Your SlideShare is downloading. ×
Manifesto plataforma galega_definitivo_09
Manifesto plataforma galega_definitivo_09
Manifesto plataforma galega_definitivo_09
Manifesto plataforma galega_definitivo_09
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×
Saving this for later? Get the SlideShare app to save on your phone or tablet. Read anywhere, anytime – even offline.
Text the download link to your phone
Standard text messaging rates apply

Manifesto plataforma galega_definitivo_09

238

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
238
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0
Actions
Shares
0
Downloads
3
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

Report content
Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
No notes for slide

Transcript

  • 1. MANIFESTO DA PLATAFORMA GALEGA PARA A DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA ANTE O PERIGO DE DETERIORACIÓN E PRIVATIZACIÓN DO SISTEMA SANITARIO A chegada ao goberno de Galicia dun partido que no seu programa electoral facía unha firme aposta pola xestión empresarial dos centros sanitarios públicos (este partido privatizou a xestión dás Fundacións Sanitarias), e que apoiou, na derrogada Lei de Ordenación Sanitaria de Galicia, a incorporación dos hospitais privados ao sistema sanitario público mediante a Rede de Hospitais de Utilización Pública, na que vos centros privados gozaban dos mesmos dereitos cos públicos, xerou unha gran preocupación entre as organizacións sociais, sanitarias e sindicais que defenden e apoian a sanidade pública. Dúas medidas provocaron unha gran alarma na cidadanía e nos profesionais sanitarios: - O anuncio de drásticos recortes do gasto sanitario publico. - A paralización dos proxectos de creación e mellora dos novos hospitais de financiamento público (mediante a Sociedade Pública de Investimentos- SPI). Como consecuencia disto, as organizacións sociais, profesionais e sindicais que integran a Plataforma Galega para a Defensa da Sanidade Pública concordamos nunha serie de puntos que queremos trasladar á opinión pública e ao conxunto das organizacións sociais e políticas de Galicia, para defender ao sistema sanitario público galego do seu deterioración e privatización: 1.- A necesidade de que o goberno promova melloras no financiamento sanitario para incrementar o diñeiro dispoñible para a sanidade pública: Aos problemas dun modelo que vincula o financiamento á poboación (sen ter en conta o envellecemento ou a dispersión da mesma), e a unha serie de impostos de gravan a actividade económica, hai que engadir a crise económica que reduce a recadación dos mesmos á vez que incrementa as necesidades asistenciais. En base a esta situación pedimos ao novo goberno que: - Negocie un cambio no modelo que garanta a suficiencia financeira da Sanidade Pública Galega. 1
  • 2. - Incremente as partidas orzamentarias destinadas á sanidade dentro do orzamento Galego e evite destinalo a outros fins. - Que as reducións de gasto se concentren en áreas que non afecten á asistencia sanitaria como o gasto farmacéutico, con medidas como a potenciación de medicamentos xenéricos de menor prezo que os de marca comercial pero moito máis baratos. - Que o financiamento e construción das novas infraestruturas sanitarias sexa pública. 2.- Manteña o Plano de Mellora de Atención Primaria Negociado e aprobado polo anterior goberno con todas as organizacións profesionais e sindicais do sector, que contribuíron a cambiar de xeito importante os recursos, a capacidade resolutiva e a mellora da calidade dos centros de saúde. - Consideramos necesario que se respecte o acordado polo anterior goberno con todas as organizacións sindicais e profesionais do sector. - Esiximos que se manteña o calendario de reunións previsto da Comisión de Seguimento, para avaliar o desenvolvemento do Plan de reforma. 3.- Manteña o Plano de Novas Infraestruturas Sanitarias destinado a mellorar as infraestruturas hospitalarias e de Atención Primaria da nosa CCAA: - Consideramos urxente que se proceda a abrir o novo Hospital de Lugo antes de finalizar este ano 2009. - Inicie de xeito inmediato, e mediante financiamento público, o Novo Hospital de Vigo, coas dimensións de camas e recursos previstas para mellorar os graves déficits de recursos que afectan á atención hospitalaria da área e para que POVISA deixe de ser centro de referencia da Península do Morrazo, Coia e Valmiñor, cuxa poboación debe ser atendida por un centro sanitario público, en igualdade de condicións que o resto da área. - Proceda de xeito inmediato á expropiación de terreos e o inicio da obra do Hospital Único de Pontevedra mediante financiamento público, que amplíe o número de camas ata 800, incorpore os novos servizos previstos e os unifique 2
  • 3. nun só centro. Esta Plataforma considera inaceptable que no marco da crise económica se dilapide o diñeiro investido ata agora na mellora do Hospital Montecelo e nos accesos ao mesmo. Esiximos que todas as novas infraestruturas sanitarias públicas sexan de financiamento e xestión pública, para evitar a enorme hipoteca para o sistema que supón recorrer ao financiamento privado a través da Concesión de Obra Pública (PFI), e que os novos centros sanitarios pasen a ser propiedade de empresas privadas durante máis de trinta anos. - Se modifiquen os estatutos de GALARIA para impedir que sexa utilizada para privatizar a xestión e a participación empresarial no financiamento e construción dos novos hospitais. 4.- Manteña o complemento de Dedicación Exclusiva do persoal facultativo que traballa non sistema público - Esiximos o mantemento do complemento de dedicación exclusiva para evitar os conflitos de intereses que se dan na actualidade, e que favorecen o incremento das listas de espera nalgúns casos e as desigualdades no acceso aos recursos polos sectores economicamente máis débiles. - De xeito complementario esiximos que se cumpran os acordos cos sindicatos para a ampliación do horario dos centros, aproveitando deste xeito os recursos dispoñibles, ampliando os horarios de atención e adecuando as plantillas dos centros públicos, e acabar coas chamadas ‘peonadas’ que xeran inxustizas e desigualdade entre os profesionais dos hospitais e un gasto inaceptable. 5.- Amplíe a Participación Social no sistema sanitario - Consideramos necesario manter e ampliar as competencias dos novos órganos de Participación Social na Comunidade Autónoma e nas áreas sanitarias, que aínda que limitados e insuficientes supoñen un primeiro paso para que os cidadáns poidan colaborar na planificación e control do sistema sanitario e comprometerse co bo funcionamento do mesmo. - Tamén consideramos necesario manter e ampliar a colaboración da Administración Sanitaria, a Universidade, as Federacións Veciñais e outras 3
  • 4. organizacións sanitarias nos Cursos de Capacitación para a Participación dos membros das organizacións sociais. 6.- Mellora da Saúde Mental A aprobación e posta en marcha do Plan Estratéxico de Saúde Mental de Galicia 2006-2011, supuxo o inicio dun proceso de mellora dos recursos de saúde mental en Galicia que estaban situados entre os menos desenvolvidos de todo o Estado. Por iso, consideramos indispensable que se: - Continúe o desenvolvemento do Plan acordado, como mínimo, co cronograma previsto. - Continúe o proceso de normalización da atención ao drogodependente a través da adscrición da rede de drogas aos Servizos de Saúde Mental do Servizo Galego de Saúde, conforme o disposto no Plan de Galicia sobre Drogas 2007-2009". 7.- Mellore e amplíe a colaboración da Atención Sociosanitaria coa sanidade pública - Rexeitamos a privatización dos recursos destinados a atención sociosanitaria. - Esiximos incrementos nas camas de longo tratamento e outros recursos asistenciais. - Melloras na coordinación entre sistema sanitario e sociosanitario. - Controis nos centros concertados, eliminando éstes cando se detecten irregularidades ou non estean xustificados. 8- Promova unha política de recursos xusta e incentivadora - Manteña os acordos de incrementos de prazas en todas as categorías. - Manteña as convocatorias periódicas de novas prazas para garantir a estabilidade laboral e a mellora das condicións de traballo, e evitar deste modo a fuga do persoal a outras CCAA ou ao estranxeiro. Dende a Plataforma Galega para a Defensa da Sanidade Pública facemos un chamamento a todas as organizacións sindicais, profesionais e cidadás a subscribir e apoiar este acordo para evitar a deterioración e a privatización do sistema sanitario público. 4

×