As Nubes de Aristófanes

Loading...

Flash Player 9 (or above) is needed to view presentations.
We have detected that you do not have it on your computer. To install it, go here.

0 comments

Post a comment

    Post a comment
    Embed Video
    Edit your comment Cancel

    1 Favorite

    As Nubes de Aristófanes - Presentation Transcript

    1. AS NUBES DE ARISTÓFANES ΝΕΦEΛΑΙ
    2. O Autor Aristófanes, nacido cara ao ano 445 a.C. en Atenas é o máximo representante da Comedia Antiga. A cidade de Atenas estaba inmersa nun conflicto bélico que lle ía acarrear o seu declive político, económico e cultural: a guerra do Peloponeso. Neste contexto histórico temos que situar a ideoloxía política e as obras do autor. Corren tempos axitados e o autor na súa sátira non se limita só á política, senón que trata todos os asuntos que afectaban á polis, á educación , a filosofía, a poesía, a arte…
    3. Representación As nubes foi representada por primeira vez no ano 423 a.C. nas Dionisias. Alcanzou só o terceiro lugar no concurso de comedias.Aristófanes, incomodado por non obter o primeiro lugar, reescribiu a obra e así nesta nova versión o coro reprocha ao público non terlle dado o seu favor na primeira representación. Nunca consegiu volver a representala. Esta segunda versión foi a que se conservou.
    4. Un pai desesperado Estrepsiades, un anciá campesiño máis ou menos acomodado, arruinouse polas veleidades da súa muller, de maior rango social, e a afección aos cabalos do seu fillo Fidípides. Aquel, aguilloado polos seus acredores, decide que o seu fillo ingrese no “Pensadoiro”, escola chea de charlatáns, ateos e farsantes, onde lle ensinarían a habilidade de manexar á perfección o Discurso Xusto e o Discurso Inxusto en función dos propios intereses. Así conseguiría liberarse dos seus acredores. Alí, no “Pensadoiro”, está Sócrates, convertido en sofísta.
    5. Visita ao “Pensadoiro” Despois de vencer a resistencia do seu fillo Fidípides para convertirse en discípulo do “Pensadoiro”, encamíñanse a entrevistarse con Sócrates, ao que atopan suspendido no aire nunha cesta para escapar da vulgaridade terrenal. Dende alí fai chufa das crencias relixiosas tradicionais de Estrepsíades e declárase devoto dunhas vaporosas divinidades, as Nubes.
    6. Un fillo maltratador Fidípides acaba sendo apadriñado polo Discurso Inxusto, despois dunha enconada polémica entre o a Discurso Xusto e o Inxusto pola titoría do mozo. Aquel non só aprende axiña a utilizar argumentos sólidos para rebater a obriga de saldar as débedas, senón que tamén aprende a demostrar que é xusto maltratar aos pais. No banquete que o seu pai organiza para celebrar a victoria sobre os acredores, propínalle unha malleira que o deixa malparado e ademais Fidípides, ben aleccionado no “Pensadoiro”, xustifica esta actitude como xusta devolución do que recibiu do pai sendo neno.
    7. O “Pensadoiro” en chamas Estrepsiades, indignado, prende lume á escola onde ensina Sócrates, pois dase conta de que as súas ensinanzas non lle conveñen. A aprendizaxe de Fidípides do Argumento Inxusto volveuse na súa contra.
    8. Comedia fracasada? Por que fracasou no seu A comedia que levou tempo esta comedia? o primeiro premio , A Quizais a xente estaba botella de Cratino, e que máis preocupada pola competía con As Nubes supervivencia en tempos seguramente divertiu de crise e quería máis máis ao público. Tratábase evasión que debates dunha parodia da súa sobre valores? afección pola bebida.
    9. Pero… A pesar de todas as críticas que se lle fan, de escritor reaccionario, conservador e enemigo de todo o novo (de Sócrates, da ilustración, de Eurípides), Aristófanes foi un gran retratista da sociedade ateniense do momento.Só que probablemente reflexaba o sentir dun espectador medio que non entendía o que estaba a suceder na súa Cidade : época dunha gran actividade intelectual pero inicio dunha decadencia.

    + Maite MinambresMaite Minambres, 6 months ago

    custom

    218 views, 1 favs, 0 embeds more stats

    More info about this document

    © All Rights Reserved

    Go to text version

    • Total Views 218
      • 218 on SlideShare
      • 0 from embeds
    • Comments 0
    • Favorites 1
    • Downloads 2
    Most viewed embeds

    more

    All embeds

    less

    Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
    Flag as inappropriate

    Select your reason for flagging this presentation as inappropriate. If needed, use the feedback form to let us know more details.

    Cancel
    File a copyright complaint
    Having problems? Go to our helpdesk?

    Categories