Your SlideShare is downloading. ×
  • Like
Presentacion contido 2 bach
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×

Now you can save presentations on your phone or tablet

Available for both IPhone and Android

Text the download link to your phone

Standard text messaging rates apply
Published

 

  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Be the first to comment
    Be the first to like this
No Downloads

Views

Total Views
3,778
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
4

Actions

Shares
Downloads
3
Comments
0
Likes
0

Embeds 0

No embeds

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
    No notes for slide

Transcript

  • 1. CONTIDOS LINGUA GALEGA E LITERATURA 2º BACHARELATO
  • 2. BLOQUE I: O TEXTO  Compresión expresión.  Tres preguntas: 5 puntos dentro da proba.  Dúas breves de comprensión de 1 punto cada una.  Resumo breve do texto ou de parte del  Estrutura do texto  Ideas principais e secundarias  Intencionalidade do texto, opinión do autor sobre algún aspecto que se indique  Significado concreto no texto dalgunha palabra ou expresión.  E unha máis longa de expresión de 3 puntos.  Na pregunta longa de expresión, en aproximadamente 200 ou 250 palabras, pedirase nela a elaboración dun texto relacionado co texto proposto no exame. Valorarase na súa puntuación o xuízo crítico sobre ideas que conteña o texto, a capacidade de estruturación e exposición de ideas ademais da expresión correcta.
  • 3. BLOQUE II: A GRAMÁTICA  Dúas son as preguntas de gramática que se lle proporán ao alumnado, cunha valoración de 1 punto cada una.  As preguntas de gramática centraranse en conceptos relacionados coa fonética, fonoloxía, morfoloxía, sintaxe, semántica e léxico ou dialectoloxía.  O apartado de dialectoloxía centrarase sobre as posibilidades dialectais que podería ter unha forma presente no texto ou a distribución dialectal dunha forma proposta no enunciado da cuestión.
  • 4. BLOQUE III: SOCIOLINGÜÍSTICA  A pregunta de sociolingüística centrarase nalgunha das seguintes propostas:  1. As funcións sociais da lingua. Conflito e diglosia. Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos.  2. Historia da normativización: a construción da variedade estándar. Interferencias e desviacións da norma.  3. Linguas minorizadas e linguas minoritarias. O galego: lingua en vías de normalización.  4. O galego no primeiro terzo do século XX: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.  5. O galego de 1936 a 1975: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.  6. O galego a finais do século XX: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.  Malia a posibilidade de estenderse nestas preguntas, será necesario que a resposta sexa resumida, aproximadamente nunhas 200 ou 250 palabras,. É moi importante centrarse no contido da pregunta e non pararse en consideracións xerais.
  • 5. BLOQUE IV: LITERATURA  As preguntas que se proporán ao alumnado son as seguintes:  1. A poesía das Irmandades da Fala. Características, autores e obras.  2. A poesía de vangarda. Características, autores e obras representativas.  3. A prosa no primeiro terzo do século XX: as Irmandades e o Grupo Nós (narrativa, ensaio e xornalismo).  4. O teatro no primeiro terzo do XX: Irmandades, vangardas e Grupo Nós.  5. A poesía entre 1936 e 1976: A Xeración do 36, a Promoción de Enlace, a Xeración das Festas Minervais.  6. A prosa entre 1936 e 1976: os renovadores da prosa (Fole, Blanco Amor, Cunqueiro e Neira Vilas).  7. A Nova Narrativa Galega. Características, autores e obras.
  • 6. BLOQUE IV: LITERATURA  8. O teatro galego entre 1936 e 1976: a Xeración dos 50 e o Grupo de Rivadavia.  9. A literatura no exilio ente 1936 e1976: poesía, prosa e teatro.  10. A poesía a fins do XX e comezo do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Poetas e tendencias actuais máis relevantes.  11. A prosa de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Prosistas e tendencias actuais máis relevantes.  12. O teatro de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Dramaturgos, tendencias e compañías actuais máis desenvolvidas ou máis esquemáticas.  Nesta pregunta non se poderán limitar o alumno a ofrecer unha listaxe de autores e obras, senón que deberá presentar unha explicacións das características da escrita dos autores, das tendencias ou das etapas. Verbo da extensión da proba oscilará entre as 400 e 500 palabras dependendo do grao de profundidade na exposición do tema.
  • 7. CRITERIOS DE CORRECCIÓN  Aplicarase unha penalización máxima sobre a proba de 2 puntos por erros ortográficos. Os erros poderán ser:  1. Moi graves: Aquelas solucións alleas ó sistema lingüístico do galego (tempos compostos, mala colocación do pronome persoal átono...). Descontaranse 0,2 puntos.  2. Graves: Solucións ortográficas contrarias á norma lingüística (b/v, h. y...). Acentuación diacrítica. Descontaranse 0,1 puntos.  3. Leves: Solucións galegas alleas ó estándar vixente. Acentuación non diacrítica. Penalizarase con 0,05 puntos.  Esta valoración negativa non se aplicará sobre a pregunta 3, xa que na propia valoración da pregunta irá incluído o desconto.
  • 8. LECTURAS OBRIGATORIAS  Manuel Antonio; De catro a catro  Blanco Amor; A esmorga  Raúl Dans; Lugar (no CD que acompaña o libro o no blog de 2º de Bacharelato)