Xacementos Romanos En Galicia

Loading...

Flash Player 9 (or above) is needed to view presentations.
We have detected that you do not have it on your computer. To install it, go here.

0 comments

Post a comment

    Post a comment
    Embed Video
    Edit your comment Cancel

    1 Favorite & 1 Group

    Xacementos Romanos En Galicia - Presentation Transcript

    1. XACEMENTOS ROMANOS EN GALICIA Vilas romanas, mansiones , castros romanizados, campamentos, termas, murallas e santuarios.   foto: http://www.aaviladonga.es/
    2. 1. Vilas romanas Son casas de campo con funcións residenciais e productivas (explotacion dos recursos do mar ou do campo). As mellor conservadas son de época baixoimperial ou tardorromana. Un bó exemplo é TORALLA (S.III-IV d.C.), sita nun extremo da praia viguesa do Vao, formada por dous edificios, o productivo e o residencial.Nas sucesivas excavacións apareceron basas de columnas, cerámica decorada, mosaicos, vidros e moedas. Existe un proxecto de inminente museización. foto: C. Fernández (AGN)
    3. VILA ROMANA DE CAMBRE , de tipo rural, asentada nos diferentes niveis dunha terraza fluvial, conservounos a piscina cuberta ou balneum (esquerda), as letrinae, e as pinturas murais de temas mariños e motivos xeométricos e vexetais (dereita)                                               Foto: "Lansbricae", Flickr foto: Wikipedia
    4. 2. Mansiones Eran as paradas oficiais nunha calzada romana, mantidas polo estado e dotadas normalmente de baños, cociña, habitacións, establos etc.   Na de AQUIS ORIGINIS , na Baixa Limia, apréciase o hipocaustum .
    5. 3. Castros romanizados Poboados fortificados característicos de todo o noroeste, moitos habitados xa antes do s.VI a.C. e moitos tamén romanizados, como corrobora a presencia de casas con esquinas, tellado (tegulae e imbrices) etc. É o xacemento estrela en Galicia. O mellor estudiado e tamén museizado é   O CASTRO DE VILADONGA ocupado desde o s. II ao V dC. conta con numerosos foxos e murallas, que albergan dous antecastros e unha acrópolis.Ata agora descubríronse nel vivendas, currais, almacéns e un edificio de uso comunal, artellado todo en torno a dúas rúas centrais e unha ronda paralela á muralla principal. foto:  http://galiciaromana.blogspot.com/
    6. SAN CIBRÁN DE LÁS ( LANSBRICAE , segundo tres inscricións atopadas),situado entre Punxín e San Amaro, Ourense,estivo ocupado entre os séculos II a.C e II d.C., é un castro de grandes dimensións estruturado en dous recintos amurallados de forma elíptica e presenta un trazado case ortogonal, é dicir, romanizado. foto: FreeCat/ José Antonio Gil Martínez (Flickr)
    7. SAN TOMÉ (Ourense)                MONTE DO CASTRO (Vigo)
      •  
      • Neste emprazamento a 3 km da cidade, castro e vila romana conviviron no tempo (s.I d.C.); no s.II ambos foron abandoados e un século máis tarde o lugar volveu ser ocupado cun asentamento típico romano.
      •  
      • Na súa aba norte atopáronse 45 construcións do período II a.C-III d.C, tanto do hábitat prerromano (circulares) como xa romanizado (cuadrangulares). Entre os achados do castro figuran: fusaiolas (foto) e pondus , moldes e escorias de fundición, lucernas, terra sigilatta...
      foto: www.ourensenet.com foto: http://vigoarqueologico.blogspot.com
    8. ELVIÑA (A Coruña)                          CASTROMAO (Celanova)
      •  
      • A parte baixa deste castro da idade de Ferro rexistra unha intensa presenza romana nos s. I e II d.C. Nel atopáronse unha Tessera Hospitalis do 132d.C. e unha ola de cerámica con máis de 60 moedas do s.I
      foto: Wikipedia   Sofre unha progresiva romanización entre I e I d.C o que atestigua a presenza de cerámica de importación, a pesar de manterse as casas circulares. Destacan a Casa da Exedra (probable forno), o Templo do Ídolo Fálico , a Fonte-Alxibe e a Casa do Tesouro . foto: Brigantino e Bicho 
    9. 4. Campamentos romanos
      •  
      • CIDADELA (Sobrado dos Monxes, A Coruña): grazas ás tellas atopadas coa inscrición COHIP, CPC e CIC, pénsase que corresponde a Cohors I Celtiberorum, asentado alí desde principios do s. II s.C. ata ben entrado o s. IV en que é trasladada a Iulóbriga. O recinto mide 142x170m e ocupa 2,40 Ha.Entre os achados figura cerámica común romana, Sigilatta Hispanica, lucernas, vidros, moedas...
      foto: celtiberia.net
    10. AQUIS QUERQUENNIS (Bande, Ourense)
      •  
          Ao Carón da vía XVIII ou Vía Nova, contaba tamén cunha mansión e unha estación balnearia.O Campamento estivo activo entre o 75 a. C e o 30 d.C, pero a mansión viaria e a poboacion que xurdiu ao rredor sobreviviu ata época medieval. Os 500 lexionarios que o habitaban pertencían seguramente á Legio VII Gemina. Ocupa unha extensión de 2,5 ha.             Como se aprecia na foto (panoramio), permanece mergullado varios meses ao ano polo embalse das Conchas
    11. 5. Termas de Lugo
      •  
        Situadas á beira do río,nos baixos do actual balneario e datadas entre os séculos I e II d.C. Os restos conservados pódense dividir en dous núcleos:  - o vestiario ou apodyterium , constituído por dúas salas colindantes con vestíbulo común e con hornacinas nas paredes. -unha segunda habitación, pequena, con bóveda de cañón corrida  probablemente é o caldarium ou baños quentes, que sería posteriormente convertida en capela cristiá. foto: Freecat, Flickr
    12. 6. Murallas de Lugo
      •  
      foto: Daniel Lagoa. Flickr É a muralla romana mellor conservada da Península Ibérica. Data do s. III d.C. e ten un perímetro de 2.117 m. A anchura dos muros oscila entre 4,20 e 7 m. Das 85 ou 86 torres orixinais consérvanse 71, 60 de planta circular e 11, cuadrangular. Na chamada A Mosqueira apréciase unha estructura de dous pisos e ventanais.   A muralla contaba con 5 portas que correspondían ás vías principais do trazado urbano. A estructura defensiva que conformaba a muralla constaba de foso (20x4 m. do que só quedan vestixios), a propia muralla e o intervallum (hoxe invadido polos edificios adheridos á muralla.
    13. 7. Santuarios
      •  
      • SANTA EULALIA DE BÓVEDA
      •  
          Singular edificio de época tardorromana, de planta cuadrangular, cunha pequena piscina no centro e bóveda de cañón decorada con frescos, que fan deste lugar o máis importante exponente da arte pictórica romana en Galicia.   No exterior, ten un pequeno adro con dúa columnas "in antis"e unha porta con arco de ferradura. Foi interpretado como lugar de baños, ninfeo, templo dedicado a Prisciliano e santuario da deusa Cibeles. foto: santaeulaliaboveda.blogspot.com
    14.   SANTUARIO DO DEUS BEROBREO (MONTE DO FACHO, HÍO, CANGAS) http://turismodepontevedra.blogspot.com/2008/08/o-facho-en-ho-culto-al-dios-berobreo.html   No emprazamento dun castro previamente habitado, mantívose un santuario que acabou convertíndose nun centro de peregrinación de primeira magnitude no noroeste peninsular durante os séculos III-V d.C. Estaba dedicado ao deus lar Berobreo, a quen se lle pedía saúde. Atopáronse unhas 174 aras votivas, algunhas coa inscrición: "deo lari Berobreo aram posui pro salute " foto: mcouselof Flickr

    + mbarral18mbarral18, 10 months ago

    custom

    525 views, 1 favs, 2 embeds more stats

    Percorrido por varios exemplos escollidos de xacem more

    More info about this document

    © All Rights Reserved

    Go to text version

    • Total Views 525
      • 494 on SlideShare
      • 31 from embeds
    • Comments 0
    • Favorites 1
    • Downloads 4
    Most viewed embeds
    • 26 views on http://aulagalicia.blogspot.com
    • 5 views on http://www.aulagalicia.blogspot.com

    more

    All embeds
    • 26 views on http://aulagalicia.blogspot.com
    • 5 views on http://www.aulagalicia.blogspot.com

    less

    Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
    Flag as inappropriate

    Select your reason for flagging this presentation as inappropriate. If needed, use the feedback form to let us know more details.

    Cancel
    File a copyright complaint
    Having problems? Go to our helpdesk?

    Categories

    Groups / Events