Your SlideShare is downloading. ×
0
Beatriz Perez Mulleres Cientificas De Todos Os Tempos
Beatriz Perez Mulleres Cientificas De Todos Os Tempos
Beatriz Perez Mulleres Cientificas De Todos Os Tempos
Beatriz Perez Mulleres Cientificas De Todos Os Tempos
Beatriz Perez Mulleres Cientificas De Todos Os Tempos
Beatriz Perez Mulleres Cientificas De Todos Os Tempos
Beatriz Perez Mulleres Cientificas De Todos Os Tempos
Beatriz Perez Mulleres Cientificas De Todos Os Tempos
Beatriz Perez Mulleres Cientificas De Todos Os Tempos
Beatriz Perez Mulleres Cientificas De Todos Os Tempos
Beatriz Perez Mulleres Cientificas De Todos Os Tempos
Beatriz Perez Mulleres Cientificas De Todos Os Tempos
Beatriz Perez Mulleres Cientificas De Todos Os Tempos
Beatriz Perez Mulleres Cientificas De Todos Os Tempos
Beatriz Perez Mulleres Cientificas De Todos Os Tempos
Beatriz Perez Mulleres Cientificas De Todos Os Tempos
Beatriz Perez Mulleres Cientificas De Todos Os Tempos
Beatriz Perez Mulleres Cientificas De Todos Os Tempos
Beatriz Perez Mulleres Cientificas De Todos Os Tempos
Beatriz Perez Mulleres Cientificas De Todos Os Tempos
Beatriz Perez Mulleres Cientificas De Todos Os Tempos
Beatriz Perez Mulleres Cientificas De Todos Os Tempos
Beatriz Perez Mulleres Cientificas De Todos Os Tempos
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×
Saving this for later? Get the SlideShare app to save on your phone or tablet. Read anywhere, anytime – even offline.
Text the download link to your phone
Standard text messaging rates apply

Beatriz Perez Mulleres Cientificas De Todos Os Tempos

857

Published on

Published in: Education, Technology
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
857
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
1
Actions
Shares
0
Downloads
7
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

Report content
Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
No notes for slide

Transcript

  • 1. As mulleres científicas ao longo da historia Maria Beatriz Perez Conde nº15 1ºB Bach.
  • 2. Comezarei por dicir... ...que foron numerosas as veces nas que a muller sufriu ao longo da historia polo único feito de ser muller e foron cuantiosas as inxustizas que pasaron nas súas carnes. Naqueles días dominaba unha sociedade na que a desigualdade estaba á orde do día, eran frecuentes as humillacións a aquelas mulleres que querían proguesar no mundo do coñecemento e existía unha grande facilidade de pór barreiras que separasen aos homes das mullerese e que troncasen en milleiros de anacos os seus dereitos, soños e desexos, é dicir, remataban coa súa ilusión de futuro, todo o que agora consideramos propiedade individual de cada un. Mais hai que salientar que, aínda que si influíu notablemente para que o número de mulleres científicas fose menor e se descoñezan moitas das súas achegas, non foi absoluto o resultado que querían obter posto que houbo moitas que si se interesaron e loitaron polo igual dereito á educación, sabendo que a muller posúe a mesma capacidade que o home e que simplemente necesitarian a mesma educación que eles para estar a súa altura. Outras moitas non eran conscientes deste feito pero preocupábanse igual por saber, por coñecer todo aquelo que chamaba a súa atención e escribían pero non publicaban,e nalgúns destes casos foron os seus compañeiros máis achegados os que se encargaron da divulgación dos seus pensamentos, estudos e innovacións. Noutros casos nos que si eran conscientes da igual capacidade e realizaban estudos sobre algunha materia, si que publicanan pero facíano co nome dos seus pais, maridos... Posto que non tiñan outra elección. Ademais das trabas para o aceso á educación, tamén influíu a facilidade de omisión dos seus nomes levada a cabo pola memoria histórica, a cal deixaba as portas, que conducían ao esquecemento, abertas ás mulleres e non se preocupou nunca de recuperalas e obsequialas da importancia que tiveron, para o desenvolvemento da sociedade daquel momento, e que teñen, pois facilitaron a realización de posteriores descubrimentos que son esenciais e de grande importancia nos nosos días. Por todo isto abranguerei a historia das científicas dende o século V a.C. ata o século XIX, posto que foi neste intervalo de tempo cando a desigualdade foi maior e menor o seu número, pero relevante a súa labor.
  • 3. Aspasia de Mileto Segundo Platón, Aspasia foi unha muller que formou parte dos círculos intelectuais e políticos do seu tempo e unha experta en retórica. Foi autora do epitafio, é decir, do discurso fúnebre do Menéxeno e do que pronunciou Pericles ao comezo da guerra do Peloponeso. Aspasia foi esposa de Pericles ata a morte de este no 429 a.C. Como profesora de retórica, tivo unha posición preeminente no círculo de Pericles. O testimonio de certos enemigos tanto de ela como de Pericles atribúenlle o estatus de hetaira. Aspasia non se atibo ao rol que a costume atribuía a unha esposa normal, e esto aconteceu co consentimento de Pericles. Aspasia aunaría os roles de esposa e de hetaira, e gracias a este último podía incorporarse aos círculos masculinos da sociedade ateniense. Foi tamén maestra de oratoria e sometida a un proceso de impiedade, cuxa intención era a de atacar a Pericles. A acusación dos inimigos era que no seu círculo se reunían, ademais dos homes e hetairas, mulleres libres. Este feito deu pé a acusación de vida sexual desordenada. Teano Muller de Pitágoras. A ela atribúeselle un tratado Sobre a Piedade do que se conserva un fragmento cunha disquisición(exposión detallada dunha cuestión) sobre o número, un tema central na filosofía pitagórica, e outro sobre a introspección. Perictione Dela consérvase un fragmento do libro Sobre a Sabiduría, onde fala da xerarquización das ciencias, sendo na súa opinión a sabiduría a forma máis xeneral do coñecemento.
  • 4. Aesara de Lucania Dela consérvase un fragmento, “sobre a naturaza humana”, onde reflexiona sobre a introspección, é decir, sobre o interese por estudar a experiencia consciente. Entre os cínicos, no século IV a.C., tamén había filósofas. Só nos chegou o nome de Hiparquia, da que se conservan fragmentos escritos. No Epicureísmo (escola que se caracterizou pola defensa do coñecemento a base das percepcións inmediatas da realidade material. Tiña tamén como tema central a búsqueda do pracer: ausencia de dor, e para elo aplicaban o tetrafármacos: non temer aos deuses, non temer á morte, lembrar a brevidade da dor e do pracer e empregar o poder de autosuxestión da mente como instrumento para conseguir a felicidade) Resaltaban as figuras femininas de Temista e Leontio . A sociedade non aceptou ás mulleres sabias e estableceu mecanismos de sanción social ou entre nós: desautorización feminina, para estas mulleres brillantes e cultas. Excepto no caso de Teano, a muller de Pitágoras considerada un modelo de muller, nai, esposa e filósofa para as demais mulleres, o resto das filósofas foron sinaladas aparte. Aspasia era unha muller intelixente, pero era cortesá, e polo tanto de vida sexual irregular; nunca puido ser a muller legal de Pericles. Na sociedade grega, a sanción social dáse incluso nos mitos, que tanta importancia tiñeron Nela: Medea, o mito da muller culta e inteligente, queda invalidado aos ollos da sociedade grega debido a que non é boa nai porque mata aos seus fillos. As mulleres estiveron presentes na filosofía pero tamén na medicina, na astronomía, na farmacología… Neste contexto aparecen nomes como Aglaonice de Tesalia, Agnodice, Arete de Cirene, Fabiola e Cleopatra de Atenas. Agnodice traballou na mediciña e obstetricia(ocúpase do embarazo, parto e puerperio, comprendendo tamén os aspectos psicolóxicos e sociais da maternidade) e foi protagonista dunha das primeiras rebelións femininas. Aglaonice de Tesalia foi astrónoma, e Arete de Cirene, autora de tratados e profesora de ciencia (ou filosofía) natural.
  • 5. A sociedade romana favoreceu máis o traballo das médicas. Chegáronnos nomes como Sorano de Efeso, Olimpia de Tebas, Metrodora, Aspasia, Panthia. A cultura helénica. Denomínase período helenístico á época comprendida entre a morte de Alexandro (323 a.C. ) e o fin do Imperio de Occidente, no ano 476 d.C. Os cidadáns con plenos dereitos civiles e políticos eran os homes gregos, que constuían o centro da cidade. O poder exercido polos homes adultos e libres baseábase na exclusión das mulleres. Algunhas mulleres cristiás ortodoxas con autoridade pública, como Melania, Paola, Eustochia, Macrina, Hipatia e outras. Hipatia de Alejandría( 380-415 ) Era filla do matemático e astrónomo Teone. Creceu e educouse en Alejandría, na escola do seu pai, onde se iniciou nos estudos matemáticos. Foi superior ao pai, especialmente na observación dos astros. Hipatia ensinou públicamente lóxica, matemáticas e xeometría durante 20 anos. Tivo moitos discípulos; e entre eles, Sinesio, o máis importante. Hipatia escribíu tres libros dos que desgraciadamente non se conserva ningún ejemplar: Comentario á aritmética de Diofanto , Canon astronómico e Comentario ás cónicas de Apolonio. Tamén escribíu dous comentarios, á aritmética e á xeometría, pero sobresalíu fundamentalmente en astronomía. Sócrates Escolástico, 120 anos despois do asesinato de Hipatia, di de ela que “conseguíu un grao tal de cultura que superou de largo a todos os filósofos contemporáneos, explicaba todas as ciencias filosóficas a quen o deseara. Considéraa a terceira líder da escola neoplatónica despois de Platón e Plotino”.
  • 6. A partir do século III, os Pais da Igrexa tentaran asegurarse o control do poder e da vida das mulleres, desenvolvendo un modelo de comportamento co que foron medidas e comparadas todas elas. O modelo de santidade feminina que servíu para o control do corpo das mulleres incluía a castidade, o silencio público e o aislamento. Hipatia conseguíu ter un nivel de coñecemento inusual nunha muller. Tivo poder, foi transgresora, xa que exercía públicamente, e esto provocou un conflito. Foi escollida como vítima principal para resolver o conflito de autoridade entre cristianos e a minoría xudía, e unha fanática multitude cristiana asesinouna. Coa morte de Hipatia cerrouse a época da gran escola matemática. A alquimia alexandrina. A alquimia é o conxunto de práticas encamiñadas á transformación dos metais comúns, como o cobre e o plomo, en metais preciosos como o ouro e a prata. Esta ciencia ten un dobre interés: A nivel material, “a redención da materia”, e a nivel espiritual, “a búsqueda da perfección”. Esto levouna a unha a un concepto máis amplio, o da pedra filosofal. María A Profetisa Non se conservan datos de onde e cando vivíu polo que se cre que foi arredor do século III.non se conservan textos de ela pois creese que quedaron destruidos no segundo incendio da biblioteca da Alexandría, provocado por Teodosio. Hoxe considérase unha das figuras míticas da alquimia, xunto a Agathodaimon e Cleopatra. A ela débese a descrición de procedementos que hoxe se utilizan nun laboratorio: a destilación, a sublimación, a filtración, a disolución, a calcinación… Inventou diferentes aparellos, dos que o balneum Mariae o baño María é o máis coñecido. Outros foron coñecidos a partir da súa descrición, como os fornos e os aparatos para cocer e destilar, feitos de metal, arcilla e cristal.
  • 7. Consideraba os recipientes de cristal especialmente útiles porque “permiten ver sen tocar” e posibilitan manipulacións seguras con materiais peligrosos, como o mercurio: “veleno mortal que incluso disolve o ouro e é o máis peligroso de todos os metais”. O cobre, ferro, chumbo e zinc, constitúen a tetrasomia: chamábaa o “ovo dos filósofos” porque o ovo tamén ten catro componentes, a cáscara, a pel, a clara e a xema. Para preparar o ouro, débese quentar a tetrasomia e queimala con algunhas substancias como o xofre e o mercurio, entre outras. Pensaba que tódolos corpos e substancias que se encontran na naturaza eran básicamente un. Estableceu un paralelismo entre a composición do mundo material e o Corpo humano. O pequeño mundo, o microcosmos, é similar ao gran mundo, o macrocosmos de acordo coa máxima da alquimia “tal como está arriba, é aquí abaixo”. María dáballe un carácter trascendente aos seus coñecementos, que atribuía a unha revelación divina; por iso foi chamada “a Profetisa”. Michel Maier indica que era unha das catro mulleres que coñecían como fabricar a pedra filosofal. As outras tres serían Cleopatra,Taphuntia e Medera. Cleopatra Foi ao mesmo tempo unha filósofa e unha experimentadora práctica. O seu manuscrito Chrysopoe (facer ouro) foi unha das fontes máis importantes da alquimia. Consideraba a investigación non como “unha búsqueda abstracta de coñecemento”, senón “como unha maneira de enriquecer a vida humana”.a A ela atribúense as primeiras notas taquigráficas. Nos séculos posteriores identificáronse algunhas mulleres que traballaron nos laboratorios alquímicos. No século XIV, Perenelle, a Muller de Nicolás Flemel, é citada así por el: “Eu fabriquei ouro tres veces, coa axuda de Perenelle, que o entendeu tan ben como eu, dado que me axudaba nas miñas operacións, e sen ningún tipo de dúbida, se ela quixese realizar o traballo soa, cegaría ao final e á perfección do mesmo”.
  • 8. Boticarias e pensadoras Foi nos conventos on de as mulleres disfrutaron dun certo grao de autonomía e permitíuselles demostrar as súas capacidades. O convento medieval foi unha oportunidade para que as mulleres acedera nao coñecemento da época e pudieran praticar a astronomía e o naturalismo. Os mosteiros foron espazos femeninos. Algunhas destas mulleres aproveitaron a falta de obrigas familiares para podérense dedicarse ao estudio. Bós ejemplos delo serían Hildegarda de Bingen e sor Juana da Cruz. Estas monxas transcenderon máis como poetas ou escritoras que como pensadoras, quizáis porque a visión histórica no século XX deu en aceptar esta última actividade como menos penalizable para as mulleres. Hildegarda de Bingen (1098-1179) Foi cosmóloga e médica, e unha das personalidades intelectuais e místicas máis importantes do seu tempo. Ingresou antes dos oito ano na abadía beneditina de Disibodenberg. Esta era unha prática habitual naquela época: as fillas eran recluidas dende moi pequenas nun mosteiro onde eran educadas, e despois profesaban na orde relixiosa. Hildegarda fixoo aos catorce ou quince anos. Aprendeu música e a tocar un instrumento de dez cordas. Os seus colaboradores mái amportantes foron Volmar e Richardis, quenes quedan recollidas nas miniaturas que pintou Hildegarda. Foi abadesa do convento de Disibodenberg e fundadora doutros mosteiros , entre eles o de Bingen, e non dudou en opoñerse ás autoridades eclesiásticas en materia de disciplina. Poeta e compositora, é autora de cancións ás que puso música, e tamén dun drama litúrgico, o Ordo virtutum . Hildegarda escribíu sempre facendo referencia ás súas visións, incluso nas cartas de resposta ás consultas que lle fixeron personaxes importantes do seu tempo. Polo tanto, hai que entender que “a visión” era unha estratexia para conferir autoridade aos seus propios pensamentos, que, tratándose dunha muller, se non fosen visións non terían maior importancia. Escribiu un libro que trataba das súas visións, o Scivias, e é autora das miniaturas que o ilustran. As súas visións están explicadas no Libro de los méritos de la vida, e con maior precisión no Libro de las obras divinas.
  • 9. Nunha época na que as persoas se sentían completamente subordinadas ás forzas divinas, Hildegarda, na súa visión do mundo, sitúa ao home no centro do universo: “así, o home é a culminación das marabillas de Deus”. Formulouse preguntas sobre o universo que a levaron a propoñer ao sol como o seu centro. Foi famosa polas súas curas e pola súa destreza médica. Escribíu un libro de nove volumes de historia natural, Physica ou Libro de medicina simple. Nel non se limita á descrición das plantas, dos animais ou da natureza, senón que establece a relación entre os produtos da natureza e o ser humano e busca coñecementos relacionados co home, co seu equilibrio e ca súa saúde. Hildegarda establece unha clasificación dos temperamentos das plantas segundo a súa cualidade quente ou fría, seca ou húmida, e tamén dos temperamentos dos humanos segundo as mesmas cualidades. A súa obra médica Causae et curae ou Libro da medicina composta é unha das máis avanzadas da súa época. Xunto co Scivias, formaunha verdadeira enciclopedia dos coñecementos do seu tempo en Alemania. En Causae et curae escribíu dunha maneira clara sobre os problemas que afectan ás mulleres, como a menstruación e a concepción. Sor Juana Inés de la cruz (1648-1668) Vivíu en México, en Nova España. A súa obra móvese no mundo das alegorías (forma de composición artística ou literaria que emprega o procedemento de simbolización dunha idea abstrata por medio dun obxecto convencional), forma de expresar o seu coñecemento sen sufrir censura. No Primer sueño , un extenso poema de tema filosófico, describe como, cando o corpo dorme pola noite, a alma voa para contemplar e tratar, en vano, de abarcar o universo. Describe a noite e o sono, durante o cal o espírito purifícase e elévase ata a contemplaciñon do universo e trata de penetrar nas súas leis; pero chega a alba sen conseguilo neste “primer sono”, e a solución queda confiada a outro “segundo sono” non escrito.
  • 10. A tradición médica. Sanadoras, curandeiras, comadronas e bruxas As mulleres foron sempre sanadoras. Foron as primeiras médicas, comadronas e anatomistas da historia occidental: atendían os partos, sabían facer abortos e coidaban da saúde das persoas. Tamén foron as primeiras farmacólogas adicadas ao cultivo de herbas medicinais. Durante moitos séculos foron médicas sen título; excluidas dos libros e da ciencia oficial, aprendían unhas doutras e transmitíanse as súas experiencias de nais a fillas ou entre as veciñas. A xente chamábaas “mulleres sabias”, e durante moito tempo constituíron a única atención médica ao alcance dos pobres e das mesmas mulleres. Trótula Médica do século XI, da escola salernitana, autora do tratado Passionibus Mulierum Curandorum ou Trotula Maior e do Ornato Mulierum ou Trotula Minor, adicado á cosmética e ás enfermidades da pel. O Trotula Maior foi o libro máis veces transcrito e copiado de todos os tempos. Durante o século XIII o que se estaba pondo en cuestión era quen exercía o control na mediciña. Nun momento no que a ciencia emerxía como unha nova forma de poder e de control da sociedade, os médicos tiñan un nivel de coñecemento que non alcanzaba para curar a ninguén, mentres que as mulleres, coa súa prática e experiencias acumuladas, tiñan pola súa parte certo poder. A autoridade eclesiástica contribuíu a agochar este debate organizando a persecución contra as curandeiras. Este é o caso dalgunhas mulleres acusadas de bruxería pola Real Inquisición Española, froito da unión entre a monarquía e a Igrexa. Un bó exemplo diso é: Bárbara María del Espíritu Santo , monxa dun convento de Xerez da Fronteira, foi acusada de curar a algunhas persoas. O problema estaba en que realizaba estas práticas e tiña tales poderes, incluso sobre os homes. Aceptábase que unha muller sanara aos enfermos, pero non que tivera máis poder e autoridade ca os homes .
  • 11. Tanto a mediciña feminina como a dos homes incluía opinións que hoxe denominariamos supersticiosas, pero só as sanadoras foron desacreditadas como hechiceiras. Unha vez máis, trátase dun mecanismo de sanción social contra mulleres sabias. A partería foi a única actividade laboral realizada fóra do ámbito doméstico na que as mulleres tiveron un papel preponderante durante séculos. Algunhas matronas tamén escribiron libros, como Louise Bourgois, Marguerite du Tertre de la Marche, Jane Sharp, Justine Siegemund e Marguerite du Coudray. A tradición filosófica. As humanistas O movemento do século XVI chamado “humanismo científico”, no que participaron Erasmus e Xoán Luis Vives, entre outros, intentou recuperar o saber da Antigüidade clásica a través dos seus textos científicos. Os humanistas despreciaron as preocupacións aparentemente triviais que conlevaba o estudo da natureza, que, comparada coa “tarea suprema de como vivir”, tiña pouco interese para eles. No renacemento, as mulleres que procedían de familias cultas e privilexiadas, por máis que non mellorase a súa condición social de modo visible, puideron aceder á figura de “muller erudita”, acadar un bó nivel de coñecementos e realizar actividades creativas no plano cultural, tanto na arte como na literatura, pero non na actividade científica. O motivo deste límite reside na convicción dos humanistas de que as mulleres non debían superar un determinado límite de estudos. Entre as humanistas italianas encóntranse Casandra Fedele, Isotta Nogarola e Laura Ceretta, que conseguiron chegar ata o límite do que o modelo do xénero feminino nas sociedades en que viviron prevía para as mulleres da súa clase. Laura Ceretta De familia aristócrata. Tiña unha gran formación en latín e grego, estudou matemáticas, astroloxía, Sagradas Escrituras e filosofía. Escribiu ao longo da súa vida moitas cartas nas que expresaba o seu desexo polo coñecemento. O mecanismo de desautorización da obra de Laura Ceretta tomou a forma de acusación de plaxio e falta de orixinalidade e atribuíu ao seu pai todo o que escribira.
  • 12. A astronomía A astronomía é unha das ciencias máis antigas e a súa observación cobrou importancia a partir da Idade Media debido a que unha das súas aplicacións máis importantes era a navegación, e co descubrimento do Novo Mundo de esta dependían os intereses económicos das sociedades europeas. A observación dos ceos coa axuda do telescopio producíu unha verdadeira conmoción, gracias a el identificáronse as montañas e vales da Lúa,as manchas do Sol, o anel de Saturno, as lúas de xúpiter... Neste contexto, o último e máis amplio catáloga de estrelas pretelescópico (1690) e o primeiro baseado nos seus espectros (1890) foron compilados por Elisabeth Hevelius , co nome do seu marido Johannes Hevelius, e por Williamina Fleming . Williamina Paton Stevens Fleming Foi unha astrónoma americana de orixe escocesa e un claro exemplo de muller emprendedora e valiente. Cando tiña 20 años, casouse con James Fleming e ao quedarse embarazada este abandonouna véndose obligada a encontrar traballo para poder manterse tanto ela como o seu fillo. Edward Charles Pickering, un famoso profesor de astronomía e director do Hardvard College Observatory ofreceulle a Fleming un empleo temporal no observatorio para facer tareas rutinarias de oficina e algúns cálculos matemáticos, e pronto pasou a ser membro permanente do persoal de investigación. Clasificou ás estrellas segundo a cantidade de hidróxeno que contiveran no seu espectro que se sinalaban con letras.As estrelas clasificadas coa letra A estaban formadas por hidróxeno casi na súa totalidade, as clasificadas coa letra B contiñan menos hidróxeno, e así sucesivamente.
  • 13. Fleming contribuiu na confeción do catálogo Henry Draper, e nun período de nove anos, catalogou máis de 10.000 estrelas, descubríu 59 nebulosas gaseosas, 310 estrelas variables, e 10 novas. Tamén estableceu os primeiros estándares fotográficos de magnitude empregados para medir o brillo das estrelas variables e en 1910 descubríu propiedades dos espectros das ananas brancas, estrelas moi densas e moi quentes. En 1888, Fleming descubríu a Nebulosa Cabeza de Cabalo. William Pickering, quen tomou a fotografía, especulou que naquel lugar había materia escura oculta pero Dreyer, encargado de escribir o índice de novos descubrimientos, optou por non mencionar o seu nome atribuíndo todas as aportaciones a "Pickering". Sen embargo, no segundo Catálogo Índice de 1908 fíxose xusticia ao traballo de Fleming. Ademais de ser valiente tamén se caracterizou por ser pioneira, xa que recibíu en 1889 o primeiro cargo institucional en Harvard que se concedía a una muller,o titulo de Conservador do Archivo de Fotografías Astronómicas. Pero non foi a única vez , xa que repite sendo a primeira en lograr unha plaza honoraria no Royal Astronomical Society de Londres e conseguíu un premio honorario do Wellesley College . Morreu de pulmonía en Boston . Foron astrónomas as que descubriron algunhas estrelas variables, diversas nebulosas, unhas cantas nivas, os principais esquemas de clasificación dos espectros estelares e as leis para medir as distancias galácticas. Sophia Brahe (1556-1623) Danesa, recibíu unha esmerada educación en literatura clásica, astronomía e alquimia. Foi a asistente do seu irmán maior, Tycho Brahe, e realizou as observacións do eclipse luar de decembro de 1573. Despois proseguíu o estudo da química. María Cunitz (1610-1664) Astrónoma alemana nacida en Silesia. Filla dun físico, casouse co Dr. Von Löven, que a animou a estudar mediciña, poesía, pintura, música, matemáticas, linguas antigas e historia. Traballou coas tablas de Kepler nas que encontrou algúns erros.
  • 14. Elisabetha Hevelius (1647-1693) Segunda esposa do astrónomo Johannes Hevelius. Observadora incansable e precisa, traballou no Observatorio de Danzig e publicou u primeiro atlas da superficie da Lúa en 1647. Publicou moitos traballos, o máis notable deles: Prodomus astronomía, un catálogo de mil cincocentas sesenta e catro estrelas coa súa posición e magnitudes. Publicou dous volumes sobre cometas que axudaron a Halley no seu traballo. María Winkelman (1670-1720) Casouse co seu profesor Gottfried Kirch. Fixo as observacións e os cálculos necesarios para confecionar o calendario, e en 1702 descubríu un cometa. Á morte do seu esposo, co que sempre colaborara, foille denegada a plaza que aquel tiña na acdemia de ciencias de Berlín. Xa que ninguén podía cuestionar a súa competencia profesional, déuselle como motivo que non fora un exemplo para outras mulleres. Nicole Lepaute (1723-1788) Traballou co seu esposo e calculou a tabla de oscilacións dos péndulos por unidade de tempo en función da lonxitude do mesmo, publicada como obra do seu marido.
  • 15. Polos datos dos que dispomos, non todas as astrónomas acederon ao traballo de investigación coa mesma actitude. Carolina Herschel (1750-1848) traballou durante cincuenta anos á sombra do seu irmán maior, William Herschel, o astrónomoreal inglés máis importante do século XVIII. Descubríu dez cometas e tres nebulosas, unha delas compañeira de Andrómeda. A maioría das astrónomas acederon ao estudo das estrelas como axudantes. Eran fillas, irmás ou mulleres dun astrónomo. As características das investigacións da súa época obligounas a realizar un duro traballo esixíndolle destreza, habilidade manual e paciencia. O recoñecemento e a autoría do traballo realizado conxuntamente foi para o home na maioría dos casos. A tradición alquímica. Obsérvase durante o século XVI e estuda a acción dos medicamentos químicos, a das estrelas e todos os demais propios dunha época na que as liñas de división entre a maxia e a ciencia non estaban ben delimitadas. Unha das vertentes do desenvolvemento da alquimia é a alquimia médica ou iatroquímica, que propuña explicacións similares para os fenómenos do corpo humano e os fenómenos químicos. Marie le Jars de Gournay (1565-1645) Nace e morre en París e é de familia noble.non se coñece a formación que recebíu, pero, posto que tiña o veto da súa nai, foi probablemente autodidacta. Coñecida como teórica feminista, xa que escribíu dous libros , Égalité des hommes et des femmes e Le Grief des dames , foi unha muller de acción.
  • 16. Aos dezaoito anos descubríu les Essais de Montaigne, personaxe ao que seguíu ata a morte. Na súa autobiogarfía deixaba claro que realizaba este traballo como unha investigación intelectual. Paricipou nos Salóns literarios da época e interesouse pola actividade política. Non foi moi ben recibida e dedicáronlle todo tipo de insultos, como “bruxa”, “vieille fille” e “plaxiadora” de Montaigne. A figura de Marie le Jars recórdanos á pensadora Christine de Pizan que vivíu no século XIV. As dúas son exemplos de mulleres que se atreveron a romper o silencio imposto. Marie Meurdrac Foi outra alquimista da que non hai datos sobre a súa vida nin sobre a súa formación. Coñecemos o seu libro, La Chymie charitable et facile en faveur des dames. A portada do libro ten debuxada unha pomba que representa o saber, o coñecemento, cunha orla resplandeciente onde se pode ler Spirat spiritus ubi vull , é decir, “o espírito sopra alí onde quere”. Seguramente o que quixo reivindicar, dacordo co que di no prólogo, o aceso ao coñecemento para todo o mundo. O libro é un conxunto de recetas de química prática e cotidiá: adobes e ungüentos. Según ela, ao igual que pensaban os seus contemporáneos, as substancias estaban formadas por tres principios: a sal, o xofre e o mercurio. Cando fala da destilación ao baño María, Meurdrac non ten ningún inconvinte en recoñecer a autoridade de María a Profetisa, e di: “ esta destilación chámase co nome da muller que a inventou, María, a irmá de Moisés, chamada a Profetisa...” Tamén avisa ás lectoras sobre algunhas substancias, como o mercurio, que naquel tempo era tan comunmente empregado para blanquear a pel pois consideraba que “destrúen a beleza facial cando se empregan en períodos de tempo prolongados e producen enfermidades peligrosas que ás veces son incurables...” Foi unha incansable defensora das capacidades das mulleres que non tiñan nada que envidiarlles ás dos homes:”a mente non ten sexo, e se as mentes das mulleres fosen cultivadas como as dos homes, e se se dedicaran máis tempo e enerxía a instruilas dende o principio,despois serían iguais cas dos homes”,”o noso século xa viu nacer a mulleres que non lle teñen nada que envidiar á habilidade e capacidade dos homes na prosa, na poesía, nas linguas, na filosofía...”. Meurdrac foi unha alquimista con autoridade na súa época; non foi o seu tempo, senón a historia, quen a condenou ao esquecemento.
  • 17. A capacidade selectiva da historia e a posición nada centralista das mulleres nela, fixo que Meurdrac non transcendera á historia. Neste caso non axudou moito o pertencer á tradición alquimista, que tamén foi ignorada pola historia da ciencia. O nacemento da ciencia moderna Hoxe resulta difícil recoller as aportacións das mulleres á historia da ciencia, xa que a fabricación de pan, a conservación dos alimentos, a cerámica, o teñido dos texidos, a recoleción de herbas medicinais e a atención da saúde das persoas, se ben costitúen unha das bases do que hoxe chamamos ciencia, son consideradas como actividades sen categoría científica. Nesta época, as obras foron traducidas por mulleres na maioría dos casos. Un exemplo é Claudine Picardet quen aprendeu sueco e alemán para traducir os volumes das Memorias de Química de Scheele, textos de química de Kirwan... Esta labor de tradución realizada por mulleres, fundamental para o desenvolvemento da ciencia, non goza hoxe de recoñecemento dende a perspectiva da ciencia moderna. As científicas do século XVI Entre as científicas do século XVI destacan Margaret Cavendish, Ann Conway, María Sybilla Merian. Margaret Cavendish Duquesa de Newcastle. Foi unha muller conservadora, monárquica e filósofa autodidacta. Ao casa rse con William Cavendish, entrou a formar parte do círculo de Newcastle, ao que tamén pertencían Thomas Hobbes, o Pai Mersenne, gasendi, e Descartes en ocasións. Escribíu moitos libros: Poemas y fantasías, Fantasías filosóficas, Opiniones filosóficas y físicas y Razones de Filosofía Natural, entre outros. Escribíu tamén tres obras de literatura fantástica: World’s Olio, La Academia femenina y La Descripción de un Nuevo Mundo llamado el mundo resplandeciente. Pero ademáis publicou os seus libros, un feito que debeu ser un atrevemento para unha muller do século XVII.
  • 18. Unha idea central en Cavendish é que a materia é intelixente e está composta por un número infinito de átomos “intelixentes”. Criticou o dualismo cartesiano materia/espírito; para ela, só existe a materia. Tamén criticou aos experimentalistas, xa que cría que unha filosofía baseada nos sentidos era pouco fideligna, a causa da pouca precisión dos instrumentos daquel tempo. Cría que “o mellor estudo é a contemplación racional, xunto cas observacións do sentido común” Cavendish foi candidata á Real Sociedade Londinense cando xa escribira dez libros de filosofía natural, ademais doutros textos, nun momento no que os homes de rango superior ao de barón podían ser membros da academia sen escrutinio previo. Aínda finais do século XX, a Cavendish non se considera unha autora propiamente científica. Dícese que os seus textos están máis cerca da literatura e o feminismo que da actividade científica, afirmación que non se corresponde coa realidade. Cavendish foi unha persoa que se concedeu grande liberdade de acción e a súa personalidade foi tachada de excéntrica, o cal servíu para desautorizala. Todavía hoxe, a un científico xúlgase polo que fixo e fai, a unha científica polo que foi ou é. Anne Finch Condesa de Conway. Educouse en Cambridge e tivo a sir Henry Moore por titor. Foi unha excelente estudante de linguas clásicas pero inclinouse máis polas matemáticas e a ciencia. Posteriormente iniciouse de maneira autodidata nas matemáticas de Euclides. Escribíu un bloc de notas filosóficas pero nunca intentou publicalo. Os seus amigos Henry Moore e Francisco Van Helmont editárono póstumamente co título Los Principios de la Filosofía Más Antigua y Moderna. No libro, Conway estuda os sistemas filosóficos de Descartes, Hobbes e Spinoza e realiza unha síntese entre o concepto de mónada (Cada unha das substancias indivisibles, pero de natureza distinta, que compoñen o universo, segundo o sistema de Leibniz, filósofo e matemático alemán do século XVII) e átomo. Conway tamén admitía que a divisibilidade da materia era teóricamente posible, aínda que non fose físicamente.
  • 19. María Sybilla Merian (1647-1717) No taller do seu pai fixo de aprendiza e coñeceu as técnicas do debuxo, a pintura e a augaforte; despois aprendeu o grabado. Logo de separarse do seu marido, iniciou unha viaxe ca súa filla de 25 anos a Surinam, viaxe que se autofinanciou, igual que fixo coas súas investigacións durante toda a súa vida, vendendo especies exóticas que se trouxo á volta, e tamén os seus debuxos de flora e fauna. A súa primeira publicación foi Metamorfosis fantásticas y Alimentación especial de las orugas . Merian estudaba as orugas co obxectivo de encontrar variedades dos gusanos de seda que se puideran empregar para obter telas finas, tema polo que xa mostraran interese personalidades como Leibniz. A súa segunda publicación foi Neues Blumenbuch, un libro de flores en color para o traballo do gremio de pintores no que realizaba unha nova técnica de impresión baseada na augaforte. O seu tercer libro, Metamorfosis de los insectos de Surinam conta con sesenta ilustracións que describen o ciclo de diferentes animais, describe tamén plantas e recetas para utilizalas. Foi a entomóloga máis citada do século XVIII e dexou a súa pegada na identificación de seis plantas e nove bolboretas, duas das cales levan o seu nome. Logo a súa obra foi desautorizada, pois consideraban que estaba chea de erros. As matemáticas: María Agnesi e Sophie Germain María Agnesi de Milán (1718-1799) Tiña gran facilidade para os idiomas e estudou grego, francés, italiano, alemán e español. Fíxose famosa polo seu libro de cálculo diferencial e integral Instituciones analíticas , que se considera o maior tratado diferencial escrito ata entón. Papa intentou convencela para que aceptara unha praza na Universidade de Bolonia e ela aceptou, pero trala morte de seu pai ingresou nunha orde relixiosa para axudar a pobres e anciáns.
  • 20. Sophie Germain (1776-1831) Cando tiña dezanove anos non podía asistir a clases por ser muller, asi que colleu os apuntes dos cursos de análise de Lagrange e de química de Fourcroy e formouse ela pola súa conta. Traballou coa teoría dos números de Gauss, entre1804-1809 mantivo correspondencia con este baixo o pseudónimo “Le Blanc “, e demosroulle que un problema que non se podía resolver coa ecuación de Fermat si se podía resolver coa súa. Despois traballou na teoría da elasticidade coas ecuacións de Lagrange e creou o seu propio postulado, este non foi aceptado polo tribunal aínda que si se lle outorgou finalmente o premio en 1815 aínda que os representantes da Academia da Ciencia non lle outorgaron a posibilidade dunha discusión pública para confrontaren os seus puntos de vista, sendo así desautorizada Fixo falta moito tempo para comprender que a súa explicación era correcta e o problema que ela planteou non sería resolto ata o século XX (Amy Dalmadico, 1989). As físicas e as químicas Laura Bassi (1711-1778) Célebre no seu tempo polos traballos en mecánica, foi membro da Academia de Ciencias de Bolonia, en cuxas sesións presentou diferentes comunicacións: Sobre la compresión del aire, Sobre as burbullas observadas nos fluidos que flúen libremente, Sobre as burbullas de aire que se escapan dos fluidos... A cátedra que ela ocupou foi catalogada de extraordinaria para poder retirala cando ela non a ocupara e que despois ningunha outra muller tivese aceso ás súas investigacións e ao seu exemplo
  • 21. Marie-Anne Paulze (1758-1836) Casouse con Antoine-Laurent Lavoisier e a súa contribución ao traballo de este foi crucial. Tiña amplios coñecementos químicos e ademais tiña suficiente grao de inglés para traducirlle as últimas aportacións doutros científicos do seu tempo e de Ensayos sobre el flogisto y La fuerza de los ácidos y la proporción de ingredientes en las sales neutras, o que foi determinante para que Lavoisier poidese rechazar a teoría do flogisto e chegar á que hoxe se considera a definición da combustión. Participou activamente na realización das experiencias no laboratorio, na redación das mesmas e na confeción das ilustracións dos aparellos e montaxes. Na publicación do Tratado elemental da química a súa colaboración foi fundamental, a ela pertenecen trece láminas de cobre, das que se conservan os seus esquemas e as probas previas. Elisabeth Fulhame Pouco se sabe da súa vida, escribíu Ensayo sobre la combustión , polos comentarios que achega nel foi unha científica inglesa de familia culta que podía discutir cos científicos da época e estaba interesada nas investigacións do momento. Neste libro chega á conclusión de que “o hidróxeno da auga é a única substancia que restablece os corpos ao estado de combustible” e que “a auga é a única fonte de osíxeno que osixena os corpos combustibles”. Acabou publicándoo animada por un científico moi respetado, tivo boa acollida entre os químicos contemporáneos e foi elixida membro honorario da Sociedade Química de Filadelfia. As naturalistas A participación das mulleres na mediciña continuou sendo importante ao longo dos séculos, a pesar dos conflitos de autoridade e do intento de marxinalas a tareas domésticas ou no mellor dos casos auxiliares. Nesta corrente destaca Mary Wortley Montagu.
  • 22. Mary Wortley Montagu (1689-1762) A principios do século XVIII observou que as sanadoras turcas usaban a inoculación de pus para previr a variola. Á súa volta a Inglaterra tentou propagar esta medida preventiva a raíz dunha epidemia que causou a morte de 3000 persoas en Londres. Literatura científica para e polas mulleres. Destacamos a Jane Marcet (1769-1858) O seu marido, un médico que pasou a adicarse á química experimental, animouna para que asistira ás leturas de Humfrey Davy. Marcet carecía de formación académica e tivo que empezar de cero. Logo quiso axudar a outras persoas que aspiraran a seguir o mesmo camiño, en especial ás mulleres, e foi unha gran autora na súa labor de mediadora e divulgadora. Os seus libros: Conversaciones de química muy especialmente dedicadas al sexo femenino, Conversaciones de filosofía natural donde los elementos de edta ciencia se explican de manera familiar y Conversaciones de Botánica contribuíron ao coñecemento popular en EE.UU, Francia e Inglaterra.os libros de Marcet teñen unha grande importancia e valor pola súa capacidade de ensinar química aos principiantes xóvenes mediante experimentación. Marcet comeza o libro falando das substancias sinxelas, e logo ocúpase dos compostos achegando unha serie de problemas e solucións de interese práctico.
  • 23. As científicas do século XIX A ciencia, a historia natural e os feitos “naturais” foron empregados a partis deste intre para xustificar a inferioridade “natural” das mulleres. Na educación das mulleres non se viu con bos ollos a posibilidade de incluír actividades científicas, xa que non eran propias do seu sexo.aínda que non todo foron atrancos pois as mulleres puideron asistir a cursos nos que recibían unha mellor formación que a impartida ata o de entón nos centros de educación dirixidos especialmente a mulleres. Sobresaen Eleanor Ormerod, Nettie Maria Stevens e Florence Rena Sabin, ademais de Mary Anning, Caroline Fox, María Emma Smith, Mary Somerville, Augusta Ada Byron, Sonia Kovaleskaia e Henrietta S. Leavitt. Mary Anning (1799-1847) Foi unha das xeólogas máis famosas do seu tempo. De orixe humide, á morte de seu pai, para contribuír á economía familiar dedicouse á recoleción de fósiles e adquiríu posteriormente unha sólida formación científica. Ganouse a consideración de autoridade en anatomía comparada e paleontoloxía, e foi membro honorario da Sociedade Xeolóxica. Localizou o primeiro esqueleto completo de ictiosaurio, que vendeu a un museo de Londres. Caroline Fox (1819-1871) De familia acomodada, asistiu ás clases de Faraday na Real Sociedade Londinense. Compartía os intereses científicos coa súa irmá Ana María, ornitóloga, taxidermista e artista. Foi unha das mulleres que loitou para que a Sociedade Británica para o Avance da Ciencia abrira as súas portas á muller.

×