Auga que
traballa
As correntes de auga conteñen enerxía potencial (pola
diferencia de altura entre dous puntos) e enerxía cinética
(polo mov...
A enerxía da auga (enerxía hidráulica) é unha enerxía
renovable que depende do sol (ciclo da auga).
Para aproveitar a enerxía da auga utilízase unha roda hidráulica que
funciona como un torno. A auga golpea nos puntos exte...
A roda pode ir conectada directamente co resto dos aparellos ou precisar
un sistema de operadores que cambien a dirección ...
ENERXÍA
HIDRÁULICA
ENERXÍA
MECÁNICA

Muíños

Batáns,
mazos…

Serradeiros

ENERXÍA
ELÉCTRICA

Noras
USOS TRADICIONAIS DA ENERXÍA HIDRÁULICA EN GALICIA
Galicia é un país percorrido por máis de mil ríos e regatos e as nosas ...
MUÍÑOS

Mecanismos para moer. Utilízanse para triturar distintos
materiais, sobre todo cereais.
A enerxía da auga move o r...
Acea no Miño (Lugo)

O tamaño e a estrutura
construtiva dos muíños
galegos é moi variada.

Pequeno muíño no Xallas
TIPOS DE MUÍÑOS SEGUNDO
A POSICIÓN DA RODA MOTRIZ

Roda vertical (bruia)

Roda horizontal (Rodicio)
1-RODA VERTICAL (BRUIA)

Roda hidráulica con canle de alimentación inferior. É o tipo máis
simple. Aproveita só o impulso ...
Roda hidráulica con canle de alimentación superior: o peso da auga que cae
nos caixóns ou pas aumenta a forza. Instálanse ...
2-RODA HORIZONTAL (RODICIO)
Son os máis comúns. A roda motriz vai situada nun oco
inferior, chamado inferno, debaixo da es...
MUÍÑO DE CUBO
Instálase en ríos de caudal
escaso. Gáñase forza da auga
pola altura que esta acada
dentro do cubo.
MUÍÑO DE BALSA
Instálase en ríos de caudal
escaso. A balsa serve de
reserva de auga.
MUÍÑO DE ARTESA
Instálase en ríos de caudal
escaso. Combina a función
do muíño de cubo (aumento
de altura) e o de balsa
(r...
MUÍÑO DE DORNA
OU DE REGOLFO
O rodicio vai metido nun pozo
cilíndrico para aproveitar a forza
da auga que rebota nas pared...
ELEMENTOS DUN MUÍÑO
Presas ou tostas
canles e aliviadoiros
Canles de entrada con sistemas para pechar a achega de auga.
RODICIO: actúa como un torno. A auga bate nas pás e fai xirar a roda.

Remate da canela cun pechadoiro.
Rodicio e viga ou ...
VEO: eixo que transmite o
movemento do rodicio á moa. O
extremo do eixo (grilo) xira sobre
unha pedra moi dura (ra)

ra

V...
REGULADOR, ERGUEDOIRO OU TEMPERO: controla a viga para separar máis ou
menos as pedras e moper máis fino ou máis gordo.
aparellos de moer
muíños co tremiñado de madeira
muíño co tremiñado de pedra
MOEGA: tolva onde se deposita o gran
A forma de plano inclinado faino baixar
pola QUENLLA ou CANETA.
MOA ou CAPA: pedra móbil que
xira e moe o gran contra o pé. A
forma de plano inclinado xunto co
movemento de rotación fai ...
As peneiras de traque van conectadas ao
mecanismo que move o muíño.
Medidas: ferrado e maquía
Pa e peneira

Ucha
Conxunto de muíños do Barosa (Barro).

Conxunto de muíños do Folón (O Rosal).
FERRERÍAS

Son instalacións adicadas ao
traballo e transformación do ferro.
Naceron na Idade Media e foron
moi abundantes ...
O eixo da roda (árbore) leva uns saíntes
(malumbreiros) que obrigan a levantar o
mazo. Este cae polo seu propio peso e
gol...
O banzado é un depósito de
auga situado na parte alta da
instalación. Desde el a auga
baixa polo chifrón para
mover a roda...
Rodas e eixo

Mazo de Santa Comba. Lugo

Ferrería de Penacova. Bóveda.
Para insuflar o aire utilizaban varios sistemas: foles (accionados
manualmente ou cunha roda hidráulica), trompas de auga ...
Mazo hidráulico de Penacova.

moa de afiar
BATÁNS

Usábanse para mazar os
tecidos de la.
Os panos, despois de
tecidos, colocábanse en
pías con auga onde se
golpeaban...
SERRERÍAS

Instalacións para cortar
madeira. As máis sinxelas tiñan
unha serra simple. As máis
complexas utilizaban a auga...
Serrería en Maceiras
RODAS DE
AFIAR

Usábanse para facerlle o fío
ás ferramentas.
FÁBRICAS DE PAPEL

Usában a auga para mazar as febras.
En Galicia houbo varias: Arenteiro, Lousame, Faramello…

Fábrica de...
MAZO DO LIÑO
Utilizábase para mazar o liño.

Mecanismo para mazar o liño
(reconstrucción). Museo Casa do
Patrón. Doade (La...
PETACÁN

(ESPANTAPAXARO
S) Curioso enxeño que se

instalaba nos regos de
auga para espantar os
paxaros producindo ruídos.
TRADICIÓN ORAL
REFRÁNS

-Cando o muíño busca o gran… tantarantán.
-Vale máis acea parada que muiñeiro amigo.
-Se o muíño n...
CANTIGAS
Unha noite no muíño,
unha noite non é nada,
unha semaniña enteira
esa sí que é muiñada.
No muíño fan cantigas,
no...
O muíño troula troula
bota fariña da roda,
a meiga da muiñeira
ten un andar que namora.
Á porta daquel muíño
púxenme a con...
DITOS

-Cada muíño quere a súa auga
-Auga pasada non move muíño
-O que pode, vai ao muíño e moe
ADIVIÑAS

Que será unha cousiña cousa que
anda e anda e nunca sae da casa?
(A roda do muíño)
Canto máis fame ten máis anda...
ESCOLMA LITERARIA
MUÍÑEIRA DA REVOLTA
Muiñeira da Revolta,
da Revolta revoltada,
fóichese a risa dos beizos
fóichese o bri...
“Vexo nesta morea de pedras o paso do tempo. …Vexo a auga do río que se arreda, que xa
non fai danzar os rodicios. Vexo o ...
Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta
Maio 2013
A auga na cultura galega. Auga que traballa
A auga na cultura galega. Auga que traballa
A auga na cultura galega. Auga que traballa
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

A auga na cultura galega. Auga que traballa

539 views
146 views

Published on

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
539
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
3
Actions
Shares
0
Downloads
2
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

A auga na cultura galega. Auga que traballa

  1. 1. Auga que traballa
  2. 2. As correntes de auga conteñen enerxía potencial (pola diferencia de altura entre dous puntos) e enerxía cinética (polo movemento). É unha enerxía renovable que depende do sol (ciclo da auga).
  3. 3. A enerxía da auga (enerxía hidráulica) é unha enerxía renovable que depende do sol (ciclo da auga).
  4. 4. Para aproveitar a enerxía da auga utilízase unha roda hidráulica que funciona como un torno. A auga golpea nos puntos exteriores producindo un movemento de rotación que se transmite ao eixo. As rodas de empuxe superior instálanse en lugares con pouca cantidade de auga porque para producir o movemento aproveitan a diferencia de peso que orixina nun dos lados da roda a auga almacenada nos caixóns. As rodas de empuxe inferior instálanse en lugares con auga rápida e caudal abundante.
  5. 5. A roda pode ir conectada directamente co resto dos aparellos ou precisar un sistema de operadores que cambien a dirección do movemento.
  6. 6. ENERXÍA HIDRÁULICA ENERXÍA MECÁNICA Muíños Batáns, mazos… Serradeiros ENERXÍA ELÉCTRICA Noras
  7. 7. USOS TRADICIONAIS DA ENERXÍA HIDRÁULICA EN GALICIA Galicia é un país percorrido por máis de mil ríos e regatos e as nosas xentes souberon construír diversos enxeños para aproveitar a enerxía da auga, tanto nos grandes ríos como en calquera pequena corrente. Os máis abundantes son os muíños, dos que hai varios milleiros. Nas zonas mineiras de ferro abondaban as ferrerías e espallados por moitas zonas atópanse tamén batáns para mazar la e serrerías. No seculo XIX funcionou algunha fábricas textil con enerxía hidráulica como a Isabel II en Neda e muíños de papel. En algúns muíños e ferrerías instalábanse xeradores para producir “luz”.
  8. 8. MUÍÑOS Mecanismos para moer. Utilízanse para triturar distintos materiais, sobre todo cereais. A enerxía da auga move o rodicio que por medio do eixo fai xirar a moa.
  9. 9. Acea no Miño (Lugo) O tamaño e a estrutura construtiva dos muíños galegos é moi variada. Pequeno muíño no Xallas
  10. 10. TIPOS DE MUÍÑOS SEGUNDO A POSICIÓN DA RODA MOTRIZ Roda vertical (bruia) Roda horizontal (Rodicio)
  11. 11. 1-RODA VERTICAL (BRUIA) Roda hidráulica con canle de alimentación inferior. É o tipo máis simple. Aproveita só o impulso da auga e depende do fluxo da corrente. Instálase en ríos de caudal abundante e corrente forte
  12. 12. Roda hidráulica con canle de alimentación superior: o peso da auga que cae nos caixóns ou pas aumenta a forza. Instálanse en regatos de caudal escaso. Algunhas son reversibles e poden cambiar o sentido de rotación.
  13. 13. 2-RODA HORIZONTAL (RODICIO) Son os máis comúns. A roda motriz vai situada nun oco inferior, chamado inferno, debaixo da estancia onde está o aparello de moer.
  14. 14. MUÍÑO DE CUBO Instálase en ríos de caudal escaso. Gáñase forza da auga pola altura que esta acada dentro do cubo.
  15. 15. MUÍÑO DE BALSA Instálase en ríos de caudal escaso. A balsa serve de reserva de auga.
  16. 16. MUÍÑO DE ARTESA Instálase en ríos de caudal escaso. Combina a función do muíño de cubo (aumento de altura) e o de balsa (reserva de auga)
  17. 17. MUÍÑO DE DORNA OU DE REGOLFO O rodicio vai metido nun pozo cilíndrico para aproveitar a forza da auga que rebota nas paredes.
  18. 18. ELEMENTOS DUN MUÍÑO
  19. 19. Presas ou tostas
  20. 20. canles e aliviadoiros
  21. 21. Canles de entrada con sistemas para pechar a achega de auga.
  22. 22. RODICIO: actúa como un torno. A auga bate nas pás e fai xirar a roda. Remate da canela cun pechadoiro. Rodicio e viga ou mesa.
  23. 23. VEO: eixo que transmite o movemento do rodicio á moa. O extremo do eixo (grilo) xira sobre unha pedra moi dura (ra) ra VIGA: actúa como unha panca de 2º xénero. Eleva o sistema eixorodicio-moa regulando a separación entre as pedras e polo tanto o grosor da moenda.
  24. 24. REGULADOR, ERGUEDOIRO OU TEMPERO: controla a viga para separar máis ou menos as pedras e moper máis fino ou máis gordo.
  25. 25. aparellos de moer
  26. 26. muíños co tremiñado de madeira
  27. 27. muíño co tremiñado de pedra
  28. 28. MOEGA: tolva onde se deposita o gran A forma de plano inclinado faino baixar pola QUENLLA ou CANETA.
  29. 29. MOA ou CAPA: pedra móbil que xira e moe o gran contra o pé. A forma de plano inclinado xunto co movemento de rotación fai sair a fariña polas beiras.
  30. 30. As peneiras de traque van conectadas ao mecanismo que move o muíño.
  31. 31. Medidas: ferrado e maquía Pa e peneira Ucha
  32. 32. Conxunto de muíños do Barosa (Barro). Conxunto de muíños do Folón (O Rosal).
  33. 33. FERRERÍAS Son instalacións adicadas ao traballo e transformación do ferro. Naceron na Idade Media e foron moi abundantes no Caurel, en Riotorto, A Pontenova, O Incio, A Fonsagrada... Utilizaban a forza da auga para mover grandes mazos cos que se traballaba o ferro, os foles para avivar o lume da fragua, as rodas de puír e afiar para rematar as ferramentas, as prensas para dar formas e os tornos para facer os mangos. As máis recentes tiñan machucos máis lixeiros movidos por correas de trasmisión. Ferrería de Seoane. O Courel.
  34. 34. O eixo da roda (árbore) leva uns saíntes (malumbreiros) que obrigan a levantar o mazo. Este cae polo seu propio peso e golpea o ferro (quentado previamente na fragua) contra a ingre.
  35. 35. O banzado é un depósito de auga situado na parte alta da instalación. Desde el a auga baixa polo chifrón para mover a roda. Mazo de Bogo, A Pontenova.
  36. 36. Rodas e eixo Mazo de Santa Comba. Lugo Ferrería de Penacova. Bóveda.
  37. 37. Para insuflar o aire utilizaban varios sistemas: foles (accionados manualmente ou cunha roda hidráulica), trompas de auga ou émbolos.
  38. 38. Mazo hidráulico de Penacova. moa de afiar
  39. 39. BATÁNS Usábanse para mazar os tecidos de la. Os panos, despois de tecidos, colocábanse en pías con auga onde se golpeaban para estreitar e enlear as febras e darlles corpo e suavidade.
  40. 40. SERRERÍAS Instalacións para cortar madeira. As máis sinxelas tiñan unha serra simple. As máis complexas utilizaban a auga para facer funcionar serras, tornos e cepilladoras mediante rodas de diferentes tamaños e correas de trasmisión. Serrería en Maceiras (Covelo)
  41. 41. Serrería en Maceiras
  42. 42. RODAS DE AFIAR Usábanse para facerlle o fío ás ferramentas.
  43. 43. FÁBRICAS DE PAPEL Usában a auga para mazar as febras. En Galicia houbo varias: Arenteiro, Lousame, Faramello… Fábrica de Papel de Domingo Fontán, en Vilacova Arenteiro
  44. 44. MAZO DO LIÑO Utilizábase para mazar o liño. Mecanismo para mazar o liño (reconstrucción). Museo Casa do Patrón. Doade (Lalín).
  45. 45. PETACÁN (ESPANTAPAXARO S) Curioso enxeño que se instalaba nos regos de auga para espantar os paxaros producindo ruídos.
  46. 46. TRADICIÓN ORAL REFRÁNS -Cando o muíño busca o gran… tantarantán. -Vale máis acea parada que muiñeiro amigo. -Se o muíño non anda a maquía non gaña. -Nin muíño sen rodicio nin home sen oficio. -Cando a acea está parada nin da proveito nin gaña nada. -Na acea moe o primeiro que chega.
  47. 47. CANTIGAS Unha noite no muíño, unha noite non é nada, unha semaniña enteira esa sí que é muiñada. No muíño fan cantigas, no muíño dan consellos, no muíño fanse amores e contan contos os vellos. Ao muíño do meu pai eu ben lle sei o tempero: cando está alto baixalo, e cando está baixo erguelo. Interior dun muíño (Ilustración gallega y asturiana)
  48. 48. O muíño troula troula bota fariña da roda, a meiga da muiñeira ten un andar que namora. Á porta daquel muíño púxenme a considerar as voltas que da o rodicio e aínda as que ten que dar.   Non se precisa pandeiro para bailar a muiñeira, mentras dura a muiñada márcanolo ritmo a albeira.
  49. 49. DITOS -Cada muíño quere a súa auga -Auga pasada non move muíño -O que pode, vai ao muíño e moe
  50. 50. ADIVIÑAS Que será unha cousiña cousa que anda e anda e nunca sae da casa? (A roda do muíño) Canto máis fame ten máis anda. (A roda do muíño) Anda e non ten pés come e non ten boca, canta comida lle dan toda lle parece pouca. (A roda do muíño) Máis de mil señoritos entraron (ao entrar) por un burato, colleron nome de femia e perderon o de macho. (Os graos ao facerse fariña)
  51. 51. ESCOLMA LITERARIA MUÍÑEIRA DA REVOLTA Muiñeira da Revolta, da Revolta revoltada, fóichese a risa dos beizos fóichese o brilo da cara. (...) A tolba chea non treme, o tarabelo non baila, o rodicio non se move, a moa dorme calada, silandeiro está o muíño como unha casa queimada... a ágoa vaise perdida ¡ai! como a túa mirada. ¡Espílete, muiñeira da Revolta revoltada! (...) Ramón Cabanillas “POESÍAS VENTUREIRAS”
  52. 52. “Vexo nesta morea de pedras o paso do tempo. …Vexo a auga do río que se arreda, que xa non fai danzar os rodicios. Vexo o que foi carreiro mallado de tódo-los veciños, carreiro de millo e centeo arrincados á terra ano tras ano, para se trocar en fariña-pan-mantenza. Vexo e non vexo no seu trafego o tío Marcial enfoulado, maquiando, sorrindo… Fuxiron as moas brancas de pedra, o arrolar da cangalleira, a anterga música do tarabelo. Fuxeu a ringla de saquetes de liño, e as historias de enchentas e afogados, e o parrafeo xeitoso da moza casadeira. Todo se afundeu baixo desta cativa morea de pedras”. Xosé Neira Vilas, en Lar, Ed. Akal, Madrid, 1974
  53. 53. Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta Maio 2013

×