Castiñeiro (Castanea sativa)
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×
 

Castiñeiro (Castanea sativa)

on

  • 142 views

 

Statistics

Views

Total Views
142
Views on SlideShare
142
Embed Views
0

Actions

Likes
0
Downloads
1
Comments
0

0 Embeds 0

No embeds

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Microsoft PowerPoint

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

Castiñeiro (Castanea sativa) Castiñeiro (Castanea sativa) Presentation Transcript

  • Castiñeiro castañeiro (Castanea sativa) castaño chestnut châtaignier castanheiro
  • CLASE Anxiospermas ORDE Fagales FAMILIA Fagáceas
  • Copa cónica nos exemplares novos e esférica nos máis vellos que pode acadar os 30 m de altura. É unha árbore orixinaria de Asia Menor que se difundiu por Galiza desde tempos moi antigos e, en especial en tempos dos romanos.
  • O toro é robusto coas ponlas fortes e case horizontais. A tona é gris lisa nos novos, e logo vaise gretando e escurecendo.
  • Castiñeiro co toro modificado polas podas.
  • FOLLAS Simples, alternas, en forma de lanza coa beira dentada (15 x 5 cm), de cor verde brillante polo dereito e cubertas de pelo moi fino polo revés, cos nervos moi marcados. O peciolo é cilíndrico e curto (1-2 cm).
  • FLORES Son unisexuais e aparecen en amentos longos (25 a 32 cm ) ocupados maiormente por flores masculinas de cor amarela, formados por masas de estames libres. Algúns amentos levan na base as flores femininas, formadas por varios ovarios agrupados no interior dunha cuberta espiñenta de cor verde. Florece de maio a xuño. Polinízase polo vento.
  • FROITOS Aquenios (castañas). Desenvólvense no interior dunha cúpula espiñenta (ourizo) que se abre cando madura, entre setembro e novembro, para deixalas libres.
  • CICLO ANUAL-CASTIÑEIRO Folla Flor Froito xaneiro febreiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembro outubro novembro decembro
  • Os soutos son os bosques de castiñeiros e na actualidade ocupan en Galicia arredor de 30.000 ha, sobre todo nas provincia de Ourense e Lugo, a maioría de plantación. Os castiñeiros bravos atópanse mesturados con outras especies en moitos bosques naturais por todo o territorio galego. Os soutos diminuíron polo mal da tinta, producido por un fungo (Phitophtora cinnamoni) que afectou gravemente aos castiñeiros. Na actualidade estanse a introducir variedades híbridas resistentes.
  • A castaña recóllese no outono, entre setembro e novembro, segundo a variedade. Primeiro recóllense as que caen de xeito natural e logo varéase o castiñeiro para tirar os ourizos.
  • USOS A madeira é moi apreciada en ebanistería por que é dura, ten un bo acabado e resiste ben a couza e a rela. As ponlas novas fendidas úsanse para facer cestos. As castañas como alimento de persoas e animais. Os soutos son ademais bos produtores de cogomelos (boletus, rúsulas, cantarelos...). Na actualidade Galicia produce, cada ano, máis de 8.000 toneladas de castañas, un 60% da que se comercializa en España.
  • A castaña foi un elemento importante da alimentación das persoas e os animais de Galicia ata que se extenderon o cultivo da pataca e o millo. Botábanse no caldo, cocíanse con auga ou con leite, asábanse, facíase puré, conservábanse secas... A amplia extensión do cultivo deu lugar á aparición de moitas variedades (hai 143 rexistradas) que se distinguen pola época de maduración, o tamaño, o sabor, a facilidade para desprenderse da tona... Os produtores véndenas en verde, pero hai empresas que as preparan, envasan e conservan de diferentes maneiras: conxeladas, confitadas (marrón glacé, en almibre), secas, moídas (fariñas para repostería). Tamén se fan licores.
  • Nas zonas onde está moi extendido o cultivo da castaña existen aparellos e instalacións específicos relacionados co seu aproveitamento: ouriceiras, onde se amorean os ourizos para que abran; e sequeiros, onde se secan, para que se conserven e se desprendan da tona. Ouriceira na Fonsagrada.
  • Sequeiro en San Estevo de Ribas de Sil.
  • Castiñeiros de Quintela de Catasós. (Lalín-Pontevedra). Posiblemene plantados a mediados do século XIX. Miden entre 33 e 35 m de altura. Declarados únicos pola FAO en 1954 por ter o fuste máis alto de Europa e actualmente están declarados Monumento Natural.
  • Castiñeiro de Pumbariños, no Souto de Rozabales en Manzaneda (Ourense). É o de maior perímetro de Galicia, con máis de 12 m, e supera os 500 anos. Foi declarado Monumento natural no 1995.
  • Castiñeiro da Regadiña. Mendoia. (Pobra de Trives-Ourense). O toro ten un gran oco e a copa está moi mermada. Supera os 500 anos e ten 11 m de perímetro.
  • Castiñeiro de Cerdedelo. (Laza-Ourense)
  • Castiñeiro da Capela. Baamonde (Begonte-Lugo). Situado no adro da igrexa parroquial de Baamonde, no seu interior ten unha talla da Virxe do Rosario. O especial cariño que lle tiña a xente do lugar e o traballo que fixo nel o escultor Victor Corral, impediron que fose cortado cando se ampliau a estrada.
  • REFRÁNS: -O que non sabe mañas non come castañas. -A castaña no agosto quer beber e no setembro comer. -A castaña no Nadal sabe ben e parte mal. -A castaña e o besugo en febreiro non ten zugo. -Temperá é a castaña que por setembre regaña. -Non quero peral, quero castañeiro, para ter castañas para o ano enteiro. CANTIGAS Indo polo souto abaixo atopei un ouriciño, tres castañiñas me deu para ti meu queridiño. Non chas quero, non chas quero, castañas do teu magosto, Non chas quero, non chas quero, que me cheiran ao chamosco. A castaña no ourizo eu ben sei o que che fai; se é que stá verde, amadura, e despois de madura cai. Santo que estás no canizo bota castañas abaixo, que anque non teño mantelo, apáñochas no refaixo.
  • TRADICIÓNS: O magosto é unha festa que se celebra en novembro de longa tradición en Ourense. Ten unha orixe moi antiga relacionada co ciclo das colleitas. Ásanse e cómense as castañas xógase e cántase. Hai a crenza de que despois da festa as ánimas van quentarse ás brasas das fogueiras e hai que deixarlles algunhas castañas para elas.
  • Aparellos para asar castañas
  • asadeiros das castañas (Museo de Vilar-O Courel) Bandoxo das castañas
  • ESCOLMA LITERARIA VEO o tempo morno do Outono Os días son tardes longas O aire é unha cousa... Todo ten ise xeito: os tesos os camiños que se van no serán do val os soutos alumados d’ouro eu quedo ollando ó mofo... Uxío Novoneyra (OS EIDOS) MONTAXE: Adela Leiro FOTOS: Adela Leiro Mon Daporta Internet