Mergúllate na túa cidade
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×
 

Like this? Share it with your network

Share

Mergúllate na túa cidade

on

  • 1,314 views

Hª de VIgo

Hª de VIgo

Statistics

Views

Total Views
1,314
Views on SlideShare
1,311
Embed Views
3

Actions

Likes
0
Downloads
5
Comments
0

1 Embed 3

http://www.slideshare.net 3

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Microsoft PowerPoint

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

Mergúllate na túa cidade Presentation Transcript

  • 1. MERGÚLLATE Proxecto educativo realizado por: Marta Mariño Costales e María Fernanda González Rodríguez NA TÚA CIDADE
  • 2. Google Earth MUNDO EUROPA ESPAÑA GALIZA VIGO
  • 3. Índice
    • Introducción.....................
    • Prehistoria.......................
    • Os Romanos...................
    • Idade Media....................
    • Idade Moderna................
    • Idade Contemporánea....
    • Século XX.......................
    • Escudo............................
    • Bandeira ………………….
    • Bibliografía. ………………
  • 4. ¡OLA!: VOUME PRESENTAR, O MELLOR ALGUÉN XA ME COÑECE; CHÁMOME VIGO. NA ACTUALIDADE SON A CIDADE, MÁIS GRANDE E POBOADA DE GALIZA, PERO ATA FAI POUCO AINDA ERA UNHA ALDEA CATIVA. NESTE DIARIO EXPÓÑENSE BREVES PINCELADAS DA MIÑA HISTORIA E DAS PERSOAS QUE PARTICIPARON NELA.
  • 5. PREHISTORIA Chámase así o período da historia da humanidade que aconteceu antes de descubrir a escritura Ainda que Vigo é unha cidade nova ,xa dende tempos moi remotos estivo poboada. Os primeiros datan da época do Paleolítico, eran Nómades (non tiñan un asentamento fixo , ían dun lugar a outro na percura de comida), cazadores e coas peles dos animais facían as súas roupas. Utilizaban ferramentas feitas en pedra. Comunicábanse por sons.
  • 6. TIVERON QUE PASAR MOITOS ANOS ATA QUE DECIDIRON FICAR, XA QUE EU NON ERA UNHA MALA TERRA. DAQUELA FIXERON UN GRAN DESCUBRIMENTO: O LUME QUE CONDICIONOU O FUTURO DA ESPECIE HUMANA
  • 7.
    • XA NO NEOLÍTICO INSTALÁRONSE EN COVAS E POUCO A POUCO FÓRONSE ASENTANDO EN PEQUENOS POBOADOS FEITOS CON MATERIAIS PERECEDOIROS FANCÉNDOSE CADA VEZ MÁIS SEDENTARIOS
    • APRENDEN A :
    • CULTIVAR A TERRA
            • DOMESTICAR ANIMAIS .
            • ELABORAR RECIPENTES PARA CONSERVAR E COCIÑAR OS ALIMENTOS
            • E O INICIO DA CERÁMICA.
            • UTILIZAN AS PALABRAS E APARECEN AS PRIMEIRAS
            • MANIFESTACIÓNS ESCRITAS.
    • TAMÉN FIXERON OUTROS GRANDES DESCUBRIMENTOS COMO :
            • A RODA
            • O ARADO
            • A VELA
            • POR PRIMEIRA VEZ ENTERRÁBANSE OS MORTOS NUNHAS CONSTRUCCIÓNS CARACTERÍSTICAS FEITAS CON PEDRAS , SON OS RESTOS MÁIS IMPORTANTES QUE TEMOS DESTA ÉPOCA :
            • AS MÁMOAS ( OS SEUS MONUMENTOS FUNERARIOS ).
  • 8. CHAN DO LABRADOR (MADROA) As mámoas Son pequenas cámaras funerarias formadas por varias pedras verticais chantadas na terra e tapadas cunha laxe.cubríanse de terra formando un túmulo ASÍ ERA COMO O FACÍAN
  • 9. TRIBU DO NEOLÍTICO FACENDO ÚTILES DE CERÁMICA PEDRAS PARA MOER O GRAN ESTES INSTRUMENTOS DE PEDRA OS UTILIZABAN COMO COITELOS E MACHADAS. (Museo Quiñones de León) UTENSILIOS, FEITOS CON ÓSOS.
  • 10. APARECEN AS PRIMEIRAS REPRESENTACIÓNS PICTÓRICAS ; PETROGLIFOS. ( GRAVADOS NAS ROCHAS CON MOTIVOS XEOMÉTRICOS E ESCENAS DE CAZA ) AINDA QUE SON CARACTERÍSTICOS DA IDADE DE BRONCE CONSÉRVANSE ALGÚNS DA ÉPOCA ROMANA E MEDIEVAL . PETROGLIFO DAS MILLARADAS (MATAMÁ) PETROGLIFO PEDRA MOURA. (CORUXO)
  • 11.
            • ESTES HOMES E MULLERES SEGUEN EXPLOTANDO OS RECURSOS NATURAIS , O QUE FACÍAN DE OSOS E PEDRAS, DESPOIS DE MOITO LIDAR, O IRÁN FACER DOS MATERIAIS QUE VAN DESCUBRINDO:
            • FERRO, BRONCE, ESTAÑO, PRATA,…
            • O QUE DA COMENZO A ÉPOCA DO METAL
            • FANSE PESADAS ARMAS E MACHADAS E OS POBOADOS VÓLTANSE MÁIS VIOLENTOS.
    XA NA IDADE DE FERRO DESENVÓLVESE A CULTURA CASTREXA , ONDE A AGRICULTURA ERA VARIADA E TAMÉN CONTINÚAN O COMERCIO POLO MAR. Machadas, abalorios da idade dos metais TODO ISTO O PODEDES VER NO MUSEO QUIÑONES DE LEÓN.
  • 12. NESTE MOMENTO EXISTÍAN 27 CASTROS EN VIGO, O MÁIS IMPORTANTE ERA O DO MONTE DO CASTRO. NON TODOS OS CASTROS SON DA MESMA ÉPOCA ,ALGÚNS COMENZAN INCLUSO NA IDADE DE BRONCE. NUN PRINCIPIO OCUPABAN OS LUGARES MÁIS ALTOS, E FORÓNSE DESPRAZANDO AS LADEIRAS BUSCANDO PROXIMIDADE AS TERRAS DE CULTIVO.FACENDO PARA A SÚA PROTECCIÓN :MURALLAS, TERRAPLENS, FOSOS... POUCO A POUCO VAN PERDENDO A SÚA FORMA TAN REDONDA E APARECEN DENTRO DELES ALGUNHA CASA CUADRANGULAR. O SAL ERA MOI VALIOSO PARA SAZONAR E CONSERVAR OS ALIMENTOS. APARECE O ARADO DE METAL,FORTE E RESISTENTE E PENETRA MÁIS NA TERRA. ERAN EXCELENTES CERAMISTAS E METALÚRXICOS. OS SEUS ÚTILES APENAS DIFERÉNCIANSE DOS ACTUAIS. A MULLER TRABALLABA NO CAMPO EN TAREAS AGRÍCOLAS; OS HOMES ENCARGÁBANSE DE DEFENDER A SÚA TRIBU CONTRA O INIMIGO. POUCO A POUCO VAN APARECENDO AS CLASES SOCIAIS ONDE HABERÍA XEFES E GUERREIROS. AS CASA ERAN REDONDAS E CONSTRUÍDAS EN PEDRA E BARRO.O TELLADO ERA DE PALLA TUPIDA CON BIMBIAS E SOSTIDO POR UN POSTE CENTRAL.NON HABÍA CHIMENEA E O FUME SAÍA A TRAVÉS DO TEITO. ESTABAN MOI XUNTAS E FORMABAN UN POBOADO
  • 13. ...... Eran os ROMANOS XA CANDO ESTABA A FEITA A ESTAS TRIBUS VEXO QUE CHEGAN UNS BARCOS CON MOITOS HOMES. ¡NUNCA VIRA NADA PARECIDO... E ADEMÁIS VESTÍAN MOI RARO!
  • 14.
    • ERA UNHA CIVILIZACIÓN MAIS AVANZADA,E TIÑAN UN EXÉRCITO MOI PODEROSO . A SÚA ENTRADA FOI MÁIS OU MENOS PACÍFICA .
    • NUN PRIMEIRO MOMENTO INSTÁLANSE NOS CASTROS MESTURÁNDOSE COA SÚA POBOACIÓN.
    • ENSINÁRONNOS O SEU IDIOMA; O LATÍN.
    OS ROMANOS
    • IDADE ANTIGA: Dende a invención da escritura 300 a. c. aproximadamente, ata a caída do imperio romano (476 d.c.),século V
      • PARA TRABALLAR A TERRA UTILIZABAN O ARADO ROMANO:
      • de madeira con tres pezas,
      • era o elemento fundamental para as labores agrícolas
      • durante este período e na actualidade .
  • 15. EN TEIS EXISTÍU UNHA “OLEARIA” OU PLANTA DE PRODUCCIÓN DE ACEITE, NO MUIÑO EXPRIMÍASE A OLIVA. O ACEITE CONSERVÁBASE EN GRANDES CUBAS SEMIENTERRADAS NO CHAN, DE ONDE SE QUITABA MEDIANTE CÁNTAROS APROPIADOS. (no Parque Quiñones de León gárdase un muiño nos xardíns) (Ánfora romana atopada no porto de Vigo)
  • 16. Comezan a chamarme “VICUS” que significa aldea pequena. CONSTRÚEN UN PEIRAO DE MADEIRA E FAN COMERCIO POLO MAR (Proba diso son a presenza de ánforas portadoras de productos como:gran,viño,aceite,...) A NOSA RÍA EMPEZA A TER MOITA ACTIVIDADE . A PARTIRES DO SÉCULO I d.c.. E DESCUBRINDO AS POSIBILIDADES DO MAR ACHÉGANSE AS ZONAS CERCANAS Ó LITORAL E FAN NOVAS EDIFICACIÓNS NA ZONA DO: BERBÉS,AREAL, TEIS , TORALLA, ALCABRE,... ¡POR FÍN XA TEÑO NOME!
  • 17.
    • AS CASAS COMEZAN A TER FORMA CADRADA E CON TELLAS ROMANAS.
    • A VILA: composta por unha gran mansión (onde vivía o dono) e o seu redor outras casas máis pequenas ( vivían os xornaleir@s ou escrav@s). Ten como finalidade económica o seu autoabastecemento .
    APARECEN NOVAS CONSTRUCCIÓNS : Restos romanos atopados na finca Mirambell (Toralla-praia do bao)
  • 18. - AS SALINAS : teñen forma rectangular e úsanse para recoller o sal Excavación arqueolóxica feita na zona do Areal As recentes excavacións arqueolóxicas demostran que nesta época existía Un asentamento importante , coincide coa área que ocupa o centro histórico, entre a rúa Real e o Berbés - AS NECRÓPOLIS : era a cidade dos mortos, teñen tumbas con estelas funerarias ou lápidas .
  • 19. UNHA NOVA ÉPOCA … PERO O TEMPO GLORIOSO DA CIVILIZACIÓN ROMANA CHEGA AO SEU FIN. XA NON SON INVENCÍBEIS E COMEZAN AS INVASIÓNS.
  • 20. IDADE MEDIA IDADE MEDIA : Dende a caída do imperio romano (476 d.c. ata o descubrimento de América 1492, século XV) Despois do crecemento que aportou a época romana escomenza un período de frecuentes invasións, e saqueos dos pobos procedentes do norte de Europa ( suevos,visigodos,vikingos...) Debido a carencia de murallas e os ataques continuos a poboación emigraba cara o interior buscando seguridade. O Vigo medieval era unha pequena vila con poboación escasa agrupada entorno a dous núcleos: - O Areal de orixe mariñeiro - O Castro adicado o gando e labouras do campo A idade media é a època máis escura que pasei
  • 21. . Nestes séculos XI- XII constrúen as igrexas románicas,entre elas a de Sta María(colexiata). Na actualidade consérvanse 3 igrexas ROMÁNICAS.
  • 22. SAN SALVADOR DE CORUXO é a única que ten 3 ábsides e destacan os motivos dos seus canzorros. SANTIAGO DE BEMBRIVE Destaca a súa ábside SANTA MARÍA DE CASTRELOS é a máis cercana a un núcleo urbano.Está formada por unha única nave de ábside semicircular
  • 23. OS ELEMENTOS FORMAIS MÁIS DISTINTIVOS DO ARTE ROMÁNICO SON:
    • O MURO:
    • As veces aparecen unhas marcas feitas polos canteiros que interviren na construción.
    • Un elemento diferenciador en Vigo é a rosa sexiforme
    O ARCO: característico é de medio punto ou semicircular. Cando o arco se atopa en portas ou fenestras de gran grosor teñen arcos concéntricos para soportar o peso Sinaturas nos muros da Igrexa Santiago de Bembrive Rosa sexiforme na igrexa de Bembrive Arcos das portas da igrexa Santa María de Castrelos
  • 24. CANZORROS: Son decoracións escultóricas un pouco toscas están nas partes saintes dunha estructura vertical. Misturan aspectos reais ou fantásticos A igrexa de Sta Cristina de Lavadores , sufriu transformacións co paso do tempo. foi reconstruida no último tercio do s. XIX, aínda hoxe conserva restos de seu antigo edificio románico con algún vistoso canzorro. igrexa Santiago de Bembrive. Igrexa Sta Cristina de Lavadores
  • 25.
    • A xente tiña crenzas ancestrais ata a chegada do cristianismo
    • o que vai dar unha estabilidade a vila.
    • Ademais no século X e XI afiánzase a idea do descubrimento
    • en Galiza da tumba do Apóstolo Santiago
    • Neste período a sociedade estaba formada por: nobres e crego (vivían en castelos e Mosteiros), e os campesiños que traballaban para eles.
    • Os barcos que entraban no porto tiñan que pagar un tributo ao arcebispo de Santiago. Vigo estivo condicionado pola subordinación a Baiona no tráfico do comercio co exterior.
  • 26. No século XV sucede un importante feito; a LOITA DOS IRMANDIÑOS . Esta foi unha rebelión dos campesiños contra a nobreza e os cregos aos que estaban sometidos. Pedro Madruga de Soutomaior invadiu Vigo e loitou contra os irmandiños.
  • 27. MONUMENTOS EN LEMBRANZA A MARTÍN CÓDAX NESTE TEMPO DEUME UNHA LEDICIA UN TROBADOR CHAMADO MARTÍN CÓDAX QUE FALA DE MIN E DA RÍA CON MOITO AGARIMO NA SÚA “CANTIGA AMIGA” Monumento No Castro baixo (1967) Fai referencia a mitoloxía fantástica da ría de Vigo. Ninfa e Dragón Paseo de Alfonso, (Xaime Quesada, 2006)
  • 28. IDADE MODERNA: Dende o descubrimento de América (1492, século XV) ata a revolución francesa (1789, século XVIII ) IDADE MODERNA
    • COMEZA UNHA NOVA ÉPOCA DE DESGRACIAS:
    • ACONTECE A PEOR PESTE LEMBRADA NA MIÑA HISTORIA
    • ATÁCANME OS CORSARIOS , SOBRE TODO UN TAL DRAKE.
    • E ADEMAIS, O EXÉRCITO PORTUGUÉS VISÍTAME E SAQUEAME
    • A MIÚDO PORQUE PORTUGAL QUERE A SÚA INDEPENDENCIA.
  • 29. MENOS MAL QUE A MIÑA POBOACIÓN TAMÉN ESTA CANSA E DECIDE FACER UNHA MURALLA PARA PROTEXERME.
  • 30.
    • A MURALLA COMENZA NO CASTELO DE S. SEBASTIÁN,
    • ONDE ANTERIORMENTE ESTABA A TORRE DO PENSO (símbolo do dominio que tiña o arzebispado de Santiago).
    • CONSTABA DE 7 PORTAS TAL COMO INDICA A IMAXE:
    • DA PORTA DA GAMBOA saía o camiño cara a Redondela
    • DA PORTA DO PRACER o camiño para Porriño
    • DA PORTA DA FALPERRA o de Baiona.
    • SE A CIDADE ERA ATACADA
    • PECHÁBANSE AS SÚAS 7 PORTAS.
  • 31. ESTES SON OS RESTOS DAS MURALLAS QUE SE CONSERVAN NA ACTUALIDADE Detalle das murallas na subida ó castelo. Porta de entrada o castelo de San Sebastián Restos de murallas no casco vello
  • 32. AÍNDA ASÍ TIVEN QUE PRESENCIAR UNHA DAS BATALLAS NAVAIS MÁIS SANGUENTAS DA HISTORIA ,”A BATALLA DE RANDE ” ,ONDE A FLOTA ESPAÑOLA ,PROTEXIDA POLA FRANCESA , VIÑA CON TESOUROS DE AMÉRICA E FORON ATACADAS POLOS BARCOS ANGLO-HOLANDESES. http://www.arrakis.es/~rojea/rande/ranindex.htm OS MEUS HABITANTES TAMÉN AXUDARON DENDE TERRA COS SEUS CAÑÓNS; O FINAL SUFRIMOS UNHA GRAN DERROTA E DAQUELA QUEDOUNOS UN MISTERIO DELES NON SE SABE NADA, E XIRA UNHA LENDA NO SEU ENTORNO . INCLUSO HOXE A XENTE CONTINÚA A BUSCALOS. ¿ONDE ESTÁN OS TESOUROS? Entre os moitos interesados polo tema do tesouro de Rande figura o escritor XULIO VERNE que no ano 1870 publica a famosa obra " Vinte mil leguas de viaxe submarino ". O capitán Nemo , protagonista da historia, vive nun submarino e utiliza os recursos mariños para a súa subsistencia. Na obra refléxase a visita do Nautilus á baía de Vigo onde o capitán Nemo collía os tesouros de Rande. Curiosamente, a cidade recibe a visita do escritor
  • 33. DELA QUEDA UNHA LEMBRANZA... “ AS ANCLAS” DO CASTRO. SE QUEREDES PODEDES IR VISITALAS.
  • 34.
    • GRAZAS O REI CARLOS III QUE DECIDE QUE NON SE TEÑA QUE PAGAR TRIBUTOS, O PORTO COBRA OUTRA VEZ IMPORTANCIA. POR FÍN COMEZA A CONTAR CON INSTALACIÓNS ADECUADAS ,RECIBE XA MERCADORÍAS DE TODAS AS PROCEDENCIAS;ACEITES,VIÑOS,BACALLAU NORUEGÚES ,...
    • TAMÉN CHEGAN COMERCIANTES E INDUSTRIAIS CATALÁNS E CREAN FÁBRICAS DE SALAZÓN,COIRO,XABRÓN E ALGÚNS HABITANTES VOLVEN Ó LITORAL A TRABALLAR.
    DESPOIS EMPEZO A MEDRAR………
  • 35.
    • INSTÁLANSE NO CASCO VELLO E CONSTRÚEN CASAS
    • SEÑORIAIS PARA VIVIR.
    ALGUNHAS TIÑAN O SEU BRASÓN PAZOS DE FIGUEROA CASA ARINES FAMILIA ARINES Casa Arines (onde imprimiuse por 1ª vez Cantares Galegos).Rúa Real Casa Bárcena (rúa Real) Praza da Constitución, esquina rúa triunfo Pazo dos Ceta e Pazo dos Figueroa situados na Praza de Almeida. A arquitectura máis lonxeba do centro Histórico FAMILIA LÓPEZ ARAÚJO Familia López Araújo
  • 36. NO BERBÉS SEGUEN OS HOMES E MULLERES DO MAR E APARECEN OS GREMIOS ESPECIALIZADOS; CARPINTEIROS,CESTEIROS, SOMBREIREIROS,... AINDA HOXE , NO CASCO VELLO EXISTEN NOMES DE RÚAS CÓS NOMES DESTES GREMIOS.
  • 37. IDADE CONTEMPORÁNEA COMO MOITOS OUTROS LUGARES, TAMÉN FUN OCUPADA POLOS FRANCESES. A XENTE QUE VIVIA NA VILA , NON ESTABA DISPOSTA A DEIXARSE CONQUISTAR, LOITAN E IMPIDEN QUE A INVASIÓN TEÑA ÉXITO. ESTE FEITO COÑÉCESE COMO A BATALLA DA RECONQUISTA. FUN A DERRADEIRA CIDADE EN SER OCUPADA POLOS FRANCESES E A PRIMEIRA EN LIBERARSE DELES. POR ESTE MOTIVO A COROA OUTÓRGAME O TÍTULO DE “FIEL ,LEAL E VALEROSA.” (Qué levarei no meu escudo) IDADE CONTEMPORÁNEA: É a etapa da historia máis curta e recente, dende a revolución francesa (1789, século XVIII ) ata a actualidade
  • 38. É TÓDOLOS ANOS NA MESMA DATA EN MARZO CELEBRAMOS A FESTA DA RECONQUISTA http://www.galeon.com/web_mania/recon.htm ¡QUÉ FELIZ FUN ESE DÍA! O gobernador (Villavicencio), deixou pasar os franceses porque eran superior en nº , ( 2.000 contra 250), e así evitar un derramamento de sangue. Rendéronse pero coa intención de ser inimigos no interior e preparar o ataque dende fóra das murallas Os vigueses puxeron tódolos impedimentos posibels para que a comida fóralle escasa e incluso chegaron a secar as fontes . Os rebeldes,que estaban fóra do recinto amurallado,e coas escasas armas que tiñan ,organizáronse e as ordes do coronel PABLO MORILLO entraron polo porta da Falperra e a Gamboa onde pelexaron con moito valor. Na gamboa abateron a “CAROLO” que intentaba abrir brecha cunha machada. CACHAMUÍÑA colleu o relevo e continuou a contenda sendo ferido posteriormente por 4 balazos. Loitaron con gran heroísmo ata que por fin os franceses rendéronse e sacaron a bandeira branca. Firmaron o contrato de rendeción (capitulación). O exército napoleónico embarca nas fragatas inglesas ,(que viñeran na nosa axuda), deixando en Vigo 39 cañóns,municións, carros e pólvora.
  • 39. NO 1813 DURANTE A CELEBRACIÓN DA RECONQUISTA ESTOUPOU O POLVORÍN DO CASTELO DE SAN SEBASTIÁN O QUE SIGNIFICOU A SÚA DESAPARICIÓN. NA COLEXIATA ESTÁ O CRISTO DA VICTORIA, QUE FOI ENCONTRADO NA MAR POR UN CARGUEIRO DE SAL; DE AQUÍ O NOME DE CRISTO DO SAL. A TRADICIÓN DÍ QUE DURANTE A BATALLA DA RECONQUISTA AXUDOU OS VIGUESES A EXPULSAR O EXÉRCITO FRANCÉS. NA ACTUALIDADE AÍNDA CELÉBRASE UNHA PROCESIÓN NO SEU HONOR. COMENZA O LEVANTAMENTO DA ACTUAL ”COLEXIATA” SOBRE A ANTIGUA IGREXA DE SANTA MARÍA.
  • 40. VIGO CAPITAL. No ano 1821 as cortes deciden suprimi-las 7 provincias de Galiza e deixar a Coruña,Lugo e Ourense e crear unha nova que é Vigo.Nembargante esta situación viuse entorpecida pola actitude de Pontevedra e Tui,houbo oposición e mesmo loita de guerrilla, así que no ano 1823 deixou de ser capital de provincia para pasar a ser Pontevedra. A sede do Goberno provincial instalouse nun edificio da rúa real que era propiedade da familia López Araújo aínda hoxe pódense ver os seus balcóns e o escudo.
  • 41. Xa a finais do século XIX decídese derribar as murallas para o meu medre . E xa podemos falar de min como “cidade”. Consolídanse e amplíanse os núcleos de poboación de Beade , Bembrive e Candeán . Bouzas e Lavadores son centros urbanos con vida propia CONSTRÚEN A ALAMEDA E ÁMPLIÁSE O AREAL CARA Ó MAR
  • 42. A PRINCIPAL OCUPACIÓN DOS VIGUES@S ERA MARIÑEIRA, A SALAZÓN DE SARDIÑA E CARGA E DESCARGA DE BUQUES As industrias van en aumento , e o porto ten cada vez máis movemento. Chegarei a converterme na primeira cidade de Galiza en pesca, salazón e conservas e no primeiro porto pesqueiro do mundo en pesca desembarcada. IMAXEN DO BERBÉS FÁBRICA DE ALFAGEME
  • 43.
    • TEÑO NOVAS RÚAS QUE HOXE SON AS MÁIS IMPORTANTES:
    PORTA DO SOL (antes praza do sol) Aquí estaba a porta de entrada as murallas que miraba ao oriente e tiña enriba un sol esculpido. A mediados do século XIX tiña un lavadoiro que recollia as augas da fonte de Neptuno e estaba todo cheo de lixo URZÁIZ Leva o nome do político español de familia viguesa. Favoreceu moito a cidade especialmente as industrias conserveiras, conseguindo unha lei que regulaba a importación da folla de lata. RÚA DO PRÍNCIPE , foi a 1º empedrada fora do recinto amurallado. Leva este nome en honor o príncipe, ALFONSO XII que tíña moito cariño a cidade e visitouna dúas veces. Tamén hai outra rúa adicada a él; O Paseo de Alfonso.
  • 44. SABÍAS QUE …………..
    • Ò FINAL DO SÉCULO XIX:
    • CONSTRÚESE A PRIMEIRA LOCOMOTORA NOS TALLERES DE SANJURJO BADÍA.
    • ISAAC PERAL INVENTA O SUBMARINO EN VIGO.
    • CIRCULA O PRIMEIRO FERROCARRIL
    • INAUGÚRASE O PRIMEIRO CINE.
    • OS PRIMEROS FAROIS DAS RÚAS FUNCIONABAN A GAS
    • CRÉASE O FARO DE VIGO (1819)
    • A CIDADE XA CONTA CON 100 TELÉFONOS.
    • FALECE NO CALVARIO A ESCRITORA CONCEPCIÓN AREAL .
    • GRAZAS O MÉDICO E CRONISTA LUÍS TABOADA LEAL INAGÚRASE O LAZARETO DE SAN SIMÓN; LUGAR ONDE OS BARCOS TIÑAN QUE GARDAR CORENTENA ANTES DE CHEGAR O PORTO E ASÍ IMPEDIR A PROPAGACIÓN DAS ENFERMIDADES. ISTO PROVOCA UN INTENSO TRÁFICO DE NAVES , XERANDO UN MOVEMENTO ECONÓMICO. .
  • 45. NO PRINCIPIO DO SÉCULO XX SUFRÍN DOUS GRANDES DISGUSTOS: A EMIGRACIÓN : GRANDE NÚMERO DE PERSOAS EMIGRAN A AMÉRICA EN BUSCA DE TRABALLO E MELLORA SOCIAL. CONVÍRTOME NO PRIMEIRO PORTO EUROPEO DE EMIGRACIÓN A AMÉRICA SÉCULO XX A GUERRA CIVIL: CONSECUENCIA DO ALZAMENTO MILITAR DO 18 DE XUÑO DE 1936. PRODUCINDO UNHA RUINA ECONÓMICA E SOCIAL.
  • 46. DESPOIS DA GUERRA VEÑEN TEMPOS MOI DIFÍCILES DOS QUE TEÑO QUE RECUPERARME.
  • 47. GRAZAS A INSTALACIÓN DE EMPRESAS COMO :VULCANO, ASCÓN, PESCANOVA,CITROËN .. ...VOU COBRANDO FORZAS E CRECENDO DUNHA MANEIRA ESPECTACULAR . O CONCELLO DE BOUZAS E O DE LAVADORES ÚNENSE A MIN E EU SEGO MEDRANDO ¡MIRADE QUE GRANDE SON NA ACTUALIDADE!.
  • 48. XA TEÑO AS PRIMEIRAS RÚAS CON LUZ ELÉCTRICAS (1905): ELDUAYEN,POLICARPO SANZ E PORTA DO SOL. POLICARPO SANZ Natural de Marín . Deixa toda a súa fortuna o pobo de Vigo e unha valiosa colección de obras de Arte, están no museo Quiñones de León. No seu testamento indicou que cos cartos tiñan que construír un Instituto co nome de Sta Irene,en honor da súa muller. ELDUAYEN
    • JOSÉ ELDUAYEN. Foi home político que fixo moito pola cidade a él débese o:
    • Derrubamento das murallas para o crecemento urbano
    • e a apertura de novas rúas.
    • O remate da segunda torre da colexiata con cartos seus.
    PORTA DO SOL Nun principio era unha plazoleta xa que a rúa Elduayen estaba cortada e o acceso para chegar a ela era pola praza da constitución ou pola rúa sombrereiros . Unha vez ábrese a rúa Elduayen é o punto máis significativo da cidade.
  • 49.
    • ENTORNO A ESTRADA DE CASTELA FOISE FORMANDO O BARRIO DO CALVARIO CADA VEZ MÁIS POPULOSO .
    • CRÉASE O CLUB CELTA
    • FROITO DA UNIÓN DOUTROS 2 CLUBS (Vigo sporting e o fortuna de vigo, 1923). O SEU FUNDADOR FOI MANUEL CASTRO
    • É COLOCADA A OLIVEIRA SIMBÓLICA NO PASEO DE ALFONSO XII, PARTE INTEGRANTE DO MEU ESCUDO.
    • O TRANVÍA XA FUNCIONA COMO TRANSPORTE COLECTIVO.
  • 50.
    • XA TEÑO AEROPORTO
    • COMÉZASE CONSTRUÍR O HOSPITAL XERAL (Tamén chamado Pirulí )
    INAUGÚRASE O TEATRO GARCÍA BARBÓN. ( Antonio Palacios) A FINAIS DESTE SÉCULO INAUGÚRASE A PONTE DE RANDE.
  • 51. AS PRAZAS MÁIS ANTIGAS : PRAZA DA PRINCESA Leva este nome en honor a unha filla de Isabel II. Chamábase tamén a praza da pescadería ou praza da alhóndiga, nela era onde practicábase o comercio. Esta placa mandáronna destruir na época da república pero soamente a taparon . Hoxe en día é a máis antiga da cidade data de 1852. Enriba do Arco de Quirós constrúese A primeira escola infantil da cidade
  • 52.
    • PRAZA DA CONSTITUCIÓN
    • Antes chamada Praza Maior, era o paso obrigado para o Berbés .
    • Sede Municipal dos grandes acontecementos e cerimonias así como tamen noutros tempos solar dun concurrido mercado.
    • Nesta praza destaca :
    • O edificio da Casa Galega da cultura que funcionou como concello ata 1977 .
    • A casa de Casto Méndez Núñez que loitou contra os piratas no Pacífico o final do século XIX.
    • Casas con soportais
    • Fachada do edificio Pereira de Castro con tres blasóns e con reloxo de sol.
  • 53.
    • PRAZA DO BERBÉS
    • Estaba fóra do recinto amurallado.
    • Alí asentáronse o gremio dos mareantes levando a cabo as actividades de salazón e compra-venda de peixe.
    • A praza aínda conserva parte da estructura orixinal con soportais e algunhas casas de arquitectura mariñeira.
    • Preto está o convento de San Francisco que tivo os seus pés a desaparecida praia de San Francisco; hoxe atópase o actual tunel de Beiramar
  • 54. JENARO DE LA FUENTE AGORA QUERO PRESUMIR UN POUCO; TEÑO XENTE QUE SE PREOCUPA POR MIN E CADA VEZ PÓÑENME MÁIS BONITA. OS ARQUITECTOS CONSTRÚEN EDIFICIOS E MONUMENTOS: EDIFICIO CASA BÁRCENA. Centro cultural caixa nova A FAROLA Punto de encontro do novo Vigo HOTEL UNIVERSAL
  • 55. PACEWICZ: BENITO E MANUEL GOMÉZ ROMÁN ESCOLA DE ARTES E OFICIOS GRAN HOTEL DE VIGO EDIFICIO SIMEÓN : EDIFICIO DE CORREOS
  • 56. INSTÁLANSE EN RÚAS E PRAZAS MONUMENTOS QUE LEMBRAN PERSONAXES E FEITOS HISTÓRICOS : MONUMENTO A ELDUAYEN ( Estatua deAgustín Querol, 1896 e o pedestal de Jenaro de la Fuente) ).Situada no xardíns das avenidas. As figuras femininas representan os catro ministerios dos que foi titular. MONUMENTO A MÉNDEZ NÚÑEZ . ( AgustínQuerol,1892). Pedestal de Jenaro de la Fuente.
  • 57. GARCÍA BARBÓN
    • Naceu en Verín, emigrou á Habana (Cuba),
    • e fixo unha grande fortuna.
    • Máis tarde afincóuse en Vigo, mercou a finca Vista alegre , onde residiu coa súa irmá e os fillos dela.
    • Donou cartos para:
    • Obras de Caridade ,hospital,...e os terreos nos que se construíu a Escola de Artes e Oficios.
    • En 1909 unha sinxela lápida daba nome a unha das rúas máis importantes da cidade,honor que rousou en vida ,dicindo que si tal cosa facíanlle fuxiría da cidade.
    • Sobre a fachada sur do edificio de Artes e Oficios colocouse unha placa co nome G. Barbón,en adiante esta rúa non levaría o nome do Duque da Victoria senón que sería coñecida por G. Barbón.
    (Asorey, 1927).nudo de Isaac Peral Está sentado entre dúas columnas que simbolizan a arte e a industria. Detrás unha figura representa Vigo. MONUMENTO A GARCÍA BARBÓN,
  • 58. A BATALLA DA RECONQUISTA A RECONQUISTA (Julio González Pola 1947) Monumento os heroes da reconquista; enriba Carolo ou Cachamuiña . Na fronte do castelo que está sobre unha escalinata, hai unha muller que representa a Victoria. Cos seus brazos recolle un velo que quere significar a liberdade da vila e pisa canóns,balas dos vencidos. MONUMENTO A RECONQUISTA. Fonte da Praza da Princesa.(1909) o anxelote sin ás está enriba do Castelo
  • 59. TAMÉN TEÑO ESCULTURAS URBANAS MÁIS MODERNAS COMO: O conxunto está integrado por tres elementos, o principal preside a paza de América.Outros dous, na Gran Vía e a avda de Castelao, completan o conxunto, proceden os tres dun mesmo bloque granítico. É unha homenaxe aos emigrantes. PORTA DO ATLÁNTICO Praza de América (Rivas,1991)
  • 60. TRÁTASE DUNHA HOMENAXE AOS CABALOS SALVAXES QUE POBOABAN O MONTE DO CASTRO. Simboliza o rapto da filla de Agenor e Telefasa por un Zeus transformado en touro Trátase dunha homenaxe aos cabalos salvaxes que poboaban o monte do Castro. OS CABALOS Praza de España (Oliveira,1991) MONUMENTO A EUROPA Avda de Europa intersección avda de Samil (Oliveira 1989)
  • 61. Sobre dúas columnas sitúase unha figura fundida en aceiro, representación dun personaxe imaxinario, híbrido de peixe e home, coa ollada posta no mar. Amosa sete mariñeiros turrando dunhas mallas e pretende ser un homenaxe aos traballadores do mar, que tanto teñen feito polo desenvolvemento de Vigo. Ó “SIRENO” Porta do sol (F.Leiro,1991) MONUMENTO Ó TRABALLO Gran Vía (Ramón Conde, 1991)
  • 62. JULIO VERNE (José Molares,2005) Avda. De Montero Ríos O NADADOR Praza da Estrela (Leiro, 1997) MONUMENTO Á MULLER. Xardín das Avenidas. (Xesús Valverde, 1992)
  • 63. MONUMENTOS FEITOS “IN SITU” Representa a Rosalía lendo un poema ós nen@s Composto por diferentes pezas de Ferro. Homenaxe aos traballadores da industria do metal e astilleiros. O METALÚRXICO. (Steimbrüggem, 1970) Praza de Eugenio Fabrique MONUMENTO A ROSALÍA DE CASTRO (Armando Rodríguez ,1995). Prolongación Rosalía de Castro e República Arxentina
  • 64. E PARQUES ONDE PODES PASEAR E XOGAR. PARQUE DA RIOUXA PARQUE DO CASTRO PARQUE DA GUÍA PARQUE DE CASTRELOS
  • 65. No CASTRO ademais de visitar os restos arqueolóxicos ,e a antiga fortificación, parque e mirador , podemos ollar algunhas esculturas que aparecen diseminadas como as de Silvino Silva Entrada a fortaleza Escudo na entrada a fortaleza Entrada ó fortín Jardines do interior
  • 66. MONUMENTO Ó EMPUXE VIGUÉS (Obra de Camilo Nogueira ). Representa unha barca que avanza, con tres atletas que erguen o Escudo vigués O MEDRAR DO MUNDO. ( obra de Silvino Silva ) Representa a evolución da hª MONUMENTO ÓS CANTEIROS. (Silvino Silva) O “ BESO“. (Silvino Silva). FONTE. ( Silvino Silva )
  • 67. OSO MONUMENTAL. Obra de Xosé Luis Medina. Atópase no parque infantil XIRAFA. Obra de Xosé Luís Medina. Atópase nos xardíns PARQUE INFANTIL DETALLE DAS MURALLAS
  • 68. MUSEOS : VERBUM Avda de Samil. Ou Casa das Palabras, é un museo interactivo que emprega as máis modernas técnicas audiovisuais co fin de coñecer e afondar en tódolos ámbitos relacionados coa comunicación humana. MARCO (antigua cárcere) Príncipe Ten como obxectivos adquirir e exhibir obras inscritas nas últimas correntes artísticas que inclúen os máis variados soportes e abarcan distintos campos creativos QUIÑONES DE LEÓN (Parque de Castrelos) Ocupa o edificio do pazo de Castrelos, alberga a colección máis importante de arte galega, cos artistas máis representativos dos últimos séculos e unha valiosísima colección arqueolóxica. O MUSEO DO MAR de Galiza. Trata de amosa-la importancia vital que tivo o mar na historia económica e social de Galicia como fonte de recursos.
  • 69. AS PRAIAS PRAIA DA SIRENITA PRAIA DE SAMIL TORALLA E A PRAIA DO VAO PRAIA DO COCHO DAS DORNAS
  • 70. Hoxe en día son a cidade Europea con maior índice de crecemento; Pero o meu futuro depende de vos; os que nacíchedes aquí e os que chegades doutros lugares e con outras Culturas. Despídome e lembrade que tedes que coidarme e tratar con moito agarimo.
  • 71. HISTORIA DA BANDEIRA: Coma moitas cidades,teño dos símbolos que me representan: O Escudo A Bandeira O compositor ponteares Reveriano Soutullo en 1907compúsome un himno con letra de Pío Lino Cuíñas que case ninguén coñece e que a súa partitura está na biblioteca da Escola de Artes e Oficios. En algúns documento data a bandeira como algunha das usadas na guerra contra Napoleón.Tamén usabamos a bandeira de matrícula marítima dos barcos como insignia de Vigo coas cores brancas e vermellas postas en “sotuer” A disposición das cores,que se xuntan coincidendo no punto medio,indicando que Vigo é o vértice onde se acrisolan os vigueses nados e os de amor e vontade. A cor branca é simbolo de pureza,limpeza,... e a vermella significa,calor, lume,vigor,vida,sacrificio,loita,heroismo,... ¡de todo isto sei moito! Xa demostrado no sinfín de batallas e liortas sufridas o longo da historia
  • 72. O ESCUDO: O escudo máis antigo coñecido data do século XIII, era simplemente un castelo e unha vieira . O escudo actual corresponde a unha reproducción do que figuraba en pedra labrada na fonte de Neptuno,ubicada na Porta do Sol. No século XX o concello recoñece o escudo oficial (1987) coas seguintes características: No campo azul claro,un CASTELO: de base cuadrada rematado nunha torre almeada, todo en ouro,na parte baixa unha porta con arco de medio punto,dúas fiestras cuadrilongas no corpo medio e dúas troneiras ,tamén cuadrilongas na torreta. Pegado o castelo unha OLIVEIRA : con tronco marrón en lembranza da árbore tradicional que estaba no adro da igrexa da colexiata e pola cal era coñecida no novo mundo como a “cidade da oliveira”. Todo nun cotarelo sobor dun mar de 6 franxas ondeantes de azul mariño . No timbre, coroa real, pechada,en ouro. estas títulos foron gañados na guerra da reconquista (FIEL,LEAL E VALEROSA) e o meu recoñecemento como labor humanitario na guerra de cuba xa que recibín as naves que traían os derrotados feridos e enfermos viñan en condicións moi penosas (sempre benéfica)
  • 73. Páxinas Webbs consultadas:
    • http://usuarios.lycos.es/Uxio_Noceda/0Vigo.htm
    • http://www.arrakis.es/~rojea/
    • http://www.arrakis.es/~rojea/rande/ranindex.htm
    • http://hoxe.vigo.org/
    • http://www.culturagalega.org/album/
    • http://callejero.devigo.net/
    • http://www.ofiadeiro.com/presentacion/?lg=es
    • http://vigo.blogcindario.com/2006/07/00038-historia-de-vigo.htmlhttp://www.galeon.com/web_mania/recon.htm
    • http://hoxe.vigo.org/pdf/cultura/camin
    • http://hoxe.vigo.org/pdf/cultura/camina.pdfa.pdf
    • Google Earth
  • 74.
    • BIBLIOGRÁFIA
          • Álvarez Blázquez, J. Mª: “ La ciudad y los días calendario histórico de Vigo ”. Edición facsimil, editada polo concello de Vigo 1986
          • Bouzada Férnández Xan M.,Lorenzo Suárez Anxo M: “ Redes sociais e conxuntos de acción”. Ed. Xerais 1996
    • Bragado Rodríguez, Eduardo; Rafael Sánchez Bargiela; “O Vigo das Igrexas románicas ”. Ed. Concello de Vigo. 1993
    • Cegarra, Basilio ; “Vigo centro histórico”. Editado polo Concello de Vigo 2001
    • Cegarra, Basilio ; “Vigo na historia”. Ed. A nosa terra.2000
          • Concellería de educación: “”Museo Quiñones de León”. Guía Didáctica,edita o concello de Vigo .
          • Concellería de educación: “Un día no casco vello”. Guía Didáctica,edita o concello de Vigo
    • Díaz Álvarez;Pedro “ A caracola de Pedra “. Ed. Concello de Vigo. 1998, 3º edición
          • Espinosa Rodríguez, José:“ Tierra de Fragoso”1949. Editado en los talleres de Faro de Vigo.
    • Espinosa Rodríguez; José “ Tierra de Fragoso”. Ed . Faro de Vigo. 1949
          • Fábregas Valcárcel Ramón: “ Los petroglifos y su contexto: un ejemplo de la Galicia meridional”. Edita: Estudios vigueses, 2001
    • Faro de Vigo, “ Historía de las Rías”. Ed. Faro de Vigo
    • Faro de Vigo, “Vigo sorprendente”. Ed. Faro de Vigo. 2005
    • Faro de Vigo; “Historia de Vigo” . Fascículos. 2007.
    • García Castro, Manuel (Magar)“ Vigo por Magar”, Ed. Xerais .2002
    • Garrido Rodríguez;Jaime “ Vigo la ciudad que se perdió, arquitectura desaparecida arquitectura no realizada”. Ed. Excma Deputación Provincial de Pontevedra. 2001 4ª edición.
    • Giráldez Lomba; Antonio “El año del desastre 1898 en Vigo “. Instituto de Estudios Vigueses (fundación provigo). 1998.
          • Girales Rivero ,Xesus:“ O Antigo concello de lavadores,unha aproximación histórica”. Asociación veciñal,cultural e deportiva de lavadores.2ª edición, Diputación Provincial.
    • Hidalgo Cuñarro, José Manuel José Manuel Rodríguez Sobral. “ Vigo Romano” Edita; Instituto de Estudios Vigueses (fundación provigo). 2000
    • Hidalgo Cuñarro, José Manuel Rodríguez Sobral, Rafael Sánchez Bargiela; Vigo Medieval” Edita;Instituto de Estudios Vigueses (fundación provigo). 2000
          • Instituto de Estudios Vigueses: “ Boletín del Instituto de estudios Vigueses. 2001, edita: Estudios vigueses .
    • Martín Curty; José Antonio “Pacewicz,arquitecto vigués” . Ed. Excmo ayuntamiento de Vigo y Banco de Galicia. 1992
          • Mateo Álvarez, José Luís; “ O ex-convento de San Francisco de Vigo. Edita a conselleria e patrimonio histórico, 2002
    • Montenegro López Amador, : “Hª íntima de Vigo”
    • Núñez ,Carlos ; “Vigo a través da historia”. Concello de Vigo1996
    • Ocaña Eiroa, Francisco Xavier; “Igrexas románicas de Vigo “. Ed. Concello de Vigo,patrimonio histórico
    • Sacau Rodríguez; Gerardo “ Os nomes da terra de Vigo ,estudio etimológico”. Edita; Instituto de Estudios Vigueses (fundación provigo). 1996
    • Souto González,Xosé M “ Vigo cen anos de historia urbana “. Ed. Xerais .1990
    • Tabeada y Leal, Nicolas .“Descripción topográfica –histórica de la ciudad de Vigo y sus alrededores.” .2ª edición, edición facsímil concello de Vigo. 1998.
    • Vazquez Gil, Lalo : “ Retrincos da historia de Vigo”. temas de Galicia,revista monográfica cultural. 1989.
    • Vazquez Gil, Lalo : “As rúas de Vigo” .temas de Galicia ediciones cardeñoso 1994
    • Vazquez Gil, Lalo :” Os Alcaldes e os Concellos de Vigo”. Ed. Cardeñoso.1991
    • Vazquez Gil,Lalo: “ Hª dos monumentos de Vigo”Ed. Concello de Vigo.Concellería cultura e educación da mulller 1998
  • 75.
    • AGRADECEMENTOS :
    • A Moncho Iglesias, Rafael Ojea e Cristina Toscano; polo seu tempo adicado e o seu apoio.
    • A Uxio Noceda por deixarnos utilizar as fotos da sua páxina weeb.
    • Chisco da asociación fiadeiro; pola aportación dos seus coñecementos na música tradicional galega.
    • E a todas as personas que foron aportando o seu gran de arena con pequenas historias e anécdotas sobre Vigo.
    BANDA SONORA: Xorima : Unha noite en noche. Morenos de Lavadores : Aires de Galicia. Na Lúa : Os tempos son chegados Camerata Meiga : Ai lá. Marcha do Peregrín. Praza do ferro. Berrogüeto : Navicularia Céltica : Lion of Erín Fía na Roca : De Folga