• Share
  • Email
  • Embed
  • Like
  • Save
  • Private Content
Asoreyadleiro
 

Asoreyadleiro

on

  • 2,375 views

power point asorey vida e obra

power point asorey vida e obra

Statistics

Views

Total Views
2,375
Views on SlideShare
1,323
Embed Views
1,052

Actions

Likes
0
Downloads
9
Comments
1

14 Embeds 1,052

http://osdevilarinho.blogspot.com 316
http://osdevilarinho.blogspot.com.es 207
http://blogs.prensaescuela.es 155
http://www.osdevilarinho.blogspot.com 102
http://osdevilarinho2011.blogspot.com 65
http://osdevilarinho2011.blogspot.com 65
http://pacoasorey.blogspot.com 64
http://www.osdevilarinho.blogspot.com.es 46
http://pacoasorey.blogspot.com.es 19
http://translate.googleusercontent.com 6
http://arteasorey.blogspot.com 4
http://www.pacoasorey.blogspot.com.es 1
http://osdevilarinho.blogspot.co.uk 1
http://webcache.googleusercontent.com 1
More...

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Microsoft PowerPoint

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel

11 of 1 previous next

  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
  • Encantoume o voso traballo. Obrigado sempre por contribuir a manter o interese pola obra deste artista tan inspirado. Saudos
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

    Asoreyadleiro Asoreyadleiro Presentation Transcript

    • Asorey, 50 Aniversario
    • Naceu en Cambados o 4 de marzo de 1889, nunha casa da rúa do Sol (hoxe Praza de Asorey). Fillo de D. Antonio Asorey Rey (oriundo da Coruña) e Dona Elisa González (de Fefiñáns), comerciantes procedentes de Bos Aires.
    • Estudou no Colexio Salesiano de Sarriá (Barcelona) desde os 14 aos 17 anos, acadando premios nos cursos 1904-5 e 1905-6. A partir do segundo mes de estancia no colexio costea os propios gastos facendo traballos de escultura. “ ... foi unha cousa instintiva, en vez de ir á escola pasábame as horas no campo facendo santos cunha navalla...” Francisco Asorey
    • Entre 1906 e 1909 traballa como profesor de debuxo e segue estudios no Colexio Salesiano de Barakaldo. Monta tamén un taller de imaxinería con Julio Beobide e Juan Guraya onde traballan fundamentalmente obras relixiosas como O Calvario que conserva aínda o Colexio . Participa no Certame do Traballo coa obra Romeiros Vascos. Participa na EXPOSICIÓN NACIONAL DE SANTIAGO coa obra A Viúva do pescador (2º premio). Entre 1909 e 1917 vive en Madrid, onde fai o servizo militar e coñece a varios artistas cos que fai amizade, o cordobés Julio Romero de Torres, co que comparte pensión ou os galegos Lloréns, Soutomaior e Juan Luis. Gaña a vida facendo reproduccións e encargos: bustos de D. Jaime de Borbón, D. Antonio Maura, D. Alejandro Mon ... E empeza a ser coñecido entre a alta sociedade madrileña. Retrato en 1916
    • “ Lo jondo”,1914
    • 1913: Exposición conxunta co pintor Juan Luis e coa colaboración do Centro Galego de Madrid. 1914 Obras: Busto do pintor Juan Luis, e do crítico e amigo José Francés 1916 Lápidas dos Bugallal en Ponteareas. Presenta no SALÓN DOS HUMORISTAS DE MADRID as obras Volta do enterro e Cabaleiros negros. Fai a medalla conmemorativa de D. Marcelo Macías. Volta do enterro
    • O lugar, Compostela. Media tarde a hora... Dobran lentas campás, baixo o ceo medroso... un presaxio de chuvia no aire brumoso... Cruzan varios canónigos –o andar lento e vago-, portan todos ó peito vermella cruz de Santiago. Media tarde a hora. O lugar, Compostela. Xavier Bóveda. Cabaleiros negros. “ De los pazos gallegos”, versos de miedo y de superstición. Ourense 1922, p37 Cabaleiros Negros, 1915
    • EXPOSICIÓN DE ARTE GALEGA NA CORUÑA, 1917. Neste número do xornal A Nosa Terra aparece o poema dedicado a Asorey, do escritor Eladio Rodríguez. Cita nel as obras que o autor debeu ver na exposición da Coruña como Deseo, O Campo, Cabaleiros, ou Rezos de Beatas e xa fala “do escultor da raza nosa”.
      • Na revista Vida Gallega aparecen publicadas estas imaxes en maio de 1918. Casi todas as obras que aparecen aí formaron parte da Exposición de Arte galega da Coruña . O periódico A Nosa Terra, voceiro das Irmandades da Fala recentemente aparecidas, dá a seguinte crónica da exposición: “dende logo a máis formosa e culta de cantas poda haber lembranza na Cruña…o primeiro auto grande, feito por galegos para galegos, sin pensar en políticos de Madrí. Un ensaio trunfal de nacionalismo artístico”.
      Estase preparando a creación dunha arte nacional galega que acompañe aos ideais nacionalistas das Irmandades, nesta tarefa Asorey terá un papel de primeira orde.
    • 1918 O 31 de maio gaña a oposición para escultor anatómico da Facultade de Mediciña. Instálase definitivamente en Santiago de Compostela. Rezo de Beatas ou “Devotiñas”(1918 )
    • 1919 Casa con Jesusa Ferreiro. Monta un taller de escultura en Santiago. Asorey diante do novo taller de Caramoniña Jesusa Ferreiro
    • 1920 Primeiras obras saídas do taller de Caramoniña, perto do Convento de S. Domingos de Bonaval. Picariña . Escultura en madeira policromada (perdida). Monumento funerario da familia Gil no cimeterio de Vigo .
    • Fotografía aparecida en Vida gallega en 1920, trátase do boceto, para o busto do famoso violinista Manuel Quiroga. O busto en pedra fíxose posteriormente e non se colocou nun monumento ata 1949, en Pontevedra .
    • Naiciña (1922), escultura en madeira policromada hoxe en paradeiro descoñecido (posiblemente na Arxentina). Presentouna Asorey á Exposición Nacional de Belas Artes de Madrid, onde foi moi admirada e para escándalo xeneral só foi premiada cunha bolsa de estudos apara o autor. En desagravio a intelectualidade galega organiza un gran xantar de homenaxe en Cambados .
    • Debeuse a organización do xantar-homenaxe aos cambadeses e amigos de Asorey: Cabanillas, Antonio Magariños e Isidoro Millán. E participou a totalidade da intelectualidade galega do momento, especialmente os nacionalistas. O xornal vigués Galicia, dá a seguinte crónica do acto: “ El banquete se celebró en el castañar de uno de los pazos señoriales de la hidalga villa marinera. Sirviendo de fondo a la cabacera de la mesa, se extendía un gran tapiz con el escudo de Galicia bordado en terciopelo rojo. Todos los comensales llevaban prendida en la solapa una banderita con los colores de la enseña gallega. En la presidencia, se sentaron, con Asorey, el senador por la Universidad, Sr. Gil Casares; el diputado por el distrito, Sr. González Garra; el exgobernador de Barcelona, Sr. Portela Valladares; el jefe del nacionalismo gallego, D. Vicente Risco y representaciones de los ayuntamientos de Compostela y Cambados. Los restantes comensales, hasta un número de 115, se acomodaron en dos largas mesas, artísticamente decoradas”.
    • 1923 Expón a Ofrenda a San Ramón no SALÓN DO OUTONO de Madrid. Emprega Asorey nesta obra por vez primeira a policromía directa sobre a madeira, innovación que revoluciona a imaxinería tradicional. A Ofrenda a S. Ramón xunto con Picariña e Naiciña e as que virán máis tarde: O Tesouro e Santa dan forma escultórica aos ideais nacionalistas das Irmandades da Fala e teñen en común a representación de mulleres (símbolo de Galicia) con traxes galegos, mostrando costumes galegas e denunciando ao tempo a situación da “Terra Asoballada”. Asorey é “O escultor da Raza”
    • Outras obras de 1923-24 : Monumento funerario de Dona Dolores Santamarina na capela do Asilo de Ourense. Busto de D. Lino Torre para a biblioteca América, en Santiago. Lápida de Carracido para a Facultade de Farmacia (Santiago). Monumento funerario de Dona Dolores Santamarina
    • 1924 Presenta O Tesouro na EXPOSICIÓN NACIONAL DE BELAS ARTES de Madrid e recibe a 2ª medalla, tamén con grandes protestas por non levar a 1ª. Cómpraa o dono do xornal ABC, Torcuato Luca de Tena polo dobre do valor do premio. O Tesouro
    •  
    • A VACA A vaca é o símbolo da paz. Val máis o que siñifica unha vaca que o que simboliza un león rampante. Xa o dixo un dos nosos economistas: "O albre xenealóxico dunha vaca de leite é máis útil que o albre xenealóxico dun aristócrata”. A vaca esquenceuse dos cornos e danos o seu traballo, o seu leite, a súa carne, o seu coiro e a carne e o coiro dos seus fillos. No-nos pode dar máis. O can será o amparo dos ricos, que defende a propiedade do amo e ladra ós probes que van polos camiños. En troques a vaca é o amparo dos probes libres. Os concursos de vacas leiteiras valen máis que os "concursos de belleza". A nosa vaca ten o pesebre en Galiza e os tetos en Madrid. E o que non lle da de comer a unha vaca non ten dereito a muxila. As "señoritas" que choran pola morte dun can ridículo non comprenden a door dunha familia labrega cando se lle rnorre unha vaca. Se non fose polo leite das vacas a piolleira das cidades morreríase desnutrida. A vaca é a ama de cría da Humanidade. O día que seipamos o que val unha vaca, Galiza quedará redimida. CASTELAO
    • Á esquerda o taller do artista en Caramoniña, onde se pode ver o tesouro en 1º termo e por detrás Picariña, “as devotiñas” e o busto de Lino Silva. Abaixo diploma da 2ª medalla
    • Homenaxe a Asorey nas ruínas do Mosteiro de Sobrado dos Monxes en recoñecemento á obtención da 2ª medalla en Madrid polo Tesouro. Xullo de 1924.
    • 19 Obras inauguradas en 1925 , Monumento ao médico Maximino Rodríguez en Mondariz (esq) e Monumento a José Soage en Cangas do Morrazo
      • En 1926 Ingresa como socio de número no Seminario de Estudos Galegos , organismo moi ligado ás Irmandades da Fala que pretende promover o desenvolvemento cultural e científico de Galicia.
      • Presenta como obra de ingreso, o “Códeo Compostelán ”
    • 1926 Presenta dúas obras á EXPOSICIÓN NACIONAL DE BELLAS ARTES de Madrid: Santa , e San Francisco . Os franciscanos encárganlle un monumento conmemorativo do VII Centenario da Morte de San Francisco Monumento a García Barbón , en Vigo. Inaugurado polos Reis.
    • San Francisco, 1º Premio na Exposición Nacional de Bellas Artes
    • Santa (1926) “ ELEXÍA DE SANTA” Texto motivado por unha anécdota que xurdíu na exposición en Madrid: unha visitante con título nobiliario protestou porque admitiran semellante escultura. Esa marquesa asustose de verte na Exposición amosando o teu corpo tal como é, sen suaves blanduras, nin lisuras de cromo... sen a desnudez convencional dos pintores de bonecas decorativas... Pero ti, Santa, eres unha muller de carne e oso, unha verdadeira muller, sen redondeces ebúrneas nin abandonos voluptuosos. Eres unha muller na que a natureza foi descobrindo, ó mesmo tempo que as formas peculiares da feminidade, o desgaste do traballo e o sulco da fatiga; na que a pegada do labor campesiño de cada día foi pondo asperezas na túa pel e durezas nos teus músculos. Non, ti non eres unha muller pintada, unha figura de muller fraguada por unha imaxinación erótica, un muller que afoga o seu tedio xunto á estufa ou sobre o diván... Ti eres, Santa, o corazón, a inocencia e o esforzo, ti eres a tenrura que se sublima no sofrimento e o amor que fecunda a árbore da vida. E levas sobre ti, coma un símbolo, un xugo; un xugo, ¡que é teu compañeiro case desde o berce e que parece ser o símbolo destes tempos!... Roberto Blanco Torres. Vigo 1926
    • 1927 Monumento funerario do Cardeal Martín de Herrera no Colexio das Orfas de Santiago.
    • Nos anos 1926 e 1927 colabora coa CERÁMICA CELTA de Pontecesures con modelos para reproducir en distintos tamaños: O Tesouro (vendéronse en Cuba 10.000 exemplares); Pórtico da Gloria; Naiciña, Castelao. Mais adiante fará: Rezos de beatas; Maternidade; Coengos; Sobriña.
    • n A fama de Asorey consolídase e o encargo de obras de gran tamaño obrígao a deixar o pequeño taller de Caramoniña para o novo obradoiro de Santa Clara, xunto a este convento de monxas santiagués. Empeza a época dos grandes monumentos. Monumento a Cuba no Parque do Retiro de Madrid feito xunto cos escultores Mariano Benlliure, Miguel Blay e Juan Cristobal. Asorey fai a figura de Colón (1930).
    • Monumento a San Francisco inaugurado en 1930 , fronte ao Convento dos franciscanos en Santiago
    • San Xosé de Gernika . Virxe dos ollos grandes no antigo Sanatorio de Lugo 1930-31
    • 1932 Presenta na Exposición Nacional de Belas Artes a talla Nai de Dor , hoxe en Bilbao. Estatua da Virxe de Tanxil, en Rianxo. Virxe da Guadalupe. Tanxil, Rianxo. Nai de Dor.
    • 1933 Monumento ao Aviador Loriga en Lalín.
    • JOAQUÍN LORIGA TABOADA Lalín 1895, Madrid, 1927. Militar e aviador. Realizou o primeiro voo Madrid-Manila, o primeiro ensaio co autoxiro de La Cierva e a primeira aterraxe dun avión en Galicia. O monumento fíxose cos cartos que os seus paisanos xuntaran para regalarlle un avión, que non foi posible porque morreu nesas datas nun accidente aéreo.
    • 1934 Monumento a Curros Enríquez inaugurado o día 12 de agosto na Coruña polo presidente da República Alcalá Zamora. Monumento a Curros
    • MANUEL CURROS ENRÍQUEZ Celanova 1851, A Habana 1908 Poeta e galegusta. A obra principal está reunida no Divino Sainete.
    • ÓS MOZOS ¡Que triste está a aldea, que triste eque sola! A terra sin frutos, a feira sin xente, sin brazos o campo, sin nenos a escola, sin sol o hourizonte, sin fror a semente! A pedra i as nubes a sembra arrasando, agoiran un ano de fame sombría; sin pan os labregos, nin herba pró gando, ¿qué vai a ser deles na crúa invernía? Manadas famentas de lobos montesos baixaron das chouzas na noite calada e postos en ringla, cos ollos acesos, acenan dos probes prá porta pechada... Mociños honrados de sangue bravía, si ó mal dos petrucios non fordes alleos, librádeos da morte, ¡facei montería nos lobos da terra, nos lobos dos ceos! Curros Enríquez
    • A GUERRA CIVIL E A POSTGUERRA A represión franquista levoulle a Asorey varios amigos coma o pintor e escenógrafo Camilo Díaz Valiño, pai de Isaac Díaz Pardo. Él mesmo temeu pola súa vida xa que pese a distanciarse dos nacionalistas durante a República, tivera un papel moi destacado como artista das Irmandades da Fala nos anos 20. Trala guerra acomódase á nova situación política por motivos de supervivencia persoal e artística e fará varios encargos para as autoridades franquistas Monumento ao Soldado galego, Cuartel de Atocha, A Coruña, 1940 Monumento aos caídos, Ourense, 1951 Vitoria en bronce do Monumento aos mortos na Guerra de África, 1951
    • 1940 Sagrado Corazón do Colexio da Enseñanza (Santiago). O 2 de decembro A Real Academia de Belas Artes de "San Fernando" concédelle o grao de "Membro correspondente". 1942 Estatuas para a Escola Naval de Marín: Virxe do Carme e D. Álvaro de Bazan Monumento a Cabanelas. Monumento a Cabanelas (Pontevedra), 1942, MANUEL BARREIRO CABANELAS Coñecido como o Conde Cabanelas. Natural do Covelo. Foi benefactor do seu pobo, protector de artistas e contrubuíu á construción do hospital de Pontevedra.
    • 1944 Inauguración da Piedade do Altar da Igrexa do Centro Galego de Bos Aires no Cemiterio da Chacarica
    • O 28 de abril é nomeado numerario da Academia de Belas Artes da Nosa Sra. do Rosario da Coruña.
    • 1945 Monumento ó Sagrado Corazón en Cuntis. Traballa intensamente no ensino: ESCOLA DE ARTES E OFICIOS ARTÍSTICOS, ESCOLA DO TRABALLO, PROFESOR NA FACULTADE DE MEDICIÑA.
    • 1947 Inaugúrase en Samos o monumento ao Padre Feijóo no que traballa desde anos anteriores. San Cristobo San Cristobo. Madrid.
    • Monumento ao Padre Feijóo en Samos. BENITO JERÓNIMO FEIJOO MONTENEGRO Pereiro de Aguiar 1676, Oviedo 1764. Frade bieito, profesor, ensaista e poeta. A súa obra principal é o Teatro Crítico (9 tomos de ensaios sobre as materias máis diversas). No pedestal, inmobre, erguido, surrí bondoso e escoita, compracido noso Padre Feixoo, o mestre aceso pola verdade, alleo ó prexuício que aquí xogou novicio e visteu a cogulla de profeso; o gran galego de visión certeira e pruma sabia, crítica e recoita que aquí atopou repouso na canseira do longo enseño e da esforzada loita. Ramón Cabanillas. Samos
    • 1948 Presenta a obra Filliña na Exposición Nacional de Belas Artes.
    • 1949 Virxe do Desamparados; para un barrio novo obreiro de Bos Aires. 1950 Busto de Pérez Porto (Colexio Notarial da Coruña). Virxe dos Desamparados, perdida Asorey con Gala Murguía de Castro e o alcalde de Padrón, para tratar sobre a realización dun monumento a Rosalía que finalmente non fixo Asorey
    • 1952 Cristo da Igrexa de Santa María de Moiá, Barcelona. V I I HIJO DEL HOMBRE Dicen que dicen lenguas sabihondas que el Cristo de Asorey es Cristo celta, no semita; gallego soma rubio, no joven nazareno, galileo. Quizás. ¿Y qué? Otro tanto convendría decir de los Profetas y el Apóstol del Pórtico, saudades y sonrisas de rústicos galaicos hechos piedra, perdurable valor sin referencia de tiempo ni de espacio, allá en su «Gloria». Viva y excelsa escuela en que el artista aprendió su lección polícromada. Aunque no fuera así, Cristo es el Hijo del Hombre universaI, Hombre arquetípico, módulo sin confín, raza ni tribu, módulo del gentiI y del judío. Anaco dun poema de M Rabanal inspirado no Cristo de Moiá de Asorey.
    • 1953 Retrato do Bispo Blanco Nájera (Ourense). Faise en Barcelona unha exposición co Cristo de Moiá. 1956 A Purísima (A Estrada). 1957 Asunción do Seminario Menor de Santiago. O 13 de octubro concédenlle o título de Académico de Honra da Real Academia Galega. É proposto polo Claustro da Facultade de Filosofía e Letras de Santiago para o premio JUAN MARCH. Asorey retratado por Felipe Criado
    • Virxe da Asunción do Seminario Menor de Santiago. 1957.
    • 1958 Monumento ao Alcalde López Pérez , en Lugo.
    • 1960 Proxecto do monumento a Luís Otero para o Estadio de Riazor, A Coruña , que non chegou a realizarse. Traballando na maqueta para o monumento a Luís Otero.
    • 1960 Inaugúrase o Monumento a Ramón Cabanillas en Cambados . A ASOREY ¡Ditoso o que se sabe guiar pol-as estrelas! ¡Ditoso ti que nado baixo o feitizo delas atopaches o sendeiro e acertache a voar co corazón a arder, nos beizos un cantar! Cuberto das silveiras e as edras silenzosas, a céltiga roseira morría sin dar rosas. E surdéu “Picariña”. o gomo milagreiro e na mesma ponliña, fillas do mesmo amor, o sol de cada maio puxo unha nova fror, até que o derradeiro, abrindo a Edade de Ouro, frorecéu por enteiro na rosa de “O Tesouro”. ¡Ditoso o que se sabe guiar pol-as estrelas! ¡Ditoso o que no fondo das íntimas arelas encontra a nova Vida e a misteriosa traza dos místicos ensonos da súa enxebre Raza! ¡Bendito ti que soio, na noite escurecida, forxando a chave de ouro dende Mateu perdida, guiado das estrelas, soupeche eternizarte abrindo a Porta-Santa da Catedral do Arte Ramón Cabanillas. Poesías Ventureiras
    • Visita a Cambados en 1959 para ultimar os detalles do monumento a Cabanillas .
    • Traballando no monumento ao astrónomo de Lalín Aller Ulloa
    • 1960 Inaugúrase o Monumento a Ramón Mª Aller, en Lalín RAMÓN MARÍA ALLER ULLOA Lalín, 1878-1966 Xesuíta, astrónomo e profesor na Universidade. Creou o observatorio astronómico de Lalín, (o primeiro de Galicia). Un cráter da Lúa leva o seu nome.
    • Caricaturas de Asorey
    • Busto de Asorey por Acuña Busto de Asorey por Cao Lata
    • Asorey ,o seu fillo Xosé e a súa neta, no obradoiro de Eduardo Parrado, discípulo seu.
    • Imaxes do acto de homenaxe na facultade de Mediciña con motivo da súa xubilación. 1959
    • 1961 Morre o día 2 de xullo cando contaba 72 anos. Estaba a traballar nunha gran réplica de pedra do Tesouro que se atopa na matadeiro de O Porriño. Entérrano o día 4 de xullo no PANTEÓN DE GALEGOS ILUSTRES de SAN DOMINGOS DE BONAVAL, a carón do seu amigo Cabanillas
    • O 12 de decembro de 1965 Inaugúrase O MONUMENTO A ASOREY en Cambados, réplica en pedra da Naciña feita polo seu alumno José Cao Lata. A efixie en bronce é do seu amigo e discípulo Joaquín Gil Armada.
    •  
    •  
    •  
    • Exposición na igrexa de San Bieito de Fefiñáns con motivo do 25 aniversario da morte de Asorey. 1987.
    •  
    • Montaxe: Adela Leiro e Maribel Iglesias Cambados, 2001/2010