexa capaz de achegar a súamensaxe e facer partícipe da súa actividade a tódolos seus visitantes. O proxecto inclúe medidas para eliminar barreiras de comunicación entreo museo e persoas con calquera tipo de discapacidade visual, sensorial,intelectual ou con calquera tipo de enfermidade mental (disminuidos psíquicos,síndrome de Down, autismo, alzheimer, etc..). Para o novo proxecto contamos co asesoramento de persoas easociacións vencelladas coa discapacidade, mais tamén coa total implicacióndos veciños de San Cibrao. Quixemos que aqueles que fixeron posible omuseo, fosen partícipes activos da nova proposta, contando coa súa
  • 4. colaboración e opinión; xa que a singularidade do Museo de San Cibrao devéndo sentir especial que desprende, máis alá das propias funcións que comoinstitución cultural lle corresponden. Desde o seu nacemento como escola, sempre existiu unha fondaimplicación social coa institución. Isto mesmo foi o que fixo da institución oprimeiro museo do mar de Galicia de carácter público. Mesmo compatibilizoudurante anos ámbalas funcións, como escola durante o inverno e museo poloverán (1969-1988). O museo constitúe unha icona para a comarca e sobre todo para o pobode San Cibrao, como elemento esencial da súa identidade. Por todo o dito, queremos: Un MUSEO DIDÁCTICO: un museo que debe seguir sendo unhaescola, un instrumento para a aprendizaxe e a educación social, un medio parao intercambio recíproco de coñecemento, depositario non só de obxectos senvida, senón do patrimonio inmaterial, da memoria histórica e das lembranzasque constitúen a identidade dun pobo. Un MUSEO ADAPTADO: un museo accesible, tanto no discurso comona montaxe expositiva. Un MUSEO SOCIAL, que estableza un diálogo permanente co seuentorno; un MUSEO DENTRO-FÓRA, que extenda a súa acción fóra dos seusmuros e manteña unha conexión viva coa súa orixe sociocomunitaria. Un MUSEO INTERACTIVO E DINÁMICO, en constante evolución e encontinua construcción, que xenere unha sinerxia positiva que faga del o centrogravitacional de novas accións. As novas tecnoloxías de comunicaciónaportarán unha maior fluidez á conexión do museo co público e ampliará dexeito ilimitado o seu ámbito de acción. Un MUSEO DO FUTURO: un museo cercano, pero aberto ó mundo.Queremos un museo vivo, humano, un museo no que, en palabras de GeorgesHenri Riviere, “o éxito non se mida polo número de visitantes que recibe, senónpolo número de visitantes ós que ensinou algunha cousa”.
  • 5. ENTRADA E SALA 1 Sección 0: A escola. Un museo de todos, para todos. Este edificio naceu para ser escola de San Cibrao no ano 1931, pordesexo de D. José Mª Montenegro e da súa muller Dna. Manuela Goñi Maíste,emigrantes na Arxentina. A súa doazón permitiu construír un edificio de pedrade granito, dividida en dúas alas, unha para a escola masculina e outra para afeminina. A distribución do edificio ven determinada polos seus usos como escolamixta. Tiña dúas portas na fachada que daban acceso, cadansúa, a cada unhadas aulas. En cada aula existía unha porta traseira pola que se saía ós patiosde recreo, divididos por un muro que separaba o dos nenos do das nenas. No 1969, o mestre, D. Francisco M. Rivera Casas, e 34 dos seusalumnos convertiron as “Escolas Vellas” nun museo. Entre todos iniciaron unimportante traballo de recompilación de obxectos mariños, que hoxe constitúenunha parte esencial dos fondos cos que actualmente conta a colección doMuseo do Mar. Esta labor contou, desde a súa xénese, coa plenacomplicidade da sociedade, interesada en preservar o seu tradicional vencelloco mar. Desde o ano 1994, o museo estivo xestionado pola Asociación deVeciños “Cruz da Venta”. A Deputación Provincial de Lugo, a través do MuseoProvincial de Lugo, tomou o relevo na dirección no 2004. Hoxe, é un dos catromuseos que conforman a Rede Museística Provincial. O latexo do museo: No espazo contiguo, o motor a vapor simboliza o corazón do museo, olatexo rexenerador que enche de vida os rincóns da memoria e nos empurracara adiante. Neste espazo, os medios audiovisuais serven de canle decomunicación entre o museo e os seus visitantes. É o noso diario de a bordo,onde se recollen as testemuñas gráficas da nosa memoria histórica e se lograhumanizar os obxectos que compoñen a colección.
  • 6. SALA 2: 1. A CARPINTERÍA DE RIBEIRA, O CASO DE SAN CIBRAO. 2. TIPOLOXÍA DE BARCOS A VELA CONSTRUIDOS EN SAN CIBRAO 3. A ARTE DE MAREAR: BUSCANDO O NORTE Como fío conductor desta sala empregamos a sección da carpintería deribeira en San Cibrao e as tipoloxías constructivas máis comúns que saíron dosseus asteleiros, exemplarizadas nalgún dos modelos de barcos expostos,réplicas a escala de navíos que tiveron especial relevancia na historia de SanCibrao, como foron o Paca Gómez, O Industrial ou a goleta Sargadelos.(Seccións 1 e 2). Na sección 3, A ARTE DE MAREAR: BUSCANDO O NORTE,agruparemos os instrumentos de navegación ou instrumentos náuticos,esenciais para entender a evolución da navegación e a magnitude das súasconquistas, que levaron ó home a descubrir novas terras e a ampliar os seushorizontes, tanto os xeográficos como os intelectuais. Asimesmo, incluímos os fanais e luces de posicionamento dos barcoscomo elementos significativos para a navegación, cuxa función é a de marcar aubicación do barco e avisar das manobras durante a marcha. Reservamos un lugar especial para as pezas procedentes de rescatessubacuáticos, como é o caso dos restos do naufraxio da fragata Magdalena edo bergantín Palomo, ocorrido na Ría de Viveiro alá polo ano 1810.
  • 7. Sección 1.- A CARPINTERÍA DE RIBEIRA, O CASO DE SAN CIBRAO. San Cibrao conta desde antigo cunha longa estirpe de facedores debarcos. Na “Geografía del Reino de Galicia” (1933), Amor Meilán afirma que nos. XIV xa se construían carabelas nas súas ribeiras. A puxanza definitiva da construcción naval en San Cibrao veu da man donacemento do complexo industrial de Sargadelos a finais do s. XVIII. A raíz doincremento do fluxo comercial, tamén aumentou a demanda de construcción debarcos de cabotaxe para o transporte das manufacturas e materias primas quedemandaba a fábrica. Deste xeito, nos asteleiros da vila comezaron aconstruírse embarcacións a vela de grande porte para as rutas máis longas,principalmente goletas e bergantíns (e variantes mixtas de ámbalas dúas),como por exemplo a goleta Sargadelos; e embarcacións con menor capacidadede carga, coma quechemaríns, faluchos ou pataches, para desprazamentos demenor entidade. Para a pesca facíanse grandes embarcacións de remo, coma os traiñónsou as chalupas, que se empregaban tanto para a caza da balea coma para apesca da sardiña. Os carpinteiros de ribeira buscaban nas fragas ás árbores que máis seaxeitaban ós moldes das pezas do barco. Empregábase principalmente amadeira de carballo, máis resistente, para o esquelete do barco (a quilla e ascuadernas), e a de piñeiro ou eucalipto, pola súa flexibilidade, para os banzosdo casco. Tradicionalmente, a tala da madeira producíase nos meses deoutono ou inverno, coa lúa en cuarto menguante e ó solpor, pois é cando aactividade vexetativa das árbores é menor (teñen menos savia), o que facilitabao curado da madeira e evitaba que podrecera. Para a tala empregábanse ferramentas como a machada, o tronzador, aserra de aire, ou a braceira ou portuguesa. Para serrar as pezas usaban asserras, serruchos de punta, serrucho de costela ou cotilla. Para desbastar ealisar a madeira tiñan ferramentas de corte, ben coa folla guiada ou con elalibre: cepillo, garlopa, guillame, xunteira ou rebaixador, acanalador,machihembra, cepillo de moldura, cepillo de voltas, aixolas, formóns outrenchas, gubias,... Para medir: metro, escuadras, compás, gramil,... Para
  • 8. golpear ou extraer: martelo, mazas, tenazas,... Os berbiquís e os barrenos parafurar. Para apretar ou suxeitar, tiñan o barrilete, o gato ou parafuso, as prensas,os sarxentos ou sarxentas... Unha vez rematado o casco comezaban as labores de calafateado, queconsistían en introducir entre os banzos da parte sumerxida do casco (obraviva) cordóns de estopa impregnados en brea, para impermeabilizar aembarcación. Os paus, o velame e o resto do aparello, armábase despois da botadura,co casco xa a flote. A vela foi substituída progresivamente pola máquina de vapor, e estapolo motor de explosión ou diésel. A introducción do ferro para a construcción de barcos de carga de maiortonelaxe, conduciu ó declive das carpinterías, cuxa actividade se viu reducida áconstrucción de pequenas embarcacións de pesca e á realización dereparacións. Tiveron unha nova época de esplendor na década dos 60 do século XX,coa eclosión da pesca do bonito.
  • 9. Sección 2.- TIPOLOXÍA DE BARCOS A VELA CONSTRUIDOS EN SANCIBRAO.BRICBARCA:Barco de tres ou máis paus, que aparella velas cuadras entódolos paus excepto no último, que arbola velas decoitelo, xeralmente cangrexas.BERGANTÍN:Buque normalmente de 2 paus, con todo o seu aparello formado por velascuadras. Caracterizouse pola súa capacidade de desprazamento, gracias ágrande superficie vélica que era capaz de despregar. Eran moi veloces emanobrables.Unha variante do bergantín é o bergantín redondo, que porta 2 paus quearbola velas cuadras no trinquete e no pau maior. Tamén dispón dunha velacangrexa, ou escandalosa (maricangalla).BERGANTÍN – GOLETA:
  • 10. Navío de 2 ou máis paus que leva un velame mixto entre o de bergantín e o degoleta. Aparella velas cuadras soamente no trinquete e velas de coitelo,xeralmente cangrexas e escandalosas, no resto.GOLETA:Polo regular, tiña 2 ou máis paus da mesma altura e soe aparellarunicamente velame de coitelo.Xurde no s. XVIII. É capaz de acadar grande velocidade. O aparello de coitelorequire menos persoal para a manobra. Soen ser de menor desprazamento cósbergantíns.Variantes da goleta son:
  • 11. Goleta de velacho:Identifícanse como goletas de velacho aquelas que teñen unha vela cuadra notrinquete. Este elemento dálle máis potencia cando o vento sopra de popa.Goleta de gavias:É a que aparella gavias (velas cuadras) naparte alta do pau maior.QUECHEMARÍN:Embarcación de pouco porte. Ten dous paus arbolados con velas ó tercio, unpequeno pau de mesana a popa, cun botalón a proa no que se largabanfoques, e gavias volantes para despregar cando sopraban ventos frouxos.PAILEBOTE: o seu nome provén de "pilot boat" ou barco do piloto ou prácticodos portos da costa leste dos USA. O seu aparello adoita ser de goleta, concangrexas, escandalosas e foques. Xeneralizouse o seu uso no Mediterráneocomo barco de comercio.
  • 12. FALUCHOS: Embarcación de orixe mediterránea, que se usaba principalmentepara o cabotaxe, aínda que tamén se empregou para a pesca. Caracterizábasepola súa lixeireza de porte. Armaba dous paus, aparellados con dúas grandesvelas latinas (triangulares). Portaba un largo botalón en proa a modo debauprés, no que largaba un gran foque. A axilidade deste tipo de embarcación,fixo que fose unha das favoritas para o corso durante os períodos de guerracontra Inglaterra.
  • 13. GLOSARIO MARIÑEIRO PARA PRINCIPIANTES :Proa: parte dianteira do barco.Popa: parte traseira do barco.Babor: situándonos de cara á proa, parte esquerda do barco.Estribor: situándonos de cara á proa, parte dereita do barco.Costados: son os dous lados do casco.Amuras: partes curvadas dos costados que converxen para formar a proa.Aletas: partes curvadas dos costados que converxen formando a popa.Obra viva ou carena: parte do casco que está somerxida.Obra morta: é a parte do barco que está por riba da auga.Liña de flotación: é a liña que separa a obra viva da obra morta, é dicir, é aque ven determinada polo nivel da auga respecto do casco.DIMENSIÓNS DUN BARCO:Eslora: lonxitude do barco tomada desde a proa ata a popa.Manga: anchura máxima do barco, de babor a estribor.Puntal: altura do buque desde a quilla ata a parte superior da liña de cuberta.Calado: distancia vertical entre a quilla e a liña de flotación. Medida da partesomerxida do barco.
  • 14. PARTES DO BARCO:O aparello: nun barco de vela o aparello está constituido polo conxunto queforman a arboladura, a xarcia e as velas: • Arboladura: está formada polos paus e perchas do barco, que serven para suxeitar e manobrar as velas. Os paus: cada un dos mastros que serven para soster as perchasutilizadas para largar as velas ou, directamente, as velas mesmas. Os pausprincipais dun barco acostuman a ser, de proa a popa: trinquete, maior emesana. Trinquete: pau máis próximo á proa. Maior: é o pau principal do barco, o de maior altura. Mesana: pau máis próximo á popa: Bauprés: pau que sobresae do casco como unha prolongación da proa e se coloca horizontalmente respecto desta. Cofa: Meseta colocada horizontalmente no alto dun pau para facilitar a manobra das velas altas e situar los vixías. • Xarcia: conxunto de cabos que serven para suxeitar ou para manobrar a arboladura e o velamen. Distínguese entre a xarcia firme, que son aqueles cabos fixos que serven para suxeitar ou soster os paus, e a xarcia de labor, e a xarcia de labor, composta polos cabos que se empregan para izar, arriar ou orientar o aparello. • Velas: son pezas de pano, que suxeitas a un pau ou percha, reciben o vento que permite propulsar a embarcación. Podemos dividir os tipos de vela en dous grandes conxuntos: As velas cuadras, aparello redondo ou en cruz, que se dispoñen de babor a estribor; e o aparello áurico ou velas de coitelo, que se dispoñen de xeito lonxitudinal, de proa a popa.PARTES DO CASCO:
  • 15. Casco: corpo do barco sen contar a súa arboladura.Quilla: peza principal da estructura do casco, situada lonxitudinalmente na súaparte inferior, á que se fixa toda a estructura do barco por medio das cadernas.Constitúe a columna vertebral do barco.Cadernas: son as costelas do barco. Teñen forma de U ou de V, e colócansesimetricamente a ámbolos lados da quilla. Rematan na parte alta do costado,dándolle forma e resistencia ó casco. Sobre elas crávanse os banzos do forro.Vaos: reforzos transversais que unen as cadernas pola parte superior, debabor a estribor, e serven de soporte para as cubertas.Forro: Revestimento do casco. Tablóns ou banzos, que se cravan sobre ascadernas.Mamparos: Son os tabiques que dividen o interior do barco.Borda: Canto superior do costado que sobresae da cuberta.Temón: pala giratoria instalada na popa nun eixo vertical, unida a unmecanismo en cuberta (desde o s. XVIII, manéxase coa roda do temón), quepermite marcar a dirección do barco.
  • 16. Sección 3.- A “arte de marear”: mirando ó Norte. Os instrumentosnáuticos e a navegación astronómica. O dominio do mar supuxo unha ruptura irrevogable na concepción domundo, tanto dende o punto de vista da razón como da fe. Nos albores da Idade Media, o mundo da navegación constituía unhaverdadeira arte, a “arte de marear”. Desde a introducción da agulla náuticaou agulla de marear1 no s. XIII, o método empregado foi a navegación aestima, que tomaba como únicos parámetros de referencia o rumbo e avelocidade para determinar a posición aproximada do barco no mar. Avelocidade medíase coa corredera, que consistía nunha táboa unida a unhacorda de nos, atados a intervalos regulares. Cada certas horas, o pilotobotábaa á auga pola popa e deixaba correr a corda durante o tempo quemarcada a ampolleta ou reloxo de area (uns 30 segundos), para logo contar osnós (millas2 por hora) e calcular a distancia percorrida. Estas medicións eran trasladadas ós portulanos ou cartas portulanas,predecesores das actuais cartas náuticas, e que se empregaron ata os ss. XVIe XVII. Sobre elas viñan trazadas unha rede de liñas, que a semellanza da rosados ventos do compás, indicaban os rumbos máis axeitados a seguir durante anavegación. Os rumbos calculábanse a ollo, polo que era habitual acumularerros, que na navegación se traducían en millas de máis. A principios do s. XIV, a combinación da agulla magnética coa rosa dosventos3 da lugar ó compás náutico, instrumento esencial para a navegaciónata case os nosos días. O conxunto completarase coa bitácora, cuxafinalidade inicial era a de protexer o compás das condicións meteorolóxicasadversas e proporcionarlle estabilidade para facilitar a lectura dos rumbos. O s. XVI constitúe o punto de inflexión na historia da navegación.Comeza a Idade de Ouro dos descubrimentos. As grandes potencias domomento, inician unha carreira sen tregua na procura de novos territorios. Anecesidade de consolidar o control sobre estas posesións e de establecer unhacomunicación fluída con elas, vai constituir o revulsivo definitivo para odesenvolvemento da navegación como ciencia. Os grandes imperios van1 Sempre sinala o N magnético da Terra.2 Milla náutica = 1852 m.3 Disco no que viñan marcados os 32 rumbos, cuartas ou ventos, posibles na navegación.
  • 17. investir unha grande parte dos seus esforzos na investigación de novastécnicas e instrumentos de navegación, máis eficientes e exactos cósanteriores. Deste xeito prodúcese a transición á navegación astronómica, quese basea na observación directa da posición dos astros, en relación coasuperficie terrestre ou con outros astros, para determinar con precisión ascoordenadas (lonxitude e latitude) que permiten establecer a posición do barconas navegacións de altura, nas que a costa deixa de ser un punto de referenciafiable. Prodúcese a mellora de instrumentos xa coñecidos na época medieval,como o astrolabio, a ballestilla ou o cuadrante, e dáse paso a outros novoscoma o octante ou o sextante (s. XVIII). Empregábanse para tomar mediciónsangulares da altura do Sol ou da estrela polar ó seu paso polo meridiano conrespecto dun punto fixo coma o horizonte, necesarias para o cálculo daLatitude (N – S). No primeiro terzo do s. XVIII aparece o octante de John Hadley,instrumento que baseaba o seu funcionamento na física da reflexión da luz.Medía alturas de ata 90º. O sextante xurdiu a posteriori coma unha evolucióndo octante, xa que conseguiu ampliar o ángulo de medida ata os 120º.Asimesmo, incorporaba un sistema de lentes e espellos que permitíasuperpoñer nun mesmo plano a posición do astro sobre o horizonte. O sextantetamén se empregou para calcular a lonxitude, aplicando o método dasdistancias lunares, baseado no desprazamento sistemático da Lúa respectodas estrelas. Os resultados carecían da exactitude necesaria para anavegación. A determinación da lonxitude (E – W) foi o punto feble da navegación ólongo de toda a Idade Moderna. Para determinar con precisión estacoordenada é necesario coñecer en cada momento a hora exacta no lugaronde se atope o barco. Así pois, non será ata ben entrado o s. XVIII cando seatope a solución técnica definitiva para o dilema, coa invención do cronómetronáutico.
  • 18. Os naufraxios. As profundidades mariñas gardan nas súas entrañas unha boa parte dahistoria da humanidade. Algunha das testemuñas máis senlleiras queatoparemos no museo proveñen do naufraxio acontecido en augas da ría deViveiro, a madrugada do 2 de novembro de 1810. Inmersos en pleno conflictobélico coa Francia napoleónica, zarpara de Ferrol unha escadra anglo-española ó mando do coñecido guerrilleiro Antonio Renovales, coa misión decontrolar algún dos portos estratéxicos do Cantábrico, cando os sorprendeuunha forte galerna. Os que puideron, buscaron abrigo na ría de Viveiro, pero foidemasiado tarde. O temporal arreciou, e os barcos non foron quen de soportaros embates do mar. Entre aqueles barcos atopábanse a fragata Magdalena e obergantín “Palomo”, cargados de provisións. A fragata “Magdalena” na súazozobra, embisteu violentamente contra a fragata inglesa “Narcisus”, e acabouencallando e naufragando nos Castelos, os illotes que se franquean a praia deCovas. Na fragata amoreábanse naqueles intres máis de 550 persoas,rescatadas doutras embarcacións asolagadas por mor do temporal. Obergantín “Palomo” embarrancou na praia de Sacido. A fragata “Santa María Magdalena” medía 41,70 m. de eslora por 10,25m. de manga, e desprazaba unhas 500 toneladas. Ía artillada en cuberta cunhabatería de 18 canóns de 18 libras, ós que había que sumar dous canóns de 6libras no castelo de proa e 12 obuses no alcázar. Na traxedia morreron máis dun milleiro de persoas. Tantas foron asvíctimas, que as autoridades víronse obrigadas a enterrar os afogados en fosasnas dunas da praia de Covas. Como lembranza daquel naufraxio, erixiuse, en 1934, o monumento dosCastelos na praia de Covas (Viveiro).
  • 19. SALA TRES: 4. OS OFICIOS DO MAR. 5. HISTORIA DA PESCA EN SAN CIBRAO: ARTES E APARELLOS DE PESCA. 6. VIDA MARIÑA: ALGO MÁIS CA PEIXES. Nesta sala tomaremos o caso de San Cibrao como referencia paramostrar, desde o particular ó xeral, a simbiose construída entre os poboslitorais e o seu mar. Desta adaptación ó medio xorden oficios directamentevencellados ás labores de extracción do peixe, á elaboración e procesamentodo mesmo ou á súa comercialización, e obxectos asociados a esas tarefas. • PEIXEIRAS ou PESCANTINAS: bacías, patelas, etc. • REDEIRAS: agullas de madeira, malleiros, etc. • CORDELEIROS: instrumentos que permitía a elaboración ou arranxo dos cabos das embarcacións. Incluímos algunhas das artes de pesca empregadas polos mariñeiros deSan Cibrao ó longo da súa historia. Neste espazo va a chamar especial atención dúas pezas: • Un traxe de augas completo, de tres pezas (casaca, pantalón faenero e gorro), elaborado ó xeito tradicional, con liño “encascado”. • Un traiñón ou chalupa baleeira de 3 m. de eslora, aparellado con dúas velas. Nesta sala é ineludible referirse ó obxecto directo destes traballos: osfroitos do mar. Incluímos na mostra unha variada representación da faunamariña, principalmente, pezas da colección de malacoloxía (un 70 % do totaldos fondos do museo), esqueletes totais ou parciais de animais mariños(mandíbulas de quenllas, espadas de peixe espada, esqueletes de golfiños,etc.), animais desecados (tartarugas), corais, fósiles, algas, etc.
  • 20. Sección 5.- Historia da pesca en San Cibrao: artes e aparellos de pesca eproceso de transformación. “Hei ven o maio que trai o tempo bo, hei ven o maio para pesca do traiñón. Hei ven o maio Viste de señorito, hei ven o maio para pesca do bonito”. Desde a súa xénese, San Cibrao ven mantendo un estreito vencello comar. Os ritmos socioeconómicos da comarca veñen condicionados polo ritmodas mareas. A pesca extractiva pasou de ser unha ocupación complementaria daagricultura a converterse no eixo vertebrador ó redor do cal se artellou aeconomía local. A actividade pesqueira xenerou ó seu redor unha serie deoficios (carpinteiros, cordeleiros, toneleiros, peixeiras, redeiras, etc..), que dexeito directo ou indirecto, ocuparon a unha importante porcentaxe dapoboación. Ata principios do s. XX, a sardiña foi a protagonista. Daquela, existían enSan Cibrao tres fábricas de salgadura. Pero xa a partir dos anos 30, o bonitoempezou a cobrar importancia. Nos meses de primavera pescábase bocarte ouanchoa. A costeira do bonito ocupaba os meses de verán, e desde o seuremate e ata o inverno íase ó peixe espada e ó marraxo. Nos anos 60, SanCibrao era, despois de Burela, o porto da provincia con máis embarcaciónsboniteiras. Nestes anos, a comarca viviu una crise no sector pesqueiro, poloque moitos mariñeiros cambiaron a pesca pola navegación comercial, a mariñamercante. De seguido pasamos a describir brevemente as artes de pesca de usomáis frecuente no noso litoral. Podemos establecer unha primeira división entreas artes de rede e as de anzol. As de rede subdivídense á súa vez en:
  • 21. • FIXAS: son panos de rede que se calan verticalmente por medio de áncoras ou plomadas na súa parte inferior, e cunha liña de cortizas ou flotadores na superior. Poden ir fixadas ó fondo ou entre augas. Volanta: Esta arte está documentada no noso litoral desde principios do s. XVI. Está composta dun único pano que pode acadar os 8 km de lonxitude. Lárgase ó fondo para a captura de especies maiores, coma a pescada, a robaliza ou o ollomol. Trasmallo: Formada por tres panos de rede superpostos, os exteriores coa malla máis grande que a interior. Cálase ó fondo, para capturar especies de rocha, como a faneca ou o congro. Beta ou volantilla: É parecida á volanta, pero máis pequena tanto no tamaño como na malla. Emprégase para a pesca de pescada, faneca, meigas, sargos, etc.. Rascos: Arte de fondo de malla grande, que tanto se pode empregar para a captura de mariscos (lagosta, centola, boi, etc.) como de peixe (peixe sapo, raias, rodaballos, etc.)
  • 22. • DE DERIVA: técnica de enmalle mediante a flotación ou deriva dos panos de rede. Xeito: Arte que tradicionalmente se empregou para a pesca da sardiña. No s. XVII os panos fabricábanse en liño coa malla moi pequena. É unha arte de superficie.• DE CERCO: artes adicadas á captura de especies peláxicas, como a sardiña ou o xurelo. O aparello lárgase ó redor do cardume, para despois pechar a arte por abaixo cunha corda ou xareta, formado así un embolsamento do peixe. Traíña: No s. XVII, a traíña estaba formada pola aportación de panos ou quiñóns dos pescadores. O resultado era unha rede rectangular. Largábase desde a costa e logo tirábase polo outro extremo desde unha embarcación, unha traíña ou un trincado, ata formar un cerco sobre o banco de peixe. Terrafa ou terrafiña: Arte empregada desde a aparición dos barcos de vapor.
  • 23. • DE COPO OU DE ARRASTRE: os panos de rede forman unha especie de saco pechado que é arrastrado por unha ou máis embarcacións. O arrastre pode ser de fondo (bentónico) ou entre dúas augas (peláxico). Xávega: A xávega foi introducida en Galicia polos fomentadores cataláns. O seu uso xerou conflictos nas comunidades mariñeiras, por consideralas depredadoras en exceso. Consistía nunha rede de cope que se largaba desde terra, e polo outro cabo sacábase mar a dentro. A pesca cobrábase desde terra, ben con tracción humana ou ben coa axuda de animais de tiro. Rapeta: Arte de uso común no noso litoral desde a Idade Moderna. Tamén coñecida como sacada pequena, traíña menor ou rapeta de traíña, caracterizábase por non ter cope. Boliche ou chinchorro: De ampla difusión na segunda metade do s. XVII, polo seu fácil manexo, xa que ó ser máis pequeno cá traíña podía
  • 24. empregarse en espazos máis reducidos, normalmente para a pesca dasardiña.Na actualidade, ten unhas dimensións de 40 m. de longo por 10 m. dealto. Está formado por dúas pernas e un cope ou saco.Na Idade Moderna as redes e cordas fabricábanse en cánabo ou liño e,posteriormente, en fío de algodón. Para proporcionarlles resistencia, asredes debían ser “encascadas”. O encascado consistía en ferver asredes en caldeiras ás que se engadía cortiza de salgueiro, carballo oupiñeiro. Unha vez escaldadas, as redes estendíanse sobre uns maseirosou artesas, onde se vertía a auga da caldeira, tinguida polo efecto dascortizas. Desta forma, dábaselle cor ós panos.
  • 25. DE ANZOL:Liñas:Consiste nunha sedela ou tanza enrolado ó redor dun bastidor de cortiza(sirgo) ou madeira (gradella). No extremo, a liña ten un chumbo, e un ouvarios anzois.Palangre:Está formada por unha liña nai naque se empatan outros máis curtosnos que van pendurados os anzois.O palangre pode ser de fondo, paraa captura de especies como apescada ou o congro; ou desuperficie, para a pesca de especiespeláxicas como o atún, o marraxo ouo peixe espada.Curricán:O curricán é a arte que se emprega na Mariña de Lugo para a pesca dobonito. Suxéitanse unhas longas varas ós costados do barco, das calesvan enganchadas as sedelas, ou brazolas, e ós seus extremos osanzois. Esta arte traballa á cacea, é dicir, co barco en movemento. Ata
  • 26. fai pouco tempo, o engado facíase con folla de millo branqueada, e peiteada con cepillos de arame para convertela en hebras. Poteiras: Está formado por un chumbo, recuberto con fíos de cores, e rematado pola súa parte inferior cunha coroa de pequenos anzois. Úsase para a captura de luras ou chocos. Para a captura do polbo e dalgún marisco, empréganse as NASAS. Sonunha especie de gaiolas ou trampas, provistas dunha abertura ou boca enforma de funil, que facilita a entrada da presa e impide a súa saída. Están feitasde materiais diversos, principalmente de madeira, vimbio ou metal. A súa formavaría en función da especie a capturar (nécora, lagosta, camarón, faneca,polbo, etc.). É unha arte de fondo.
  • 27. Ademais da pesca, o MARISQUEO é outra das actividades relevantesdo sector. O marisqueo pódese realizar a pe ou desde unha embarcación(marisqueo a flote). A continuación pasaremos a describir algúns dos aparellosempregados nesta actividade: Sacho: semellante ó que seemprega na agricultura, Server pararemover a area na busca daameixa, chirla, etc. Angazo: especie de enciñoque se emprega para a recollida deberberecho, ameixa, coquina, etc. Rasqueta: é como unhaespátula que serve para arrancar darocha os percebes ou os mexillóns. Rastro: emprégase desdeunha embarcación para a capturade ameixa, berberechos, etc. Estácomposto por un enciño ó que se lleengade un copo de rede, e todo oconxunto vai unido a unha vara dunha medida axeitada á profundidade que sequeira traballar. Raño e gancha: semellante ó rastro, pero substitúen o copo por unharella metálica. Son máis lixeiros e resultanmáis fáciles de manexar. Can ou endeño: arte de arrastre, xaque debido ó seu maior tamaño ten quebotarse á auga e logo vai sendo arrastradopola embarcación. Está permitido enfondos superiores a 20 m. úsase paraespecies como a vieira ou a ameixa.
  • 28. Existen tamén algúns aparellos auxiliares, útiles tanto para a pescacomo para o marisqueo: Trueiro: formado por unha vara á que vai unido un aro ó que se lleincorpora unha bolsa de rede. Tina ou espello: caixa de madeira cun cristal no fondo que permite vero fondo mariño a curta distancia (ata 3 m.). úsase na captura de centola ou doourizo. Bicheiro: vara cun gancho de ferro nun dos extremos que serve tanto para a pesca como para enganchar cabos ou acercar a embarcación a terra.
  • 29. SALA CATRO: Os restos óseos das baleas son as protagonistas desta sala. Foronrecollidos nas inmediacións das praias de San Cibrao, en especial na deCubelas, nas que se procesaban os cetáceos cazados nos ss. XVI-XVII. Xa no s. XX, a caza da balea volveu a ser unha fonte de recursosdestacada para a economía de local. A familia Massó, unha das principaissagas conserveiras de Galicia, instalaron unha das súas factorías baleeiras enMorás (Xove). Sección 7.- OS CAZADORES DE BALEAS A caza da balea xa está documentada nos portos vascos desde o s. XII.No s. XIV, unha crise nas capturas, fixo que os baleeiros vascos,especialmente guipuscoanos e biscaíños, tivesen que buscar novosasentamentos, nun principio temporais, circunstancia que fixo que estatradición se fose desprazando progresivamente ó longo da cornixa cantábrica. En Galicia, a industria baleeira tivo o seu apoxeo entre os ss. XVI e XVII.As bases baleeiras de meirande importancia localizábanse na Mariña Lucense,nos portos de Rinlo, Foz, Nois, Burela, San Cibrao e Bares. No litoral atlántico,sólo os portos de Caión e Malpica desenvolveron con éxito esta pesquería. O sistema de caza tamén foi importado da tradición vasca: “Mátanas da seguinte maneira: sóbese unha atalaia á punta dunha serraque cae sobre o mar e de alí ven de lonxe saltar gran cantidade de auga paraarriba facendo moita escuma, e cando a balea ten a metade do corpo fóra daauga, a atalaia dá aviso ós mariñeiros, os cales armando as súas barcas epoñendo dentro moita cantidade de cordas e nos cabos atados uns dardosarpoados vanse a elas, e tirándolles como se senten feridas van logo moibravas mar a dentro; levando metidos aqueles arpóns e os pescadoresdándolles sempre corda séguenas ata que xa desangradas e perdida aquelafuria tráenas tirando delas ata terra, onde facendo grandes lumes sacan delasmoito aceite”. (Bartolomé Sagrario de Molina, Ldo. Molina, Descrición del Reino deGalicia y de las cosas notables del)
  • 30. As mandas de cetáceos, principalmente a balea vasca (Eubalaenaglacialis ou Eubalaena Biscayensis), abeirábanse polo Cantábrico no seuroteiro migratorio desde o Atlántico Norte, entre os meses de outubro e marzo.Nesta época, a frota, integrada por unha chalupa principal e outras auxiliares,tiñan o aparello preparado para saír ó mar en canto o atalieiro dese aviso debalea. As chalupas galegas medían entre 6 e 8,5 m. de eslora e portaban douspaus coas súas correspondentes velas. A tripulación estaba composta por oitoou nove homes. O animal era enganchado cun arpón de ferro, coa punta enforma de frecha. Para esgotala acometíana coas sangradeiras ou chabolíns,semellantes ó arpón pero coa folla lanceolada, destinadas a desangrar óanimal. Ámbolos aparellos ían atados a unha estacha (corda de cánabo). Unha vez morta, a balea era trincada (atada) entre varias embarcaciónse levada ata terra para o seu despezamento. Para tal fin usábanse diferentestipos de coitelos (trinchante, coitelos de man, machetas, coitelos a dous fíos,etc.). A graxa da balea ou saín era derretida xeralmente na mesma praia ounas súas proximidades, en grandes caldeiras, para despois ser envasada enbarricas para a súa comercialización. O aceite obtido empregábase comocombustible para as lámpadas ou para o carenado das embarcacións. Cotempo fóronselle atopando novos usos: facíase margarina, xabóns, vernices,empregábase en perfumería e en farmacia, etc. Coas barbas da balea, ou fanóns, facíanse variñas para paraugas,corsés ou abanos, para os escanciadores de viño, bucinas, etc. Da cabeza docachalote (Physeter macrocephalus) extráese o espermaceti ou esperma debalea, un fluído que antigamente se usaba como aceite de buxías e naactualidade serve para a elaboración de cosméticos e productos farmacéuticos. En portos coma os de San Cibrao, Foz ou Burela, na primeira metadedo s. XVII, a industria baleeira deu lugar a un productivo intercambio comercialco resto da área cantábrica, que chegou incluso ata Francia. Entre finais do s. XVII e principios do XVIII produciuse a decadenciadefinitiva da caza da balea nas nosas costas. Non sería ata 1965 cando asbaleas voltarían a cobrar protagonismo na vida de San Cibrao, cando aempresa conserveira Massó instalou unha das súas factorías no Portiño deMorás (Xove). A factoría contaba cunhas modernas instalacións que permitían
  • 31. o completo procesado da balea, para a obtención e envasado de aceites efariñas, e tamén para a preparación da carne para o consumo. As capturasefectuábanse desde barcos baleeiros, coma o “Carrumeiro” ou o “Cabo Moras”,armados con canóns arpoeiros armados na súa proa. Pechou as súas portas no 1976, pouco antes da declaración damoratoria internacional á caza comercial de baleas (1986). Hoxe en día, eses terreos están ocupados pola factoría alumineiraAlcoa, un dos piares básicos da economía da zona.

×