A cidade medieval ac

569 views

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
569
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
7
Actions
Shares
0
Downloads
5
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

A cidade medieval ac

  1. 1. TEMA 3:A CIDADE MEDIEVAL ACNOME E APELIDOS:Entre os séculos XII e XIV iniciouse en Europa un crecemento económico quefavoreceu o renacer das cidades.As cidades convertéronse en importantes centros de produción artesanal e deintercambio de produtos. Enchéronse de palacios, catedrais e mercados, eprotexéronse con murallas.Nas cidades xurdiu a burguesía, formada por comerciantes, artesáns e banqueiros.1.Cando se produciu en Europa o renacemento das cidades? Que o favoreceu?2.Que novo grupo social xurdiu? Quen o formaban?3.Observa a imaxe e responde.Que actividade representa? Que personaxes aparecen na pintura? A que gruposocial pertencen? Por que? AS INNOVACIÓNS TÉCNICASA finais do século XI, as grandes invasións cesaron e as guerras diminuíron. Amaior tranquilidade permitiu mellorar as técnicas e os instrumentos agrícolas(fertilizantes, arado, muíño)Estas innovacións técnicas produciron un aumento da produtividade agrícola etamén de poboación, que puido alimentarse mellor
  2. 2. O incremento da agricultura estimulou o comercio, xa que os agricultores producíanmáis do que consumían, e podían vender o que lles sobraba (excedente) EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN (en millóns de habitantes) TERRITORIO 500 1000 1300 Francia 5 6 15 Inglaterra 0.3 1.2 4 Imperio 3 4 10 romano xermánico1.Que consecuencias tiveron as innovacións técnicas na agricultura?2.Busca información e explica como funcionaban os muíños de vento e de augamedievais AS CIDADESAs cidades xurdiron arredor de mosteiros ou castelos, onde os habitantes seagrupaban en pequeno número de poboación, ou burgos, para realizar osintercambios comerciais. Por iso aos seus habitantes chamóuselles burgueses.As cidades medievais estaban protexidas por murallas e tiñan rúas estreitas esucias, sen sumidoiros.No centro da cidade adoitaba haber unha praza cos edificios máis importantes: acatedral, a Casa do Concello, o mercado e palacios. Ao redor do centro habíahospitais, escolas, igrexas...1. Que construcións eran importantes nunha cidade medieval?2. Atopa no seguinte debuxo os seguintes edificios: a catedral, a praza, o castelo, amuralla, o concello...
  3. 3. A ARTESANÍA E O COMERCIOAs cidades medievais convertéronse en centros de produción de obxectoselaborados. Os artesáns dun mesmo oficio agrupábanse en rúas que recibían onome da súa actividade (curtidores, teceláns...)O traballo dos artesáns realizábanse en pequenos obradoiros. O seu propietarioera o mestre artesán, que vivía nunha casa que era ao mesmo tempo o seu taller.Os artesáns de cada oficio organizábanse en gremios, formado por aprendices,artesáns e mestres. O gremio ocupábase do cumprimento das normas (horarios,ferramentas), calidade e prezo dos artigos.Nos mercados das cidades intercambiábanse os produtos agrícolas poloselaborados. Nas cidades tiñan lugar, asemade, feiras ou mercados de grandesdimensións.O comercio marítimo adquiriu gran importancia. Unha primeira rota foi a doMediterráneo: Venecia, Xénova, Marsella e Barcelona comerciaban cos portosmusulmáns de oriente Próximo e máis o Imperio BizantinoA segunda ruta foi a do Atlántico e o Báltico. As cidades cunha actividade comercialmáis importante foron as dos Países Baixos (Bruxes e Gante)1. Completa o seguinte texto:Nas cidades leváronse a cabo grandes mercados ou....................... algúns portosimportantes do Mar Mediterráneo eran......................e.......................... desde elescomerciábase cos portos musulmáns de ....................................................NosPaíses Baixos sitúanse as cidades de.............................e............................fundamentais no comercio do océano Atlánticoe do mar Báltico.2. Sitúa no seguinte mapa as cidades nomeadas nos parágrafos anteriores.
  4. 4. A SOCIEDADE URBANAO crecemento das cidades transformou a sociedade feudal. Reis, nobres eeclesiásticos concedéronlles aos seus súbditos maior liberdade persoal e algúnsdereitos.Así se formou un novo grupo social non privilexiado: a burguesía. Os burguesesdedicábanse á artesanía e ao comercio, e non dependía de ningún señor feudal.Diferenciábanse, segundo a súa riqueza, entre alta burguesía (grandescomerciantes e banqueiros) e pequena burguesía (mestres artesáns e pequenoscomerciantes)Ademáis da burguesía, nas cidades vivían nobres, eclesiásticos e outros gruposmáis humildes (oficiais e aprendices dos gremios, criados e mendigos...)Tamén había algunhas minorías, como os xudeos, moitos deles médicos,prestamistas ou artesáns, que vivían en barrios separados (alfamas ou xudarías)Para velar polas finanzas, a orde e a xustiza, nas cidades escollíase aosmaxistrados, dirixidos polo alcaldeCo tempo, o goberno das cidades quedou en mans das familias ricas, queconstituíron un grupo privilexiado, o patriciado urbano.Durante o século XII, a mellora económica e o auxe da vida urbana favorecen odesenvolvemento das escolas e, máis adiante, a creación das universidades.1.Define ou explica os seguintes conceptos:ALTA BURGUESÍA..............................................................................................PEQUENA BURGUESÍA.....................................................................................ALCALDE....................................................................................................PATRICIADO URBANO................................................................................2.Busca información sobre a casa burguesa e describea A CRISE DA BAIXA IDADE MEDIA (SS. XIV e XV)A comezos do século XIV produciuse en toda Europa unha forte crise agraria.Esta crise foi debido a unha sucesión de malas colleitas, ocasionadas polo climadesfavorable e o cultivo de terras de mala calidade.Coa crise, a produción de trigo diminuíu e a fame espallouse por todo o continente.Ademais, as guerras entre señores feudais provocaron frecuentes saqueos.A mediados do século XIV (1347), a epidemia da peste negra afectoulle a todaEuropa e provocou moitas mortes.Coa falta de alimentos, a suba dos prezos e o empeoramento das condicións de
  5. 5. vida tanto na cidade como no campo, foron aumentando de xeito importante os problemas e as tensións sociais. Debiodo a esta grave situación, espalláronse por toda Europa numerosas revoltas, tanto dos campesiños como das clases populares urbanas, que foron duramente reprimidas pola nobreza, a alta burguesía e mais o rei. 1. Sinala as causas da crise da baixa Idade Media 2. Narra as consecuencias desta crise.•A idade media•A Cidade Medieval•A cidade medieval 2•O rexurdir das cidades•A arquitectura civil medieval

×