Moodle (Nivel IV)

558 views

Published on

Moodle (Nivel IV) .

Idioma: Galego

Juan Marcos Filgueira

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
558
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
254
Actions
Shares
0
Downloads
0
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Moodle (Nivel IV)

  1. 1. Nivel IV: Administrando o sitio Por Juan Marcos Filgueira Gomis, 2012/2013
  2. 2. Nivel IV
  3. 3. Folla de ruta1. Calendarios2. Administración de cursos e categorías3. Administración de usuarios: Importación e permisos4. Importación/exportación de cursos/actividades5. Mensaxería interna e correos6. Configuración de Filtros: Tex, Censura, Wikis, ...7. Outras opcións de configuración8. Ampliando a biblioteca
  4. 4. Anteriormente no Moodle ... 1. Recursos e contidos para os alumn@s 2. Tarefas e actividades individuais ou en grupo 3. Avaliación e resolución de dúbidas - Enviar arquivos - Texto en liña BLOG - Fóra do Moodle - Foro - Taller/Lección - Glosario - Páxina web - Wiki Cualificacións - Web 2.0 - BD - Cuestionarios - Ficheiros - HotPotatoes - SCORM - Jclic - Foro - Consultas - Chat - Vídeoconferencia1. Recursos 2. Tarefas 3. Comunicación
  5. 5. 1. Calendarios
  6. 6. Calendarios Bloque no curso que marca os próximos eventosDiferentes tipos de eventos: 1» Globais: Afectan a todo o sitio, como eventos docentro ou tarefas de administración.» De curso/grupo: Publicados polo profesorado duncurso ou grupo, restrinxido aos seus estudantes.» De usuario: Recordatorios para o usuario, que sópoderá ver el.As actividades con data límite, como poden ser as tarefas aparecen comoeventos no calendario do seu curso automaticamente.Os eventos aparecerán resaltados no curso cunha cor diferente.Premendo sobre o calendario (1) “Mes - Ano” verémolo en detalle...
  7. 7. Calendarios Vista do calendario (axenda)(1) Vista dos eventos con descrición ampliada(2) Resumo do mes anterior e seguinte(3) Posibilidade de exportación a iCal, estándar de calendarios/axendas(4) Engadir un novo evento
  8. 8. Calendarios Engadindo un novo evento 0(0) Selecciónase o tipo de evento(1) Nome curto que aparecerá no calendario(2) Descrición longa(3) Data de comezo(4) Duración(5) Repetición do evento, p. ex. para eventos que teñen lugar todos os mércores dun curso.
  9. 9. Calendarios Configuración de preferencias» A configuración do calendario pode facerse, para cada calendario ou dendeadministración para todos os calendarios do sitio.» Para cada calendario temos a posibilidade dende o botón“Preferencias” de: - Formato de horas (24h ou am/pm) - Día de comezo da semana - Nº máximo de eventos próximos» Dende “Administración → Presentación → Calendario”podemos indicar a configuración de: - As anteriores - Marcar os días da fin de semanaEstas opcións marcaranse por defecto pero poden redefinirse por calendario.
  10. 10. 2. Administración de cursos Curso Curso Backup Categoría
  11. 11. Administración de cursos Xestión dende unha categoría(1) Lista de cursos (5) Seleccionar outra categoría(2) Engadir novos cursos (6) Mover cursos seleccionados a outra categoría(3) Renomear a categoría (7) Operacións rápidas para cada curso(4) Buscar na lista actual
  12. 12. Administración de cursos Xestión dende unha categoría(7) Operacións rápidas para cada curso:» Editar curso » Amosar/ocultar curso a estudantes» Asignar papeis do curso » Facer copia seguridade/restaurar» Eliminar, borrar o curso completamente » Ordenar curso na categoría
  13. 13. Administración de cursos Pequenas suxestións» Engadir un curso lévanos ao formulario de configuración de curso ondeespecificamos como será o novo curso baleiro» Un sitio Moodle non parará nunca de medrar, as categorías axúdannos amantelo ordenado e facilitan a xestión. Podemos categorizar por cursos,materias, departamentos, temáticas, ou calquera outro concepto» Pódense asignar papeis por categorías especificando permisos diferentesen cada unha que se herdan a todos os cursos desa categoría» Para eliminar categorías temos que facelo dende a páxina inicial de cursos
  14. 14. 3. Administración de usuarios ¡¡Cursos!! ¡¡Cursos!! ¡¡Cursos!!
  15. 15. Administración de usuarios» Para dar de alta usuarios/as nos cursos teñen que ter conta no moodle previamente» As contas poden crearse a partir dun directorio externo (LDAP) ou crearse manualmente (2)» Dende (1) “Usuarios > Explorar lista de ...” podemos ver a lista completa de contas xa creadas: » (3) Editar o perfil ou eliminar ese usuario (eliminarase dos cursos asociados, agás en foros e rexistros » (4) Opcións de busca por nome/apelidos ou busca dunha cadea de texto concreta (nome/login)
  16. 16. Administración de usuarios Importación dende arquivo» Pódense crear ou mesmo eliminar usuarios de forma masiva dende arquivo» Os arquivos serían de texto plano (editado co Gedit/Notepad/...) co seguinte formato:» Na primeira liña indícanse os campos que se van cargar (separados por comas):1 | username, password, firstname, lastname, email» A continuación en cada liña irán os datos de cada usuario/a, nun por liña:2 | alumno1, ****, alumno, uno, alumno.moodle1@gabit.es3 | alumno2, ****, alumno, dos, alumno.moodle2@gabit.es» Temos campos especiais como:- Course: Especifícase o curso no que se matriculará- Type: Con valores como (1 = Estudiante, 2 = Profesor editor, ...)- Deleted: Valores (0/1) para eliminar o usuario» Con cargas sucesivas podemos mesmo actualizar datos
  17. 17. Administración de usuarios Inscrición dende arquivo» Unha vez gardado o arquivo podemos cargalodende a opción de administración:» Outra posibilidade é activar a “Cursos > Inscrición > Ficheiro plano” opción que nospermitirá cun formato ampliado especificar se queremos “engadir/eliminar” usuarios/as Formato Ubicación (cartafol do servidor) cron.php
  18. 18. Administración de usuarios Permisos» Os permisos asígnanse por perfís para todo o sitio, deste xeito todos os Usuarios/asdun perfil terán os mesmos, poderán facer as mesmas cousas» Para distinguir permisos entre o mesmo grupo de usuarios/as teremos que crear unPerfil novo (duplicado) e axustalo. P.ex. Profesores con e sen permisos de matriculación Diferentes módulos e permisos predefinidos en moodle
  19. 19. 4. Importación/Exportación
  20. 20. Importación/exportación Cursos completos ou recursos Backup Chats Flash Pdf Web Imaxes ZIP Cuestionarios Foros Tarefas» Pódese facer unha copia de seguridade dun curso completo ou parcialmenteseleccionando aqueles recursos ou actividades que nos interesen» A copia de seguridade do curso, completa ou parcial empaquétase nun arquivo ZIP» Ese arquivo ZIP podemos subilo ao mesmo ou outro moodle e restaurar o cursocompleto ou os recursos e actividades individuais» Transferir cursos entre diferentes moodle» Reaproveitar cursos con temática similar» Reaproveitar recursos e actividades individuais» Prevención de catástrofes ou borrados accidentais
  21. 21. Importación/exportación Backup Outra Internet Aula virtual Curso Moodle Na casado centro
  22. 22. Importación/exportación Cursos completos ou recursos Backup (1) Dende o menú de Administración do curso podemos facer a copia de seguridade (total ou parcial) do mesmo (2) Coas opcións de restaurar e importar podemos ou ben restaurar o curso a partires dunha copia anterior ou importar elementos doutro curso do sitio (fai un backup automático)» As diferentes copias de seguridade que creemos gardaranse nos Ficheiros do cursono cartafol “backupdata”. Así mesmo se imos importar elementos a partir da copiad.outro curso é moi recomendable facelo dende este cartafol:Nota: Importar fai os dous pasos nun, fai a copia e a restaura.
  23. 23. Importación/exportación Copia de seguridade Backup» Lanzamos a opción de copia de seguridade: (1) Aparecen as diferentes actividades e recursos agrupados por tipo, para incluílos ou non na copia abonda con marcalos/desmarcalos (2) Os datos de usuario serían as actividades dos usuarios/as neses recursos ou actividades, como participación nos foros, tarefas enviadas, cualificacións, se queremos un novo curso baleiro o mellor será non incluílos
  24. 24. Importación/exportación Copia de seguridade Backup» As últimas opcións serán xerais:(1) Usuarios: Datos de todos os usuarios, só os do curso, ou ningún. Neste último caso eliminaríase mesmo o que seleccionamos anteriormente(2) Rexistros: Só de actividade, ver se se visitou un rexistro e cando a efectos deCertificación(3) Ficheiros de usuario: Arquivos subidos polos estudantes a través das actividades(4) Ficheiros do curso: Arquivos subidos polo profesor a través do cartafol de“Ficheiros” do curso e que non están ligadas en ningunha actividade ou recurso
  25. 25. Importación/exportación Copia de seguridade» Rematado o proceso aparecerá un novo arquivo ZIP no cartafol “backupdata” Backup 2 3 1 Curso Descargar» Nota: Algúns módulos como lección o taller non permiten copia de seguridade» Nota2: Algunhas actividades como o glosario e o cuestionario teñen as súaspropias opcións de importación/exportación
  26. 26. Importación/exportación Restaurar/importar(1) Restaurar sería o proceso inverso da copia de seguridade, a partir do ZIP Backupcunha copia, creamos un curso novo completo ou engadimos algunhas dassúas actividades(2) Dispoñemos de varias opcións: → Restaurar creando un novo curso → Restaurar no curso actual borrándoo → Restaurar no curso actual engadindo 1 Curso Restaurar(3) Seleccionar recursos eactividades(4) Datos de usuario
  27. 27. 5. Mensaxería
  28. 28. Mensaxería Mensaxes de usuario/a» Nota: Son mensaxes internas, non correos, a non ser que se envíe tamén a copia.Existen dúas formas de consultar as nosas mensaxes:(1) A través do perfil, accedemos a partires do noso nome de usuario e podemospremer directamente o botón “Mensaxes”:(2) A través do bloque mensaxes, que se pode engadir en cada curso. Permiteacceder máis rapidamente e ver as mensaxes pendentes e quen as envía (3).
  29. 29. Mensaxería Mensaxes de usuario/a» Mensaxes abre unha nova ventá coas opcións, para consultar as mensaxesrecibidas, buscar contactos no sitio e enviar novas mensaxes(1) Lista de mensaxes pendentes(2) Lista de contactos preferidos gardados(3) Buscar novos contactos ou no historial demensaxes(4) Modificar as opcións de Configuración,como: Abrir a ventá de mensaxesAutomaticamente, enviar correos electrónicosao estar desconectado, emitir son de aviso, ...(5) A páxina refréscase cada certo tempo paraamosar se chegaron mensaxes novas
  30. 30. Mensaxería Mensaxes de usuario/a» Ao seleccionar unha das mensaxes recibidas imos a unha nova ventá de detalle(1) Vemos as mensaxes enviadas e o remitente(2) Podemos enviar mensaxesen resposta(3) Podemos engadir ese contactoa nosa lista persoal(4) Podemos bloquealo se é unpesado(5) Podemos consultar todo oHistorial de mensaxes con eseusuario/a
  31. 31. Mensaxería Enviar unha mensaxe a un usuario/a» Para enviar unha nova mensaxe a un usuario calquera do sitio abrimos a ventá deMensaxes e imos á pestana “Procurar” (1). Alí poñemos o nome do usuario/a eprememos en “Buscar” (2). (1) Vemos os resultados das busca cos posibles usuarios coincidentes (2) Premendo sobre o usuario/a pasamos á ventá de edición de mensaxes (3) Aparecen outras opcións como: engadir o contacto, ver se está conectado e consultar o historial de mensaxes con esta persoa
  32. 32. Mensaxería Enviar unha mensaxe aos participantes» Para enviar unha mensaxe como profesor a todos osparticipantes dun curso (p.ex. para un aviso xeral) podefacerse dende o bloque “Persoas > Participantes” (0) que 0nos levará a unha lista con todos os participantes do curso(distinguindo por perfís, grupos ou outros parámetros)» Seleccionamos os usuarios cos que queremos comunicar (1) e escollemos a opción“Enviar mensaxe” (2)
  33. 33. Mensaxería Enviar unha mensaxe aos participantes(1) Corpo da mensaxe para todos os participantes seleccionados(2) Antes de envialo ofrécenos unha visualización previa da mesma para previrerros (presuponse que son mensaxes importantes)(3) Danos a opción de eliminar da lista algún usuario que se engadira por erro
  34. 34. Actividade: Administrando o sitio (I)1. Crea un curso nunha categoría nova “Curso Moodle”.2. Engade un bloque Calendario no curso co evento “Comezamos oscurso, agarrádevos os machos”.3. Carga os estudantes do curso a partires dun arquivo de texto coaopción de importación.4. Importa un subconxunto dos recursos e actividades doutro curso.5. Envía unha mensaxe de saúdo a todos os participantes dun curso.
  35. 35. 6. Configuración de filtros
  36. 36. Configuración de Filtros Notación matemática, autoligazóns, Palabras censuradas, limpeza de código, etc...(1) Imos á opción “Módulos > Filtros”(2) Lista dos diferentes filtros dispoñibles/activados(3) Máis que amosar/ocultar sería (des)activar(4) Configuración » opcións específicas de cada filtro (rutas, plugins, opcións, ...)
  37. 37. 7. Outras opcións de configuración
  38. 38. Outras opcións Editar idiomas (textos)(1) Imos á opción “Idioma > Editar idiomas”(2) Lista das diferentes páxinas que se poden editar (en inglés), seleccionamos unha(3) Aparecen as cadeas xa traducidas e as que non sairán baleiras. Modificar e gardar.
  39. 39. Outras opcións Configurar a páxina principal(1) Opcións de menú para configurar os bloques e aspecto da páxina principal(2) Textos para título e descrición do sitio(3) Aspecto da páxina para usuarios anónimos(4) Aspecto para usuarios que xa se identificaron
  40. 40. Outras opcións Configurar actividades e bloques(0) Podemos configurar as actividades e bloques que estarán dispoñibles paraengadir nos cursos(1) Activando/desactivando aparecerán ou non nos despregables dos cursos(2) Determinados elementos dispoñen de opcións de configuración propias. Asconfiguracións aquí especificadas hérdanse para todos os cursos da plataforma.
  41. 41. Outras opcións Importar cuestionarios en formato AikenFormato simple para cargar preguntas de resposta múltiple (só este tipo), segundoo seguinte modelo:Nun arquivo de texto, que podemos editar cun editor sinxelo como o bloc de notas ouo gedit engadir a pregunta nunha liña e as opcións coa súa letra/orde.1 | Cal é a resposta?2 | A) Esta3 | B) Estoutra4 | C) Esta non é5 | D) Ningunha6 | ANSWER: ACada pregunta/resposta irá nunha liña. As respostas indicaranse cunha letra seguidade . ou ), e por último se indicará a resposta correcta coa palabra chave ANSWERseguida da letra da opción boa.Pódese engadir calquera número de preguntas que ao cargarse pasarán a formarparte do banco de preguntas do Moodle.
  42. 42. Outras opcións Importar cuestionarios en formato GIFTO formato GIFT deixa importar máis tipos de preguntas:Exemplo opción múltiple:1 | ¿Cantos lados ten un triángulo? {~un ~cinco =tres}2 |(A liña dúas vai en branco para separar as preguntas)Exemplo encher ocos:3 | Un cadrado {~un ~tres =catro} lados iguais.4 |Exemplo resposta curta:5 | Dous máis dous son {=catro =4 =4.0}6 |
  43. 43. Outras opcións Importar cuestionarios en formato GIFTExemplo numéricas:7 | ¿En que ano foi a caida de Constantinopla? {=1453}8 |Exemplo emparellar:9 | Asocia cada país coa súa capital. {10| =Francia -> París11| =Grecia -> Atenas12| =Exipto -> Cairo13| =Rusia -> Moscova14| }Unha vez rematado o arquivo se garda e se procede a importar no cuestionario.
  44. 44. Outras opciónsImportar cuestionarios en formato GIFT
  45. 45. Anteriormente no Moodle ... 1. Recursos e contidos para os alumn@s 2. Tarefas e actividades individuais ou en grupo 3. Avaliación e resolución de dúbidas4. Administración Xestión: - Enviar arquivos BLOG - Cursos - Texto en liña - Usuarios - Fóra do Moodle - Foro - Taller/Lección - Cualificacións - Glosario - Calendario - Páxina web - Wiki - Web 2.0 - BD - Cuestionarios - Ficheiros - HotPotatoes - SCORM - Foro - Jclic - Chat - Consultas - Vídeoconferencia1. Recursos 2. Tarefas 3. Comunicación
  46. 46. Actividade: Administrando o sitio (II)1. Activa e desactiva o filtro matemático comprobando como se interpretanunha páxina web un texto Tex ($$) segundo estea nun estado ou outro.2. Proba a modificar os textos dunha actividade, para facelos máisaxeitados ao teu sitio.3. Experimenta con varias presentacións da páxina principal.4. Crea un arquivo de texto con algunhas preguntas de cuestionarios cofin de probar a importación dende ficheiro.
  47. 47. 8. Ampliando a biblioteca➔ Sitio oficial de Moodle: http://www.moodle.org➔ Sobre copias de seguridade: http://docs.moodle.org/all/es/Copia_de_Seguridad_del_Curso http://www.adelat.org/media/docum/moodle/copias_de_seguridad_de_un_curso.html➔ Importar/eliminar usuarios dende arquivo: https://moodle.uhu.es/contenidos/help.php?file=uploadusers2.html➔ Documentación para administradores: http://docs.moodle.org/all/es/Documentaci%C3%B3n_para_Administradores#Seguridad.2C_Rendimiento_y_Roles➔ Sobre filtros: http://docs.moodle.org/all/es/Filtros_(Administrador)
  48. 48. ¿Ideas, dúbidas, cuestións?
  49. 49. Agradecementos@ Grazas a Tomaz Lasic pola súa idea dos Lego@ Grazas a Archigraphs polas bases dos tente@ Grazas a Chisaku pola imaxe da diapositiva 5@ Grazas a Fiction69 pola imaxe da diapositiva 19@ Grazas a Guilherme Briggs pola imaxe da diapositiva 27@ Grazas a Spudfuzz pola imaxe da diapositiva 35@ Grazas a Tim Jones pola imaxe da diapositiva 35@ Grazas a Der Krampus pola imaxe da diapositiva 37
  50. 50. Máis presentacións, artigos, análises e publicacións:@ Na web:http://www.gabit.org@ Facebook:https://www.facebook.com/pages/Gabit/420853864605648@ Twitter:https://twitter.com/InfoGabit@ Slideshare:http://www.slideshare.net/marcosfilgueira
  51. 51. FinNivel III: Administración do sitio Por Juan Marcos Filgueira Gomis, 2012/2013

×