Your SlideShare is downloading. ×
Apuntes Técnica Fútbol
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×
Saving this for later? Get the SlideShare app to save on your phone or tablet. Read anywhere, anytime – even offline.
Text the download link to your phone
Standard text messaging rates apply

Apuntes Técnica Fútbol

819

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
819
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
1
Actions
Shares
0
Downloads
0
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

Report content
Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
No notes for slide

Transcript

  • 1. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ TÉCNICA-FÚTBOL 1.- TÉCNICA: Son aquelas accións que é capaz de desenrolar un xogador dominando e dirixindo o balón con todalas superficies de contacto que permite o regulamento. Si é en baneficio propio, coñecese como técnica individual. Si é en beneficio do conxunto, refírese á técnica colectiva. Bases da técnica: Unha boa técnica está baseada nos seguintes pontos: a.- Adecuada situación do xogador sobre a traxectoria do balón, intuindo a súa dirección, velocidade e posibles efectos. b.- Concentración sobre o balón, sen perdelo de vista, para asegurar un bó contacto no momento e lugares precisos e coa forza adecuada para unha boa acción. c.- Coordinación de movimentos, dominio do corpo, relaxación e equilibrio sobre o pé de apoio. d.- Destreza na execución. - Técnica individual: Aquelas accións que é capaz de desenrolar un xogador dominando e xogando o balón en beneficio propio, rematando unha xogada sen a intervención doutros compañeiros do seu equipo. - Técnica colectiva: Son as accións que consiguen enlazar dous ou máis xogadores dun equipo, buscando sempre o beneficio do conxunto mediante unha eficaz finalización da xogada. TÉCNICA INDIVIDUAL OFENSIVA: 2.- GOLPEO CO PÉ: Concepto: Enténdese como golpeo, o lanzamento do balón conscientemente nunha dirección, con algunha parte do pé. I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 1
  • 2. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ Desde o ponto de vista máis técnico, entendémolo como o golpeo consciente do balón que se realiza cunha determinada superficie de contacto, buscando unha dirección, altura e velocidade determinadas, dacordo coas intencións fixadas de antemán. Mecanismos do toque de balón: Podemos dividilo nas seguintes partes: - Colocación do pé de apoio ó lado do balón. - Balanceo da perna que executa o golpeo. - Posición do corpo con respecto ó balón. - O golpeo do balón. (traslación da forza). - Acompañamento posterior do balón co pé. Os compoñentes deste mecanismo cambian en función de que partes do pé executan o golpeo. Tamén varían en función dunha acción táctica que se pretenda realizar. Nembargantes, en esencia, poden atoparse sempre as cinco fases en toda clase de toques; sexa parado ou en movimento o balón ou dunha acción a balón parado ou correndo hacia o balón. Aspectos e consideracións a ter en conta no toque do balón: a.- A dirección do balón: O sentido que este toma no espazo, que vai ser diferente según diversos factores. - A zona donde reciba o contacto: Si o golpeo se fai no seu centro da gravidade, o sentido estará determinado pola prolongación do eixo do pé de apoio. Si se fai o golpeo á esquerda do CDG, o sentido desprazarase á dereita. Si o golpeo se fai á dereita, o sentido desprazarase á esquerda. - A superficie de golpeo: As distintas superficies de de golpeo son empregadas para dar ó balón as direccións desexadas coa máxima seguridade; e cada superficie é indicada para un tipo especial de golpeo. I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 2
  • 3. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ - Movimento do balón: Si o balón está en movimento, hai que ter presente o sentido que trae para realiza-lo golpeo, de forma que siga a traxectoria desexada por nós e coa máxima seguridade. Desta maneira, entre o sentido de movimento do balón e o plano de superficie de contacto formarase o ángulo desexado para que reciba o sentido que queremos darlle. - O eixo lonxitudinal do pé de apoio: O sentido do balón estará determinado pola dirección do eixo lonxitudinal do pé, excepto para os balóns golpeados con efecto ou laterais. - O eixo da superficie de contacto: É un complemento ó factor anterior. Con estes elementos, pódese conquerir que, ainda realizando o golpeo coa mesma superficie de contacto, o balón reciba un sentido diferente; podendo se a dirección: 1.- En línea recta: - Cando o golpeo re fai no centro de gravidade. - Cando o golpeo é perpendicular ó sentido que trae o balón. 2.- En línea curva: - Cando o golpeo se fai a un lado do centro de gravidade. - Cando o golpeo se fai lateralmente e o balón trae unha inclinación determinada con respecto ó eixo do pé. Este tipo de golpeos con efecto son moi útiles, para resolver situacións forzadas; podendo rebasar ó contrario cun pase a un compañeiro situado por detrás. b.- A velocidade do balón: A velocidade do balón é consecuencia dun lanzamento máis ou menos forte e, que estará en función de: - A superficie de contacto: O obxecto que se golpea pode ser máis ou menos duro según a superficie de contacto que se empregue. Si esta presenta unha dureza máxima, a forza trasmitida será maior; un balón non recibe a mesma forza si se golpea co muslo ou co empeine. Tamén canto máis fixa esté a articulación no momento do golpeo, a velocidade vai ser maior. - A velocidade da superficie que golpea: A velocidade da superficie de golpeo, é a verdadeira causa dunha maior ou menor velocidade. A maior velocidade de superficie de golpeo, a velocidade do balón será maior. I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 3
  • 4. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ - O peso corporal: A maior peso corporal, a velocidade do balón ó ser golpeado será maior. No momento de golpeo, toda a enerxía do corpo en movimento concéntrase na perna de golpeo, co cal, a potencia acumulada será maior según o peso corporal. Si a potencia aumenta, a velocidade do balón golpeado será maior. - A velocidade do balón no momento do golpeo: O sentido do balón antes do golpeo pode ser moi variado e, sempre estará en función da nova dirección que toma despois do golpeo. O golpeo pode realizarse: 1.- No mesmo sentido que trae o balón: Entón prodúcese unha suma de velocidades. Á velocidade que trae o balón, súmaselle a producida polo golpeo do mesmo. 2.- En sentido distinto ó que trae o balón. - Dirección que leve o balón antes do golpeo: Hai unha maior forza de desprazamento canto máis no CDG golpeemos o balón, por eso moitas veces adoptamos a nosa posición corporal ó sentido que traiga e ás características do golpeo. - Elasticidade, Peso e resistencia ó aire: Anque o estado dos balóns, ven a ser moi similar, cando hai cambios de balós a súa elasticidade varía. En función dela pódense orixinar diferentes velocidades. Si o balón está pouco inchado, o golpeo penetra no momento do contacto e prodúcese un amortiguamento. Por tanto, canto máis inchado esté a velocidade será maior. Si está máis inchado pesa máis, polo tanto anque teña menos elasticidade é máis pesado. A resistencia ó aire é a mesma sempre, pero os factores metereolóxicos, como pode ser o vento, pode aumentar ou disminuir a velocidade do balón. c.- A altura do balón: A altura do balón ven determinada polo tipo de golpeo, lugar donde recibe o contacto. As causa que o orixinan son: I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 4
  • 5. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ - Superficie de contacto: As diferentes superficies de golpeo, ocasionan que a altura do balón sexa diferente . Exemplo: A balón parado, a superficie que lle dá maior atura é o empeine interior, ó introducir dita superficie por debaixo do centro xeométrico. Polo tanto as superficies que maior e mellor metan o golpeo por debaixo do centro xeométrico, son as que maior altura darán. - Zona donde recibe o contacto: Para mellor comprensión vamos a analizar o sentido no que se move o balón despois do contacto. . Balón golpeado no seu centro xeométrico: O movimento que recibe o balón no golpeo coincide coa prolongación da forza aplicada. . O contacto realízase por debaixo do seu centro xeométrico: Neste caso elévase con respecto ó plano horizontal. . O contacto realízase por enriba do centro xeométrico: Neste caso o sentido do balón é por debaixo do plano horizontal. - Altura que traiga o balón antes do golpeo: Si o balón está no chan, a perpendicular do CDG do mesmo está en contacto co chan. Si o balón está no aire, o golpeo poderá realizarse por debaixo do CDG, polo que a elevación podería chegar atá vertical. Superficies de golpeo co pé: É a acción que fai un xogador cando entra en contacto co balón e se desprende do mesmo a través dun golpeo. Os golpeos, en función da intensidade, poden ser: - Suaves: Conducir, pasar corto ou autopase. - Fortes: Pase longo, despexar ou tirar a gol. SUPERFICIES DE GOLPEO CO PÉ: - Interior: Realizado coa cara interna do pé. Golpe de seguridade, moi importante na iniciación. Moi utilizado para pases cortos, tiros de máxima seguridade desde distancia corta. I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 5
  • 6. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ - Empeine total: Golpeo realizado coa parte anterior do empeine. Require certo grao de práctica e dificultade de execución. Moi utilizado en pases a longa distancia, saques de portería, faltas directas, golpeos de volea. - Empeine exterior: Realízase coa parte externa do pé. Require certa práctica por ser de gran complexidade, xa que se precisa gran coordinación polas posturas antinaturais do xeonllo. Empregado en pases e tiros que necesiten traxectorias curvas. - Empeine interior: Golpeo efectuado coa parte interna e anterior do pé. É un golpeo de dificultade media. Moi utilizado nos pases longos e medios, que necesitan de sortear algún obstáculo; en saques de esquina, libres directos, penaltis. - Punteira, planta, talón, muslo e xeonllo: Son golpeos sorpresivos que se utilizan como recurso, excepto os tiros a gol coa punteira en situacións favorables. I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 6
  • 7. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ PROCESO TÉCNICO DURANTE O GOLPEO DO PÉ CO EMPEINE: I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 7
  • 8. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ PARTICULARIDADES DO GOLPEO DO BALÓN CO PÉ COAS DIFERENTES PARTES DO EMPEINE: I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 8
  • 9. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ PARTICULARIDADES DO GOLPEO DO BALÓN CO PÉ COAS DIFERENTES PARTES DO EMPEINE: I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 9
  • 10. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ PARTICULARIDADES DO GOLPEO DO BALÓN CO PÉ COAS DIFERENTES PARTES DO EMPEINE: I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 10
  • 11. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ 3.- GOLPEO COA CABEZA: Zonas de golpeo de cabeza, no ensino inicial: A zona na que se inician os golpeos de cabeza, é a parte frontal, por varias razóns: - A parte frontal é máis resistente os choques. - Na zona frontal o choque do balón non ocasiona dolor. - É unha superficie plana e ampla. - Acompañamos a visión do balón que nos chega. - Controlamos a visión periférica, ademais da do balón. - Maior exactitude na dirección do golpeo. Superficies de contacto no golpeo de cabeza: - Frontal: para dar potencia e dirección. - Frontal-lateral: Ó mesmo, pero con xiro do pescozo. - Posterior: Coa coronilla, para efectuar prolongacións. Clasificación dos golpeos de cabeza, en función da posición do xogador: - Parado. - Parado con salto vertical. - Carreira sen salto. - Carreira con salto. - En plancha, de parado ou en carreira. Funcións do golpeo de cabeza: - Ofensivas: Pases, desvíos, remates, controles e prolongacións. - Defensivas: Despexes, desvíos e anticipacións. Finalidades do golpeo de cabeza: I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 11
  • 12. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ - Desvíos: Cambio de dirección e traxectoria do balón. Terá un sentido ou outro en función de que a finalidade sexa ofensiva ou defensiva. - Prolongacións: Sempre que o balón cambie de altura e non de traxectoria. - Despexes: Acción defensiva de alonxar o balón da portería. - Remates: Acción de introducir o balón na portería contraria. Consideracións sobre o golpeo de cabeza: - Superficie de golpeo: Frontal, parietal ou occípital dependendo de donde veña o balón. É recomendable utilizar, sempre que sexa posible, o frontal. - Movimento de cabeza: Inclinar hacia atrá antes de golpear, levandoa adiante na toma de contacto. - Movimento do corpo: Abrir as pernas, arquear o corpo e axudar cos brazos. Total atención sobre o balón. 4.- CONTROLES DE BALÓN: Concepto de control: É a acción de facerse co balón, dominalo e deixalo en posición e condicións para unha acción posterior inmediata. Factores que condicionan o control: a.- Superficie de contacto que utilice o xogador: - Pé. - Perna. - Muslo. - Tronco. - Cabeza. b.- Traxectoria que posúe o balón ó chegar ó xogador: - Rectilínea. - Parabólica. - Raso. I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 12
  • 13. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ - A media altura. - Alta. c.- Presencia do opoñente: - Frontal, lateral ou posterior. - Próxima ou alonxada. d.- A finalidade técnica perseguida: - Regates, conduccións ou tiros. - Pases. Clases de control: 1.- Controles clásicos: Parada, semiparada e amortiguamento. 2.- Controles orientados: Control orientado, dobles controles, control fintado, control picado. 1.- Controles clásicos: a.- Paradas: Accción que realiza un xogador a través dun contacto, na que acada que o balón quede dominado de forma estática. Este tipo de acción caracteriza un fútbol lento. A superficie máis empregada é a planta do pé; é o máis fácil e comunmente utilizado na iniciación. Pode realizarse ante balóns rodados ou aéreos con traxectoria descendente. Te está desterrada, excepto para iniciación e en algunha acción moi específica. A execución con outras partes do corpo, poden considerarse como atípicas. I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 13
  • 14. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ b.- Semiparada: Cando conseguimos a través dun toque ou recepción, frear o movimento do balón, pero sin paralo totalmente. Xeralmente úsase con balóns raseados ou rebotados, que deran un ou varios botes con anterioridade. As superficies coas que se realiza xeralmente a planta do pé, o interior, peito, cabeza e a parte da perna. A semiparada, axuda a rebaixar a forza do balón, deixando cun pequeno movimento e nunha zona dominable polo xogador. Esta acción non para dunha forma total o xogo, permitindo dar máis velocidade ó deixar o balón preparado para a acción seguinte. I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 14
  • 15. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ c.- Amortiguamento: É a acción de reducir a velocidade mediante o retroceso da parte do corpo que se emprega. Este xesto precisa dunha gran coordinación. Realízase un movimento de ir a buscar o balón para logo retroceder a superficie de contacto e disminuir a velocidade. As partes máis comúns que se utilizan, son o pé na súa parte interior e empeine, muslo, peito e parte anterior da cabeza. A súa utilización fanna os xogadores con boa técnica, coa finalidade de poñer o balón nunha boa orientación e disposición para unha acción posterior. I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 15
  • 16. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 16
  • 17. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 17
  • 18. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ 2.- Controles orientados: a.- Control orientado: É a acción pola que un xogador cun só toque, recibe e controlo o balón, poñendo en situación para aplicación doutra acción técnica. É o control máis dinámico que esiste, eliminando paradas no xogo; tamén é o de maior utilización. Os pases, tiros, regates, etc, a través dun control orientado van ter maiores posibilidades de exito na súa execución. Os controles orientados, van estar condicionados por: - As traxectorias dos balóns: - Rectos (rasos ou horizontais ó chan). - Parabólicos: (balóns aéreos). - Presencia de opoñentes: - A colocación (frontal, lateralou posterior). - A distancia (media ou moi próxima). - Acción técnica a desenrolar posteriormente: - Conduccións, regates, tiros, pases, etc. I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 18
  • 19. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ b.- Doble control: Acción pola cal un xogador efectúa máis dun control de forma continuada. Exemplos gráficos de controles: a.- Control co interior e exterior do mesmo pé: b.- Control co interior e a planta do pé: I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 19
  • 20. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ b.- Control co interior e a planta do pé: c.- Control co peito e exterior do pé: I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 20
  • 21. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ d.- Doble control e tiro: c.- Control fintado: Son aqueles controles executados tras unha acción de finta de control. Realízanna xogadores de gran técnica e forzados moitas veces pola presencia moi proxima dun rival. Exemplos gráficos de controles fintados: I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 21
  • 22. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ d.- Control picado: Son aquelas accións nas que se pica o balón para acadar unha alteración da traxectoria, velocidade e dirección.Utilízanse principalmente en balóns rasos. As superficies máis utilizadas son a punteira, empeine exterior e interior. I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 22
  • 23. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ Exemplos gráficos de controles picados: Principios básicos dun bó control: - Atacar o balón en lugar de esperalo. - Ofrecer seguridade na parte do corpo que intervenía. - Relaxamento total no momento do contacto. - Orientarse antes do control da súa posición e da do adversario. 5.- CONDUCCIÓN DO BALÓN: Concepto e xeneralidades da conducción: A conducción é aquela acción técnica pola que o xogador despraza o balón rodando polo chan, a través de sucesivos contactos co pé. A pesar de ser unha acción non moi rápida, é aconsellable o seu dominio. É moi empregado polo xogador cando é o encargado de orientar o xogo de ataque. Clasificación das conduccións: - Atendendo ás superficies de contacto co pé: - Empeine interior. I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 23
  • 24. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ - Empeine exterior. - Empeine total. - Atendendo ó emprego dos dous pés: - Cos dous interiores. - Cos dous exteriores. - Cos dous empeines. - Pola combinación de superficies e pés. Aspectos fundamentais para unha boa conducción: 1.- Boa técnica de carreira: A técnica será a apropiada en función da velocidade e o sentido da conducción. Fundamentalmente, estaremos nunha situación de perfecto equilibrio. 2.- Control permanente do balón: Procuraremos que o balón non se alonxe en exceso, tendo en conta a forza do golpeo e a distancia dos adversarios. 3.- Control permanente da situación: Hai que elexir sempre as solucións máis favorables en cada situación. Necesidade de protección do balón. 4.- Visión perfecta do balón, compañeiros e contrarios: Visión repartida entre compañeiros, contrarios e balón. Visión periférica. 5.- Conducción con ámbolos dous pés: O principio da aprendizaxe será realizar a conducción cos dous pés; para o que traballar sobre unha extensa variedade de formas de ejecución. 6.- Perfecta cobertura do balón: Sempre debemos ter o balón ó máis lonxe posible, situándonos entre o contrario. Debemos evitar darlle o fronte. 7.- Velocidade de conducción: Esta vai depender da velocidade propia do executante, da situación dos contrarios e da precisión dos golpeos. I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 24
  • 25. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ 8.- Cambios de ritmo na conducción: Saber adaptalos a cada situación é fundamental para obter resultados positivos; podendo así desequilibrar ó adversario. Posición corporal na conducción co empeine interior: - O eixo do pé de apoio vai na dirección da conducción. - A punteira do pé que conduce, xira hacia afora antes de tocar o balón. - A articulación do nocello nos estará tensa. - O tronco estará lixeiramente inclinado hacia adiante. - O balanceo dos brazos, de forma natural como nunha carreira. - O balón non se alonxará máis dun metro. - Os xeonllos lixeiramente flexionados. Posición corporal na conducción co empeine total: - O golpeo realízase co empeine estirado hacia abaixo. - O xeonllo queda nun plano paralelo á lonxitude do corpo. Posición corporal na conducción co empeine exterior: - O eixo longitudinal do corpo, diríxese adentro no momento do golpeo. - O xeonllo acércase ó eixo lonxitudinal do corpo. - O pé relaxado e dirixido hacia adentro. Erros máis importantes da conducción: I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 25
  • 26. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ - Golpear o balón, en lugar de empurralo. - O nocello tenso no momento do toque. - Que o balón se alonxe demasiado no momento do toque. - Manter o tronco ríxido, sen ningunha inclinación anterior. - Non utilizar adecuadamente os dous pés. - Mirar de forma contínua o balón, perdendo a visión periférica. Factores positivos da conducción: - O que conduce, mantén a iniciativa do xogo e é dono do mesmo. - Permite o desmarque dos compañeiros. - Hai unha progresión ofensiva no terreo de xogo. - Permite unha perda de tempo, si o partido o aconsella. - Permite a recuperación posicional dos compañeiros. Factores negativos da conducción: - Aumenta o cansanzo en quen na fai. - O balón é máis rápido que o xogador. - Da lentitude ó xogo. - O xogador que conduce, está máis exposto a entradas e lesións. - Durante a conducción, redúcense os espazos libres do campo. Consellos para unha boa conducción: - Familiarizarse co balón e as superficies de conducción. - Desprazamento co balón e todalas direccións, variando a forma e a velocidade. - Buscar maior velocidade na conducción, pero manter o dominio da carreira. - Buscar o sentido da conducción hacia zonas máis favorables para o xogo. I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 26
  • 27. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ 6.- FINTAS: Concepto: Son movimentos e accións realizadas polo xogador co propósito de enganar, confundir ou distraer ó adversario da verdadeira acción que se pretende. É o movimento que se fai, con ou sen balón. É un elemento que forma parte do regate. Clases de fintas: a.- Fintas de control: Son as que se fan cun movimento do corpo, deixando seguir ó balon a súa traxectoria, acompañandoo despois de realizada a finta para protexelo. b.- Fintas clásicas: Unha vez realizada a finta desequilibrando ó adversario, contrólase o balón saindo na mesma dirección de procedencia do mesmo. c.- Fintas orientadas: Realízase primeiro a finta, para logo, controlar o balón e saindo en sentido contrario ó que se atopa o adversario. d.- Fintas simples: As que facemos co corpo para enganar ó adversario, sen intervención do balón, para que o balón siga a súa traxectoria e quede en beneficio dun compañeiro. Fintas en beneficio dun compañeiro. 7.- REGATES: Concepto: É a acción técnica que nos permite avanzar co balón, conservandoo e desbordando ó adversario para que non interveña no xogo. Clasificación dos regates: a.- Regates de velocidade: Son os que se realizan cunha aceleración brusca na nosa velocidade no momento de enfrontarnos ó adversario. b.- Regates de seguridade: Son os que se realizan protexendo dunha forma contínua a posesión do balón ante a presencia do contrario, mediante unha boa cobertura. I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 27
  • 28. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ c.- Regates de engano: Son so que se realizan mediante unha série de movimentos, para evitar e desprazar ó adversario. División dos regates según a forma de realización: - Regates simples: Son aqueles regates que tan só necesitan un toque de balón para rebasar ó contrario. Non se necesitan dobles contactos nen fintas previas. Tipos de regates simples: - Con cambio de velocidade: O xogador con velocidade lenta, ante a proximidade do contrario, cambia a velocidade con toque de balón. - Paso do balón por enriba do contrario: Rebasar ó contrario con balón alto ou baixo. Por enrriba da cabeza ou do empeine. - Ponte pequeño: Pasar o balón por entre as pernas. Túnel. - Ponte grande: O balón pasa por un lado e o xogador por outro. - Desborde co empeine interior: Cambio de dirección ó entrarlle o contrario co empeine. - Parada: Ante a velocidade parella do contrario, para do balón para que o opoñente continúe, e cambio de dirección. - Recorte: Cambion de dirección cun toque do exterior do pé. - Recorte protexido: Ante a entrada do contrario co empeine interior, rebasámolo cun toque do empeine exterior e interpoñemos o corpo. - Regates compostos: Son aqueles que se necesita máis dunha acción para realizalo. Tipos de regates compostos: - Dobles regates: Os que son necesarios máis dun toque para rebasar ó contrario. Formas de dobles regates: a.- Doble contacto co interior (tamén co exterior): Golpeo cun pé hacia o outro e saída polo dirección inicial. b.- Interior-exterior do mesmo pé: Toca hacia adentro co interior, para volver na mesma dirección co exterior. c.- Pisada e saída lateral: Sobre a velocidade paramos o balón, para saír lateralmente. d.- Con caixón ou por detrás: Despois de parada da velocidade, pisando o balón, pasámolo por detrás da perna adiantada coa parte interna do talón. e.- Parada-impulso: Parada da velocidade coa planta, impulsando de novo coa mesma planta. f.- Volta protectora: Parada coa planta, medio xiro co corpo, protexendo coa espalda, saír coa outra perna. - Regates con finta: So os regates que ós que antes se lle efectuou unha finta. Forma de regate con finta: I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 28
  • 29. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ a.- Finta e regate co exterior. Finta hacia un lado, saindo co exterior polo outro. b.- Pasar por enriba do balón e gran ponte: Pasa os dous pés hacia un lado, golpeando co exterior por un lado e saír polo outro. c.- Finta e saída co empeine interior: Finta sobre a dereita e saída co empeine pola esquerda. d.- Doble finta e saída co empeine interior: Pasar os dous pés hacia un lado do balón, volverá cun pé hacia o outro e saída co empeine interior. e.- Regate atravesado: Pasará os pés hacia un lado, saíndo co exterior hacia o outro e co empeine interior da outra conduce. 8.- O TIRO: Concepto: É a acción técnica consistente no envío consciente do balón sobre a portería contraria. É a acción máxima do fútbol, na que calquer superfície é válida, si están dentro de regulamento. Superfícies de contacto: a.- Pés: - Empeine total: Para golpeos fortes e longos, imprimindo velocidade e precisión ó balón. - Empeine (exterior e interior): Para tiros con efecto. Son golpeos de gran precisión. - Punteira, planta e talón: Golpeos de sorpresa ou recurso. b.- Cabeza: - Frontal e frontal lateral: Para dar potencia e precisión. - Parietal: Para desvíos. - Occipital: Para as prolongacións. Independientemente destas superfícies, hai outras que se utilizan en menor ocasións, como poden ser: tibia, xeonllo, talón, peito, muslo, etc. Aspectos a ter en conta para o tirador: I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 29
  • 30. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ - Superfície reducida de portería. - Situación do porteiro. - Densidade dos adversarios. - Situación dos compañeiros. - Distancia do tiro. - Ángulo de tiro. - Zona de tiro: Espacio de mellor domínio polo tirador. Cando é aconsellable o tiro: - Cando as posibilidades de golpeo o permiten con éxito. - Cando o ángulo e a distancia son favorables. - Cando non haxa que facer antes outra acción técnica que poida dar lugar a unha intervención dun adversario. Cando non é aconsellable o tiro: - Cando un compañeiro se atopa en mellores condicións. - Cando se carece de ángulo apropiado. - Cando o balón ven en malas condicións. - Cando non estamos a distancia adecuada. TÉCNICA INDIVIDUAL DEFENSIVA: I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 30
  • 31. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ Acción técnica que trata de apoderarse do balón en posesión do adversario. Factores condicionantes das técnicas defensivas: - Cando o defensor toma contacto co balón: - Corte: - Entradas: - O adversario está en posesión do balón. - Desvíos: - Anticipacións: - O adversario está en situación de recibir o balón. - Cando o defensor non chega a tomar contacto co balón: - Carga. - Acoso. - Repliegue. Formas de executar unhas ou outras técnicas defensivas: - Según os tipos de balóns: - Rodados: Cortes, entradas, desvíos, despexes, anticipacións, carga, acoso e repliegue ante o ponente en posesión do balón. - Aéreos a media altura: Desvíos, despexes e anticipacións. - Aéreos descendentes: Desvíos, despexes e anticipacións. - Chegada frontal do xogador co balón rodado: Corte, entrada, acoso e repliegue. - Chegada lateral do xogador co balón rodado: Entrada, carga, acoso e repliegue. 9.- CORTE: Concepto: Acción realizada coa intención de apoderarse do balón do adversario que ven de fronte. É aconsellable nos momentos que se aprecia que o balón non está a posesión en total control do adversario. Realizarase coa contracción dos músculos do nocello que permita aguantar o choque co adversario. I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 31
  • 32. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ 10.- ENTRADAS: Concepto: Acción pola que o xogador trata de tocar o balón en posesión do contrario, cando non se pode aplicar outra técnica defensiva. Faise cando o xogador en posesión do balón está un tanto alonxado do defensor. Direccións das entradas: - Frontais. - Laterais. - Por detrás. I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 32
  • 33. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 33
  • 34. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ 11.- DESVÍOS: (Despexes) Concepto: Acción pola que o defensor tratará de interceptar a traxectoria desviandoa, despexandoa ou rechazandoa. Realízase con todalas partes do corpo permitidas. Pódese utilizar ante todo tipo de balóns: rodados, a media altura, aéreos. Útilízase anta balóns laterais, frontais e posteriores. 12.- ANTICIPACIÓNS: Concepto: Acción pola que o defensor trata de impedir que o balón chegue ó opoñente, poniendo no seu poder. Fanse sobre todo tipo de balóns, tanto rodados como aéreos, e tamén con partes típicas do corpo como o pé, peito e cabeza. En canto a dirección das anticipacións poden ser laterais, frontais ou posteriores. I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 34
  • 35. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ 13.- CARGAS: Concepto: I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 35
  • 36. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ Acción técnica pola que un xogador trata de interceptar ou apoderarse do balón por medio dunha carga sobre o ombreiro do adversario. Anque é unha acción típicamente defensiva, tamén a utilizan os atacantes como protección. Faise ante balóns rodados. 14.- ACOSO: Concepto: Acción pola que o defensor sae ó paso do que conduce o balón, ocupando o paso pola dirección que trae; polo que lle obriga a cambiar de dirección. I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 36
  • 37. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ Nesta acción o defensor non trata de sacarlle o balón ó opoñente, encamiñando a lugares máis beneficiosos para os defensores. É moi utilizada nas accións defensivas colectivas, tratando de cambiar as orientacións dos ataques a zonas favorables. 15.- REPLIEGUE: Concepto: A acción na que o defensor se coloca fronte ó opoñente en posesión do balón, retrocedendo sen facerlle entrada, pero sen deixar de darlle o fronte e non deixando que o rebase por medio dun regate. I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 37
  • 38. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ TÉCNICA COLECTIVA: O PASE: Concepto: É a acción técnica que permite establecer unha relación entre dous ou máis compoñentes dun equipo, mediante a trasmisión do balón por un toque. É o principio do xogo colectivo. Superficies de contacto no pase: - Pé (en todalas súas partes). - Muslo. - Peito. - Cabeza. O PORTEIRO: 1.- Técnica defensiva: Concepto: É a forma máis convinte de utilizar todalas partes do corpo para dominar ou desviar un balón e realizar con eficacia cada unha das accións que se requiren. a.- Paradas ou blocaxes: É a suxección do balón coas mans. En función da traxectoria do balón, poden ser: - Frontal: Raso, a media altura ou por enriba da cabeza. - Lateral: Raso, a media altura ou por enriba da cabeza. I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 38
  • 39. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ Poden realizarse de parados, en salto ou en estirada. b.- Desvíos: É o feito de cambiar a traxectoria do balón. Fanse coas mans ou cos pés. Poden realizarse de parados, en salto ou en estirada; por ambos lados e por enriba da portería. c.- Despexes: É a acción de golpear o balón para alonxalo da portería. Utilízanse os puños, pés, muslos, antebrazos e tamén a cabeza. 2.- Técnica ofensiva: a.- Pases: É o lanzamento que se efectúa a un compañeiro coas mans ou cos pés, cando o balón se atopa en xogo. Considérase como o principio do ataque. b.- Saques: É todo lanzamento que efectúa o porteiro cando o balón etá parado. I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 39

×