Your SlideShare is downloading. ×
Ciconi@ 20 (galego)
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×
Saving this for later? Get the SlideShare app to save on your phone or tablet. Read anywhere, anytime – even offline.
Text the download link to your phone
Standard text messaging rates apply

Ciconi@ 20 (galego)

413

Published on

Proxecto para secundaria de traballo sobre as inmigracións a través das ferramentas TIC (web 2.0 e audiovisuais)

Proxecto para secundaria de traballo sobre as inmigracións a través das ferramentas TIC (web 2.0 e audiovisuais)

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
413
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
3
Actions
Shares
0
Downloads
0
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

Report content
Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
No notes for slide

Transcript

  • 1. Proxecto Ciconi@ 2.0. No outono, as cegoñas europeas voan en bandadas en dirección sur, cara a África, e en primavera adoitan volver ao niño que deixron seis meses atrás. O máis habitual é que utilicen o mesmo niño durante anos.
  • 2. Contexto e xustificación IES A Cachada
    • Ubicado na costa das Rías Baixas, provincia de A Coruña, Galicia
    • 3. Instituto de secundaria obrigatoria, con alumnado próximo ao medio millar e 46 docentes
    • 4. Experiencias educativas anteriores en creación de recursos TICs conxuntamente co alumnado (proxecto Francachadonia )
    • 5. Actualmente, existe un aumento da poboación inmigrante proveniente de Europa do Este e o Magreb
  • 6. Obxectivos de Ciconi@ 2.0 Clasificar e crear recursos TIC para o traballo nas aulas - Fomentar o uso das ferramentas web 2.0 para a comunicación, compartllamento e publicación de contidos - Coñecer manifestacións culturais que involucren recursos multimedia e poidan ser útiles para a exposición creativa de contidos sociais - Recolectar e difundir novas relacionadas co noso tema de traballo: as migracións Acercarse ao fenómeno das migracións - Coñecer as comunidades que están chegando hoxendía á nosa bisbarra - Documentarse sobre o pasado migratorio da rexión - Establecer contacto cun colectivo inmigrante en edade escolar - Adoptar unha actitude positiva respecto ao fenómeno da inmigración
  • 7. Temporalización
    • Duración: un curso escolar (en horario extraescolar)
    • 8. Fases:
        • F1. Formarse no uso de ferramentas web 2.0
        • 9. F2. Coñecer recursos artísticos (cine, teatro, fotografía, audio) que amplíen o horizonte creativo do alumnado
        • 10. F3. Documentarse sobre a presencia de colectivos inmigrantes e movimentos migratorios históricos na nosa rexión
        • 11. F4. Entrar en contacto con inmigrantes e emigrantes para coñecer a súa realidade
        • 12. F5. Elaborar produtos audiovisuais que narren as experiencias compartidas cos anteriores colectivos
        • 13. F6. Difundir o proxecto
  • 14. F1. Ferramentas de comunicación: a web 2.0
    • o alumnado prepara un titorial sobre o software ofimático Google Docs así como sobre os servizos Wordpress e Blogger para elaborar blogs
    • 15. En diversos recreos expónse este traballo ante o profesorado interesado
    • 16. Créase o blog Ciconia20 para ir publicando todo o relativo ao proxecto
  • 17. F2. A arte e a expresión de contidos
    • Asístese á representación da obra teatral Citizen, do grupo de Compostela “Chévere” ; trátase dunha peza contemporánea que mestura análise histórica, comedia e denuncia social e na que se traballa con múltiples recursos audiovisuais. A compañía ofértanos un “obradoiro do espectador” no que o alumnado pode preguntar a director e reparto particularidades da obra
    • 18. Proxéctanse no centro diferentes obras cinematográficas de interese social e/ou artístico: Un franco 14 pesetas; Dogville; Binta y la gran idea...
  • 19. F3. A nosa relación coas migracións
    • Recopílanse fotografías de familiares emigrados do alumnado, a fin de elaborar coas mesmas un libro de historias (visible en este enlace )
    • 20. Organízase unha mesa redonda con membros da ONGD local ConTacto, de acollimento de inmigrantes do continente africano
    • 21. Achegámonos a outro tipo de abandono do país: o exiliado político
    • Éntrase en contacto a través de videoconferencia cun colectivo inmigrante en edade escolar : grupo de alumnado de Cabo Verde do IES Monte Castelo, Burela, Lugo
  • 22. F4. Entramos en conTacto
    • Comezamos a traballar coa asociación conTacto : asistimos a unha cerimonia do té na que coñecemos a realidade subsahariana; explícannos con presentacións dixitais a forma de vida en Senegal; coñecemos as liñas de traballo e aportamos o noso graíño $de area (elaborando a súa páxina web, publicando o seu material e colaborando co banco de roupa da comunidade)
    • 23. Organizamos un campus vivencial (xornada lúdico-cultural) co colectivo caboverdián do IES Monte Castelo , de Burela, co que se estableceron contactos vía correo electrónico e redes sociais
  • 24. F5. Elaboración de materiais
    • Edición da peza audiovisual Habiba , baseada nas experiencias nun campo de refuxiados arxelino desta integrante da ONGD ConTacto
    • 25. Edición da peza audiovisual Exiliados no Distrito 14 que narra as experiencias do avó dunha alumna no seu exilio en Francia
    • 26. Edición da peza audiovisual Emprendendo Encontros , fruto da xornada de encontro entre alumnado do IES A Cachada e o caboverdián do IES de Burela, Lugo
    • 27. Creación do blog Ciconia20 e dun site para aloxar todo o proxecto (en elaboración actualmente), vídeos, titoriais e álbum de fotos da emigración
    • Gravación dun documental sobre alumnado inmigrante de Rumanía que está no noso centro (non puido por erros de audio, pero podedes ver a galería de imaxes do día da gravación )
  • 28. F6. Difusión do proxecto
    • Así como no blog Ciconia 20, creouse un perfil do IES A Cachada en facebook onde fumos pendurando os artigos que se usaron, así como os materiais elaborados.
    • 29. As nosas actividades víronse reflectidas na prensa en numerosas ocasións
    • 30. Na revista do instituto, a Xanela, o alumnado fixo unha reportaxe sobre o proxecto
    • 31. Os vídeos elaborados ( Habiba, Emprendendo Encontros e Exiliados no Distrito 14 ) foron aceptados a concurso nol festival de cine de Ourense, OUFF Escola e prevese o seu envío a outros proxectos (como a Rede de Audiovisual Galego )
  • 32. Outras actividades formativas: cinefórum Crebinsky Reunímonos co director de cine Enrique Otero, un dos responsables do proxecto Crebinsky , gañador de numeroros premios (festival de Málaga, de Corea, de Toulusse...). Falouse de cómo se fai cine co corazón e a cabeza. Unha apasionante clase de teoría artística do audiovisual e práctica social.
  • 33. Outras actividades formativas
    • Docencias sobre o mundo audiovisual
    • 34. O artista e profesor da escola audiovisual de Ourense, Tomás Lijó, aprendeuno software útil para a producción audiovisual, e deunos moitos consellos para elaborar docus e cortos. También vimos dous dos proxectos do seu alumnado: Tourettes e Instalación, ambas ganadoras de varios premios
    • Docencias sobre a elaboración de contidos multimedia en educación
    • 35. A cargo do profesor de ensino secundario Luciano Martínez, experto en TICs, e responsable da interesantísima páxina
    • 36. Algunhas aplicacións Multimedia
  • 37. Outras actividades formativas: viaje a Suíza
      Fixémolo no mes de abril, baixo un programa e presuposto elaborado polo alumnado participante. Alí estudiamos:
    • Como se organiza a comunidade galega na emigración (visita a tres centros galegos)
    • 38. Como funcionan as escolas de español para fillos de inmigrantes (participamos nunha clase de Lengua e Cultura Española en Lausanne)
    • 39. Europa e os refuxiados: visita ao ACNUR e charla informativa
    • 40. Como se atende ao inmigrante na Oficina de información e acollida ao inmigrante (BIL) do concello de Lausanne
    • A emigración cualificada: os nosos científicos nun organismo de alta investigación (laboratorio de física nuclear CERN, visita e entrevista con algúns destes experimentadores)
  • 41. Avaliación do proxecto: a metodoloxía
    • Horario de traballo : o mesmo de anos anteriores, valorado moi positivamente:
      • Presencialmente: na franxa extraescolar dos recreos, a hora de comer do martes e algunhas tardes, de acordo coa programación de actividades
      • 42. Virtualmente: a través dun grupo de correo de gmail
    • Docencias : moi formativas e especialmente interesantes algunas delas
    • 43. Actividades : emocionantes e intensos os encontros con membros da ONGD ConTacto e a comunidad€e Caboverdiana de Burela
    • 44. Viaxe a Suíza : xuzgado polo alumnado como de “estresante” debido á densidade da súa programación (a cal, por outra parte, lles pareceu moi interesante) en apenas 5 días
    • 45. Formación artística : a proxección Dogville foi de difícil comprensión por parte do alumnado, aínda que moi proveitosa (sobre todo o cinefórum posterior); o resto de proxeccións foi seguido con interés. A obra teatral Citizen tivo uhna gran aceptación entre o alumnado, e foron ben entendidos os conceptos e instrumentos audiovisuais que na mesma se utilizaron, en parte grazas á charla posterior co director e repart o
  • 46. Avaliación do proxecto: os produtos Non houbo tempo para concluír todos os produtos planificados, polo que se plantexa a posibilidade de dar continuidade ao proxecto, dado o interés que existe entre a comunidade educativa. Respecto aos xa elaborados:
    • O álbum dixital de imaxes da emigración contou coa contribución de moitas familias, e agardamos realizar unha publicación gráfica no presente curso
    • 47. As produccións audiovisuais foron de gran interese tanto para o alumnado participante como para a comunidade educativa, poi entraron a concurso na división oficial do festival de cine de Ourense, sección Escola. Esperamos editar o resto de material gravado durante o curso
    • 48. Contribuiuse a dixitalizar contidos da ONGD ConTacto , pero a súa páxina web aínda non está rematada. Estarao nos próximos meses

×